WEBVTT 00:00:05.920 --> 00:00:10.115 [Como transcribir] 00:00:10.455 --> 00:00:14.091 Transcribir significa crear subtítulos na lingua do vídeo. 00:00:14.116 --> 00:00:16.837 Vale. Pero para que necesitamos transcricións? 00:00:17.031 --> 00:00:20.705 Os subtítulos no idioma do vídeo axudan de tres formas. 00:00:21.580 --> 00:00:24.296 Permítenlle a persoas xordas e con problemas de audición 00:00:24.311 --> 00:00:25.701 acceder á charla. 00:00:25.979 --> 00:00:28.930 Axudan a difundir na Web as ideas das charlas, 00:00:28.955 --> 00:00:31.305 porque logo de que o vídeo teña unha transcrición, 00:00:31.330 --> 00:00:34.924 aparecerá en Google cando se busquen temas relacionados. 00:00:35.299 --> 00:00:37.787 E por último, cando unha charla ten transcrición 00:00:37.812 --> 00:00:41.668 pode traducirse a outros idiomas e difundirse polo mundo adiante. 00:00:42.246 --> 00:00:46.043 Perfecto. E como se transcribe? 00:00:46.628 --> 00:00:50.735 Polo xeral, cando se transcribe, escríbese todo o que se oe 00:00:50.760 --> 00:00:53.548 e fíxase o momento en que aparece o subtítulo 00:00:53.573 --> 00:00:55.138 e o momento en que desaparece. 00:00:55.355 --> 00:00:58.048 No entanto, hai outras regras simples 00:00:58.073 --> 00:01:00.828 que cómpre ter en conta ao transcribir. 00:01:00.853 --> 00:01:04.108 Non transcribas lapsus linguae nin erros obvios, 00:01:04.134 --> 00:01:08.203 por exemplo se quen fala di "nós pensas” no canto de "nós pensamos”. 00:01:08.821 --> 00:01:11.834 Faga de cada subtítulo un texto claro, 00:01:11.859 --> 00:01:14.584 aínda que o orador dubide no medio da frase, 00:01:14.609 --> 00:01:18.425 ou aínda que lle dea patadas á gramática ao falar nun idioma estranxeiro. 00:01:19.448 --> 00:01:23.619 Respecte a lonxitude da liña, a do subtítulo e a velocidade de lectura. 00:01:23.644 --> 00:01:26.353 E lembre que, igual que cando traduce, 00:01:26.378 --> 00:01:29.886 nalgunhas ocasións, cando non abonde con axustar a minutaxe, 00:01:29.911 --> 00:01:33.303 terá que reducir o texto nos subtítulos 00:01:33.328 --> 00:01:35.438 para manter a velocidade de lectura. 00:01:36.391 --> 00:01:39.793 Tente sincronizar o subtítulo co que se estea a dicir. 00:01:40.958 --> 00:01:45.901 Tanto ten se se o subtítulo se superpón un pouco sobre seguinte frase que se di, 00:01:45.926 --> 00:01:49.120 sobre todo se se precisa para ter unha boa velocidade de lectura. 00:01:50.582 --> 00:01:56.226 No entanto, non comece o subtítulo máis de 100 milisegundos antes 00:01:56.251 --> 00:01:59.008 de que a frase se diga. 00:01:59.033 --> 00:02:02.787 Se non, dariámoslle ao espectador unha sensación de anticipación estraña 00:02:02.812 --> 00:02:06.943 ao ver que a linguaxe corporal de quen fala non se axusta ao subtítulo. 00:02:06.968 --> 00:02:11.953 E non deixe que o subtítulo dure en pantalla máis de 1 segundo 00:02:11.978 --> 00:02:14.852 despois de que se diga a frase correspondente. 00:02:16.040 --> 00:02:19.250 Non termine o subtítulo cun anaco da seguinte frase. 00:02:19.275 --> 00:02:24.258 Se é posible, faga subtítulos con frases ou enunciados completos. 00:02:24.283 --> 00:02:26.297 Así será máis fácil de seguir, 00:02:26.322 --> 00:02:28.601 e tamén máis fácil de traducir, 00:02:28.626 --> 00:02:30.789 pois a sintaxe do idioma de destino 00:02:30.814 --> 00:02:33.156 pode facer imposible dividir a oración 00:02:33.181 --> 00:02:35.290 tal e como está na transcrición. 00:02:35.845 --> 00:02:39.376 Inclúa notas dos sons para persoas xordas ou con dificultades auditivas. 00:02:40.103 --> 00:02:41.539 Use parénteses, 00:02:41.564 --> 00:02:45.836 para indicar risas, música e aplausos, 00:02:45.861 --> 00:02:48.546 identifique os cambios de orador fóra de pantalla 00:02:48.571 --> 00:02:53.007 e describa calquera outro son esencial para entender a charla. 00:02:54.008 --> 00:02:59.179 Ningún subtítulo debe estar en pantalla menos de 1 segundo nin máis de 7. 00:02:59.750 --> 00:03:02.190 Para fragmentos máis longos de música ou aplausos, 00:03:02.190 --> 00:03:05.495 a información sobre o son debe aparecer só os primeiros 3 segundos, 00:03:05.520 --> 00:03:07.660 e indicar ao final que o son remata. 00:03:08.273 --> 00:03:11.391 Se aparece un texto en pantalla, no idioma da charla, 00:03:11.416 --> 00:03:15.662 por exemplo subtítulos nun vídeo que se reproduce en escena, 00:03:15.687 --> 00:03:20.789 transcriba este texto, se se pode facer sen solapalo con outros subtítulos. 00:03:21.447 --> 00:03:26.196 Isto permitirá traducilo a outros idiomas. 00:03:26.369 --> 00:03:30.524 E para indicar que é texto en pantalla e non palabras do orador, 00:03:30.549 --> 00:03:32.140 use corchetes. 00:03:33.109 --> 00:03:37.888 Infórmese da grafía correcta dos nomes propios usados na charla. 00:03:38.146 --> 00:03:40.762 Se non entende o que di o orador, 00:03:40.787 --> 00:03:43.843 pregunte no grupo "I transcribe TEDx talks" 00:03:43.868 --> 00:03:46.526 ou no grupo do seu idioma en Facebook. 00:03:47.052 --> 00:03:50.096 E sobre todo lembre que, ao transcribir, 00:03:50.121 --> 00:03:52.649 está a prestarlle un gran servizo ao mundo enteiro 00:03:52.674 --> 00:03:57.290 porque permite que as ideas da charla acaden unha audiencia más ampla, global. 00:03:57.315 --> 00:03:59.475 Se quere saber máis sobre transcricións 00:03:59.500 --> 00:04:03.967 lea a guía "How to tackle a Transcript " onde se explica con detalle. 00:04:03.992 --> 00:04:08.052 E agora, felices transcricións e traducións!