1 00:00:01,458 --> 00:00:05,934 Empezarei facéndolles unhas preguntas, se lles parece ben. 2 00:00:05,958 --> 00:00:09,454 Se algunha vez perderon a unha persoa moi querida, 3 00:00:09,708 --> 00:00:11,554 rompéronlles o corazón, 4 00:00:11,708 --> 00:00:14,944 atravesaron un agre proceso de divorcio 5 00:00:15,208 --> 00:00:18,059 ou foron vítimas dunha infidelidade, 6 00:00:18,083 --> 00:00:19,893 por favor, érganse. 7 00:00:19,917 --> 00:00:23,521 Se non poden erguerse, poden erguer a man. 8 00:00:23,875 --> 00:00:25,768 Por favor, queden de pé, 9 00:00:25,792 --> 00:00:27,843 ou manteñan a man en alto. 10 00:00:28,167 --> 00:00:30,434 Se algunha vez viviron un desastre natural, 11 00:00:30,458 --> 00:00:32,476 foron acosados ou despedidos, 12 00:00:32,500 --> 00:00:33,731 érganse. 13 00:00:33,875 --> 00:00:37,101 Se algunha vez pasaron por un aborto, 14 00:00:37,125 --> 00:00:38,934 natural ou non, 15 00:00:38,958 --> 00:00:41,893 ou tiveron problemas de infertilidade, 16 00:00:41,917 --> 00:00:43,068 por favor, en pé. 17 00:00:43,542 --> 00:00:46,934 Por último, se vostedes ou calquera ser querido 18 00:00:46,958 --> 00:00:50,643 tivo que lidar con enfermidades mentais, demencia, 19 00:00:50,667 --> 00:00:53,143 algún tipo de discapacidade física, 20 00:00:53,167 --> 00:00:54,643 ou facerlle fronte ao suicidio, 21 00:00:54,667 --> 00:00:56,852 por favor, érganse. 22 00:00:57,125 --> 00:00:58,746 Miren ao seu redor. 23 00:00:59,000 --> 00:01:03,645 A adversidade non discrimina. 24 00:01:04,292 --> 00:01:06,184 Se están vivos 25 00:01:06,208 --> 00:01:10,059 van ter que soportar, ou xa o fixeron, 26 00:01:10,083 --> 00:01:12,684 momentos realmente duros. 27 00:01:12,708 --> 00:01:14,947 Grazas a todos, poden sentar. 28 00:01:18,708 --> 00:01:22,559 Comecei a estudar a busca da resiliencia hai unha década, 29 00:01:22,583 --> 00:01:25,934 na universidade de Pensilvania en Filadelfia. 30 00:01:25,958 --> 00:01:28,309 Era o momento perfecto para estar alí, 31 00:01:28,333 --> 00:01:30,726 xa que os profesores que me formaron 32 00:01:30,750 --> 00:01:36,923 acababan de comprometerse en formar a 1,1 millóns de soldados americanos 33 00:01:37,167 --> 00:01:41,628 para que chegasen a estar tan ben mentalmente como o estaban fisicamente. 34 00:01:41,792 --> 00:01:43,059 Como poden imaxinar, 35 00:01:43,083 --> 00:01:47,114 dubido que exista un público máis escéptico e esixente 36 00:01:47,208 --> 00:01:50,909 ca os sarxentos instrutores americanos que volvían de Afganistán. 37 00:01:51,083 --> 00:01:52,351 Para alguén coma min, 38 00:01:52,375 --> 00:01:55,893 cuxa misión principal na vida consiste en descubrir 39 00:01:55,917 --> 00:02:00,768 como levar o mellor dos descubrimentos científicos máis alá do ámbito académico 40 00:02:00,792 --> 00:02:03,389 e achegarllo á xente e á súa vida diaria, 41 00:02:03,583 --> 00:02:06,827 era un lugar no que estar bastante inspirador. 42 00:02:07,208 --> 00:02:09,393 Rematei os meus estudos nos Estados Unidos 43 00:02:09,417 --> 00:02:12,018 e volvín aquí, ao meu fogar, Christchurch 44 00:02:12,042 --> 00:02:14,681 para comezar a miña investigación doutoral. 45 00:02:15,375 --> 00:02:17,606 Acababa de comezar ese estudo 46 00:02:17,750 --> 00:02:20,726 cando tiveron lugar os terremotos de Christchurch. 47 00:02:20,750 --> 00:02:22,726 Así que parei a miña investigación 48 00:02:22,750 --> 00:02:26,354 e comecei traballar coa miña comunidade 49 00:02:26,458 --> 00:02:30,830 para axudarlles a superar o terrible período posterior ao sismo. 50 00:02:31,083 --> 00:02:33,059 Traballei con todo tipo de organizacións 51 00:02:33,083 --> 00:02:36,518 dende departamentos gobernamentais ata empresas construtoras, 52 00:02:36,542 --> 00:02:38,351 e todo tipo de grupos comunitarios, 53 00:02:38,375 --> 00:02:41,601 amosándolles maneiras de pensar e actuar 54 00:02:41,625 --> 00:02:44,248 que sabemos que estimulan a resiliencia. 55 00:02:44,708 --> 00:02:47,643 Pensei que era a miña obriga. 56 00:02:47,667 --> 00:02:52,950 O meu momento para darlle un bo uso a toda a miña investigación. 57 00:02:53,125 --> 00:02:55,570 Por desgraza, estaba equivocada. 58 00:02:55,958 --> 00:03:00,627 O meu verdadeiro exame chegou en 2014, 59 00:03:00,958 --> 00:03:03,251 na fin de semana do Aniversario da Raíña. 60 00:03:03,375 --> 00:03:06,143 Nós e dúas familias máis decidimos 61 00:03:06,167 --> 00:03:09,829 ir ao lago Ohau e baixar en bici ata o océano. 62 00:03:10,083 --> 00:03:12,101 No último momento, 63 00:03:12,125 --> 00:03:15,184 Abi, a miña fermosa filla de 12 anos, 64 00:03:15,208 --> 00:03:19,961 decidiu ir no coche coa súa amiga Ella, tamén de 12 anos, 65 00:03:20,125 --> 00:03:23,625 e coa súa nai, Sally, unha moi boa amiga miña. 66 00:03:25,000 --> 00:03:27,893 De camiño, cando cruzaban Rakaia, 67 00:03:27,917 --> 00:03:29,601 en Thompsons Track, 68 00:03:29,625 --> 00:03:32,994 un coche saltou un sinal de stop, 69 00:03:33,208 --> 00:03:34,733 chocou contra eles 70 00:03:34,917 --> 00:03:37,583 e matounos aos tres instantaneamente. 71 00:03:39,292 --> 00:03:41,518 No que tarda un pestanexo, 72 00:03:41,542 --> 00:03:45,226 atopeime arrastrada ao outro lado da ecuación, 73 00:03:45,250 --> 00:03:48,179 espertando cunha identidade totalmente nova. 74 00:03:48,333 --> 00:03:50,601 En lugar de ser unha experta en resiliencia, 75 00:03:50,625 --> 00:03:53,414 de súpeto, era unha nai de loito. 76 00:03:53,708 --> 00:03:56,184 Espertei sen saber quen era, 77 00:03:56,208 --> 00:03:59,518 intentando situarme naquel mar de impensables noticias, 78 00:03:59,542 --> 00:04:02,439 o meu mundo esnaquizouse. 79 00:04:02,583 --> 00:04:07,434 De súpeto, son a que está máis lonxe deses consellos especializados. 80 00:04:07,458 --> 00:04:08,768 E podo dicirlles, 81 00:04:08,792 --> 00:04:12,078 que non me gustaba nin unha chisca o que me dicían. 82 00:04:12,292 --> 00:04:14,518 Nos días posteriores á morte de Abi, 83 00:04:14,542 --> 00:04:20,351 dixéronnos que tiñamos todas a papeletas para que a nosa familia se distanciase. 84 00:04:20,375 --> 00:04:22,643 Que era moi probable que nos divorciásemos 85 00:04:22,667 --> 00:04:25,559 e que tiñamos perigo de contraer unha enfermidade mental. 86 00:04:25,583 --> 00:04:27,059 "Diantres!", foi o que pensei, 87 00:04:27,083 --> 00:04:30,125 "Grazas polos ánimos, pensaba que a miña vida xa era unha merda." 88 00:04:30,167 --> 00:04:31,893 (Risas) 89 00:04:31,917 --> 00:04:35,018 Os folletos describían os cinco estados do loito: 90 00:04:35,042 --> 00:04:38,309 ira, negociación, negación, depresión e aceptación. 91 00:04:38,333 --> 00:04:40,684 O apoio ás vitimas petou na nosa porta 92 00:04:40,708 --> 00:04:46,295 e dixéronnos que contásemos con dedicarlle cinco anos ao loito. 93 00:04:47,292 --> 00:04:50,863 Sei que a intención dos folletos e dos recursos era boa. 94 00:04:51,333 --> 00:04:52,934 Pero todos eses consellos 95 00:04:52,958 --> 00:04:56,269 facían que nos sentísemos como vítimas. 96 00:04:56,583 --> 00:04:59,143 Totalmente abatidos polo que se nos viña enriba 97 00:04:59,167 --> 00:05:04,164 e incapaces de influír en absoluto no noso loito. 98 00:05:04,625 --> 00:05:08,768 Non precisaba que ninguén me dixese que mal ían as cousas. 99 00:05:08,792 --> 00:05:12,698 Créanme, sabía de sobra que as cousas eran realmente horribles. 100 00:05:12,792 --> 00:05:15,875 O que máis precisaba era esperanza. 101 00:05:16,708 --> 00:05:21,309 Precisaba unha viaxe a través de toda esa angustia, 102 00:05:21,333 --> 00:05:23,771 dor e nostalxia. 103 00:05:24,125 --> 00:05:25,393 Pero sobre todo, 104 00:05:25,417 --> 00:05:30,303 quería ser unha participante activa no meu proceso de loito. 105 00:05:31,167 --> 00:05:34,351 Así que decidín virarlle as costas a aqueles consellos 106 00:05:34,375 --> 00:05:38,708 e, no canto diso, decidín levar a cabo unha especie de "autoexperimento". 107 00:05:38,792 --> 00:05:40,893 Xa investigara, tiña as ferramentas, 108 00:05:40,917 --> 00:05:43,919 e quería saber como de útiles me serían nese momento 109 00:05:44,083 --> 00:05:47,679 no que tiña fronte a min unha montaña enorme que escalar. 110 00:05:48,083 --> 00:05:50,441 Agora, chegados a este punto, debo confesar 111 00:05:50,625 --> 00:05:53,713 que non sabía realmente se algo diso ía funcionar. 112 00:05:54,167 --> 00:05:56,751 A perda dun fillo ou filla está xeralmente considerada 113 00:05:56,775 --> 00:05:59,824 como a perda máis difícil de superar. 114 00:06:01,500 --> 00:06:04,893 Pero agora podo afirmarlles, despois de cinco anos, 115 00:06:04,917 --> 00:06:07,518 o que xa sabía grazas á investigación. 116 00:06:07,542 --> 00:06:10,778 Que podes loitar contra a adversidade, 117 00:06:11,042 --> 00:06:13,428 que existen estratexias que funcionan, 118 00:06:13,542 --> 00:06:15,764 que é completamente posible 119 00:06:15,958 --> 00:06:20,669 conseguir chegar a pensar e actuar de certas formas 120 00:06:21,083 --> 00:06:25,456 que che axuden a guiarte nos momentos difíciles. 121 00:06:26,000 --> 00:06:30,294 Existe un descomunal conxunto de investigacións sobre como facelo. 122 00:06:30,458 --> 00:06:33,893 Hoxe, só vou compartir con vostedes tres estratexias. 123 00:06:33,917 --> 00:06:37,768 Estas son as miñas estratexias que seguir, nas que me apoiei 124 00:06:37,792 --> 00:06:39,893 e que me salvaron nos meus días máis escuros. 125 00:06:40,417 --> 00:06:44,056 Son tres estratexias que formaron a base do meu traballo 126 00:06:44,250 --> 00:06:47,226 e que se atopan facilmente ao alcance de todos nós, 127 00:06:47,250 --> 00:06:48,601 calquera pode aprendelas, 128 00:06:48,625 --> 00:06:51,000 poden aprendelas hoxe aquí mesmo. 129 00:06:52,083 --> 00:06:53,559 Empecemos coa primeira. 130 00:06:53,583 --> 00:06:57,923 A xente resiliente comprende que pasan cousas malas. 131 00:06:58,167 --> 00:07:01,934 Comprende que o sufrimento forma parte da vida. 132 00:07:01,958 --> 00:07:04,143 Isto non significa que o reciban de boa gana, 133 00:07:04,167 --> 00:07:06,018 non están tan mal da cabeza. 134 00:07:06,042 --> 00:07:09,184 Simplemente que cando chegan os momentos difíciles 135 00:07:09,208 --> 00:07:10,934 parecen ser conscientes 136 00:07:10,958 --> 00:07:15,893 de que o sufrimiento forma parte da existencia humana. 137 00:07:15,917 --> 00:07:20,434 Ser consciente disto, fai que non te sintas discriminado 138 00:07:20,458 --> 00:07:22,559 cando veñen os momentos difíciles. 139 00:07:22,583 --> 00:07:24,809 En ningún momento cheguei a preguntarme: 140 00:07:24,833 --> 00:07:26,518 "Por que a min?" 141 00:07:26,542 --> 00:07:28,309 De feito, recordo preguntarme: 142 00:07:28,333 --> 00:07:30,268 "Por que non a min? 143 00:07:30,292 --> 00:07:31,809 Pásanche cousas horribles 144 00:07:31,833 --> 00:07:33,934 como lle pasan a todo o mundo. 145 00:07:33,958 --> 00:07:35,393 Esta é a túa vida agora, 146 00:07:35,417 --> 00:07:37,809 é o momento de nadar ou afogar." 147 00:07:37,833 --> 00:07:39,518 A verdadeira traxedia 148 00:07:39,542 --> 00:07:43,226 é que a maioría da xente parece descoñecer todo isto. 149 00:07:43,250 --> 00:07:44,468 Vivimos nunha era 150 00:07:44,502 --> 00:07:46,724 na que cremos ter dereito a unha vida perfecta, 151 00:07:46,758 --> 00:07:50,393 na que as fotos perfectas e felices de Instagram son a norma, 152 00:07:50,417 --> 00:07:52,101 cando en realidade, 153 00:07:52,125 --> 00:07:56,434 como demostraron ao comezo da charla, 154 00:07:56,458 --> 00:07:59,250 a verdade é todo o contrario. 155 00:08:00,417 --> 00:08:02,268 A segunda: 156 00:08:02,292 --> 00:08:03,875 á xente resiliente 157 00:08:05,458 --> 00:08:11,792 dáselle moi ben escoller prudentemente a que lle dedican a súa atención. 158 00:08:12,667 --> 00:08:16,559 Adoitan avaliar as situacións dunha maneira moi realista, 159 00:08:16,583 --> 00:08:21,434 e normalmente, conseguen centrarse naquelas cousas que poden cambiar, 160 00:08:21,458 --> 00:08:26,309 e dalgún xeito aceptan as que non poden. 161 00:08:26,875 --> 00:08:32,875 Esta é unha habilidade vital e que se pode aprender para a resiliencia. 162 00:08:34,042 --> 00:08:37,393 Como seres humanos, dásenos realmente ben 163 00:08:37,417 --> 00:08:40,816 percibir ameazas e puntos febles. 164 00:08:41,042 --> 00:08:44,613 Estamos programados para ser negativos. 165 00:08:45,000 --> 00:08:48,143 Dásenos realmente ben percibir esas cousas. 166 00:08:48,167 --> 00:08:53,101 As emocións negativas péganse a nós coma o velcro, 167 00:08:53,125 --> 00:08:57,931 mentres que as emocións e experiencias positivas rebotan como o teflón. 168 00:08:58,458 --> 00:09:01,893 Estar programados así é, de feito, bo para nós, 169 00:09:01,917 --> 00:09:05,478 e resúltanos útil dende unha perspectiva evolutiva. 170 00:09:05,512 --> 00:09:07,806 Imaxinen por un instante que son unha cavernícola 171 00:09:07,830 --> 00:09:10,101 que sae da cova pola mañá 172 00:09:10,125 --> 00:09:12,268 e hai un tigre dentes de sabre nun lado 173 00:09:12,292 --> 00:09:14,643 e un precioso arco da vella no outro. 174 00:09:14,667 --> 00:09:19,535 Se quero sobrevivir non me queda outra que decatarme de que ese tigre está aí. 175 00:09:19,875 --> 00:09:21,143 O problema é 176 00:09:21,167 --> 00:09:25,351 que vivimos nunha era na que estamos constantemente bombardeados 177 00:09:25,375 --> 00:09:27,643 por ameazas todo o día, 178 00:09:27,667 --> 00:09:32,368 e o noso pobre cerebro trata cada unha desas ameazas 179 00:09:32,708 --> 00:09:35,270 como se fosen un tigre. 180 00:09:35,542 --> 00:09:39,018 O noso enfoque cara ás ameazas e a nosa resposta ao estrés, 181 00:09:39,042 --> 00:09:42,423 están totalmente automatizados. 182 00:09:42,833 --> 00:09:46,226 As persoas resilientes non só reducen o negativo, 183 00:09:46,250 --> 00:09:48,822 senón que tamén atoparon a maneira 184 00:09:49,125 --> 00:09:52,208 de convertelo en algo positivo. 185 00:09:53,750 --> 00:09:57,559 Un día, cando as dúbidas ameazaban con superarme, 186 00:09:57,583 --> 00:09:59,393 recordo pensar claramente: 187 00:09:59,417 --> 00:10:04,377 "Non, non podes permitir que isto te devore. 188 00:10:04,583 --> 00:10:06,351 Tes que sobrevivir. 189 00:10:06,375 --> 00:10:09,018 Tes moito polo que vivir. 190 00:10:09,042 --> 00:10:11,703 Escolle a vida, non a morte. 191 00:10:12,125 --> 00:10:14,429 Non perdas o que tes 192 00:10:14,708 --> 00:10:16,867 por aquilo que xa perdiches." 193 00:10:17,097 --> 00:10:19,601 En psicoloxía, chámaselle percepción de beneficios. 194 00:10:19,625 --> 00:10:21,351 No meu feliz mundo novo 195 00:10:21,375 --> 00:10:24,447 significaba intentar atopar cousas polas que estar agradecida. 196 00:10:25,083 --> 00:10:26,809 Polo menos a nosa pequena 197 00:10:26,833 --> 00:10:31,101 non morrera dunha horrible e interminable enfermidade. 198 00:10:31,125 --> 00:10:33,309 Morreu de repente, de forma instantánea, 199 00:10:33,333 --> 00:10:36,713 aforrándonos a nós e mais a ela esa dor. 200 00:10:37,083 --> 00:10:40,601 Tivemos moitísima axuda da familia e dos amigos 201 00:10:40,625 --> 00:10:42,393 para poder seguir adiante. 202 00:10:42,417 --> 00:10:43,851 E o máis importante de todo, 203 00:10:43,875 --> 00:10:47,268 seguimos tendo dous nenos fermosos polos que seguir vivindo, 204 00:10:47,292 --> 00:10:48,976 que nos necesitaban 205 00:10:49,000 --> 00:10:54,875 e merecían ter unha vida todo o normal que lle pudiésemos dar. 206 00:10:56,333 --> 00:10:59,143 Ser quen de cambiares o foco da atención 207 00:10:59,167 --> 00:11:01,101 para incluír tamén as cousas boas 208 00:11:01,125 --> 00:11:05,059 está demostrado pola ciencia que é unha estratexia moi potente. 209 00:11:05,083 --> 00:11:09,893 En 2005, Martin Seligman e compañía levaron a cabo un experimento. 210 00:11:09,917 --> 00:11:14,518 O único que lle pediron á xente que fixese 211 00:11:14,542 --> 00:11:19,143 foi que pensasen en tres cousas boas que lles pasaran ao longo de cada día. 212 00:11:19,167 --> 00:11:22,768 O que descubriron, despois de seis meses de estudo, 213 00:11:22,792 --> 00:11:26,309 foi que esas persoas mostraban niveis máis altos de gratitude, 214 00:11:26,333 --> 00:11:27,976 niveis máis altos de felicidade 215 00:11:28,000 --> 00:11:32,644 e menos depresión no transcurso dos seis meses de estudo. 216 00:11:33,293 --> 00:11:34,957 Cando atravesas un período de loito 217 00:11:34,981 --> 00:11:37,351 pode que precises un recordatorio 218 00:11:37,375 --> 00:11:40,476 ou pode que precises un permiso para sentíreste agradecida. 219 00:11:40,500 --> 00:11:43,268 Na nosa cociña, temos un póster rosa brillante de neon 220 00:11:43,292 --> 00:11:46,726 que nos recorda que debemos "aceptar" as cousas boas. 221 00:11:46,750 --> 00:11:48,518 No exército estadounidense 222 00:11:48,542 --> 00:11:50,601 abordaban o tema dunha maneira diferente. 223 00:11:50,625 --> 00:11:54,728 Dicíanlles que debían perseguir as cousas boas. 224 00:11:54,833 --> 00:11:56,726 Utilicen as palabras que lles sirvan, 225 00:11:56,750 --> 00:11:58,059 pero sexa como for 226 00:11:58,083 --> 00:12:02,344 fagan un esforzo deliberado e continuo 227 00:12:02,417 --> 00:12:05,333 por sintonizar coas cousas positivas do seu mundo. 228 00:12:06,292 --> 00:12:07,559 Terceira estratexia: 229 00:12:07,583 --> 00:12:09,518 a xente resiliente faise esta pregunta: 230 00:12:09,542 --> 00:12:12,978 "O que estou facendo estame a axudar ou a prexudicar?" 231 00:12:13,458 --> 00:12:17,043 Esta é unha pregunta que se emprega moito en terapia. 232 00:12:17,375 --> 00:12:19,558 E abofé que é poderosa. 233 00:12:19,833 --> 00:12:22,809 Esta era a pregunta que me facía 234 00:12:22,833 --> 00:12:25,226 nos días posteriores á morte das nenas. 235 00:12:25,250 --> 00:12:28,976 Preguntábamo unha e outra vez: 236 00:12:29,000 --> 00:12:32,018 "Debería ir ao xuízo e ver o condutor? 237 00:12:32,042 --> 00:12:34,527 Axudaríame en algo ou prexudicaríame"? 238 00:12:34,792 --> 00:12:36,684 Bueno, para min non había dúbida, 239 00:12:36,708 --> 00:12:38,559 decidín manterme á marxe. 240 00:12:38,583 --> 00:12:41,309 Pero Trevor, o meu marido, decidiu quedar co condutor 241 00:12:41,333 --> 00:12:43,101 tempo despois. 242 00:12:43,125 --> 00:12:48,243 De madrugada, atopábame analizando fotos antigas de Abi, 243 00:12:48,500 --> 00:12:50,476 e enfadándome máis e máis cada vez. 244 00:12:50,500 --> 00:12:51,768 Debía preguntarme: 245 00:12:51,792 --> 00:12:55,476 "de verdade? Isto axúdache ou prexudícate? 246 00:12:55,500 --> 00:12:57,143 Garda as fotos, 247 00:12:57,167 --> 00:12:58,768 ponte a durmir, 248 00:12:58,792 --> 00:13:00,792 sé amable contigo mesma." 249 00:13:01,833 --> 00:13:05,339 Esta pregunta pódese aplicar a moitísimos contextos. 250 00:13:05,667 --> 00:13:09,684 A maneira na que penso e actúo axúdame ou prexudícame? 251 00:13:09,708 --> 00:13:12,809 Tanto no intento de conseguir ese ascenso, 252 00:13:12,833 --> 00:13:14,434 de pasar ese exame, 253 00:13:14,458 --> 00:13:16,888 como no de recuperarme dun infarto. 254 00:13:17,042 --> 00:13:19,056 Serve para moitísimas cousas. 255 00:13:19,625 --> 00:13:21,351 Escribo moito sobre resiliencia 256 00:13:21,375 --> 00:13:24,184 e ao longo dos anos, esta estratexia 257 00:13:24,208 --> 00:13:27,768 provocou un resultado máis positivo que ningunha outra. 258 00:13:27,792 --> 00:13:30,143 Recibo un montón de cartas, correos e cousas 259 00:13:30,167 --> 00:13:32,143 de todas partes en que a xente me explica 260 00:13:32,167 --> 00:13:34,741 o grandísimo impacto que isto tivo nas súas vidas. 261 00:13:35,125 --> 00:13:40,434 Xa sexa para perdoar antigos errores familiares, 262 00:13:40,458 --> 00:13:42,393 discusións de Nadais pasados, 263 00:13:42,417 --> 00:13:45,809 ou simplemente non provocar nas redes sociais, 264 00:13:45,833 --> 00:13:48,184 ou preguntarse a un mesmo 265 00:13:48,208 --> 00:13:51,542 se realmente precisas ese vaso de viño extra. 266 00:13:52,875 --> 00:13:56,885 Preguntarse a un mesmo se o que fas, a maneira na que pensas, 267 00:13:56,958 --> 00:13:58,226 a maneira na que actúas, 268 00:13:58,250 --> 00:14:01,184 che axuda ou te prexudica, 269 00:14:01,208 --> 00:14:04,101 fai que te sentes de novo no asento do condutor. 270 00:14:04,125 --> 00:14:09,000 Proporciónache control sobre as decisións que tomas. 271 00:14:10,792 --> 00:14:12,643 Tres estratexias. 272 00:14:12,667 --> 00:14:13,917 Bastante sinxelas. 273 00:14:14,875 --> 00:14:17,476 Están facilmente dispoñibles para todos nós, 274 00:14:17,500 --> 00:14:20,351 en calquera momento e lugar. 275 00:14:20,375 --> 00:14:23,643 Non hai que ser enxeñeiros aeroespaciais. 276 00:14:23,667 --> 00:14:27,059 A resiliencia non é unha cualidade fixa. 277 00:14:27,083 --> 00:14:28,351 Non é evasiva, 278 00:14:28,375 --> 00:14:31,292 algo que certa xente ten e certa xente non. 279 00:14:32,125 --> 00:14:37,226 En realidade require un proceso moi corrente. 280 00:14:37,250 --> 00:14:40,518 Tan só a vontade de darlle unha oportunidade. 281 00:14:40,542 --> 00:14:43,079 Creo que todos pasamos por momentos na vida 282 00:14:43,208 --> 00:14:45,101 nos que o noso camiño se divide 283 00:14:45,125 --> 00:14:47,476 e o carreiro que pensabamos que iamos seguir 284 00:14:47,500 --> 00:14:51,809 desvíase nunha dirección horrible 285 00:14:51,833 --> 00:14:54,018 que non fomos quen de anticipar, 286 00:14:54,042 --> 00:14:56,684 e que definitivamente non queriamos. 287 00:14:56,708 --> 00:14:57,958 Pasoume a min. 288 00:14:58,875 --> 00:15:01,809 Foi máis atroz do imaxinable. 289 00:15:01,833 --> 00:15:06,934 Se algunha vez vostedes se atopan nuna situación na que pensan: 290 00:15:06,958 --> 00:15:10,184 "non hai maneira de que me poida recuperar disto", 291 00:15:10,208 --> 00:15:13,434 anímoos a que se apoien nestas tres estratexias 292 00:15:13,458 --> 00:15:15,458 e o pensen de novo. 293 00:15:16,958 --> 00:15:19,101 Non finxirei 294 00:15:19,125 --> 00:15:21,625 que pensar desta maneira é algo sinxelo. 295 00:15:22,458 --> 00:15:25,261 E non elimina toda a dor. 296 00:15:25,625 --> 00:15:30,037 Pero se algo aprendín durante os últimos cinco anos 297 00:15:30,375 --> 00:15:33,854 é que pensar desta maneira si que axuda. 298 00:15:34,125 --> 00:15:35,726 Máis que ningunha outra cousa. 299 00:15:35,750 --> 00:15:39,284 Amosoume que é posible 300 00:15:39,750 --> 00:15:43,790 vivir e sufrir ao mesmo tempo. 301 00:15:43,917 --> 00:15:47,627 E respecto a iso, sempre estarei agradecida. 302 00:15:48,083 --> 00:15:49,351 Grazas. 303 00:15:49,375 --> 00:15:52,417 (Aplausos)