Homenaxe á enfermaría
-
0:01 - 0:02Como pacientes,
-
0:02 - 0:05adoitamos lembrar
os nomes dos nosos médicos, -
0:05 - 0:09pero a miúdo esquecemos
os nomes dos nosos enfermeiros. -
0:10 - 0:11Eu recordo unha.
-
0:11 - 0:14Hai uns anos, tiven cancro de mama,
-
0:14 - 0:17e dalgunha maneira
logrei superar as operacións -
0:17 - 0:19e o comezo do tratamento bastante ben.
-
0:20 - 0:22Podía ocultar o que estaba a ocorrer.
-
0:22 - 0:24Ninguén tiña por que sabelo.
-
0:24 - 0:27Podía levar a miña filla ao colexio,
-
0:27 - 0:29podía saír cear co meu marido;
-
0:29 - 0:30podía enganar a xente.
-
0:31 - 0:33Pero logo chegou a quimio
-
0:33 - 0:35e iso aterrábame
-
0:35 - 0:39porque sabía que ía perder
todo o pelo do corpo -
0:39 - 0:42polo tipo de quimio que ía recibir.
-
0:42 - 0:45Xa non podería seguir finxindo
-
0:45 - 0:47que todo estaba normal.
-
0:47 - 0:49Estaba asustada.
-
0:49 - 0:52Sabía o que era
que todos te tratasen con pinzas -
0:52 - 0:55e simplemente quería sentirme normal.
-
0:55 - 0:57Tiña un catéter no peito.
-
0:57 - 1:00Fun ao meu primeiro día de quimioterapia,
-
1:00 - 1:02e estaba moi mal de ánimo.
-
1:02 - 1:05A miña enfermeira, Joanne,
entrou pola porta, -
1:05 - 1:08e cada óso do meu corpo estábame pedindo
-
1:08 - 1:11que me levantase daquela cadeira e fuxira.
-
1:11 - 1:14Pero Joanne miroume e faloume
como se fósemos vellas amigas. -
1:15 - 1:17E logo preguntoume:
-
1:17 - 1:19"Onde fixeches as mechas?"
-
1:19 - 1:20(Risas)
-
1:20 - 1:22Pensei: "Estás de broma?"
-
1:22 - 1:27"Fálasme do meu cabelo
cando estou a punto de perdelo?" -
1:27 - 1:28Enfadeime un pouco
-
1:29 - 1:32e díxenlle: "En serio?
Estasme preguntando polo pelo?" -
1:32 - 1:34E encollendo os ombreiros díxome:
-
1:34 - 1:35"Volverá medrar."
-
1:36 - 1:40Nese momento díxome a única cousa
que eu pasara por alto: -
1:40 - 1:43que, algún día,
a miña vida volvería á normalidade. -
1:43 - 1:45Ela críao realmente.
-
1:45 - 1:47Así que eu tamén o crin.
-
1:48 - 1:52Preocuparse pola perda do cabelo
cando un loita contra o cancro -
1:52 - 1:54poder parecer unha parvada ao principio,
-
1:54 - 1:58pero non é que un
só se preocupe polo aspecto, -
1:58 - 2:02senón porque todo o mundo
te tratará con demasiado coidado. -
2:03 - 2:06Joanne fíxome sentir normal
por primeira vez en seis meses. -
2:06 - 2:08Falamos dos seus mozos,
-
2:08 - 2:11de buscar apartamento en Nova York,
-
2:11 - 2:14e da miña reacción á quimioterapia.
-
2:14 - 2:16Todo ao mesmo tempo.
-
2:16 - 2:18Eu sempre me preguntaba
-
2:18 - 2:23"como soubo tan instintivamente
como falarme?" -
2:23 - 2:27Joanne Staha
e a miña admiración cara a ela -
2:27 - 2:31marcaron o comezo da miña viaxe
no mundo da enfermaría. -
2:31 - 2:34Uns anos despois,
pedíronme que fixera un proxecto -
2:34 - 2:36para celebrar o traballo
realizado polos enfermeiros. -
2:37 - 2:39Empecei con Joanne
-
2:39 - 2:42e coñecín a máis
de cen enfermeiros de todo o país. -
2:42 - 2:47Pasei cinco anos entrevistando,
fotografando e filmando enfermeiros -
2:47 - 2:50para un libro e un documental.
-
2:51 - 2:54Planifiquei co meu equipo
unha viaxe por Estados Unidos -
2:54 - 2:56que nos levaría aos lugares que afrontan
-
2:56 - 3:00algúns dos problemas máis grandes
de saúde pública da nosa nación: -
3:00 - 3:04o envellecemento, a guerra,
a pobreza, a prisión... -
3:05 - 3:06E despois fomos a lugares
-
3:06 - 3:10onde encontramos a maior concentración
-
3:10 - 3:12de pacientes que afrontan eses problemas.
-
3:12 - 3:16Logo pedímoslles aos hospitais e a centros
que nomearan os enfermeiros -
3:16 - 3:18que mellor os representasen.
-
3:19 - 3:22Unha das primeiras enfermeiras que coñecín
foi Bridget Kumbella. -
3:22 - 3:24Bridget naceu en Camerún,
-
3:24 - 3:26é a maior de catro irmáns.
-
3:26 - 3:30Seu pai estaba traballando
cando caeu dun cuarto piso -
3:30 - 3:32e lesionou gravemente o lombo.
-
3:32 - 3:35El falou moito do que era
-
3:35 - 3:39estar deitado boca arriba
e non recibir o tratamento necesario. -
3:39 - 3:43Iso impulsou a Bridget cara á enfermaría.
-
3:44 - 3:46Agora, como enfermeira no Bronx,
-
3:46 - 3:49coida un grupo moi diverso de pacientes
-
3:49 - 3:53de tódalas clases e relixións.
-
3:54 - 3:58Dedicou a súa carreira
a comprender o impacto -
3:58 - 4:01das diferenzas culturais
en materia de saúde. -
4:02 - 4:04Ela falounos dun paciente,
-
4:04 - 4:06un paciente aborixe,
-
4:06 - 4:10que quería ingresar na UCI
cunha manchea de plumas -
4:11 - 4:14Así atopaba el o consolo espiritual.
-
4:14 - 4:17Contounos como o apoiou
-
4:17 - 4:20e dixo que os pacientes
teñen relixións diferentes -
4:20 - 4:23e que usan todo tipo de obxectos
como consolo espiritual; -
4:23 - 4:26e sexa un santo rosario
ou unha pluma simbólica, -
4:26 - 4:28todo debe apoiarse.
-
4:29 - 4:31Este é Jason Short.
-
4:31 - 4:34É enfermeiro de asistencia domiciliaria
nos montes Apalaches, -
4:34 - 4:38e o seu pai tiña unha gasolineira
e un taller cando el era pequeno. -
4:38 - 4:43Así que ocupábase de coches na comunidade
na que agora traballa de enfermeiro. -
4:43 - 4:45Cando estaba na universidade,
-
4:45 - 4:48non era moi masculino ser enfermeiro,
-
4:48 - 4:51así que evitou este traballo durante anos.
-
4:51 - 4:52Durante un tempo foi camioneiro,
-
4:53 - 4:57pero os camiños da vida
levárono de novo á enfermaría. -
4:58 - 5:00Como enfermeiro nos Apalaches,
-
5:00 - 5:04Jason vai a lugares aos que nin sequera
unha ambulancia pode chegar. -
5:04 - 5:08Nesta foto, está posando
no medio do que antes era un camiño. -
5:08 - 5:11A minería de montaña inundou ese camiño
-
5:11 - 5:14e a única maneira que ten Jason
de chegar ao paciente -
5:14 - 5:17que vive nesa casa con pneumoconiose
-
5:17 - 5:22é conducir o seu todoterreo
a contracorrente por ese arroio. -
5:23 - 5:26Cando fun con el, arrancamos
o parachoques dianteiro do coche. -
5:26 - 5:28Á mañá seguinte ergueuse,
-
5:28 - 5:31puxo o coche na foxa,
reparou o parachoques -
5:31 - 5:33e despois foi ver o seu próximo paciente.
-
5:34 - 5:37Fun testemuña de como Jason
coidou a ese señor -
5:37 - 5:39cunha compaixón enorme,
-
5:40 - 5:45e sorprendeume de novo o íntimo
do traballo da enfermaría. -
5:46 - 5:49Cando coñecín a Brian McMillion,
era un novato. -
5:49 - 5:52Acababa de volver dunha misión
-
5:52 - 5:56e aínda non se acomodara de novo
á vida en San Diego. -
5:57 - 6:00Falou da súa experiencia
como enfermeiro en Alemaña, -
6:00 - 6:04e de como coidou os soldados
que regresaban de combater. -
6:04 - 6:07A miúdo, el era a primeira persoa que vían
-
6:07 - 6:10ao abriren os ollos no hospital.
-
6:11 - 6:17Na cama e con membros amputados,
o primeiro que lle dicían era: -
6:17 - 6:21"Cando podo volver?
Deixei os meus compañeiros alí." -
6:22 - 6:23E Brian dicíalles:
-
6:23 - 6:27"Non vas ir a ningures.
Xa fixeches abondo, meu." -
6:28 - 6:33Brian é a vez un enfermeiro
e un soldado que estivo en combate. -
6:33 - 6:36Está nunha posición privilexiada
-
6:36 - 6:40que lle permite empatizar
e axudar a curar os veteranos que atende. -
6:41 - 6:43Esta é a irmá Stephen.
-
6:43 - 6:47Ela dirixe un fogar de anciáns
chamado Villa Loretto en Wisconsin. -
6:47 - 6:52E baixo o seu teito
pódese encontrar todo tipo de vida. -
6:52 - 6:54Medrou desexando vivir nunha granxa,
-
6:54 - 6:59así que ao ter a oportunidade
de adoptar animais de granxa, -
6:59 - 7:02acolleunos entusiasmada.
-
7:02 - 7:05Na primavera, eses animais teñen crías.
-
7:05 - 7:11E a irmá Stephen usa eses parrulos,
cabuxas e años -
7:11 - 7:15como zooterapia para os residentes
de Villa Loretto -
7:15 - 7:18que ás veces non poden recordar
os seus propios nomes, -
7:18 - 7:23pero que se alegran de termar
coas súas mans dun añiño. -
7:23 - 7:25O día que estiven coa irmá Stephen,
-
7:25 - 7:29tiña que sacala de Villa Loretto
para rodar parte da súa historia. -
7:29 - 7:34E antes de marcharmos
entrou no cuarto dun paciente terminal. -
7:34 - 7:37Inclinouse e dixo:
-
7:37 - 7:39"Teño que marchar durante o día,
-
7:39 - 7:41pero se Xesús te chama,
-
7:41 - 7:42ti vaite.
-
7:42 - 7:44Vaite directo á casa de Xesús".
-
7:45 - 7:47Quedeime alí, pensando
-
7:47 - 7:50que era a primeira vez na miña vida
-
7:50 - 7:54que fun testemuña de que se lle podía
mostrar amor incondicional a alguén -
7:54 - 7:56deixándoo ir.
-
7:56 - 7:59Non temos que aferrarnos tanto.
-
8:00 - 8:03Vin máis vida en Villa Loretto
-
8:03 - 8:07ca en ningún outro momento
e en ningún outro lugar na miña vida. -
8:10 - 8:14Vivimos tempos complicados
no que á saúde respecta. -
8:14 - 8:17É fácil perder de vista a necesidade
-
8:17 - 8:20de calidade de vida
fronte a cantidade de vida. -
8:20 - 8:24Conforme se creen novas tecnoloxías
que salven vidas, -
8:24 - 8:27teremos que tomar
máis decisións complicadas. -
8:27 - 8:30Estas tecnoloxías a miúdo salvan vidas,
-
8:30 - 8:35pero tamén poden prolongar
a dor e a agonía da morte. -
8:36 - 8:39Como se supón que lidaremos con isto?
-
8:39 - 8:42Necesitaremos toda a axuda posible.
-
8:42 - 8:46Os enfermeiros teñen
unha relación única con nós -
8:46 - 8:48porque pasan tempo a carón da nosa cama.
-
8:49 - 8:52Durante ese tempo créase
unha certa intimidade emocional. -
8:55 - 8:57O pasado verán, o 9 de agosto,
-
8:57 - 9:00meu pai morreu dun ataque ao corazón.
-
9:00 - 9:02Miña nai estaba desfeita
-
9:02 - 9:06e non podía imaxinar o seu mundo sen el.
-
9:08 - 9:11Catro días despois caeu, rompeu a cadeira,
-
9:11 - 9:15necesitaba cirurxía e atopouse
loitando pola súa propia vida. -
9:17 - 9:19Unha vez máis encontreime
-
9:19 - 9:22recibindo o coidado dos enfermeiros...
-
9:22 - 9:24esta vez para a miña nai.
-
9:24 - 9:27Meu irmán, miña irmá e mais eu
quedamos ao seu lado -
9:27 - 9:29os tres seguintes días na UCI.
-
9:30 - 9:33Mentres tratábamos de tomar
as decisións correctas -
9:33 - 9:35e cumprir os desexos da miña nai,
-
9:35 - 9:40descubrimos que dependíamos
dos consellos dos enfermeiros. -
9:40 - 9:43E unha vez máis,
-
9:43 - 9:45non nos defraudaron.
-
9:45 - 9:48Tiveron unha visión incrible
-
9:48 - 9:52sobre como coidar a miña nai
nos seus últimos catro días de vida. -
9:52 - 9:56Ofrecéronlle consolo, aliviáronlle a dor.
-
9:56 - 10:01Souberon animarnos a miña irmá e a min
para poñerlle un camisón bonito a mamá, -
10:01 - 10:04moito despois de que a ela
xa non lle importara, -
10:04 - 10:06pero si, e moito, a nós.
-
10:07 - 10:13Souberon espertarme xusto a tempo
para o último alento de miña nai. -
10:13 - 10:17E logo souberon canto tempo
deixarme no cuarto con ela -
10:17 - 10:18despois da súa morte.
-
10:19 - 10:22Non teño nin idea
de como saben esas cousas, -
10:22 - 10:26pero si sei que lles estou
eternamente agradecida -
10:26 - 10:28por guiarme unha vez máis.
-
10:28 - 10:31Moitas grazas.
-
10:31 - 10:35(Aplausos)
- Title:
- Homenaxe á enfermaría
- Speaker:
- Carolyn Jones
- Description:
-
Carolyn Jones pasou cinco anos entrevistando, fotografando e filmando enfermeiras e enfermeiros por toda América, viaxando a lugares onde se loita con algúns dos problemas de saúde pública máis graves da nación. Ela comparte historias persoais de inquebrantable dedicación nesta homenaxe aos heroes cotiáns que traballan na vangarda da atención sanitaria.
- Video Language:
- English
- Team:
- closed TED
- Project:
- TEDTalks
- Duration:
- 10:48
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for A tribute to nurses | ||
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for A tribute to nurses | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for A tribute to nurses | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for A tribute to nurses | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for A tribute to nurses | ||
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for A tribute to nurses | ||
Claudia Ríos García edited Galician subtitles for A tribute to nurses | ||
Claudia Ríos García edited Galician subtitles for A tribute to nurses |