Son química mariña.
Estudo as propiedades químicas
actuais dos océanos.
E as propiedades químicas
dos océanos no pasado.
Para observar o pasado,
utilizo restos fósiles de corais
de augas profundas.
Detrás de min tedes unha imaxe
dun destes corais.
Foi recollido cerca da Antártida,
a miles de metros de profundidade.
Moi distinto, polo tanto,
do tipo de corais
que se cadra tivestes a sorte de atopar
se fostes de vacacións ao trópico.
Con esta charla espero ofrecervos
unha visión do océano
en catro dimensións.
Dúas dimensións, como as desta
fermosa imaxe, que representa
a temperatura superficial do mar.
Tomouse vía satélite, polo que ten
unha resolución espacial altísima.
Os trazos xerais son moi doados
de entender.
As rexións ecuatoriais están máis quentes
porque reciben máis luz solar.
As rexións polares están frías
porque reciben menos luz.
Iso permite que se formen grandes
capas de xeo na Antártida
e no extremo do hemisferio norte.
Se nos mergullamos no mar a gran
profundidade, ou só metemos o pé,
notamos máis frío canto máis
descendemos,
e iso ocorre sobre todo porque as augas
profundas do abismo oceánico
proceden das frías rexións polares
onde a densidade da auga é alta.
Se retrocedésemos no tempo
uns 20.000 anos,
a Terra tería un aspecto
moi distinto.
Este debuxo representa unha das
diferenzas máis importantes
que veríamos se retrocedésemos
todo ese tempo.
As capas de xeo eran moito maiores.
Cubrían gran parte do continente
e estendíanse polo océano.
O nivel do mar era 120 metros
máis baixo.
Os niveis de dióxido de carbono
eran moi inferiores aos actuais.
Así que a temperatura media da Terra era
entre tres e cinco graos máis baixa,
e moitísimo máis baixa
nas rexións polares.
O que trato de entender,
coma outros colegas meus,
é como pasamos daquelas
condicións climáticas frías
ás condicións máis cálidas
das que gozamos hoxe.
Sabemos pola análise de mostras de xeo
que a transición destas condicións frías
a outras máis cálidas
non foi gradual, como cabería predicir
polo lento aumento da radiación solar.
Sabémolo polas mostras de xeo,
porque, ao perforar o xeo,
atopamos bandas anuais, como
podedes observar neste iceberg.
Son esas capas azuis e brancas.
Os gases quedan atrapados no xeo,
polo que podemos medir o CO2 --
por iso sabemos que había
menos CO2 no pasado--
e a composición química do xeo
dinos a temperatura
das rexións polares.
Se avanzamos dende
hai 20.000 anos ata hoxe,
vemos que a temperatura aumentou.
Non aumentou de xeito gradual.
Ás veces aumentaba moi rápido,
logo estabilizábase,
logo aumentaba rápido.
Era distinta nas dúas rexións polares,
e o CO2 tamén aumentou a tiróns.
Así que estamos convencidos de que
o océano ten moito que ver.
O océano almacena cantidades enormes
de carbono,
60 veces máis do que hai
na atmosfera.
Tamén intervén no transporte de calor
dun lado ao outro do ecuador,
e está cheo de nutrientes e controla
a produtividade primaria.
Así que se queremos saber o que pasa
nas profundidades do mar,
temos que baixar alí,
ver o que hai
e comezar a explorar.
Estas son imaxes espectaculares obtidas
nun monte submarino
a un quilómetro de profundidade
en augas internacionais
na zona ecuatorial do Atlántico,
lonxe de terra firme.
Sodes dos primeiros en ver
este anaco de fondo mariño,
xunto co meu equipo.
Igual estades vendo especies novas.
Non o sabemos.
Habería que recoller as mostras e facer
unha análise taxonómica rigorosa.
Aquí vedes o fermoso
Paragorgia arborea.
Nestes corais viven ofiuras.
Son esas cousas con forma de tentáculo
que saen dos corais.
Corais de distintas formas
de carbonato de calcio
viven no basalto deste enorme
monte submarino,
e o material escuro que se ve
son corais fosilizados,
dos que imos falar un pouco máis
ao retrocedermos no tempo.
Para iso temos que fretar
un barco de investigación.
Este é o James Cook, un buque
oceánico de investigación
atracado en Tenerife.
Precioso, non si?
Fantástico, se un non é
un gran mariño.
En ocasións ten máis ben
estoutro aspecto.
Estes somos nós tratando de non
perder mostras moi valiosas.
Todos á carreira, e eu
maréome moitísimo,
así que non sempre é divertido,
aínda que en xeral, si.
Para dedicarse a isto hai que ser
moi bos cartógrafos.
Non se atopa en calquera sitio esa
espectacular abundancia de coral.
É global e está a gran profundidade,
pero hai que buscala nos lugares
adecuados.
Acabamos de ver un mapamundi,
no que sinalamos
a travesía do ano pasado.
Foron sete semanas de viaxe,
e este é o mapa que nós fixemos
en sete semanas duns 75.000
quilómetros cadrados de fondo mariño,
unha porción diminuta do fondo do mar.
Desprazámonos de oeste a leste,
sobre unha zona da que un mapa
a gran escala non mostraría nada,
aínda que algúns destes montes teñen
o tamaño do Everest.
Cos mapas que facemos a bordo,
obtemos unha resolución duns 100 metros,
o que abonda para decidir
onde despregar o equipo,
pero non permite ver gran cousa.
Para facer isto precisamos
dispositivos con control remoto
que se desprazan a uns cinco metros
do fondo.
Dese xeito podemos obter mapas
cunha resolución dun metro
a miles de metros de profundidade.
Este é un deses dispositivos remotos,
un vehículo de máxima precisión.
Dispón de grandes focos
na parte superior,
cámaras de alta definición,
brazos robóticos,
e múltiples caixiñas e cousas
para gardar as mostras.
Esta era a nosa primeira inmersión
nesta expedición concreta.
Estámonos mergullando.
Imos rápido para que
outros barcos non afecten
aos nosos dispositivos
con control remoto.
Imos descendendo,
e estas son as cousas que se ven.
Estas son esponxas de augas profundas,
a escala dun metro.
Aquí vemos unha holoturia nadando --
en esencia, unha pequena lesma mariña.
Esta está a cámara lenta.
A maioría das imaxes que amoso
están aceleradas,
porque todo isto leva moito tempo.
Esta é outra fermosa holoturia.
E o animal que ides ver agora
foi unha gran sorpresa.
Nunca vira algo así e colleunos
a todos un pouco por sorpresa.
Levabamos unhas 15 horas traballando
e estabamos algo sobreexcitados
e de repente este monstro
pasou a rolos por diante de nós
Chámase pirosoma, ou tamén
tunicado colonial.
Non era isto o que buscabamos.
Nós andabamos á procura
de corais de augas profundas.
Ides ver deseguida
unha imaxe dun destes.
É pequeno, duns cinco centímetros de alto.
Está composto de carbonato de calcio
e vemos os seus tentáculos,
que se moven coa corrente.
Un organismo coma este vive
probablemente uns cen anos.
Ao medrar, vai tomando substancias
químicas do océano.
E a cantidade destas substancias
depende da temperatura, do pH
e dos nutrientes.
Se logramos entender como se integran
estas substancias no esqueleto,
podemos voltar, recoller
espécimes fósiles
e reconstruír como era
o océano no pasado.
Aquí estamos recollendo ese coral
cun sistema de baleiro,
para poñelo nun recipiente de mostras.
Debo engadir que o facemos
con moitísimo coidado.
Algúns destes organismos viven
aínda máis tempo.
Esta é unha foto dun coral negro
chamado leiopathes.
Foi tomada por un colega, Brendan Roark,
en Hawaii, a 500 metros de profundidade.
Catro mil anos é moito tempo.
Se collemos unha póla dun
destes corais e a pulimos,
isto son uns 100 microns.
Brendan analizou varias seccións
deste coral
--pódense ver as marcas--
e puido demostrar que en realidade
se trata de franxas anuais,
de modo que mesmo a 500 metros
de profundidade
os corais poden rexistrar
cambios estacionais.
o cal é bastante espectacular.
Pero 4.000 anos non abonda para chegar
ao punto máximo da última glaciación.
Que facemos entón?
Pois imos por estes espécimes fósiles.
Por isto non lle caio moi ben
ao meu equipo.
Cando nos mergullamos,
vemos moitos tiburóns xigantes,
pirosomas, holoturias nadando,
esponxas xigantes,
pero eu obrígoos a baixar
ás zonas mortas dos fósiles,
onde pasan horas remexendo
o fondo mariño.
Recollemos todos estes corais,
subímolos e clasificámolos.
Son de distintas idades, e
se logramos determinar
a de cada espécime
e medir eses sinais químicos,
iso axúdanos a saber
que aconteceu no océano
en épocas pasadas.
Para obter a imaxe da esquerda,
collín unha sección de coral,
pulina con moito coidado
e fotografeina.
Para a imaxe da dereita
puxemos o mesmo anaco de coral
nun reactor nuclear,
inducimos a fisión
e cada vez que hai desintegración
queda unha marca no coral,
e así podemos ver
a distribución do uranio.
Por que facemos isto?
O uranio é un elemento
con moi mala reputación,
pero a min encántame.
A desintegración axúdanos a coñecer
os ritmos e as datas
do que acontece no océano.
Se lembrades o que dixen ao comezo,
iso é o que queremos saber
cando pensamos no clima.
Así que aplicamos un láser
a estes corais para analizar
o uranio e un dos seus
produtos fillos, o torio,
e iso dinos con exactitude
a idade dos fósiles.
Esta fermosa animación
do Océano Antártico
servirame para ilustrar como
empregamos estes corais
para obter información
sobre o océano arcaico.
Podedes ver a densidade
das augas superficiais
nesta imaxe animada creada
por Ryan Abernathey.
Mostra os datos dun só ano
pero pódese ver o dinámico
que é o Océano Antártico.
A intensa mestura, sobre todo
o Paso de Drake,
sinalado cun recadro,
é de feito unha das correntes
máis fortes do mundo
a que flúe por aquí
de oeste a leste.
A mestura é moi turbulenta,
porque circula sobre eses enormes
montes submarinos,
o cal permite o intercambio
de calor e CO2 coa atmosfera.
En esencia, os océanos respiran
a través do Océano Antártico.
Recollimos corais ao longo
de todo este paso antártico,
e descubrimos algo bastante sorprendente
grazas á datación do uranio:
os corais migraron de sur a norte
durante esta transición da glaciación
ao período interglaciar.
Non sabemos ben por que,
pero pensamos que ten que ver
coas fontes de alimento
e se cadra coa concentración
de osíxeno na auga.
Neste punto nos atopamos.
Vou ilustrar o que penso que levamos
descuberto sobre o clima
grazas aos corais do Océano Antártico.
Subimos e baixamos montes submarinos.
Recollimos pequenos fósiles de coral.
Así o represento eu.
Pensamos que durante
a glaciación,
segundo as nosas análises dos corais,
a zona profunda do Océano Antártico
era moi rica en carbono
e había unha capa de baixa densidade
xusto encima
que impedía que o carbono
saíse do océano.
Entón atopamos corais
dunha idade intermedia
que demostran que o océano se mesturou
no medio desa transición climática.
Iso permite ao carbono
saír da zona máis profunda.
E se analizamos corais máis
próximos á época moderna,
ou se baixamos hoxe mesmo alí
e medimos as propiedades químicas
dos corais,
vemos que pasamos a unha situación
na que pode haber intercambio de carbono.
Este é o modo en que os corais fósiles
nos axudan a aprender cousas
sobre o medio.
Déixovos cunha última diapositiva.
É unha imaxe fixa tirada da primeira
gravación que mostrei.
É un xardín de corais espectacular.
Non esperabamos atopar
algo tan fermoso.
Está a miles de metros de profundidade.
Hai especies novas.
É simplemente un lugar fermoso.
Tamén hai fósiles,
e veño de prepararvos para
valorar os fósiles de coral
que se atopan aló abaixo.
A próxima vez que teñades a sorte
de voar sobre o océano
ou de navegar por el,
lembrade que aló abaixo
hai enormes montes submarinos
que ninguén viu aínda,
e fermosos corais.
Grazas.
(Aplausos)