Galician subtitles

← Homenaxe á enfermaría

Get Embed Code
28 Languages

Showing Revision 17 created 05/16/2019 by Xusto Rodriguez.

  1. Como pacientes,
  2. adoitamos lembrar
    os nomes dos nosos médicos,
  3. pero a miúdo esquecemos
    os nomes dos nosos enfermeiros.
  4. Eu recordo unha.
  5. Hai uns anos, tiven cancro de mama,
  6. e dalgunha maneira
    logrei superar as operacións
  7. e o comezo do tratamento bastante ben.
  8. Podía ocultar o que estaba a ocorrer.
  9. Ninguén tiña por que sabelo.
  10. Podía levar a miña filla ao colexio,
  11. podía saír cear co meu marido;
  12. podía enganar a xente.
  13. Pero logo chegou a quimio
  14. e iso aterrábame
  15. porque sabía que ía perder
    todo o pelo do corpo
  16. polo tipo de quimio que ía recibir.
  17. Xa non podería seguir finxindo
  18. que todo estaba normal.
  19. Estaba asustada.
  20. Sabía o que era
    que todos te tratasen con pinzas
  21. e simplemente quería sentirme normal.
  22. Tiña un catéter no peito.
  23. Fun ao meu primeiro día de quimioterapia,
  24. e estaba moi mal de ánimo.
  25. A miña enfermeira, Joanne,
    entrou pola porta,
  26. e cada óso do meu corpo estábame pedindo
  27. que me levantase daquela cadeira e fuxira.
  28. Pero Joanne miroume e faloume
    como se fósemos vellas amigas.
  29. E logo preguntoume:
  30. "Onde fixeches as mechas?"
  31. (Risas)
  32. Pensei: "Estás de broma?"
  33. "Fálasme do meu cabelo
    cando estou a punto de perdelo?"
  34. Enfadeime un pouco
  35. e díxenlle: "En serio?
    Estasme preguntando polo pelo?"
  36. E encollendo os ombreiros díxome:
  37. "Volverá medrar."
  38. Nese momento díxome a única cousa
    que eu pasara por alto:
  39. que, algún día,
    a miña vida volvería á normalidade.
  40. Ela críao realmente.
  41. Así que eu tamén o crin.
  42. Preocuparse pola perda do cabelo
    cando un loita contra o cancro
  43. poder parecer unha parvada ao principio,
  44. pero non é que un
    só se preocupe polo aspecto,
  45. senón porque todo o mundo
    te tratará con demasiado coidado.
  46. Joanne fíxome sentir normal
    por primeira vez en seis meses.
  47. Falamos dos seus mozos,
  48. de buscar apartamento en Nova York,
  49. e da miña reacción á quimioterapia.
  50. Todo ao mesmo tempo.
  51. Eu sempre me preguntaba
  52. "como soubo tan instintivamente
    como falarme?"
  53. Joanne Staha
    e a miña admiración cara a ela
  54. marcaron o comezo da miña viaxe
    no mundo da enfermaría.
  55. Uns anos despois,
    pedíronme que fixera un proxecto
  56. para celebrar o traballo
    realizado polos enfermeiros.
  57. Empecei con Joanne
  58. e coñecín a máis
    de cen enfermeiros de todo o país.
  59. Pasei cinco anos entrevistando,
    fotografando e filmando enfermeiros
  60. para un libro e un documental.
  61. Planifiquei co meu equipo
    unha viaxe por Estados Unidos
  62. que nos levaría aos lugares que afrontan
  63. algúns dos problemas máis grandes
    de saúde pública da nosa nación:
  64. o envellecemento, a guerra,
    a pobreza, a prisión...
  65. E despois fomos a lugares
  66. onde encontramos a maior concentración
  67. de pacientes que afrontan eses problemas.
  68. Logo pedímoslles aos hospitais e a centros
    que nomearan os enfermeiros
  69. que mellor os representasen.
  70. Unha das primeiras enfermeiras que coñecín
    foi Bridget Kumbella.
  71. Bridget naceu en Camerún,
  72. é a maior de catro irmáns.
  73. Seu pai estaba traballando
    cando caeu dun cuarto piso
  74. e lesionou gravemente o lombo.
  75. El falou moito do que era
  76. estar deitado boca arriba
    e non recibir o tratamento necesario.
  77. Iso impulsou a Bridget cara á enfermaría.
  78. Agora, como enfermeira no Bronx,
  79. coida un grupo moi diverso de pacientes
  80. de tódalas clases e relixións.
  81. Dedicou a súa carreira
    a comprender o impacto
  82. das diferenzas culturais
    en materia de saúde.
  83. Ela falounos dun paciente,
  84. un paciente aborixe,
  85. que quería ingresar na UCI
    cunha manchea de plumas
  86. Así atopaba el o consolo espiritual.
  87. Contounos como o apoiou
  88. e dixo que os pacientes
    teñen relixións diferentes
  89. e que usan todo tipo de obxectos
    como consolo espiritual;
  90. e sexa un santo rosario
    ou unha pluma simbólica,
  91. todo debe apoiarse.
  92. Este é Jason Short.
  93. É enfermeiro de asistencia domiciliaria
    nos montes Apalaches,
  94. e o seu pai tiña unha gasolineira
    e un taller cando el era pequeno.
  95. Así que ocupábase de coches na comunidade
    na que agora traballa de enfermeiro.
  96. Cando estaba na universidade,
  97. non era moi masculino ser enfermeiro,
  98. así que evitou este traballo durante anos.
  99. Durante un tempo foi camioneiro,
  100. pero os camiños da vida
    levárono de novo á enfermaría.
  101. Como enfermeiro nos Apalaches,
  102. Jason vai a lugares aos que nin sequera
    unha ambulancia pode chegar.
  103. Nesta foto, está posando
    no medio do que antes era un camiño.
  104. A minería de montaña inundou ese camiño
  105. e a única maneira que ten Jason
    de chegar ao paciente
  106. que vive nesa casa con pneumoconiose
  107. é conducir o seu todoterreo
    a contracorrente por ese arroio.
  108. Cando fun con el, arrancamos
    o parachoques dianteiro do coche.
  109. Á mañá seguinte ergueuse,
  110. puxo o coche na foxa,
    reparou o parachoques
  111. e despois foi ver o seu próximo paciente.
  112. Fun testemuña de como Jason
    coidou a ese señor
  113. cunha compaixón enorme,
  114. e sorprendeume de novo o íntimo
    do traballo da enfermaría.
  115. Cando coñecín a Brian McMillion,
    era un novato.
  116. Acababa de volver dunha misión
  117. e aínda non se acomodara de novo
    á vida en San Diego.
  118. Falou da súa experiencia
    como enfermeiro en Alemaña,
  119. e de como coidou os soldados
    que regresaban de combater.
  120. A miúdo, el era a primeira persoa que vían
  121. ao abriren os ollos no hospital.
  122. Na cama e con membros amputados,
    o primeiro que lle dicían era:
  123. "Cando podo volver?
    Deixei os meus compañeiros alí."
  124. E Brian dicíalles:
  125. "Non vas ir a ningures.
    Xa fixeches abondo, meu."
  126. Brian é a vez un enfermeiro
    e un soldado que estivo en combate.
  127. Está nunha posición privilexiada
  128. que lle permite empatizar
    e axudar a curar os veteranos que atende.
  129. Esta é a irmá Stephen.
  130. Ela dirixe un fogar de anciáns
    chamado Villa Loretto en Wisconsin.
  131. E baixo o seu teito
    pódese encontrar todo tipo de vida.
  132. Medrou desexando vivir nunha granxa,
  133. así que ao ter a oportunidade
    de adoptar animais de granxa,
  134. acolleunos entusiasmada.
  135. Na primavera, eses animais teñen crías.
  136. E a irmá Stephen usa eses parrulos,
    cabuxas e años
  137. como zooterapia para os residentes
    de Villa Loretto
  138. que ás veces non poden recordar
    os seus propios nomes,
  139. pero que se alegran de termar
    coas súas mans dun añiño.
  140. O día que estiven coa irmá Stephen,
  141. tiña que sacala de Villa Loretto
    para rodar parte da súa historia.
  142. E antes de marcharmos
    entrou no cuarto dun paciente terminal.
  143. Inclinouse e dixo:
  144. "Teño que marchar durante o día,
  145. pero se Xesús te chama,
  146. ti vaite.
  147. Vaite directo á casa de Xesús".
  148. Quedeime alí, pensando
  149. que era a primeira vez na miña vida
  150. que fun testemuña de que se lle podía
    mostrar amor incondicional a alguén
  151. deixándoo ir.
  152. Non temos que aferrarnos tanto.
  153. Vin máis vida en Villa Loretto
  154. ca en ningún outro momento
    e en ningún outro lugar na miña vida.
  155. Vivimos tempos complicados
    no que á saúde respecta.
  156. É fácil perder de vista a necesidade
  157. de calidade de vida
    fronte a cantidade de vida.
  158. Conforme se creen novas tecnoloxías
    que salven vidas,
  159. teremos que tomar
    máis decisións complicadas.
  160. Estas tecnoloxías a miúdo salvan vidas,
  161. pero tamén poden prolongar
    a dor e a agonía da morte.
  162. Como se supón que lidaremos con isto?
  163. Necesitaremos toda a axuda posible.
  164. Os enfermeiros teñen
    unha relación única con nós
  165. porque pasan tempo a carón da nosa cama.
  166. Durante ese tempo créase
    unha certa intimidade emocional.
  167. O pasado verán, o 9 de agosto,
  168. meu pai morreu dun ataque ao corazón.
  169. Miña nai estaba desfeita
  170. e non podía imaxinar o seu mundo sen el.
  171. Catro días despois caeu, rompeu a cadeira,
  172. necesitaba cirurxía e atopouse
    loitando pola súa propia vida.
  173. Unha vez máis encontreime
  174. recibindo o coidado dos enfermeiros...
  175. esta vez para a miña nai.
  176. Meu irmán, miña irmá e mais eu
    quedamos ao seu lado
  177. os tres seguintes días na UCI.
  178. Mentres tratábamos de tomar
    as decisións correctas
  179. e cumprir os desexos da miña nai,
  180. descubrimos que dependíamos
    dos consellos dos enfermeiros.
  181. E unha vez máis,
  182. non nos defraudaron.
  183. Tiveron unha visión incrible
  184. sobre como coidar a miña nai
    nos seus últimos catro días de vida.
  185. Ofrecéronlle consolo, aliviáronlle a dor.
  186. Souberon animarnos a miña irmá e a min
    para poñerlle un camisón bonito a mamá,
  187. moito despois de que a ela
    xa non lle importara,
  188. pero si, e moito, a nós.
  189. Souberon espertarme xusto a tempo
    para o último alento de miña nai.
  190. E logo souberon canto tempo
    deixarme no cuarto con ela
  191. despois da súa morte.
  192. Non teño nin idea
    de como saben esas cousas,
  193. pero si sei que lles estou
    eternamente agradecida
  194. por guiarme unha vez máis.
  195. Moitas grazas.
  196. (Aplausos)