0:00:06.159,0:00:09.149 [Como revisar] 0:00:10.478,0:00:14.330 Ben, xa traduciu ou transcribiu[br]polo menos 90 minutos de charlas, 0:00:14.338,0:00:18.131 viu os cambios e comentarios[br]que outros revisores e coordinadores 0:00:18.131,0:00:20.098 fixeron nos seus subtítulos, 0:00:20.123,0:00:22.988 leu todas as guías[br]e viu todos os titoriais. 0:00:23.236,0:00:24.745 Benvida, benvido á revisión! 0:00:25.101,0:00:27.417 A fase de revisión entre iguais é esencial 0:00:27.468,0:00:29.663 no Open Translation Project. 0:00:28.937,0:00:31.934 Sen vostede,[br]non poderiamos publicar subtítulos 0:00:31.959,0:00:33.559 e lanzalos polo mundo adiante. 0:00:34.175,0:00:35.956 Os revisores editan os subtítulos 0:00:35.956,0:00:39.354 para asegurarse de que son exactos [br]e cumpren os estándares de calidade. 0:00:39.421,0:00:42.324 Déixanlle comentarios[br]útiles e respectuosos 0:00:42.349,0:00:44.594 a quen traduce ou transcribe. 0:00:44.969,0:00:47.457 A colaboración é unha parte esencial[br]do proceso, 0:00:47.457,0:00:50.658 e os revisores deben estar dispostos [br]a discutir as súas edicións 0:00:50.658,0:00:52.726 e cooperar para melloralas. 0:00:53.091,0:00:56.969 Cando revise subtítulos,[br]siga esta lista de control. 0:00:57.612,0:00:59.953 Un.- Estilo técnico. 0:01:01.144,0:01:05.748 Asegúrese de que todos os subtítulos[br]cumpran as normas TED. 0:01:06.924,0:01:08.692 Comprobe que as unidades gramaticais 0:01:08.702,0:01:11.052 non se quebraron[br]en dúas liñas ou subtítulos. 0:01:11.552,0:01:16.873 No mesmo subtítulo non debe aparecer [br]o final dunha frase e o comezo doutra. 0:01:18.584,0:01:23.155 Hai varias técnicas[br]para axustar os subtítulos ao estilo. 0:01:23.346,0:01:26.586 Reducir o texto, editar a minutaxe, 0:01:26.586,0:01:27.923 quebrar as liñas, 0:01:27.948,0:01:30.853 redistribuír o texto [br]entre liñas ou subtítulos, 0:01:30.988,0:01:33.211 e dividir ou fusionar subtítulos. 0:01:33.734,0:01:35.299 Deixe que lle dea un consello. 0:01:35.908,0:01:39.556 Para dividir un subtítulo,[br]reduza a súa duración 0:01:39.581,0:01:42.677 e pegue unha parte do texto[br]noutro subtítulo 0:01:42.702,0:01:44.575 que creará no espazo de tempo sobrante. 0:01:46.738,0:01:48.587 Para fusionar subtítulos, 0:01:48.612,0:01:52.694 comece copiando e pegando[br]o texto dun noutro, 0:01:52.851,0:01:55.603 e despois borre o orixinal 0:01:55.628,0:01:58.333 e aumente a duración[br]do subtítulo combinado 0:01:58.358,0:02:00.643 usando o espazo de tempo sobrante. 0:02:01.232,0:02:03.381 O número 2 da súa lista. 0:02:03.406,0:02:04.833 Precisión. 0:02:04.833,0:02:06.561 Asegúrese de que as traducións 0:02:06.586,0:02:09.707 expresen o significado orixinal[br]na lingua destino con naturalidade 0:02:09.747,0:02:12.975 e cambie subtítulos[br]literais de máis. 0:02:14.238,0:02:16.919 Comprobe que os equivalentes 0:02:16.919,0:02:19.204 dos termos técnicos se correspondan 0:02:19.224,0:02:21.809 cos utilizados [br]polos profesionais dese ámbito. 0:02:23.634,0:02:27.510 Non se esqueza de revisar[br]o título e a descrición da charla. 0:02:28.506,0:02:31.631 Nas transcricións, revise os subtítulos[br]mentres escoita a charla, 0:02:31.676,0:02:34.132 para asegurarse[br]de que non se equivocaron palabras 0:02:34.157,0:02:36.602 ou se deixaron sen recoller[br]involuntariamente. 0:02:37.713,0:02:42.227 Revise sempre os subtítulos[br]coa guía de estilo de TED, en TED.com 0:02:42.252,0:02:46.010 e os recursos de estilo[br]da sección da OTPedia na súa lingua. 0:02:46.528,0:02:48.677 E como terceiro punto na súa lista, 0:02:48.702,0:02:53.745 revise a puntuación, a ortografía[br]e a gramática dos subtítulos. 0:02:53.784,0:02:57.856 Para atopar erros ortográficos,[br]use o corrector do seu navegador, 0:02:57.856,0:03:02.328 pero busque os posibles erros[br]que o corrector non é quen de detectar. 0:03:03.133,0:03:05.536 Comprobe que a puntuación sexa adecuada, 0:03:05.536,0:03:08.241 sobre todo ao final da liña ou subtítulo. 0:03:10.015,0:03:14.845 Poña moita atención nas frases[br]divididas en varios subtítulos. 0:03:15.576,0:03:17.994 Respectan a orde de palabras[br]correcta na súa lingua 0:03:17.994,0:03:20.444 ou seguen literalmente a lingua orixinal? 0:03:20.999,0:03:23.720 Ten sentido a frase en conxunto? 0:03:24.459,0:03:27.935 E á fin, o último elemento[br]da lista de control do revisor: 0:03:28.602,0:03:29.882 Seguimento! 0:03:30.836,0:03:32.607 Despois de facer as súas correccións, 0:03:32.642,0:03:34.644 volva ver a charla cos subtítulos 0:03:34.669,0:03:36.784 para asegurarse de que todo está correcto. 0:03:36.999,0:03:38.274 Avise dos cambios 0:03:38.274,0:03:41.734 enviándolle unha mensaxe[br]ao tradutor ou transcritor 0:03:41.734,0:03:44.190 [br]a través de Amara ou do seu perfil en TED. 0:03:44.364,0:03:46.112 Déalle un prazo para responder, 0:03:46.137,0:03:49.360 e deixe tempo abondo[br]para debateren e faceren máis cambios 0:03:49.385,0:03:51.834 antes de que expire a tarefa. 0:03:53.148,0:03:56.282 Lembre que, como revisor, tamén é mentor. 0:03:56.617,0:03:59.066 Achegue sempre comentarios[br]sobre a súa revisión. 0:03:59.338,0:04:03.385 Sexa específico, estimulante,[br]construtivo e positivo. 0:04:04.108,0:04:05.810 Comparta consellos e ligazóns 0:04:05.835,0:04:09.104 para que quen traduce ou transcribe[br]aprenda e mellore, 0:04:09.439,0:04:11.747 e saliente as cousas boas dos subtítulos, 0:04:11.772,0:04:14.017 non só o que se debe mellorar. 0:04:14.804,0:04:18.381 Valore se devolver subtítulos[br]que teñan moitos erros 0:04:18.381,0:04:21.431 que poderían corrixirse facilmente,[br]como os tipográficos. 0:04:21.692,0:04:25.688 Lembre incluír sempre notas[br]que expliquen o que debe corrixirse 0:04:25.713,0:04:27.063 e como facelo. 0:04:27.207,0:04:31.038 Tente facer os cambios que cumpran[br]polo menos nos primeiros minutos, 0:04:31.063,0:04:33.104 para amosar o que pretende. 0:04:35.471,0:04:37.054 E por último, acórdese 0:04:37.079,0:04:39.864 de que antes de os subtítulos revisados[br]se publiquen, 0:04:39.889,0:04:42.473 deben ser aprobados[br]polo coordinador lingüístico (LC). 0:04:42.905,0:04:44.181 Siga os comentarios 0:04:44.186,0:04:47.276 que os coordinadores lingüísticos[br]lle fagan nas súas revisións 0:04:47.301,0:04:50.820 e responda se lle devolven subtítulos[br]para que os corrixa. 0:04:51.403,0:04:55.064 E sobre todo, lembre que as súas revisións[br]son o único xeito 0:04:55.089,0:04:57.617 de que o traballo [br]doutros voluntarios se publique. 0:04:57.952,0:05:00.476 O seu papel é moi importante. 0:05:01.099,0:05:03.900 E agora,[br]felices transcricións e traducións! 0:05:04.185,0:05:05.978 E revisións!