1 00:00:00,708 --> 00:00:01,908 Que tal, xente? 2 00:00:02,042 --> 00:00:04,893 Non podo crer que estea nunha TED Talk. 3 00:00:04,917 --> 00:00:06,648 Isto é de nivel, 4 00:00:06,792 --> 00:00:09,649 porque agora mesmo toda a miña vila está a ver isto. 5 00:00:10,083 --> 00:00:12,766 Así que, loxicamente, o meu prezo de noiva acaba de subir 6 00:00:13,000 --> 00:00:14,636 Chámome Adeola Fayehun. 7 00:00:14,750 --> 00:00:15,888 Son de Nixeria. 8 00:00:16,042 --> 00:00:17,309 Vivo nos Estados Unidos, 9 00:00:17,453 --> 00:00:19,489 son xornalista, ou cómica, 10 00:00:19,833 --> 00:00:21,084 ou artista satírica, 11 00:00:21,208 --> 00:00:22,874 o que queiras que sexa, de feito. 12 00:00:22,958 --> 00:00:25,333 Son calquera muller, lévoas todas dentro. 13 00:00:25,417 --> 00:00:29,286 Presento un programa en YouTube chamado Keeping it real with Adeola. 14 00:00:29,500 --> 00:00:32,098 É un programa amable e respectuoso 15 00:00:32,273 --> 00:00:36,951 e un xeito contundente de sinalar os líderes africanos corruptos. 16 00:00:37,125 --> 00:00:40,243 Presidente Buhari: Descoñezo a que partido pertence a miña muller, 17 00:00:40,433 --> 00:00:42,184 mais sei que pertence á miña cociña. 18 00:00:42,258 --> 00:00:43,643 Adeola: Ai, por Deus! 19 00:00:43,667 --> 00:00:45,268 Necesito auga... por favor 20 00:00:45,292 --> 00:00:46,583 Dixen que necesito auga! 21 00:00:48,833 --> 00:00:49,697 Ves? 22 00:00:49,745 --> 00:00:51,428 Son moi honesta con eles, ha! 23 00:00:51,542 --> 00:00:54,436 Sobre todo cando a lían, algo que pasa moitas veces. 24 00:00:54,750 --> 00:00:57,523 Se algún alto cargo africano está a verme, por certo, 25 00:00:57,667 --> 00:00:59,556 non estou a falar de vostede, señor. 26 00:00:59,750 --> 00:01:02,025 Estou a falar dos seus colegas, si. 27 00:01:02,750 --> 00:01:06,946 Fago isto porque África ten todo o que cómpre para ser grande. 28 00:01:07,250 --> 00:01:08,684 Medrei coa crenza 29 00:01:08,708 --> 00:01:11,489 de que África, como continente, é un xigante. 30 00:01:11,833 --> 00:01:14,221 Temos máis habilidades, intelectuais, 31 00:01:14,375 --> 00:01:17,819 e recursos naturais ca ningún outro continente. 32 00:01:18,083 --> 00:01:21,678 África abastece mundialmente o 31% do ouro, 33 00:01:21,917 --> 00:01:23,689 manganesio e uranio, 34 00:01:23,833 --> 00:01:26,746 57% dos diamantes do mundo 35 00:01:27,000 --> 00:01:29,034 e 13% do petróleo mundial. 36 00:01:29,208 --> 00:01:32,024 Non hai razón para que dependamos das axudas 37 00:01:32,208 --> 00:01:35,579 ou empréstitos de China ou do Banco Mundial. 38 00:01:35,833 --> 00:01:37,268 Mais, sen bos líderes, 39 00:01:37,292 --> 00:01:41,348 somos como unha aguia que non sabe que pode voar, 40 00:01:41,542 --> 00:01:43,251 e moito menos elevarse. 41 00:01:43,375 --> 00:01:45,599 África é coma unha xigante dormente. 42 00:01:45,833 --> 00:01:49,084 O certo é que estou tentando espertar a esa xigante, 43 00:01:49,208 --> 00:01:51,309 por iso aireo os trapos sucios 44 00:01:51,333 --> 00:01:53,343 dos que están a cargo desta xigante. 45 00:01:53,417 --> 00:01:56,143 Os nosos políticos, os líderes relixiosos, 46 00:01:56,167 --> 00:01:57,893 con moito respecto, por suposto, 47 00:01:57,917 --> 00:02:00,471 porque, máis ca ningunha outra cousa, 48 00:02:00,625 --> 00:02:03,990 os líderes africanos adoran que os respecten. 49 00:02:04,212 --> 00:02:06,158 E eu fágolles o favor en pequenas doses. 50 00:02:06,292 --> 00:02:07,419 No meu programa 51 00:02:07,583 --> 00:02:09,171 fágolles unha reverencia... ha! 52 00:02:09,375 --> 00:02:11,903 Chámolles meus tíos, miñas tías, 53 00:02:12,167 --> 00:02:13,656 meus pais no nome de Deus, 54 00:02:13,810 --> 00:02:14,708 e logo... 55 00:02:15,292 --> 00:02:18,374 insúltoos por insultar a nosa intelixencia. 56 00:02:18,708 --> 00:02:20,628 Porque estamos cansos 57 00:02:20,792 --> 00:02:23,844 da hipocrisía e as falsas promesas. 58 00:02:24,208 --> 00:02:25,381 Por exemplo, 59 00:02:25,625 --> 00:02:29,023 o presidente nixeriano xurou acabar co turismo médico 60 00:02:29,417 --> 00:02:31,891 mediante a mellora dos nosos ruinosos hospitais 61 00:02:32,125 --> 00:02:34,118 e a construción de novos centros. 62 00:02:34,292 --> 00:02:35,506 Pero que fixo? 63 00:02:35,750 --> 00:02:40,534 Pasou tres meses recibindo tratamento en Londres no 2017. 64 00:02:40,708 --> 00:02:43,694 Estivemos sen presidente durante tres meses. 65 00:02:44,208 --> 00:02:46,226 Fomos orfos durante tres meses. 66 00:02:46,250 --> 00:02:48,914 Criticar ó Presidente converteuse no meu traballo, 67 00:02:48,958 --> 00:02:50,226 con respecto, obviamente. 68 00:02:50,250 --> 00:02:53,389 Dixen: "Sr. Presidente, son a súa fan, Adeola. 69 00:02:53,583 --> 00:02:55,379 Xa sabe como estou, que tal vostede? 70 00:02:55,583 --> 00:02:57,434 Non ten vergoña". 71 00:02:57,458 --> 00:02:58,768 Esquecín dicir "señor". 72 00:02:58,792 --> 00:03:00,773 "Señor, non ten vergoña. 73 00:03:00,917 --> 00:03:02,678 (En Yoruba) Vostede non teme a Deus. 74 00:03:02,678 --> 00:03:03,976 Vostede non teme a Deus". 75 00:03:04,040 --> 00:03:08,813 35.000 médicos nixerianos están a traballar nos Estados Unidos, 76 00:03:08,917 --> 00:03:10,291 no Reino Unido e Canadá 77 00:03:10,375 --> 00:03:11,898 facendo cousas incribles 78 00:03:12,042 --> 00:03:15,014 porque en Nixeria non teñen un bo soldo 79 00:03:15,208 --> 00:03:17,351 nin teñen o equipamento necesario 80 00:03:17,375 --> 00:03:19,593 para poder facer o seu traballo. 81 00:03:19,667 --> 00:03:23,248 E isto pasa en moitos países africanos. 82 00:03:23,542 --> 00:03:26,284 Temos a capacidade de voar. 83 00:03:26,458 --> 00:03:30,681 Mais moito talento africano está a voar lonxe de África 84 00:03:30,875 --> 00:03:32,453 cara a outros continentes. 85 00:03:32,667 --> 00:03:33,744 Por exemplo, 86 00:03:33,958 --> 00:03:37,118 este médico nixeriano operou nun bebé que aínda non nacera 87 00:03:37,292 --> 00:03:38,329 en Texas. 88 00:03:38,583 --> 00:03:40,226 Este médico nixeriano 89 00:03:40,250 --> 00:03:44,609 descubriu os efectos neurolóxicos das conmocións cerebrais en atletas. 90 00:03:44,833 --> 00:03:49,006 E moitos países teñen atletas africanos a gañar medallas de ouro... 91 00:03:49,103 --> 00:03:50,343 para eles. 92 00:03:50,625 --> 00:03:52,059 O interesante é que 93 00:03:52,083 --> 00:03:54,559 estamos a esperar que Deus arranxe África. 94 00:03:54,583 --> 00:03:57,483 En serio, non é broma. Estamos a esperar por Deus. 95 00:03:57,560 --> 00:03:59,768 Non hai máis que ver ó presidente de Burundi 96 00:03:59,792 --> 00:04:02,004 que encarcela a xornalistas e a opositores, 97 00:04:02,208 --> 00:04:05,101 pero que proclamou un Día Nacional de Pregaria 98 00:04:05,125 --> 00:04:08,254 para que a xente puidese pedirlle a Deus que arranxase o país. 99 00:04:08,458 --> 00:04:11,096 E eu pensei, non debería ser el quen arranxase o país? 100 00:04:11,125 --> 00:04:12,604 Oh, no, no, no, no, no, no. 101 00:04:12,708 --> 00:04:14,608 Queremos que o arranxe Deus. 102 00:04:14,792 --> 00:04:17,241 Ves o que teño que aturar? 103 00:04:17,375 --> 00:04:18,483 Xa cho digo eu, 104 00:04:18,667 --> 00:04:21,609 o día menos pensado van levar o seu merecido. 105 00:04:21,833 --> 00:04:24,143 Podemos ser mellores. 106 00:04:24,417 --> 00:04:27,999 Quero que os nosos líderes comecen a responsabilizarse 107 00:04:28,333 --> 00:04:31,429 e deixen de cargarlle o morto a Deus. 108 00:04:31,833 --> 00:04:34,059 Deus deunos todo o que necesitamos. 109 00:04:34,083 --> 00:04:36,426 Está aquí mesmo, usémolo. 110 00:04:36,667 --> 00:04:39,560 A miña parte favorita do meu traballo 111 00:04:39,792 --> 00:04:42,726 é destacar a xente de África que realiza traballos incribles, 112 00:04:42,833 --> 00:04:44,959 xente normal que marca outras vidas. 113 00:04:45,083 --> 00:04:47,726 Como esta muller kenyana, Wangari Maathai, 114 00:04:47,750 --> 00:04:51,359 a primeira muller africana en recibir o premio Nobel da Paz 115 00:04:51,583 --> 00:04:53,351 pola súa defensa dos dereitos humanos 116 00:04:53,375 --> 00:04:55,398 e por plantar un millón de árbores. 117 00:04:55,542 --> 00:04:57,684 Ou esta muller de Zimbabwe, 118 00:04:57,708 --> 00:04:59,101 Dra. Tererai Trent, 119 00:04:59,125 --> 00:05:02,160 forzada a casar con 14 anos 120 00:05:02,500 --> 00:05:04,076 a cambio dunha vaca. 121 00:05:04,250 --> 00:05:07,188 Aínda así, aprendeu por si soa a ler e escribir, 122 00:05:07,292 --> 00:05:09,232 e acabou no programa de Oprah. 123 00:05:09,333 --> 00:05:12,601 Oh, Señor, eu tamén quero acabar onda Oprah. 124 00:05:12,875 --> 00:05:14,893 Esta muller construíu escolas 125 00:05:14,917 --> 00:05:17,493 para milleiros de cativos en Zimbabwe. 126 00:05:17,667 --> 00:05:21,391 O famoso arquitecto británico David Adjaye deseñou 127 00:05:21,625 --> 00:05:24,153 edificios incribles por todo o mundo. 128 00:05:24,417 --> 00:05:27,034 É de Ghana e de Tanzania, 129 00:05:27,208 --> 00:05:31,268 así que seguro que foi o arroz jollof de Ghana, 130 00:05:31,292 --> 00:05:32,559 que el comera, 131 00:05:32,583 --> 00:05:34,601 o que o inspirou a crear. 132 00:05:34,625 --> 00:05:37,893 Se cadra foi o arroz de Nixeria, que é mellor. 133 00:05:38,094 --> 00:05:40,863 Sexa como for, esa foi a súa inspiración para ser 134 00:05:40,888 --> 00:05:42,911 a excelente persoa que é hoxe. 135 00:05:43,125 --> 00:05:44,684 E aproveitando a túa atención, 136 00:05:44,708 --> 00:05:46,143 teño algo máis que engadir, 137 00:05:46,167 --> 00:05:47,434 así que achégate. 138 00:05:47,458 --> 00:05:49,509 Vale, perfecto, non te pases, aí está ben. 139 00:05:49,724 --> 00:05:51,518 Non me gusta a forma que tedes 140 00:05:51,542 --> 00:05:52,860 de retratar África. 141 00:05:53,375 --> 00:05:54,746 Non todos vós, só algúns. 142 00:05:54,860 --> 00:05:55,908 Ti en concreto. 143 00:05:56,082 --> 00:05:58,891 Para comezar, non é un país,´ é un continente. 144 00:05:59,125 --> 00:06:01,234 Non coñezo a Paul de Uganda, 145 00:06:01,458 --> 00:06:03,459 nin a Rebecca de Zimbabwe. 146 00:06:03,583 --> 00:06:05,643 Nixeria está tan lonxe de Zimbabwe 147 00:06:05,667 --> 00:06:07,838 como Nova York de Francia. 148 00:06:08,042 --> 00:06:11,244 E non hai un monton de xente núa necesitada de caridade occidental. 149 00:06:11,388 --> 00:06:12,799 Estades moi equivocados. 150 00:06:13,000 --> 00:06:15,171 Os leóns non pasean polas nosas rúas. 151 00:06:15,375 --> 00:06:16,423 Podería seguir, 152 00:06:16,457 --> 00:06:18,299 pero xa sabedes a que me refiro. 153 00:06:18,462 --> 00:06:20,694 Así que, mentres eu traballo para espertar 154 00:06:20,765 --> 00:06:22,476 á xigante dormente que é África, 155 00:06:22,500 --> 00:06:25,316 para que poida reclamar o seu lugar na escena internacional, 156 00:06:25,500 --> 00:06:27,109 ti podes facer a túa parte. 157 00:06:27,250 --> 00:06:29,181 Por favor, escoita máis. 158 00:06:29,583 --> 00:06:31,531 Escoita ás túas amizades africanas 159 00:06:31,667 --> 00:06:33,518 sen ideas preconcibidas 160 00:06:33,542 --> 00:06:36,303 sobre o que pensas que van dicir. 161 00:06:36,750 --> 00:06:38,189 Le libros africanos. 162 00:06:38,583 --> 00:06:40,851 Oh, meu Deus, ve filmes africanos. 163 00:06:41,042 --> 00:06:42,254 Ou, como mínimo, 164 00:06:42,458 --> 00:06:45,851 aprende algúns dos nomes dos nosos 54 preciosos países. 165 00:06:45,875 --> 00:06:48,770 Así é, 54, meu ben. Cinco-catro. 166 00:06:49,125 --> 00:06:50,543 Bueno, foi un pracer, 167 00:06:50,667 --> 00:06:52,010 e estou sendo honesta. 168 00:06:52,054 --> 00:06:53,772 Até a próxima, vémonos nun chisco. 169 00:06:53,772 --> 00:06:54,790 Saudiña.