0:00:01.119,0:00:02.598 A diario neste país 0:00:03.022,0:00:05.746 moitas familias son obrigadas[br]a tomar decisións imposibles 0:00:05.960,0:00:07.593 cando se trata da atención médica. 0:00:08.137,0:00:10.278 Como Kimberly, que dixo: 0:00:11.388,0:00:15.394 ''Houbo veces que tiven que escoller[br]entre a comida ou as pastillas. 0:00:15.658,0:00:18.529 Non eran luxos porque non gañaba tanto. 0:00:19.013,0:00:21.819 Era como, 'Podo mercar xampú[br]ou acondicionador?' 0:00:22.586,0:00:24.029 Cousas que dás por sentado''. 0:00:24.323,0:00:26.540 E Debbie, que dixo: 0:00:26.974,0:00:29.891 ''Pos o medicamento nunha man, 0:00:29.891,0:00:31.965 os teus gastos diarios na outra 0:00:32.618,0:00:34.989 Que fago? 0:00:35.800,0:00:37.140 Vou polo medicamento 0:00:37.140,0:00:38.774 ou pago as facturas? 0:00:39.340,0:00:41.392 Non podo vivir sen o medicamento 0:00:41.976,0:00:44.556 tampouco se non pago as facturas''. 0:00:45.065,0:00:48.999 Dez mil persoas morren cada mes no país 0:00:49.493,0:00:52.068 por non tomaren [br]o medicamento que necesitan. 0:00:52.623,0:00:55.489 Morre máis xente por non medicarse 0:00:55.953,0:01:00.507 que por sobredoses de opiáceos[br]e accidentes de coche xuntos. 0:01:01.488,0:01:04.868 Pero non podes tomar o medicamento[br]se non podes pagalo. 0:01:05.280,0:01:10.423 Hoxe, o fogar medio gasta [br]3000 dólares ao ano 0:01:10.423,0:01:11.599 en medicamentos. 0:01:12.007,0:01:14.509 Preto dun terzo das persoas[br]non teñen seguro médico 0:01:14.953,0:01:18.490 dixeron que pararon de tomar[br]os medicamentos prescritos 0:01:18.574,0:01:19.879 por culpa do que custaban. 0:01:20.193,0:01:22.294 Mesmo entre as persoas con seguro 0:01:22.598,0:01:25.571 se gañan menos de 35 000 dólares ao ano 0:01:25.895,0:01:29.053 moitos din non tomar os medicamentos 0:01:29.517,0:01:31.215 se o seu seguro non os cobre. 0:01:31.814,0:01:36.221 Así que hai dez millóns de adultos[br]como Kimberly e Debbie 0:01:36.695,0:01:40.924 que son obrigados[br]a tomar decisións imposibles cada día. 0:01:41.555,0:01:45.594 Sabemos que os prezos das receitas[br]son moi altos. 0:01:46.131,0:01:47.734 E o noso sistema de saúde 0:01:48.138,0:01:52.173 onde uns teñen seguro[br]e outros teñen un seguro deficiente 0:01:52.347,0:01:56.418 non prioriza a xente[br]que precisa coidados xa 0:01:56.702,0:01:59.147 e que precisa medicamentos xa. 0:01:59.532,0:02:01.517 Dez millóns é unha cifra grande 0:02:01.861,0:02:03.718 pero tamén mellorable 0:02:03.952,0:02:07.341 porque hai dez mil millóns de dólares 0:02:07.945,0:02:11.152 en medicamentos sen usar[br]e en perfecto estado 0:02:11.477,0:02:12.477 que van ó lixo. 0:02:12.757,0:02:15.079 Iso é inxusto por dous motivos: 0:02:15.413,0:02:19.821 a xente non ten os medicamentos[br]que necesita para vivir 0:02:20.288,0:02:25.597 e esa mesma medicación é levada [br]a incineradores de residuos médicos 0:02:25.941,0:02:27.173 para ser destruída. 0:02:27.317,0:02:31.762 Isto é intolerable,[br]pero tamén ofrece unha oportunidade. 0:02:32.236,0:02:33.785 Fundei SIRUM 0:02:34.069,0:02:38.849 unha empresa tecnolóxica sen fin de lucro,[br]xunto con Adam e George 0:02:39.373,0:02:43.102 para converter os medicamentos descartados[br]nun salvavidas 0:02:43.476,0:02:46.209 coma os que están neste almacén. 0:02:46.862,0:02:48.291 Pode que non poidamos remediar 0:02:48.465,0:02:51.596 todas as formas en que fracasa[br]o noso sistema de saúde 0:02:51.920,0:02:54.167 pero podemos remediar esta. 0:02:54.927,0:02:59.352 Os medicamentos veñen do stock [br]de seguridade de fabricantes e grosistas, 0:02:59.585,0:03:01.746 e cando están a piques de vencer,[br]destrúenos. 0:03:02.130,0:03:04.510 Tamén veñen de centros sanitarios 0:03:04.510,0:03:07.579 como hospitais, farmacias e asilos 0:03:07.989,0:03:11.128 do excedente restante[br]cando un paciente deixa de tomalos 0:03:11.412,0:03:12.892 ou falece. 0:03:13.236,0:03:17.147 Podemos recorrer [br]a estes medicamentos sen usar 0:03:17.331,0:03:22.139 para fornecer a dez millóns de persoas[br]que necesitan medicamentos. 0:03:22.473,0:03:24.117 E podemos facelo hoxe. 0:03:24.589,0:03:27.054 SIRUM consegue os medicamentos sobrantes 0:03:27.428,0:03:30.974 poñendo colectores de reciclaxe[br]dentro dos centos de instalacións 0:03:31.158,0:03:32.239 que teñen excedentes. 0:03:32.563,0:03:35.399 Alí enchen os colectores e, unha vez cheos 0:03:35.823,0:03:39.385 SIRUM recolle os medicamentos 0:03:39.749,0:03:46.142 encárgase do envío, seguimento,[br]xustificantes e recibos fiscais. 0:03:46.286,0:03:50.908 Os doadores fano porque [br]é máis barato e sinxelo 0:03:51.302,0:03:54.381 que o proceso tan regulado[br]de destrución de medicamentos. 0:03:54.917,0:03:58.965 E hai grandes incentivos fiscais[br]para facer doazóns. 0:03:59.239,0:04:03.434 Logo, enviamos os medicamentos doados[br]á xente que os precisa. 0:04:03.698,0:04:05.517 Unha receita entra no noso sistema 0:04:05.681,0:04:10.494 e relaciona o que precisa o paciente[br]co inventario dispoñible. 0:04:11.202,0:04:13.167 A nosa plataforma crea unha lista, 0:04:14.124,0:04:16.828 selecciónanse os medicamentos[br]e despáchase a receita. 0:04:17.489,0:04:21.566 Estamos creando a farmacia do século XXI 0:04:21.888,0:04:24.606 que merecen as familias[br]de ingresos baixos. 0:04:25.017,0:04:27.692 Os pacientes poden rexistrarse[br]en menos de cinco minutos 0:04:27.956,0:04:32.009 e acceder a preto de 500 medicamentos, 0:04:32.493,0:04:37.089 unha lista de medicamentos para todo,[br]dende enfermidades do corazón 0:04:37.253,0:04:38.695 ata doenzas psíquicas, 0:04:39.169,0:04:44.222 que representa neste momento o 75 %[br]de todas as receitas 0:04:44.724,0:04:46.848 prescritas nos EUA. 0:04:47.204,0:04:52.151 Tamén colaboramos con médicos,[br]enfermeiros e traballadores sociais 0:04:52.701,0:04:55.144 en centros médicos comunitarios[br]e clínicas gratuítas 0:04:55.178,0:04:57.305 que remiten pacientes ao noso servizo. 0:04:57.489,0:05:00.585 Facemos que sexa tan fácil[br]para os provedores de atención médica 0:05:00.585,0:05:03.444 cubrir unha receita[br]con medicamentos doados 0:05:03.668,0:05:07.207 como mandar a receita[br]á farmacia local. 0:05:07.917,0:05:12.473 Os nosos socios poden darlle[br]os medicamentos aos pacientes 0:05:12.707,0:05:16.068 ou remitírllelos directamente [br]á súa casa. 0:05:16.423,0:05:19.594 Ao evitar a cadea tradicional[br]de fornecemento 0:05:19.978,0:05:23.492 somos capaces de ofrecer[br]prezos fixos e transparentes, 0:05:23.816,0:05:26.725 arredor de 2 $ [br]pola subministración mensual 0:05:26.725,0:05:28.374 da maior parte dos medicamentos. 0:05:29.003,0:05:33.061 E iso permite ofrecer un prezo[br]previsible e asumible 0:05:33.174,0:05:35.742 que a xente pode pagar. 0:05:36.091,0:05:41.239 Xa abastecemos os medicamentos[br]que precisan 150 000 persoas. 0:05:41.756,0:05:43.126 Pero podemos facer máis. 0:05:43.590,0:05:46.624 A nosa meta é chegar ao millón de persoas 0:05:46.778,0:05:49.841 con preto de mil millóns de dólares[br]en medicamentos sen usar 0:05:50.841,0:05:52.211 nos próximos cinco anos, 0:05:52.495,0:05:54.961 ampliando o noso programa a 12 estados. 0:05:55.255,0:05:59.522 A esa escala, podemos cubrir comunidades 0:05:59.746,0:06:03.454 que abranguen un 40 %[br]dos dez millóns de persoas 0:06:03.638,0:06:07.131 que carecen dun servizo[br]permanente e accesible. 0:06:07.715,0:06:10.925 Este servizo,[br]dirixido a un millón de persoas 0:06:11.339,0:06:14.636 impulsará a competencia de prezos. 0:06:14.840,0:06:19.057 Walmart lanzou unha das únicas innovacións[br]de prezos en farmacia 0:06:19.057,0:06:20.462 en 2006. 0:06:20.623,0:06:23.091 Ofreceron unha lista, ben limitada,[br]de medicamentos 0:06:23.235,0:06:25.106 por un prezo fixo de 4 $. 0:06:25.460,0:06:27.257 Isto provocou cambios incribles. 0:06:27.511,0:06:30.375 Provocou que a competencia se ofrecese 0:06:31.119,0:06:33.136 a igualar listas e prezos. 0:06:33.680,0:06:37.352 Levando medicacións transparentes[br]e accesible 0:06:37.846,0:06:39.317 a eses outros estados 0:06:39.771,0:06:42.842 podemos impulsar unha competencia rexional 0:06:43.146,0:06:48.282 que baixe os custos para[br]comunidades enteiras con ingresos baixos. 0:06:48.879,0:06:51.451 O noso sistema de saúde é complexo. 0:06:52.398,0:06:53.715 É desalentador. 0:06:54.217,0:06:56.972 Asemella imposible avanzar. 0:06:57.476,0:07:02.072 Pero podemos reimaxinar por completo[br]o acceso aos medicamentos. 0:07:03.232,0:07:08.161 Ao usar o excedente de medicamentos[br]como avanzada para lograr un cambio 0:07:08.445,0:07:11.347 nesta industria multimillonaria 0:07:11.901,0:07:15.350 podemos crear un acceso radical[br]aos medicamentos 0:07:15.944,0:07:17.869 baseados na crenza fundamental 0:07:18.163,0:07:22.589 de que quen vive nunha das nacións[br]máis ricas do mundo 0:07:22.883,0:07:27.027 pode e debe ter acceso[br]aos medicamentos que necesite 0:07:27.441,0:07:29.833 para sobrevivir e prosperar. 0:07:30.522,0:07:33.667 Non pretendo ter todas as respostas 0:07:34.021,0:07:37.623 para acabar cos problemas[br]no noso sistema de saúde. 0:07:38.189,0:07:42.304 Pero fornecerlles medicamentos[br]aos millóns de persoas que os precisan 0:07:42.566,0:07:44.029 para ter unha vida sa 0:07:44.303,0:07:47.059 salvar medicamentos para salvar vidas 0:07:47.683,0:07:51.788 é algo que podemos facer hoxe. 0:07:52.762,0:07:53.980 Grazas.