WEBVTT 00:00:01.119 --> 00:00:02.598 A diario neste país 00:00:03.022 --> 00:00:05.746 moitas familias son obrigadas a tomar decisións imposibles 00:00:05.960 --> 00:00:07.593 cando se trata da atención médica. 00:00:08.137 --> 00:00:10.278 Como Kimberly, que dixo: 00:00:11.388 --> 00:00:15.394 ''Houbo veces que tiven que escoller entre a comida ou as pastillas. 00:00:15.658 --> 00:00:18.529 Non eran luxos porque non gañaba tanto. 00:00:19.013 --> 00:00:21.819 Era como, 'Podo mercar xampú ou acondicionador?' 00:00:22.586 --> 00:00:24.029 Cousas que dás por sentado''. 00:00:24.323 --> 00:00:26.540 E Debbie, que dixo: 00:00:26.974 --> 00:00:29.891 ''Pos o medicamento nunha man, 00:00:29.891 --> 00:00:31.965 os teus gastos diarios na outra 00:00:32.618 --> 00:00:34.989 Que fago? 00:00:35.800 --> 00:00:37.140 Vou polo medicamento 00:00:37.140 --> 00:00:38.774 ou pago as facturas? 00:00:39.340 --> 00:00:41.392 Non podo vivir sen o medicamento 00:00:41.976 --> 00:00:44.556 tampouco se non pago as facturas''. NOTE Paragraph 00:00:45.065 --> 00:00:48.999 Dez mil persoas morren cada mes no país 00:00:49.493 --> 00:00:52.068 por non tomaren o medicamento que necesitan. 00:00:52.623 --> 00:00:55.489 Morre máis xente por non medicarse 00:00:55.953 --> 00:01:00.507 que por sobredoses de opiáceos e accidentes de coche xuntos. 00:01:01.488 --> 00:01:04.868 Pero non podes tomar o medicamento se non podes pagalo. NOTE Paragraph 00:01:05.280 --> 00:01:10.423 Hoxe, o fogar medio gasta 3000 dólares ao ano 00:01:10.423 --> 00:01:11.599 en medicamentos. 00:01:12.007 --> 00:01:14.509 Preto dun terzo das persoas non teñen seguro médico 00:01:14.953 --> 00:01:18.490 dixeron que pararon de tomar os medicamentos prescritos 00:01:18.574 --> 00:01:19.879 por culpa do que custaban. 00:01:20.193 --> 00:01:22.294 Mesmo entre as persoas con seguro 00:01:22.598 --> 00:01:25.571 se gañan menos de 35 000 dólares ao ano 00:01:25.895 --> 00:01:29.053 moitos din non tomar os medicamentos 00:01:29.517 --> 00:01:31.215 se o seu seguro non os cobre. 00:01:31.814 --> 00:01:36.221 Así que hai dez millóns de adultos como Kimberly e Debbie 00:01:36.695 --> 00:01:40.924 que son obrigados a tomar decisións imposibles cada día. NOTE Paragraph 00:01:41.555 --> 00:01:45.594 Sabemos que os prezos das receitas son moi altos. 00:01:46.131 --> 00:01:47.734 E o noso sistema de saúde 00:01:48.138 --> 00:01:52.173 onde uns teñen seguro e outros teñen un seguro deficiente 00:01:52.347 --> 00:01:56.418 non prioriza a xente que precisa coidados xa 00:01:56.702 --> 00:01:59.147 e que precisa medicamentos xa. NOTE Paragraph 00:01:59.532 --> 00:02:01.517 Dez millóns é unha cifra grande 00:02:01.861 --> 00:02:03.718 pero tamén mellorable 00:02:03.952 --> 00:02:07.341 porque hai dez mil millóns de dólares 00:02:07.945 --> 00:02:11.152 en medicamentos sen usar e en perfecto estado 00:02:11.477 --> 00:02:12.477 que van ó lixo. 00:02:12.757 --> 00:02:15.079 Iso é inxusto por dous motivos: 00:02:15.413 --> 00:02:19.821 a xente non ten os medicamentos que necesita para vivir 00:02:20.288 --> 00:02:25.597 e esa mesma medicación é levada a incineradores de residuos médicos 00:02:25.941 --> 00:02:27.173 para ser destruída. 00:02:27.317 --> 00:02:31.762 Isto é intolerable, pero tamén ofrece unha oportunidade. NOTE Paragraph 00:02:32.236 --> 00:02:33.785 Fundei SIRUM 00:02:34.069 --> 00:02:38.849 unha empresa tecnolóxica sen fin de lucro, xunto con Adam e George 00:02:39.373 --> 00:02:43.102 para converter os medicamentos descartados nun salvavidas 00:02:43.476 --> 00:02:46.209 coma os que están neste almacén. 00:02:46.862 --> 00:02:48.291 Pode que non poidamos remediar 00:02:48.465 --> 00:02:51.596 todas as formas en que fracasa o noso sistema de saúde 00:02:51.920 --> 00:02:54.167 pero podemos remediar esta. NOTE Paragraph 00:02:54.927 --> 00:02:59.352 Os medicamentos veñen do stock de seguridade de fabricantes e grosistas, 00:02:59.585 --> 00:03:01.746 e cando están a piques de vencer, destrúenos. 00:03:02.130 --> 00:03:04.510 Tamén veñen de centros sanitarios 00:03:04.510 --> 00:03:07.579 como hospitais, farmacias e asilos 00:03:07.989 --> 00:03:11.128 do excedente restante cando un paciente deixa de tomalos 00:03:11.412 --> 00:03:12.892 ou falece. 00:03:13.236 --> 00:03:17.147 Podemos recorrer a estes medicamentos sen usar 00:03:17.331 --> 00:03:22.139 para fornecer a dez millóns de persoas que necesitan medicamentos. 00:03:22.473 --> 00:03:24.117 E podemos facelo hoxe. NOTE Paragraph 00:03:24.589 --> 00:03:27.054 SIRUM consegue os medicamentos sobrantes 00:03:27.428 --> 00:03:30.974 poñendo colectores de reciclaxe dentro dos centos de instalacións 00:03:31.158 --> 00:03:32.239 que teñen excedentes. 00:03:32.563 --> 00:03:35.399 Alí enchen os colectores e, unha vez cheos 00:03:35.823 --> 00:03:39.385 SIRUM recolle os medicamentos 00:03:39.749 --> 00:03:46.142 encárgase do envío, seguimento, xustificantes e recibos fiscais. NOTE Paragraph 00:03:46.286 --> 00:03:50.908 Os doadores fano porque é máis barato e sinxelo 00:03:51.302 --> 00:03:54.381 que o proceso tan regulado de destrución de medicamentos. 00:03:54.917 --> 00:03:58.965 E hai grandes incentivos fiscais para facer doazóns. 00:03:59.239 --> 00:04:03.434 Logo, enviamos os medicamentos doados á xente que os precisa. 00:04:03.698 --> 00:04:05.517 Unha receita entra no noso sistema 00:04:05.681 --> 00:04:10.494 e relaciona o que precisa o paciente co inventario dispoñible. 00:04:11.202 --> 00:04:13.167 A nosa plataforma crea unha lista, 00:04:14.124 --> 00:04:16.828 selecciónanse os medicamentos e despáchase a receita. 00:04:17.489 --> 00:04:21.566 Estamos creando a farmacia do século XXI 00:04:21.888 --> 00:04:24.606 que merecen as familias de ingresos baixos. 00:04:25.017 --> 00:04:27.692 Os pacientes poden rexistrarse en menos de cinco minutos 00:04:27.956 --> 00:04:32.009 e acceder a preto de 500 medicamentos, 00:04:32.493 --> 00:04:37.089 unha lista de medicamentos para todo, dende enfermidades do corazón 00:04:37.253 --> 00:04:38.695 ata doenzas psíquicas, 00:04:39.169 --> 00:04:44.222 que representa neste momento o 75 % de todas as receitas 00:04:44.724 --> 00:04:46.848 prescritas nos EUA. NOTE Paragraph 00:04:47.204 --> 00:04:52.151 Tamén colaboramos con médicos, enfermeiros e traballadores sociais 00:04:52.701 --> 00:04:55.144 en centros médicos comunitarios e clínicas gratuítas 00:04:55.178 --> 00:04:57.305 que remiten pacientes ao noso servizo. 00:04:57.489 --> 00:05:00.585 Facemos que sexa tan fácil para os provedores de atención médica 00:05:00.585 --> 00:05:03.444 cubrir unha receita con medicamentos doados 00:05:03.668 --> 00:05:07.207 como mandar a receita á farmacia local. 00:05:07.917 --> 00:05:12.473 Os nosos socios poden darlle os medicamentos aos pacientes 00:05:12.707 --> 00:05:16.068 ou remitírllelos directamente á súa casa. 00:05:16.423 --> 00:05:19.594 Ao evitar a cadea tradicional de fornecemento 00:05:19.978 --> 00:05:23.492 somos capaces de ofrecer prezos fixos e transparentes, 00:05:23.816 --> 00:05:26.725 arredor de 2 $ pola subministración mensual 00:05:26.725 --> 00:05:28.374 da maior parte dos medicamentos. 00:05:29.003 --> 00:05:33.061 E iso permite ofrecer un prezo previsible e asumible 00:05:33.174 --> 00:05:35.742 que a xente pode pagar. NOTE Paragraph 00:05:36.091 --> 00:05:41.239 Xa abastecemos os medicamentos que precisan 150 000 persoas. 00:05:41.756 --> 00:05:43.126 Pero podemos facer máis. 00:05:43.590 --> 00:05:46.624 A nosa meta é chegar ao millón de persoas 00:05:46.778 --> 00:05:49.841 con preto de mil millóns de dólares en medicamentos sen usar 00:05:50.841 --> 00:05:52.211 nos próximos cinco anos, 00:05:52.495 --> 00:05:54.961 ampliando o noso programa a 12 estados. 00:05:55.255 --> 00:05:59.522 A esa escala, podemos cubrir comunidades 00:05:59.746 --> 00:06:03.454 que abranguen un 40 % dos dez millóns de persoas 00:06:03.638 --> 00:06:07.131 que carecen dun servizo permanente e accesible. 00:06:07.715 --> 00:06:10.925 Este servizo, dirixido a un millón de persoas 00:06:11.339 --> 00:06:14.636 impulsará a competencia de prezos. NOTE Paragraph 00:06:14.840 --> 00:06:19.057 Walmart lanzou unha das únicas innovacións de prezos en farmacia 00:06:19.057 --> 00:06:20.462 en 2006. 00:06:20.623 --> 00:06:23.091 Ofreceron unha lista, ben limitada, de medicamentos 00:06:23.235 --> 00:06:25.106 por un prezo fixo de 4 $. 00:06:25.460 --> 00:06:27.257 Isto provocou cambios incribles. 00:06:27.511 --> 00:06:30.375 Provocou que a competencia se ofrecese 00:06:31.119 --> 00:06:33.136 a igualar listas e prezos. 00:06:33.680 --> 00:06:37.352 Levando medicacións transparentes e accesible 00:06:37.846 --> 00:06:39.317 a eses outros estados 00:06:39.771 --> 00:06:42.842 podemos impulsar unha competencia rexional 00:06:43.146 --> 00:06:48.282 que baixe os custos para comunidades enteiras con ingresos baixos. NOTE Paragraph 00:06:48.879 --> 00:06:51.451 O noso sistema de saúde é complexo. 00:06:52.398 --> 00:06:53.715 É desalentador. 00:06:54.217 --> 00:06:56.972 Asemella imposible avanzar. 00:06:57.476 --> 00:07:02.072 Pero podemos reimaxinar por completo o acceso aos medicamentos. 00:07:03.232 --> 00:07:08.161 Ao usar o excedente de medicamentos como avanzada para lograr un cambio 00:07:08.445 --> 00:07:11.347 nesta industria multimillonaria 00:07:11.901 --> 00:07:15.350 podemos crear un acceso radical aos medicamentos 00:07:15.944 --> 00:07:17.869 baseados na crenza fundamental 00:07:18.163 --> 00:07:22.589 de que quen vive nunha das nacións máis ricas do mundo 00:07:22.883 --> 00:07:27.027 pode e debe ter acceso aos medicamentos que necesite 00:07:27.441 --> 00:07:29.833 para sobrevivir e prosperar. NOTE Paragraph 00:07:30.522 --> 00:07:33.667 Non pretendo ter todas as respostas 00:07:34.021 --> 00:07:37.623 para acabar cos problemas no noso sistema de saúde. 00:07:38.189 --> 00:07:42.304 Pero fornecerlles medicamentos aos millóns de persoas que os precisan 00:07:42.566 --> 00:07:44.029 para ter unha vida sa 00:07:44.303 --> 00:07:47.059 salvar medicamentos para salvar vidas 00:07:47.683 --> 00:07:51.788 é algo que podemos facer hoxe. NOTE Paragraph 00:07:52.762 --> 00:07:53.980 Grazas.