Return to Video

Homenaxe á enfermaría

  • 0:01 - 0:02
    Como pacientes,
  • 0:02 - 0:05
    adoitamos lembrar
    os nomes dos nosos médicos,
  • 0:05 - 0:09
    pero a miúdo esquecemos
    os nomes dos nosos enfermeiros.
  • 0:10 - 0:11
    Eu recordo unha.
  • 0:11 - 0:14
    Hai uns anos, tiven cancro de mama,
  • 0:14 - 0:17
    e dalgunha maneira
    logrei superar as operacións
  • 0:17 - 0:19
    e o comezo do tratamento bastante ben.
  • 0:20 - 0:22
    Podía ocultar o que estaba a ocorrer.
  • 0:22 - 0:24
    Ninguén tiña por que sabelo.
  • 0:24 - 0:27
    Podía levar a miña filla ao colexio,
  • 0:27 - 0:29
    podía saír cear co meu marido;
  • 0:29 - 0:30
    podía enganar a xente.
  • 0:31 - 0:33
    Pero logo chegou a quimio
  • 0:33 - 0:35
    e iso aterrábame
  • 0:35 - 0:39
    porque sabía que ía perder
    todo o pelo do corpo
  • 0:39 - 0:42
    polo tipo de quimio que ía recibir.
  • 0:42 - 0:45
    Xa non podería seguir finxindo
  • 0:45 - 0:47
    que todo estaba normal.
  • 0:47 - 0:49
    Estaba asustada.
  • 0:49 - 0:52
    Sabía o que era
    que todos te tratasen con pinzas
  • 0:52 - 0:55
    e simplemente quería sentirme normal.
  • 0:55 - 0:57
    Tiña un catéter no peito.
  • 0:57 - 1:00
    Fun ao meu primeiro día de quimioterapia,
  • 1:00 - 1:02
    e estaba moi mal de ánimo.
  • 1:02 - 1:05
    A miña enfermeira, Joanne,
    entrou pola porta,
  • 1:05 - 1:08
    e cada óso do meu corpo estábame pedindo
  • 1:08 - 1:11
    que me levantase daquela cadeira e fuxira.
  • 1:11 - 1:14
    Pero Joanne miroume e faloume
    como se fósemos vellas amigas.
  • 1:15 - 1:17
    E logo preguntoume:
  • 1:17 - 1:19
    "Onde fixeches as mechas?"
  • 1:19 - 1:20
    (Risas)
  • 1:20 - 1:22
    Pensei: "Estás de broma?"
  • 1:22 - 1:27
    "Fálasme do meu cabelo
    cando estou a punto de perdelo?"
  • 1:27 - 1:28
    Enfadeime un pouco
  • 1:29 - 1:32
    e díxenlle: "En serio?
    Estasme preguntando polo pelo?"
  • 1:32 - 1:34
    E encollendo os ombreiros díxome:
  • 1:34 - 1:35
    "Volverá medrar."
  • 1:36 - 1:40
    Nese momento díxome a única cousa
    que eu pasara por alto:
  • 1:40 - 1:43
    que, algún día,
    a miña vida volvería á normalidade.
  • 1:43 - 1:45
    Ela críao realmente.
  • 1:45 - 1:47
    Así que eu tamén o crin.
  • 1:48 - 1:52
    Preocuparse pola perda do cabelo
    cando un loita contra o cancro
  • 1:52 - 1:54
    poder parecer unha parvada ao principio,
  • 1:54 - 1:58
    pero non é que un
    só se preocupe polo aspecto,
  • 1:58 - 2:02
    senón porque todo o mundo
    te tratará con demasiado coidado.
  • 2:03 - 2:06
    Joanne fíxome sentir normal
    por primeira vez en seis meses.
  • 2:06 - 2:08
    Falamos dos seus mozos,
  • 2:08 - 2:11
    de buscar apartamento en Nova York,
  • 2:11 - 2:14
    e da miña reacción á quimioterapia.
  • 2:14 - 2:16
    Todo ao mesmo tempo.
  • 2:16 - 2:18
    Eu sempre me preguntaba
  • 2:18 - 2:23
    "como soubo tan instintivamente
    como falarme?"
  • 2:23 - 2:27
    Joanne Staha
    e a miña admiración cara a ela
  • 2:27 - 2:31
    marcaron o comezo da miña viaxe
    no mundo da enfermaría.
  • 2:31 - 2:34
    Uns anos despois,
    pedíronme que fixera un proxecto
  • 2:34 - 2:36
    para celebrar o traballo
    realizado polos enfermeiros.
  • 2:37 - 2:39
    Empecei con Joanne
  • 2:39 - 2:42
    e coñecín a máis
    de cen enfermeiros de todo o país.
  • 2:42 - 2:47
    Pasei cinco anos entrevistando,
    fotografando e filmando enfermeiros
  • 2:47 - 2:50
    para un libro e un documental.
  • 2:51 - 2:54
    Planifiquei co meu equipo
    unha viaxe por Estados Unidos
  • 2:54 - 2:56
    que nos levaría aos lugares que afrontan
  • 2:56 - 3:00
    algúns dos problemas máis grandes
    de saúde pública da nosa nación:
  • 3:00 - 3:04
    o envellecemento, a guerra,
    a pobreza, a prisión...
  • 3:05 - 3:06
    E despois fomos a lugares
  • 3:06 - 3:10
    onde encontramos a maior concentración
  • 3:10 - 3:12
    de pacientes que afrontan eses problemas.
  • 3:12 - 3:16
    Logo pedímoslles aos hospitais e a centros
    que nomearan os enfermeiros
  • 3:16 - 3:18
    que mellor os representasen.
  • 3:19 - 3:22
    Unha das primeiras enfermeiras que coñecín
    foi Bridget Kumbella.
  • 3:22 - 3:24
    Bridget naceu en Camerún,
  • 3:24 - 3:26
    é a maior de catro irmáns.
  • 3:26 - 3:30
    Seu pai estaba traballando
    cando caeu dun cuarto piso
  • 3:30 - 3:32
    e lesionou gravemente o lombo.
  • 3:32 - 3:35
    El falou moito do que era
  • 3:35 - 3:39
    estar deitado boca arriba
    e non recibir o tratamento necesario.
  • 3:39 - 3:43
    Iso impulsou a Bridget cara á enfermaría.
  • 3:44 - 3:46
    Agora, como enfermeira no Bronx,
  • 3:46 - 3:49
    coida un grupo moi diverso de pacientes
  • 3:49 - 3:53
    de tódalas clases e relixións.
  • 3:54 - 3:58
    Dedicou a súa carreira
    a comprender o impacto
  • 3:58 - 4:01
    das diferenzas culturais
    en materia de saúde.
  • 4:02 - 4:04
    Ela falounos dun paciente,
  • 4:04 - 4:06
    un paciente aborixe,
  • 4:06 - 4:10
    que quería ingresar na UCI
    cunha manchea de plumas
  • 4:11 - 4:14
    Así atopaba el o consolo espiritual.
  • 4:14 - 4:17
    Contounos como o apoiou
  • 4:17 - 4:20
    e dixo que os pacientes
    teñen relixións diferentes
  • 4:20 - 4:23
    e que usan todo tipo de obxectos
    como consolo espiritual;
  • 4:23 - 4:26
    e sexa un santo rosario
    ou unha pluma simbólica,
  • 4:26 - 4:28
    todo debe apoiarse.
  • 4:29 - 4:31
    Este é Jason Short.
  • 4:31 - 4:34
    É enfermeiro de asistencia domiciliaria
    nos montes Apalaches,
  • 4:34 - 4:38
    e o seu pai tiña unha gasolineira
    e un taller cando el era pequeno.
  • 4:38 - 4:43
    Así que ocupábase de coches na comunidade
    na que agora traballa de enfermeiro.
  • 4:43 - 4:45
    Cando estaba na universidade,
  • 4:45 - 4:48
    non era moi masculino ser enfermeiro,
  • 4:48 - 4:51
    así que evitou este traballo durante anos.
  • 4:51 - 4:52
    Durante un tempo foi camioneiro,
  • 4:53 - 4:57
    pero os camiños da vida
    levárono de novo á enfermaría.
  • 4:58 - 5:00
    Como enfermeiro nos Apalaches,
  • 5:00 - 5:04
    Jason vai a lugares aos que nin sequera
    unha ambulancia pode chegar.
  • 5:04 - 5:08
    Nesta foto, está posando
    no medio do que antes era un camiño.
  • 5:08 - 5:11
    A minería de montaña inundou ese camiño
  • 5:11 - 5:14
    e a única maneira que ten Jason
    de chegar ao paciente
  • 5:14 - 5:17
    que vive nesa casa con pneumoconiose
  • 5:17 - 5:22
    é conducir o seu todoterreo
    a contracorrente por ese arroio.
  • 5:23 - 5:26
    Cando fun con el, arrancamos
    o parachoques dianteiro do coche.
  • 5:26 - 5:28
    Á mañá seguinte ergueuse,
  • 5:28 - 5:31
    puxo o coche na foxa,
    reparou o parachoques
  • 5:31 - 5:33
    e despois foi ver o seu próximo paciente.
  • 5:34 - 5:37
    Fun testemuña de como Jason
    coidou a ese señor
  • 5:37 - 5:39
    cunha compaixón enorme,
  • 5:40 - 5:45
    e sorprendeume de novo o íntimo
    do traballo da enfermaría.
  • 5:46 - 5:49
    Cando coñecín a Brian McMillion,
    era un novato.
  • 5:49 - 5:52
    Acababa de volver dunha misión
  • 5:52 - 5:56
    e aínda non se acomodara de novo
    á vida en San Diego.
  • 5:57 - 6:00
    Falou da súa experiencia
    como enfermeiro en Alemaña,
  • 6:00 - 6:04
    e de como coidou os soldados
    que regresaban de combater.
  • 6:04 - 6:07
    A miúdo, el era a primeira persoa que vían
  • 6:07 - 6:10
    ao abriren os ollos no hospital.
  • 6:11 - 6:17
    Na cama e con membros amputados,
    o primeiro que lle dicían era:
  • 6:17 - 6:21
    "Cando podo volver?
    Deixei os meus compañeiros alí."
  • 6:22 - 6:23
    E Brian dicíalles:
  • 6:23 - 6:27
    "Non vas ir a ningures.
    Xa fixeches abondo, meu."
  • 6:28 - 6:33
    Brian é a vez un enfermeiro
    e un soldado que estivo en combate.
  • 6:33 - 6:36
    Está nunha posición privilexiada
  • 6:36 - 6:40
    que lle permite empatizar
    e axudar a curar os veteranos que atende.
  • 6:41 - 6:43
    Esta é a irmá Stephen.
  • 6:43 - 6:47
    Ela dirixe un fogar de anciáns
    chamado Villa Loretto en Wisconsin.
  • 6:47 - 6:52
    E baixo o seu teito
    pódese encontrar todo tipo de vida.
  • 6:52 - 6:54
    Medrou desexando vivir nunha granxa,
  • 6:54 - 6:59
    así que ao ter a oportunidade
    de adoptar animais de granxa,
  • 6:59 - 7:02
    acolleunos entusiasmada.
  • 7:02 - 7:05
    Na primavera, eses animais teñen crías.
  • 7:05 - 7:11
    E a irmá Stephen usa eses parrulos,
    cabuxas e años
  • 7:11 - 7:15
    como zooterapia para os residentes
    de Villa Loretto
  • 7:15 - 7:18
    que ás veces non poden recordar
    os seus propios nomes,
  • 7:18 - 7:23
    pero que se alegran de termar
    coas súas mans dun añiño.
  • 7:23 - 7:25
    O día que estiven coa irmá Stephen,
  • 7:25 - 7:29
    tiña que sacala de Villa Loretto
    para rodar parte da súa historia.
  • 7:29 - 7:34
    E antes de marcharmos
    entrou no cuarto dun paciente terminal.
  • 7:34 - 7:37
    Inclinouse e dixo:
  • 7:37 - 7:39
    "Teño que marchar durante o día,
  • 7:39 - 7:41
    pero se Xesús te chama,
  • 7:41 - 7:42
    ti vaite.
  • 7:42 - 7:44
    Vaite directo á casa de Xesús".
  • 7:45 - 7:47
    Quedeime alí, pensando
  • 7:47 - 7:50
    que era a primeira vez na miña vida
  • 7:50 - 7:54
    que fun testemuña de que se lle podía
    mostrar amor incondicional a alguén
  • 7:54 - 7:56
    deixándoo ir.
  • 7:56 - 7:59
    Non temos que aferrarnos tanto.
  • 8:00 - 8:03
    Vin máis vida en Villa Loretto
  • 8:03 - 8:07
    ca en ningún outro momento
    e en ningún outro lugar na miña vida.
  • 8:10 - 8:14
    Vivimos tempos complicados
    no que á saúde respecta.
  • 8:14 - 8:17
    É fácil perder de vista a necesidade
  • 8:17 - 8:20
    de calidade de vida
    fronte a cantidade de vida.
  • 8:20 - 8:24
    Conforme se creen novas tecnoloxías
    que salven vidas,
  • 8:24 - 8:27
    teremos que tomar
    máis decisións complicadas.
  • 8:27 - 8:30
    Estas tecnoloxías a miúdo salvan vidas,
  • 8:30 - 8:35
    pero tamén poden prolongar
    a dor e a agonía da morte.
  • 8:36 - 8:39
    Como se supón que lidaremos con isto?
  • 8:39 - 8:42
    Necesitaremos toda a axuda posible.
  • 8:42 - 8:46
    Os enfermeiros teñen
    unha relación única con nós
  • 8:46 - 8:48
    porque pasan tempo a carón da nosa cama.
  • 8:49 - 8:52
    Durante ese tempo créase
    unha certa intimidade emocional.
  • 8:55 - 8:57
    O pasado verán, o 9 de agosto,
  • 8:57 - 9:00
    meu pai morreu dun ataque ao corazón.
  • 9:00 - 9:02
    Miña nai estaba desfeita
  • 9:02 - 9:06
    e non podía imaxinar o seu mundo sen el.
  • 9:08 - 9:11
    Catro días despois caeu, rompeu a cadeira,
  • 9:11 - 9:15
    necesitaba cirurxía e atopouse
    loitando pola súa propia vida.
  • 9:17 - 9:19
    Unha vez máis encontreime
  • 9:19 - 9:22
    recibindo o coidado dos enfermeiros...
  • 9:22 - 9:24
    esta vez para a miña nai.
  • 9:24 - 9:27
    Meu irmán, miña irmá e mais eu
    quedamos ao seu lado
  • 9:27 - 9:29
    os tres seguintes días na UCI.
  • 9:30 - 9:33
    Mentres tratábamos de tomar
    as decisións correctas
  • 9:33 - 9:35
    e cumprir os desexos da miña nai,
  • 9:35 - 9:40
    descubrimos que dependíamos
    dos consellos dos enfermeiros.
  • 9:40 - 9:43
    E unha vez máis,
  • 9:43 - 9:45
    non nos defraudaron.
  • 9:45 - 9:48
    Tiveron unha visión incrible
  • 9:48 - 9:52
    sobre como coidar a miña nai
    nos seus últimos catro días de vida.
  • 9:52 - 9:56
    Ofrecéronlle consolo, aliviáronlle a dor.
  • 9:56 - 10:01
    Souberon animarnos a miña irmá e a min
    para poñerlle un camisón bonito a mamá,
  • 10:01 - 10:04
    moito despois de que a ela
    xa non lle importara,
  • 10:04 - 10:06
    pero si, e moito, a nós.
  • 10:07 - 10:13
    Souberon espertarme xusto a tempo
    para o último alento de miña nai.
  • 10:13 - 10:17
    E logo souberon canto tempo
    deixarme no cuarto con ela
  • 10:17 - 10:18
    despois da súa morte.
  • 10:19 - 10:22
    Non teño nin idea
    de como saben esas cousas,
  • 10:22 - 10:26
    pero si sei que lles estou
    eternamente agradecida
  • 10:26 - 10:28
    por guiarme unha vez máis.
  • 10:28 - 10:31
    Moitas grazas.
  • 10:31 - 10:35
    (Aplausos)
Title:
Homenaxe á enfermaría
Speaker:
Carolyn Jones
Description:

Carolyn Jones pasou cinco anos entrevistando, fotografando e filmando enfermeiras e enfermeiros por toda América, viaxando a lugares onde se loita con algúns dos problemas de saúde pública máis graves da nación. Ela comparte historias persoais de inquebrantable dedicación nesta homenaxe aos heroes cotiáns que traballan na vangarda da atención sanitaria.

more » « less
Video Language:
English
Team:
closed TED
Project:
TEDTalks
Duration:
10:48
Xusto Rodriguez approved Galician subtitles for A tribute to nurses
Xusto Rodriguez edited Galician subtitles for A tribute to nurses
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela accepted Galician subtitles for A tribute to nurses
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for A tribute to nurses
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for A tribute to nurses
Serv. de Norm. Lingüística U. de Santiago de Compostela edited Galician subtitles for A tribute to nurses
Claudia Ríos García edited Galician subtitles for A tribute to nurses
Claudia Ríos García edited Galician subtitles for A tribute to nurses
Show all

Galician subtitles

Revisions