Facer o imposíbel, rachar co medo | Dan Meyer | TEDxMaastricht
-
0:08 - 0:10Grazas.
-
0:16 - 0:21Había unha vez un rei na India,
que polo seu aniversario ditaminou -
0:21 - 0:24que os seus súbditos tiñan que
facerlle agasallos dignos dun rei. -
0:24 - 0:28Algúns levaránolle telas ,
outres levábanlle espadas... -
0:28 - 0:29outros leváronlle ouro.
-
0:29 - 0:33Ao final da fila había un ancián,
moi baixiño e miúdo, -
0:33 - 0:37que chegara da súa aldea
tras moitos días de travesía polo mar. -
0:37 - 0:41Cando o veu, o fillo do rei preguntoulle:
"Que regalo traes para o rei?" -
0:41 - 0:45O ancián, moi despacio,
abriu as mans para amosar -
0:45 - 0:50unha fermosa caracola, con espirais
lilas e amarelas, vermellas e azuis. -
0:50 - 0:51E o fillo do rei dixo:
-
0:51 - 0:54"Ese non é un agasallo digno dun rei!
Que raios é isto?" -
0:55 - 0:57O ancián mirou para el
moi lentamente e dixo, -
0:58 - 1:01"Foi unha longa viaxe...
é parte do agasallo". -
1:01 - 1:03(Risos)
-
1:03 - 1:06Nuns segundos eu mesmo
voulles facer un agasallo, -
1:06 - 1:08un agasallo que cómpre sacar á luz.
-
1:08 - 1:10Pero antes, acompañaranme
-
1:10 - 1:12pola miña viaxe.
-
1:12 - 1:14Como a maioría de Vds.,
-
1:14 - 1:15eu tamén fun un neno.
-
1:15 - 1:17Cantos de Vds. foron nenos?:
-
1:17 - 1:19Todos foron nenos?
-
1:19 - 1:20Case a metade... ben...
-
1:21 - 1:22(Risos)
-
1:22 - 1:25E que me din os demais?
Naceron xa criados? -
1:25 - 1:28Amigo, quero coñecer á súa nai!
-
1:28 - 1:29Falando do imposíbel...
-
1:31 - 1:35De pequeno sempre me atraeu
o concepto do imposíbel. -
1:36 - 1:39Levo anos agardando
vivir un momento coma este, -
1:39 - 1:41porque hoxe é o día que vou tentar
-
1:41 - 1:44facer o imposíbel xusto diante de Vds,
-
1:44 - 1:45aquí mesmo, en TEDxMaastricht.
-
1:46 - 1:48Vou comezar
-
1:49 - 1:51revelando o final:
-
1:51 - 1:53voulles demostrar
-
1:53 - 1:55que o imposíbel non é imposíbel.
-
1:55 - 1:58E ó final dareilles
un agasallo que cómpre difundir: -
1:58 - 2:01amosareilles que poden facer
o imposíbel coas súas vidas. -
2:03 - 2:05Na miña busca do imposíbel,
descubrín que hai -
2:05 - 2:08dúas cousas que son universais
para todas as persoas. -
2:08 - 2:10Todos temos medo
-
2:10 - 2:12e todos temos soños.
-
2:13 - 2:18Na miña busca do imposíbel
descubrín que hai tres cousas -
2:18 - 2:20que fixen durante todos estes anos
-
2:20 - 2:23que me levaron a facer o imposíbel.
-
2:24 - 2:27Balón prisioneiro, ou como
o chaman aquí, "Trefbal". -
2:27 - 2:28Supermán,
-
2:28 - 2:29e os mosquitos.
-
2:29 - 2:31Esas son as miñas claves.
-
2:31 - 2:34Agora xa saben por que
fago o imposíbel na miña vida. -
2:34 - 2:36Hoxe levarienos pola miña viaxe,
a miña longa travesía -
2:36 - 2:39de medos a soños,
-
2:39 - 2:41de palabras a espadas,
-
2:41 - 2:43de balón prisioneiro
-
2:43 - 2:44a Supermán
-
2:44 - 2:45e mosquitos.
-
2:46 - 2:47Agardo ensinarlles
-
2:47 - 2:50como acadar o imposíbel nas súas vidas.
-
2:52 - 2:554 de outubro de 2007.
-
2:56 - 2:58Tiña o corazón desbocado
e os xeonllos tremíanme -
2:58 - 2:59cando subín ó escenario,
-
2:59 - 3:01no Teatro Sanders,
-
3:01 - 3:03da Universidade de Harvard para recibir
-
3:03 - 3:06o Premio Nobel Lg en Medicina de 2007
-
3:06 - 3:09por un ensaio médico no que colaborei,
-
3:09 - 3:10titulado "Tragar sables...
-
3:10 - 3:12e os seus efectos secundarios".
-
3:12 - 3:13(Risos)
-
3:14 - 3:18Publicárase nun pequeno xornal
que nunca antes lera, -
3:18 - 3:20o British Medical Journal.
-
3:21 - 3:25Para min aquilo era
un soño imposíbel que se facía realidade, -
3:25 - 3:28era unha sorpresa inesperada
para alguén coma min -
3:28 - 3:31e unha honra que endexamais esquecerei.
-
3:31 - 3:35Pero aquel non foi o momento
máis memorábel da miña vida. -
3:36 - 3:38O 4 de outubro de 1967,
-
3:38 - 3:40este cativo delgado,
temeroso, tímido e covarde, -
3:41 - 3:43tiña un medo horríbel.
-
3:43 - 3:46Cando se preparaba para subir ó escenario,
-
3:46 - 3:47acelerábaselle o corazón,
-
3:48 - 3:49e tremíanlle os xeonllos.
-
3:50 - 3:52Cando ía abrir a boca para falar,
-
3:56 - 3:58non lle saían as palabras.
-
3:58 - 4:00Estaba alí, tremendo e chorando.
-
4:01 - 4:02Paralizado polo pánico
-
4:02 - 4:04e conxelado polo medo.
-
4:04 - 4:06Este cativo tímido e covarde,
-
4:06 - 4:08tiña un medo horrible.
-
4:09 - 4:10Medo á escuridade,
-
4:11 - 4:12ás alturas,
-
4:12 - 4:13ás arañas e serpes...
-
4:13 - 4:15Quen máis lles ten medo?
-
4:15 - 4:17Si, máis de un...
-
4:17 - 4:19Tíñalle medo á agua e ós tiburóns,
-
4:19 - 4:22aos médicos, enfermeiras e dentistas,
-
4:22 - 4:25ás agullas, taladros e obxectos afiados.
-
4:25 - 4:27Pero o que máis medo lle daba...
-
4:27 - 4:28era a xente.
-
4:29 - 4:32Aquel cativo covarde...
-
4:32 - 4:33era eu.
-
4:33 - 4:36Tíñalle medo á derrota e ó rechazo
-
4:37 - 4:40tiña a autoestima baixa
e complexo de inferioridade, -
4:40 - 4:43e algo que daquelas
nin se sabía que existía: -
4:43 - 4:45trastorno de ansiedade social.
-
4:45 - 4:49Por culpa do medo,
os abusóns metíanse comigo. -
4:49 - 4:52Ríanse de min, insultábanme...
nunca me deixaban xogar con eles -
4:52 - 4:54a ningún dos seus xogos.
-
4:55 - 4:58Bon, había un xogo
ao que si podía xogar... -
4:58 - 4:59o balón prisioneiro...
-
5:00 - 5:01e non se me daba nada ben.
-
5:02 - 5:04Os abusóns dicían o meu nome,
-
5:04 - 5:06e eu vía chegar as pelotas vermellas
-
5:06 - 5:08directas á miña cara
a velocidade supersónica. -
5:08 - 5:10Bam, bam, bam!
-
5:11 - 5:13Recordo que volvía á casa do colexio
-
5:13 - 5:18coa cara vermella e escocida,
as orellas vermellas... -
5:18 - 5:21As bágoas queimábanme os ollos
-
5:21 - 5:24e as súas palabras queimábanme os oídos.
-
5:24 - 5:25E quenqueira que dixese:
-
5:25 - 5:29"Paos e pedras romperán os meus ósos,
mais as palabras non me farán dano", -
5:29 - 5:30mente.
-
5:30 - 5:32As palabras poden ser navallas.
-
5:32 - 5:34Poden atravesarte coma espadas.
-
5:34 - 5:36Poden provocar feridas tan profundas
-
5:36 - 5:38que non se poden ver.
-
5:38 - 5:41Tiña medo, e as palabras
eran o meu peor enemigo. -
5:41 - 5:42Aínda o son.
-
5:43 - 5:45Mais tamén tiña sonos.
-
5:45 - 5:48Na casa ocultábame
entre os meus cómics de Supermán, -
5:48 - 5:50lía todos os cómics de Supermán
-
5:50 - 5:53e soñaba con ser
un superheroe coma Superman. -
5:53 - 5:56Quería loitar pola verdade e a xustiza.
-
5:56 - 5:59Quería loitar contra os malos
e contra a criptonita, -
5:59 - 6:03voar polo mundo,
facendo proezas e salvando vidas. -
6:03 - 6:06Tamén sentía
unha gran fascinación polo real. -
6:06 - 6:09Lía o libro Guinness dos récords
e o "Aínda que non o crea, de Ripley". -
6:09 - 6:13Alguén leu o Libro Guinees dos Récords
ou o Aínda que non o crea, de Ripley? -
6:13 - 6:14Encántanme eses libros!
-
6:14 - 6:16Vin xente real facendo proezas reais.
-
6:16 - 6:18E eu tamén quería facelas.
-
6:18 - 6:19Se os abusóns non me deixaban
-
6:19 - 6:21xogar con eles a nada,
-
6:21 - 6:23quería facer maxia e proezas de verdade.
-
6:23 - 6:27Quería facer algo incríbel
que eses abusóns non puidesen facer. -
6:27 - 6:29Quería achar o meu camiño e vocación,
-
6:29 - 6:31quería saber que a miña vida tiña sentido.
-
6:31 - 6:33Quería facer algo incríbel
que mudase o mundo. -
6:33 - 6:37Quería demostrar que
o imposíbel non era imposíbel. -
6:38 - 6:40Dez anos despois,
-
6:40 - 6:43faltaba unha semana para cumprir 21 anos.
-
6:43 - 6:47E un día aconteceron dúas cousas
que mudaron a miña vida para sempre. -
6:47 - 6:49Estaba vivindo en Tamil Nadu,
no sur da India. -
6:50 - 6:51Fora de misioneiro,
-
6:51 - 6:53e o meu mentor e amigo preguntoume:
-
6:53 - 6:55"Tes 'suetas', Daniel?"
-
6:55 - 6:57E eu: "Suetas? Que é iso?"
-
6:57 - 7:00"As suetas son
os principais obxectivos da túa vida. -
7:00 - 7:05A combinación dos teus soños
e as túas metas, se puideses -
7:05 - 7:07facer o que quixeses, ir onde quixeses,
-
7:07 - 7:08ser quen quixeses...
-
7:08 - 7:10Onde irías? Que farias?
-
7:10 - 7:11Quen serías?
-
7:11 - 7:14Dixen: "Non podo facer iso.
Teño medo, demasiados medos!" -
7:14 - 7:18Esa noite subín o meu colchón
ao faiado da cabana, -
7:18 - 7:19tumbeime debaixo das estrelas
-
7:19 - 7:22e observei os morcegos
perseguindo os mosquitos. -
7:22 - 7:26Non podía deixar de pensar nas suetas,
nos soños e nas miñas metas, -
7:26 - 7:28e nos abusóns e o balón prisioneiro.
-
7:29 - 7:31Horas despois acordei.
-
7:31 - 7:34Tiña o corazón acelerado
e tremíanme os xeonllos. -
7:34 - 7:36Esta vez non era medo.
-
7:36 - 7:38Tremíame o corpo
-
7:38 - 7:40e durante os cinco días seguintes
-
7:40 - 7:44gañaba e perdía a consciencia, loitaba
por vivir no meu leito de morte. -
7:44 - 7:48Ardíame o cerebro con 40 graos
de febre, por mor da malaria. -
7:48 - 7:52E cando estaba consciente,
só pensaba nas suetas. -
7:52 - 7:54Pensaba: "Que quero facer coa miña vida?"
-
7:54 - 7:56Por fin, a noite antes de cumprir 21 anos,
-
7:56 - 7:58nun momento de claridade,
-
7:58 - 8:00deime conta dalgo:
-
8:00 - 8:02que aquel pequeno mosquito,
-
8:03 - 8:05Anopheles stephensi,
-
8:05 - 8:07aquel diminuto mosquito
-
8:07 - 8:08que pesaba menos de 5 microgramos,
-
8:08 - 8:10menos ca un gran de sal,
-
8:10 - 8:13se aquel mosquito podía derrotar
a un home de 80 quilos, -
8:13 - 8:15souben que era a miña criptonita.
-
8:15 - 8:17Mais dixen: "Non, non é o mosquito".
-
8:17 - 8:19É o minúsculo parasito
dentro do mosquito, -
8:19 - 8:23Plasmodium falciparum,
que mata millóns de persoas cada ano". -
8:24 - 8:26E dixen: "Non, é algo aínda máis pequeno".
-
8:26 - 8:29Pero para min era moito máis grande.
-
8:29 - 8:30Pensei que o medo
-
8:30 - 8:31era a miña criptonita,
-
8:31 - 8:32o meu parasito,
-
8:32 - 8:35que paralizara a miña vida.
-
8:35 - 8:38Saben, hai unha diferenza
entre o perigo e o medo. -
8:38 - 8:40O perigo é real.
-
8:40 - 8:42O medo é unha opción.
-
8:42 - 8:44E deime conta que tiña unha opción:
-
8:44 - 8:48Podía vivir con medo e morrer fracasando
-
8:49 - 8:52ou podía vencer os meus medos e podía
-
8:52 - 8:56acadar os meus soños,
podía atreverme a vivir a vida. -
8:57 - 9:00Saben? Hai algo niso de estar
no teu leito de morte, -
9:00 - 9:04e enfrentarte á morte
que te fai querer vivir de verdade. -
9:04 - 9:07Deime conta de que todos morremos,
pero non todos vivimos. -
9:08 - 9:10E é morrendo cando vivimos.
-
9:10 - 9:12Porque cando aprendes a morrer,
-
9:12 - 9:13é cando aprendes a vivir.
-
9:13 - 9:15Así foi como decidín cambiar
-
9:15 - 9:16a miña historia.
-
9:17 - 9:18Non quería morrer.
-
9:18 - 9:20Así que recei e dixen:
-
9:20 - 9:22"Deus, se deixas que chegue ós 21
-
9:22 - 9:25xamais deixarei que o medo mande en min.
-
9:25 - 9:27Enterrarei os meus medos,
-
9:27 - 9:30loitarei polos meus soños,
-
9:30 - 9:31cambiarei a miña actitude,
-
9:31 - 9:34quero facer algo incríbel coa miña vida,
-
9:34 - 9:36quero achar o meu camiño e vocación,
-
9:36 - 9:39quero saber que o imposíbel non é tal".
-
9:39 - 9:43Non lles direi se sobrevivín.
Terán que averigualo. -
9:43 - 9:44(Risos)
-
9:44 - 9:47Esa noite fixen unha lista
coas miñas 10 suetas principais: -
9:47 - 9:50decidín que quería visitar
todos os continentes, -
9:50 - 9:52ver as sete marabillas do mundo,
-
9:52 - 9:53aprender uns cantos idiomas,
-
9:53 - 9:55vivir nunha illa desértica,
-
9:55 - 9:56vivir nun barco no océano,
-
9:56 - 9:59vivir cunha tribo indíxena no Amazonas,
-
9:59 - 10:01chegar ó cumio da montaña
máis alta de Suecia, -
10:01 - 10:03ver o Monte Everest ao amencer,
-
10:03 - 10:05traballar no mundo da música en Nashville,
-
10:05 - 10:07traballar nun circo
-
10:07 - 10:09e saltar desde un avión.
-
10:09 - 10:12Durante os seguintes 20 anos
acadei case todas esas suetas. -
10:12 - 10:15Cada vez que riscaba
unha sueta da miña lista, -
10:15 - 10:18engadía 5 ou 10 máis,
e a lista seguía medrando. -
10:19 - 10:23Os seguintes sete anos vivín
nunha illa das Bahamas, -
10:23 - 10:25durante sete anos
-
10:25 - 10:27nunha cabana de palla,
-
10:29 - 10:34matando para comer o que había
na illa: tirubóns e peces raia, -
10:34 - 10:36vestido con taparrabos.
-
10:37 - 10:39Aprendín a nadar con tiburóns.
-
10:39 - 10:41De aí pasei a México,
-
10:41 - 10:45e dalí á marchei ó Amazonas, en Ecuador,
-
10:45 - 10:48Pujo Pongo Ecuador,
onde vivín cunha tribo. -
10:48 - 10:52Pouco a pouco comecei
a gañar confianza coas miñas suetas -
10:52 - 10:55Metinme no mundo da música,
despois pasei a Suecia, -
10:55 - 10:58mudeime a Estocolmo,
onde traballei de músico. -
10:58 - 11:02E alí cheguei á cima do Kebnekaise,
alén do Círculo Polar. -
11:03 - 11:05Aprendín a ser paiaso,
-
11:05 - 11:06e malabarista,
-
11:06 - 11:07a camiñar con zocos,
-
11:07 - 11:10montar en bici dunha roda,
a tragar lume e cristal... -
11:10 - 11:14En 1997, souben que había
menos dunha ducia de tragasables -
11:14 - 11:15e pensei: "Teño que probalo!"
-
11:15 - 11:18Coñecín un tragasables
e pedinlle algúns consellos. -
11:18 - 11:20E díxome: "Si vouche dar dous:
-
11:20 - 11:22un, isto é moi perigoso.
-
11:22 - 11:24Hai xente que morre facendo isto.
-
11:24 - 11:25E número dous:
-
11:25 - 11:26non o intentes!"
-
11:26 - 11:28(Risos)
-
11:28 - 11:30Así que o engadín á miña lista de suetas.
-
11:30 - 11:33E practiquei de 10 a 12 veces ao día
-
11:34 - 11:35durante catro anos.
-
11:35 - 11:37E agora que fago números...
-
11:37 - 11:404 x 365 [x 12]
-
11:40 - 11:43Iso son uns 13.000 intentos fallidos
-
11:43 - 11:45antes de conseguir tragar
a miña primeira espada en 2001. -
11:46 - 11:48Nese tempo propúxenme a sueta
-
11:48 - 11:51de converterme no maior experto
mundial en tragar espadas. -
11:51 - 11:54Busquei todos os libros, revistas,
artigos xornalísticos, -
11:54 - 11:58informes médicos,
estudei fisiología, anatomía, -
11:58 - 12:00falei con médicos e enfermeiras,
-
12:00 - 12:02reunín a todos os tragasables
-
12:02 - 12:04nunha Asociación Internacional
de tragasables, -
12:04 - 12:07durante dous anos dirixín
unha investigación médica -
12:07 - 12:09sobre tragar sables
e os seus efectos -
12:09 - 12:11que se publicou no
British Medical Journal. -
12:11 - 12:12(Risos)
-
12:12 - 12:13Grazas.
-
12:13 - 12:18(Aplausos)
-
12:18 - 12:22E aprendín cousas fascinantes
sobre tragar espadas. -
12:22 - 12:25Cousas sobre as que nunca pensaron,
pero que a partir de agora pensarán. -
12:25 - 12:29A próxima vez que estean na casa,
cortando un filete cun coitelo, -
12:29 - 12:32o teñan un obxecto afiado na man,
pensarán nisto. -
12:34 - 12:37Aprendín que o de tragar sables
comezou na India, -
12:37 - 12:40xusto onde o vin por primeira vez
cando só tiña 20 anos, -
12:40 - 12:42hai uns 4000 anos, no 2000 a.C.
-
12:42 - 12:46Durante os últimos 150 anos,
os tragasables utilizáronse -
12:46 - 12:47nos eidos da ciencia e da medicina
-
12:47 - 12:51para crear un endoscopio ríxido en 1868,
-
12:51 - 12:54feito polo Dr. Adolf Kussmaul,
en Friburgo, Alemaña. -
12:54 - 12:57En 1906, o electrocardiograma en Gales,
-
12:57 - 13:00para estudar
trastornos de deglución e dixestión, -
13:00 - 13:02broncoscopios, esas cousas.
-
13:02 - 13:04Mais durante os últimos 150 anos
-
13:04 - 13:08sabemos de centos de lesións
e ducias de mortes... -
13:08 - 13:15Este é o endoscopio ríxido
que creou o Dr. Adolf Kussmaul. -
13:15 - 13:19Mais descubrimos que houbo
29 mortes nos últimos 150 anos, -
13:19 - 13:22incluido un tragasables londinense,
que se atravesou o corazón coa espada. -
13:23 - 13:25Tamén soubemos que hai entre 3 e 8
-
13:25 - 13:28lesións cada ano por tragar espadas.
-
13:28 - 13:30E seino porque recibo chamadas.
-
13:30 - 13:31Hai pouco recibín dúas,
-
13:31 - 13:34unha de Suecia e outra de Orlando,
-
13:34 - 13:37de tragasables
que están no hospital por lesións. -
13:37 - 13:39É algo moi perigoso.
-
13:39 - 13:42A outra cousa que aprendín
é que a maioría da xente tarda -
13:42 - 13:44entre 2 e 10 anos en aprender
-
13:44 - 13:46a tragar unha espada.
-
13:46 - 13:48Pero o que máis me chamou a atención
-
13:48 - 13:51foi ver como os tragasables
aprenden a facer o imposíbel. -
13:51 - 13:53E vou contarvos un pequeno segredo:
-
13:54 - 13:58non se centren no 99,9% que é imposíbel,
-
13:58 - 14:02céntrense no 0,1% que é posíbel,
e pensen como facelo posíbel. -
14:03 - 14:06Agora levareinos por unha viaxe
á mente dos tragasables. -
14:06 - 14:09Para tragar unha espada,
cómpre meditar sobre a materia, -
14:09 - 14:12unha concentración afiada
e unha precisión milimétrica, -
14:12 - 14:16para illar os órganos internos
e superar os reflexos automáticos -
14:16 - 14:20a través dunha sinopse cerebral
e dunha memoria muscular, -
14:20 - 14:24algo que se consegue
practicando máis de 10.000 veces. -
14:24 - 14:28Levareinos por unha viaxe
ao corpo dun tragasables. -
14:28 - 14:30Para tragar unha espada,
-
14:30 - 14:32teño que baixala pola miña lingua,
-
14:32 - 14:35controlar o reflexo de vomitar,
-
14:35 - 14:38xirar 90 graos pola epiglote,
-
14:38 - 14:41atravesar o esfínter
esofáxico superior cricofarínxeo, -
14:41 - 14:43conter o reflexo peristaltísmico
-
14:43 - 14:44e deslizar a folla polo peito,
-
14:44 - 14:46entre os pulmóns.
-
14:46 - 14:48A esta altura,
-
14:48 - 14:50teño que apartar o meu corazón.
-
14:50 - 14:52Se observan ben,
-
14:52 - 14:54verán o meu corazón latendo coa espada
-
14:54 - 14:55porque está apoiándose nel
-
14:55 - 14:58separado só a 1/8 de palmo
de tecido esofáxico. -
14:58 - 15:00Isto non se pode finxir.
-
15:00 - 15:02Despois teño que deslizala polo esternón,
-
15:02 - 15:05pasar o esfínter esofáxico inferior,
cara o estómago, -
15:05 - 15:09reprimir o reflexo de devolver,
ata chegar ao duodeno. -
15:09 - 15:10Facilísimo.
-
15:10 - 15:11(Risos)
-
15:11 - 15:13Se baixase aínda máis,
-
15:13 - 15:18ata chegar ás trompas de falopio.
-
15:18 - 15:21Señores, despois pregúntenlles
ás súas mulleres o que é iso. -
15:22 - 15:24A xente dime:
-
15:24 - 15:27"Fai falla valor para arriscar a túa vida,
-
15:27 - 15:29apartar o corazón e tragar unha espada..."
-
15:29 - 15:30Non. O valor de verdade
-
15:30 - 15:33é que ese cativo delgado,
temeroso, tímido e covarde -
15:33 - 15:36se enfrente ao fracaso e rexeitamento
-
15:36 - 15:37desnude o corazón,
-
15:37 - 15:38trague o orgullo
-
15:38 - 15:41e estea aquí, diante de estraños
-
15:41 - 15:44para contarlles a historia
dos seus medos e soños, -
15:44 - 15:48deixando a pel, literal e metaforicamente.
-
15:48 - 15:49Verán... grazas.
-
15:49 - 15:54(Aplausos)
-
15:54 - 15:56Verán, o incríbel é
-
15:56 - 15:59que sempre quixen facer o extraordinario
-
15:59 - 16:00e iso fago agora.
-
16:00 - 16:03Pero o extraordinario
non é que poida tragar -
16:03 - 16:0521 espadas seguidas,
-
16:08 - 16:10ou estar somerxido nunha peceira
con 88 tiburóns ou raias -
16:10 - 16:12para o a revista de Ripley,
-
16:14 - 16:18ou a unha temperatura de 1.500 graos
para Stan Lee's Superhumans -
16:18 - 16:19no papel de Home de Aceiro
-
16:20 - 16:22e que calor facía!
-
16:22 - 16:25Ou tirar dun coche cunha espada
para a revista Ripley -
16:25 - 16:26ou o Guinness,
-
16:26 - 16:29ou ser finalista de America's Got Talent,
-
16:29 - 16:32ou gañar o Ig Nobel de Medicina en 2007;
-
16:32 - 16:34non, iso non é o extraordinario.
-
16:34 - 16:36Iso pensa a xente. Pero non, que va.
-
16:36 - 16:38O extraordinario de verdade
-
16:38 - 16:41é que Deus vese a ese cativo
delgado, tímido e covarde, -
16:41 - 16:42que lle tiña medo ás alturas,
-
16:42 - 16:44da auga e dos tiburóns,
-
16:44 - 16:46de médicos e enfermeiros
e obxectos puntiagudos -
16:46 - 16:48de falar coa xente
-
16:48 - 16:50e o puxese a voar polo mundo
-
16:50 - 16:51a alturas de 30.000 pés
-
16:51 - 16:54a tragar obxectos puntiagudos baixo a auga
-
16:54 - 16:57a falar con médicos e enfermeiros
e públicos como Vds. polo mundo... -
16:57 - 17:00Iso si que é o extraordinario.
-
17:00 - 17:01Sempre quixen facer o imposíbel...
-
17:01 - 17:02Grazas.
-
17:02 - 17:04(Aplausos)
-
17:04 - 17:05Grazas.
-
17:06 - 17:09(Aplausos)
-
17:10 - 17:13Sempre quixen facer o imposíbel,
e iso fago. -
17:13 - 17:16Quería facer o extraordinario
coa miña vida e mudar o mundo -
17:16 - 17:17e iso fago.
-
17:17 - 17:20Sempre quixen voar polo mundo
facendo cousas sobrehumanas -
17:20 - 17:21salvando vidas, e iso fago.
-
17:21 - 17:23E saben que?
-
17:23 - 17:26Pois que aquel cativo do que lles falo...
-
17:26 - 17:27...non anda lonxe.
-
17:30 - 17:36(Risos) (Aplausos)
-
17:37 - 17:40E sempre quixen achar
o meu camiño e vocación, -
17:40 - 17:42e agora acheinos.
-
17:42 - 17:43Pero saben que?
-
17:43 - 17:46Non foron as espadas,
non foi o que pensan, nin as miñas forzas, -
17:46 - 17:49foron as miñas debilidades e palabras.
-
17:49 - 17:51O meu camiño, a miña vocación
é mudar o mundo -
17:51 - 17:52rachando co medo,
-
17:52 - 17:55espada a espada, palabra a palabra,
-
17:55 - 17:57coitelo a coitelo, vida a vida,
-
17:58 - 18:00inspirar aos demais a seren superheroes
-
18:00 - 18:02que conseguen o imposíbel.
-
18:02 - 18:05A miña vocación é axudar ós demais
a encontraren a súa. -
18:05 - 18:06E a súa?
-
18:06 - 18:07Cal é a súa vocación?
-
18:07 - 18:09Por que están aquí?
-
18:09 - 18:12Creo que a nosa vocación
é a de ser superheroes. -
18:12 - 18:14Cal é o seu superpoder?
-
18:15 - 18:18Hai 7.000 millóns de persoas no mundo,
-
18:18 - 18:20non hai nin unha ducia de tragasables
-
18:20 - 18:22en todo o mundo,
-
18:22 - 18:23pero só hai un "ti".
-
18:23 - 18:24Ti es único.
-
18:24 - 18:26Cal é a túa historia?
-
18:26 - 18:28Que te fai diferente?
-
18:28 - 18:29Conta a túa historia,
-
18:29 - 18:32aínda que che trema a voz.
-
18:32 - 18:33Que suetas tes?
-
18:33 - 18:36Se puideses elixir que facer,
quen ser, onde ir... -
18:36 - 18:37Que farías? Onde irías?
-
18:37 - 18:38Que farias?
-
18:38 - 18:40Que queres facer coa túa vida?
-
18:40 - 18:42Con que soñas?
-
18:42 - 18:44Con que soñabas de pequeno? Recórdao.
-
18:44 - 18:46Seguro que non isto, verdade?
-
18:46 - 18:48Cal era o teu soño,
-
18:48 - 18:50aquel que pensabas que era tan raro?
-
18:50 - 18:54Seguro que agora os teus soños
non te parecen tan raros. -
18:55 - 18:57Cal é a túa espada?
-
18:57 - 18:59Todos temos unha espada,
-
18:59 - 19:01unha de dobre fío, cargada de medos.
-
19:01 - 19:04Traguen esa espada, sexa o que sexa.
-
19:04 - 19:06Loiten polos seus soños.
-
19:06 - 19:09Nunca é tarde para ser o que queren ser.
-
19:10 - 19:13A eses abusóns da pelota,
eses pequenos que pensaban -
19:13 - 19:15que nunca conseguiría o imposíbel,
-
19:15 - 19:18só lles direi unha cousa:
-
19:18 - 19:19Grazas.
-
19:19 - 19:22Porque de non ser polos malos,
non habería superheroes. -
19:23 - 19:27Estou aquí para demostrar que
o imposíbel non é tal. -
19:28 - 19:32Isto é extremadamente perigoso.
Podería matarme. -
19:32 - 19:34Agardo que lles guste.
-
19:34 - 19:35(Risos)
-
19:36 - 19:39Vou precisar a súa axuda con isto.
-
19:47 - 19:48Público: dous, tres...
-
19:48 - 19:52Dan: Non. Vou necesitar
a súa axuda coa conta atrás, estamos? -
19:52 - 19:53(Risos)
-
19:53 - 19:56Saben facelo, verdade? Conten comigo.
-
19:56 - 19:57Un.
-
19:57 - 19:58Dous.
-
19:58 - 19:59Tres.
-
19:59 - 20:01Non, iso é dous, pero case vai.
-
20:07 - 20:08Público: un.
-
20:08 - 20:09Dous.
-
20:09 - 20:10Tres.
-
20:11 - 20:13(Bufidos)
-
20:14 - 20:16(Aplausos)
-
20:16 - 20:17Si!
-
20:17 - 20:23(Aplausos) (Vivas)
-
20:23 - 20:25Moitísimas grazas.
-
20:25 - 20:29Grazas, grazas, grazas.
Desde o máis fondo do meu corazón. -
20:29 - 20:31O bon, grazas desde o máis fondo
do meu estómago. -
20:32 - 20:35Dixen que viñera facer o imposíbel,
e así foi. -
20:35 - 20:38Pero isto non foi o imposíbel,
isto fágoo todos os días. -
20:38 - 20:43O imposíbel é que aquel neno tímido
e asustadizo se enfrontase aos seus medos, -
20:43 - 20:45estea aquí, no escenario de TED,
-
20:45 - 20:47e mudarfose quen de mudar o mundo,
-
20:47 - 20:49espada a espada, vida a vida.
-
20:49 - 20:52Se os fixen pensar doutro xeito,
se os fixen crer -
20:52 - 20:54que o imposíbel non é imposíbel,
-
20:54 - 20:58se os fixen ver que poden
facer o imposíbel coas súas vidas, -
20:58 - 21:01fixen o meu traballo,
e o seu está por comezar. -
21:01 - 21:04Nunca deixen de soñar.
Nunca deixen de crer. -
21:05 - 21:06Grazas por crer en min
-
21:06 - 21:08e grazas por formar parte do meu soño.
-
21:08 - 21:10E velaquí o meu agasallo:
-
21:10 - 21:11o imposíbel non é...
-
21:11 - 21:13Público: imposíbel.
-
21:13 - 21:15Longa viaxe, parte do regalo.
-
21:15 - 21:20(Aplausos)
-
21:20 - 21:21Grazas
-
21:21 - 21:25(Aplausos)
-
21:26 - 21:28(Vivas)
-
21:28 - 21:31Presentador: Grazas, Dan Meyer, vaites!
- Title:
- Facer o imposíbel, rachar co medo | Dan Meyer | TEDxMaastricht
- Description:
-
Algunha vez quixeches ser un superheroe e facer o imposíbel? Para Dan Meyer, non importa o profundos que sexan os nosos medos ou o ambiciosos que sexan os nosos soños, todos temos o potencial para sermos superheroes, facer o imposíbel e mudar o mundo. Director dunha axencia de axuda humanitaria que asiste orfanatos en Casaquistán, Dan fala sobre como superou unha infancia chea de medos, trastorno ansioso social e acoso para ó final conseguir facer cousas sobrehumanas, converterse en finalista no America’s Got Talent, gañar o Premio Nobel lg en Medicina no 2007, en Harvard, e ostentar por 39 veces o récord mundial e ser un experto nunha das artes más antigas e perigosas do mundo, tragador de espadas. Por último, a Dan tamén lle apaixona inspirar ás persoas para que fagan o imposíbel coas SÚAS vidas.
Na súa primeira charla en TED, Dan fala sobre a longa travesía entre os medos extremos e as consecucións extremas, de ser un ninguén a ostentar un récord mundial, de ser un perdedor a gañar o Premio Nobel lg e como da nada chegou a finalista no America’s Got Talent. Dan fala da ciencia que ha tras a antiga arte de tragar espadas e describe o seu traxecto ata conseguir facer cousas sobrehumanas, superando o fracaso e os límites do corpo humano para facer o imposíbel e mudar o mundo. Nesta charla fala sobre como rachar o medo para facermos o imposíbel coas NOSAS vidas.
Esta charla tivo lugar nun evento local de TEDx e produciuse de forma independente de TED Conferences.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDxTalks
- Duration:
- 21:38
Dimitra Papageorgiou approved Galician subtitles for Doing the impossible, cutting through fear | Dan Meyer | TEDxMaastricht | ||
Retired user accepted Galician subtitles for Doing the impossible, cutting through fear | Dan Meyer | TEDxMaastricht | ||
Retired user edited Galician subtitles for Doing the impossible, cutting through fear | Dan Meyer | TEDxMaastricht | ||
Retired user edited Galician subtitles for Doing the impossible, cutting through fear | Dan Meyer | TEDxMaastricht | ||
Retired user edited Galician subtitles for Doing the impossible, cutting through fear | Dan Meyer | TEDxMaastricht | ||
Retired user edited Galician subtitles for Doing the impossible, cutting through fear | Dan Meyer | TEDxMaastricht |