1 00:00:00,266 --> 00:00:02,761 Adoitaba ser pésima en gañar cartos. 2 00:00:02,761 --> 00:00:05,100 Antes era subalterna en planificación financieira. 3 00:00:05,134 --> 00:00:07,593 axudaba á xente a xestionar os seus cartos. 4 00:00:07,597 --> 00:00:10,760 Mais gañaba tan pouco que ía ao traballo en bici 5 00:00:10,784 --> 00:00:12,129 para aforrar en gasolina, 6 00:00:12,153 --> 00:00:14,631 e fixen unha horta para aforrar en comida. 7 00:00:14,655 --> 00:00:16,677 Agora teño unha axencia de contabilidade 8 00:00:16,701 --> 00:00:19,048 que axuda concretamente a negocios artísticos. 9 00:00:19,528 --> 00:00:21,730 [TED: como traballamos] 10 00:00:21,754 --> 00:00:23,758 [Faino posible grazas a Dropbox] 11 00:00:23,782 --> 00:00:26,824 Pode que resulte estraño da boca dunha planificadora financieira, 12 00:00:26,848 --> 00:00:28,599 pero non son fan do capitalismo. 13 00:00:28,623 --> 00:00:33,738 Case toda a xente coa que traballo, coñezo e quero son artistas, eu tamén. 14 00:00:33,762 --> 00:00:36,311 Así que coñezo como funciona o sistema. 15 00:00:36,335 --> 00:00:40,178 Os autónomos e os artistas adoitan estar moi mal pagos. 16 00:00:40,202 --> 00:00:43,977 A miúdo cren que pensar nos cartos vai corromper a súa creatividade 17 00:00:44,001 --> 00:00:47,376 ou simplemente cren que non son bos nos negocios. 18 00:00:47,400 --> 00:00:49,888 Pero o certo é que podemos ser bos niso, 19 00:00:49,888 --> 00:00:51,387 de feito, temos que selo, 20 00:00:51,387 --> 00:00:53,454 porque a nosa liberdade depende diso: 21 00:00:53,478 --> 00:00:55,737 a nosa liberdade de crear, de influenciar 22 00:00:55,761 --> 00:00:57,430 e utilizar o poder dos cartos 23 00:00:57,454 --> 00:01:02,190 para cambiarmos o sistema de explotación que ten aos artistas na ruína. 24 00:01:02,682 --> 00:01:04,266 Xa non teño problemas 25 00:01:04,266 --> 00:01:07,089 e aprendín moito dende que son planificadora financieiera, 26 00:01:07,089 --> 00:01:09,125 e agora quero compartilo convosco. 27 00:01:09,149 --> 00:01:10,923 Isto é o que aprendín e o que fixen. 28 00:01:10,947 --> 00:01:12,651 Primeiro: o que farás. 29 00:01:12,651 --> 00:01:14,136 Cando recibas unha proposición, 30 00:01:14,136 --> 00:01:16,242 deberás responder esta pregunta: 31 00:01:16,286 --> 00:01:18,839 Por que te elixirírian a ti antes que ao resto? 32 00:01:18,839 --> 00:01:22,249 Se non podes responder a isto, tampouco poden os teus posibles clientes, 33 00:01:22,249 --> 00:01:25,543 polo que non poderás pedir máis por iso que fai especial o teu traballo. 34 00:01:25,543 --> 00:01:28,790 O prezo é o diferenciador, subastarse implica ir á cola. 35 00:01:28,790 --> 00:01:32,352 O que te destaque poder ser o que fagas, por que o fas ou como o fagas: 36 00:01:32,746 --> 00:01:35,859 un cuarteto de corda que toque mesturas de hip-hop 37 00:01:35,883 --> 00:01:40,599 ou unha marca que sexa única publicitando tecnoloxía para a xeración do Baby Boom 38 00:01:40,623 --> 00:01:42,113 ou un escenógrafo 39 00:01:42,137 --> 00:01:45,248 famoso por confeccionar miniaturas en papel maché. 40 00:01:45,462 --> 00:01:47,466 Segundo: para quen o fas. 41 00:01:47,490 --> 00:01:49,529 Despois de definir o que te fai diferente, 42 00:01:49,553 --> 00:01:51,790 atopa o teu tipo de cliente ideal. 43 00:01:51,814 --> 00:01:54,998 Para maior eficacia, tes que limitar os teus horizontes. 44 00:01:55,022 --> 00:01:57,540 Sen un obxectivo, tentas ser todo para todo o mundo 45 00:01:57,564 --> 00:01:59,887 e rematas sendo nada para ninguén. 46 00:01:59,911 --> 00:02:03,322 Logo, utiliza a linguaxe axeitada para atraeres o teu cliente obxectivo. 47 00:02:03,346 --> 00:02:07,286 Elabora o tipo de publicidade ou traballos que máis os atraia. 48 00:02:07,286 --> 00:02:10,472 De seguido tes que ir onde eles están, virtualmente ou na vida real. 49 00:02:10,472 --> 00:02:12,413 Por exemplo, se es un videógrafo 50 00:02:12,437 --> 00:02:14,796 e queres traballar con compañías comprometidas 51 00:02:14,816 --> 00:02:17,261 para levar auga potable a lugares onde escasea, 52 00:02:17,295 --> 00:02:21,925 fai un video que mostre o poder das imaxes para facer actuar á xente. 53 00:02:22,169 --> 00:02:26,993 Terceiro: cando toque falar de prezo, ten en mente o valor real do teu traballo. 54 00:02:27,117 --> 00:02:30,934 Non só te pagan polo tempo que dedicas a un proxecto. 55 00:02:30,958 --> 00:02:33,555 Tamén por todo o que aprendiches 56 00:02:33,579 --> 00:02:35,564 e todo o que fixeches ao longo dos anos 57 00:02:35,588 --> 00:02:37,802 que te fai bo no que fas. 58 00:02:37,826 --> 00:02:39,463 Pregúntate o seguinte: 59 00:02:39,487 --> 00:02:42,169 Como o teu traballo impacta no balance final do teu cliente? 60 00:02:42,193 --> 00:02:45,080 Como o teu traballlo pode axudalo a aforrar? 61 00:02:45,104 --> 00:02:47,173 Cantos cartos pode gañar o teu cliente 62 00:02:47,197 --> 00:02:49,569 co producto que lle axudas a crear? 63 00:02:49,593 --> 00:02:53,347 Por exemplo, se es un autónomo que axuda aos "youtubers" 64 00:02:53,371 --> 00:02:56,153 a comerciar produtos como camisetas ou gorras 65 00:02:56,177 --> 00:02:59,287 menciona o beneficio que axudas a xerar aos teus clientes. 66 00:02:59,311 --> 00:03:02,877 Ou se creaches un programa de adestramento en diversidade e inclusión 67 00:03:02,901 --> 00:03:04,325 para empresas, 68 00:03:04,349 --> 00:03:08,162 menciona cantos cartos e tempo aforra a empresa grazas ao teu producto 69 00:03:08,186 --> 00:03:10,195 en lugar de crear o seu. 70 00:03:10,219 --> 00:03:15,075 Cuarto: que o teu prezo inclúa impostos, gastos xerais e o teu beneficio. 71 00:03:15,099 --> 00:03:18,020 Se es autónomo, ti es o teu negocio, 72 00:03:18,044 --> 00:03:20,020 polo que es o responsable da publicidade, 73 00:03:20,044 --> 00:03:22,372 contabilidade, impostos, temas legais, 74 00:03:22,396 --> 00:03:24,614 seguro, gastos xerais e beneficio. 75 00:03:24,638 --> 00:03:26,248 Se pos un prezo demasiado baixo, 76 00:03:26,248 --> 00:03:28,804 xa negociaches na túa contra. 77 00:03:28,828 --> 00:03:31,860 E se un posible cliente se queixa do prezo, 78 00:03:31,884 --> 00:03:33,410 non pidas perdón. 79 00:03:33,410 --> 00:03:35,220 Dille que tes un negocio que xestionar 80 00:03:35,220 --> 00:03:37,506 e que non te podes permitir traballar por menos. 81 00:03:37,506 --> 00:03:39,462 En lugar de corromper a túa creatividade, 82 00:03:39,462 --> 00:03:42,775 centrarte en obter máis diñeiro pode estimulala 83 00:03:42,799 --> 00:03:44,727 ao dáreste a liberdade de elixir. 84 00:03:44,751 --> 00:03:48,944 Porque cando gañas dabondo traballando para quen valora o teu traballo, 85 00:03:48,968 --> 00:03:52,186 non tes que facer concesións con clientes que non o valoran.