0:00:00.720,0:00:05.000 A xente leva empregando os medios[br]para falar de sexo desde hai moito tempo. 0:00:05.600,0:00:09.040 Cartas de amor, sexo telefónico,[br]Polaroids picantes. 0:00:09.480,0:00:15.536 Hai incluso unha historia dunha rapaza que[br]fuxiu cun home que coñecera por telégrafo 0:00:15.560,0:00:17.200 en 1886. 0:00:18.560,0:00:23.656 Hoxe en día temos o séxting,[br]e eu son unha experta en séxting. 0:00:23.680,0:00:25.560 Non unha experta na súa práctica. 0:00:26.800,0:00:30.976 No entanto, sei que significa isto[br]--penso que vós tamén. 0:00:31.000,0:00:32.375 [É un pene] 0:00:32.400,0:00:34.760 (Risas) 0:00:36.360,0:00:42.696 Levo estudando séxting desde que se[br]popularizou a través dos medios en 2008. 0:00:42.720,0:00:45.696 Escribín un libro sobre o pánico moral[br]acerca do séxting. 0:00:45.720,0:00:47.336 E isto foi o que atopei: 0:00:47.360,0:00:50.576 a maioría da xente está a se preocupar[br]polo que non debería. 0:00:50.600,0:00:54.776 Tratan de evitar calquera manifestación[br]do séxting. 0:00:54.800,0:00:56.336 Mais permitídeme unha pregunta: 0:00:56.360,0:01:01.216 Mentres sexa totalmente consensuado,[br]que problema hai co séxting? 0:01:01.240,0:01:05.256 A xente está interesada en moitos tipos[br]de cousas nas que ti podes non estar, 0:01:05.280,0:01:07.576 como o queixo azul ou o coandro. 0:01:07.600,0:01:09.240 (Risas) 0:01:10.600,0:01:14.736 O séxting é claramente arriscado,[br]como todo aquilo que é divertido, 0:01:14.760,0:01:21.456 mais mentres un non envíe unha imaxe[br]a quen non queira recibila, 0:01:21.480,0:01:23.256 non hai ningún dano. 0:01:23.280,0:01:25.896 O que penso que é un problema serio 0:01:25.920,0:01:29.176 é cando a xente comparte [br]imaxes privadas doutras persoas 0:01:29.200,0:01:30.720 sen o seu permiso. 0:01:31.360,0:01:33.696 E en lugar de preocuparnos do séxting, 0:01:33.720,0:01:38.280 penso que deberiamos pensar máis[br]acerca da intimidade dixital. 0:01:38.880,0:01:41.080 A clave é o consentimento. 0:01:41.680,0:01:44.976 Agora mesmo, a maioría da xente[br]pensa no séxting 0:01:45.000,0:01:47.960 sen pensar en consentimento en absoluto. 0:01:48.400,0:01:52.080 Sabedes que actualmente criminalizamos[br]o séxting adolescente? 0:01:53.400,0:01:56.856 Pode ser un delito porque conta[br]como pornografía infantil, 0:01:56.880,0:01:59.736 se hai unha imaxe de alguén [br]menor de 18, 0:01:59.760,0:02:01.096 e non importa 0:02:01.120,0:02:05.320 se tomaron esa foto de eles mesmos [br]e as compartiron voluntariamente. 0:02:05.800,0:02:08.776 Daquela rematamos [br]nesta estraña situación legal 0:02:08.800,0:02:13.336 onde dúas persoas de 17 anos legalmente[br]poden ter sexo en gran parte dos estados 0:02:13.360,0:02:15.240 de EE.UU., pero non fotografalo. 0:02:16.560,0:02:20.816 Algúns estados tamén intentaron aprobar[br]leis nas que o séxting era unha falta 0:02:20.840,0:02:23.856 pero esas leis perpetuaron o problema 0:02:23.880,0:02:27.640 xa que seguen facendo do séxting[br]consensual algo ilegal. 0:02:28.520,0:02:29.776 Non ten sentido 0:02:29.800,0:02:34.536 tentar prohibir todo o séxting para[br]enfrontarse ás violacións da privacidade 0:02:34.560,0:02:36.056 É coma dicir, 0:02:36.080,0:02:41.520 imos resolver o problema das violacións[br]facendo as citas completamente ilegais. 0:02:43.120,0:02:48.496 Á maioría dos adolescentes non os deteñen[br]por séxting, pero adiviñaes a quen si? 0:02:48.520,0:02:53.496 Xeralmente a adolescentes rexeitados [br]polas parellas dos seu proxenitores. 0:02:53.520,0:02:58.320 E isto pode ser por prexuízos de clase,[br]racismo ou homofobia. 0:02:58.960,0:03:01.736 Moitos fiscais son, por suposto, [br]listos abondo 0:03:01.760,0:03:07.240 para non acusar de pornografía infantil[br]a adolescentes, mais algúns fano. 0:03:07.720,0:03:11.376 De acordo cos investigadores [br]da Universidade de New Hampshire 0:03:11.400,0:03:17.056 o 7% de todos os arrestados por posesión[br]de pornografía infantil son adolescentes, 0:03:17.080,0:03:20.080 que practicaban séxting consensuado[br]con outros adolescentes. 0:03:21.480,0:03:24.016 A pornografía infantil é un delito grave, 0:03:24.040,0:03:27.720 pero non é o mesmo [br]que o séxting adolescente. 0:03:29.040,0:03:32.456 Pais e educadores tamén responden[br]acerca do séxting 0:03:32.480,0:03:35.616 sen pensaren realmente moito[br]no consentimento. 0:03:35.640,0:03:39.760 A súa mensaxe aos adolescentes é:[br]"simplemente non o fagades". 0:03:40.200,0:03:43.696 E enténdoo perfectamente,[br]hai graves riscos legais 0:03:43.720,0:03:47.376 e por suposto, un gran potencial[br]de violación de privacidade. 0:03:47.400,0:03:48.656 E cando adolescentes, 0:03:48.680,0:03:52.080 estou segura de que facíades [br]todo o que se vos dicía, verdade? 0:03:53.440,0:03:56.896 Seguramente estades a pensar,[br]"o meu fillo nunca faría séxting." 0:03:56.920,0:04:00.376 E é certo, o voso pequeno anxo pode[br]non estar a facer séxting 0:04:00.400,0:04:03.536 porque só o 33% 0:04:03.560,0:04:05.920 dos mozos e mozas de 16 e 17 anos o [br]fan. 0:04:07.200,0:04:11.816 Mais, síntoo, para cando sexan maiores,[br]as probabilidades din que o farán. 0:04:11.840,0:04:18.040 Todos os estudios sitúan a taxa [br]sobre o 50% entre 18 e 24 anos. 0:04:18.720,0:04:21.776 E a maioría das veces, nada sae mal. 0:04:21.800,0:04:27.176 A xente pregúntame todo o tempo [br]cousas como, "É o séxting tan perigoso?" 0:04:27.200,0:04:30.776 É como se non deixases a carteira[br]no banco dun parque 0:04:30.800,0:04:34.240 e esperases que cha roubasen [br]se o fas, vale? 0:04:34.880,0:04:36.336 Isto é o que penso: 0:04:36.360,0:04:40.296 o séxting é como deixar a carteira[br]na casa do teu mozo. 0:04:40.320,0:04:42.096 Se volves ao día seguinte 0:04:42.120,0:04:44.400 e desapareceu todo o diñeiro, 0:04:45.040,0:04:47.160 necesitas deixar a ese tipo. 0:04:47.690,0:04:49.860 (Risas) 0:04:51.360,0:04:53.680 De forma que[br]en vez de criminalizar o séxting 0:04:53.720,0:04:56.336 para tratar de previr[br]violacións de privacidade, 0:04:56.360,0:04:59.656 precisamos facer do consentimento[br]un punto central 0:04:59.680,0:05:03.760 sobre o que pensamos da circulación [br]da nosa información privada. 0:05:04.480,0:05:08.736 Cada novo medio audiovisual presenta[br]problemas de privacidade. 0:05:08.760,0:05:13.376 De feito, en EE.UU. os principais[br]debates sobre privacidade 0:05:13.400,0:05:17.896 foron en resposta ás tecnoloxías que[br]naquel momento eran relativamente novas. 0:05:17.920,0:05:21.816 A finais do 1800, á xente preocupábana[br]as cámaras, 0:05:21.840,0:05:25.296 que de repente eran máis[br]portátiles ca nunca, 0:05:25.320,0:05:27.816 e as columnas de rexouba dos xornais. 0:05:27.840,0:05:31.656 Preocupábaa que a cámara puidese[br]tomar información sobre eles, 0:05:31.680,0:05:34.880 sacala de contexto[br]e difundila.[br] 0:05:35.240,0:05:36.856 Sóavos familiar? 0:05:36.880,0:05:41.736 É exactamente a mesma preocupación que[br]temos agora coas redes sociais e os drons, 0:05:41.760,0:05:43.400 e, por suposto, co séxting. 0:05:43.920,0:05:46.136 E eses medos con respecto á tecnoloxía, 0:05:46.160,0:05:47.376 teñen sentido 0:05:47.400,0:05:50.816 porque a tecnoloxía pode amplificar[br]e sacar a relucir 0:05:50.840,0:05:53.560 as nosas peores cualidades e actitudes. 0:05:54.160,0:05:56.536 Mais existen solucións. 0:05:56.560,0:06:00.120 E xa estivemos aquí antes[br]cunha perigosa nova tecnoloxía. 0:06:00.720,0:06:04.496 En 1908, Ford introduciu [br]o automóbil Modelo T. 0:06:04.520,0:06:07.096 As taxas de mortalidade de tráfico[br]estaban a aumentar. 0:06:07.120,0:06:09.920 Era un problema serio --[br]parece moi seguro, verdade? 0:06:12.080,0:06:16.056 A nosa primeira reacción foi a de tratar[br]de cambiar o comportamento do condutor, 0:06:16.080,0:06:19.800 de xeito que creamos límites de velocidade[br]e fixémolos cumprir mediante multas 0:06:20.240,0:06:22.096 Mais ao longo das décadas seguintes, 0:06:22.120,0:06:27.616 démonos conta de que [br]a tecnoloxía dun coche non é só neutral. 0:06:27.640,0:06:30.856 Poderíamos deseñar o coche [br]para facelo máis seguro. 0:06:30.880,0:06:34.336 Daquela, nos anos 20, [br]fixemos parabrisas resistentes á rotura. 0:06:34.360,0:06:36.856 Nos anos 50, cintos de seguridade. 0:06:36.880,0:06:39.960 E nos 90, coxíns de seguridade. 0:06:40.440,0:06:42.816 As tres áreas: 0:06:42.840,0:06:47.616 leis, persoas e industria[br]uníronse co tempo 0:06:47.640,0:06:51.416 para axudar a resolver o problema[br]que causa unha nova tecnoloxía. 0:06:51.440,0:06:54.680 E podemos facer o mesmo[br]coa privacidade dixital. 0:06:55.160,0:06:57.920 Por suposto, [br]voltamos ao tema do consentimento. 0:06:58.360,0:06:59.576 Esta é a idea. 0:06:59.600,0:07:03.416 Antes de que alguén poida compartir[br]a túa información privada, 0:07:03.440,0:07:05.680 ten que conseguir a túa autorización. 0:07:06.240,0:07:11.056 Esta idea do consentimento afirmativo[br]vén de activistas antiviolación 0:07:11.080,0:07:14.856 que din que precisamos consentimento[br]para cada acto sexual. 0:07:14.880,0:07:19.456 E temos estándares realmente altos[br]para o consentimento noutras áreas. 0:07:19.480,0:07:21.336 Pensemos na cirurxía. 0:07:21.360,0:07:22.976 O voso doutor ten que asegurarse 0:07:23.000,0:07:27.040 de que estades a dar o voso consentimento[br]total e voluntario para tal intervención. 0:07:27.520,0:07:31.216 Este non é un consentimento [br]coma o dos Termos de Servizo de iTunes 0:07:31.240,0:07:34.896 onde vas ata o final da páxina e premes[br]"acepto, acepto, o que sexa." 0:07:34.920,0:07:36.640 [br](Risas) 0:07:37.160,0:07:42.416 Se pensamos máis no consentimento,[br]poderemos ter mellores leis de privacidade 0:07:42.440,0:07:45.856 Agora mesmo, non temos moitas proteccións. 0:07:45.880,0:07:49.456 Se o teu exmarido ou a túa exmuller[br]son malas persoas, 0:07:49.480,0:07:53.696 pode coller as fotos túas espido[br]e subilas a unha páxina porno. 0:07:53.720,0:07:56.936 Pode chegar a ser moi complicado[br]retirar esas imaxes. 0:07:56.960,0:07:58.176 E en moitos Estados, 0:07:58.200,0:08:02.016 é mellor se as fotos as fai un mesmo, 0:08:02.040,0:08:04.840 porque entón podes presentar[br]unha reclamación de copyright. 0:08:05.320,0:08:07.376 (Risas) 0:08:07.400,0:08:10.376 Agora, se alguén viola a túa privacidade, 0:08:10.400,0:08:14.600 xa sexa unha persoa, ou unha compañía,[br]ou a NSA (Axencia de Seguridade Nacional), 0:08:15.280,0:08:18.016 podes intentar presentar unha demanda, 0:08:18.040,0:08:20.176 aínda que pode que non teña éxito 0:08:20.200,0:08:24.976 xa que moitos tribunais asumen[br]que a privacidade dixital é imposible. 0:08:25.000,0:08:28.440 De xeito que non están dispostos[br]a castigar a quen a viole. 0:08:29.200,0:08:32.096 Sigo a escoitar xente[br]preguntándome todo o tempo, 0:08:32.120,0:08:37.416 "unha imaxe dixital non está dalgún xeito[br]nunha liña difusa entre público e privado? 0:08:37.440,0:08:39.080 porque é dixital, non si?" 0:08:39.600,0:08:40.936 Non! Non! 0:08:40.960,0:08:44.296 Non todo o dixital é [br]automaticamente público. 0:08:44.320,0:08:46.216 Iso non ten sentido ningún. 0:08:46.240,0:08:49.736 Como di a xurista da NYU Helen Nissenbaum, 0:08:49.760,0:08:52.376 temos leis e regras e normas 0:08:52.400,0:08:55.536 que protexen [br]todo tipo de información privada, 0:08:55.560,0:08:58.976 e non fan diferenzas [br]por ser ou non dixital. 0:08:59.000,0:09:01.656 Todos os vosos rexistros de saúde[br]están dixitalizados 0:09:01.680,0:09:04.816 mais o voso doutor non pode[br]compartilos con ninguén. 0:09:04.840,0:09:09.296 Toda a vosa información financieira[br]almacénase en bases de datos dixitais, 0:09:09.320,0:09:13.720 a vosa entidade de crédito non pode [br]poñer en liña a vosa lista de compras. 0:09:15.080,0:09:18.710 Mellores leis axudarían a abordar[br]as violacións de privacidade 0:09:18.710,0:09:20.560 logo de que ocorran, 0:09:20.560,0:09:24.936 mais unha das cousas máis simples[br]que podemos facer son cambios persoais 0:09:24.960,0:09:27.640 para axudar na protección [br]da privacidade dos demais. 0:09:28.360,0:09:30.256 Sempre nos dixeron que a privacidade 0:09:30.280,0:09:33.336 é a nosa responsabilidade[br]exclusiva e individual. 0:09:33.360,0:09:35.400 Dinnos seguido que controlemos 0:09:35.400,0:09:37.640 e actualicemos [br]a configuración de privacidade. 0:09:37.640,0:09:42.440 Que non compartamos xamais nada [br]que non quixeramos que todo o mundo vise. 0:09:43.400,0:09:44.616 Isto non ten sentido. 0:09:44.640,0:09:47.616 Os medios dixitais son ambientes sociais 0:09:47.640,0:09:51.920 e compartimos cousas con xente [br]na que confiamos todo o día, cada día. 0:09:52.760,0:09:55.736 Como argumenta a investigadora [br]de Princeton Janet Vertesi, 0:09:55.760,0:09:59.776 "Os nosos datos e privacidade[br]non son só persoais, 0:09:59.800,0:10:02.376 senón que, en verdade, son interpersoais." 0:10:02.400,0:10:05.656 E unha cousa que podedes facer[br]e que é moi sinxela 0:10:05.680,0:10:10.776 é simplemente pedir permiso antes[br]de compartir a información doutra persoa. 0:10:10.800,0:10:15.336 Se queredes colgar en liña [br]unha foto de alguén, pedide permiso. 0:10:15.360,0:10:17.816 Se queredes reenviar[br]un correo electrónico, 0:10:17.840,0:10:19.216 pedide permiso. 0:10:19.240,0:10:22.016 E se queredes compartir a autofoto[br]de alguén espido, 0:10:22.040,0:10:24.320 obviamente, pedide permiso. 0:10:25.560,0:10:30.016 Estes cambios individuais poden axudarnos [br]a protexer a privacidade dos demais, 0:10:30.040,0:10:33.840 mais precisamos tamén[br]a colaboración de empresas tecnolóxicas. 0:10:34.360,0:10:38.856 Estas compañías apenas teñen incentivo[br]en axudarnos a protexer a nosa privacidade 0:10:38.880,0:10:42.176 porque os seus modelos de negocio[br]baséanse en que o compartamos todo 0:10:42.200,0:10:44.440 con canta máis xente mellor. 0:10:45.080,0:10:47.016 Agora mesmo, se vos envío unha imaxe, 0:10:47.040,0:10:50.136 podedes reenviárlla a quen queirades. 0:10:50.160,0:10:54.416 Pero, e se teño que decidir se esa imaxe [br]se pode reenviar ou non? 0:10:54.440,0:10:58.496 Isto indicaríavos que non tedes[br]o meu permiso para mandar esa imaxe. 0:10:58.520,0:11:02.656 Facemos este tipo de cousas todo o tempo[br]para protexer os dereitos de autor. 0:11:02.680,0:11:07.456 Se mercas un libro electrónico, [br]non podes mandárllo á xente que queiras. 0:11:07.480,0:11:10.040 Así que por que non probar isto[br]cos teléfonos móbiles? 0:11:10.960,0:11:15.736 Podemos esixirlles a empresas tecnolóxicas[br]que engadan esas proteccións 0:11:15.760,0:11:19.496 nos nosos dispositivos e plataformas [br]coma valores predeterminados. 0:11:19.520,0:11:22.936 A fin de contas, un pode escoller[br]a cor do seu coche, 0:11:22.960,0:11:25.800 pero os coxíns de seguridade[br]son sempre estándar. 0:11:28.080,0:11:31.896 Se non pensamos máis [br]na privacidade dixital e no consentimento, 0:11:31.920,0:11:34.640 pode haber serias consecuencias. 0:11:35.360,0:11:37.616 Había unha adolescente de Ohio, 0:11:37.640,0:11:40.480 chamémoslle Jennifer, por respecto[br]á súa privacidade. 0:11:41.120,0:11:44.696 Ela compartiu fotos nas que saía espida[br]co seu noivo do instituto, 0:11:44.720,0:11:46.240 pensando que podía confiar nel. 0:11:47.720,0:11:49.656 Por desgraza, el enganouna 0:11:49.680,0:11:52.656 e as súas fotos circularon[br]por todo o instituto. 0:11:52.680,0:11:56.200 Jennifer estaba avergoñada e humillada, 0:11:56.800,0:12:00.936 pero en lugar de seren compasivos, [br]os seus compañeiros acosárona. 0:12:00.960,0:12:02.816 Chamáronlle puta 0:12:02.840,0:12:04.800 e fixéronlle a vida imposible. 0:12:05.360,0:12:09.040 Jennifer comezou a faltar á escola[br]e as súas cualificacións baixaron. 0:12:09.520,0:12:13.320 Ao final, Jennifer decidiu acabar[br]coa súa propia vida. 0:12:14.720,0:12:17.416 Jennifer non fixo nada mal. 0:12:17.440,0:12:19.696 O único que fixo foi compartir[br]unha foto espida 0:12:19.720,0:12:22.536 cunha persoa [br]na que pensou que podía confiar. 0:12:22.560,0:12:25.176 E, porén, as nosa leis dinlle 0:12:25.200,0:12:29.360 que cometeu un delito horrible[br]equivalente á pornografía infantil. 0:12:29.920,0:12:31.416 As nosas normas de xénero din 0:12:31.440,0:12:34.656 que ao producir [br]esta imaxe dela mesma espida, 0:12:34.680,0:12:37.880 dalgún xeito, fixo a cousa[br]máis horrible e vergoñenta. 0:12:38.400,0:12:42.616 E cando asumimos que a privacidade [br]é imposible nos medios dixitais, 0:12:42.640,0:12:48.160 absolvermos e escusamos completamente[br]o mal comportamento do seu mozo. 0:12:49.200,0:12:54.936 A xente segue a dicirlles [br]ás vítimas de violacións de privacidade, 0:12:54.960,0:12:56.216 "En que pensabas? 0:12:56.240,0:12:58.720 Nunca debiches mandar esa imaxe." 0:12:59.640,0:13:03.640 Se estades pensando que dicir [br]no canto diso, probade con isto. 0:13:04.160,0:13:07.680 Imaxinade que visitades ao voso amigo[br]que rompeu unha perna esquiando. 0:13:08.240,0:13:12.816 Eles asumiron riscos [br]para facer algo divertido, e non saíu ben. 0:13:12.840,0:13:15.376 Mais non ides ser os cretinos que digan, 0:13:15.400,0:13:17.840 "Home, non debiches ir esquiar." 0:13:20.080,0:13:22.216 Se pensamos no consentimento, 0:13:22.240,0:13:25.496 poderemos ver que as vítimas [br]de violacións de privacidade 0:13:25.520,0:13:27.256 merecen a nosa compaixón; 0:13:27.280,0:13:31.880 non discriminación, humillación,[br]acoso ou castigo. 0:13:32.440,0:13:36.936 Podemos apoiar as vítimas e previr[br]algunhas violacións de privacidade 0:13:36.960,0:13:41.280 se se fan estes cambios legais,[br]individuais e tecnolóxicos. 0:13:41.840,0:13:47.656 Porque o problema non é o séxting,[br]é a privacidade dixital. 0:13:47.680,0:13:50.040 E unha solución é o consentimento. 0:13:50.680,0:13:55.256 Así que a próxima vez que unha vítima[br]de violación dixital se achegue a vós, 0:13:55.280,0:13:58.016 no lugar de culpala, fagamos isto: 0:13:58.040,0:14:01.456 cambiemos as nosas ideas[br]sobre a privacidade dixital, 0:14:01.480,0:14:04.120 e respondamos con compaixón. 0:14:04.680,0:14:05.896 Grazas. 0:14:05.920,0:14:12.056 (Aplauso)