WEBVTT 00:00:00.708 --> 00:00:01.908 Que tal, xente? 00:00:02.042 --> 00:00:04.893 Non podo crer que estea nunha TED Talk. 00:00:04.917 --> 00:00:06.648 Isto é de nivel, 00:00:06.792 --> 00:00:09.649 porque agora mesmo toda a miña vila está a ver isto. 00:00:10.083 --> 00:00:12.766 Así que, loxicamente, o meu prezo de noiva acaba de subir NOTE Paragraph 00:00:13.000 --> 00:00:14.636 Chámome Adeola Fayehun. 00:00:14.750 --> 00:00:15.888 Son de Nixeria. 00:00:16.042 --> 00:00:17.309 Vivo nos Estados Unidos, 00:00:17.453 --> 00:00:19.489 son xornalista, ou cómica, 00:00:19.833 --> 00:00:21.084 ou artista satírica, 00:00:21.208 --> 00:00:22.874 o que queiras que sexa, de feito. 00:00:22.958 --> 00:00:25.333 Son calquera muller, lévoas todas dentro. 00:00:25.417 --> 00:00:29.286 Presento un programa en YouTube chamado Keeping it real with Adeola. 00:00:29.500 --> 00:00:32.098 É un programa amable e respectuoso 00:00:32.273 --> 00:00:36.951 e un xeito contundente de sinalar os líderes africanos corruptos. NOTE Paragraph 00:00:37.125 --> 00:00:40.243 Presidente Buhari: Descoñezo a que partido pertence a miña muller, 00:00:40.433 --> 00:00:42.184 mais sei que pertence á miña cociña. NOTE Paragraph 00:00:42.258 --> 00:00:43.643 Adeola: Ai, por Deus! 00:00:43.667 --> 00:00:45.268 Necesito auga... por favor 00:00:45.292 --> 00:00:46.583 Dixen que necesito auga! NOTE Paragraph 00:00:48.833 --> 00:00:49.697 Ves? 00:00:49.745 --> 00:00:51.428 Son moi honesta con eles, ha! 00:00:51.542 --> 00:00:54.436 Sobre todo cando a lían, algo que pasa moitas veces. 00:00:54.750 --> 00:00:57.523 Se algún alto cargo africano está a verme, por certo, 00:00:57.667 --> 00:00:59.556 non estou a falar de vostede, señor. 00:00:59.750 --> 00:01:02.025 Estou a falar dos seus colegas, si. NOTE Paragraph 00:01:02.750 --> 00:01:06.946 Fago isto porque África ten todo o que cómpre para ser grande. 00:01:07.250 --> 00:01:08.684 Medrei coa crenza 00:01:08.708 --> 00:01:11.489 de que África, como continente, é un xigante. 00:01:11.833 --> 00:01:14.221 Temos máis habilidades, intelectuais, 00:01:14.375 --> 00:01:17.819 e recursos naturais ca ningún outro continente. 00:01:18.083 --> 00:01:21.678 África abastece mundialmente o 31% do ouro, 00:01:21.917 --> 00:01:23.689 manganesio e uranio, 00:01:23.833 --> 00:01:26.746 57% dos diamantes do mundo 00:01:27.000 --> 00:01:29.034 e 13% do petróleo mundial. 00:01:29.208 --> 00:01:32.024 Non hai razón para que dependamos das axudas 00:01:32.208 --> 00:01:35.579 ou empréstitos de China ou do Banco Mundial. 00:01:35.833 --> 00:01:37.268 Mais, sen bos líderes, 00:01:37.292 --> 00:01:41.348 somos como unha aguia que non sabe que pode voar, 00:01:41.542 --> 00:01:43.251 e moito menos elevarse. NOTE Paragraph 00:01:43.375 --> 00:01:45.599 África é coma unha xigante dormente. 00:01:45.833 --> 00:01:49.084 O certo é que estou tentando espertar a esa xigante, 00:01:49.208 --> 00:01:51.309 por iso aireo os trapos sucios 00:01:51.333 --> 00:01:53.343 dos que están a cargo desta xigante. 00:01:53.417 --> 00:01:56.143 Os nosos políticos, os líderes relixiosos, 00:01:56.167 --> 00:01:57.893 con moito respecto, por suposto, 00:01:57.917 --> 00:02:00.471 porque, máis ca ningunha outra cousa, 00:02:00.625 --> 00:02:03.990 os líderes africanos adoran que os respecten. 00:02:04.212 --> 00:02:06.158 E eu fágolles o favor en pequenas doses. 00:02:06.292 --> 00:02:07.419 No meu programa 00:02:07.583 --> 00:02:09.171 fágolles unha reverencia... ha! 00:02:09.375 --> 00:02:11.903 Chámolles meus tíos, miñas tías, 00:02:12.167 --> 00:02:13.656 meus pais no nome de Deus, 00:02:13.810 --> 00:02:14.708 e logo... 00:02:15.292 --> 00:02:18.374 insúltoos por insultar a nosa intelixencia. 00:02:18.708 --> 00:02:20.628 Porque estamos cansos 00:02:20.792 --> 00:02:23.844 da hipocrisía e as falsas promesas. NOTE Paragraph 00:02:24.208 --> 00:02:25.381 Por exemplo, 00:02:25.625 --> 00:02:29.023 o presidente nixeriano xurou acabar co turismo médico 00:02:29.417 --> 00:02:31.891 mediante a mellora dos nosos ruinosos hospitais 00:02:32.125 --> 00:02:34.118 e a construción de novos centros. 00:02:34.292 --> 00:02:35.506 Pero que fixo? 00:02:35.750 --> 00:02:40.534 Pasou tres meses recibindo tratamento en Londres no 2017. 00:02:40.708 --> 00:02:43.694 Estivemos sen presidente durante tres meses. 00:02:44.208 --> 00:02:46.226 Fomos orfos durante tres meses. 00:02:46.250 --> 00:02:48.914 Criticar ó Presidente converteuse no meu traballo, 00:02:48.958 --> 00:02:50.226 con respecto, obviamente. 00:02:50.250 --> 00:02:53.389 Dixen: "Sr. Presidente, son a súa fan, Adeola. 00:02:53.583 --> 00:02:55.379 Xa sabe como estou, que tal vostede? 00:02:55.583 --> 00:02:57.434 Non ten vergoña". 00:02:57.458 --> 00:02:58.768 Esquecín dicir "señor". 00:02:58.792 --> 00:03:00.773 "Señor, non ten vergoña. 00:03:00.917 --> 00:03:02.678 (En Yoruba) Vostede non teme a Deus. 00:03:02.678 --> 00:03:03.976 Vostede non teme a Deus". NOTE Paragraph 00:03:04.040 --> 00:03:08.813 35.000 médicos nixerianos están a traballar nos Estados Unidos, 00:03:08.917 --> 00:03:10.291 no Reino Unido e Canadá 00:03:10.375 --> 00:03:11.898 facendo cousas incribles 00:03:12.042 --> 00:03:15.014 porque en Nixeria non teñen un bo soldo 00:03:15.208 --> 00:03:17.351 nin teñen o equipamento necesario 00:03:17.375 --> 00:03:19.593 para poder facer o seu traballo. 00:03:19.667 --> 00:03:23.248 E isto pasa en moitos países africanos. NOTE Paragraph 00:03:23.542 --> 00:03:26.284 Temos a capacidade de voar. 00:03:26.458 --> 00:03:30.681 Mais moito talento africano está a voar lonxe de África 00:03:30.875 --> 00:03:32.453 cara a outros continentes. 00:03:32.667 --> 00:03:33.744 Por exemplo, 00:03:33.958 --> 00:03:37.118 este médico nixeriano operou nun bebé que aínda non nacera 00:03:37.292 --> 00:03:38.329 en Texas. 00:03:38.583 --> 00:03:40.226 Este médico nixeriano 00:03:40.250 --> 00:03:44.609 descubriu os efectos neurolóxicos das conmocións cerebrais en atletas. 00:03:44.833 --> 00:03:49.006 E moitos países teñen atletas africanos a gañar medallas de ouro... 00:03:49.103 --> 00:03:50.343 para eles. NOTE Paragraph 00:03:50.625 --> 00:03:52.059 O interesante é que 00:03:52.083 --> 00:03:54.559 estamos a esperar que Deus arranxe África. 00:03:54.583 --> 00:03:57.483 En serio, non é broma. Estamos a esperar por Deus. 00:03:57.560 --> 00:03:59.768 Non hai máis que ver ó presidente de Burundi 00:03:59.792 --> 00:04:02.004 que encarcela a xornalistas e a opositores, 00:04:02.208 --> 00:04:05.101 pero que proclamou un Día Nacional de Pregaria 00:04:05.125 --> 00:04:08.254 para que a xente puidese pedirlle a Deus que arranxase o país. 00:04:08.458 --> 00:04:11.096 E eu pensei, non debería ser el quen arranxase o país? 00:04:11.125 --> 00:04:12.604 Oh, no, no, no, no, no, no. 00:04:12.708 --> 00:04:14.608 Queremos que o arranxe Deus. 00:04:14.792 --> 00:04:17.241 Ves o que teño que aturar? 00:04:17.375 --> 00:04:18.483 Xa cho digo eu, 00:04:18.667 --> 00:04:21.609 o día menos pensado van levar o seu merecido. 00:04:21.833 --> 00:04:24.143 Podemos ser mellores. 00:04:24.417 --> 00:04:27.999 Quero que os nosos líderes comecen a responsabilizarse 00:04:28.333 --> 00:04:31.429 e deixen de cargarlle o morto a Deus. 00:04:31.833 --> 00:04:34.059 Deus deunos todo o que necesitamos. 00:04:34.083 --> 00:04:36.426 Está aquí mesmo, usémolo. NOTE Paragraph 00:04:36.667 --> 00:04:39.560 A miña parte favorita do meu traballo 00:04:39.792 --> 00:04:42.726 é destacar a xente de África que realiza traballos incribles, 00:04:42.833 --> 00:04:44.959 xente normal que marca outras vidas. 00:04:45.083 --> 00:04:47.726 Como esta muller kenyana, Wangari Maathai, 00:04:47.750 --> 00:04:51.359 a primeira muller africana en recibir o premio Nobel da Paz 00:04:51.583 --> 00:04:53.351 pola súa defensa dos dereitos humanos 00:04:53.375 --> 00:04:55.398 e por plantar un millón de árbores. 00:04:55.542 --> 00:04:57.684 Ou esta muller de Zimbabwe, 00:04:57.708 --> 00:04:59.101 Dra. Tererai Trent, 00:04:59.125 --> 00:05:02.160 forzada a casar con 14 anos 00:05:02.500 --> 00:05:04.076 a cambio dunha vaca. 00:05:04.250 --> 00:05:07.188 Aínda así, aprendeu por si soa a ler e escribir, 00:05:07.292 --> 00:05:09.232 e acabou no programa de Oprah. 00:05:09.333 --> 00:05:12.601 Oh, Señor, eu tamén quero acabar onda Oprah. 00:05:12.875 --> 00:05:14.893 Esta muller construíu escolas 00:05:14.917 --> 00:05:17.493 para milleiros de cativos en Zimbabwe. NOTE Paragraph 00:05:17.667 --> 00:05:21.391 O famoso arquitecto británico David Adjaye deseñou 00:05:21.625 --> 00:05:24.153 edificios incribles por todo o mundo. 00:05:24.417 --> 00:05:27.034 É de Ghana e de Tanzania, 00:05:27.208 --> 00:05:31.268 así que seguro que foi o arroz jollof de Ghana, 00:05:31.292 --> 00:05:32.559 que el comera, 00:05:32.583 --> 00:05:34.601 o que o inspirou a crear. 00:05:34.625 --> 00:05:37.893 Se cadra foi o arroz de Nixeria, que é mellor. 00:05:38.094 --> 00:05:40.863 Sexa como for, esa foi a súa inspiración para ser 00:05:40.888 --> 00:05:42.911 a excelente persoa que é hoxe. NOTE Paragraph 00:05:43.125 --> 00:05:44.684 E aproveitando a túa atención, 00:05:44.708 --> 00:05:46.143 teño algo máis que engadir, 00:05:46.167 --> 00:05:47.434 así que achégate. 00:05:47.458 --> 00:05:49.509 Vale, perfecto, non te pases, aí está ben. 00:05:49.724 --> 00:05:51.518 Non me gusta a forma que tedes 00:05:51.542 --> 00:05:52.860 de retratar África. 00:05:53.375 --> 00:05:54.746 Non todos vós, só algúns. 00:05:54.860 --> 00:05:55.908 Ti en concreto. NOTE Paragraph 00:05:56.082 --> 00:05:58.891 Para comezar, non é un país,´ é un continente. 00:05:59.125 --> 00:06:01.234 Non coñezo a Paul de Uganda, 00:06:01.458 --> 00:06:03.459 nin a Rebecca de Zimbabwe. 00:06:03.583 --> 00:06:05.643 Nixeria está tan lonxe de Zimbabwe 00:06:05.667 --> 00:06:07.838 como Nova York de Francia. 00:06:08.042 --> 00:06:11.244 E non hai un monton de xente núa necesitada de caridade occidental. 00:06:11.388 --> 00:06:12.799 Estades moi equivocados. 00:06:13.000 --> 00:06:15.171 Os leóns non pasean polas nosas rúas. 00:06:15.375 --> 00:06:16.423 Podería seguir, 00:06:16.457 --> 00:06:18.299 pero xa sabedes a que me refiro. NOTE Paragraph 00:06:18.462 --> 00:06:20.694 Así que, mentres eu traballo para espertar 00:06:20.765 --> 00:06:22.476 á xigante dormente que é África, 00:06:22.500 --> 00:06:25.316 para que poida reclamar o seu lugar na escena internacional, 00:06:25.500 --> 00:06:27.109 ti podes facer a túa parte. 00:06:27.250 --> 00:06:29.181 Por favor, escoita máis. 00:06:29.583 --> 00:06:31.531 Escoita ás túas amizades africanas 00:06:31.667 --> 00:06:33.518 sen ideas preconcibidas 00:06:33.542 --> 00:06:36.303 sobre o que pensas que van dicir. 00:06:36.750 --> 00:06:38.189 Le libros africanos. 00:06:38.583 --> 00:06:40.851 Oh, meu Deus, ve filmes africanos. 00:06:41.042 --> 00:06:42.254 Ou, como mínimo, 00:06:42.458 --> 00:06:45.851 aprende algúns dos nomes dos nosos 54 preciosos países. 00:06:45.875 --> 00:06:48.770 Así é, 54, meu ben. Cinco-catro. 00:06:49.125 --> 00:06:50.543 Bueno, foi un pracer, 00:06:50.667 --> 00:06:52.010 e estou sendo honesta. 00:06:52.054 --> 00:06:53.772 Até a próxima, vémonos nun chisco. 00:06:53.772 --> 00:06:54.790 Saudiña.