0:00:00.000,0:00:03.000 Quero que ollen para este bebé. 0:00:03.000,0:00:06.000 Séntense atraídos polos seus ollos 0:00:06.000,0:00:09.000 e pola pel que lles gustaría tocar. 0:00:09.000,0:00:12.000 Pero hoxe vou falar de algo que non poden ver, 0:00:12.000,0:00:15.000 algo que ocorre no seu pequeno cerebro. 0:00:16.000,0:00:18.000 As ferramentas modernas da neurociencia 0:00:18.000,0:00:21.000 están a amosarnos que o que ocorre no seu cerebro 0:00:21.000,0:00:24.000 é un proceso moi complexo. 0:00:24.000,0:00:26.000 O que estamos aprendendo 0:00:26.000,0:00:28.000 vai esclarecer en parte 0:00:28.000,0:00:31.000 o que os poetas e escritores románticos 0:00:31.000,0:00:34.000 describían como "apertura celestial" 0:00:34.000,0:00:36.000 da mente infantil. 0:00:36.000,0:00:38.000 O que vemos aquí 0:00:38.000,0:00:40.000 é unha nai da India 0:00:40.000,0:00:42.000 que está a falar koro, 0:00:42.000,0:00:44.000 unha lingua descuberta hai pouco. 0:00:44.000,0:00:46.000 Está a falarlle ao seu bebé. 0:00:46.000,0:00:48.000 O que esta nai sabe, 0:00:48.000,0:00:51.000 así como os 800 falantes de koro do mundo, 0:00:51.000,0:00:54.000 é que se quere conservar esa lingua 0:00:54.000,0:00:57.000 ten que falárllela aos seus bebés. 0:00:57.000,0:01:00.000 E aquí xorde unha incógnita crucial: 0:01:00.000,0:01:02.000 Por que non se pode conservar unha lingua 0:01:02.000,0:01:05.000 falando con vostedes e comigo, cos adultos? 0:01:05.000,0:01:08.000 A resposta está no cerebro. 0:01:08.000,0:01:10.000 O que vemos aquí 0:01:10.000,0:01:13.000 é que hai un período crítico para a aprendizaxe dunha lingua. 0:01:13.000,0:01:16.000 Nesta diapositiva, teñen que buscar a súa idade no eixo horizontal. 0:01:16.000,0:01:19.000 (Risos) 0:01:19.000,0:01:21.000 E no eixo vertical verán 0:01:21.000,0:01:23.000 a súa capacidade de adquirir unha segunda lingua. 0:01:23.000,0:01:25.000 Os bebés e os nenos son xenios 0:01:25.000,0:01:27.000 ata os sete anos, 0:01:27.000,0:01:30.000 cando comeza un descenso sistemático. 0:01:30.000,0:01:32.000 Despois da puberdade, saímonos do mapa. 0:01:32.000,0:01:35.000 Ningún científico cuestiona esta gráfica, 0:01:35.000,0:01:37.000 pero os laboratorios de todo o mundo 0:01:37.000,0:01:40.000 intentan averiguar por que funciona deste xeito. 0:01:40.000,0:01:42.000 No meu laboratorio, o traballo céntrase 0:01:42.000,0:01:44.000 no primeiro período crítico no desenvolvemento, 0:01:44.000,0:01:46.000 que é o período no que 0:01:46.000,0:01:49.000 os bebés intentan discernir que sons se usan na súa lingua. 0:01:49.000,0:01:52.000 Cremos que, estudando como se aprenden os sons, 0:01:52.000,0:01:54.000 teremos un modelo para o resto da lingua, 0:01:54.000,0:01:57.000 e quizais para outros periodos críticos que poida haber na infancia 0:01:57.000,0:01:59.000 para o desenvolvemento social, 0:01:59.000,0:02:01.000 emocional e cognitivo. 0:02:01.000,0:02:03.000 Estamos estudando os bebés 0:02:03.000,0:02:05.000 mediante unha técnica que estamos a usar en todo o mundo 0:02:05.000,0:02:07.000 e cos sons de tódalas linguaxes. 0:02:07.000,0:02:09.000 O bebé senta no colo dos seus pais 0:02:09.000,0:02:11.000 e ensinámoslle a xirar a cabeza cando un son cambia, 0:02:11.000,0:02:13.000 como de "a" a "i". 0:02:13.000,0:02:15.000 Se o fan no momento adecuado, 0:02:15.000,0:02:17.000 a caixa negra ilumínase 0:02:17.000,0:02:19.000 e un panda toca un tambor. 0:02:19.000,0:02:21.000 A un bebé de seis meses encántalle esta actividade. 0:02:21.000,0:02:23.000 E que aprendemos? 0:02:23.000,0:02:25.000 Que os bebés de todo o mundo 0:02:25.000,0:02:27.000 son o que me gusta denominar 0:02:27.000,0:02:29.000 cidadáns do mundo. 0:02:29.000,0:02:32.000 Poden diferenciar tódolos sons de tódolas linguas, 0:02:32.000,0:02:35.000 sen importar con que país ou con que lingua fagamos os experimentos. 0:02:35.000,0:02:38.000 E isto é salientable porque nin vostedes nin eu podemos facer isto. 0:02:38.000,0:02:40.000 Nós estamos limitados pola nosa cultura. 0:02:40.000,0:02:42.000 Podemos diferenciar os sonidos da nosa propia lingua, 0:02:42.000,0:02:44.000 pero non os de linguas estranxeiras. 0:02:44.000,0:02:46.000 De modo que a pregunta que xorde 0:02:46.000,0:02:48.000 é cándo pasan estes cidadáns do mundo 0:02:48.000,0:02:51.000 a ser oíntes limitados pola cultura, coma nós? 0:02:51.000,0:02:54.000 A resposta: antes do seu primer aniversario. 0:02:54.000,0:02:57.000 O que ven aquí é o rendemento na actividade de xirar a cabeza 0:02:57.000,0:02:59.000 con bebés de Tokio e dos Estados Unidos, 0:02:59.000,0:03:01.000 aquí, en Seatlle, 0:03:01.000,0:03:03.000 mentres que escoitaban "ra" and "la", 0:03:03.000,0:03:06.000 que son sons importantes no inglés, pero non no xaponés. 0:03:06.000,0:03:09.000 Dos seis aos oito meses, os resultados son idénticos. 0:03:09.000,0:03:12.000 Dous meses mais tarde, ocorre algo asombroso. 0:03:12.000,0:03:14.000 Os bebés estadounidenses melloran moitísimo, 0:03:14.000,0:03:16.000 e os bebés xaponeses empeoran moito tamén, 0:03:16.000,0:03:18.000 porque os dous grupos de bebés 0:03:18.000,0:03:21.000 prepáranse exactamente para a lingua que van ter que aprender. 0:03:21.000,0:03:24.000 Así que a pregunta é: que sucede 0:03:24.000,0:03:26.000 neste período crítico de dous meses? 0:03:26.000,0:03:28.000 Este é o período crítico para o desenvolvemento dos sons, 0:03:28.000,0:03:30.000 pero que sucede no cerebro? 0:03:30.000,0:03:32.000 Pois suceden dúas cousas. 0:03:32.000,0:03:35.000 A primeira é que os bebés escoitan atentamente 0:03:35.000,0:03:38.000 e calculan estatísticas mentres nos oen falar. 0:03:38.000,0:03:40.000 Sí, calculan estatísticas. 0:03:40.000,0:03:43.000 Escoitemos a dúas nais falar en "maternalés", 0:03:43.000,0:03:46.000 que é a lingua universal que usamos para falarlles aos nenos, 0:03:46.000,0:03:49.000 primeiro en inglés e despois en xaponés. 0:03:49.000,0:03:52.000 (Vídeo) Nai inglesa: Ah, I love your big blue eyes - 0:03:52.000,0:03:55.000 so pretty and nice. 0:03:56.000,0:04:02.000 Nai xaponesa: [waa okina chairoi o me-me soshite kireina kuroi kami]. 0:04:02.000,0:04:04.000 Patricia Kuhl: Durante a produción da fala, 0:04:04.000,0:04:06.000 mentres os bebés escoitan, 0:04:06.000,0:04:08.000 calculan estatísticas 0:04:08.000,0:04:11.000 da lingua que escoitan. 0:04:11.000,0:04:14.000 E esas distribucións crecen. 0:04:14.000,0:04:16.000 O que aprendemos 0:04:16.000,0:04:19.000 é que os bebés son sensibles ás estatísticas, 0:04:19.000,0:04:22.000 e as estatísticas do inglés e o xaponés son moi diferentes. 0:04:22.000,0:04:25.000 O inglés ten moitas R e L, 0:04:25.000,0:04:27.000 como amosa a distribución. 0:04:27.000,0:04:29.000 E a distribución do xaponés é totalmente diferente 0:04:29.000,0:04:32.000 onde vemos un grupo de sons intermedios 0:04:32.000,0:04:35.000 que se coñece como a R xaponesa. 0:04:35.000,0:04:37.000 Os bebés absorben 0:04:37.000,0:04:39.000 estas estatísticas da lingua, 0:04:39.000,0:04:41.000 e estas moldean o seu cerebro 0:04:41.000,0:04:43.000 e fan que pasen de ser cidadáns do mundo 0:04:43.000,0:04:46.000 a ser os oíntes limitados pola cultura súa cultura. 0:04:46.000,0:04:48.000 Nós, os adultos, 0:04:48.000,0:04:50.000 xa non absorbemos esas estatísticas. 0:04:50.000,0:04:53.000 Estamos gobernados polas representacións mentais 0:04:53.000,0:04:56.000 que se formaron na etapa de desenvolvemento. 0:04:56.000,0:04:58.000 De modo que o que vemos aquí 0:04:58.000,0:05:01.000 cambia os nosos modelos de funcionamento do período crítico. 0:05:01.000,0:05:04.000 Afirmamos, cunha base matemática, 0:05:04.000,0:05:07.000 que a aprendizaxe dunha lingua pode ralentizarse 0:05:07.000,0:05:09.000 cando se asentan as nosas distribucións. 0:05:09.000,0:05:12.000 Isto fai que xurdan moitas preguntas sobre as persoas bilingües. 0:05:12.000,0:05:16.000 As persoas bilingües deben ter en conta dous estatísticas a un tempo 0:05:16.000,0:05:19.000 e pasar de unha a outra, 0:05:19.000,0:05:21.000 dependendo de con quen falen. 0:05:21.000,0:05:23.000 Por iso nos preguntamos a nós mesmos: 0:05:23.000,0:05:26.000 os bebés poden calcular estatísticas dunha lingua allea? 0:05:26.000,0:05:28.000 E fixemos un experimento que bebés estadounidenses 0:05:28.000,0:05:30.000 que nunca tiveran contacto cunha segunda lingua 0:05:30.000,0:05:33.000 escoitasen mandarín por primeira vez durante o período crítico. 0:05:33.000,0:05:35.000 Sabiamos que, cando se facía que bebés monolingües 0:05:35.000,0:05:38.000 de Taipei e Seatlle escoitaran mandarín, 0:05:38.000,0:05:40.000 amosaban o mesmo patrón. 0:05:40.000,0:05:42.000 De 6 a 8 meses, resultados idénticos. 0:05:42.000,0:05:45.000 Dous meses máis tarde, ocorre algo asombroso. 0:05:45.000,0:05:48.000 Os bebés taiwaneses melloraban moito, os estadounidenses non. 0:05:48.000,0:05:51.000 O que fixemos foi expoñer a bebés estadounideneses neste período 0:05:51.000,0:05:53.000 ao mandarín. 0:05:53.000,0:05:56.000 Era como ter familiares que veñen a visitarte durante un mes, 0:05:56.000,0:05:58.000 que se trasladan á túa casa 0:05:58.000,0:06:00.000 e que falan mandarín cos bebés durante 12 sesións. 0:06:00.000,0:06:02.000 Así foi como o vimos no laboratorio. 0:06:02.000,0:06:24.000 (Vídeo): Falante de mandarín: [Mandarín] 0:06:24.000,0:06:26.000 PK: Entón, que lles fixemos aos seus cerebriños? 0:06:26.000,0:06:29.000 (Risos) 0:06:29.000,0:06:31.000 Tivemos que establecer un grupo de control 0:06:31.000,0:06:33.000 para segurarnos de que vir ao laboratorio 0:06:33.000,0:06:35.000 non melloraba o nivel de mandarín. 0:06:35.000,0:06:37.000 De modo que un grupo de bebés veu e escoitou inglés. 0:06:37.000,0:06:39.000 E o que podemos ver no gráfico 0:06:39.000,0:06:41.000 é que a exposición ao inglés non melloraba o seu mandarín. 0:06:41.000,0:06:43.000 Pero observen o que ocorreu cos bebés 0:06:43.000,0:06:45.000 que estiveron 12 sesións expostos ao mandarín. 0:06:45.000,0:06:47.000 Eran tan bos coma os bebés de Taiwán, 0:06:47.000,0:06:50.000 que estiveran escoitándoo 10 meses e medio. 0:06:50.000,0:06:52.000 O que isto demostra 0:06:52.000,0:06:54.000 é que os bebés calculan estatísticas de linguas novas. 0:06:54.000,0:06:58.000 Calcularán estatísticas de todo o que se poña ao seu alcance. 0:06:58.000,0:07:00.000 Pero nós preguntabámonos que papel 0:07:00.000,0:07:02.000 tiñamos os humanos 0:07:02.000,0:07:04.000 neste exercicio de apredizaxe. 0:07:04.000,0:07:06.000 Por iso establecemos outro grupo de bebés 0:07:06.000,0:07:09.000 que tamén tiveron 12 sesións, 0:07:09.000,0:07:11.000 pero cun televisor, 0:07:11.000,0:07:14.000 e outro grupo que tivo só exposición a un audio 0:07:14.000,0:07:16.000 mentres veía un oso de peluche na pantalla. 0:07:16.000,0:07:19.000 Que lles fixemos os seus cerebros? 0:07:19.000,0:07:22.000 O que ven aquí é o resultado do audio, 0:07:22.000,0:07:24.000 non hai aprendizaxe, 0:07:24.000,0:07:27.000 e resultado o do vídeo: 0:07:27.000,0:07:29.000 tampouco hai apredizaxe. 0:07:29.000,0:07:31.000 É necesario que haxa unha persoa 0:07:31.000,0:07:33.000 para que os bebés calculen estatísticas. 0:07:33.000,0:07:35.000 A parte social do cerebro é a que controla 0:07:35.000,0:07:37.000 cando os bebés calculan estatísticas. 0:07:37.000,0:07:39.000 Queremos meternos no cerebro 0:07:39.000,0:07:41.000 e ver como ocorren as cousas 0:07:41.000,0:07:43.000 cando os bebés están fronte ao televisor, 0:07:43.000,0:07:45.000 en vez de estar con persoas. 0:07:45.000,0:07:47.000 Afortunadamente, temos unha máquina nova, 0:07:47.000,0:07:49.000 magnetoencefalografía, 0:07:49.000,0:07:51.000 que nos permite facer isto. 0:07:51.000,0:07:53.000 Parece un secador de pelo de Marte, 0:07:53.000,0:07:55.000 pero é totalmente segura, 0:07:55.000,0:07:58.000 non invasiva e silenciosa. 0:07:58.000,0:08:00.000 E permítenos mirar con precisión milimétrica, 0:08:00.000,0:08:02.000 no plano espacial, 0:08:02.000,0:08:04.000 e con precisión de milisegundos 0:08:04.000,0:08:06.000 usando 306 SQUID 0:08:06.000,0:08:08.000 (aparatos superconductores 0:08:08.000,0:08:10.000 de interferencias cuánticas) 0:08:10.000,0:08:12.000 para detectar campos magnéticos 0:08:12.000,0:08:14.000 que cambian cando pensamos. 0:08:14.000,0:08:16.000 Somos os primeiros do mundo 0:08:16.000,0:08:18.000 en rexistrar bebés 0:08:18.000,0:08:20.000 cunha máquina MEG 0:08:20.000,0:08:22.000 mentres están aprendendo. 0:08:22.000,0:08:24.000 Esta é a pequena Emma. 0:08:24.000,0:08:26.000 Ten 6 meses. 0:08:26.000,0:08:28.000 E está escoitando distintas linguas 0:08:28.000,0:08:31.000 cos auriculares que ten postos. 0:08:31.000,0:08:33.000 Como poden ver, pode moverse. 0:08:33.000,0:08:35.000 Estamos analizando a súa cabeza 0:08:35.000,0:08:37.000 cunhas pequenas bólas nun gorro 0:08:37.000,0:08:40.000 de forma que ela poida moverse con liberdade. 0:08:40.000,0:08:42.000 É un gran reto técnico. 0:08:42.000,0:08:44.000 Que podemos ver? 0:08:44.000,0:08:46.000 Podemos ver o cerebro do bebé. 0:08:46.000,0:08:49.000 Cando o bebé escoita unha palabra na súa lingua, 0:08:49.000,0:08:51.000 acéndense as áreas auditivas 0:08:51.000,0:08:53.000 e tamén outras áreas cercanas 0:08:53.000,0:08:56.000 que cremos que están relacionadas coa coherencia 0:08:56.000,0:08:58.000 (-coordinan as diferentes áreas do cerebro), 0:08:58.000,0:09:00.000 e coa causalidade, 0:09:00.000,0:09:03.000 (que fan que unha área faga que outra se active). 0:09:03.000,0:09:05.000 Estámonos adentrando 0:09:05.000,0:09:08.000 nunha gran idade dourada 0:09:08.000,0:09:11.000 do coñecemento sobre o desenvolmento do cerebro dos nenos. 0:09:11.000,0:09:13.000 Poderemos ver os cerebros dun neno 0:09:13.000,0:09:15.000 cando experimenta unha emoción, 0:09:15.000,0:09:17.000 cando aprende a falar e a ler, 0:09:17.000,0:09:19.000 cando resolve un problema matemático, 0:09:19.000,0:09:21.000 e cando ten unha idea. 0:09:21.000,0:09:24.000 Poderemos inventar intervencións con base cerebral 0:09:24.000,0:09:27.000 para os nenos con dificultades de aprendizaxe. 0:09:27.000,0:09:30.000 Como dixeron os poetas e escritores, 0:09:30.000,0:09:32.000 creo que poderemos ver 0:09:32.000,0:09:34.000 esa marabillosa apertura, 0:09:34.000,0:09:36.000 esa completa e total apertura 0:09:36.000,0:09:39.000 da mente infantil. 0:09:39.000,0:09:41.000 Ao investigar o cerebro dos nenos 0:09:41.000,0:09:43.000 imos descubrir verdades profundas 0:09:43.000,0:09:45.000 sobre o significado de ser humán. 0:09:45.000,0:09:47.000 E neste proceso, 0:09:47.000,0:09:49.000 pode que sexamos capaces de abrir as nosas propias mentes ao aprendizaxe 0:09:49.000,0:09:51.000 durante toda a nosa vida. 0:09:51.000,0:09:53.000 Gracias. 0:09:53.000,0:09:56.000 (Aplausos)