1 00:00:06,028 --> 00:00:09,574 [Como atopar vídeos para traballar] 2 00:00:09,599 --> 00:00:12,598 Normalmente, hai dúas formas de atopar material para traballar. 3 00:00:12,623 --> 00:00:18,321 Pode comezar cun vídeo específico ou pode revisar as tarefas dispoñibles. 4 00:00:19,004 --> 00:00:22,052 Como comezar cun vídeo específico? 5 00:00:22,870 --> 00:00:26,458 Busque unha charla TED, unha charla TEDx ou un vídeo TED-Ed 6 00:00:26,483 --> 00:00:27,997 que lle interese. 7 00:00:28,116 --> 00:00:29,908 Comece por ver o vídeo 8 00:00:29,933 --> 00:00:32,842 para asegurarse de que non é longo ou curto de máis, 9 00:00:32,867 --> 00:00:36,415 especializado de máis (ou de menos) para vostede! 10 00:00:37,177 --> 00:00:38,564 Cando faga a súa escolla 11 00:00:38,589 --> 00:00:40,806 copie o título ou o nome de quen fala, 12 00:00:40,831 --> 00:00:42,504 vaia a amara.org, 13 00:00:42,529 --> 00:00:45,426 e faga este percorrido pola interface. 14 00:00:47,141 --> 00:00:51,224 Primeiro, asegúrese de que se rexistra usando o se perfil TED. 15 00:00:53,446 --> 00:00:56,660 Despois, pase o rato por riba do seu nome de usuario/ria 16 00:00:57,534 --> 00:01:00,787 e elixa "TED" entre a lista de equipos da parte inferior. 17 00:01:05,428 --> 00:01:09,023 Na páxina do equipo, prema na lapela "Tarefas". 18 00:01:14,275 --> 00:01:17,362 Aí atopará varios filtros útiles 19 00:01:17,387 --> 00:01:20,386 que lle axudarán a atopar o camiño ao seu vídeo. 20 00:01:22,902 --> 00:01:26,497 Os vídeos divídense nuns poucos proxectos: 21 00:01:28,204 --> 00:01:35,165 TEDTalks, TEDxTalks, TED-Ed, OTP Resources e Best of TEDxTalks. 22 00:01:35,776 --> 00:01:38,426 A configuración predeterminada leva a "TEDTalks", 23 00:01:38,451 --> 00:01:41,862 pero se o vídeo que busca non forma parte delas, 24 00:01:41,887 --> 00:01:44,681 seleccione outro dos proxectos da lista 25 00:01:44,706 --> 00:01:48,432 ou prema en "calquera proxecto" para buscar en todos. 26 00:01:50,242 --> 00:01:52,555 Cando a lista de tarefas se actualice, 27 00:01:52,774 --> 00:01:57,568 pegue o nome de quen falaba ou o título da charla na caixa de busca 28 00:01:57,767 --> 00:01:59,227 e calque en Enter. 29 00:02:02,370 --> 00:02:06,219 Verá as tarefas accesibles para as súas linguas. 30 00:02:07,728 --> 00:02:10,529 Agora só ten que ir ao vídeo 31 00:02:11,863 --> 00:02:14,870 e premer en "Start now." 32 00:02:16,022 --> 00:02:17,870 Deixe que lle dea un consello! 33 00:02:18,426 --> 00:02:20,337 Cando busque charlas TED, 34 00:02:20,362 --> 00:02:24,060 use só o nome de quen fala ou só o título, 35 00:02:24,466 --> 00:02:28,473 ou quite os dous puntos do título, así. 36 00:02:29,362 --> 00:02:32,325 Se busca polo título completo, cos dous puntos, 37 00:02:32,350 --> 00:02:36,539 pode ocorrer que o sistema se equivoque e non lle devolva ningún resultado. 38 00:02:37,667 --> 00:02:42,497 Se nin así atopa ningunha tarefa para o vídeo que buscou, 39 00:02:42,611 --> 00:02:46,496 normalmente iso significa que outro voluntario/ria está a traballar nel. 40 00:02:46,695 --> 00:02:49,543 Non se renda, e busque outra fantástica charla! 41 00:02:51,758 --> 00:02:55,551 Falemos agora da outra forma de buscar material para traballar, 42 00:02:55,798 --> 00:02:58,266 revisando as tarefas dispoñibles. 43 00:02:59,640 --> 00:03:02,520 Se non está pensando en ningún vídeo en particular, 44 00:03:02,624 --> 00:03:05,465 pode revisar as tarefas dispoñibles nos nosos proxectos. 45 00:03:06,584 --> 00:03:08,774 Imos divertirnos un pouco cos filtros. 46 00:03:08,957 --> 00:03:11,813 Primeiro, dependendo do que queira facer, 47 00:03:12,052 --> 00:03:14,758 seleccione o tipo de tarefa que quere buscar. 48 00:03:14,988 --> 00:03:17,623 Por exemplo, a tarefa "Traducir". 49 00:03:21,418 --> 00:03:23,552 Agora elixa o proxecto. 50 00:03:23,957 --> 00:03:25,948 O predeterminado é "TEDTalks", 51 00:03:25,973 --> 00:03:28,465 pero hai outras cousas chulas para facer. 52 00:03:29,164 --> 00:03:33,116 Amais das TEDxTalks e dos vídeos TED-Ed, 53 00:03:33,291 --> 00:03:37,156 pode traballar nos subtítulos de titoriais coma este, 54 00:03:37,275 --> 00:03:38,997 en "OTP Resources", 55 00:03:39,484 --> 00:03:42,944 ou pode revisar a coidada selección de vídeos destacados 56 00:03:42,969 --> 00:03:46,348 de entre a crecente colección xeral de TEDxTalks, 57 00:03:46,373 --> 00:03:48,777 que se recollen en "Best of TEDxTalks". 58 00:03:51,953 --> 00:03:56,254 Seleccione un proxecto e verá unha lista dos vídeos que precisan axuda. 59 00:03:56,699 --> 00:03:59,245 Se non pode atopar tarefas para facer, 60 00:03:59,270 --> 00:04:02,127 só ten que seleccionar outro proxecto da lista. 61 00:04:04,881 --> 00:04:07,984 E agora, felices transcricións e traducións!