WEBVTT 00:00:06.159 --> 00:00:09.149 [Como revisar] 00:00:10.478 --> 00:00:14.330 Ben, xa traduciu ou transcribiu polo menos 90 minutos de charlas, 00:00:14.338 --> 00:00:18.131 viu os cambios e comentarios que outros revisores e coordinadores 00:00:18.131 --> 00:00:20.098 fixeron nos seus subtítulos, 00:00:20.123 --> 00:00:22.988 leu todas as guías e viu todos os titoriais. 00:00:23.236 --> 00:00:24.745 Benvida, benvido á revisión! 00:00:25.101 --> 00:00:27.417 A fase de revisión entre iguais é esencial 00:00:27.468 --> 00:00:29.663 no Open Translation Project. 00:00:28.937 --> 00:00:31.934 Sen vostede, non poderiamos publicar subtítulos 00:00:31.959 --> 00:00:33.559 e lanzalos polo mundo adiante. 00:00:34.175 --> 00:00:35.956 Os revisores editan os subtítulos 00:00:35.956 --> 00:00:39.354 para asegurarse de que son exactos e cumpren os estándares de calidade. 00:00:39.421 --> 00:00:42.324 Déixanlle comentarios útiles e respectuosos 00:00:42.349 --> 00:00:44.594 a quen traduce ou transcribe. 00:00:44.969 --> 00:00:47.457 A colaboración é unha parte esencial do proceso, 00:00:47.457 --> 00:00:50.658 e os revisores deben estar dispostos a discutir as súas edicións 00:00:50.658 --> 00:00:52.726 e cooperar para melloralas. 00:00:53.091 --> 00:00:56.969 Cando revise subtítulos, siga esta lista de control. 00:00:57.612 --> 00:00:59.953 Un.- Estilo técnico. 00:01:01.144 --> 00:01:05.748 Asegúrese de que todos os subtítulos cumpran as normas TED. 00:01:06.924 --> 00:01:08.692 Comprobe que as unidades gramaticais 00:01:08.702 --> 00:01:11.052 non se quebraron en dúas liñas ou subtítulos. 00:01:11.552 --> 00:01:16.873 No mesmo subtítulo non debe aparecer o final dunha frase e o comezo doutra. 00:01:18.584 --> 00:01:23.155 Hai varias técnicas para axustar os subtítulos ao estilo. 00:01:23.346 --> 00:01:26.586 Reducir o texto, editar a minutaxe, 00:01:26.586 --> 00:01:27.923 quebrar as liñas, 00:01:27.948 --> 00:01:30.853 redistribuír o texto entre liñas ou subtítulos, 00:01:30.988 --> 00:01:33.211 e dividir ou fusionar subtítulos. 00:01:33.734 --> 00:01:35.299 Deixe que lle dea un consello. 00:01:35.908 --> 00:01:39.556 Para dividir un subtítulo, reduza a súa duración 00:01:39.581 --> 00:01:42.677 e pegue unha parte do texto noutro subtítulo 00:01:42.702 --> 00:01:44.575 que creará no espazo de tempo sobrante. 00:01:46.738 --> 00:01:48.587 Para fusionar subtítulos, 00:01:48.612 --> 00:01:52.694 comece copiando e pegando o texto dun noutro, 00:01:52.851 --> 00:01:55.603 e despois borre o orixinal 00:01:55.628 --> 00:01:58.333 e aumente a duración do subtítulo combinado 00:01:58.358 --> 00:02:00.643 usando o espazo de tempo sobrante. 00:02:01.232 --> 00:02:03.381 O número 2 da súa lista. 00:02:03.406 --> 00:02:04.833 Precisión. 00:02:04.833 --> 00:02:06.561 Asegúrese de que as traducións 00:02:06.586 --> 00:02:09.707 expresen o significado orixinal na lingua destino con naturalidade 00:02:09.747 --> 00:02:12.975 e cambie subtítulos literais de máis. 00:02:14.238 --> 00:02:16.919 Comprobe que os equivalentes 00:02:16.919 --> 00:02:19.204 dos termos técnicos se correspondan 00:02:19.224 --> 00:02:21.809 cos utilizados polos profesionais dese ámbito. 00:02:23.634 --> 00:02:27.510 Non se esqueza de revisar o título e a descrición da charla. 00:02:28.506 --> 00:02:31.631 Nas transcricións, revise os subtítulos mentres escoita a charla, 00:02:31.676 --> 00:02:34.132 para asegurarse de que non se equivocaron palabras 00:02:34.157 --> 00:02:36.602 ou se deixaron sen recoller involuntariamente. 00:02:37.713 --> 00:02:42.227 Revise sempre os subtítulos coa guía de estilo de TED, en TED.com 00:02:42.252 --> 00:02:46.010 e os recursos de estilo da sección da OTPedia na súa lingua. 00:02:46.528 --> 00:02:48.677 E como terceiro punto na súa lista, 00:02:48.702 --> 00:02:53.745 revise a puntuación, a ortografía e a gramática dos subtítulos. 00:02:53.784 --> 00:02:57.856 Para atopar erros ortográficos, use o corrector do seu navegador, 00:02:57.856 --> 00:03:02.328 pero busque os posibles erros que o corrector non é quen de detectar. 00:03:03.133 --> 00:03:05.536 Comprobe que a puntuación sexa adecuada, 00:03:05.536 --> 00:03:08.241 sobre todo ao final da liña ou subtítulo. 00:03:10.015 --> 00:03:14.845 Poña moita atención nas frases divididas en varios subtítulos. 00:03:15.576 --> 00:03:17.994 Respectan a orde de palabras correcta na súa lingua 00:03:17.994 --> 00:03:20.444 ou seguen literalmente a lingua orixinal? 00:03:20.999 --> 00:03:23.720 Ten sentido a frase en conxunto? 00:03:24.459 --> 00:03:27.935 E á fin, o último elemento da lista de control do revisor: 00:03:28.602 --> 00:03:29.882 Seguimento! 00:03:30.836 --> 00:03:32.607 Despois de facer as súas correccións, 00:03:32.642 --> 00:03:34.644 volva ver a charla cos subtítulos 00:03:34.669 --> 00:03:36.784 para asegurarse de que todo está correcto. 00:03:36.999 --> 00:03:38.274 Avise dos cambios 00:03:38.274 --> 00:03:41.734 enviándolle unha mensaxe ao tradutor ou transcritor 00:03:41.734 --> 00:03:44.190 a través de Amara ou do seu perfil en TED. 00:03:44.364 --> 00:03:46.112 Déalle un prazo para responder, 00:03:46.137 --> 00:03:49.360 e deixe tempo abondo para debateren e faceren máis cambios 00:03:49.385 --> 00:03:51.834 antes de que expire a tarefa. 00:03:53.148 --> 00:03:56.282 Lembre que, como revisor, tamén é mentor. 00:03:56.617 --> 00:03:59.066 Achegue sempre comentarios sobre a súa revisión. 00:03:59.338 --> 00:04:03.385 Sexa específico, estimulante, construtivo e positivo. 00:04:04.108 --> 00:04:05.810 Comparta consellos e ligazóns 00:04:05.835 --> 00:04:09.104 para que quen traduce ou transcribe aprenda e mellore, 00:04:09.439 --> 00:04:11.747 e saliente as cousas boas dos subtítulos, 00:04:11.772 --> 00:04:14.017 non só o que se debe mellorar. 00:04:14.804 --> 00:04:18.381 Valore se devolver subtítulos que teñan moitos erros 00:04:18.381 --> 00:04:21.431 que poderían corrixirse facilmente, como os tipográficos. 00:04:21.692 --> 00:04:25.688 Lembre incluír sempre notas que expliquen o que debe corrixirse 00:04:25.713 --> 00:04:27.063 e como facelo. 00:04:27.207 --> 00:04:31.038 Tente facer os cambios que cumpran polo menos nos primeiros minutos, 00:04:31.063 --> 00:04:33.104 para amosar o que pretende. 00:04:35.471 --> 00:04:37.054 E por último, acórdese 00:04:37.079 --> 00:04:39.864 de que antes de os subtítulos revisados se publiquen, 00:04:39.889 --> 00:04:42.473 deben ser aprobados polo coordinador lingüístico (LC). 00:04:42.905 --> 00:04:44.181 Siga os comentarios 00:04:44.186 --> 00:04:47.276 que os coordinadores lingüísticos lle fagan nas súas revisións 00:04:47.301 --> 00:04:50.820 e responda se lle devolven subtítulos para que os corrixa. 00:04:51.403 --> 00:04:55.064 E sobre todo, lembre que as súas revisións son o único xeito 00:04:55.089 --> 00:04:57.617 de que o traballo doutros voluntarios se publique. 00:04:57.952 --> 00:05:00.476 O seu papel é moi importante. 00:05:01.099 --> 00:05:03.900 E agora, felices transcricións e traducións! 00:05:04.185 --> 00:05:05.978 E revisións!