YouTube

Got a YouTube account?

New: enable viewer-created translations and captions on your YouTube channel!

Galician subtitles

← Facer o imposíbel, rachar co medo | Dan Meyer | TEDxMaastricht

Get Embed Code
75 Languages

Showing Revision 3 created 01/24/2017 by Retired user.

  1. Grazas.

  2. Había unha vez un rei na India,
    que polo seu aniversario ditaminou
  3. que os seus súbditos tiñan que
    facerlle agasallos dignos dun rei.
  4. Algúns levaránolle telas ,
    outres levábanlle espadas...
  5. outros leváronlle ouro.
  6. Ao final da fila había un ancián,
    moi baixiño e miúdo,
  7. que chegara da súa aldea
    tras moitos días de travesía polo mar.
  8. Cando o veu, o fillo do rei preguntoulle:
    "Que regalo traes para o rei?"
  9. O ancián, moi despacio,
    abriu as mans para amosar
  10. unha fermosa caracola, con espirais
    lilas e amarelas, vermellas e azuis.
  11. E o fillo do rei dixo:
  12. "Ese non é un agasallo digno dun rei!
    Que raios é isto?"
  13. O ancián mirou para el
    moi lentamente e dixo,
  14. "Foi unha longa viaxe...
    é parte do agasallo".
  15. (Risos)
  16. Nuns segundos eu mesmo
    voulles facer un agasallo,
  17. un agasallo que cómpre sacar á luz.
  18. Pero antes, acompañaranme
  19. pola miña viaxe.
  20. Como a maioría de Vds.,
  21. eu tamén fun un neno.
  22. Cantos de Vds. foron nenos?:
  23. Todos foron nenos?
  24. Case a metade... ben...
  25. (Risos)
  26. E que me din os demais?
    Naceron xa criados?
  27. Amigo, quero coñecer á súa nai!
  28. Falando do imposíbel...
  29. De pequeno sempre me atraeu
    o concepto do imposíbel.
  30. Levo anos agardando
    vivir un momento coma este,
  31. porque hoxe é o día que vou tentar
  32. facer o imposíbel xusto diante de Vds,
  33. aquí mesmo, en TEDxMaastricht.
  34. Vou comezar
  35. revelando o final:
  36. voulles demostrar
  37. que o imposíbel non é imposíbel.
  38. E ó final dareilles
    un agasallo que cómpre difundir:
  39. amosareilles que poden facer
    o imposíbel coas súas vidas.
  40. Na miña busca do imposíbel,
    descubrín que hai
  41. dúas cousas que son universais
    para todas as persoas.
  42. Todos temos medo
  43. e todos temos soños.
  44. Na miña busca do imposíbel
    descubrín que hai tres cousas
  45. que fixen durante todos estes anos
  46. que me levaron a facer o imposíbel.
  47. Balón prisioneiro, ou como
    o chaman aquí, "Trefbal".
  48. Supermán,
  49. e os mosquitos.
  50. Esas son as miñas claves.
  51. Agora xa saben por que
    fago o imposíbel na miña vida.
  52. Hoxe levarienos pola miña viaxe,
    a miña longa travesía
  53. de medos a soños,
  54. de palabras a espadas,
  55. de balón prisioneiro
  56. a Supermán
  57. e mosquitos.
  58. Agardo ensinarlles
  59. como acadar o imposíbel nas súas vidas.
  60. 4 de outubro de 2007.
  61. Tiña o corazón desbocado
    e os xeonllos tremíanme
  62. cando subín ó escenario,
  63. no Teatro Sanders,
  64. da Universidade de Harvard para recibir
  65. o Premio Nobel Lg en Medicina de 2007
  66. por un ensaio médico no que colaborei,
  67. titulado "Tragar sables...
  68. e os seus efectos secundarios".
  69. (Risos)
  70. Publicárase nun pequeno xornal
    que nunca antes lera,
  71. o British Medical Journal.
  72. Para min aquilo era
    un soño imposíbel que se facía realidade,
  73. era unha sorpresa inesperada
    para alguén coma min
  74. e unha honra que endexamais esquecerei.
  75. Pero aquel non foi o momento
    máis memorábel da miña vida.
  76. O 4 de outubro de 1967,
  77. este cativo delgado,
    temeroso, tímido e covarde,
  78. tiña un medo horríbel.
  79. Cando se preparaba para subir ó escenario,
  80. acelerábaselle o corazón,
  81. e tremíanlle os xeonllos.
  82. Cando ía abrir a boca para falar,
  83. non lle saían as palabras.
  84. Estaba alí, tremendo e chorando.
  85. Paralizado polo pánico
  86. e conxelado polo medo.
  87. Este cativo tímido e covarde,
  88. tiña un medo horrible.
  89. Medo á escuridade,
  90. ás alturas,
  91. ás arañas e serpes...
  92. Quen máis lles ten medo?
  93. Si, máis de un...
  94. Tíñalle medo á agua e ós tiburóns,
  95. aos médicos, enfermeiras e dentistas,
  96. ás agullas, taladros e obxectos afiados.
  97. Pero o que máis medo lle daba...
  98. era a xente.
  99. Aquel cativo covarde...
  100. era eu.
  101. Tíñalle medo á derrota e ó rechazo
  102. tiña a autoestima baixa
    e complexo de inferioridade,
  103. e algo que daquelas
    nin se sabía que existía:
  104. trastorno de ansiedade social.
  105. Por culpa do medo,
    os abusóns metíanse comigo.
  106. Ríanse de min, insultábanme...
    nunca me deixaban xogar con eles
  107. a ningún dos seus xogos.
  108. Bon, había un xogo
    ao que si podía xogar...
  109. o balón prisioneiro...
  110. e non se me daba nada ben.
  111. Os abusóns dicían o meu nome,
  112. e eu vía chegar as pelotas vermellas
  113. directas á miña cara
    a velocidade supersónica.
  114. Bam, bam, bam!
  115. Recordo que volvía á casa do colexio
  116. coa cara vermella e escocida,
    as orellas vermellas...
  117. As bágoas queimábanme os ollos
  118. e as súas palabras queimábanme os oídos.
  119. E quenqueira que dixese:
  120. "Paos e pedras romperán os meus ósos,
    mais as palabras non me farán dano",
  121. mente.
  122. As palabras poden ser navallas.
  123. Poden atravesarte coma espadas.
  124. Poden provocar feridas tan profundas
  125. que non se poden ver.
  126. Tiña medo, e as palabras
    eran o meu peor enemigo.
  127. Aínda o son.
  128. Mais tamén tiña sonos.
  129. Na casa ocultábame
    entre os meus cómics de Supermán,
  130. lía todos os cómics de Supermán
  131. e soñaba con ser
    un superheroe coma Superman.
  132. Quería loitar pola verdade e a xustiza.
  133. Quería loitar contra os malos
    e contra a criptonita,
  134. voar polo mundo,
    facendo proezas e salvando vidas.
  135. Tamén sentía
    unha gran fascinación polo real.
  136. Lía o libro Guinness dos récords
    e o "Aínda que non o crea, de Ripley".
  137. Alguén leu o Libro Guinees dos Récords
    ou o Aínda que non o crea, de Ripley?
  138. Encántanme eses libros!
  139. Vin xente real facendo proezas reais.
  140. E eu tamén quería facelas.
  141. Se os abusóns non me deixaban
  142. xogar con eles a nada,
  143. quería facer maxia e proezas de verdade.
  144. Quería facer algo incríbel
    que eses abusóns non puidesen facer.
  145. Quería achar o meu camiño e vocación,
  146. quería saber que a miña vida tiña sentido.
  147. Quería facer algo incríbel
    que mudase o mundo.
  148. Quería demostrar que
    o imposíbel non era imposíbel.
  149. Dez anos despois,
  150. faltaba unha semana para cumprir 21 anos.
  151. E un día aconteceron dúas cousas
    que mudaron a miña vida para sempre.
  152. Estaba vivindo en Tamil Nadu,
    no sur da India.
  153. Fora de misioneiro,
  154. e o meu mentor e amigo preguntoume:
  155. "Tes 'suetas', Daniel?"
  156. E eu: "Suetas? Que é iso?"
  157. "As suetas son
    os principais obxectivos da túa vida.
  158. A combinación dos teus soños
    e as túas metas, se puideses
  159. facer o que quixeses, ir onde quixeses,
  160. ser quen quixeses...
  161. Onde irías? Que farias?
  162. Quen serías?
  163. Dixen: "Non podo facer iso.
    Teño medo, demasiados medos!"
  164. Esa noite subín o meu colchón
    ao faiado da cabana,
  165. tumbeime debaixo das estrelas
  166. e observei os morcegos
    perseguindo os mosquitos.
  167. Non podía deixar de pensar nas suetas,
    nos soños e nas miñas metas,
  168. e nos abusóns e o balón prisioneiro.
  169. Horas despois acordei.
  170. Tiña o corazón acelerado
    e tremíanme os xeonllos.
  171. Esta vez non era medo.
  172. Tremíame o corpo
  173. e durante os cinco días seguintes
  174. gañaba e perdía a consciencia, loitaba
    por vivir no meu leito de morte.
  175. Ardíame o cerebro con 40 graos
    de febre, por mor da malaria.
  176. E cando estaba consciente,
    só pensaba nas suetas.
  177. Pensaba: "Que quero facer coa miña vida?"
  178. Por fin, a noite antes de cumprir 21 anos,
  179. nun momento de claridade,
  180. deime conta dalgo:
  181. que aquel pequeno mosquito,
  182. Anopheles stephensi,
  183. aquel diminuto mosquito
  184. que pesaba menos de 5 microgramos,
  185. menos ca un gran de sal,
  186. se aquel mosquito podía derrotar
    a un home de 80 quilos,
  187. souben que era a miña criptonita.
  188. Mais dixen: "Non, non é o mosquito".
  189. É o minúsculo parasito
    dentro do mosquito,
  190. Plasmodium falciparum,
    que mata millóns de persoas cada ano".
  191. E dixen: "Non, é algo aínda máis pequeno".
  192. Pero para min era moito máis grande.
  193. Pensei que o medo
  194. era a miña criptonita,
  195. o meu parasito,
  196. que paralizara a miña vida.
  197. Saben, hai unha diferenza
    entre o perigo e o medo.
  198. O perigo é real.
  199. O medo é unha opción.
  200. E deime conta que tiña unha opción:
  201. Podía vivir con medo e morrer fracasando
  202. ou podía vencer os meus medos e podía
  203. acadar os meus soños,
    podía atreverme a vivir a vida.
  204. Saben? Hai algo niso de estar
    no teu leito de morte,
  205. e enfrentarte á morte
    que te fai querer vivir de verdade.
  206. Deime conta de que todos morremos,
    pero non todos vivimos.
  207. E é morrendo cando vivimos.
  208. Porque cando aprendes a morrer,
  209. é cando aprendes a vivir.
  210. Así foi como decidín cambiar
  211. a miña historia.
  212. Non quería morrer.
  213. Así que recei e dixen:
  214. "Deus, se deixas que chegue ós 21
  215. xamais deixarei que o medo mande en min.
  216. Enterrarei os meus medos,
  217. loitarei polos meus soños,
  218. cambiarei a miña actitude,
  219. quero facer algo incríbel coa miña vida,
  220. quero achar o meu camiño e vocación,
  221. quero saber que o imposíbel non é tal".
  222. Non lles direi se sobrevivín.
    Terán que averigualo.
  223. (Risos)
  224. Esa noite fixen unha lista
    coas miñas 10 suetas principais:
  225. decidín que quería visitar
    todos os continentes,
  226. ver as sete marabillas do mundo,
  227. aprender uns cantos idiomas,
  228. vivir nunha illa desértica,
  229. vivir nun barco no océano,
  230. vivir cunha tribo indíxena no Amazonas,
  231. chegar ó cumio da montaña
    máis alta de Suecia,
  232. ver o Monte Everest ao amencer,
  233. traballar no mundo da música en Nashville,
  234. traballar nun circo
  235. e saltar desde un avión.
  236. Durante os seguintes 20 anos
    acadei case todas esas suetas.
  237. Cada vez que riscaba
    unha sueta da miña lista,
  238. engadía 5 ou 10 máis,
    e a lista seguía medrando.
  239. Os seguintes sete anos vivín
    nunha illa das Bahamas,
  240. durante sete anos
  241. nunha cabana de palla,
  242. matando para comer o que había
    na illa: tirubóns e peces raia,
  243. vestido con taparrabos.
  244. Aprendín a nadar con tiburóns.
  245. De aí pasei a México,
  246. e dalí á marchei ó Amazonas, en Ecuador,
  247. Pujo Pongo Ecuador,
    onde vivín cunha tribo.
  248. Pouco a pouco comecei
    a gañar confianza coas miñas suetas
  249. Metinme no mundo da música,
    despois pasei a Suecia,
  250. mudeime a Estocolmo,
    onde traballei de músico.
  251. E alí cheguei á cima do Kebnekaise,
    alén do Círculo Polar.
  252. Aprendín a ser paiaso,
  253. e malabarista,
  254. a camiñar con zocos,
  255. montar en bici dunha roda,
    a tragar lume e cristal...
  256. En 1997, souben que había
    menos dunha ducia de tragasables
  257. e pensei: "Teño que probalo!"
  258. Coñecín un tragasables
    e pedinlle algúns consellos.
  259. E díxome: "Si vouche dar dous:
  260. un, isto é moi perigoso.
  261. Hai xente que morre facendo isto.
  262. E número dous:
  263. non o intentes!"
  264. (Risos)
  265. Así que o engadín á miña lista de suetas.
  266. E practiquei de 10 a 12 veces ao día
  267. durante catro anos.
  268. E agora que fago números...
  269. 4 x 365 [x 12]
  270. Iso son uns 13.000 intentos fallidos
  271. antes de conseguir tragar
    a miña primeira espada en 2001.
  272. Nese tempo propúxenme a sueta
  273. de converterme no maior experto
    mundial en tragar espadas.
  274. Busquei todos os libros, revistas,
    artigos xornalísticos,
  275. informes médicos,
    estudei fisiología, anatomía,
  276. falei con médicos e enfermeiras,
  277. reunín a todos os tragasables
  278. nunha Asociación Internacional
    de tragasables,
  279. durante dous anos dirixín
    unha investigación médica
  280. sobre tragar sables
    e os seus efectos
  281. que se publicou no
    British Medical Journal.
  282. (Risos)
  283. Grazas.
  284. (Aplausos)
  285. E aprendín cousas fascinantes
    sobre tragar espadas.
  286. Cousas sobre as que nunca pensaron,
    pero que a partir de agora pensarán.
  287. A próxima vez que estean na casa,
    cortando un filete cun coitelo,
  288. o teñan un obxecto afiado na man,
    pensarán nisto.
  289. Aprendín que o de tragar sables
    comezou na India,
  290. xusto onde o vin por primeira vez
    cando só tiña 20 anos,
  291. hai uns 4000 anos, no 2000 a.C.
  292. Durante os últimos 150 anos,
    os tragasables utilizáronse
  293. nos eidos da ciencia e da medicina
  294. para crear un endoscopio ríxido en 1868,
  295. feito polo Dr. Adolf Kussmaul,
    en Friburgo, Alemaña.
  296. En 1906, o electrocardiograma en Gales,
  297. para estudar
    trastornos de deglución e dixestión,
  298. broncoscopios, esas cousas.
  299. Mais durante os últimos 150 anos
  300. sabemos de centos de lesións
    e ducias de mortes...
  301. Este é o endoscopio ríxido
    que creou o Dr. Adolf Kussmaul.
  302. Mais descubrimos que houbo
    29 mortes nos últimos 150 anos,
  303. incluido un tragasables londinense,
    que se atravesou o corazón coa espada.
  304. Tamén soubemos que hai entre 3 e 8
  305. lesións cada ano por tragar espadas.
  306. E seino porque recibo chamadas.
  307. Hai pouco recibín dúas,
  308. unha de Suecia e outra de Orlando,
  309. de tragasables
    que están no hospital por lesións.
  310. É algo moi perigoso.
  311. A outra cousa que aprendín
    é que a maioría da xente tarda
  312. entre 2 e 10 anos en aprender
  313. a tragar unha espada.
  314. Pero o que máis me chamou a atención
  315. foi ver como os tragasables
    aprenden a facer o imposíbel.
  316. E vou contarvos un pequeno segredo:
  317. non se centren no 99,9% que é imposíbel,
  318. céntrense no 0,1% que é posíbel,
    e pensen como facelo posíbel.
  319. Agora levareinos por unha viaxe
    á mente dos tragasables.
  320. Para tragar unha espada,
    cómpre meditar sobre a materia,
  321. unha concentración afiada
    e unha precisión milimétrica,
  322. para illar os órganos internos
    e superar os reflexos automáticos
  323. a través dunha sinopse cerebral
    e dunha memoria muscular,
  324. algo que se consegue
    practicando máis de 10.000 veces.
  325. Levareinos por unha viaxe
    ao corpo dun tragasables.
  326. Para tragar unha espada,
  327. teño que baixala pola miña lingua,
  328. controlar o reflexo de vomitar,
  329. xirar 90 graos pola epiglote,
  330. atravesar o esfínter
    esofáxico superior cricofarínxeo,
  331. conter o reflexo peristaltísmico
  332. e deslizar a folla polo peito,
  333. entre os pulmóns.
  334. A esta altura,
  335. teño que apartar o meu corazón.
  336. Se observan ben,
  337. verán o meu corazón latendo coa espada
  338. porque está apoiándose nel
  339. separado só a 1/8 de palmo
    de tecido esofáxico.
  340. Isto non se pode finxir.
  341. Despois teño que deslizala polo esternón,
  342. pasar o esfínter esofáxico inferior,
    cara o estómago,
  343. reprimir o reflexo de devolver,
    ata chegar ao duodeno.
  344. Facilísimo.
  345. (Risos)
  346. Se baixase aínda máis,
  347. ata chegar ás trompas de falopio.
  348. Señores, despois pregúntenlles
    ás súas mulleres o que é iso.
  349. A xente dime:
  350. "Fai falla valor para arriscar a túa vida,
  351. apartar o corazón e tragar unha espada..."
  352. Non. O valor de verdade
  353. é que ese cativo delgado,
    temeroso, tímido e covarde
  354. se enfrente ao fracaso e rexeitamento
  355. desnude o corazón,
  356. trague o orgullo
  357. e estea aquí, diante de estraños
  358. para contarlles a historia
    dos seus medos e soños,
  359. deixando a pel, literal e metaforicamente.
  360. Verán... grazas.
  361. (Aplausos)
  362. Verán, o incríbel é
  363. que sempre quixen facer o extraordinario
  364. e iso fago agora.
  365. Pero o extraordinario
    non é que poida tragar
  366. 21 espadas seguidas,
  367. ou estar somerxido nunha peceira
    con 88 tiburóns ou raias
  368. para o a revista de Ripley,
  369. ou a unha temperatura de 1.500 graos
    para Stan Lee's Superhumans
  370. no papel de Home de Aceiro
  371. e que calor facía!
  372. Ou tirar dun coche cunha espada
    para a revista Ripley
  373. ou o Guinness,
  374. ou ser finalista de America's Got Talent,
  375. ou gañar o Ig Nobel de Medicina en 2007;
  376. non, iso non é o extraordinario.
  377. Iso pensa a xente. Pero non, que va.
  378. O extraordinario de verdade
  379. é que Deus vese a ese cativo
    delgado, tímido e covarde,
  380. que lle tiña medo ás alturas,
  381. da auga e dos tiburóns,
  382. de médicos e enfermeiros
    e obxectos puntiagudos
  383. de falar coa xente
  384. e o puxese a voar polo mundo
  385. a alturas de 30.000 pés
  386. a tragar obxectos puntiagudos baixo a auga
  387. a falar con médicos e enfermeiros
    e públicos como Vds. polo mundo...
  388. Iso si que é o extraordinario.
  389. Sempre quixen facer o imposíbel...
  390. Grazas.
  391. (Aplausos)
  392. Grazas.
  393. (Aplausos)
  394. Sempre quixen facer o imposíbel,
    e iso fago.
  395. Quería facer o extraordinario
    coa miña vida e mudar o mundo
  396. e iso fago.
  397. Sempre quixen voar polo mundo
    facendo cousas sobrehumanas
  398. salvando vidas, e iso fago.
  399. E saben que?
  400. Pois que aquel cativo do que lles falo...
  401. ...non anda lonxe.
  402. (Risos) (Aplausos)
  403. E sempre quixen achar
    o meu camiño e vocación,
  404. e agora acheinos.
  405. Pero saben que?
  406. Non foron as espadas,
    non foi o que pensan, nin as miñas forzas,
  407. foron as miñas debilidades e palabras.
  408. O meu camiño, a miña vocación
    é mudar o mundo
  409. rachando co medo,
  410. espada a espada, palabra a palabra,
  411. coitelo a coitelo, vida a vida,
  412. inspirar aos demais a seren superheroes
  413. que conseguen o imposíbel.
  414. A miña vocación é axudar ós demais
    a encontraren a súa.
  415. E a súa?
  416. Cal é a súa vocación?
  417. Por que están aquí?
  418. Creo que a nosa vocación
    é a de ser superheroes.
  419. Cal é o seu superpoder?
  420. Hai 7.000 millóns de persoas no mundo,
  421. non hai nin unha ducia de tragasables
  422. en todo o mundo,
  423. pero só hai un "ti".
  424. Ti es único.
  425. Cal é a túa historia?
  426. Que te fai diferente?
  427. Conta a túa historia,
  428. aínda que che trema a voz.
  429. Que suetas tes?
  430. Se puideses elixir que facer,
    quen ser, onde ir...
  431. Que farías? Onde irías?
  432. Que farias?
  433. Que queres facer coa túa vida?
  434. Con que soñas?
  435. Con que soñabas de pequeno? Recórdao.
  436. Seguro que non isto, verdade?
  437. Cal era o teu soño,
  438. aquel que pensabas que era tan raro?
  439. Seguro que agora os teus soños
    non te parecen tan raros.
  440. Cal é a túa espada?
  441. Todos temos unha espada,
  442. unha de dobre fío, cargada de medos.
  443. Traguen esa espada, sexa o que sexa.
  444. Loiten polos seus soños.
  445. Nunca é tarde para ser o que queren ser.
  446. A eses abusóns da pelota,
    eses pequenos que pensaban
  447. que nunca conseguiría o imposíbel,
  448. só lles direi unha cousa:
  449. Grazas.
  450. Porque de non ser polos malos,
    non habería superheroes.
  451. Estou aquí para demostrar que
    o imposíbel non é tal.
  452. Isto é extremadamente perigoso.
    Podería matarme.
  453. Agardo que lles guste.
  454. (Risos)
  455. Vou precisar a súa axuda con isto.
  456. Público: dous, tres...
  457. Dan: Non. Vou necesitar
    a súa axuda coa conta atrás, estamos?
  458. (Risos)
  459. Saben facelo, verdade? Conten comigo.
  460. Un.
  461. Dous.
  462. Tres.
  463. Non, iso é dous, pero case vai.
  464. Público: un.
  465. Dous.
  466. Tres.
  467. (Bufidos)
  468. (Aplausos)
  469. Si!
  470. (Aplausos) (Vivas)
  471. Moitísimas grazas.
  472. Grazas, grazas, grazas.
    Desde o máis fondo do meu corazón.
  473. O bon, grazas desde o máis fondo
    do meu estómago.
  474. Dixen que viñera facer o imposíbel,
    e así foi.
  475. Pero isto non foi o imposíbel,
    isto fágoo todos os días.
  476. O imposíbel é que aquel neno tímido
    e asustadizo se enfrontase aos seus medos,
  477. estea aquí, no escenario de TED,
  478. e mudarfose quen de mudar o mundo,
  479. espada a espada, vida a vida.
  480. Se os fixen pensar doutro xeito,
    se os fixen crer
  481. que o imposíbel non é imposíbel,
  482. se os fixen ver que poden
    facer o imposíbel coas súas vidas,
  483. fixen o meu traballo,
    e o seu está por comezar.
  484. Nunca deixen de soñar.
    Nunca deixen de crer.
  485. Grazas por crer en min
  486. e grazas por formar parte do meu soño.
  487. E velaquí o meu agasallo:
  488. o imposíbel non é...
  489. Público: imposíbel.
  490. Longa viaxe, parte do regalo.
  491. (Aplausos)
  492. Grazas
  493. (Aplausos)
  494. (Vivas)
  495. Presentador: Grazas, Dan Meyer, vaites!