WEBVTT 00:00:00.800 --> 00:00:03.816 Na India temos familias enormes 00:00:03.840 --> 00:00:06.416 -aposto a que moitos de vostedes teñen oído falar diso- 00:00:06.440 --> 00:00:09.280 o que implica que hai moitas xuntanzas familiares. 00:00:09.840 --> 00:00:13.720 E de nena, os meus pais adoitaban arrastrarme a estas xuntanzas. NOTE Paragraph 00:00:14.360 --> 00:00:17.376 Pero polo único que eu sempre devecía 00:00:17.400 --> 00:00:19.440 era xogar cos meus primos. 00:00:20.160 --> 00:00:22.456 E sempre estaba este tío meu 00:00:22.480 --> 00:00:23.736 que acostumaba estar aí 00:00:23.760 --> 00:00:25.616 sempre disposto a brincar con nós, 00:00:25.640 --> 00:00:27.136 a facernos xogos, 00:00:27.160 --> 00:00:29.960 para que os rapaces o pasásemos en grande. 00:00:30.920 --> 00:00:33.256 Este home tiña un éxito tremendo: 00:00:33.280 --> 00:00:35.280 era moi seguro de si e forte. 00:00:35.920 --> 00:00:40.320 Pero vin como se lle deterioraba a saúde a esta persoa sa e robusta. 00:00:41.240 --> 00:00:43.520 Diagnosticáronlle párkinson. NOTE Paragraph 00:00:44.760 --> 00:00:48.816 A enfermidade de párkinson causa a dexeneración do sistema nervioso, 00:00:48.840 --> 00:00:51.816 o que implica que para esta persoa noutrora independente 00:00:51.840 --> 00:00:57.080 de súbito tarefas coma tomar café, por mor dos tremores, son dificilísimas. 00:00:57.800 --> 00:01:00.456 O meu tío comezou a usar un andador para camiñar, 00:01:00.480 --> 00:01:01.696 e para virarse, 00:01:01.720 --> 00:01:05.776 literalmente tiña que dar un paso de cada vez, así, 00:01:05.800 --> 00:01:07.040 e leváballe unha eternidade. 00:01:08.240 --> 00:01:11.416 Así a todo, esta persoa afeita a ser o centro de atención 00:01:11.440 --> 00:01:13.496 en todas as reunións familiares, 00:01:13.520 --> 00:01:15.600 repentinamente agachábase detrás da xente. 00:01:16.400 --> 00:01:19.760 Agochábase da mirada compasiva dos ollos da xente. NOTE Paragraph 00:01:20.440 --> 00:01:22.520 E el non é o único do mundo. 00:01:23.280 --> 00:01:28.776 Cada ano, diagnostícanse unhas 60.000 persoas máis con párkinson, 00:01:28.800 --> 00:01:30.840 e esta cantidade vai en aumento. 00:01:32.360 --> 00:01:37.776 Os deseñadores soñamos con arranxar estes problemas poliédricos, 00:01:37.800 --> 00:01:40.616 cunha solución que o resolva todo, 00:01:40.640 --> 00:01:42.920 pero non ten que ser sempre así. 00:01:43.680 --> 00:01:46.496 Podemos centrarnos en problemas simples 00:01:46.520 --> 00:01:50.440 e crearlles unha pequena solución e acadar á fin unha mellora de impacto. 00:01:51.120 --> 00:01:54.496 Por iso o meu obxectivo non era curar o párkinson, 00:01:54.520 --> 00:01:57.696 senón facer as súas tarefas cotiás moito máis doadas, 00:01:57.720 --> 00:01:59.120 para logo acadar unha mellora. 00:02:00.040 --> 00:02:03.600 Ben, o primeiro que acoutei foron os tremores, non é? 00:02:04.440 --> 00:02:08.976 O meu tío díxome que deixara de tomar café ou té en público 00:02:09.000 --> 00:02:10.479 só pola vergoña que pasaba, 00:02:11.000 --> 00:02:14.480 así é que eu deseñei a cunca antiderrame. 00:02:15.080 --> 00:02:17.936 É simplemente a súa forma a que a fai funcionar. 00:02:17.960 --> 00:02:23.216 A curva do bordo desvía o líquido cara dentro cando hai tremores 00:02:23.240 --> 00:02:26.080 e mantén o líquido dentro, ao revés dunha cunca normal. 00:02:26.800 --> 00:02:31.720 Pero o importante aquí é non etiquetala para o párkinson. 00:02:32.040 --> 00:02:36.456 Parece unha cunca para ser usada por ti, por min, por calquera torpe, 00:02:36.480 --> 00:02:40.480 e iso fai moito máis reconfortante o seu uso, a integración. 00:02:41.920 --> 00:02:44.576 Moi ben, un problema resolto, 00:02:44.600 --> 00:02:45.840 aínda queda moito que facer. NOTE Paragraph 00:02:46.640 --> 00:02:49.056 En todo este tempo estiven a entrevistalo, 00:02:49.080 --> 00:02:50.616 a preguntarlle, 00:02:50.640 --> 00:02:54.336 e decateime de que obtiña información moi superficial 00:02:54.360 --> 00:02:57.176 ou só respostas ás miñas preguntas. 00:02:57.200 --> 00:03:00.360 Pero eu necesitaba certamente afondar ata unha nova perspectiva. 00:03:01.000 --> 00:03:04.736 Por iso pensei, ben, observemos as súas tarefas cotiás, 00:03:04.760 --> 00:03:07.120 mentres come, mentres mira a televisión. 00:03:07.800 --> 00:03:11.856 E entón, cando estaba a observar como ía cara á mesa de xantar 00:03:11.880 --> 00:03:17.056 dixen: como este home, que ten dificultades co piso chairo, 00:03:17.080 --> 00:03:18.800 pode subir polas escaleiras? 00:03:19.320 --> 00:03:23.016 Posto que na India non temos cadeiras elevadoras para subir NOTE Paragraph 00:03:23.040 --> 00:03:25.056 coma nos países desenvolvidos, 00:03:25.080 --> 00:03:27.200 un ten que ascender de feito polas escaleiras. 00:03:27.920 --> 00:03:29.176 E nisto díxome el: 00:03:29.200 --> 00:03:31.200 “Ben, vouche ensinar como o fago.” NOTE Paragraph 00:03:31.880 --> 00:03:33.920 Vexamos o que vin. NOTE Paragraph 00:03:36.960 --> 00:03:39.616 Levoulle moito tempo adoptar esta posición 00:03:39.640 --> 00:03:41.496 e no entanto, eu estaba a pensar 00:03:41.520 --> 00:03:43.456 “Meu deus, vaino facer realmente? 00:03:43.480 --> 00:03:46.376 Vaino facer realmente sen o andador?” 00:03:46.400 --> 00:03:47.600 E logo... NOTE Paragraph 00:03:50.280 --> 00:03:52.600 (Risas) 00:03:56.680 --> 00:03:58.840 el vírase, e súbeas moi facilmente. 00:04:01.240 --> 00:04:02.480 Así é que... abraiados? 00:04:02.920 --> 00:04:04.400 Ben, eu tamén. 00:04:07.320 --> 00:04:10.296 Ou sexa que esta persoa que non camiñaba polo chairo 00:04:10.320 --> 00:04:12.400 de súpeto podía subir as escaleiras. NOTE Paragraph 00:04:13.720 --> 00:04:18.375 Durante a investigación vin que era polo movemento continuo. 00:04:18.399 --> 00:04:21.536 Tamén temos este outro home que sofre os mesmos síntomas 00:04:21.560 --> 00:04:22.976 e emprega un andador 00:04:23.000 --> 00:04:25.096 pero cando senta nunha bicicleta 00:04:25.120 --> 00:04:26.816 esfúmanse tódolos síntomas 00:04:26.840 --> 00:04:28.920 porque é un movemento continuo. 00:04:29.560 --> 00:04:33.856 Así que eu só tiña de trasladar a sensación de andar polas escaleiras 00:04:33.880 --> 00:04:35.280 ao piso chairo. 00:04:35.880 --> 00:04:38.816 E probamos e puxemos en práctica moitas ideas con el, 00:04:38.840 --> 00:04:42.360 pero a que funcionou ao final foi esta. Botémoslle unha ollada! NOTE Paragraph 00:04:45.440 --> 00:04:48.496 (Risas) NOTE Paragraph 00:04:48.520 --> 00:04:52.976 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:04:53.000 --> 00:04:54.456 Andou máis rápido, non si? NOTE Paragraph 00:04:54.480 --> 00:04:57.680 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:04:59.240 --> 00:05:02.016 Eu chámolle a isto "ilusión das escaleiras" 00:05:02.040 --> 00:05:06.616 e de feito, cando a ilusión das escaleiras acabou de súpeto, el paralizouse 00:05:06.640 --> 00:05:08.656 e isto chámase "conxelación da marcha". 00:05:08.680 --> 00:05:09.896 Como isto acontece moito, 00:05:09.920 --> 00:05:13.856 por que non ter a ilusión das escaleiras ao longo de tódolos seus cuartos, 00:05:13.880 --> 00:05:16.240 para facer que se sintan máis seguros? 00:05:17.440 --> 00:05:20.096 Saben? A tecnoloxía non o é todo. 00:05:20.120 --> 00:05:22.896 O que nós precisamos son solucións centradas no ser humano. 00:05:22.920 --> 00:05:25.136 Eu ben puiden crear unha proxección, 00:05:25.160 --> 00:05:27.496 ou unhas gafas Google ou algo parecido. 00:05:27.520 --> 00:05:29.840 Pero fiquei cun simple debuxo no chan. 00:05:30.360 --> 00:05:33.296 Este debuxo podería levarse aos hospitais 00:05:33.320 --> 00:05:35.720 para facelos sentir máis benvidos. NOTE Paragraph 00:05:36.600 --> 00:05:39.696 A min o que me gustaría acadar para os pacientes de párkinson 00:05:39.720 --> 00:05:42.176 é que se sentisen coma o meu tío hoxe. 00:05:42.200 --> 00:05:45.880 Díxome que eu lle permitira sentirse el mesmo outra vez. NOTE Paragraph 00:05:47.120 --> 00:05:51.120 “Intelixente” no mundo de hoxe en día é sinónimo de última tecnoloxía, 00:05:51.960 --> 00:05:55.120 e o mundo é máis e máis intelixente día a día. 00:05:55.800 --> 00:05:59.480 Pero por que non pode ser intelixente algo tan sinxelo e tamén efectivo? 00:06:00.320 --> 00:06:04.296 O que precisamos é algunha empatía e algo de curiosidade. 00:06:04.320 --> 00:06:06.576 para saír aí, para observar. 00:06:06.600 --> 00:06:08.496 Mais non o deixemos aí! 00:06:08.520 --> 00:06:12.176 Atopemos estes problemas complexos. Non lles teñamos medo. 00:06:12.200 --> 00:06:15.776 Quebrémolos, reduzámolos a problemas máis pequenos 00:06:15.800 --> 00:06:18.296 e logo atopémoslles solucións simples. 00:06:18.320 --> 00:06:21.336 Comprobemos estas solucións, erremos se é preciso, 00:06:21.360 --> 00:06:23.520 pero con novos coñecementos para mellorar. 00:06:24.240 --> 00:06:28.496 Imaxinen o que poderiamos acadar con todas as nosas solucións simples. 00:06:28.520 --> 00:06:32.000 Como sería o mundo se combinásemos todas as nosas solucións simples? 00:06:32.880 --> 00:06:35.896 Fagamos un mundo máis intelixente, pero con simplicidade. NOTE Paragraph 00:06:35.920 --> 00:06:37.136 Grazas. NOTE Paragraph 00:06:37.160 --> 00:06:40.200 (Aplausos)