WEBVTT 00:00:00.873 --> 00:00:02.295 Detédevos un momento, 00:00:02.319 --> 00:00:03.835 e pensade nun virus. 00:00:04.913 --> 00:00:06.705 Que vos vén á cabeza? 00:00:06.730 --> 00:00:07.983 Unha doenza? 00:00:08.007 --> 00:00:09.333 Medo? 00:00:09.357 --> 00:00:11.363 De seguro algo moi desagradable. 00:00:11.387 --> 00:00:13.934 Porén, non todos os virus son iguais. 00:00:13.958 --> 00:00:16.879 É certo, algúns deles causan doenzas devastadoras. 00:00:17.513 --> 00:00:21.200 Pero outros poden facer xusto o contrario: curar doenzas 00:00:21.624 --> 00:00:23.656 Estes virus chámanse "fagos". 00:00:24.125 --> 00:00:26.992 A primeira vez que oín falar dos fagos foi no 2013. 00:00:27.458 --> 00:00:29.609 Meu sogro, que é cirurxián, 00:00:29.633 --> 00:00:31.912 faloume sobre unha muller á que estaba tratando. 00:00:32.077 --> 00:00:35.196 Tiña unha ferida no xeonllo que precisou múltiples operacións, 00:00:35.220 --> 00:00:36.673 e durante o proceso 00:00:36.697 --> 00:00:39.569 desenvolveu na perna unha infección bacteriana crónica. 00:00:39.587 --> 00:00:43.910 Por desgraza, as bacterias causantes da infección non respondían 00:00:43.934 --> 00:00:46.401 a ningún antibiótico dispoñible. 00:00:46.807 --> 00:00:50.196 Chegados a este punto, a única opción que quedaba era amputar a perna 00:00:50.220 --> 00:00:52.632 para evitar que a infección se espallase máis. 00:00:53.268 --> 00:00:56.370 Meu sogro buscaba desesperadamente outra solución 00:00:56.823 --> 00:01:01.325 e optou por un tratamento experimental empregando fagos como último recurso. 00:01:01.727 --> 00:01:03.593 E adiviñade o que pasou. Funcionou. 00:01:03.617 --> 00:01:07.458 Tres semanas despois de empregar os fagos, a infección crónica curou, 00:01:07.807 --> 00:01:10.474 aínda cando ningún antibiótico funcionara. 00:01:10.998 --> 00:01:14.600 Fascinoume esta peculiar idea: 00:01:15.522 --> 00:01:17.743 un virus que cura unha infección. 00:01:18.617 --> 00:01:22.093 Ata hoxe, sigo abraiado coas posibilidades médicas dos fagos. 00:01:22.117 --> 00:01:26.025 E de feito o ano pasado deixei o traballo para crear unha empresa neste ámbito. 00:01:26.760 --> 00:01:28.160 Agora ben, que é un fago? 00:01:29.465 --> 00:01:33.171 A imaxe que vedes aquí foi tomada cun microscopio electrónico. 00:01:33.195 --> 00:01:37.089 Iso significa que o que se ve en pantalla é en realidade extremadamente minúsculo. 00:01:37.250 --> 00:01:41.017 Esa cousa granulada do medio cunha cabeza, un corpo longo 00:01:41.041 --> 00:01:42.058 e uns cantos pés 00:01:42.514 --> 00:01:44.974 é a imaxe dun fago prototípico. 00:01:45.228 --> 00:01:46.450 A que é riquiño? 00:01:46.474 --> 00:01:48.029 (Risos) 00:01:48.958 --> 00:01:50.746 Agora, ollade a vosa man. 00:01:51.829 --> 00:01:55.548 No noso equipo, estimamos que tedes máis de 10 mil millóns de fagos 00:01:56.099 --> 00:01:57.566 en cada unha das mans. 00:01:57.940 --> 00:01:59.678 Que están facendo aí? 00:01:59.702 --> 00:02:00.950 (Risos) 00:02:00.974 --> 00:02:03.447 Pois ben, os virus son bos infectando células 00:02:03.792 --> 00:02:06.006 E os fagos dedícanse a infectar bacterias. 00:02:06.030 --> 00:02:08.458 A vosa man, como a maior parte do voso corpo, 00:02:08.482 --> 00:02:10.918 é un fervedoiro de actividade bacteriana, 00:02:10.942 --> 00:02:13.981 o que a fai un lugar perfecto de caza para os fagos. 00:02:14.204 --> 00:02:17.053 Xa que ó fin e ó cabo, os fagos cazan bacterias. 00:02:17.900 --> 00:02:21.666 Tamén é importante saber que son cazadores moi selectivos. 00:02:22.014 --> 00:02:25.947 Normalmente un fago só pode infectar unha especie bacteriana. 00:02:26.648 --> 00:02:29.640 O fago que vedes aquí nesta representación, 00:02:29.664 --> 00:02:32.830 caza unha bacteria chamada Staphylococcus aureus, 00:02:32.854 --> 00:02:36.109 que se coñece como SARM na súa forma resistente ós antibióticos. 00:02:36.133 --> 00:02:38.266 Causa infeccións na pel ou en feridas. 00:02:39.069 --> 00:02:41.658 Os fagos cazan cos pés 00:02:42.304 --> 00:02:45.162 En realidade, os pés son receptores extremadamente sensibles, 00:02:45.162 --> 00:02:48.211 que buscan unha superficie en particular nas células bacterianas. 00:02:48.211 --> 00:02:49.410 Unha vez atopada, 00:02:49.434 --> 00:02:52.363 o fago acóplase á parede celular da bacteria 00:02:52.387 --> 00:02:53.987 e despois inxecta o seu ADN. 00:02:54.371 --> 00:02:56.037 O ADN atópase na cabeza do fago 00:02:56.061 --> 00:02:58.850 e viaxa ata a bacteria a través do corpo longo. 00:02:59.307 --> 00:03:01.998 Neste intre, o fago reprograma a bacteria 00:03:02.022 --> 00:03:04.395 para producir unha morea de novos fagos. 00:03:04.419 --> 00:03:07.351 Deste xeito, a bacteria convértese nunha fábrica de fagos. 00:03:07.704 --> 00:03:11.271 Cando se acumulan entre 50 e 100 fagos dentro da célula bacteriana 00:03:11.688 --> 00:03:14.077 estes xa son capaces de liberar unha proteína 00:03:14.101 --> 00:03:16.177 que rompe a parede celular da bacteria. 00:03:16.514 --> 00:03:19.680 Ó estalar a bacteria libéranse os fagos 00:03:19.704 --> 00:03:22.459 e van de caza outra vez para infectar unha nova bacteria. 00:03:23.371 --> 00:03:26.466 Síntoo, se cadra isto tamén semella un arrepiante virus. 00:03:27.220 --> 00:03:29.817 Pero esta capacidade específica dos fagos, 00:03:29.817 --> 00:03:32.618 a de multiplicárense dentro de bacterias e despois matalas, 00:03:32.618 --> 00:03:35.653 é a que os fai tan interesantes dende un punto de vista médico. 00:03:35.753 --> 00:03:38.040 O outro aspecto que considero de sumo interese 00:03:38.064 --> 00:03:40.128 é a escala a que isto acontece. 00:03:40.342 --> 00:03:43.826 Hai cinco anos non tiña nin idea sobre fagos 00:03:43.850 --> 00:03:47.004 Pero hoxe podo afirmar que son parte dun principio natural. 00:03:47.694 --> 00:03:51.702 Os fagos e as bacterias remóntanse ós primeiros días da evolución. 00:03:51.726 --> 00:03:55.227 Sempre existiron conxuntamente controlándose entre si. 00:03:55.765 --> 00:03:59.637 De feito, é a historia do yin e o yang, a do o cazador e a presa, 00:03:59.661 --> 00:04:01.245 a nivel microscópico. 00:04:02.005 --> 00:04:04.236 Algúns científicos ata consideran 00:04:04.260 --> 00:04:07.910 que os fagos son os organismos máis abundantes do planeta. 00:04:08.863 --> 00:04:11.934 Así que antes de seguir falando do seu potencial médico, 00:04:11.958 --> 00:04:15.122 penso que todos deberíamos coñecer os fagos e o seu papel na Terra: 00:04:15.146 --> 00:04:17.546 cazan, infectan e destrúen bacterias. 00:04:18.550 --> 00:04:21.511 Como é que temos algo que funciona tan ben na natureza, 00:04:21.535 --> 00:04:23.926 todo o tempo, en calquera lugar, 00:04:23.940 --> 00:04:25.648 e aínda así na maior parte do mundo 00:04:25.648 --> 00:04:27.744 non hai unha menciña no mercado 00:04:27.768 --> 00:04:30.826 que empregue este principio para combater infeccións bacterianas? 00:04:31.458 --> 00:04:35.210 A resposta sinxela é: non se desenvolveu aínda unha menciña deste tipo, 00:04:35.210 --> 00:04:38.459 polo menos unha que cumpra cos estándares de regulación occidentais, 00:04:38.483 --> 00:04:40.784 que serven de referencia para a maioría do mundo. 00:04:41.251 --> 00:04:44.229 Para enterdermos o porqué, é preciso mirarmos cara ao pasado. 00:04:45.298 --> 00:04:47.496 Esta é unha foto de Félix d'Herelle. 00:04:47.523 --> 00:04:50.993 É un dos dous científicos ós que se atribúe o descubrimento dos fagos. 00:04:50.993 --> 00:04:54.746 Aínda que cando os descubriu en 1917 non tiña idea 00:04:54.770 --> 00:04:56.243 do que acababa de descubrir. 00:04:56.720 --> 00:05:00.008 Estaba interesado nunha enfermidade chamada disentería bacilar, 00:05:00.032 --> 00:05:02.759 unha infección bacteriana que provoca diarrea aguda 00:05:02.759 --> 00:05:05.047 e que estaba matando unha morea de xente, 00:05:05.047 --> 00:05:08.434 xa que daquela aínda non había cura para as infeccións bacterianas. 00:05:09.165 --> 00:05:13.075 Estaba observando mostras de pacientes que sobreviviran a esta enfermidade. 00:05:13.099 --> 00:05:15.332 E atopou que algo estraño estaba pasando. 00:05:15.356 --> 00:05:17.712 Algo nas mostras estaba matando as bacterias 00:05:17.736 --> 00:05:19.806 que supostamente causaban a enfermidade. 00:05:19.950 --> 00:05:23.320 Para saber o que estaba pasando, realizou un experimento ben enxeñoso. 00:05:23.395 --> 00:05:25.515 Colleu unha mostra, filtrouna 00:05:25.539 --> 00:05:28.698 ata que estaba seguro de que só podía quedar algo minúsculo, 00:05:28.698 --> 00:05:32.833 e despois engadiu unha pinguiña a cultivos de bacterias novos. 00:05:33.087 --> 00:05:35.259 E observou que nunhas horas 00:05:35.259 --> 00:05:36.769 as bacterias morreran. 00:05:37.276 --> 00:05:41.053 Repetiu entón o experimento, filtrou outra vez a mostra, colleu unha pinguiña 00:05:41.077 --> 00:05:43.651 e engadiuna á seguinte quenda de bacterias frescas. 00:05:43.658 --> 00:05:45.839 Fixo isto en cadea 50 veces, 00:05:46.206 --> 00:05:48.071 e sempre obtivo o mesmo resultado. 00:05:48.095 --> 00:05:50.817 E chegado a este punto, concluíu dúas cousas. 00:05:50.841 --> 00:05:54.278 En primeiro lugar, a máis obvia: si, algo estaba matando as bacterias 00:05:54.302 --> 00:05:55.798 e estaba nese líquido. 00:05:55.822 --> 00:05:58.607 A outra: tiña que ser algo de natureza biolóxica, 00:05:58.631 --> 00:06:02.306 xa que unha pinguiña de nada era abondo para provocar un gran impacto. 00:06:02.853 --> 00:06:06.077 Ó axente que atopou chamoulle "microbio invisible" 00:06:06.101 --> 00:06:07.770 e denominouno "bacteriófago", 00:06:07.770 --> 00:06:10.363 que literalmente significa "que come bacterias". 00:06:10.760 --> 00:06:13.626 E por certo, este foi un dos descubrimentos máis importantes 00:06:13.636 --> 00:06:15.125 da microbioloxía moderna. 00:06:15.149 --> 00:06:19.363 Unha chea de técnicas modernas baséanse no coñecemento sobre os fagos 00:06:19.387 --> 00:06:21.681 na edición xenómica e noutras áreas. 00:06:21.705 --> 00:06:24.664 E precisamente hoxe, outorgouse o premio Nobel de Química 00:06:24.688 --> 00:06:28.699 a dous científicos que traballan con fagos e que desenvolven menciñas baseadas neles. 00:06:29.631 --> 00:06:31.708 Nos anos 20 e 30 do século pasado, 00:06:31.732 --> 00:06:34.129 viuse inmediatamente o potencial médico dos fagos. 00:06:34.129 --> 00:06:36.378 Á fin e ao cabo, aínda que invisibles, 00:06:36.402 --> 00:06:39.045 había algo que mataba bacterias cunha alta efectividade. 00:06:39.489 --> 00:06:42.950 Empresas que aínda hoxe existen, como Abbott, Squibb ou Lilly, 00:06:42.974 --> 00:06:44.574 vendían preparados de fagos. 00:06:45.204 --> 00:06:48.260 Pero a verdade é que se partes dun microbio invisible 00:06:48.284 --> 00:06:50.691 é moi difícil obter unha menciña fiable. 00:06:51.117 --> 00:06:53.109 Imaxinade como sería ir hoxe en día á FDA 00:06:53.133 --> 00:06:55.439 e falarlles dun virus invisible 00:06:55.463 --> 00:06:57.056 que lle queres dar ós pacientes. 00:06:57.752 --> 00:07:00.672 Cando os antibióticos químicos apareceron nos anos 40, 00:07:00.696 --> 00:07:02.787 cambiaron as regras do xogo por completo. 00:07:02.811 --> 00:07:04.819 E este tipo tivo un papel moi importante. 00:07:04.843 --> 00:07:06.137 É Alexander Fleming. 00:07:06.161 --> 00:07:07.954 Gañou o Premio Nobel de Medicina 00:07:07.954 --> 00:07:09.993 polas súas contribucións ó desenvolvemento 00:07:09.993 --> 00:07:12.120 do primeiro antibiótico: a penicilina. 00:07:12.871 --> 00:07:16.998 Os antibióticos funcionan dun xeito moi distinto ós fagos. 00:07:17.022 --> 00:07:19.799 A maioría deles inhiben o crecemento das bacterias 00:07:19.823 --> 00:07:22.895 e non lles importa moito que tipo de bacteria sexa. 00:07:23.196 --> 00:07:25.126 Os que se denominan de amplo espectro 00:07:25.150 --> 00:07:28.742 son efectivos para unha morea de bacterias. 00:07:28.766 --> 00:07:31.244 Comparados cos fagos, que son extremadamente precisos 00:07:31.244 --> 00:07:32.757 contra unha especie bacteriana, 00:07:32.757 --> 00:07:34.806 a vantaxe é evidente. 00:07:35.575 --> 00:07:38.416 No seu día, isto tivo que ser como un soño feito realidade. 00:07:38.416 --> 00:07:41.649 Tiñas un paciente sospeitoso de ter unha infección bacteriana 00:07:41.673 --> 00:07:43.268 dábaslle o antibiótico, 00:07:43.292 --> 00:07:46.691 e sen ter que saber nada sobre a bacteria causante da enfermidade 00:07:47.103 --> 00:07:48.928 a maioría dos pacientes recuperábanse. 00:07:49.086 --> 00:07:51.593 E axiña que se desenvolveron máis e máis antibióticos 00:07:51.593 --> 00:07:55.278 convertéronse con razón na principal terapia para as infeccións bacterianas. 00:07:55.831 --> 00:08:00.069 E por certo, contribuíron enormemente á nosa esperanza de vida. 00:08:00.093 --> 00:08:02.799 Hoxe en día é posible realizar intervencións complexas 00:08:02.823 --> 00:08:04.466 e cirurxías médicas 00:08:04.490 --> 00:08:05.637 porque hai antibióticos, 00:08:05.637 --> 00:08:08.463 e non nos arriscamos a que o paciente morra ó día seguinte 00:08:08.463 --> 00:08:11.784 por unha infección bacteriana que puido contraer durante a operación. 00:08:12.288 --> 00:08:16.178 Así que comezamos a esquecernos dos fagos, en especial na medicina occidental. 00:08:16.638 --> 00:08:20.372 E ata certo punto, cando era novo, a crenza era: 00:08:20.396 --> 00:08:24.228 o problema das infeccións bacterianas está resolto, hai antibióticos. 00:08:25.185 --> 00:08:27.908 Hoxe sabemos que isto non é certo, claro. 00:08:28.553 --> 00:08:30.950 Hoxe, a maioría oiriades falar das superbacterias. 00:08:30.974 --> 00:08:33.111 Son bacterias que se tornaron resistentes 00:08:33.135 --> 00:08:37.649 á maioría dos antibióticos que levamos desenvolvidos 00:08:37.673 --> 00:08:39.273 para tratar unha infección. 00:08:39.760 --> 00:08:41.094 Como chegamos ata aquí? 00:08:41.118 --> 00:08:44.092 Non eramos tan listos como pensabamos. 00:08:44.578 --> 00:08:47.521 Ó empezar a usar antibióticos en todas partes, 00:08:47.545 --> 00:08:50.934 nos hospitais para tratar e previr, na casa para un catarro común, 00:08:50.958 --> 00:08:53.220 nas granxas, para manter os animais sans, 00:08:53.244 --> 00:08:54.644 as bacterias evolucionaron. 00:08:55.509 --> 00:08:59.358 Na arremetida de antibióticos á que se viron sometidas, 00:08:59.382 --> 00:09:02.401 as bacterias que mellor souberon adaptarse sobreviviron. 00:09:03.017 --> 00:09:05.867 Agora chamámoslles "bacterias multirresistentes". 00:09:06.283 --> 00:09:08.418 Deixádeme que vos dea un dato preocupante. 00:09:08.442 --> 00:09:10.895 Nun estudo recente encargado polo goberno británico, 00:09:10.919 --> 00:09:13.315 estimouse que para o ano 2050, 00:09:13.339 --> 00:09:17.457 poden morrer dez millóns de persoas ó ano por infeccións resistentes ás menciñas. 00:09:17.771 --> 00:09:21.014 Comparado coas oito millóns de mortes anuais por cancro actuais 00:09:21.038 --> 00:09:23.192 podedes ver que é un dato que mete medo. 00:09:23.792 --> 00:09:26.587 Pero as boas novas son que aínda contamos cos fagos. 00:09:27.014 --> 00:09:30.410 E deixádeme dicirvos, non lle teñen medo á resistencia ós antibióticos. 00:09:30.410 --> 00:09:31.395 (Risos) 00:09:31.419 --> 00:09:37.172 Seguen cazando e matando bacterias ó noso redor coma se nada. 00:09:38.028 --> 00:09:41.173 E aínda por riba son selectivos, o que é algo moi bo actualmente. 00:09:41.173 --> 00:09:44.837 Hoxe, somos quen de identificar con certeza un patóxeno bacteriano 00:09:44.861 --> 00:09:47.349 que causa unha infección en distintos contornos. 00:09:47.349 --> 00:09:50.487 A súa selectividade axudaranos a evitar algúns efectos secundarios 00:09:50.501 --> 00:09:54.045 comunmente asociados ós antibióticos de amplo espectro. 00:09:54.609 --> 00:09:58.442 Pero quizais a mellor noticia é que xa non son microbios invisibles. 00:09:58.466 --> 00:09:59.791 Podemos miralos. 00:09:59.815 --> 00:10:01.260 Fixémolo xuntos hai un intre. 00:10:01.284 --> 00:10:03.132 Podemos secuenciar o seu ADN, 00:10:03.156 --> 00:10:04.752 entendemos como se replican 00:10:04.776 --> 00:10:06.664 e comprendemos as súas limitacións. 00:10:06.688 --> 00:10:08.075 Estamos nun excelente momento 00:10:08.075 --> 00:10:12.093 para desenvolver menciñas efectivas e fiables baseadas en fagos. 00:10:12.117 --> 00:10:14.299 E xusto iso é o que está pasando no mundo. 00:10:14.323 --> 00:10:16.842 Máis de 10 empresas biotecnolóxicas, incluída a nosa, 00:10:16.842 --> 00:10:20.687 están desenvolvendo fagoterapias para tratar infeccións bacterianas en humanos. 00:10:20.711 --> 00:10:24.918 Estanse a realizar ensaios clínicos en Europa e nos EE. UU. 00:10:25.751 --> 00:10:28.061 Estou convencido de que nos atopamos ás portas 00:10:28.085 --> 00:10:30.045 do rexurdimento da terapia con fagos. 00:10:30.069 --> 00:10:34.297 E, para min, a maneira axeitada de representar un fago é algo tal que así. 00:10:34.855 --> 00:10:36.807 (Risos) 00:10:37.371 --> 00:10:40.847 Para min, os fagos son os superheroes que levamos tempo agardando 00:10:40.871 --> 00:10:43.960 na nosa loita contra as infeccións resistentes ós antibióticos. 00:10:44.617 --> 00:10:47.125 Así que a próxima vez que pensedes nun virus, 00:10:47.149 --> 00:10:48.749 lembrade esta imaxe. 00:10:49.236 --> 00:10:52.550 Despois de todo, nunca saberedes cando un fago vos pode salvar a vida. 00:10:52.810 --> 00:10:53.934 Grazas. 00:10:54.164 --> 00:10:59.264 (Aplausos)