-
Title:
O que os refuxiados precisan para comezar unha nova vida
-
Description:
Cada minuto, hai 20 novos desprazados pola mudanza climática, crises económicas e inestabilidade política, segundo o ACNUR. Como podemos axudalos a vencer as barreiras para comezar unha nova vida? O residente de TED Muhammed Idris lidera un equipo de tecnólogos, investigadores e refuxiados para crear Atar, o primeiro avogado baseado en IA que os guía durante o reasentamento, e axúdaos a recuperar os seus dereitos e a súa dignidade. "Obter acceso aos bos recursos e información pode ser a diferenza entre a vida e a morte." di Idrid.
-
Speaker:
Muhammed Idris
-
Hai dous anos,
-
recibín unha chamada que
cambiou a miña vida.
-
"Ola, son o teu primo Hassen."
¶
-
-
Teño ben máis de trinta primos,
-
pero non coñecía a ninguén chamado Hassen.
-
Resultou que Hassen
era un curmán da miña nai
¶
-
que acababa de chegar
a Montreal como refuxiado.
-
Nos seguintes meses,
-
tres parentes meus virían
ó Canadá buscando asilo
-
con pouco máis que a roupa posta.
-
Nos dous anos posteriores a esta chamada,
-
a miña vida cambiou por completo.
-
Deixei a academia
-
e agora dirixo un equipo diverso
de tecnólogos, investigadores e refuxiados
-
que desenvolve recursos personalizados
de autoaxuda para os novos refuxiados.
-
Queremos axudalos a vencer a linguaxe,
a cultura e as outras barreiras
-
que lles fan sentir que perderon
o control das propias vidas.
-
Sentimos que a IA pode axudar
a restaurar os dereitos e a dignidade
-
que moitos perden cando buscan axuda.
-
A experiencia da miña familia
como refuxiados non é única.
-
-
cada minuto, hai 20 novos desprazados
-
polo cambio climático, crises económicas
-
e inestabilidade social e política.
-
E foi mentres traballabamos
no refuxio local de YMCA
-
onde meu primo Hassen
e outros parentes foron enviados
-
que vimos e aprendemos a apreciar
-
o esforzo e a coordinación
que o reasentamento require
-
Cando chegas, tes que buscar un avogado
-
e encher documentos legais
en dúas semanas.
¶
-
Tamén tes que superar
un exame médico cun médico autorizado,
-
só para poder pedir
un visado de traballo.
-
E tes que empezar a buscar
un sitio onde vivir
-
antes de recibir calquera tipo
de asistencia social.
-
Con miles que foxen dos Estados Unidos
-
para buscar asilo no Canadá
os últimos anos,
¶
-
rapidamente vimos como é
-
cando hai máis persoas que necesitan axuda
que recursos para axudalas.
-
Os servizos sociais
non se amplían rapidamente,
-
e mesmo se as comunidades
fan o maior esforzo
-
para axudar a máis persoas
con recursos limitados,
-
os que chegan quedan máis tempo
esperando no limbo,
-
sen saber onde ir.
-
En Montreal, por exemplo,
-
a pesar dos millóns de dólares gastos
para apoio aos reasentamentos
¶
-
case 50% dos que chegan
aínda non saben
-
que existen recursos gratis
-
para axudalos con todo,
desde os documentos
-
ata atopar un traballo.
-
O desafío non é que non
existan esas informacións.
-
Polo contrario, os necesitados
son bombardeados con tanta información
-
que se fai dificil darlle sentido a todo.
-
"Non me deas máis
información, dime só que facer."
-
era a preocupación oída
unha e outra vez.
-
Isto reflicte o incriblemente
difícil que é adaptarse
-
cando chegas a un novo país.
-
Hostia, tiven os mesmos problemas
cando cheguei a Montreal,
-
e teño un doutoramento.
-
(Risa)
-
Como outro membro do noso equipo,
tamén refuxiado, dixo:
¶
-
"En Canadá, unha tarxeta SIM
é máis importante ca a comida,
¶
-
porque non morreremos coa fame."
-
Pero obter acceso
aos recursos e á información correcta
-
pode ser a diferenza
entre a vida e a morte.
-
Deixádeme dicilo de novo:
-
obter acceso aos recursos
e á información correcta
-
pode ser a diferenza
entre a vida e a morte.
-
Para resolver estas cuestións,
-
-
a primeira avogada virtual baseada en AI
-
que te guía paso a paso
durante a túa primeira semana
-
na nova cidade.
-
Só dille a Atar o que necesitas.
-
Atar entón faiche
algunhas preguntas básicas
-
para entender
a túa situación particular
-
e determina a túa elixibilidade
para os recursos.
-
Por exemplo: Tes un sitio
onde durmir esta noite?
-
Se non, preferirías un albergue
só para mulleres?
-
Tes fillos?
-
Atar xera entón unha lista
paso a paso de cousas que facer
-
que che indica
todo o que necesitas saber,
-
onde ir, como chegar,
-
que levar contigo
-
e que expectativas ter.
-
Podes facer preguntas en calquera momento,
-
e se o Atar non ten unha reposta,
-
poñerate en contacto
cunha persoa real que a teña.
-
Pero o máis emocionante
-
é que axudamos a organizacións
e servizos humanitarios
¶
-
a recoller os datos
e as análises necesarios para comprender
-
o cambio das necesidades dos que chegan
-
en tempo real.
-
Isto é algo revolucionario.
-
Xa fixemos unha parcería con ACNUR
-
para proporcionar esta
tecnoloxía en Canadá,
-
e no noso traballo diriximos
campañas en árabe, inglés,
-
francés, crioulo e español.
-
Cando falamos do problema dos refuxiados,
-
a miúdo centrámonos
nas estatísticas oficiais
-
dos 65.8 millóns de desprazados forzosos
en todo o mundo.
¶
-
Pero a realidade é moito maior.
-
Para o 2050, haberá máis
de 140 millón de persoas
-
en risco de ser desprazadas
debido á degradación ambiental.
-
E hoxe --hoxe-- hai
case mil millóns de persoas
-
que xa viven en asentamentos
ilegais e barrios marxinais.
-
Reasentamento e integración
-
son os maiores desafíos do noso tempo.
-
E a nosa esperanza é que Atar proporcione
un avogado a cada recén chegado.
-
A nosa esperanza é que Atar
amplifique os esforzos que xa existen
-
e que alivie a presión
na rede de protección social
-
que xa está tensionada
alén do imaxinable.
-
Pero o que é importante para nós
-
é que o noso traballo axude
a restablecer os dereitos e a dignidade
-
que os refuxiados perden durante
o reasentamento e a integración
-
dándolles os recursos que necesitan
para se axudaren a si mesmos.
-
-