Return to Video

Facer o imposíbel, rachar co medo | Dan Meyer | TEDxMaastricht

  • 0:08 - 0:10
    Grazas.
  • 0:16 - 0:21
    Había unha vez un rei na India,
    que polo seu aniversario ditaminou
  • 0:21 - 0:24
    que os seus súbditos tiñan que
    facerlle agasallos dignos dun rei.
  • 0:24 - 0:28
    Algúns levaránolle telas ,
    outres levábanlle espadas...
  • 0:28 - 0:29
    outros leváronlle ouro.
  • 0:29 - 0:33
    Ao final da fila había un ancián,
    moi baixiño e miúdo,
  • 0:33 - 0:37
    que chegara da súa aldea
    tras moitos días de travesía polo mar.
  • 0:37 - 0:41
    Cando o veu, o fillo do rei preguntoulle:
    "Que regalo traes para o rei?"
  • 0:41 - 0:45
    O ancián, moi despacio,
    abriu as mans para amosar
  • 0:45 - 0:50
    unha fermosa caracola, con espirais
    lilas e amarelas, vermellas e azuis.
  • 0:50 - 0:51
    E o fillo do rei dixo:
  • 0:51 - 0:54
    "Ese non é un agasallo digno dun rei!
    Que raios é isto?"
  • 0:55 - 0:57
    O ancián mirou para el
    moi lentamente e dixo,
  • 0:58 - 1:01
    "Foi unha longa viaxe...
    é parte do agasallo".
  • 1:01 - 1:03
    (Risos)
  • 1:03 - 1:06
    Nuns segundos eu mesmo
    voulles facer un agasallo,
  • 1:06 - 1:08
    un agasallo que cómpre sacar á luz.
  • 1:08 - 1:10
    Pero antes, acompañaranme
  • 1:10 - 1:12
    pola miña viaxe.
  • 1:12 - 1:14
    Como a maioría de Vds.,
  • 1:14 - 1:15
    eu tamén fun un neno.
  • 1:15 - 1:17
    Cantos de Vds. foron nenos?:
  • 1:17 - 1:19
    Todos foron nenos?
  • 1:19 - 1:20
    Case a metade... ben...
  • 1:21 - 1:22
    (Risos)
  • 1:22 - 1:25
    E que me din os demais?
    Naceron xa criados?
  • 1:25 - 1:28
    Amigo, quero coñecer á súa nai!
  • 1:28 - 1:29
    Falando do imposíbel...
  • 1:31 - 1:35
    De pequeno sempre me atraeu
    o concepto do imposíbel.
  • 1:36 - 1:39
    Levo anos agardando
    vivir un momento coma este,
  • 1:39 - 1:41
    porque hoxe é o día que vou tentar
  • 1:41 - 1:44
    facer o imposíbel xusto diante de Vds,
  • 1:44 - 1:45
    aquí mesmo, en TEDxMaastricht.
  • 1:46 - 1:48
    Vou comezar
  • 1:49 - 1:51
    revelando o final:
  • 1:51 - 1:53
    voulles demostrar
  • 1:53 - 1:55
    que o imposíbel non é imposíbel.
  • 1:55 - 1:58
    E ó final dareilles
    un agasallo que cómpre difundir:
  • 1:58 - 2:01
    amosareilles que poden facer
    o imposíbel coas súas vidas.
  • 2:03 - 2:05
    Na miña busca do imposíbel,
    descubrín que hai
  • 2:05 - 2:08
    dúas cousas que son universais
    para todas as persoas.
  • 2:08 - 2:10
    Todos temos medo
  • 2:10 - 2:12
    e todos temos soños.
  • 2:13 - 2:18
    Na miña busca do imposíbel
    descubrín que hai tres cousas
  • 2:18 - 2:20
    que fixen durante todos estes anos
  • 2:20 - 2:23
    que me levaron a facer o imposíbel.
  • 2:24 - 2:27
    Balón prisioneiro, ou como
    o chaman aquí, "Trefbal".
  • 2:27 - 2:28
    Supermán,
  • 2:28 - 2:29
    e os mosquitos.
  • 2:29 - 2:31
    Esas son as miñas claves.
  • 2:31 - 2:34
    Agora xa saben por que
    fago o imposíbel na miña vida.
  • 2:34 - 2:36
    Hoxe levarienos pola miña viaxe,
    a miña longa travesía
  • 2:36 - 2:39
    de medos a soños,
  • 2:39 - 2:41
    de palabras a espadas,
  • 2:41 - 2:43
    de balón prisioneiro
  • 2:43 - 2:44
    a Supermán
  • 2:44 - 2:45
    e mosquitos.
  • 2:46 - 2:47
    Agardo ensinarlles
  • 2:47 - 2:50
    como acadar o imposíbel nas súas vidas.
  • 2:52 - 2:55
    4 de outubro de 2007.
  • 2:56 - 2:58
    Tiña o corazón desbocado
    e os xeonllos tremíanme
  • 2:58 - 2:59
    cando subín ó escenario,
  • 2:59 - 3:01
    no Teatro Sanders,
  • 3:01 - 3:03
    da Universidade de Harvard para recibir
  • 3:03 - 3:06
    o Premio Nobel Lg en Medicina de 2007
  • 3:06 - 3:09
    por un ensaio médico no que colaborei,
  • 3:09 - 3:10
    titulado "Tragar sables...
  • 3:10 - 3:12
    e os seus efectos secundarios".
  • 3:12 - 3:13
    (Risos)
  • 3:14 - 3:18
    Publicárase nun pequeno xornal
    que nunca antes lera,
  • 3:18 - 3:20
    o British Medical Journal.
  • 3:21 - 3:25
    Para min aquilo era
    un soño imposíbel que se facía realidade,
  • 3:25 - 3:28
    era unha sorpresa inesperada
    para alguén coma min
  • 3:28 - 3:31
    e unha honra que endexamais esquecerei.
  • 3:31 - 3:35
    Pero aquel non foi o momento
    máis memorábel da miña vida.
  • 3:36 - 3:38
    O 4 de outubro de 1967,
  • 3:38 - 3:40
    este cativo delgado,
    temeroso, tímido e covarde,
  • 3:41 - 3:43
    tiña un medo horríbel.
  • 3:43 - 3:46
    Cando se preparaba para subir ó escenario,
  • 3:46 - 3:47
    acelerábaselle o corazón,
  • 3:48 - 3:49
    e tremíanlle os xeonllos.
  • 3:50 - 3:52
    Cando ía abrir a boca para falar,
  • 3:56 - 3:58
    non lle saían as palabras.
  • 3:58 - 4:00
    Estaba alí, tremendo e chorando.
  • 4:01 - 4:02
    Paralizado polo pánico
  • 4:02 - 4:04
    e conxelado polo medo.
  • 4:04 - 4:06
    Este cativo tímido e covarde,
  • 4:06 - 4:08
    tiña un medo horrible.
  • 4:09 - 4:10
    Medo á escuridade,
  • 4:11 - 4:12
    ás alturas,
  • 4:12 - 4:13
    ás arañas e serpes...
  • 4:13 - 4:15
    Quen máis lles ten medo?
  • 4:15 - 4:17
    Si, máis de un...
  • 4:17 - 4:19
    Tíñalle medo á agua e ós tiburóns,
  • 4:19 - 4:22
    aos médicos, enfermeiras e dentistas,
  • 4:22 - 4:25
    ás agullas, taladros e obxectos afiados.
  • 4:25 - 4:27
    Pero o que máis medo lle daba...
  • 4:27 - 4:28
    era a xente.
  • 4:29 - 4:32
    Aquel cativo covarde...
  • 4:32 - 4:33
    era eu.
  • 4:33 - 4:36
    Tíñalle medo á derrota e ó rechazo
  • 4:37 - 4:40
    tiña a autoestima baixa
    e complexo de inferioridade,
  • 4:40 - 4:43
    e algo que daquelas
    nin se sabía que existía:
  • 4:43 - 4:45
    trastorno de ansiedade social.
  • 4:45 - 4:49
    Por culpa do medo,
    os abusóns metíanse comigo.
  • 4:49 - 4:52
    Ríanse de min, insultábanme...
    nunca me deixaban xogar con eles
  • 4:52 - 4:54
    a ningún dos seus xogos.
  • 4:55 - 4:58
    Bon, había un xogo
    ao que si podía xogar...
  • 4:58 - 4:59
    o balón prisioneiro...
  • 5:00 - 5:01
    e non se me daba nada ben.
  • 5:02 - 5:04
    Os abusóns dicían o meu nome,
  • 5:04 - 5:06
    e eu vía chegar as pelotas vermellas
  • 5:06 - 5:08
    directas á miña cara
    a velocidade supersónica.
  • 5:08 - 5:10
    Bam, bam, bam!
  • 5:11 - 5:13
    Recordo que volvía á casa do colexio
  • 5:13 - 5:18
    coa cara vermella e escocida,
    as orellas vermellas...
  • 5:18 - 5:21
    As bágoas queimábanme os ollos
  • 5:21 - 5:24
    e as súas palabras queimábanme os oídos.
  • 5:24 - 5:25
    E quenqueira que dixese:
  • 5:25 - 5:29
    "Paos e pedras romperán os meus ósos,
    mais as palabras non me farán dano",
  • 5:29 - 5:30
    mente.
  • 5:30 - 5:32
    As palabras poden ser navallas.
  • 5:32 - 5:34
    Poden atravesarte coma espadas.
  • 5:34 - 5:36
    Poden provocar feridas tan profundas
  • 5:36 - 5:38
    que non se poden ver.
  • 5:38 - 5:41
    Tiña medo, e as palabras
    eran o meu peor enemigo.
  • 5:41 - 5:42
    Aínda o son.
  • 5:43 - 5:45
    Mais tamén tiña sonos.
  • 5:45 - 5:48
    Na casa ocultábame
    entre os meus cómics de Supermán,
  • 5:48 - 5:50
    lía todos os cómics de Supermán
  • 5:50 - 5:53
    e soñaba con ser
    un superheroe coma Superman.
  • 5:53 - 5:56
    Quería loitar pola verdade e a xustiza.
  • 5:56 - 5:59
    Quería loitar contra os malos
    e contra a criptonita,
  • 5:59 - 6:03
    voar polo mundo,
    facendo proezas e salvando vidas.
  • 6:03 - 6:06
    Tamén sentía
    unha gran fascinación polo real.
  • 6:06 - 6:09
    Lía o libro Guinness dos récords
    e o "Aínda que non o crea, de Ripley".
  • 6:09 - 6:13
    Alguén leu o Libro Guinees dos Récords
    ou o Aínda que non o crea, de Ripley?
  • 6:13 - 6:14
    Encántanme eses libros!
  • 6:14 - 6:16
    Vin xente real facendo proezas reais.
  • 6:16 - 6:18
    E eu tamén quería facelas.
  • 6:18 - 6:19
    Se os abusóns non me deixaban
  • 6:19 - 6:21
    xogar con eles a nada,
  • 6:21 - 6:23
    quería facer maxia e proezas de verdade.
  • 6:23 - 6:27
    Quería facer algo incríbel
    que eses abusóns non puidesen facer.
  • 6:27 - 6:29
    Quería achar o meu camiño e vocación,
  • 6:29 - 6:31
    quería saber que a miña vida tiña sentido.
  • 6:31 - 6:33
    Quería facer algo incríbel
    que mudase o mundo.
  • 6:33 - 6:37
    Quería demostrar que
    o imposíbel non era imposíbel.
  • 6:38 - 6:40
    Dez anos despois,
  • 6:40 - 6:43
    faltaba unha semana para cumprir 21 anos.
  • 6:43 - 6:47
    E un día aconteceron dúas cousas
    que mudaron a miña vida para sempre.
  • 6:47 - 6:49
    Estaba vivindo en Tamil Nadu,
    no sur da India.
  • 6:50 - 6:51
    Fora de misioneiro,
  • 6:51 - 6:53
    e o meu mentor e amigo preguntoume:
  • 6:53 - 6:55
    "Tes 'suetas', Daniel?"
  • 6:55 - 6:57
    E eu: "Suetas? Que é iso?"
  • 6:57 - 7:00
    "As suetas son
    os principais obxectivos da túa vida.
  • 7:00 - 7:05
    A combinación dos teus soños
    e as túas metas, se puideses
  • 7:05 - 7:07
    facer o que quixeses, ir onde quixeses,
  • 7:07 - 7:08
    ser quen quixeses...
  • 7:08 - 7:10
    Onde irías? Que farias?
  • 7:10 - 7:11
    Quen serías?
  • 7:11 - 7:14
    Dixen: "Non podo facer iso.
    Teño medo, demasiados medos!"
  • 7:14 - 7:18
    Esa noite subín o meu colchón
    ao faiado da cabana,
  • 7:18 - 7:19
    tumbeime debaixo das estrelas
  • 7:19 - 7:22
    e observei os morcegos
    perseguindo os mosquitos.
  • 7:22 - 7:26
    Non podía deixar de pensar nas suetas,
    nos soños e nas miñas metas,
  • 7:26 - 7:28
    e nos abusóns e o balón prisioneiro.
  • 7:29 - 7:31
    Horas despois acordei.
  • 7:31 - 7:34
    Tiña o corazón acelerado
    e tremíanme os xeonllos.
  • 7:34 - 7:36
    Esta vez non era medo.
  • 7:36 - 7:38
    Tremíame o corpo
  • 7:38 - 7:40
    e durante os cinco días seguintes
  • 7:40 - 7:44
    gañaba e perdía a consciencia, loitaba
    por vivir no meu leito de morte.
  • 7:44 - 7:48
    Ardíame o cerebro con 40 graos
    de febre, por mor da malaria.
  • 7:48 - 7:52
    E cando estaba consciente,
    só pensaba nas suetas.
  • 7:52 - 7:54
    Pensaba: "Que quero facer coa miña vida?"
  • 7:54 - 7:56
    Por fin, a noite antes de cumprir 21 anos,
  • 7:56 - 7:58
    nun momento de claridade,
  • 7:58 - 8:00
    deime conta dalgo:
  • 8:00 - 8:02
    que aquel pequeno mosquito,
  • 8:03 - 8:05
    Anopheles stephensi,
  • 8:05 - 8:07
    aquel diminuto mosquito
  • 8:07 - 8:08
    que pesaba menos de 5 microgramos,
  • 8:08 - 8:10
    menos ca un gran de sal,
  • 8:10 - 8:13
    se aquel mosquito podía derrotar
    a un home de 80 quilos,
  • 8:13 - 8:15
    souben que era a miña criptonita.
  • 8:15 - 8:17
    Mais dixen: "Non, non é o mosquito".
  • 8:17 - 8:19
    É o minúsculo parasito
    dentro do mosquito,
  • 8:19 - 8:23
    Plasmodium falciparum,
    que mata millóns de persoas cada ano".
  • 8:24 - 8:26
    E dixen: "Non, é algo aínda máis pequeno".
  • 8:26 - 8:29
    Pero para min era moito máis grande.
  • 8:29 - 8:30
    Pensei que o medo
  • 8:30 - 8:31
    era a miña criptonita,
  • 8:31 - 8:32
    o meu parasito,
  • 8:32 - 8:35
    que paralizara a miña vida.
  • 8:35 - 8:38
    Saben, hai unha diferenza
    entre o perigo e o medo.
  • 8:38 - 8:40
    O perigo é real.
  • 8:40 - 8:42
    O medo é unha opción.
  • 8:42 - 8:44
    E deime conta que tiña unha opción:
  • 8:44 - 8:48
    Podía vivir con medo e morrer fracasando
  • 8:49 - 8:52
    ou podía vencer os meus medos e podía
  • 8:52 - 8:56
    acadar os meus soños,
    podía atreverme a vivir a vida.
  • 8:57 - 9:00
    Saben? Hai algo niso de estar
    no teu leito de morte,
  • 9:00 - 9:04
    e enfrentarte á morte
    que te fai querer vivir de verdade.
  • 9:04 - 9:07
    Deime conta de que todos morremos,
    pero non todos vivimos.
  • 9:08 - 9:10
    E é morrendo cando vivimos.
  • 9:10 - 9:12
    Porque cando aprendes a morrer,
  • 9:12 - 9:13
    é cando aprendes a vivir.
  • 9:13 - 9:15
    Así foi como decidín cambiar
  • 9:15 - 9:16
    a miña historia.
  • 9:17 - 9:18
    Non quería morrer.
  • 9:18 - 9:20
    Así que recei e dixen:
  • 9:20 - 9:22
    "Deus, se deixas que chegue ós 21
  • 9:22 - 9:25
    xamais deixarei que o medo mande en min.
  • 9:25 - 9:27
    Enterrarei os meus medos,
  • 9:27 - 9:30
    loitarei polos meus soños,
  • 9:30 - 9:31
    cambiarei a miña actitude,
  • 9:31 - 9:34
    quero facer algo incríbel coa miña vida,
  • 9:34 - 9:36
    quero achar o meu camiño e vocación,
  • 9:36 - 9:39
    quero saber que o imposíbel non é tal".
  • 9:39 - 9:43
    Non lles direi se sobrevivín.
    Terán que averigualo.
  • 9:43 - 9:44
    (Risos)
  • 9:44 - 9:47
    Esa noite fixen unha lista
    coas miñas 10 suetas principais:
  • 9:47 - 9:50
    decidín que quería visitar
    todos os continentes,
  • 9:50 - 9:52
    ver as sete marabillas do mundo,
  • 9:52 - 9:53
    aprender uns cantos idiomas,
  • 9:53 - 9:55
    vivir nunha illa desértica,
  • 9:55 - 9:56
    vivir nun barco no océano,
  • 9:56 - 9:59
    vivir cunha tribo indíxena no Amazonas,
  • 9:59 - 10:01
    chegar ó cumio da montaña
    máis alta de Suecia,
  • 10:01 - 10:03
    ver o Monte Everest ao amencer,
  • 10:03 - 10:05
    traballar no mundo da música en Nashville,
  • 10:05 - 10:07
    traballar nun circo
  • 10:07 - 10:09
    e saltar desde un avión.
  • 10:09 - 10:12
    Durante os seguintes 20 anos
    acadei case todas esas suetas.
  • 10:12 - 10:15
    Cada vez que riscaba
    unha sueta da miña lista,
  • 10:15 - 10:18
    engadía 5 ou 10 máis,
    e a lista seguía medrando.
  • 10:19 - 10:23
    Os seguintes sete anos vivín
    nunha illa das Bahamas,
  • 10:23 - 10:25
    durante sete anos
  • 10:25 - 10:27
    nunha cabana de palla,
  • 10:29 - 10:34
    matando para comer o que había
    na illa: tirubóns e peces raia,
  • 10:34 - 10:36
    vestido con taparrabos.
  • 10:37 - 10:39
    Aprendín a nadar con tiburóns.
  • 10:39 - 10:41
    De aí pasei a México,
  • 10:41 - 10:45
    e dalí á marchei ó Amazonas, en Ecuador,
  • 10:45 - 10:48
    Pujo Pongo Ecuador,
    onde vivín cunha tribo.
  • 10:48 - 10:52
    Pouco a pouco comecei
    a gañar confianza coas miñas suetas
  • 10:52 - 10:55
    Metinme no mundo da música,
    despois pasei a Suecia,
  • 10:55 - 10:58
    mudeime a Estocolmo,
    onde traballei de músico.
  • 10:58 - 11:02
    E alí cheguei á cima do Kebnekaise,
    alén do Círculo Polar.
  • 11:03 - 11:05
    Aprendín a ser paiaso,
  • 11:05 - 11:06
    e malabarista,
  • 11:06 - 11:07
    a camiñar con zocos,
  • 11:07 - 11:10
    montar en bici dunha roda,
    a tragar lume e cristal...
  • 11:10 - 11:14
    En 1997, souben que había
    menos dunha ducia de tragasables
  • 11:14 - 11:15
    e pensei: "Teño que probalo!"
  • 11:15 - 11:18
    Coñecín un tragasables
    e pedinlle algúns consellos.
  • 11:18 - 11:20
    E díxome: "Si vouche dar dous:
  • 11:20 - 11:22
    un, isto é moi perigoso.
  • 11:22 - 11:24
    Hai xente que morre facendo isto.
  • 11:24 - 11:25
    E número dous:
  • 11:25 - 11:26
    non o intentes!"
  • 11:26 - 11:28
    (Risos)
  • 11:28 - 11:30
    Así que o engadín á miña lista de suetas.
  • 11:30 - 11:33
    E practiquei de 10 a 12 veces ao día
  • 11:34 - 11:35
    durante catro anos.
  • 11:35 - 11:37
    E agora que fago números...
  • 11:37 - 11:40
    4 x 365 [x 12]
  • 11:40 - 11:43
    Iso son uns 13.000 intentos fallidos
  • 11:43 - 11:45
    antes de conseguir tragar
    a miña primeira espada en 2001.
  • 11:46 - 11:48
    Nese tempo propúxenme a sueta
  • 11:48 - 11:51
    de converterme no maior experto
    mundial en tragar espadas.
  • 11:51 - 11:54
    Busquei todos os libros, revistas,
    artigos xornalísticos,
  • 11:54 - 11:58
    informes médicos,
    estudei fisiología, anatomía,
  • 11:58 - 12:00
    falei con médicos e enfermeiras,
  • 12:00 - 12:02
    reunín a todos os tragasables
  • 12:02 - 12:04
    nunha Asociación Internacional
    de tragasables,
  • 12:04 - 12:07
    durante dous anos dirixín
    unha investigación médica
  • 12:07 - 12:09
    sobre tragar sables
    e os seus efectos
  • 12:09 - 12:11
    que se publicou no
    British Medical Journal.
  • 12:11 - 12:12
    (Risos)
  • 12:12 - 12:13
    Grazas.
  • 12:13 - 12:18
    (Aplausos)
  • 12:18 - 12:22
    E aprendín cousas fascinantes
    sobre tragar espadas.
  • 12:22 - 12:25
    Cousas sobre as que nunca pensaron,
    pero que a partir de agora pensarán.
  • 12:25 - 12:29
    A próxima vez que estean na casa,
    cortando un filete cun coitelo,
  • 12:29 - 12:32
    o teñan un obxecto afiado na man,
    pensarán nisto.
  • 12:34 - 12:37
    Aprendín que o de tragar sables
    comezou na India,
  • 12:37 - 12:40
    xusto onde o vin por primeira vez
    cando só tiña 20 anos,
  • 12:40 - 12:42
    hai uns 4000 anos, no 2000 a.C.
  • 12:42 - 12:46
    Durante os últimos 150 anos,
    os tragasables utilizáronse
  • 12:46 - 12:47
    nos eidos da ciencia e da medicina
  • 12:47 - 12:51
    para crear un endoscopio ríxido en 1868,
  • 12:51 - 12:54
    feito polo Dr. Adolf Kussmaul,
    en Friburgo, Alemaña.
  • 12:54 - 12:57
    En 1906, o electrocardiograma en Gales,
  • 12:57 - 13:00
    para estudar
    trastornos de deglución e dixestión,
  • 13:00 - 13:02
    broncoscopios, esas cousas.
  • 13:02 - 13:04
    Mais durante os últimos 150 anos
  • 13:04 - 13:08
    sabemos de centos de lesións
    e ducias de mortes...
  • 13:08 - 13:15
    Este é o endoscopio ríxido
    que creou o Dr. Adolf Kussmaul.
  • 13:15 - 13:19
    Mais descubrimos que houbo
    29 mortes nos últimos 150 anos,
  • 13:19 - 13:22
    incluido un tragasables londinense,
    que se atravesou o corazón coa espada.
  • 13:23 - 13:25
    Tamén soubemos que hai entre 3 e 8
  • 13:25 - 13:28
    lesións cada ano por tragar espadas.
  • 13:28 - 13:30
    E seino porque recibo chamadas.
  • 13:30 - 13:31
    Hai pouco recibín dúas,
  • 13:31 - 13:34
    unha de Suecia e outra de Orlando,
  • 13:34 - 13:37
    de tragasables
    que están no hospital por lesións.
  • 13:37 - 13:39
    É algo moi perigoso.
  • 13:39 - 13:42
    A outra cousa que aprendín
    é que a maioría da xente tarda
  • 13:42 - 13:44
    entre 2 e 10 anos en aprender
  • 13:44 - 13:46
    a tragar unha espada.
  • 13:46 - 13:48
    Pero o que máis me chamou a atención
  • 13:48 - 13:51
    foi ver como os tragasables
    aprenden a facer o imposíbel.
  • 13:51 - 13:53
    E vou contarvos un pequeno segredo:
  • 13:54 - 13:58
    non se centren no 99,9% que é imposíbel,
  • 13:58 - 14:02
    céntrense no 0,1% que é posíbel,
    e pensen como facelo posíbel.
  • 14:03 - 14:06
    Agora levareinos por unha viaxe
    á mente dos tragasables.
  • 14:06 - 14:09
    Para tragar unha espada,
    cómpre meditar sobre a materia,
  • 14:09 - 14:12
    unha concentración afiada
    e unha precisión milimétrica,
  • 14:12 - 14:16
    para illar os órganos internos
    e superar os reflexos automáticos
  • 14:16 - 14:20
    a través dunha sinopse cerebral
    e dunha memoria muscular,
  • 14:20 - 14:24
    algo que se consegue
    practicando máis de 10.000 veces.
  • 14:24 - 14:28
    Levareinos por unha viaxe
    ao corpo dun tragasables.
  • 14:28 - 14:30
    Para tragar unha espada,
  • 14:30 - 14:32
    teño que baixala pola miña lingua,
  • 14:32 - 14:35
    controlar o reflexo de vomitar,
  • 14:35 - 14:38
    xirar 90 graos pola epiglote,
  • 14:38 - 14:41
    atravesar o esfínter
    esofáxico superior cricofarínxeo,
  • 14:41 - 14:43
    conter o reflexo peristaltísmico
  • 14:43 - 14:44
    e deslizar a folla polo peito,
  • 14:44 - 14:46
    entre os pulmóns.
  • 14:46 - 14:48
    A esta altura,
  • 14:48 - 14:50
    teño que apartar o meu corazón.
  • 14:50 - 14:52
    Se observan ben,
  • 14:52 - 14:54
    verán o meu corazón latendo coa espada
  • 14:54 - 14:55
    porque está apoiándose nel
  • 14:55 - 14:58
    separado só a 1/8 de palmo
    de tecido esofáxico.
  • 14:58 - 15:00
    Isto non se pode finxir.
  • 15:00 - 15:02
    Despois teño que deslizala polo esternón,
  • 15:02 - 15:05
    pasar o esfínter esofáxico inferior,
    cara o estómago,
  • 15:05 - 15:09
    reprimir o reflexo de devolver,
    ata chegar ao duodeno.
  • 15:09 - 15:10
    Facilísimo.
  • 15:10 - 15:11
    (Risos)
  • 15:11 - 15:13
    Se baixase aínda máis,
  • 15:13 - 15:18
    ata chegar ás trompas de falopio.
  • 15:18 - 15:21
    Señores, despois pregúntenlles
    ás súas mulleres o que é iso.
  • 15:22 - 15:24
    A xente dime:
  • 15:24 - 15:27
    "Fai falla valor para arriscar a túa vida,
  • 15:27 - 15:29
    apartar o corazón e tragar unha espada..."
  • 15:29 - 15:30
    Non. O valor de verdade
  • 15:30 - 15:33
    é que ese cativo delgado,
    temeroso, tímido e covarde
  • 15:33 - 15:36
    se enfrente ao fracaso e rexeitamento
  • 15:36 - 15:37
    desnude o corazón,
  • 15:37 - 15:38
    trague o orgullo
  • 15:38 - 15:41
    e estea aquí, diante de estraños
  • 15:41 - 15:44
    para contarlles a historia
    dos seus medos e soños,
  • 15:44 - 15:48
    deixando a pel, literal e metaforicamente.
  • 15:48 - 15:49
    Verán... grazas.
  • 15:49 - 15:54
    (Aplausos)
  • 15:54 - 15:56
    Verán, o incríbel é
  • 15:56 - 15:59
    que sempre quixen facer o extraordinario
  • 15:59 - 16:00
    e iso fago agora.
  • 16:00 - 16:03
    Pero o extraordinario
    non é que poida tragar
  • 16:03 - 16:05
    21 espadas seguidas,
  • 16:08 - 16:10
    ou estar somerxido nunha peceira
    con 88 tiburóns ou raias
  • 16:10 - 16:12
    para o a revista de Ripley,
  • 16:14 - 16:18
    ou a unha temperatura de 1.500 graos
    para Stan Lee's Superhumans
  • 16:18 - 16:19
    no papel de Home de Aceiro
  • 16:20 - 16:22
    e que calor facía!
  • 16:22 - 16:25
    Ou tirar dun coche cunha espada
    para a revista Ripley
  • 16:25 - 16:26
    ou o Guinness,
  • 16:26 - 16:29
    ou ser finalista de America's Got Talent,
  • 16:29 - 16:32
    ou gañar o Ig Nobel de Medicina en 2007;
  • 16:32 - 16:34
    non, iso non é o extraordinario.
  • 16:34 - 16:36
    Iso pensa a xente. Pero non, que va.
  • 16:36 - 16:38
    O extraordinario de verdade
  • 16:38 - 16:41
    é que Deus vese a ese cativo
    delgado, tímido e covarde,
  • 16:41 - 16:42
    que lle tiña medo ás alturas,
  • 16:42 - 16:44
    da auga e dos tiburóns,
  • 16:44 - 16:46
    de médicos e enfermeiros
    e obxectos puntiagudos
  • 16:46 - 16:48
    de falar coa xente
  • 16:48 - 16:50
    e o puxese a voar polo mundo
  • 16:50 - 16:51
    a alturas de 30.000 pés
  • 16:51 - 16:54
    a tragar obxectos puntiagudos baixo a auga
  • 16:54 - 16:57
    a falar con médicos e enfermeiros
    e públicos como Vds. polo mundo...
  • 16:57 - 17:00
    Iso si que é o extraordinario.
  • 17:00 - 17:01
    Sempre quixen facer o imposíbel...
  • 17:01 - 17:02
    Grazas.
  • 17:02 - 17:04
    (Aplausos)
  • 17:04 - 17:05
    Grazas.
  • 17:06 - 17:09
    (Aplausos)
  • 17:10 - 17:13
    Sempre quixen facer o imposíbel,
    e iso fago.
  • 17:13 - 17:16
    Quería facer o extraordinario
    coa miña vida e mudar o mundo
  • 17:16 - 17:17
    e iso fago.
  • 17:17 - 17:20
    Sempre quixen voar polo mundo
    facendo cousas sobrehumanas
  • 17:20 - 17:21
    salvando vidas, e iso fago.
  • 17:21 - 17:23
    E saben que?
  • 17:23 - 17:26
    Pois que aquel cativo do que lles falo...
  • 17:26 - 17:27
    ...non anda lonxe.
  • 17:30 - 17:36
    (Risos) (Aplausos)
  • 17:37 - 17:40
    E sempre quixen achar
    o meu camiño e vocación,
  • 17:40 - 17:42
    e agora acheinos.
  • 17:42 - 17:43
    Pero saben que?
  • 17:43 - 17:46
    Non foron as espadas,
    non foi o que pensan, nin as miñas forzas,
  • 17:46 - 17:49
    foron as miñas debilidades e palabras.
  • 17:49 - 17:51
    O meu camiño, a miña vocación
    é mudar o mundo
  • 17:51 - 17:52
    rachando co medo,
  • 17:52 - 17:55
    espada a espada, palabra a palabra,
  • 17:55 - 17:57
    coitelo a coitelo, vida a vida,
  • 17:58 - 18:00
    inspirar aos demais a seren superheroes
  • 18:00 - 18:02
    que conseguen o imposíbel.
  • 18:02 - 18:05
    A miña vocación é axudar ós demais
    a encontraren a súa.
  • 18:05 - 18:06
    E a súa?
  • 18:06 - 18:07
    Cal é a súa vocación?
  • 18:07 - 18:09
    Por que están aquí?
  • 18:09 - 18:12
    Creo que a nosa vocación
    é a de ser superheroes.
  • 18:12 - 18:14
    Cal é o seu superpoder?
  • 18:15 - 18:18
    Hai 7.000 millóns de persoas no mundo,
  • 18:18 - 18:20
    non hai nin unha ducia de tragasables
  • 18:20 - 18:22
    en todo o mundo,
  • 18:22 - 18:23
    pero só hai un "ti".
  • 18:23 - 18:24
    Ti es único.
  • 18:24 - 18:26
    Cal é a túa historia?
  • 18:26 - 18:28
    Que te fai diferente?
  • 18:28 - 18:29
    Conta a túa historia,
  • 18:29 - 18:32
    aínda que che trema a voz.
  • 18:32 - 18:33
    Que suetas tes?
  • 18:33 - 18:36
    Se puideses elixir que facer,
    quen ser, onde ir...
  • 18:36 - 18:37
    Que farías? Onde irías?
  • 18:37 - 18:38
    Que farias?
  • 18:38 - 18:40
    Que queres facer coa túa vida?
  • 18:40 - 18:42
    Con que soñas?
  • 18:42 - 18:44
    Con que soñabas de pequeno? Recórdao.
  • 18:44 - 18:46
    Seguro que non isto, verdade?
  • 18:46 - 18:48
    Cal era o teu soño,
  • 18:48 - 18:50
    aquel que pensabas que era tan raro?
  • 18:50 - 18:54
    Seguro que agora os teus soños
    non te parecen tan raros.
  • 18:55 - 18:57
    Cal é a túa espada?
  • 18:57 - 18:59
    Todos temos unha espada,
  • 18:59 - 19:01
    unha de dobre fío, cargada de medos.
  • 19:01 - 19:04
    Traguen esa espada, sexa o que sexa.
  • 19:04 - 19:06
    Loiten polos seus soños.
  • 19:06 - 19:09
    Nunca é tarde para ser o que queren ser.
  • 19:10 - 19:13
    A eses abusóns da pelota,
    eses pequenos que pensaban
  • 19:13 - 19:15
    que nunca conseguiría o imposíbel,
  • 19:15 - 19:18
    só lles direi unha cousa:
  • 19:18 - 19:19
    Grazas.
  • 19:19 - 19:22
    Porque de non ser polos malos,
    non habería superheroes.
  • 19:23 - 19:27
    Estou aquí para demostrar que
    o imposíbel non é tal.
  • 19:28 - 19:32
    Isto é extremadamente perigoso.
    Podería matarme.
  • 19:32 - 19:34
    Agardo que lles guste.
  • 19:34 - 19:35
    (Risos)
  • 19:36 - 19:39
    Vou precisar a súa axuda con isto.
  • 19:47 - 19:48
    Público: dous, tres...
  • 19:48 - 19:52
    Dan: Non. Vou necesitar
    a súa axuda coa conta atrás, estamos?
  • 19:52 - 19:53
    (Risos)
  • 19:53 - 19:56
    Saben facelo, verdade? Conten comigo.
  • 19:56 - 19:57
    Un.
  • 19:57 - 19:58
    Dous.
  • 19:58 - 19:59
    Tres.
  • 19:59 - 20:01
    Non, iso é dous, pero case vai.
  • 20:07 - 20:08
    Público: un.
  • 20:08 - 20:09
    Dous.
  • 20:09 - 20:10
    Tres.
  • 20:11 - 20:13
    (Bufidos)
  • 20:14 - 20:16
    (Aplausos)
  • 20:16 - 20:17
    Si!
  • 20:17 - 20:23
    (Aplausos) (Vivas)
  • 20:23 - 20:25
    Moitísimas grazas.
  • 20:25 - 20:29
    Grazas, grazas, grazas.
    Desde o máis fondo do meu corazón.
  • 20:29 - 20:31
    O bon, grazas desde o máis fondo
    do meu estómago.
  • 20:32 - 20:35
    Dixen que viñera facer o imposíbel,
    e así foi.
  • 20:35 - 20:38
    Pero isto non foi o imposíbel,
    isto fágoo todos os días.
  • 20:38 - 20:43
    O imposíbel é que aquel neno tímido
    e asustadizo se enfrontase aos seus medos,
  • 20:43 - 20:45
    estea aquí, no escenario de TED,
  • 20:45 - 20:47
    e mudarfose quen de mudar o mundo,
  • 20:47 - 20:49
    espada a espada, vida a vida.
  • 20:49 - 20:52
    Se os fixen pensar doutro xeito,
    se os fixen crer
  • 20:52 - 20:54
    que o imposíbel non é imposíbel,
  • 20:54 - 20:58
    se os fixen ver que poden
    facer o imposíbel coas súas vidas,
  • 20:58 - 21:01
    fixen o meu traballo,
    e o seu está por comezar.
  • 21:01 - 21:04
    Nunca deixen de soñar.
    Nunca deixen de crer.
  • 21:05 - 21:06
    Grazas por crer en min
  • 21:06 - 21:08
    e grazas por formar parte do meu soño.
  • 21:08 - 21:10
    E velaquí o meu agasallo:
  • 21:10 - 21:11
    o imposíbel non é...
  • 21:11 - 21:13
    Público: imposíbel.
  • 21:13 - 21:15
    Longa viaxe, parte do regalo.
  • 21:15 - 21:20
    (Aplausos)
  • 21:20 - 21:21
    Grazas
  • 21:21 - 21:25
    (Aplausos)
  • 21:26 - 21:28
    (Vivas)
  • 21:28 - 21:31
    Presentador: Grazas, Dan Meyer, vaites!
Title:
Facer o imposíbel, rachar co medo | Dan Meyer | TEDxMaastricht
Description:

Algunha vez quixeches ser un superheroe e facer o imposíbel? Para Dan Meyer, non importa o profundos que sexan os nosos medos ou o ambiciosos que sexan os nosos soños, todos temos o potencial para sermos superheroes, facer o imposíbel e mudar o mundo. Director dunha axencia de axuda humanitaria que asiste orfanatos en Casaquistán, Dan fala sobre como superou unha infancia chea de medos, trastorno ansioso social e acoso para ó final conseguir facer cousas sobrehumanas, converterse en finalista no America’s Got Talent, gañar o Premio Nobel lg en Medicina no 2007, en Harvard, e ostentar por 39 veces o récord mundial e ser un experto nunha das artes más antigas e perigosas do mundo, tragador de espadas. Por último, a Dan tamén lle apaixona inspirar ás persoas para que fagan o imposíbel coas SÚAS vidas.

Na súa primeira charla en TED, Dan fala sobre a longa travesía entre os medos extremos e as consecucións extremas, de ser un ninguén a ostentar un récord mundial, de ser un perdedor a gañar o Premio Nobel lg e como da nada chegou a finalista no America’s Got Talent. Dan fala da ciencia que ha tras a antiga arte de tragar espadas e describe o seu traxecto ata conseguir facer cousas sobrehumanas, superando o fracaso e os límites do corpo humano para facer o imposíbel e mudar o mundo. Nesta charla fala sobre como rachar o medo para facermos o imposíbel coas NOSAS vidas.

Esta charla tivo lugar nun evento local de TEDx e produciuse de forma independente de TED Conferences.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDxTalks
Duration:
21:38

Galician subtitles

Revisions