0:00:00.746,0:00:01.953 Son química mariña. 0:00:01.953,0:00:04.402 Estudo as propiedades químicas[br]actuais dos océanos. 0:00:04.402,0:00:07.330 E as propiedades químicas[br]dos océanos no pasado. 0:00:07.330,0:00:09.448 Para observar o pasado, 0:00:09.448,0:00:12.613 utilizo restos fósiles de corais[br]de augas profundas. 0:00:12.613,0:00:15.279 Detrás de min tedes unha imaxe[br]dun destes corais. 0:00:15.279,0:00:19.775 Foi recollido cerca da Antártida,[br]a miles de metros de profundidade. 0:00:19.775,0:00:21.821 Moi distinto, polo tanto,[br]do tipo de corais 0:00:21.821,0:00:25.298 que se cadra tivestes a sorte de atopar[br]se fostes de vacacións ao trópico. 0:00:25.692,0:00:27.332 Con esta charla espero ofrecervos 0:00:27.332,0:00:29.529 unha visión do océano[br]en catro dimensións. 0:00:29.529,0:00:33.426 Dúas dimensións, como as desta[br]fermosa imaxe, que representa 0:00:33.426,0:00:35.074 a temperatura superficial do mar. 0:00:35.074,0:00:39.128 Tomouse vía satélite, polo que ten[br]unha resolución espacial altísima. 0:00:39.898,0:00:42.758 Os trazos xerais son moi doados[br]de entender. 0:00:42.758,0:00:46.222 As rexións ecuatoriais están máis quentes[br]porque reciben máis luz solar. 0:00:46.476,0:00:49.106 As rexións polares están frías[br]porque reciben menos luz. 0:00:49.106,0:00:52.011 Iso permite que se formen grandes[br]capas de xeo na Antártida[br] 0:00:52.011,0:00:53.941 e no extremo do hemisferio norte. 0:00:54.299,0:00:57.701 Se nos mergullamos no mar a gran[br]profundidade, ou só metemos o pé, 0:00:57.701,0:00:59.664 notamos máis frío canto máis[br]descendemos, 0:00:59.664,0:01:03.671 e iso ocorre sobre todo porque as augas[br]profundas do abismo oceánico 0:01:03.671,0:01:06.876 proceden das frías rexións polares[br]onde a densidade da auga é alta. 0:01:07.845,0:01:10.925 Se retrocedésemos no tempo[br]uns 20.000 anos, 0:01:10.925,0:01:12.799 a Terra tería un aspecto[br]moi distinto. 0:01:12.799,0:01:16.280 Este debuxo representa unha das[br]diferenzas máis importantes 0:01:16.280,0:01:18.519 que veríamos se retrocedésemos[br]todo ese tempo. 0:01:18.519,0:01:20.275 As capas de xeo eran moito maiores. 0:01:20.275,0:01:23.472 Cubrían gran parte do continente[br]e estendíanse polo océano. 0:01:23.896,0:01:26.423 O nivel do mar era 120 metros[br]máis baixo. 0:01:26.423,0:01:29.557 Os niveis de dióxido de carbono[br]eran moi inferiores aos actuais. 0:01:30.071,0:01:33.659 Así que a temperatura media da Terra era[br]entre tres e cinco graos máis baixa, 0:01:33.659,0:01:36.559 e moitísimo máis baixa[br]nas rexións polares. 0:01:37.908,0:01:39.346 O que trato de entender, 0:01:39.346,0:01:41.802 coma outros colegas meus, 0:01:41.802,0:01:44.505 é como pasamos daquelas[br]condicións climáticas frías 0:01:44.505,0:01:47.201 ás condicións máis cálidas[br]das que gozamos hoxe. 0:01:47.615,0:01:49.618 Sabemos pola análise de mostras de xeo 0:01:49.618,0:01:52.752 que a transición destas condicións frías[br]a outras máis cálidas 0:01:52.752,0:01:57.090 non foi gradual, como cabería predicir[br]polo lento aumento da radiación solar. 0:01:58.153,0:02:01.218 Sabémolo polas mostras de xeo,[br]porque, ao perforar o xeo, 0:02:01.218,0:02:04.673 atopamos bandas anuais, como[br]podedes observar neste iceberg. 0:02:04.673,0:02:06.658 Son esas capas azuis e brancas. 0:02:06.658,0:02:10.298 Os gases quedan atrapados no xeo,[br]polo que podemos medir o CO2 -- 0:02:10.298,0:02:12.707 por iso sabemos que había[br]menos CO2 no pasado-- 0:02:12.707,0:02:15.790 e a composición química do xeo[br]dinos a temperatura 0:02:15.790,0:02:17.299 das rexións polares. 0:02:17.299,0:02:20.926 Se avanzamos dende[br]hai 20.000 anos ata hoxe, 0:02:20.926,0:02:22.775 vemos que a temperatura aumentou. 0:02:22.775,0:02:24.474 Non aumentou de xeito gradual. 0:02:24.474,0:02:26.236 Ás veces aumentaba moi rápido, 0:02:26.240,0:02:27.498 logo estabilizábase, 0:02:27.498,0:02:28.777 logo aumentaba rápido. 0:02:28.777,0:02:30.825 Era distinta nas dúas rexións polares, 0:02:30.825,0:02:33.594 e o CO2 tamén aumentou a tiróns. 0:02:34.808,0:02:37.894 Así que estamos convencidos de que[br]o océano ten moito que ver. 0:02:37.894,0:02:40.304 O océano almacena cantidades enormes[br]de carbono, 0:02:40.304,0:02:42.872 60 veces máis do que hai[br]na atmosfera. 0:02:42.872,0:02:46.088 Tamén intervén no transporte de calor[br]dun lado ao outro do ecuador, 0:02:46.088,0:02:49.841 e está cheo de nutrientes e controla[br]a produtividade primaria. 0:02:50.142,0:02:53.176 Así que se queremos saber o que pasa[br]nas profundidades do mar, 0:02:53.176,0:02:54.803 temos que baixar alí, 0:02:54.803,0:02:55.973 ver o que hai 0:02:55.973,0:02:57.125 e comezar a explorar. 0:02:57.125,0:02:59.866 Estas son imaxes espectaculares obtidas[br]nun monte submarino 0:02:59.866,0:03:02.915 a un quilómetro de profundidade[br]en augas internacionais 0:03:02.915,0:03:05.609 na zona ecuatorial do Atlántico,[br]lonxe de terra firme. 0:03:05.633,0:03:08.742 Sodes dos primeiros en ver[br]este anaco de fondo mariño, 0:03:08.742,0:03:10.348 xunto co meu equipo. 0:03:11.340,0:03:13.134 Igual estades vendo especies novas. 0:03:13.134,0:03:14.300 Non o sabemos. 0:03:14.300,0:03:18.004 Habería que recoller as mostras e facer[br]unha análise taxonómica rigorosa. 0:03:18.004,0:03:19.891 Aquí vedes o fermoso[br]Paragorgia arborea. 0:03:19.891,0:03:22.179 Nestes corais viven ofiuras. 0:03:22.179,0:03:25.289 Son esas cousas con forma de tentáculo[br]que saen dos corais. 0:03:25.289,0:03:28.099 Corais de distintas formas[br]de carbonato de calcio 0:03:28.099,0:03:31.529 viven no basalto deste enorme[br]monte submarino, 0:03:31.529,0:03:34.963 e o material escuro que se ve[br]son corais fosilizados, 0:03:34.963,0:03:37.278 dos que imos falar un pouco máis 0:03:37.278,0:03:38.610 ao retrocedermos no tempo. 0:03:39.030,0:03:41.545 Para iso temos que fretar[br]un barco de investigación. 0:03:41.545,0:03:44.599 Este é o James Cook, un buque[br]oceánico de investigación 0:03:44.599,0:03:45.903 atracado en Tenerife. 0:03:45.903,0:03:47.229 Precioso, non si? 0:03:47.554,0:03:49.384 Fantástico, se un non é[br]un gran mariño. 0:03:49.702,0:03:52.236 En ocasións ten máis ben[br]estoutro aspecto. 0:03:52.236,0:03:55.459 Estes somos nós tratando de non[br]perder mostras moi valiosas. 0:03:55.459,0:03:58.300 Todos á carreira, e eu[br]maréome moitísimo, 0:03:58.300,0:04:01.282 así que non sempre é divertido,[br]aínda que en xeral, si. 0:04:01.282,0:04:03.938 Para dedicarse a isto hai que ser[br]moi bos cartógrafos. 0:04:03.938,0:04:07.641 Non se atopa en calquera sitio esa[br]espectacular abundancia de coral. 0:04:07.641,0:04:10.709 É global e está a gran profundidade, 0:04:10.709,0:04:13.047 pero hai que buscala nos lugares[br]adecuados. 0:04:13.047,0:04:16.237 Acabamos de ver un mapamundi,[br]no que sinalamos 0:04:16.237,0:04:17.482 a travesía do ano pasado. 0:04:17.990,0:04:19.396 Foron sete semanas de viaxe, 0:04:19.396,0:04:21.474 e este é o mapa que nós fixemos 0:04:21.474,0:04:25.523 en sete semanas duns 75.000[br]quilómetros cadrados de fondo mariño, 0:04:25.523,0:04:28.125 unha porción diminuta do fondo do mar. 0:04:28.125,0:04:29.868 Desprazámonos de oeste a leste, 0:04:29.872,0:04:33.376 sobre unha zona da que un mapa[br]a gran escala non mostraría nada, 0:04:33.376,0:04:36.667 aínda que algúns destes montes teñen[br]o tamaño do Everest. 0:04:36.667,0:04:38.620 Cos mapas que facemos a bordo, 0:04:38.620,0:04:40.636 obtemos unha resolución duns 100 metros, 0:04:40.636,0:04:43.549 o que abonda para decidir[br]onde despregar o equipo, 0:04:43.549,0:04:45.477 pero non permite ver gran cousa. 0:04:45.477,0:04:48.223 Para facer isto precisamos[br]dispositivos con control remoto 0:04:48.223,0:04:50.461 que se desprazan a uns cinco metros[br]do fondo. 0:04:50.461,0:04:53.716 Dese xeito podemos obter mapas[br]cunha resolución dun metro 0:04:53.720,0:04:55.828 a miles de metros de profundidade. 0:04:55.828,0:04:57.675 Este é un deses dispositivos remotos, 0:04:57.679,0:04:59.984 un vehículo de máxima precisión. 0:04:59.984,0:05:02.510 Dispón de grandes focos[br]na parte superior, 0:05:02.510,0:05:05.579 cámaras de alta definición,[br]brazos robóticos, 0:05:05.579,0:05:08.532 e múltiples caixiñas e cousas[br]para gardar as mostras. 0:05:09.087,0:05:12.799 Esta era a nosa primeira inmersión[br]nesta expedición concreta. 0:05:12.799,0:05:14.519 Estámonos mergullando. 0:05:14.519,0:05:17.196 Imos rápido para que[br]outros barcos non afecten 0:05:17.196,0:05:19.163 aos nosos dispositivos[br]con control remoto. 0:05:19.163,0:05:20.385 Imos descendendo, 0:05:20.385,0:05:22.593 e estas son as cousas que se ven. 0:05:22.593,0:05:26.123 Estas son esponxas de augas profundas,[br]a escala dun metro. 0:05:26.817,0:05:31.059 Aquí vemos unha holoturia nadando --[br]en esencia, unha pequena lesma mariña. 0:05:31.059,0:05:32.396 Esta está a cámara lenta. 0:05:32.396,0:05:34.683 A maioría das imaxes que amoso[br]están aceleradas, 0:05:34.683,0:05:36.641 porque todo isto leva moito tempo. 0:05:37.474,0:05:40.413 Esta é outra fermosa holoturia. 0:05:40.897,0:05:43.443 E o animal que ides ver agora[br]foi unha gran sorpresa. 0:05:43.443,0:05:46.429 Nunca vira algo así e colleunos[br]a todos un pouco por sorpresa. 0:05:46.429,0:05:49.721 Levabamos unhas 15 horas traballando[br]e estabamos algo sobreexcitados 0:05:49.721,0:05:53.788 e de repente este monstro[br]pasou a rolos por diante de nós 0:05:53.788,0:05:56.918 Chámase pirosoma, ou tamén[br]tunicado colonial. 0:05:56.932,0:05:58.703 Non era isto o que buscabamos. 0:05:58.703,0:06:01.389 Nós andabamos á procura[br]de corais de augas profundas. 0:06:02.194,0:06:04.466 Ides ver deseguida[br]unha imaxe dun destes. 0:06:04.466,0:06:07.125 É pequeno, duns cinco centímetros de alto. 0:06:07.125,0:06:10.467 Está composto de carbonato de calcio[br]e vemos os seus tentáculos, 0:06:10.467,0:06:12.648 que se moven coa corrente. 0:06:13.180,0:06:16.291 Un organismo coma este vive[br]probablemente uns cen anos. 0:06:16.295,0:06:19.849 Ao medrar, vai tomando substancias[br]químicas do océano. 0:06:19.849,0:06:22.069 E a cantidade destas substancias 0:06:22.069,0:06:24.767 depende da temperatura, do pH 0:06:24.767,0:06:26.347 e dos nutrientes. 0:06:26.347,0:06:29.611 Se logramos entender como se integran[br]estas substancias no esqueleto, 0:06:29.615,0:06:32.107 podemos voltar, recoller[br]espécimes fósiles 0:06:32.107,0:06:35.301 e reconstruír como era[br]o océano no pasado. 0:06:35.305,0:06:38.755 Aquí estamos recollendo ese coral[br]cun sistema de baleiro, 0:06:38.755,0:06:41.030 para poñelo nun recipiente de mostras. 0:06:41.030,0:06:43.519 Debo engadir que o facemos[br]con moitísimo coidado. 0:06:43.519,0:06:45.862 Algúns destes organismos viven[br]aínda máis tempo. 0:06:45.862,0:06:48.288 Esta é unha foto dun coral negro[br]chamado leiopathes. 0:06:48.288,0:06:52.574 Foi tomada por un colega, Brendan Roark,[br]en Hawaii, a 500 metros de profundidade. 0:06:52.574,0:06:54.657 Catro mil anos é moito tempo. 0:06:54.962,0:06:58.091 Se collemos unha póla dun[br]destes corais e a pulimos, 0:06:58.091,0:07:00.414 isto son uns 100 microns. 0:07:00.763,0:07:03.248 Brendan analizou varias seccións[br]deste coral 0:07:03.248,0:07:04.908 --pódense ver as marcas-- 0:07:04.908,0:07:07.821 e puido demostrar que en realidade[br]se trata de franxas anuais, 0:07:07.821,0:07:09.988 de modo que mesmo a 500 metros[br]de profundidade 0:07:09.988,0:07:12.760 os corais poden rexistrar[br]cambios estacionais. 0:07:12.760,0:07:14.552 o cal é bastante espectacular. 0:07:14.556,0:07:18.368 Pero 4.000 anos non abonda para chegar[br]ao punto máximo da última glaciación. 0:07:18.368,0:07:19.550 Que facemos entón? 0:07:19.550,0:07:21.587 Pois imos por estes espécimes fósiles. 0:07:22.180,0:07:25.085 Por isto non lle caio moi ben[br]ao meu equipo. 0:07:25.085,0:07:26.285 Cando nos mergullamos, 0:07:26.289,0:07:27.891 vemos moitos tiburóns xigantes, 0:07:27.891,0:07:30.443 pirosomas, holoturias nadando, 0:07:30.443,0:07:31.728 esponxas xigantes, 0:07:31.728,0:07:34.337 pero eu obrígoos a baixar[br]ás zonas mortas dos fósiles, 0:07:34.337,0:07:37.927 onde pasan horas remexendo[br]o fondo mariño. 0:07:37.927,0:07:41.306 Recollemos todos estes corais,[br]subímolos e clasificámolos. 0:07:41.306,0:07:43.635 Son de distintas idades, e 0:07:43.635,0:07:45.560 se logramos determinar[br]a de cada espécime 0:07:45.560,0:07:48.106 e medir eses sinais químicos, 0:07:48.106,0:07:49.558 iso axúdanos a saber 0:07:49.562,0:07:52.065 que aconteceu no océano[br]en épocas pasadas. 0:07:52.558,0:07:54.256 Para obter a imaxe da esquerda, 0:07:54.256,0:07:57.312 collín unha sección de coral,[br]pulina con moito coidado 0:07:57.312,0:07:59.306 e fotografeina. 0:07:59.306,0:08:00.472 Para a imaxe da dereita 0:08:00.472,0:08:03.606 puxemos o mesmo anaco de coral[br]nun reactor nuclear, 0:08:03.606,0:08:04.788 inducimos a fisión 0:08:04.792,0:08:06.437 e cada vez que hai desintegración 0:08:06.437,0:08:08.373 queda unha marca no coral, 0:08:08.373,0:08:10.522 e así podemos ver[br]a distribución do uranio. 0:08:10.522,0:08:11.521 Por que facemos isto? 0:08:11.521,0:08:13.832 O uranio é un elemento[br]con moi mala reputación, 0:08:13.832,0:08:15.005 pero a min encántame. 0:08:15.005,0:08:18.261 A desintegración axúdanos a coñecer[br]os ritmos e as datas 0:08:18.261,0:08:19.804 do que acontece no océano. 0:08:19.804,0:08:21.506 Se lembrades o que dixen ao comezo, 0:08:21.506,0:08:24.233 iso é o que queremos saber[br]cando pensamos no clima. 0:08:24.233,0:08:26.884 Así que aplicamos un láser[br]a estes corais para analizar 0:08:26.884,0:08:29.347 o uranio e un dos seus[br]produtos fillos, o torio, 0:08:29.347,0:08:32.036 e iso dinos con exactitude[br]a idade dos fósiles. 0:08:32.742,0:08:34.928 Esta fermosa animación[br]do Océano Antártico 0:08:34.928,0:08:38.077 servirame para ilustrar como[br]empregamos estes corais 0:08:38.077,0:08:42.182 para obter información[br]sobre o océano arcaico. 0:08:42.182,0:08:44.622 Podedes ver a densidade[br]das augas superficiais 0:08:44.622,0:08:47.060 nesta imaxe animada creada[br]por Ryan Abernathey. 0:08:47.481,0:08:49.482 Mostra os datos dun só ano 0:08:49.482,0:08:52.152 pero pódese ver o dinámico[br]que é o Océano Antártico. 0:08:52.500,0:08:55.891 A intensa mestura, sobre todo[br]o Paso de Drake, 0:08:55.891,0:08:58.362 sinalado cun recadro, 0:08:58.362,0:09:00.988 é de feito unha das correntes[br]máis fortes do mundo 0:09:00.988,0:09:03.219 a que flúe por aquí[br]de oeste a leste. 0:09:03.219,0:09:04.572 A mestura é moi turbulenta, 0:09:04.572,0:09:07.488 porque circula sobre eses enormes[br]montes submarinos, 0:09:07.488,0:09:12.003 o cal permite o intercambio[br]de calor e CO2 coa atmosfera. 0:09:12.003,0:09:15.540 En esencia, os océanos respiran[br]a través do Océano Antártico. 0:09:16.865,0:09:22.123 Recollimos corais ao longo[br]de todo este paso antártico, 0:09:22.123,0:09:25.324 e descubrimos algo bastante sorprendente[br]grazas á datación do uranio: 0:09:25.324,0:09:27.907 os corais migraron de sur a norte 0:09:27.911,0:09:31.044 durante esta transición da glaciación[br]ao período interglaciar. 0:09:31.044,0:09:32.285 Non sabemos ben por que, 0:09:32.285,0:09:34.758 pero pensamos que ten que ver[br]coas fontes de alimento 0:09:34.758,0:09:37.118 e se cadra coa concentración[br]de osíxeno na auga. 0:09:37.118,0:09:38.333 Neste punto nos atopamos. 0:09:38.333,0:09:41.239 Vou ilustrar o que penso que levamos[br]descuberto sobre o clima 0:09:41.239,0:09:43.063 grazas aos corais do Océano Antártico. 0:09:43.063,0:09:46.608 Subimos e baixamos montes submarinos.[br]Recollimos pequenos fósiles de coral. 0:09:46.608,0:09:48.332 Así o represento eu. 0:09:48.332,0:09:50.171 Pensamos que durante[br]a glaciación, 0:09:50.171,0:09:52.238 segundo as nosas análises dos corais, 0:09:52.238,0:09:55.358 a zona profunda do Océano Antártico[br]era moi rica en carbono 0:09:55.358,0:09:58.031 e había unha capa de baixa densidade[br]xusto encima 0:09:58.031,0:10:00.894 que impedía que o carbono[br]saíse do océano. 0:10:01.752,0:10:04.344 Entón atopamos corais[br]dunha idade intermedia 0:10:04.348,0:10:08.932 que demostran que o océano se mesturou[br]no medio desa transición climática. 0:10:08.932,0:10:11.439 Iso permite ao carbono[br]saír da zona máis profunda. 0:10:12.154,0:10:15.247 E se analizamos corais máis[br]próximos á época moderna, 0:10:15.247,0:10:17.515 ou se baixamos hoxe mesmo alí 0:10:17.515,0:10:19.755 e medimos as propiedades químicas[br]dos corais, 0:10:19.755,0:10:23.773 vemos que pasamos a unha situación[br]na que pode haber intercambio de carbono. 0:10:23.773,0:10:25.851 Este é o modo en que os corais fósiles 0:10:25.851,0:10:28.193 nos axudan a aprender cousas[br]sobre o medio. 0:10:29.827,0:10:31.935 Déixovos cunha última diapositiva. 0:10:31.935,0:10:35.892 É unha imaxe fixa tirada da primeira[br]gravación que mostrei. 0:10:35.892,0:10:38.028 É un xardín de corais espectacular. 0:10:38.028,0:10:40.600 Non esperabamos atopar[br]algo tan fermoso. 0:10:40.600,0:10:42.508 Está a miles de metros de profundidade. 0:10:42.508,0:10:43.932 Hai especies novas. 0:10:44.416,0:10:46.269 É simplemente un lugar fermoso. 0:10:46.269,0:10:47.714 Tamén hai fósiles, 0:10:47.714,0:10:50.429 e veño de prepararvos para[br]valorar os fósiles de coral 0:10:50.429,0:10:51.648 que se atopan aló abaixo. 0:10:51.648,0:10:54.548 A próxima vez que teñades a sorte[br]de voar sobre o océano 0:10:54.548,0:10:55.981 ou de navegar por el, 0:10:55.981,0:10:58.662 lembrade que aló abaixo[br]hai enormes montes submarinos 0:10:58.662,0:11:00.563 que ninguén viu aínda, 0:11:00.563,0:11:02.164 e fermosos corais. 0:11:02.164,0:11:03.039 Grazas. 0:11:03.039,0:11:08.349 (Aplausos)