WEBVTT 00:00:00.720 --> 00:00:05.000 A xente leva empregando os medios para falar de sexo desde hai moito tempo. 00:00:05.600 --> 00:00:09.040 Cartas de amor, sexo telefónico, Polaroids picantes. 00:00:09.480 --> 00:00:15.536 Hai incluso unha historia dunha rapaza que fuxiu cun home que coñecera por telégrafo 00:00:15.560 --> 00:00:17.200 en 1886. 00:00:18.560 --> 00:00:23.656 Hoxe en día temos o séxting, e eu son unha experta en séxting. 00:00:23.680 --> 00:00:25.560 Non unha experta na súa práctica. 00:00:26.800 --> 00:00:30.976 No entanto, sei que significa isto --penso que vós tamén. 00:00:31.000 --> 00:00:32.375 [É un pene] NOTE Paragraph 00:00:32.400 --> 00:00:34.760 (Risas) NOTE Paragraph 00:00:36.360 --> 00:00:42.696 Levo estudando séxting desde que se popularizou a través dos medios en 2008. 00:00:42.720 --> 00:00:45.696 Escribín un libro sobre o pánico moral acerca do séxting. 00:00:45.720 --> 00:00:47.336 E isto foi o que atopei: 00:00:47.360 --> 00:00:50.576 a maioría da xente está a se preocupar polo que non debería. 00:00:50.600 --> 00:00:54.776 Tratan de evitar calquera manifestación do séxting. 00:00:54.800 --> 00:00:56.336 Mais permitídeme unha pregunta: 00:00:56.360 --> 00:01:01.216 Mentres sexa totalmente consensuado, que problema hai co séxting? 00:01:01.240 --> 00:01:05.256 A xente está interesada en moitos tipos de cousas nas que ti podes non estar, 00:01:05.280 --> 00:01:07.576 como o queixo azul ou o coandro. NOTE Paragraph 00:01:07.600 --> 00:01:09.240 (Risas) NOTE Paragraph 00:01:10.600 --> 00:01:14.736 O séxting é claramente arriscado, como todo aquilo que é divertido, 00:01:14.760 --> 00:01:21.456 mais mentres un non envíe unha imaxe a quen non queira recibila, 00:01:21.480 --> 00:01:23.256 non hai ningún dano. 00:01:23.280 --> 00:01:25.896 O que penso que é un problema serio 00:01:25.920 --> 00:01:29.176 é cando a xente comparte imaxes privadas doutras persoas 00:01:29.200 --> 00:01:30.720 sen o seu permiso. 00:01:31.360 --> 00:01:33.696 E en lugar de preocuparnos do séxting, 00:01:33.720 --> 00:01:38.280 penso que deberiamos pensar máis acerca da intimidade dixital. NOTE Paragraph 00:01:38.880 --> 00:01:41.080 A clave é o consentimento. 00:01:41.680 --> 00:01:44.976 Agora mesmo, a maioría da xente pensa no séxting 00:01:45.000 --> 00:01:47.960 sen pensar en consentimento en absoluto. 00:01:48.400 --> 00:01:52.080 Sabedes que actualmente criminalizamos o séxting adolescente? 00:01:53.400 --> 00:01:56.856 Pode ser un delito porque conta como pornografía infantil, 00:01:56.880 --> 00:01:59.736 se hai unha imaxe de alguén menor de 18, 00:01:59.760 --> 00:02:01.096 e non importa 00:02:01.120 --> 00:02:05.320 se tomaron esa foto de eles mesmos e as compartiron voluntariamente. 00:02:05.800 --> 00:02:08.776 Daquela rematamos nesta estraña situación legal 00:02:08.800 --> 00:02:13.336 onde dúas persoas de 17 anos legalmente poden ter sexo en gran parte dos estados 00:02:13.360 --> 00:02:15.240 de EE.UU., pero non fotografalo. 00:02:16.560 --> 00:02:20.816 Algúns estados tamén intentaron aprobar leis nas que o séxting era unha falta 00:02:20.840 --> 00:02:23.856 pero esas leis perpetuaron o problema 00:02:23.880 --> 00:02:27.640 xa que seguen facendo do séxting consensual algo ilegal. 00:02:28.520 --> 00:02:29.776 Non ten sentido 00:02:29.800 --> 00:02:34.536 tentar prohibir todo o séxting para enfrontarse ás violacións da privacidade 00:02:34.560 --> 00:02:36.056 É coma dicir, 00:02:36.080 --> 00:02:41.520 imos resolver o problema das violacións facendo as citas completamente ilegais. 00:02:43.120 --> 00:02:48.496 Á maioría dos adolescentes non os deteñen por séxting, pero adiviñaes a quen si? 00:02:48.520 --> 00:02:53.496 Xeralmente a adolescentes rexeitados polas parellas dos seu proxenitores. 00:02:53.520 --> 00:02:58.320 E isto pode ser por prexuízos de clase, racismo ou homofobia. 00:02:58.960 --> 00:03:01.736 Moitos fiscais son, por suposto, listos abondo 00:03:01.760 --> 00:03:07.240 para non acusar de pornografía infantil a adolescentes, mais algúns fano. NOTE Paragraph 00:03:07.720 --> 00:03:11.376 De acordo cos investigadores da Universidade de New Hampshire 00:03:11.400 --> 00:03:17.056 o 7% de todos os arrestados por posesión de pornografía infantil son adolescentes, 00:03:17.080 --> 00:03:20.080 que practicaban séxting consensuado con outros adolescentes. 00:03:21.480 --> 00:03:24.016 A pornografía infantil é un delito grave, 00:03:24.040 --> 00:03:27.720 pero non é o mesmo que o séxting adolescente. 00:03:29.040 --> 00:03:32.456 Pais e educadores tamén responden acerca do séxting 00:03:32.480 --> 00:03:35.616 sen pensaren realmente moito no consentimento. 00:03:35.640 --> 00:03:39.760 A súa mensaxe aos adolescentes é: "simplemente non o fagades". NOTE Paragraph 00:03:40.200 --> 00:03:43.696 E enténdoo perfectamente, hai graves riscos legais 00:03:43.720 --> 00:03:47.376 e por suposto, un gran potencial de violación de privacidade. 00:03:47.400 --> 00:03:48.656 E cando adolescentes, 00:03:48.680 --> 00:03:52.080 estou segura de que facíades todo o que se vos dicía, verdade? NOTE Paragraph 00:03:53.440 --> 00:03:56.896 Seguramente estades a pensar, "o meu fillo nunca faría séxting." 00:03:56.920 --> 00:04:00.376 E é certo, o voso pequeno anxo pode non estar a facer séxting 00:04:00.400 --> 00:04:03.536 porque só o 33% 00:04:03.560 --> 00:04:05.920 dos mozos e mozas de 16 e 17 anos o fan. 00:04:07.200 --> 00:04:11.816 Mais, síntoo, para cando sexan maiores, as probabilidades din que o farán. 00:04:11.840 --> 00:04:18.040 Todos os estudios sitúan a taxa sobre o 50% entre 18 e 24 anos. 00:04:18.720 --> 00:04:21.776 E a maioría das veces, nada sae mal. 00:04:21.800 --> 00:04:27.176 A xente pregúntame todo o tempo cousas como, "É o séxting tan perigoso?" 00:04:27.200 --> 00:04:30.776 É como se non deixases a carteira no banco dun parque 00:04:30.800 --> 00:04:34.240 e esperases que cha roubasen se o fas, vale? 00:04:34.880 --> 00:04:36.336 Isto é o que penso: 00:04:36.360 --> 00:04:40.296 o séxting é como deixar a carteira na casa do teu mozo. 00:04:40.320 --> 00:04:42.096 Se volves ao día seguinte 00:04:42.120 --> 00:04:44.400 e desapareceu todo o diñeiro, 00:04:45.040 --> 00:04:47.160 necesitas deixar a ese tipo. 00:04:47.690 --> 00:04:49.860 (Risas) 00:04:51.360 --> 00:04:53.680 De forma que en vez de criminalizar o séxting 00:04:53.720 --> 00:04:56.336 para tratar de previr violacións de privacidade, 00:04:56.360 --> 00:04:59.656 precisamos facer do consentimento un punto central 00:04:59.680 --> 00:05:03.760 sobre o que pensamos da circulación da nosa información privada. NOTE Paragraph 00:05:04.480 --> 00:05:08.736 Cada novo medio audiovisual presenta problemas de privacidade. 00:05:08.760 --> 00:05:13.376 De feito, en EE.UU. os principais debates sobre privacidade 00:05:13.400 --> 00:05:17.896 foron en resposta ás tecnoloxías que naquel momento eran relativamente novas. 00:05:17.920 --> 00:05:21.816 A finais do 1800, á xente preocupábana as cámaras, 00:05:21.840 --> 00:05:25.296 que de repente eran máis portátiles ca nunca, 00:05:25.320 --> 00:05:27.816 e as columnas de rexouba dos xornais. 00:05:27.840 --> 00:05:31.656 Preocupábaa que a cámara puidese tomar información sobre eles, 00:05:31.680 --> 00:05:34.880 sacala de contexto e difundila. 00:05:35.240 --> 00:05:36.856 Sóavos familiar? 00:05:36.880 --> 00:05:41.736 É exactamente a mesma preocupación que temos agora coas redes sociais e os drons, 00:05:41.760 --> 00:05:43.400 e, por suposto, co séxting. 00:05:43.920 --> 00:05:46.136 E eses medos con respecto á tecnoloxía, 00:05:46.160 --> 00:05:47.376 teñen sentido 00:05:47.400 --> 00:05:50.816 porque a tecnoloxía pode amplificar e sacar a relucir 00:05:50.840 --> 00:05:53.560 as nosas peores cualidades e actitudes. 00:05:54.160 --> 00:05:56.536 Mais existen solucións. 00:05:56.560 --> 00:06:00.120 E xa estivemos aquí antes cunha perigosa nova tecnoloxía. NOTE Paragraph 00:06:00.720 --> 00:06:04.496 En 1908, Ford introduciu o automóbil Modelo T. 00:06:04.520 --> 00:06:07.096 As taxas de mortalidade de tráfico estaban a aumentar. 00:06:07.120 --> 00:06:09.920 Era un problema serio -- parece moi seguro, verdade? 00:06:12.080 --> 00:06:16.056 A nosa primeira reacción foi a de tratar de cambiar o comportamento do condutor, 00:06:16.080 --> 00:06:19.800 de xeito que creamos límites de velocidade e fixémolos cumprir mediante multas 00:06:20.240 --> 00:06:22.096 Mais ao longo das décadas seguintes, 00:06:22.120 --> 00:06:27.616 démonos conta de que a tecnoloxía dun coche non é só neutral. 00:06:27.640 --> 00:06:30.856 Poderíamos deseñar o coche para facelo máis seguro. 00:06:30.880 --> 00:06:34.336 Daquela, nos anos 20, fixemos parabrisas resistentes á rotura. 00:06:34.360 --> 00:06:36.856 Nos anos 50, cintos de seguridade. 00:06:36.880 --> 00:06:39.960 E nos 90, coxíns de seguridade. 00:06:40.440 --> 00:06:42.816 As tres áreas: 00:06:42.840 --> 00:06:47.616 leis, persoas e industria uníronse co tempo 00:06:47.640 --> 00:06:51.416 para axudar a resolver o problema que causa unha nova tecnoloxía. 00:06:51.440 --> 00:06:54.680 E podemos facer o mesmo coa privacidade dixital. 00:06:55.160 --> 00:06:57.920 Por suposto, voltamos ao tema do consentimento. 00:06:58.360 --> 00:06:59.576 Esta é a idea. 00:06:59.600 --> 00:07:03.416 Antes de que alguén poida compartir a túa información privada, 00:07:03.440 --> 00:07:05.680 ten que conseguir a túa autorización. 00:07:06.240 --> 00:07:11.056 Esta idea do consentimento afirmativo vén de activistas antiviolación 00:07:11.080 --> 00:07:14.856 que din que precisamos consentimento para cada acto sexual. 00:07:14.880 --> 00:07:19.456 E temos estándares realmente altos para o consentimento noutras áreas. NOTE Paragraph 00:07:19.480 --> 00:07:21.336 Pensemos na cirurxía. 00:07:21.360 --> 00:07:22.976 O voso doutor ten que asegurarse 00:07:23.000 --> 00:07:27.040 de que estades a dar o voso consentimento total e voluntario para tal intervención. 00:07:27.520 --> 00:07:31.216 Este non é un consentimento coma o dos Termos de Servizo de iTunes 00:07:31.240 --> 00:07:34.896 onde vas ata o final da páxina e premes "acepto, acepto, o que sexa." NOTE Paragraph 00:07:34.920 --> 00:07:36.640 (Risas) NOTE Paragraph 00:07:37.160 --> 00:07:42.416 Se pensamos máis no consentimento, poderemos ter mellores leis de privacidade 00:07:42.440 --> 00:07:45.856 Agora mesmo, non temos moitas proteccións. 00:07:45.880 --> 00:07:49.456 Se o teu exmarido ou a túa exmuller son malas persoas, 00:07:49.480 --> 00:07:53.696 pode coller as fotos túas espido e subilas a unha páxina porno. 00:07:53.720 --> 00:07:56.936 Pode chegar a ser moi complicado retirar esas imaxes. 00:07:56.960 --> 00:07:58.176 E en moitos Estados, 00:07:58.200 --> 00:08:02.016 é mellor se as fotos as fai un mesmo, 00:08:02.040 --> 00:08:04.840 porque entón podes presentar unha reclamación de copyright. NOTE Paragraph 00:08:05.320 --> 00:08:07.376 (Risas) NOTE Paragraph 00:08:07.400 --> 00:08:10.376 Agora, se alguén viola a túa privacidade, 00:08:10.400 --> 00:08:14.600 xa sexa unha persoa, ou unha compañía, ou a NSA (Axencia de Seguridade Nacional), 00:08:15.280 --> 00:08:18.016 podes intentar presentar unha demanda, 00:08:18.040 --> 00:08:20.176 aínda que pode que non teña éxito 00:08:20.200 --> 00:08:24.976 xa que moitos tribunais asumen que a privacidade dixital é imposible. 00:08:25.000 --> 00:08:28.440 De xeito que non están dispostos a castigar a quen a viole. 00:08:29.200 --> 00:08:32.096 Sigo a escoitar xente preguntándome todo o tempo, 00:08:32.120 --> 00:08:37.416 "unha imaxe dixital non está dalgún xeito nunha liña difusa entre público e privado? 00:08:37.440 --> 00:08:39.080 porque é dixital, non si?" 00:08:39.600 --> 00:08:40.936 Non! Non! 00:08:40.960 --> 00:08:44.296 Non todo o dixital é automaticamente público. 00:08:44.320 --> 00:08:46.216 Iso non ten sentido ningún. NOTE Paragraph 00:08:46.240 --> 00:08:49.736 Como di a xurista da NYU Helen Nissenbaum, 00:08:49.760 --> 00:08:52.376 temos leis e regras e normas 00:08:52.400 --> 00:08:55.536 que protexen todo tipo de información privada, 00:08:55.560 --> 00:08:58.976 e non fan diferenzas por ser ou non dixital. 00:08:59.000 --> 00:09:01.656 Todos os vosos rexistros de saúde están dixitalizados 00:09:01.680 --> 00:09:04.816 mais o voso doutor non pode compartilos con ninguén. 00:09:04.840 --> 00:09:09.296 Toda a vosa información financieira almacénase en bases de datos dixitais, 00:09:09.320 --> 00:09:13.720 a vosa entidade de crédito non pode poñer en liña a vosa lista de compras. 00:09:15.080 --> 00:09:18.710 Mellores leis axudarían a abordar as violacións de privacidade 00:09:18.710 --> 00:09:20.560 logo de que ocorran, 00:09:20.560 --> 00:09:24.936 mais unha das cousas máis simples que podemos facer son cambios persoais 00:09:24.960 --> 00:09:27.640 para axudar na protección da privacidade dos demais. 00:09:28.360 --> 00:09:30.256 Sempre nos dixeron que a privacidade 00:09:30.280 --> 00:09:33.336 é a nosa responsabilidade exclusiva e individual. 00:09:33.360 --> 00:09:35.400 Dinnos seguido que controlemos 00:09:35.400 --> 00:09:37.640 e actualicemos a configuración de privacidade. 00:09:37.640 --> 00:09:42.440 Que non compartamos xamais nada que non quixeramos que todo o mundo vise. 00:09:43.400 --> 00:09:44.616 Isto non ten sentido. 00:09:44.640 --> 00:09:47.616 Os medios dixitais son ambientes sociais 00:09:47.640 --> 00:09:51.920 e compartimos cousas con xente na que confiamos todo o día, cada día. NOTE Paragraph 00:09:52.760 --> 00:09:55.736 Como argumenta a investigadora de Princeton Janet Vertesi, 00:09:55.760 --> 00:09:59.776 "Os nosos datos e privacidade non son só persoais, 00:09:59.800 --> 00:10:02.376 senón que, en verdade, son interpersoais." 00:10:02.400 --> 00:10:05.656 E unha cousa que podedes facer e que é moi sinxela 00:10:05.680 --> 00:10:10.776 é simplemente pedir permiso antes de compartir a información doutra persoa. 00:10:10.800 --> 00:10:15.336 Se queredes colgar en liña unha foto de alguén, pedide permiso. 00:10:15.360 --> 00:10:17.816 Se queredes reenviar un correo electrónico, 00:10:17.840 --> 00:10:19.216 pedide permiso. 00:10:19.240 --> 00:10:22.016 E se queredes compartir a autofoto de alguén espido, 00:10:22.040 --> 00:10:24.320 obviamente, pedide permiso. NOTE Paragraph 00:10:25.560 --> 00:10:30.016 Estes cambios individuais poden axudarnos a protexer a privacidade dos demais, 00:10:30.040 --> 00:10:33.840 mais precisamos tamén a colaboración de empresas tecnolóxicas. 00:10:34.360 --> 00:10:38.856 Estas compañías apenas teñen incentivo en axudarnos a protexer a nosa privacidade 00:10:38.880 --> 00:10:42.176 porque os seus modelos de negocio baséanse en que o compartamos todo 00:10:42.200 --> 00:10:44.440 con canta máis xente mellor. 00:10:45.080 --> 00:10:47.016 Agora mesmo, se vos envío unha imaxe, 00:10:47.040 --> 00:10:50.136 podedes reenviárlla a quen queirades. 00:10:50.160 --> 00:10:54.416 Pero, e se teño que decidir se esa imaxe se pode reenviar ou non? 00:10:54.440 --> 00:10:58.496 Isto indicaríavos que non tedes o meu permiso para mandar esa imaxe. 00:10:58.520 --> 00:11:02.656 Facemos este tipo de cousas todo o tempo para protexer os dereitos de autor. 00:11:02.680 --> 00:11:07.456 Se mercas un libro electrónico, non podes mandárllo á xente que queiras. 00:11:07.480 --> 00:11:10.040 Así que por que non probar isto cos teléfonos móbiles? 00:11:10.960 --> 00:11:15.736 Podemos esixirlles a empresas tecnolóxicas que engadan esas proteccións 00:11:15.760 --> 00:11:19.496 nos nosos dispositivos e plataformas coma valores predeterminados. 00:11:19.520 --> 00:11:22.936 A fin de contas, un pode escoller a cor do seu coche, 00:11:22.960 --> 00:11:25.800 pero os coxíns de seguridade son sempre estándar. NOTE Paragraph 00:11:28.080 --> 00:11:31.896 Se non pensamos máis na privacidade dixital e no consentimento, 00:11:31.920 --> 00:11:34.640 pode haber serias consecuencias. 00:11:35.360 --> 00:11:37.616 Había unha adolescente de Ohio, 00:11:37.640 --> 00:11:40.480 chamémoslle Jennifer, por respecto á súa privacidade. 00:11:41.120 --> 00:11:44.696 Ela compartiu fotos nas que saía espida co seu noivo do instituto, 00:11:44.720 --> 00:11:46.240 pensando que podía confiar nel. 00:11:47.720 --> 00:11:49.656 Por desgraza, el enganouna 00:11:49.680 --> 00:11:52.656 e as súas fotos circularon por todo o instituto. 00:11:52.680 --> 00:11:56.200 Jennifer estaba avergoñada e humillada, 00:11:56.800 --> 00:12:00.936 pero en lugar de seren compasivos, os seus compañeiros acosárona. 00:12:00.960 --> 00:12:02.816 Chamáronlle puta 00:12:02.840 --> 00:12:04.800 e fixéronlle a vida imposible. 00:12:05.360 --> 00:12:09.040 Jennifer comezou a faltar á escola e as súas cualificacións baixaron. 00:12:09.520 --> 00:12:13.320 Ao final, Jennifer decidiu acabar coa súa propia vida. NOTE Paragraph 00:12:14.720 --> 00:12:17.416 Jennifer non fixo nada mal. 00:12:17.440 --> 00:12:19.696 O único que fixo foi compartir unha foto espida 00:12:19.720 --> 00:12:22.536 cunha persoa na que pensou que podía confiar. 00:12:22.560 --> 00:12:25.176 E, porén, as nosa leis dinlle 00:12:25.200 --> 00:12:29.360 que cometeu un delito horrible equivalente á pornografía infantil. 00:12:29.920 --> 00:12:31.416 As nosas normas de xénero din 00:12:31.440 --> 00:12:34.656 que ao producir esta imaxe dela mesma espida, 00:12:34.680 --> 00:12:37.880 dalgún xeito, fixo a cousa máis horrible e vergoñenta. 00:12:38.400 --> 00:12:42.616 E cando asumimos que a privacidade é imposible nos medios dixitais, 00:12:42.640 --> 00:12:48.160 absolvermos e escusamos completamente o mal comportamento do seu mozo. 00:12:49.200 --> 00:12:54.936 A xente segue a dicirlles ás vítimas de violacións de privacidade, 00:12:54.960 --> 00:12:56.216 "En que pensabas? 00:12:56.240 --> 00:12:58.720 Nunca debiches mandar esa imaxe." NOTE Paragraph 00:12:59.640 --> 00:13:03.640 Se estades pensando que dicir no canto diso, probade con isto. 00:13:04.160 --> 00:13:07.680 Imaxinade que visitades ao voso amigo que rompeu unha perna esquiando. 00:13:08.240 --> 00:13:12.816 Eles asumiron riscos para facer algo divertido, e non saíu ben. 00:13:12.840 --> 00:13:15.376 Mais non ides ser os cretinos que digan, 00:13:15.400 --> 00:13:17.840 "Home, non debiches ir esquiar." 00:13:20.080 --> 00:13:22.216 Se pensamos no consentimento, 00:13:22.240 --> 00:13:25.496 poderemos ver que as vítimas de violacións de privacidade 00:13:25.520 --> 00:13:27.256 merecen a nosa compaixón; 00:13:27.280 --> 00:13:31.880 non discriminación, humillación, acoso ou castigo. 00:13:32.440 --> 00:13:36.936 Podemos apoiar as vítimas e previr algunhas violacións de privacidade 00:13:36.960 --> 00:13:41.280 se se fan estes cambios legais, individuais e tecnolóxicos. 00:13:41.840 --> 00:13:47.656 Porque o problema non é o séxting, é a privacidade dixital. 00:13:47.680 --> 00:13:50.040 E unha solución é o consentimento. NOTE Paragraph 00:13:50.680 --> 00:13:55.256 Así que a próxima vez que unha vítima de violación dixital se achegue a vós, 00:13:55.280 --> 00:13:58.016 no lugar de culpala, fagamos isto: 00:13:58.040 --> 00:14:01.456 cambiemos as nosas ideas sobre a privacidade dixital, 00:14:01.480 --> 00:14:04.120 e respondamos con compaixón. NOTE Paragraph 00:14:04.680 --> 00:14:05.896 Grazas. NOTE Paragraph 00:14:05.920 --> 00:14:12.056 (Aplauso)