0:00:00.708,0:00:01.908 Que tal, xente? 0:00:02.042,0:00:04.893 Non podo crer que estea nunha TED Talk. 0:00:04.917,0:00:06.648 Isto é de nivel, 0:00:06.792,0:00:09.649 porque agora mesmo[br]toda a miña vila está a ver isto. 0:00:10.083,0:00:12.766 Así que, loxicamente,[br]o meu prezo de noiva acaba de subir 0:00:13.000,0:00:14.636 Chámome Adeola Fayehun. 0:00:14.750,0:00:15.888 Son de Nixeria. 0:00:16.042,0:00:17.309 Vivo nos Estados Unidos, 0:00:17.453,0:00:19.489 son xornalista, ou cómica, 0:00:19.833,0:00:21.084 ou artista satírica, 0:00:21.208,0:00:22.874 o que queiras que sexa, de feito. 0:00:22.958,0:00:25.333 Son calquera muller, lévoas todas dentro. 0:00:25.417,0:00:29.286 Presento un programa en YouTube[br]chamado Keeping it real with Adeola. 0:00:29.500,0:00:32.098 É un programa amable e respectuoso 0:00:32.273,0:00:36.951 e un xeito contundente[br]de sinalar os líderes africanos corruptos. 0:00:37.125,0:00:40.243 Presidente Buhari: Descoñezo a que partido[br]pertence a miña muller, 0:00:40.433,0:00:42.184 mais sei que pertence á miña cociña. 0:00:42.258,0:00:43.643 Adeola: Ai, por Deus! 0:00:43.667,0:00:45.268 Necesito auga... por favor 0:00:45.292,0:00:46.583 Dixen que necesito auga! 0:00:48.833,0:00:49.697 Ves? 0:00:49.745,0:00:51.428 Son moi honesta con eles, ha! 0:00:51.542,0:00:54.436 Sobre todo cando a lían,[br]algo que pasa moitas veces. 0:00:54.750,0:00:57.523 Se algún alto cargo africano[br]está a verme, por certo, 0:00:57.667,0:00:59.556 non estou a falar de vostede, señor. 0:00:59.750,0:01:02.025 Estou a falar dos seus colegas, si. 0:01:02.750,0:01:06.946 Fago isto porque África[br]ten todo o que cómpre para ser grande. 0:01:07.250,0:01:08.684 Medrei coa crenza 0:01:08.708,0:01:11.489 de que África, como continente,[br]é un xigante. 0:01:11.833,0:01:14.221 Temos máis habilidades, intelectuais, 0:01:14.375,0:01:17.819 e recursos naturais[br]ca ningún outro continente. 0:01:18.083,0:01:21.678 África abastece mundialmente[br]o 31% do ouro, 0:01:21.917,0:01:23.689 manganesio e uranio, 0:01:23.833,0:01:26.746 57% dos diamantes do mundo 0:01:27.000,0:01:29.034 e 13% do petróleo mundial. 0:01:29.208,0:01:32.024 Non hai razón[br]para que dependamos das axudas 0:01:32.208,0:01:35.579 ou empréstitos de China[br]ou do Banco Mundial. 0:01:35.833,0:01:37.268 Mais, sen bos líderes, 0:01:37.292,0:01:41.348 somos como unha aguia[br]que non sabe que pode voar, 0:01:41.542,0:01:43.251 e moito menos elevarse. 0:01:43.375,0:01:45.599 África é coma unha xigante dormente. 0:01:45.833,0:01:49.084 O certo é que estou tentando[br]espertar a esa xigante, 0:01:49.208,0:01:51.309 por iso aireo os trapos sucios 0:01:51.333,0:01:53.343 dos que están a cargo desta xigante. 0:01:53.417,0:01:56.143 Os nosos políticos, os líderes relixiosos, 0:01:56.167,0:01:57.893 con moito respecto, por suposto, 0:01:57.917,0:02:00.471 porque, máis ca ningunha outra cousa, 0:02:00.625,0:02:03.990 os líderes africanos[br]adoran que os respecten. 0:02:04.212,0:02:06.158 E eu fágolles o favor en pequenas doses. 0:02:06.292,0:02:07.419 No meu programa 0:02:07.583,0:02:09.171 fágolles unha reverencia... ha! 0:02:09.375,0:02:11.903 Chámolles meus tíos, miñas tías, 0:02:12.167,0:02:13.656 meus pais no nome de Deus, 0:02:13.810,0:02:14.708 e logo... 0:02:15.292,0:02:18.374 insúltoos[br]por insultar a nosa intelixencia. 0:02:18.708,0:02:20.628 Porque estamos cansos 0:02:20.792,0:02:23.844 da hipocrisía e as falsas promesas. 0:02:24.208,0:02:25.381 Por exemplo, 0:02:25.625,0:02:29.023 o presidente nixeriano[br]xurou acabar co turismo médico 0:02:29.417,0:02:31.891 mediante a mellora[br]dos nosos ruinosos hospitais 0:02:32.125,0:02:34.118 e a construción de novos centros. 0:02:34.292,0:02:35.506 Pero que fixo? 0:02:35.750,0:02:40.534 Pasou tres meses recibindo tratamento[br]en Londres no 2017. 0:02:40.708,0:02:43.694 Estivemos sen presidente[br]durante tres meses. 0:02:44.208,0:02:46.226 Fomos orfos durante tres meses. 0:02:46.250,0:02:48.914 Criticar ó Presidente[br]converteuse no meu traballo, 0:02:48.958,0:02:50.226 con respecto, obviamente. 0:02:50.250,0:02:53.389 Dixen: "Sr. Presidente,[br]son a súa fan, Adeola. 0:02:53.583,0:02:55.379 Xa sabe como estou,[br]que tal vostede? 0:02:55.583,0:02:57.434 Non ten vergoña". 0:02:57.458,0:02:58.768 Esquecín dicir "señor". 0:02:58.792,0:03:00.773 "Señor, non ten vergoña. 0:03:00.917,0:03:02.678 (En Yoruba) Vostede non teme a Deus. 0:03:02.678,0:03:03.976 Vostede non teme a Deus". 0:03:04.040,0:03:08.813 35.000 médicos nixerianos[br]están a traballar nos Estados Unidos, 0:03:08.917,0:03:10.291 no Reino Unido e Canadá 0:03:10.375,0:03:11.898 facendo cousas incribles 0:03:12.042,0:03:15.014 porque en Nixeria[br]non teñen un bo soldo 0:03:15.208,0:03:17.351 nin teñen o equipamento necesario 0:03:17.375,0:03:19.593 para poder facer o seu traballo. 0:03:19.667,0:03:23.248 E isto pasa en moitos países africanos. 0:03:23.542,0:03:26.284 Temos a capacidade de voar. 0:03:26.458,0:03:30.681 Mais moito talento africano[br]está a voar lonxe de África 0:03:30.875,0:03:32.453 cara a outros continentes. 0:03:32.667,0:03:33.744 Por exemplo, 0:03:33.958,0:03:37.118 este médico nixeriano[br]operou nun bebé que aínda non nacera 0:03:37.292,0:03:38.329 en Texas. 0:03:38.583,0:03:40.226 Este médico nixeriano 0:03:40.250,0:03:44.609 descubriu os efectos neurolóxicos[br]das conmocións cerebrais en atletas. 0:03:44.833,0:03:49.006 E moitos países teñen atletas africanos[br]a gañar medallas de ouro... 0:03:49.103,0:03:50.343 para eles. 0:03:50.625,0:03:52.059 O interesante é que 0:03:52.083,0:03:54.559 estamos a esperar que Deus arranxe África. 0:03:54.583,0:03:57.483 En serio, non é broma.[br]Estamos a esperar por Deus. 0:03:57.560,0:03:59.768 Non hai máis que ver[br]ó presidente de Burundi 0:03:59.792,0:04:02.004 que encarcela a xornalistas[br]e a opositores, 0:04:02.208,0:04:05.101 pero que proclamou [br]un Día Nacional de Pregaria 0:04:05.125,0:04:08.254 para que a xente puidese pedirlle a Deus[br]que arranxase o país. 0:04:08.458,0:04:11.096 E eu pensei, non debería ser el[br]quen arranxase o país? 0:04:11.125,0:04:12.604 Oh, no, no, no, no, no, no. 0:04:12.708,0:04:14.608 Queremos que o arranxe Deus. 0:04:14.792,0:04:17.241 Ves o que teño que aturar? 0:04:17.375,0:04:18.483 Xa cho digo eu, 0:04:18.667,0:04:21.609 o día menos pensado[br]van levar o seu merecido. 0:04:21.833,0:04:24.143 Podemos ser mellores. 0:04:24.417,0:04:27.999 Quero que os nosos líderes[br]comecen a responsabilizarse 0:04:28.333,0:04:31.429 e deixen de cargarlle o morto a Deus. 0:04:31.833,0:04:34.059 Deus deunos todo o que necesitamos. 0:04:34.083,0:04:36.426 Está aquí mesmo, usémolo. 0:04:36.667,0:04:39.560 A miña parte favorita do meu traballo 0:04:39.792,0:04:42.726 é destacar a xente de África[br]que realiza traballos incribles, 0:04:42.833,0:04:44.959 xente normal que marca outras vidas. 0:04:45.083,0:04:47.726 Como esta muller kenyana, Wangari Maathai, 0:04:47.750,0:04:51.359 a primeira muller africana[br]en recibir o premio Nobel da Paz 0:04:51.583,0:04:53.351 pola súa defensa dos dereitos humanos 0:04:53.375,0:04:55.398 e por plantar un millón de árbores. 0:04:55.542,0:04:57.684 Ou esta muller de Zimbabwe, 0:04:57.708,0:04:59.101 Dra. Tererai Trent, 0:04:59.125,0:05:02.160 forzada a casar con 14 anos 0:05:02.500,0:05:04.076 a cambio dunha vaca. 0:05:04.250,0:05:07.188 Aínda así, aprendeu por si soa[br]a ler e escribir, 0:05:07.292,0:05:09.232 e acabou no programa de Oprah. 0:05:09.333,0:05:12.601 Oh, Señor,[br]eu tamén quero acabar onda Oprah. 0:05:12.875,0:05:14.893 Esta muller construíu escolas 0:05:14.917,0:05:17.493 para milleiros de cativos en Zimbabwe. 0:05:17.667,0:05:21.391 O famoso arquitecto británico[br]David Adjaye deseñou 0:05:21.625,0:05:24.153 edificios incribles por todo o mundo. 0:05:24.417,0:05:27.034 É de Ghana e de Tanzania, 0:05:27.208,0:05:31.268 así que seguro que foi[br]o arroz jollof de Ghana, 0:05:31.292,0:05:32.559 que el comera, 0:05:32.583,0:05:34.601 o que o inspirou a crear. 0:05:34.625,0:05:37.893 Se cadra foi o arroz de Nixeria,[br]que é mellor. 0:05:38.094,0:05:40.863 Sexa como for,[br]esa foi a súa inspiración para ser 0:05:40.888,0:05:42.911 a excelente persoa que é hoxe. 0:05:43.125,0:05:44.684 E aproveitando a túa atención, 0:05:44.708,0:05:46.143 teño algo máis que engadir, 0:05:46.167,0:05:47.434 así que achégate. 0:05:47.458,0:05:49.509 Vale, perfecto,[br]non te pases, aí está ben. 0:05:49.724,0:05:51.518 Non me gusta a forma que tedes 0:05:51.542,0:05:52.860 de retratar África. 0:05:53.375,0:05:54.746 Non todos vós, só algúns. 0:05:54.860,0:05:55.908 Ti en concreto. 0:05:56.082,0:05:58.891 Para comezar, non é un país,´[br]é un continente. 0:05:59.125,0:06:01.234 Non coñezo a Paul de Uganda, 0:06:01.458,0:06:03.459 nin a Rebecca de Zimbabwe. 0:06:03.583,0:06:05.643 Nixeria está tan lonxe de Zimbabwe 0:06:05.667,0:06:07.838 como Nova York de Francia. 0:06:08.042,0:06:11.244 E non hai un monton de xente núa[br]necesitada de caridade occidental. 0:06:11.388,0:06:12.799 Estades moi equivocados. 0:06:13.000,0:06:15.171 Os leóns non pasean polas nosas rúas. 0:06:15.375,0:06:16.423 Podería seguir, 0:06:16.457,0:06:18.299 pero xa sabedes a que me refiro. 0:06:18.462,0:06:20.694 Así que, mentres eu traballo para espertar 0:06:20.765,0:06:22.476 á xigante dormente que é África, 0:06:22.500,0:06:25.316 para que poida reclamar[br]o seu lugar na escena internacional, 0:06:25.500,0:06:27.109 ti podes facer a túa parte. 0:06:27.250,0:06:29.181 Por favor, escoita máis. 0:06:29.583,0:06:31.531 Escoita ás túas amizades africanas 0:06:31.667,0:06:33.518 sen ideas preconcibidas 0:06:33.542,0:06:36.303 sobre o que pensas que van dicir. 0:06:36.750,0:06:38.189 Le libros africanos. 0:06:38.583,0:06:40.851 Oh, meu Deus, ve filmes africanos. 0:06:41.042,0:06:42.254 Ou, como mínimo, 0:06:42.458,0:06:45.851 aprende algúns dos nomes[br]dos nosos 54 preciosos países. 0:06:45.875,0:06:48.770 Así é, 54, meu ben. Cinco-catro. 0:06:49.125,0:06:50.543 Bueno, foi un pracer, 0:06:50.667,0:06:52.010 e estou sendo honesta. 0:06:52.054,0:06:53.772 Até a próxima, vémonos nun chisco. 0:06:53.772,0:06:54.790 Saudiña.