WEBVTT 00:00:04.349 --> 00:00:07.209 Estar en parella é sinónimo de tenrura, de amor compartido. 00:00:07.229 --> 00:00:09.069 Soñamos con ter cativos. 00:00:09.859 --> 00:00:11.159 Un futuro cheo de agarimos. 00:00:12.229 --> 00:00:14.539 De súpeto un día atopámonos na situación. 00:00:14.539 --> 00:00:18.319 E non sempre todo é como pensaramos. 00:00:18.319 --> 00:00:23.729 Nas parellas, como cos fillos, hai momentos dfíciles. 00:00:23.729 --> 00:00:27.489 Ás veces reaccionamos de maneira esaxerada. 00:00:27.489 --> 00:00:31.489 Nunca me imaxinaría que podería chegar a sentir 00:00:31.489 --> 00:00:35.489 tales impulsos de violencia, 00:00:35.489 --> 00:00:39.969 cara ás persoas que máis quero no mundo. 00:00:39.969 --> 00:00:42.389 Son psicoterapeuta, 00:00:42.389 --> 00:00:44.649 e dende sempre tentei entender 00:00:44.649 --> 00:00:47.019 os motivos do noso comportamento. 00:00:47.019 --> 00:00:51.019 Por que os adultos se comportan dun xeito tan esaxerado? 00:00:51.019 --> 00:00:53.359 E por que os cativos non fan simplemente 00:00:53.359 --> 00:00:56.379 todo o que lles pedimos? 00:00:56.379 --> 00:00:57.519 (Risas) 00:01:00.598 --> 00:01:04.468 Para responder estas preguntas 00:01:04.468 --> 00:01:06.818 lin e estudei os científicos. 00:01:06.818 --> 00:01:08.888 Hoxe en día todo o mundo fala do estrés. 00:01:08.888 --> 00:01:13.328 Foi o académico Hans Selye quen introduciu este concepto, 00:01:13.328 --> 00:01:14.708 nos anos 50, 00:01:14.708 --> 00:01:17.878 para describir a reacción de adaptación do organismo 00:01:17.878 --> 00:01:19.598 fronte aos estímulos. 00:01:19.598 --> 00:01:23.158 É dicir, o estrés é unha reacción de adaptación. 00:01:23.158 --> 00:01:25.378 Para garantir a nosa supervivencia, 00:01:25.378 --> 00:01:29.578 no noso cerebro hai unha pequena glándula: a amígdala. 00:01:29.578 --> 00:01:33.028 Dende o comezo dos tempos, ao mínimo perigo 00:01:33.908 --> 00:01:36.688 esta activa as alarmas no organismo: 00:01:36.688 --> 00:01:38.738 adrenalina, cortisol. 00:01:38.738 --> 00:01:44.338 O noso corpo prepárase para loitar ou fuxir. 00:01:44.338 --> 00:01:49.348 Se non podo nin loitar nin fuxir, 00:01:49.355 --> 00:01:52.005 paralízome, fago o morto, 00:01:52.005 --> 00:01:55.395 o meu corpo queda insensibilizado. 00:01:55.395 --> 00:02:00.185 Un perigo, pero tamén unha frustración, un problema 00:02:00.185 --> 00:02:05.085 poden provocar estrés tanto nos cativos coma nos adultos. 00:02:05.085 --> 00:02:09.015 Consideremos o estrés coma unha reacción física. 00:02:09.015 --> 00:02:11.655 Adrenalina, cortisol no corpo. 00:02:11.655 --> 00:02:14.695 Aceleración do ritmo cardíaco, rixidez muscular, 00:02:14.695 --> 00:02:16.755 bloqueamos a mandíbula, 00:02:16.755 --> 00:02:20.275 temos ganas de mallar nalguén, tirar con todo arredor. 00:02:20.275 --> 00:02:23.275 As nosas pernas queren patalexar, correr. 00:02:23.275 --> 00:02:26.605 Nós, adultos, temos a capacidade 00:02:27.275 --> 00:02:30.335 de controlar esta reacción de estrés. 00:02:30.335 --> 00:02:32.165 Mesmo sen ser sempre fácil 00:02:32.165 --> 00:02:34.255 cando a nosa parella deixa todo tirado 00:02:34.255 --> 00:02:37.595 ou o cativo de dous anos non quere calzarse. 00:02:37.595 --> 00:02:41.215 Porén, o cerebro dos cativos 00:02:41.215 --> 00:02:45.995 aínda non lles permite controlar este estrés. 00:02:45.995 --> 00:02:50.315 Cando os nosos fillos estouran, sempre escoitamos: 00:02:50.315 --> 00:02:53.215 "Hailles que pór uns límites!" 00:02:53.215 --> 00:02:55.645 E entramos na relación de forzas. 00:02:55.645 --> 00:02:57.445 A risco de perder a nosa forza, 00:02:57.445 --> 00:02:59.835 porque iso é o que acaba pasando. 00:03:00.745 --> 00:03:04.745 Na loita por ser o máis forte, todo o mundo perde. 00:03:04.745 --> 00:03:10.615 Ás veces cremos que facemos entrar ao neno en razón. 00:03:10.615 --> 00:03:12.895 Porque deixa de molestar. 00:03:12.895 --> 00:03:14.765 Non é que se faga bo. 00:03:14.765 --> 00:03:17.235 Simplemente está inmobilizado 00:03:17.235 --> 00:03:20.165 pola acción do estrés. 00:03:22.369 --> 00:03:25.329 Poñer límites é coma... 00:03:25.329 --> 00:03:28.309 poñer un testo sobre o leite que ferve. 00:03:28.309 --> 00:03:31.349 O leite bótase fóra de todos os xeitos. 00:03:31.349 --> 00:03:34.069 Hai que manter a presión. 00:03:34.069 --> 00:03:35.969 E teremos que limpar todo arredor. 00:03:35.969 --> 00:03:39.739 Tampouco é cuestión de quedar a mirar como se bóta fóra 00:03:39.739 --> 00:03:41.159 sen facer nada. 00:03:41.159 --> 00:03:44.408 E se pechamos o gas? 00:03:44.408 --> 00:03:47.788 Vouvos contar como un día, 00:03:47.788 --> 00:03:54.038 miña nai soubo apagar o gas cando me botei fóra. 00:03:54.038 --> 00:03:56.128 Eu tiña 13 anos. 00:03:56.128 --> 00:03:59.018 E deille unha labazada a miña nai. 00:03:59.018 --> 00:04:02.108 Si, deille unha labazada a miña nai. 00:04:02.108 --> 00:04:05.076 Non o fixen intencionadamente. 00:04:05.076 --> 00:04:07.116 E ela entendeuno. 00:04:07.116 --> 00:04:10.416 Por suposto, naquel momento devolveume a labazada. 00:04:10.416 --> 00:04:12.836 Pero despois deste acto reflexo 00:04:13.636 --> 00:04:15.426 veu falar comigo. 00:04:15.426 --> 00:04:17.156 Facerme falar. 00:04:17.156 --> 00:04:18.466 Ela sabía que 00:04:18.466 --> 00:04:22.286 cando un cativo vai ao médico 00:04:22.286 --> 00:04:24.556 para que lle poñan unha inxección, 00:04:24.556 --> 00:04:26.026 cando volve á casa 00:04:26.026 --> 00:04:30.426 non para ata que todo o mundo recibe unha. 00:04:30.426 --> 00:04:33.792 Poñéndose sempre do lado bo da xiringa. 00:04:33.792 --> 00:04:39.162 Miña nai buscou a orixe desta labazada. 00:04:39.162 --> 00:04:42.052 Eu viñera da casa dunha amiga 00:04:42.052 --> 00:04:46.702 e conteille á mina nai a escena que presenciara. 00:04:48.202 --> 00:04:51.512 A miña amiga tivera unha discusión moi forte con súa nai. 00:04:51.512 --> 00:04:55.842 Esta déralle unha labazada e a miña amiga devolvéralla. 00:04:55.842 --> 00:04:58.992 Eu quedara alucinada. 00:05:00.992 --> 00:05:02.952 Non o entendía. 00:05:02.952 --> 00:05:06.491 Volvín á casa coma unha autómata. 00:05:08.939 --> 00:05:11.459 Incapaz de pensar, 00:05:11.459 --> 00:05:12.846 de sentir, 00:05:12.846 --> 00:05:14.176 de falar, 00:05:15.481 --> 00:05:18.391 mesmo de comprender o que sucedera dentro de min, 00:05:18.391 --> 00:05:20.751 ata que vin a miña nai. 00:05:22.321 --> 00:05:24.111 Nese intre 00:05:24.111 --> 00:05:26.861 ao ver a miña nai, a miña seguridade, 00:05:26.861 --> 00:05:30.701 foi coma se o meu corpo tivera permiso 00:05:30.701 --> 00:05:34.941 para saír da súa parálise. 00:05:34.942 --> 00:05:36.232 E foi entón 00:05:36.232 --> 00:05:37.902 cando a tensión, 00:05:39.373 --> 00:05:45.003 reprimida dende a escena das labazadas na casa da miña amiga, 00:05:45.003 --> 00:05:47.373 saíu á superficie. 00:05:47.373 --> 00:05:49.643 Adrenalina, cortisol, 00:05:49.643 --> 00:05:52.063 o meu corpo espertaba. 00:05:53.323 --> 00:05:56.013 Rixidez muscular, comezaba a sentirme 00:05:56.013 --> 00:05:58.543 cada vez máis anoxada e tensa. 00:05:59.299 --> 00:06:03.079 Como sentira esta agresividade 00:06:03.079 --> 00:06:07.909 dende o intre no que vin a miña nai, atribuínlle a ela a causa. 00:06:09.346 --> 00:06:12.336 Enfadeime con ela por un nada. 00:06:13.896 --> 00:06:15.136 E foi entón 00:06:16.016 --> 00:06:19.246 cando o meu corpo fixo algo que me deixou estupefacta. 00:06:20.307 --> 00:06:22.247 Reproduciu a labazada. 00:06:23.131 --> 00:06:24.971 O meu cerebro, 00:06:24.971 --> 00:06:28.091 ao non atopar as palabras para explicarlle a situación a miña nai, 00:06:28.091 --> 00:06:32.091 guiou o meu corpo para amosarlle 00:06:32.091 --> 00:06:34.461 a labazada que me fixera dano. 00:06:35.786 --> 00:06:37.226 Para que me axudara. 00:06:37.226 --> 00:06:38.776 E axudoume. 00:06:38.776 --> 00:06:42.776 Axudoume a poñerlle nome ás miñas emocións. 00:06:42.776 --> 00:06:45.746 Axudoume a apagar o gas, 00:06:45.746 --> 00:06:49.266 baixo o leite que fervía no meu interior. 00:06:50.226 --> 00:06:53.266 Podía confiar nela. 00:06:56.372 --> 00:06:58.322 Outra situación. 00:06:58.322 --> 00:06:59.442 Na rúa. 00:07:00.647 --> 00:07:02.227 Unha nai e o seu fillo. 00:07:02.227 --> 00:07:04.537 O neno camiña tranquilamente. 00:07:05.927 --> 00:07:09.717 Hai moitos coches, a nai enfádase e di: 00:07:09.717 --> 00:07:11.767 "Dáme a man agora mesmo!" 00:07:12.617 --> 00:07:18.227 O neno rexeita a man da súa nai e afástase. 00:07:18.967 --> 00:07:20.421 Para o neno, 00:07:20.421 --> 00:07:23.651 o acto de rexeitar a man non é unha decisión consciente. 00:07:23.651 --> 00:07:26.841 É unha reacción automática de estrés. 00:07:28.225 --> 00:07:31.405 O noso estrés estresa aos nosos fillos, 00:07:31.405 --> 00:07:35.065 e provoca unha reacción biolóxica 00:07:35.065 --> 00:07:41.255 que desconecta as capas superiores do seu cerebro. 00:07:42.205 --> 00:07:46.075 Ás veces pedímoslle aos cativos 00:07:47.591 --> 00:07:50.891 que reflexionen sobre o seu comportamento, sen moito resultado. 00:07:50.891 --> 00:07:54.061 Comprensible, porque o seu cerebro xa non está conectado. 00:07:54.061 --> 00:07:59.731 Que facer para reconectar o cerebro dos nosos fillos? 00:07:59.731 --> 00:08:03.731 Que facer para desactivar o circuíto do estrés? 00:08:03.731 --> 00:08:06.931 Convocamos á "señora Oxitocina". 00:08:07.731 --> 00:08:11.863 A oxitocina, a hormona do amor, das relacións. 00:08:11.863 --> 00:08:18.643 A hormona que permite reducir o estrés. 00:08:18.693 --> 00:08:21.293 Tocar ao neno. 00:08:21.293 --> 00:08:23.663 Miralo con agarimo. 00:08:24.655 --> 00:08:27.755 Comunicarse de xeito tenro con el, 00:08:28.836 --> 00:08:34.716 permítelle activar outra vez o cerebro e xestionar o estrés. 00:08:34.716 --> 00:08:38.146 Foi o que fixo miña nai comigo. 00:08:39.904 --> 00:08:41.274 "Porén... 00:08:41.274 --> 00:08:46.088 non recompensa iso un comportamento inaceptable?", 00:08:46.088 --> 00:08:48.328 dirán algúns. 00:08:48.328 --> 00:08:52.678 A maioría de nós aprendemos a considerar 00:08:52.678 --> 00:08:55.338 o amor coma unha recompensa. 00:08:56.522 --> 00:09:00.522 A neurociencia demostrou 00:09:00.522 --> 00:09:04.012 que manifestarlle o noso amor aos nosos fillos 00:09:04.012 --> 00:09:08.012 desencadea unha secreción de oxitocina, 00:09:08.012 --> 00:09:11.472 multiplica o número de receptores de oxitocina no noso cerebro, 00:09:12.993 --> 00:09:16.343 diminúe as hormonas do estrés, 00:09:16.343 --> 00:09:18.733 aumenta a inmunidade, 00:09:18.733 --> 00:09:24.903 e desenvolve os circuítos neuronais no córtex prefrontal. 00:09:24.903 --> 00:09:29.323 O córtex prefrontal é o que permite a empatía, 00:09:29.323 --> 00:09:31.823 o autocontrol. 00:09:31.823 --> 00:09:35.413 O que permite o control das emocións, 00:09:35.413 --> 00:09:36.793 a anticipación, 00:09:36.793 --> 00:09:41.153 a capacidade de entender e de identificar o impacto das nosas accións, 00:09:41.153 --> 00:09:42.593 a responsabiilidade. 00:09:42.593 --> 00:09:46.543 Esta parte do cerebro é a que temos que desenvolver nos nosos fillos. 00:09:46.543 --> 00:09:47.973 Grazas 00:09:49.813 --> 00:09:54.223 a un xesto, un sorriso, un chisco de atención, 00:09:54.229 --> 00:09:58.619 preparamos os nosos cativos para a felicidade. 00:10:00.919 --> 00:10:04.299 Literalmente, equipámolos para enfrontarse ao estrés. 00:10:05.458 --> 00:10:08.288 Ensinámoslles 00:10:10.259 --> 00:10:11.989 a non reaccionar de xeito esaxerado, 00:10:11.989 --> 00:10:16.389 a non facelo máis tarde, cando tamén eles teñan fillos. 00:10:16.389 --> 00:10:20.949 O amor é coma combustible para controlar o estrés. 00:10:20.949 --> 00:10:22.519 Concretamente, 00:10:23.677 --> 00:10:26.497 gustaríame compartir convosco 00:10:26.497 --> 00:10:28.887 unha pequena técnica que levamos a cabo, 00:10:28.887 --> 00:10:30.407 a miña parella e mais eu. 00:10:30.941 --> 00:10:32.781 Explícovos a situación: 00:10:32.781 --> 00:10:34.971 son as 7 da tarde, 00:10:34.971 --> 00:10:36.841 pasei o día cos nenos, 00:10:36.841 --> 00:10:39.751 é un pouco tarde, e cando el chega 00:10:39.751 --> 00:10:45.111 resulta que esqueceu a compra que lle pedira que fixese. 00:10:45.111 --> 00:10:46.751 Encabúxome. 00:10:48.341 --> 00:10:50.181 A miña parella séntese culpable. 00:10:50.181 --> 00:10:54.181 Senta diante do televisor ou volve saír para ir á farmacia. 00:10:54.181 --> 00:10:58.181 É normal: un home non ten dereito de facerlle dano a unha muller. 00:10:58.181 --> 00:11:00.851 Non quere loitar. E foxe. 00:11:01.877 --> 00:11:04.827 Pero mesmo se volve saír para mercar o que lle mandara, 00:11:04.827 --> 00:11:06.797 non me vale tampouco. 00:11:06.797 --> 00:11:10.357 De feito, a compra, a farmacia, non eran máis que excusas. 00:11:10.357 --> 00:11:13.745 O que precisaba era que me abrazase. 00:11:13.745 --> 00:11:16.465 Por que non llo pedín? 00:11:16.465 --> 00:11:19.145 Non parece moi lóxico que lle berre. 00:11:19.145 --> 00:11:20.375 Porén, 00:11:20.375 --> 00:11:23.435 debemos ver que si que é lóxico. 00:11:23.435 --> 00:11:26.145 Sentinme soa, impotente todo o día. 00:11:26.145 --> 00:11:30.065 É normal que queira recuperar un pouco de poder, 00:11:30.065 --> 00:11:31.785 sentirme forte, 00:11:31.785 --> 00:11:34.305 levar a razón polo menos unha vez. 00:11:35.005 --> 00:11:37.294 Por iso berro, ataco, 00:11:38.434 --> 00:11:40.354 estou baixo os efectos do estrés. 00:11:40.354 --> 00:11:43.224 É aquí onde entra en xogo a nosa técnica. 00:11:43.224 --> 00:11:46.064 Cando estou a piques de rebentar, 00:11:46.064 --> 00:11:49.424 el vén, abrázame con tenrura 00:11:49.424 --> 00:11:50.594 e dime: 00:11:51.764 --> 00:11:52.534 "Veña! 00:11:53.474 --> 00:11:55.024 Veña!" 00:11:55.024 --> 00:11:56.994 Por suposto, intento apartalo. 00:11:57.525 --> 00:11:59.045 Porque... 00:11:59.783 --> 00:12:01.473 sería demasiado fácil! 00:12:01.473 --> 00:12:02.566 (Risas) 00:12:02.566 --> 00:12:03.776 E despois, 00:12:04.778 --> 00:12:06.408 éntrame a inseguridade 00:12:08.367 --> 00:12:12.797 de se me seguiría querendo se deixase de ser forte e perfecta. 00:12:13.997 --> 00:12:16.557 É incrible se pensamos niso. 00:12:16.557 --> 00:12:19.087 Atácoo ou fuxo del para que me queira. 00:12:21.032 --> 00:12:22.782 Así que dígolle: 00:12:23.541 --> 00:12:26.401 "Para, ho! Non ves que teño máis cousas que facer? 00:12:26.401 --> 00:12:28.181 Sempre pensando no mesmo!" 00:12:28.181 --> 00:12:29.161 (Risas) 00:12:29.161 --> 00:12:32.001 Fuxo porque xa non o podo atacar. 00:12:32.001 --> 00:12:34.621 Aínda estou baixo o efecto do estrés. 00:12:34.621 --> 00:12:38.621 Se el aguanta sete segundos, 00:12:39.841 --> 00:12:43.841 a oxitocina comeza a inundar o meu cerebro. 00:12:44.651 --> 00:12:46.421 Síntome mellor. 00:12:46.421 --> 00:12:52.321 A oxitocina provoca sensación de benestar, de confianza, 00:12:52.831 --> 00:12:54.651 de atención polo outro. 00:12:55.272 --> 00:12:59.892 Despois de vinte segundos, síntome moito mellor. 00:12:59.892 --> 00:13:03.892 Reláxome e bótome a chorar. 00:13:03.892 --> 00:13:07.372 Está claro que isto non funciona con todo o mundo. 00:13:07.962 --> 00:13:11.772 Ás veces hai persoas que non aturan os abrazos. 00:13:12.512 --> 00:13:15.162 Son aqueles e aquelas que, cando eran cativos, 00:13:15.162 --> 00:13:18.162 foron rexeitados polos seus propios pais. 00:13:19.379 --> 00:13:22.469 Teñen menos receptores de oxitocina. 00:13:22.469 --> 00:13:24.849 Teñen un circuíto de estrés moi activo, 00:13:24.849 --> 00:13:27.649 e unha impulsividade moi forte. 00:13:27.649 --> 00:13:31.339 Pero iso pódese arranxar con amor. 00:13:31.339 --> 00:13:35.509 O amor tamén é moi eficaz cos nosos fillos. 00:13:36.655 --> 00:13:40.655 O amor tamén é moi eficaz cos nosos fillos. 00:13:40.655 --> 00:13:42.765 Lembrádesvos do leite? 00:13:43.525 --> 00:13:48.245 O amor é coma un súper botón para apagar o gas. 00:13:49.295 --> 00:13:51.185 A próxima vez 00:13:51.185 --> 00:13:54.805 que sintades vir a relación de forza, 00:13:55.924 --> 00:13:59.924 teredes unha nova idea para poñer en acción: 00:14:01.121 --> 00:14:02.541 respirar, 00:14:03.864 --> 00:14:07.864 retomar o contacto co amor que sentides polo voso cativo 00:14:07.864 --> 00:14:10.074 e abrazalo con forza. 00:14:10.074 --> 00:14:12.844 Canto menos, eu míroo con tenrura. 00:14:12.844 --> 00:14:15.954 Se cadra non se tranquiliza decontado. 00:14:15.954 --> 00:14:19.474 Pode ser que aínda precise liberar un pouco de tensión. 00:14:19.474 --> 00:14:22.724 O máis importante é que creemos un vínculo. 00:14:22.724 --> 00:14:24.304 Cando o facemos, 00:14:26.190 --> 00:14:28.240 podo reconectar o seu cerebro. 00:14:28.240 --> 00:14:31.060 Eu recupero tamén o meu, 00:14:31.060 --> 00:14:36.310 e volvo ser capaz de dicirlle tranquilamente o que debe facer. 00:14:36.310 --> 00:14:37.730 "Na rúa, a man!" 00:14:38.868 --> 00:14:43.148 E á miña parella, de enviarlle un SMS cunha soa palabra: 00:14:43.148 --> 00:14:45.248 "Farmacia". 00:14:46.961 --> 00:14:49.861 Responder con amor a una situación de crise 00:14:51.771 --> 00:14:53.541 require moito esforzo 00:14:53.541 --> 00:14:55.391 que se ve rapidamente recompensado. 00:14:55.391 --> 00:14:57.801 Así gañamos moito tempo. 00:15:00.663 --> 00:15:01.363 E se 00:15:02.421 --> 00:15:06.421 encheramos o depósito antiestrés 00:15:06.421 --> 00:15:07.561 dende pola mañá? 00:15:07.561 --> 00:15:09.961 Se traballaramos con antelación 00:15:09.961 --> 00:15:13.151 para que poidan afrontar mellor o seu día? 00:15:14.558 --> 00:15:18.558 Cinco minutos de tenrura todos os días 00:15:18.558 --> 00:15:20.668 poderían cambiar as nosas vidas? 00:15:21.448 --> 00:15:23.218 Paga a pena intentalo! 00:15:24.416 --> 00:15:25.486 Grazas. 00:15:25.486 --> 00:15:29.486 (Aplausos)