[Como atopar vídeos para traballar]
Normalmente, hai dúas formas
de atopar material para traballar.
Pode comezar cun vídeo específico
ou pode revisar as tarefas dispoñibles.
Como comezar cun vídeo específico?
Busque unha charla TED, unha charla TEDx
ou un vídeo TED-Ed
que lle interese.
Comece por ver o vídeo
para asegurarse de que non é
longo ou curto de máis,
especializado de máis
(ou de menos) para vostede!
Cando faga a súa escolla
copie o título ou o nome de quen fala,
vaia a amara.org,
e faga este percorrido pola interface.
Primeiro, asegúrese de que se rexistra
usando o se perfil TED.
Despois, pase o rato por riba
do seu nome de usuario/ria
e elixa "TED" entre a lista de equipos
da parte inferior.
Na páxina do equipo,
prema na lapela "Tarefas".
Aí atopará varios filtros útiles
que lle axudarán a atopar
o camiño ao seu vídeo.
Os vídeos divídense nuns poucos proxectos:
TEDTalks, TEDxTalks, TED-Ed,
OTP Resources e Best of TEDxTalks.
A configuración predeterminada
leva a "TEDTalks",
pero se o vídeo que busca
non forma parte delas,
seleccione outro dos proxectos da lista
ou prema en "calquera proxecto"
para buscar en todos.
Cando a lista de tarefas se actualice,
pegue o nome de quen falaba
ou o título da charla na caixa de busca
e calque en Enter.
Verá as tarefas accesibles
para as súas linguas.
Agora só ten que ir ao vídeo
e premer en "Start now."
Deixe que lle dea un consello!
Cando busque charlas TED,
use só o nome de quen fala
ou só o título,
ou quite os dous puntos do título, así.
Se busca polo título completo,
cos dous puntos,
pode ocorrer que o sistema se equivoque
e non lle devolva ningún resultado.
Se nin así atopa ningunha tarefa
para o vídeo que buscou,
normalmente iso significa que
outro voluntario/ria está a traballar nel.
Non se renda,
e busque outra fantástica charla!
Falemos agora da outra forma
de buscar material para traballar,
revisando as tarefas dispoñibles.
Se non está pensando
en ningún vídeo en particular,
pode revisar as tarefas dispoñibles
nos nosos proxectos.
Imos divertirnos un pouco cos filtros.
Primeiro, dependendo do que queira facer,
seleccione o tipo de tarefa
que quere buscar.
Por exemplo, a tarefa "Traducir".
Agora elixa o proxecto.
O predeterminado é "TEDTalks",
pero hai outras cousas chulas para facer.
Amais das TEDxTalks e dos vídeos TED-Ed,
pode traballar nos subtítulos
de titoriais coma este,
en "OTP Resources",
ou pode revisar a coidada selección
de vídeos destacados
de entre a crecente colección xeral
de TEDxTalks,
que se recollen en "Best of TEDxTalks".
Seleccione un proxecto e verá
unha lista dos vídeos que precisan axuda.
Se non pode atopar tarefas para facer,
só ten que seleccionar
outro proxecto da lista.
E agora,
felices transcricións e traducións!