Estou aquí para falar do cambio climático,
pero realmente non son un ecoloxista.
De feito nunca me considerei
unha persoa moi conectada coa natureza.
Nunca fun de campamento,
nin fixen sendeirismo
e nunca criei unha mascota.
Vivín toda a miña vida en cidades,
máis ben nunca única cidade.
E aínda que me gusta viaxar
para visitar a natureza,
sempre pensei nela como algo
que ocorría noutro lugar,
moi lonxe,
e que a vida moderna
era una fortaleza contra as súas forzas.
Noutras palabras,
como practicamente todas
as persoas que coñezo,
vivía a miña vida
satisfeito conmigo mesmo
e ignorando
a amenaza do quecemento global.
Cousa que pensaba
que acontecía lentamente,
a unha gran distancia
e representaba tan só unha leve
amenaza para a miña forma de vida.
Respecto a todas estas formulacións
estaba pero que moi equivocado.
Agora a maioría da xente,
cando fala do quecemento global
conta unha historia sobre o futuro.
Se eu a contase, diría:
"Segundo a ONU, se non cambiamos o rumbo,
para finais de século,
é probable
que chegemos aos 4º C de quecemento.
Isto significaría,
segundo algúns científicos,
o dobre de guerras,
a metade de alimentos,
un PIB global posiblemente dun 20 % menos
do que sería sen o quecemento global.
Isto suporía un impacto máis grave
que o da Gran Depresión,
e sería permanente.
Pero en realidade os impactos
vanse producir moito antes do 2100.
Para o ano 2050, estímase
que moitas das grandes cidades
de Asia do Sur e Oriente Medio
serán literalmente inhabitables
debido á calor que fará no verán.
Estas son cidades que hoxe en día
acollen a 10, 12 ou 15 millóns de persoas.
E en tan só tres décadas,
non se podería pasear por elas
sen arriscarse a un golpe de calor
ou a unha posible morte.
Hoxe en día o planeta
é 1.1º C máis quente
do que o era antes da industrialización.
Pode que non pareza moito,
pero en realidade sitúanos totalmente
fóra do escaparate de temperaturas
que envolven toda a historia humana.
Isto quere dicir que todo
o que coñeciamos como especie,
a evolución do animal humano,
o desenvolvemento da agricultura,
o da civilización rudimentaria,
a civilización moderna e a industrial;
todo o que coñeciamos sobre nós mesmo
como criaturas biolóxicas,
como criaturas socias,
como criaturas políticas,
todo iso é o resultado
das condicións climáticas
que xa deixamos atrás.
É como se aterrásemos
nun planeta totalmente diferente,
cun clima totalmente diferente.
E agora temos que descubrir
que parte da civilización
que traemos connosco
pode sobrevivir a estas condicións
e cal non.
E as cousas empeorarán a partir de agora.
Durante moito tempo
contáronnos que o cambio climático
era como unha saga lenta.
Comezaba coa Revolución Industrial
e tocábanos arranxar
a desfeita que os nosos avós deixaron,
para que os nosos netos
non lidasen coas consecuencias.
Foi unha historia que durou séculos.
De feito, a metade das emisións
que producimos
pola queima de combustibles fósiles
ao longo da historia da humanidade
producíronse tan só nos últimos 30 anos.
Dende que Al Gore publicou o seu primeiro
libro sobre quecemento global.
E dende que a ONU estableceu o seu
organismo de cambio climático do IPCC
causamos máis dano
que en todos os séculos
e milenios anteriores.
Agora mesmo teño 37 anos,
o que significa que a miña vida
contén toda esta historia.
Cando eu nacín parecía
que o clima do planeta era estable.
Hoxe en día
estamos ao bordo da catástrofe.
A crise climática
non é o legado dos nosos antepasados.
É obra dunha única xeración.
A nosa.
Estas poden parecer malas noticias.
En realidade son moi malas noticias.
Pero penso que tamén implican
algunhas boas noticias,
aínda que sexa de forma relativa.
Estas consecuencias son
terriblemente grandes.
Pero penso que tamén son estimulantes.
Porque son basicamente un reflexo
do grandísimo poder
que temos sobre o clima.
Se chegamos a esas horribles situacións
será porque nós mesmos
fixemos que ocorresen,
porque escollemos deixar que ocorresen.
O que significa que podemos escoller
que ocurran outras situacións tamén.
Pode que sexa un pensamento moi optimista
e, de feito,
os obstáculos políticos son enormes.
Pero é algo moi simple.
A causante do quecemento global
é a actuación humana:
canto carbono aportamos á atmosfera?
As nosas mans están nesa panca.
Nós mesmos podemos escribir
a historia do futuro clima do planeta.
Non só podemos, senón que o faremos.
Dado que a inactividade
é un tipo de actividade,
escribiremos esta historia
queiramos ou non.
Non é unha historia calquera,
a de todos nós sostendo
o futuro do planeta nas nosas mans.
É o tipo de historia que
adoitabamos identificar só na mitoloxía
e na teoloxía.
Unha única xeración
que puxo o futuro da humanidade en dúbida
e agora ten como tarefa
asegurar un novo futuro.
Como sería este?
Poderiamos ter un planeta
cuberto de paneis solares,
mirásemos a onde mirásemos.
Podería supor que, no caso de desenvolver
unha tecoloxía mellor,
nin sequera precisásemos
implementalos tan ampliamente,
xa que se calcula que
tan só un chisco do deserto do Sáhara
absorbe suficiente enerxía solar
para cubrir as necesidades mundiais.
Pero probablemente precisariamos
unha nova rede eléctrica,
unha que non perda dous terzos
da súa enerxía en calor residual
como ocorre hoxe en día nos EEUU.
Quizais poderiamos utilizar
máis enerxía nuclear,
aínda que tería que ser un tipo
de enerxía nuclear totalmente diferente,
porque a tecnoloxía actual non é
competitiva en custos
coa enerxía renovable, cuxos
prezos están caendo rapidamente.
Precisariamos un modelo novo de avión,
porque non creo que sexa
especialmente práctico
pedirlle ao mundo enteiro
que non viaxe por aire,
sobre todo xa que
gran parte do sur global,
por primeira vez,
ten cartos para facelo.
Precisamos avións
que non produzan carbono.
Precisamos un novo modelo de agricultura,
porque non podemos pedirlle á xente
que renuncie á carne e se volva vegana.
Suporía unha nova forma de criar reses.
Ou quzais unha antiga forma,
dado que xa sabemos que as prácticas
tradicionais de pastoreo
poden converter as granxas de gando
que se coñecen como fontes
de carbono, que producen CO2,
en sumidoiros de carbono, que as absorben.
Se prefiren un remedio tecnolóxico
quizais poderiamos crear
carne en laboratorios.
Probablemente poderiamos
alimentar as reses con algas,
xa que iso reduciría as súas emisións
de metano ata nun 95 ou 99 %.
Probablemente teriamos
que facer todo isto,
porque como en todos os aspectos
deste crebacabezas,
o problema é demasiado grande e complicado
para que se resolva de forma milagrosa.
E non importa
cantas solucións implementemos,
probablemente non seremos capaces
de descarbonizar a tempo.
Enfrontámonos a uns números aterradores.
Non podemos derrotar ao cambio climático,
tan só podemos vivir con el e limitalo.
Probablemente necesitariamos
certa cantidade
do que chamamos emisións negativas,
que tamén eliminan carbono da atmosfera.
Billóns de árbores novos,
ou quizais trillóns.
Plantacións enteiras de máquinas
que capturen carbono.
Quizais unha industria o doble
ou o cuádruple de grande
que o negocio do gas e o petróleo actual
para emendar o dano causado
por eses negocios nas últimas décadas.
Precisariamos
un novo tipo de infraestrutura,
construída a base dun tipo
diferente de cemento,
porque actualmente,
se este fose un país
sería o terceiro emisor
máis grande do mundo.
E China emprega tanto cemento
cada tres anos
como os EEUU en todo o século 20.
Teriamos que construír
quebraondas e diques
para protexer
a todas as persoas que viven nas costas,
pero moitas son moi pobres
para poder facelo actualmente.
Isto debería supor a fin das xeopolíticas
estreitamente nacionalistas
que permiten definir o sufrimento
dos que viven en calquera lugar do mundo
como insignificante,
incluso cando o recoñecemos.
Este futuro mellor non será sinxelo.
Pero o único obstáculo son os humanos.
Pode que non sexa un gran sosego,
se saben o mesmo ca min
sobre a crueldade e a indiferenza humana,
pero prométolles que é mellor
que a alternativa.
A ciencia non nos impide tomar medidas
e a tecnoloxía tampouco.
Posuímos as ferramentas que precisamos
hoxe en día para comezar.
Por suposto, tamén temos as ferramentas
necesarias para rematar coa fame,
as enfermidades epidémicas
e tamén o maltrato ás mulleres.
E é por iso que máis que ferramentas
precisamos novas políticas,
unha maneira de vencer
todos os obstáculos humanos:
a nosa cultura, a nosa economía,
a tendencia a esta situación,
o noso desinterese por tomarnos en serio
calquera cousa que temamos.
A nosa falta de visión.
O noso sentido do interese propio.
E o egoísmo dos ricos
e poderosos do mundo,
que teñen unha motivación mínima
para cambiar algo.
Agora si, eles tamén sufrirán,
pero non tanto
como os máis desfavorecidos,
que farán o posible
por producir menos quecemento
e serán os menos beneficiados
polos procesos que nos trouxeron
a este punto da crise,
pero levarán unha carga maior
nas vindeiras décadas.
Unha nova política
fará que manexar esa carga,
onde cae e con que intensidade,
sexa a principal prioridade da nosa época.
Fagamos o que fagamos, o quecemento
global transformará a vida moderna.
Certa cantidade de quecemento
xa está aí e é inevitable,
o que supón que seguramente
tamén exista un sufrimiento adicional.
E aínda que tomemos medias drásticas
e evitemos algunhas destas
verdadeiramente terroríficas situacións,
significaría vivir un planeta
totalmente diferente.
Cunha nova política, unha nova economía,
unha nova relación coa tecnoloxía
e unha nova relación coa natureza:
un mundo totalmente novo.
Pero relativamente habitable.
Relativamente próspero.
E verde.
Por que non o iamos escoller?
Grazas.
(Aplausos)