WEBVTT 00:00:00.000 --> 00:00:04.000 Mudeime de Chicago a Boston hai 10 anos, 00:00:04.000 --> 00:00:07.000 interesado no cancro e na química. 00:00:07.000 --> 00:00:10.000 Pode que xa saibades que a química é a ciencia que fabrica moléculas, 00:00:10.000 --> 00:00:14.000 ou no meu caso, novos fármacos para o cancro. 00:00:14.000 --> 00:00:17.000 E pode que tamén saibades, que para a ciencia e a medicina, 00:00:17.000 --> 00:00:20.000 Boston é coma unha tenda de lambetadas. 00:00:20.000 --> 00:00:23.000 Non podes pasar un stop en Cambridge 00:00:23.000 --> 00:00:25.000 sen dar cun estudante universitario. 00:00:25.000 --> 00:00:27.000 Ó bar chámanlle "o milagre da ciencia". 00:00:27.000 --> 00:00:31.000 A maioría dos anuncios falan de "Laboratorios dispoñibles". NOTE Paragraph 00:00:31.000 --> 00:00:33.000 E poderiamos dicir que dende hai uns 10 anos 00:00:33.000 --> 00:00:36.000 estamos a presenciar a comezo 00:00:36.000 --> 00:00:39.000 dunha revolución científica: a medicina xenómica. 00:00:39.000 --> 00:00:41.000 Sabemos máis dos pacientes que entran nas nosas clínicas 00:00:41.000 --> 00:00:43.000 do que nunca soubemos. 00:00:43.000 --> 00:00:45.000 E podemos, por fin, responder á pregunta 00:00:45.000 --> 00:00:48.000 que nos ten urxido durante tantos anos: 00:00:48.000 --> 00:00:51.000 por que temos cancro? 00:00:51.000 --> 00:00:53.000 Esta información é bastante sorprendente. 00:00:53.000 --> 00:00:55.000 Pode que xa saibades que, 00:00:55.000 --> 00:00:57.000 por agora, nos comezos desta revolución, 00:00:57.000 --> 00:01:00.000 sabemos que hai coma unhas 40.000 mutacións 00:01:00.000 --> 00:01:03.000 que afectan a máis de 10.000 xenes; 00:01:03.000 --> 00:01:05.000 e que 500 deses xenes, 00:01:05.000 --> 00:01:07.000 dan lugar a cancros, 00:01:07.000 --> 00:01:09.000 de forma contrastada. NOTE Paragraph 00:01:09.000 --> 00:01:11.000 Pero en cambio, 00:01:11.000 --> 00:01:14.000 temos coma unha ducia de medicamentos dirixidos. 00:01:14.000 --> 00:01:17.000 E esta falta de eficiencia no tratamento do cancro 00:01:17.000 --> 00:01:19.000 afectoume moito cando lle diagnosticaron 00:01:19.000 --> 00:01:22.000 cancro de páncreas ó meu pai. 00:01:22.000 --> 00:01:24.000 Non o trouxemos a Boston. 00:01:24.000 --> 00:01:26.000 Nin secuenciamos o seu xenoma. 00:01:26.000 --> 00:01:28.000 Hai décadas que se sabe 00:01:28.000 --> 00:01:30.000 que é o que causa estes tumores. 00:01:30.000 --> 00:01:32.000 Son tres proteínas: 00:01:32.000 --> 00:01:35.000 Ras, MIC e p53. 00:01:35.000 --> 00:01:38.000 Sabemos esta información xa dende os anos 70, 00:01:38.000 --> 00:01:40.000 pero aínda non se pode recetar unha menciña 00:01:40.000 --> 00:01:42.000 a un paciente con este 00:01:42.000 --> 00:01:44.000 ou calquera dos outros tumores 00:01:44.000 --> 00:01:46.000 que causan estes tres xinetes 00:01:46.000 --> 00:01:49.000 do apocalipsis que chamamos cancro. 00:01:49.000 --> 00:01:52.000 Non hai tratamento para a Ras, MIC ou p53. NOTE Paragraph 00:01:52.000 --> 00:01:54.000 E con toda razón vos preguntaredes: por que? 00:01:54.000 --> 00:01:57.000 A resposta, científica, pero non por iso menos decepcionante 00:01:57.000 --> 00:01:59.000 é que é moi difícil. 00:01:59.000 --> 00:02:01.000 Por algunha razón 00:02:01.000 --> 00:02:04.000 estas tres proteínas están nunha área do campo científico 00:02:04.000 --> 00:02:06.000 que chamamos "o xenoma intratable". 00:02:06.000 --> 00:02:08.000 Que é como chamar a un ordenador inexplorable, 00:02:08.000 --> 00:02:10.000 ou á lúa impaseable. 00:02:10.000 --> 00:02:12.000 Vaia, un estarrecedor termo do gremio. 00:02:12.000 --> 00:02:14.000 O que significa 00:02:14.000 --> 00:02:16.000 é que non damos atopado ningún buraco nestas proteínas 00:02:16.000 --> 00:02:19.000 no que poder, coma se fósemos cerralleiros, 00:02:19.000 --> 00:02:22.000 introducir algunha pequena molécula ou substancia 00:02:22.000 --> 00:02:24.000 orgánica activa. NOTE Paragraph 00:02:24.000 --> 00:02:26.000 Namentres estudaba medicina clínica, 00:02:26.000 --> 00:02:28.000 hematoloxía e oncoloxía, 00:02:28.000 --> 00:02:30.000 e transplantes con células nai, 00:02:30.000 --> 00:02:32.000 o que atopábamos en troques 00:02:32.000 --> 00:02:35.000 no Regulamento da Axencia de Drogas e Alimentos 00:02:35.000 --> 00:02:37.000 eran estas substancias: 00:02:37.000 --> 00:02:39.000 arsénico, talidomida 00:02:39.000 --> 00:02:41.000 e este derivado químico 00:02:41.000 --> 00:02:43.000 do gas mostaza nitroxenado. 00:02:43.000 --> 00:02:46.000 E isto é o século XXI. 00:02:46.000 --> 00:02:48.000 E así, como vostedes dirían, insatisfeito 00:02:48.000 --> 00:02:50.000 co rendemento e calidade destes medicamentos, 00:02:50.000 --> 00:02:53.000 volvín a estudar químicas. 00:02:53.000 --> 00:02:55.000 Pensaba que 00:02:55.000 --> 00:02:58.000 quizais aprendendo o oficio dos descubrimentos químicos 00:02:58.000 --> 00:03:01.000 e dende o contexto deste novo e descoñecido mundo 00:03:01.000 --> 00:03:03.000 que é o do código aberto, 00:03:03.000 --> 00:03:05.000 o código-compartido, 00:03:05.000 --> 00:03:08.000 a rede colaborativa á que temos acceso no ámbito académico, 00:03:08.000 --> 00:03:10.000 quizais atopariamos terapias 00:03:10.000 --> 00:03:12.000 máis potentes e dirixidas ós pacientes 00:03:12.000 --> 00:03:14.000 con máis rapidez. NOTE Paragraph 00:03:14.000 --> 00:03:17.000 Entendede que aínda é un proxecto en curso, 00:03:17.000 --> 00:03:19.000 pero gustaríame contarvos unha historia 00:03:19.000 --> 00:03:21.000 sobre un cancro pouco común, 00:03:21.000 --> 00:03:23.000 o das estruturas da liña media, 00:03:23.000 --> 00:03:25.000 sobre o transporte de proteínas, 00:03:25.000 --> 00:03:27.000 o transporte de proteínas intratable que causan este cancro, 00:03:27.000 --> 00:03:29.000 chamadas BRD4, 00:03:29.000 --> 00:03:31.000 e sobre unha molécla 00:03:31.000 --> 00:03:33.000 elaborada no meu laboratorio no Instituto para o Cancro Dana Farber 00:03:33.000 --> 00:03:36.000 chamada JQ1, chamada así por Jun Qi, 00:03:36.000 --> 00:03:39.000 o químico que a fabricou. 00:03:39.000 --> 00:03:42.000 A BRD4 é unha proteína interesante. NOTE Paragraph 00:03:42.000 --> 00:03:45.000 Quizais vos preguntedes, con todo o que fai o cancro para tratar de matar ós pacientes, 00:03:45.000 --> 00:03:47.000 como se acorda de que é un cancro? 00:03:47.000 --> 00:03:49.000 Cando enrola o seu xenoma, 00:03:49.000 --> 00:03:51.000 se divide en dúas células e se desenrola de novo, 00:03:51.000 --> 00:03:53.000 por que non se convirte nun ollo, ou nun fígado? 00:03:53.000 --> 00:03:56.000 Ten os xenes necesarios para facelo. 00:03:56.000 --> 00:03:58.000 Pero sempre lembra que é un cancro. 00:03:58.000 --> 00:04:01.000 A razón é que o cancro, igual ca outras células do corpo, 00:04:01.000 --> 00:04:03.000 coloca unhas pequenas marcas moleculares, 00:04:03.000 --> 00:04:05.000 coma un Post-it, 00:04:05.000 --> 00:04:08.000 que lle recorda: "Son un cancro, teño que seguir crecendo." 00:04:08.000 --> 00:04:10.000 E estas notas inclúen 00:04:10.000 --> 00:04:12.000 esa e outras proteínas do mesmo tipo; 00:04:12.000 --> 00:04:14.000 os chamados bromodominios. 00:04:14.000 --> 00:04:17.000 Nós elaboramos unha idea, unha base lóxica: 00:04:17.000 --> 00:04:19.000 quizais se fabricásemos unha molécula 00:04:19.000 --> 00:04:21.000 que previse que se pegase esa nota 00:04:21.000 --> 00:04:23.000 entrando no buratiño 00:04:23.000 --> 00:04:25.000 da base desta proteína xiratoria, 00:04:25.000 --> 00:04:27.000 quizais poderiamos convencer as células canceríxenas, 00:04:27.000 --> 00:04:30.000 a esas adictas ás proteínas BRD4, 00:04:30.000 --> 00:04:32.000 de que non son un cancro. NOTE Paragraph 00:04:32.000 --> 00:04:34.000 Así comezamos a traballar neste problema. 00:04:34.000 --> 00:04:36.000 Elaboramos unha cantidade importante de compostos 00:04:36.000 --> 00:04:39.000 e finalmente chegamos á JQ1 e outras 00:04:39.000 --> 00:04:41.000 substancias similares. 00:04:41.000 --> 00:04:43.000 Como non somos unha famacéutica, 00:04:43.000 --> 00:04:46.000 tiñamos varias opcións, tiñamos flexibilidade, 00:04:46.000 --> 00:04:49.000 que entendo que a industria farmacéutica non ten. 00:04:49.000 --> 00:04:51.000 Así que enviamos a JQ1 ós nosos amigos. 00:04:51.000 --> 00:04:53.000 Eu teño un pequeno laboratorio. 00:04:53.000 --> 00:04:55.000 Así que pensamos enviala e ver cómo se comportaba a molécula. 00:04:55.000 --> 00:04:57.000 Mandámola a Oxford, en Inglaterra, 00:04:57.000 --> 00:05:00.000 onde un grupo de destacados cristalógrafos xeraron esta imaxe, 00:05:00.000 --> 00:05:02.000 que nos axudou a comprender 00:05:02.000 --> 00:05:05.000 como a molécula era tan útil para transporte de proteínas. 00:05:05.000 --> 00:05:07.000 É o que chamamos un axuste perfecto, 00:05:07.000 --> 00:05:09.000 unha forma complementaria, un feito a medida. NOTE Paragraph 00:05:09.000 --> 00:05:11.000 Este cancro é moi pouco común, 00:05:11.000 --> 00:05:13.000 este cancro adicto á BRD4 00:05:13.000 --> 00:05:16.000 Traballamos entón con mostras de material 00:05:16.000 --> 00:05:19.000 recollido por patólogos novos do Hospital Brigham para mulleres. 00:05:19.000 --> 00:05:22.000 E namentres tratabamos estas células coa molécula, 00:05:22.000 --> 00:05:24.000 observamos algo moi asombroso. 00:05:24.000 --> 00:05:26.000 As células canceríxenas, 00:05:26.000 --> 00:05:28.000 pequenas, redondas, que se dividen rápido, 00:05:28.000 --> 00:05:30.000 facían uns brazos e prolongacións. 00:05:30.000 --> 00:05:32.000 Estaban a cambiar de forma. 00:05:32.000 --> 00:05:34.000 De feito, a célula canceríxena 00:05:34.000 --> 00:05:36.000 estaba esquecendo que era un cancro 00:05:36.000 --> 00:05:39.000 e convertíase nunha célula normal. NOTE Paragraph 00:05:39.000 --> 00:05:42.000 Estabamos entusiasmados. 00:05:42.000 --> 00:05:45.000 O seguinte paso era inocular a molécula en ratos. 00:05:45.000 --> 00:05:48.000 Pero non hai modelos deste tipo de cancro para ratos. 00:05:48.000 --> 00:05:51.000 Mentras levabamos a cabo esta investigación, 00:05:51.000 --> 00:05:54.000 eu estaba tratando a un bombeiro de 29 anos 00:05:54.000 --> 00:05:57.000 que estaba case no final da súa vida 00:05:57.000 --> 00:05:59.000 a causa deste tipo de cancro. 00:05:59.000 --> 00:06:01.000 Este cancro adicto á BRD4 00:06:01.000 --> 00:06:03.000 estaba crecendo no seu pulmón esquerdo. 00:06:03.000 --> 00:06:05.000 Tiña un tubo torácico que drenaba pequenos restos do cancro 00:06:05.000 --> 00:06:07.000 que se tiraban 00:06:07.000 --> 00:06:09.000 en cada quenda das enfermeiras. 00:06:09.000 --> 00:06:11.000 Así que nos achegamos a este paciente 00:06:11.000 --> 00:06:13.000 e lle pedimos que colaborase con nós. 00:06:13.000 --> 00:06:17.000 Queriamos coller ese material canceríxeno raro e valioso 00:06:17.000 --> 00:06:19.000 do tubo torácico, 00:06:19.000 --> 00:06:21.000 levalo ó laboratorio e inxectárlleo ós ratos 00:06:21.000 --> 00:06:23.000 para tratar de facer un ensaio clínico 00:06:23.000 --> 00:06:25.000 e probar o prototipo de tratamento. 00:06:25.000 --> 00:06:28.000 Sería imposible e, a dicir verdade, ilegal facelo en persoas. 00:06:28.000 --> 00:06:31.000 Axudounos. 00:06:31.000 --> 00:06:33.000 E no Centro de Imaxe da Familia Lurie, 00:06:33.000 --> 00:06:36.000 o meu compañeiro Andrew Kung fixo crecer con éxito 00:06:36.000 --> 00:06:38.000 este cancro nos ratos. NOTE Paragraph 00:06:38.000 --> 00:06:41.000 Podedes ver nesta tomografía de positróns dun rato 00:06:41.000 --> 00:06:43.000 como crece o cancro, 00:06:43.000 --> 00:06:46.000 esa masa grande e vermella nas patas traseiras do animal. 00:06:46.000 --> 00:06:48.000 Cando o tratamos co noso composto, 00:06:48.000 --> 00:06:50.000 a adicción, 00:06:50.000 --> 00:06:52.000 o crecemento, parou. 00:06:52.000 --> 00:06:54.000 No animal da dereita 00:06:54.000 --> 00:06:57.000 vese como respondeu o cancro. 00:06:57.000 --> 00:06:59.000 Xa completamos ensaios clínicos 00:06:59.000 --> 00:07:01.000 en ratos con catro modelos da enfermidade 00:07:01.000 --> 00:07:03.000 e sempre obtemos o mesmo resultado: 00:07:03.000 --> 00:07:05.000 os ratos ós que inxectamos o fármaco sobreviven; 00:07:05.000 --> 00:07:08.000 os outros morren con rapidez. NOTE Paragraph 00:07:10.000 --> 00:07:12.000 Comezamos entón a preguntarnos 00:07:12.000 --> 00:07:14.000 que faría unha farmacéutica no noso caso. 00:07:14.000 --> 00:07:16.000 Seguramente o manterían en segredo 00:07:16.000 --> 00:07:18.000 ata obter un principio activo 00:07:18.000 --> 00:07:20.000 a partir do prototipo. 00:07:20.000 --> 00:07:22.000 Pero nós fixemos o contrario. 00:07:22.000 --> 00:07:24.000 Publicamos un artigo 00:07:24.000 --> 00:07:26.000 que describía os achados 00:07:26.000 --> 00:07:28.000 na fase do prototipo. 00:07:28.000 --> 00:07:31.000 Demos ó mundo a fórmula química da molécula, 00:07:31.000 --> 00:07:33.000 o que sería xeralmente un segredo na nosa especialidade. 00:07:33.000 --> 00:07:35.000 Explicamos con exactitude cómo fabricala, 00:07:35.000 --> 00:07:37.000 e proporcionamos a nosa dirección 00:07:37.000 --> 00:07:39.000 ofrecéndonos a enviar unha molécula 00:07:39.000 --> 00:07:41.000 de forma gratuita se nola pedían. 00:07:41.000 --> 00:07:43.000 Basicamente tratamos de crear 00:07:43.000 --> 00:07:45.000 un entorno cooperativo para o noso laboratorio o máis competivo posible. 00:07:45.000 --> 00:07:47.000 E tivo éxito, por desgracia. NOTE Paragraph 00:07:47.000 --> 00:07:49.000 (Risos) NOTE Paragraph 00:07:49.000 --> 00:07:51.000 Porque agora que xa compartimos a molécula, 00:07:51.000 --> 00:07:53.000 en decembro do ano pasado, 00:07:53.000 --> 00:07:55.000 con 40 laboratorios nos EEUU 00:07:55.000 --> 00:07:57.000 e outros 30 en Europa, 00:07:57.000 --> 00:07:59.000 moitos deles de empresas farmacéuticas 00:07:59.000 --> 00:08:01.000 procuran agora entrar neste espazo, 00:08:01.000 --> 00:08:03.000 en investigar sobre este cancro; 00:08:03.000 --> 00:08:05.000 agora, por fortuna, 00:08:05.000 --> 00:08:07.000 resulta interesante tratar o tema na industria. 00:08:09.000 --> 00:08:12.000 Pero a ciencia que retorna de todos eses laboratorios 00:08:12.000 --> 00:08:14.000 sobre o uso da molécula 00:08:14.000 --> 00:08:16.000 proporcionounos ideas 00:08:16.000 --> 00:08:18.000 que por nós mesmos nos obteriamos. 00:08:18.000 --> 00:08:20.000 As células con leucemia que se tratan con ela 00:08:20.000 --> 00:08:23.000 vólvense glóbulos brancos normais. 00:08:23.000 --> 00:08:25.000 Os ratos con mielomas múltiples, 00:08:25.000 --> 00:08:28.000 unha enfermidade incurable da médula ósea, 00:08:28.000 --> 00:08:30.000 responden de forma espectacular 00:08:30.000 --> 00:08:32.000 ó tratamento con este fármaco. 00:08:32.000 --> 00:08:34.000 Pode que saibades que a graxa ten memoria. 00:08:34.000 --> 00:08:38.000 É interesante poder demostralo. 00:08:38.000 --> 00:08:40.000 E de feito, esta molécula 00:08:40.000 --> 00:08:43.000 evita que eses adipocitos, esas células nai graxas, 00:08:43.000 --> 00:08:46.000 recorden como facer graxa. 00:08:46.000 --> 00:08:48.000 Así, ratos cunha dieta con moita graxa, 00:08:48.000 --> 00:08:51.000 coma a da xente do meu pobo natal, 00:08:51.000 --> 00:08:53.000 non acaban cun fígado graxo, 00:08:53.000 --> 00:08:56.000 un problema médico bastante grave. NOTE Paragraph 00:08:56.000 --> 00:08:58.000 O que este estudo nos ensinou; 00:08:58.000 --> 00:09:00.000 non só ó meu laboratorio, senón tamén 00:09:00.000 --> 00:09:02.000 ó noso instituto e á Facultade de Medicina de Harvard; 00:09:02.000 --> 00:09:04.000 é que no ámbito académico temos recursos excepcionais 00:09:04.000 --> 00:09:06.000 para descubrir fármacos, 00:09:06.000 --> 00:09:08.000 que o noso centro 00:09:08.000 --> 00:09:10.000 que ten feito máis probas ca ningún outro con moléculas 00:09:10.000 --> 00:09:12.000 relacionadas con cancro, 00:09:12.000 --> 00:09:14.000 nunca fixo ningunha en solitario. 00:09:14.000 --> 00:09:16.000 Por todo o que temos dito ata agora, 00:09:16.000 --> 00:09:19.000 pensamos que é unha boa oportunidade para que os centros académicos 00:09:19.000 --> 00:09:22.000 participen nesta disciplina, nova, creativa 00:09:22.000 --> 00:09:25.000 e conceptualmente complicada, 00:09:25.000 --> 00:09:27.000 que é a descuberta de prototipos farmacéuticos. NOTE Paragraph 00:09:29.000 --> 00:09:31.000 E agora que? 00:09:31.000 --> 00:09:33.000 Temos unha molécula, pero non pílulas. 00:09:33.000 --> 00:09:36.000 Non hai unha forma de toma oral. 00:09:36.000 --> 00:09:39.000 Temos que conseguir que chegue ós pacientes. 00:09:39.000 --> 00:09:41.000 Todos no laboratorio, 00:09:41.000 --> 00:09:43.000 especialmente os que máis interaccionan cos pacientes, 00:09:43.000 --> 00:09:45.000 séntense bastente obrigados 00:09:45.000 --> 00:09:47.000 a produciren un fármaco a partir desta molécula. 00:09:47.000 --> 00:09:49.000 Agora é cando 00:09:49.000 --> 00:09:51.000 pido a vosa colaboración, 00:09:51.000 --> 00:09:53.000 axuda e ideas. 00:09:53.000 --> 00:09:55.000 A diferenza dunha empresa farmacéutica, 00:09:55.000 --> 00:09:58.000 non temos unha liña de distribución onde colocar as moléculas. 00:09:58.000 --> 00:10:01.000 Non temos un equipo de vendedores e comerciantes 00:10:01.000 --> 00:10:04.000 que nos digan como colocar o fármaco fronte ó resto. 00:10:04.000 --> 00:10:06.000 O que si temos é a flexibilidade de ser un centro académico, 00:10:06.000 --> 00:10:09.000 onde traballa xente competente, motivada e 00:10:09.000 --> 00:10:12.000 entusiasta, e esperamos que con fondos, 00:10:12.000 --> 00:10:14.000 para levarmos estas moléculas cara o paso clínico 00:10:14.000 --> 00:10:16.000 á vez que preservan a nosa capacidade 00:10:16.000 --> 00:10:19.000 para compartir o prototipo co resto do mundo. NOTE Paragraph 00:10:19.000 --> 00:10:21.000 A molécula pronto deixará o noso laboratorio 00:10:21.000 --> 00:10:23.000 para trasladarse a unha nova pequena compañía 00:10:23.000 --> 00:10:25.000 chamada Tensha Therapeutics. 00:10:25.000 --> 00:10:28.000 En realidade é a cuarta destas moléculas 00:10:28.000 --> 00:10:31.000 que se "gradúa" no noso laboratorio de descubrimentos. 00:10:31.000 --> 00:10:34.000 Dúas delas, un fármaco tópico 00:10:34.000 --> 00:10:37.000 para o linfoma de pel, 00:10:37.000 --> 00:10:40.000 unha substancia oral para tratar o mieloma múltiple, 00:10:40.000 --> 00:10:42.000 están a piques de comezar 00:10:42.000 --> 00:10:44.000 o seu primeiro ensaio clínico, en xullo deste ano. 00:10:44.000 --> 00:10:47.000 Para nós é un gran e estimulante fito. 00:10:48.000 --> 00:10:50.000 Quero deixarvos dúas ideas. 00:10:50.000 --> 00:10:52.000 En primeiro lugar, 00:10:52.000 --> 00:10:55.000 o excepcional da nosa investigación: 00:10:55.000 --> 00:10:57.000 non foi tanto a ciencia, senón a estratexia; 00:10:57.000 --> 00:10:59.000 isto foi para nós un experimento social. 00:10:59.000 --> 00:11:02.000 Queriamos comprobar que pasaría 00:11:02.000 --> 00:11:05.000 se fósemos tan abertos e honestos 00:11:05.000 --> 00:11:07.000 nas primeiras fases da investigación química 00:11:07.000 --> 00:11:09.000 como puidésemos. NOTE Paragraph 00:11:09.000 --> 00:11:11.000 Esta cadea de letras, números, 00:11:11.000 --> 00:11:13.000 símbolos e parénteses 00:11:13.000 --> 00:11:15.000 que se pode mandar nun SMS, 00:11:15.000 --> 00:11:17.000 ou twittear mundialmente, 00:11:17.000 --> 00:11:20.000 é a fórmula química do noso composto. 00:11:20.000 --> 00:11:22.000 É a información que precisamos 00:11:22.000 --> 00:11:24.000 das compañías farmacéuticas, 00:11:24.000 --> 00:11:26.000 a información 00:11:26.000 --> 00:11:29.000 de cómo estes prototipos poderían funcionar. 00:11:29.000 --> 00:11:32.000 Pero esta información é xeralmente secreta. 00:11:32.000 --> 00:11:34.000 Así que nós esperamos 00:11:34.000 --> 00:11:36.000 sacar partido dos abraiantes éxitos 00:11:36.000 --> 00:11:39.000 da industria científica informática, dous principios: 00:11:39.000 --> 00:11:42.000 o código aberto e o "crowdsourcing", 00:11:42.000 --> 00:11:46.000 para acelerar de maneira 00:11:46.000 --> 00:11:49.000 responsable e rápida o acceso dos pacientes 00:11:49.000 --> 00:11:51.000 ás terapias dirixidas. NOTE Paragraph 00:11:51.000 --> 00:11:54.000 Agora o modelo empresarial inclúevos a todos vós. 00:11:54.000 --> 00:11:56.000 Esta investigación finánciaa o público. 00:11:56.000 --> 00:11:58.000 Finánciana fundacións. 00:11:58.000 --> 00:12:00.000 E unha cousa que aprendín en Boston 00:12:00.000 --> 00:12:02.000 é que a xente de aquí faría calquera cousa polo cancro, e é algo que adoro. 00:12:02.000 --> 00:12:05.000 Recorrer o estado en bicicleta, subir e baixar o río... 00:12:05.000 --> 00:12:07.000 (Risos) 00:12:07.000 --> 00:12:09.000 En ningunha outra parte teño visto 00:12:09.000 --> 00:12:11.000 un apoio semellante 00:12:11.000 --> 00:12:13.000 para o estudo do cancro. 00:12:13.000 --> 00:12:15.000 Así que quero dárvos as grazas 00:12:15.000 --> 00:12:18.000 pola vosa participación, colaboración 00:12:18.000 --> 00:12:21.000 e sobre todo pola vosa confianza nas nosas ideas. NOTE Paragraph 00:12:21.000 --> 00:12:26.000 (Aplausos)