1 00:00:00,000 --> 00:00:04,000 Mudeime de Chicago a Boston hai 10 anos, 2 00:00:04,000 --> 00:00:07,000 interesado no cancro e na química. 3 00:00:07,000 --> 00:00:10,000 Pode que xa saibades que a química é a ciencia que fabrica moléculas, 4 00:00:10,000 --> 00:00:14,000 ou no meu caso, novos fármacos para o cancro. 5 00:00:14,000 --> 00:00:17,000 E pode que tamén saibades, que para a ciencia e a medicina, 6 00:00:17,000 --> 00:00:20,000 Boston é coma unha tenda de lambetadas. 7 00:00:20,000 --> 00:00:23,000 Non podes pasar un stop en Cambridge 8 00:00:23,000 --> 00:00:25,000 sen dar cun estudante universitario. 9 00:00:25,000 --> 00:00:27,000 Ó bar chámanlle "o milagre da ciencia". 10 00:00:27,000 --> 00:00:31,000 A maioría dos anuncios falan de "Laboratorios dispoñibles". 11 00:00:31,000 --> 00:00:33,000 E poderiamos dicir que dende hai uns 10 anos 12 00:00:33,000 --> 00:00:36,000 estamos a presenciar a comezo 13 00:00:36,000 --> 00:00:39,000 dunha revolución científica: a medicina xenómica. 14 00:00:39,000 --> 00:00:41,000 Sabemos máis dos pacientes que entran nas nosas clínicas 15 00:00:41,000 --> 00:00:43,000 do que nunca soubemos. 16 00:00:43,000 --> 00:00:45,000 E podemos, por fin, responder á pregunta 17 00:00:45,000 --> 00:00:48,000 que nos ten urxido durante tantos anos: 18 00:00:48,000 --> 00:00:51,000 por que temos cancro? 19 00:00:51,000 --> 00:00:53,000 Esta información é bastante sorprendente. 20 00:00:53,000 --> 00:00:55,000 Pode que xa saibades que, 21 00:00:55,000 --> 00:00:57,000 por agora, nos comezos desta revolución, 22 00:00:57,000 --> 00:01:00,000 sabemos que hai coma unhas 40.000 mutacións 23 00:01:00,000 --> 00:01:03,000 que afectan a máis de 10.000 xenes; 24 00:01:03,000 --> 00:01:05,000 e que 500 deses xenes, 25 00:01:05,000 --> 00:01:07,000 dan lugar a cancros, 26 00:01:07,000 --> 00:01:09,000 de forma contrastada. 27 00:01:09,000 --> 00:01:11,000 Pero en cambio, 28 00:01:11,000 --> 00:01:14,000 temos coma unha ducia de medicamentos dirixidos. 29 00:01:14,000 --> 00:01:17,000 E esta falta de eficiencia no tratamento do cancro 30 00:01:17,000 --> 00:01:19,000 afectoume moito cando lle diagnosticaron 31 00:01:19,000 --> 00:01:22,000 cancro de páncreas ó meu pai. 32 00:01:22,000 --> 00:01:24,000 Non o trouxemos a Boston. 33 00:01:24,000 --> 00:01:26,000 Nin secuenciamos o seu xenoma. 34 00:01:26,000 --> 00:01:28,000 Hai décadas que se sabe 35 00:01:28,000 --> 00:01:30,000 que é o que causa estes tumores. 36 00:01:30,000 --> 00:01:32,000 Son tres proteínas: 37 00:01:32,000 --> 00:01:35,000 Ras, MIC e p53. 38 00:01:35,000 --> 00:01:38,000 Sabemos esta información xa dende os anos 70, 39 00:01:38,000 --> 00:01:40,000 pero aínda non se pode recetar unha menciña 40 00:01:40,000 --> 00:01:42,000 a un paciente con este 41 00:01:42,000 --> 00:01:44,000 ou calquera dos outros tumores 42 00:01:44,000 --> 00:01:46,000 que causan estes tres xinetes 43 00:01:46,000 --> 00:01:49,000 do apocalipsis que chamamos cancro. 44 00:01:49,000 --> 00:01:52,000 Non hai tratamento para a Ras, MIC ou p53. 45 00:01:52,000 --> 00:01:54,000 E con toda razón vos preguntaredes: por que? 46 00:01:54,000 --> 00:01:57,000 A resposta, científica, pero non por iso menos decepcionante 47 00:01:57,000 --> 00:01:59,000 é que é moi difícil. 48 00:01:59,000 --> 00:02:01,000 Por algunha razón 49 00:02:01,000 --> 00:02:04,000 estas tres proteínas están nunha área do campo científico 50 00:02:04,000 --> 00:02:06,000 que chamamos "o xenoma intratable". 51 00:02:06,000 --> 00:02:08,000 Que é como chamar a un ordenador inexplorable, 52 00:02:08,000 --> 00:02:10,000 ou á lúa impaseable. 53 00:02:10,000 --> 00:02:12,000 Vaia, un estarrecedor termo do gremio. 54 00:02:12,000 --> 00:02:14,000 O que significa 55 00:02:14,000 --> 00:02:16,000 é que non damos atopado ningún buraco nestas proteínas 56 00:02:16,000 --> 00:02:19,000 no que poder, coma se fósemos cerralleiros, 57 00:02:19,000 --> 00:02:22,000 introducir algunha pequena molécula ou substancia 58 00:02:22,000 --> 00:02:24,000 orgánica activa. 59 00:02:24,000 --> 00:02:26,000 Namentres estudaba medicina clínica, 60 00:02:26,000 --> 00:02:28,000 hematoloxía e oncoloxía, 61 00:02:28,000 --> 00:02:30,000 e transplantes con células nai, 62 00:02:30,000 --> 00:02:32,000 o que atopábamos en troques 63 00:02:32,000 --> 00:02:35,000 no Regulamento da Axencia de Drogas e Alimentos 64 00:02:35,000 --> 00:02:37,000 eran estas substancias: 65 00:02:37,000 --> 00:02:39,000 arsénico, talidomida 66 00:02:39,000 --> 00:02:41,000 e este derivado químico 67 00:02:41,000 --> 00:02:43,000 do gas mostaza nitroxenado. 68 00:02:43,000 --> 00:02:46,000 E isto é o século XXI. 69 00:02:46,000 --> 00:02:48,000 E así, como vostedes dirían, insatisfeito 70 00:02:48,000 --> 00:02:50,000 co rendemento e calidade destes medicamentos, 71 00:02:50,000 --> 00:02:53,000 volvín a estudar químicas. 72 00:02:53,000 --> 00:02:55,000 Pensaba que 73 00:02:55,000 --> 00:02:58,000 quizais aprendendo o oficio dos descubrimentos químicos 74 00:02:58,000 --> 00:03:01,000 e dende o contexto deste novo e descoñecido mundo 75 00:03:01,000 --> 00:03:03,000 que é o do código aberto, 76 00:03:03,000 --> 00:03:05,000 o código-compartido, 77 00:03:05,000 --> 00:03:08,000 a rede colaborativa á que temos acceso no ámbito académico, 78 00:03:08,000 --> 00:03:10,000 quizais atopariamos terapias 79 00:03:10,000 --> 00:03:12,000 máis potentes e dirixidas ós pacientes 80 00:03:12,000 --> 00:03:14,000 con máis rapidez. 81 00:03:14,000 --> 00:03:17,000 Entendede que aínda é un proxecto en curso, 82 00:03:17,000 --> 00:03:19,000 pero gustaríame contarvos unha historia 83 00:03:19,000 --> 00:03:21,000 sobre un cancro pouco común, 84 00:03:21,000 --> 00:03:23,000 o das estruturas da liña media, 85 00:03:23,000 --> 00:03:25,000 sobre o transporte de proteínas, 86 00:03:25,000 --> 00:03:27,000 o transporte de proteínas intratable que causan este cancro, 87 00:03:27,000 --> 00:03:29,000 chamadas BRD4, 88 00:03:29,000 --> 00:03:31,000 e sobre unha molécla 89 00:03:31,000 --> 00:03:33,000 elaborada no meu laboratorio no Instituto para o Cancro Dana Farber 90 00:03:33,000 --> 00:03:36,000 chamada JQ1, chamada así por Jun Qi, 91 00:03:36,000 --> 00:03:39,000 o químico que a fabricou. 92 00:03:39,000 --> 00:03:42,000 A BRD4 é unha proteína interesante. 93 00:03:42,000 --> 00:03:45,000 Quizais vos preguntedes, con todo o que fai o cancro para tratar de matar ós pacientes, 94 00:03:45,000 --> 00:03:47,000 como se acorda de que é un cancro? 95 00:03:47,000 --> 00:03:49,000 Cando enrola o seu xenoma, 96 00:03:49,000 --> 00:03:51,000 se divide en dúas células e se desenrola de novo, 97 00:03:51,000 --> 00:03:53,000 por que non se convirte nun ollo, ou nun fígado? 98 00:03:53,000 --> 00:03:56,000 Ten os xenes necesarios para facelo. 99 00:03:56,000 --> 00:03:58,000 Pero sempre lembra que é un cancro. 100 00:03:58,000 --> 00:04:01,000 A razón é que o cancro, igual ca outras células do corpo, 101 00:04:01,000 --> 00:04:03,000 coloca unhas pequenas marcas moleculares, 102 00:04:03,000 --> 00:04:05,000 coma un Post-it, 103 00:04:05,000 --> 00:04:08,000 que lle recorda: "Son un cancro, teño que seguir crecendo." 104 00:04:08,000 --> 00:04:10,000 E estas notas inclúen 105 00:04:10,000 --> 00:04:12,000 esa e outras proteínas do mesmo tipo; 106 00:04:12,000 --> 00:04:14,000 os chamados bromodominios. 107 00:04:14,000 --> 00:04:17,000 Nós elaboramos unha idea, unha base lóxica: 108 00:04:17,000 --> 00:04:19,000 quizais se fabricásemos unha molécula 109 00:04:19,000 --> 00:04:21,000 que previse que se pegase esa nota 110 00:04:21,000 --> 00:04:23,000 entrando no buratiño 111 00:04:23,000 --> 00:04:25,000 da base desta proteína xiratoria, 112 00:04:25,000 --> 00:04:27,000 quizais poderiamos convencer as células canceríxenas, 113 00:04:27,000 --> 00:04:30,000 a esas adictas ás proteínas BRD4, 114 00:04:30,000 --> 00:04:32,000 de que non son un cancro. 115 00:04:32,000 --> 00:04:34,000 Así comezamos a traballar neste problema. 116 00:04:34,000 --> 00:04:36,000 Elaboramos unha cantidade importante de compostos 117 00:04:36,000 --> 00:04:39,000 e finalmente chegamos á JQ1 e outras 118 00:04:39,000 --> 00:04:41,000 substancias similares. 119 00:04:41,000 --> 00:04:43,000 Como non somos unha famacéutica, 120 00:04:43,000 --> 00:04:46,000 tiñamos varias opcións, tiñamos flexibilidade, 121 00:04:46,000 --> 00:04:49,000 que entendo que a industria farmacéutica non ten. 122 00:04:49,000 --> 00:04:51,000 Así que enviamos a JQ1 ós nosos amigos. 123 00:04:51,000 --> 00:04:53,000 Eu teño un pequeno laboratorio. 124 00:04:53,000 --> 00:04:55,000 Así que pensamos enviala e ver cómo se comportaba a molécula. 125 00:04:55,000 --> 00:04:57,000 Mandámola a Oxford, en Inglaterra, 126 00:04:57,000 --> 00:05:00,000 onde un grupo de destacados cristalógrafos xeraron esta imaxe, 127 00:05:00,000 --> 00:05:02,000 que nos axudou a comprender 128 00:05:02,000 --> 00:05:05,000 como a molécula era tan útil para transporte de proteínas. 129 00:05:05,000 --> 00:05:07,000 É o que chamamos un axuste perfecto, 130 00:05:07,000 --> 00:05:09,000 unha forma complementaria, un feito a medida. 131 00:05:09,000 --> 00:05:11,000 Este cancro é moi pouco común, 132 00:05:11,000 --> 00:05:13,000 este cancro adicto á BRD4 133 00:05:13,000 --> 00:05:16,000 Traballamos entón con mostras de material 134 00:05:16,000 --> 00:05:19,000 recollido por patólogos novos do Hospital Brigham para mulleres. 135 00:05:19,000 --> 00:05:22,000 E namentres tratabamos estas células coa molécula, 136 00:05:22,000 --> 00:05:24,000 observamos algo moi asombroso. 137 00:05:24,000 --> 00:05:26,000 As células canceríxenas, 138 00:05:26,000 --> 00:05:28,000 pequenas, redondas, que se dividen rápido, 139 00:05:28,000 --> 00:05:30,000 facían uns brazos e prolongacións. 140 00:05:30,000 --> 00:05:32,000 Estaban a cambiar de forma. 141 00:05:32,000 --> 00:05:34,000 De feito, a célula canceríxena 142 00:05:34,000 --> 00:05:36,000 estaba esquecendo que era un cancro 143 00:05:36,000 --> 00:05:39,000 e convertíase nunha célula normal. 144 00:05:39,000 --> 00:05:42,000 Estabamos entusiasmados. 145 00:05:42,000 --> 00:05:45,000 O seguinte paso era inocular a molécula en ratos. 146 00:05:45,000 --> 00:05:48,000 Pero non hai modelos deste tipo de cancro para ratos. 147 00:05:48,000 --> 00:05:51,000 Mentras levabamos a cabo esta investigación, 148 00:05:51,000 --> 00:05:54,000 eu estaba tratando a un bombeiro de 29 anos 149 00:05:54,000 --> 00:05:57,000 que estaba case no final da súa vida 150 00:05:57,000 --> 00:05:59,000 a causa deste tipo de cancro. 151 00:05:59,000 --> 00:06:01,000 Este cancro adicto á BRD4 152 00:06:01,000 --> 00:06:03,000 estaba crecendo no seu pulmón esquerdo. 153 00:06:03,000 --> 00:06:05,000 Tiña un tubo torácico que drenaba pequenos restos do cancro 154 00:06:05,000 --> 00:06:07,000 que se tiraban 155 00:06:07,000 --> 00:06:09,000 en cada quenda das enfermeiras. 156 00:06:09,000 --> 00:06:11,000 Así que nos achegamos a este paciente 157 00:06:11,000 --> 00:06:13,000 e lle pedimos que colaborase con nós. 158 00:06:13,000 --> 00:06:17,000 Queriamos coller ese material canceríxeno raro e valioso 159 00:06:17,000 --> 00:06:19,000 do tubo torácico, 160 00:06:19,000 --> 00:06:21,000 levalo ó laboratorio e inxectárlleo ós ratos 161 00:06:21,000 --> 00:06:23,000 para tratar de facer un ensaio clínico 162 00:06:23,000 --> 00:06:25,000 e probar o prototipo de tratamento. 163 00:06:25,000 --> 00:06:28,000 Sería imposible e, a dicir verdade, ilegal facelo en persoas. 164 00:06:28,000 --> 00:06:31,000 Axudounos. 165 00:06:31,000 --> 00:06:33,000 E no Centro de Imaxe da Familia Lurie, 166 00:06:33,000 --> 00:06:36,000 o meu compañeiro Andrew Kung fixo crecer con éxito 167 00:06:36,000 --> 00:06:38,000 este cancro nos ratos. 168 00:06:38,000 --> 00:06:41,000 Podedes ver nesta tomografía de positróns dun rato 169 00:06:41,000 --> 00:06:43,000 como crece o cancro, 170 00:06:43,000 --> 00:06:46,000 esa masa grande e vermella nas patas traseiras do animal. 171 00:06:46,000 --> 00:06:48,000 Cando o tratamos co noso composto, 172 00:06:48,000 --> 00:06:50,000 a adicción, 173 00:06:50,000 --> 00:06:52,000 o crecemento, parou. 174 00:06:52,000 --> 00:06:54,000 No animal da dereita 175 00:06:54,000 --> 00:06:57,000 vese como respondeu o cancro. 176 00:06:57,000 --> 00:06:59,000 Xa completamos ensaios clínicos 177 00:06:59,000 --> 00:07:01,000 en ratos con catro modelos da enfermidade 178 00:07:01,000 --> 00:07:03,000 e sempre obtemos o mesmo resultado: 179 00:07:03,000 --> 00:07:05,000 os ratos ós que inxectamos o fármaco sobreviven; 180 00:07:05,000 --> 00:07:08,000 os outros morren con rapidez. 181 00:07:10,000 --> 00:07:12,000 Comezamos entón a preguntarnos 182 00:07:12,000 --> 00:07:14,000 que faría unha farmacéutica no noso caso. 183 00:07:14,000 --> 00:07:16,000 Seguramente o manterían en segredo 184 00:07:16,000 --> 00:07:18,000 ata obter un principio activo 185 00:07:18,000 --> 00:07:20,000 a partir do prototipo. 186 00:07:20,000 --> 00:07:22,000 Pero nós fixemos o contrario. 187 00:07:22,000 --> 00:07:24,000 Publicamos un artigo 188 00:07:24,000 --> 00:07:26,000 que describía os achados 189 00:07:26,000 --> 00:07:28,000 na fase do prototipo. 190 00:07:28,000 --> 00:07:31,000 Demos ó mundo a fórmula química da molécula, 191 00:07:31,000 --> 00:07:33,000 o que sería xeralmente un segredo na nosa especialidade. 192 00:07:33,000 --> 00:07:35,000 Explicamos con exactitude cómo fabricala, 193 00:07:35,000 --> 00:07:37,000 e proporcionamos a nosa dirección 194 00:07:37,000 --> 00:07:39,000 ofrecéndonos a enviar unha molécula 195 00:07:39,000 --> 00:07:41,000 de forma gratuita se nola pedían. 196 00:07:41,000 --> 00:07:43,000 Basicamente tratamos de crear 197 00:07:43,000 --> 00:07:45,000 un entorno cooperativo para o noso laboratorio o máis competivo posible. 198 00:07:45,000 --> 00:07:47,000 E tivo éxito, por desgracia. 199 00:07:47,000 --> 00:07:49,000 (Risos) 200 00:07:49,000 --> 00:07:51,000 Porque agora que xa compartimos a molécula, 201 00:07:51,000 --> 00:07:53,000 en decembro do ano pasado, 202 00:07:53,000 --> 00:07:55,000 con 40 laboratorios nos EEUU 203 00:07:55,000 --> 00:07:57,000 e outros 30 en Europa, 204 00:07:57,000 --> 00:07:59,000 moitos deles de empresas farmacéuticas 205 00:07:59,000 --> 00:08:01,000 procuran agora entrar neste espazo, 206 00:08:01,000 --> 00:08:03,000 en investigar sobre este cancro; 207 00:08:03,000 --> 00:08:05,000 agora, por fortuna, 208 00:08:05,000 --> 00:08:07,000 resulta interesante tratar o tema na industria. 209 00:08:09,000 --> 00:08:12,000 Pero a ciencia que retorna de todos eses laboratorios 210 00:08:12,000 --> 00:08:14,000 sobre o uso da molécula 211 00:08:14,000 --> 00:08:16,000 proporcionounos ideas 212 00:08:16,000 --> 00:08:18,000 que por nós mesmos nos obteriamos. 213 00:08:18,000 --> 00:08:20,000 As células con leucemia que se tratan con ela 214 00:08:20,000 --> 00:08:23,000 vólvense glóbulos brancos normais. 215 00:08:23,000 --> 00:08:25,000 Os ratos con mielomas múltiples, 216 00:08:25,000 --> 00:08:28,000 unha enfermidade incurable da médula ósea, 217 00:08:28,000 --> 00:08:30,000 responden de forma espectacular 218 00:08:30,000 --> 00:08:32,000 ó tratamento con este fármaco. 219 00:08:32,000 --> 00:08:34,000 Pode que saibades que a graxa ten memoria. 220 00:08:34,000 --> 00:08:38,000 É interesante poder demostralo. 221 00:08:38,000 --> 00:08:40,000 E de feito, esta molécula 222 00:08:40,000 --> 00:08:43,000 evita que eses adipocitos, esas células nai graxas, 223 00:08:43,000 --> 00:08:46,000 recorden como facer graxa. 224 00:08:46,000 --> 00:08:48,000 Así, ratos cunha dieta con moita graxa, 225 00:08:48,000 --> 00:08:51,000 coma a da xente do meu pobo natal, 226 00:08:51,000 --> 00:08:53,000 non acaban cun fígado graxo, 227 00:08:53,000 --> 00:08:56,000 un problema médico bastante grave. 228 00:08:56,000 --> 00:08:58,000 O que este estudo nos ensinou; 229 00:08:58,000 --> 00:09:00,000 non só ó meu laboratorio, senón tamén 230 00:09:00,000 --> 00:09:02,000 ó noso instituto e á Facultade de Medicina de Harvard; 231 00:09:02,000 --> 00:09:04,000 é que no ámbito académico temos recursos excepcionais 232 00:09:04,000 --> 00:09:06,000 para descubrir fármacos, 233 00:09:06,000 --> 00:09:08,000 que o noso centro 234 00:09:08,000 --> 00:09:10,000 que ten feito máis probas ca ningún outro con moléculas 235 00:09:10,000 --> 00:09:12,000 relacionadas con cancro, 236 00:09:12,000 --> 00:09:14,000 nunca fixo ningunha en solitario. 237 00:09:14,000 --> 00:09:16,000 Por todo o que temos dito ata agora, 238 00:09:16,000 --> 00:09:19,000 pensamos que é unha boa oportunidade para que os centros académicos 239 00:09:19,000 --> 00:09:22,000 participen nesta disciplina, nova, creativa 240 00:09:22,000 --> 00:09:25,000 e conceptualmente complicada, 241 00:09:25,000 --> 00:09:27,000 que é a descuberta de prototipos farmacéuticos. 242 00:09:29,000 --> 00:09:31,000 E agora que? 243 00:09:31,000 --> 00:09:33,000 Temos unha molécula, pero non pílulas. 244 00:09:33,000 --> 00:09:36,000 Non hai unha forma de toma oral. 245 00:09:36,000 --> 00:09:39,000 Temos que conseguir que chegue ós pacientes. 246 00:09:39,000 --> 00:09:41,000 Todos no laboratorio, 247 00:09:41,000 --> 00:09:43,000 especialmente os que máis interaccionan cos pacientes, 248 00:09:43,000 --> 00:09:45,000 séntense bastente obrigados 249 00:09:45,000 --> 00:09:47,000 a produciren un fármaco a partir desta molécula. 250 00:09:47,000 --> 00:09:49,000 Agora é cando 251 00:09:49,000 --> 00:09:51,000 pido a vosa colaboración, 252 00:09:51,000 --> 00:09:53,000 axuda e ideas. 253 00:09:53,000 --> 00:09:55,000 A diferenza dunha empresa farmacéutica, 254 00:09:55,000 --> 00:09:58,000 non temos unha liña de distribución onde colocar as moléculas. 255 00:09:58,000 --> 00:10:01,000 Non temos un equipo de vendedores e comerciantes 256 00:10:01,000 --> 00:10:04,000 que nos digan como colocar o fármaco fronte ó resto. 257 00:10:04,000 --> 00:10:06,000 O que si temos é a flexibilidade de ser un centro académico, 258 00:10:06,000 --> 00:10:09,000 onde traballa xente competente, motivada e 259 00:10:09,000 --> 00:10:12,000 entusiasta, e esperamos que con fondos, 260 00:10:12,000 --> 00:10:14,000 para levarmos estas moléculas cara o paso clínico 261 00:10:14,000 --> 00:10:16,000 á vez que preservan a nosa capacidade 262 00:10:16,000 --> 00:10:19,000 para compartir o prototipo co resto do mundo. 263 00:10:19,000 --> 00:10:21,000 A molécula pronto deixará o noso laboratorio 264 00:10:21,000 --> 00:10:23,000 para trasladarse a unha nova pequena compañía 265 00:10:23,000 --> 00:10:25,000 chamada Tensha Therapeutics. 266 00:10:25,000 --> 00:10:28,000 En realidade é a cuarta destas moléculas 267 00:10:28,000 --> 00:10:31,000 que se "gradúa" no noso laboratorio de descubrimentos. 268 00:10:31,000 --> 00:10:34,000 Dúas delas, un fármaco tópico 269 00:10:34,000 --> 00:10:37,000 para o linfoma de pel, 270 00:10:37,000 --> 00:10:40,000 unha substancia oral para tratar o mieloma múltiple, 271 00:10:40,000 --> 00:10:42,000 están a piques de comezar 272 00:10:42,000 --> 00:10:44,000 o seu primeiro ensaio clínico, en xullo deste ano. 273 00:10:44,000 --> 00:10:47,000 Para nós é un gran e estimulante fito. 274 00:10:48,000 --> 00:10:50,000 Quero deixarvos dúas ideas. 275 00:10:50,000 --> 00:10:52,000 En primeiro lugar, 276 00:10:52,000 --> 00:10:55,000 o excepcional da nosa investigación: 277 00:10:55,000 --> 00:10:57,000 non foi tanto a ciencia, senón a estratexia; 278 00:10:57,000 --> 00:10:59,000 isto foi para nós un experimento social. 279 00:10:59,000 --> 00:11:02,000 Queriamos comprobar que pasaría 280 00:11:02,000 --> 00:11:05,000 se fósemos tan abertos e honestos 281 00:11:05,000 --> 00:11:07,000 nas primeiras fases da investigación química 282 00:11:07,000 --> 00:11:09,000 como puidésemos. 283 00:11:09,000 --> 00:11:11,000 Esta cadea de letras, números, 284 00:11:11,000 --> 00:11:13,000 símbolos e parénteses 285 00:11:13,000 --> 00:11:15,000 que se pode mandar nun SMS, 286 00:11:15,000 --> 00:11:17,000 ou twittear mundialmente, 287 00:11:17,000 --> 00:11:20,000 é a fórmula química do noso composto. 288 00:11:20,000 --> 00:11:22,000 É a información que precisamos 289 00:11:22,000 --> 00:11:24,000 das compañías farmacéuticas, 290 00:11:24,000 --> 00:11:26,000 a información 291 00:11:26,000 --> 00:11:29,000 de cómo estes prototipos poderían funcionar. 292 00:11:29,000 --> 00:11:32,000 Pero esta información é xeralmente secreta. 293 00:11:32,000 --> 00:11:34,000 Así que nós esperamos 294 00:11:34,000 --> 00:11:36,000 sacar partido dos abraiantes éxitos 295 00:11:36,000 --> 00:11:39,000 da industria científica informática, dous principios: 296 00:11:39,000 --> 00:11:42,000 o código aberto e o "crowdsourcing", 297 00:11:42,000 --> 00:11:46,000 para acelerar de maneira 298 00:11:46,000 --> 00:11:49,000 responsable e rápida o acceso dos pacientes 299 00:11:49,000 --> 00:11:51,000 ás terapias dirixidas. 300 00:11:51,000 --> 00:11:54,000 Agora o modelo empresarial inclúevos a todos vós. 301 00:11:54,000 --> 00:11:56,000 Esta investigación finánciaa o público. 302 00:11:56,000 --> 00:11:58,000 Finánciana fundacións. 303 00:11:58,000 --> 00:12:00,000 E unha cousa que aprendín en Boston 304 00:12:00,000 --> 00:12:02,000 é que a xente de aquí faría calquera cousa polo cancro, e é algo que adoro. 305 00:12:02,000 --> 00:12:05,000 Recorrer o estado en bicicleta, subir e baixar o río... 306 00:12:05,000 --> 00:12:07,000 (Risos) 307 00:12:07,000 --> 00:12:09,000 En ningunha outra parte teño visto 308 00:12:09,000 --> 00:12:11,000 un apoio semellante 309 00:12:11,000 --> 00:12:13,000 para o estudo do cancro. 310 00:12:13,000 --> 00:12:15,000 Así que quero dárvos as grazas 311 00:12:15,000 --> 00:12:18,000 pola vosa participación, colaboración 312 00:12:18,000 --> 00:12:21,000 e sobre todo pola vosa confianza nas nosas ideas. 313 00:12:21,000 --> 00:12:26,000 (Aplausos)