WEBVTT 00:00:00.000 --> 00:00:04.025 O verán pasado recibín a chamada dunha muller, Ellie. 00:00:04.049 --> 00:00:07.289 Escoitara falar da separación de familias na fronteira sur 00:00:07.313 --> 00:00:09.815 e quería saber como podía axudar. 00:00:09.839 --> 00:00:13.788 Contoume a historia do seu avó e o seu bisavó. 00:00:14.285 --> 00:00:16.373 Cando eran cativos, en Polonia, 00:00:16.397 --> 00:00:17.640 o seu pai, 00:00:17.664 --> 00:00:19.568 temendo pola seguridade do seu fillo, 00:00:19.592 --> 00:00:22.726 deulles algúns cartos e díxolles que marchasen cara ao oeste, 00:00:22.750 --> 00:00:25.110 que non parasen de camiñar ata ter cruzado Europa. 00:00:25.134 --> 00:00:26.293 E así o fixeron. 00:00:26.317 --> 00:00:28.335 Cruzaron Europa camiñando cara ao oeste, 00:00:28.359 --> 00:00:31.385 subiron a un barco e chegaron aos Estados Unidos. 00:00:32.159 --> 00:00:36.179 Ellie díxome que cando escoitaba as historias dos rapaces 00:00:36.203 --> 00:00:38.599 que cruzaban México camiñando, 00:00:38.623 --> 00:00:43.224 non podía deixar de pensar no seu avó e o seu irmán. 00:00:43.248 --> 00:00:46.936 Para ela, díxome, as historias eran exactamente iguais. NOTE Paragraph 00:00:47.841 --> 00:00:51.432 Aqueles irmáns eran os Irmáns Hassenfeld -- 00:00:51.456 --> 00:00:53.360 os "Has" "bros" -- 00:00:54.596 --> 00:00:56.769 os de Hasbro, a empresa de xoguetes, 00:00:56.793 --> 00:00:59.944 coñecerédelos porque crearon Mr. Potato. NOTE Paragraph 00:01:01.254 --> 00:01:04.381 Pero esa non é a razón pola que vos conto esta historia. 00:01:05.302 --> 00:01:08.562 Cóntovola porque esta historia fíxome pensar 00:01:08.586 --> 00:01:11.803 en se eu tería a fe, 00:01:11.827 --> 00:01:13.372 a coraxe, 00:01:13.396 --> 00:01:16.815 de enviar os meus rapaces -- e teño tres -- 00:01:16.839 --> 00:01:18.167 a unha viaxe como aquela. 00:01:19.169 --> 00:01:22.576 Sabendo que non estaban seguros onde estaban, 00:01:22.600 --> 00:01:24.686 sería quen de velos marchar? NOTE Paragraph 00:01:26.995 --> 00:01:31.874 Comecei na miña profesión hai décadas na fronteira sur dos EUA, 00:01:31.898 --> 00:01:34.597 traballando con solicitantes de asilo centroamericanos. 00:01:34.928 --> 00:01:38.494 Desde hai 16 anos estou na HIAS, 00:01:38.518 --> 00:01:42.619 a organización xudía que loita polos dereitos dos refuxiados do mundo, 00:01:42.643 --> 00:01:44.332 como avogada. 00:01:44.919 --> 00:01:48.412 Unha das cousas que aprendín é que, ás veces, 00:01:49.229 --> 00:01:53.119 aquilo que nos din que nos vai dar máis seguridade e forza 00:01:53.143 --> 00:01:54.348 non fai tal. 00:01:55.262 --> 00:02:00.201 De feito, algunhas desas medidas teñen un efecto contrario ao esperado 00:02:00.225 --> 00:02:05.328 e entrementres causan un sufrimento enorme e innecesario. NOTE Paragraph 00:02:06.571 --> 00:02:09.708 Así que por que razón aparecen estas persoas na nosa fronteira sur? 00:02:09.732 --> 00:02:13.210 A maioría dos inmigrantes e refuxiados que chegan á nosa fronteira sur 00:02:13.234 --> 00:02:17.348 veñen fuxindo de tres países: Guatemala, Honduras e El Salvador. 00:02:17.952 --> 00:02:20.360 Son países que sistematicamente encabezan 00:02:20.384 --> 00:02:23.695 a lista de nacións máis violentas do mundo. 00:02:23.719 --> 00:02:26.086 É moi difícil estar seguro neses países, 00:02:26.110 --> 00:02:29.375 para canto máis construír un futuro para ti e a túa familia. 00:02:30.180 --> 00:02:33.157 E a violencia contra mulleres e nenas é xeralizada. 00:02:34.021 --> 00:02:37.291 A xente leva fuxindo de Centroamérica 00:02:37.315 --> 00:02:38.895 durante xeracións. 00:02:38.919 --> 00:02:41.567 Xeracións de refuxiados seguen chegando ás nosas costas, 00:02:41.567 --> 00:02:46.312 escapando das guerras civís da década de 1980, 00:02:46.336 --> 00:02:48.568 nas que Estados Unidos estivo moi involucrado. 00:02:49.227 --> 00:02:50.178 Isto non é novo. 00:02:51.169 --> 00:02:55.937 O novo é que ultimamente aumentou a chegada de familias, 00:02:55.961 --> 00:02:58.755 de nenos e familias, que se presentan nos postos de control 00:02:58.779 --> 00:03:01.114 solicitando asilo. NOTE Paragraph 00:03:02.262 --> 00:03:04.352 Vímolo estes días nos noticiarios, 00:03:04.352 --> 00:03:07.770 e quero que lembredes un par de cousas cando vexades esas imaxes. 00:03:07.794 --> 00:03:13.888 Primeiro, non estamos ante un máximo histórico de interceptacións na fronteira, 00:03:13.912 --> 00:03:17.023 e, de feito, estas persoas preséntanse nos postos de control. 00:03:17.444 --> 00:03:22.315 Segundo, chegan só co que traen posto; 00:03:22.339 --> 00:03:24.681 algúns veñen literalmente en chancletas. 00:03:24.705 --> 00:03:27.651 E terceiro, somos o país máis poderoso do mundo. 00:03:28.204 --> 00:03:29.808 Non hai motivo para o pánico. 00:03:30.601 --> 00:03:33.127 É doado desde a seguridade do país de destino 00:03:33.151 --> 00:03:35.022 pensar en termos absolutos: 00:03:35.046 --> 00:03:37.345 É legal ou é ilegal? 00:03:37.734 --> 00:03:40.237 Pero as persoas que pelexan con estas preguntas 00:03:40.261 --> 00:03:44.076 e toman estas decisións sobre as súas familias 00:03:44.100 --> 00:03:46.664 pensan en preguntas moi distintas: 00:03:46.688 --> 00:03:48.561 Como manteño a miña filla a salvo? 00:03:49.458 --> 00:03:50.900 Como protexo o meu fillo? 00:03:52.114 --> 00:03:54.374 E se queredes termos absolutos, 00:03:54.398 --> 00:03:57.411 é absolutamente legal pedir asilo. 00:03:57.862 --> 00:04:02.749 É un dereito fundamental recoñecido nas nosas leis e no dereito internacional. 00:04:02.773 --> 00:04:03.963 De feito -- NOTE Paragraph 00:04:03.987 --> 00:04:10.851 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:04:10.875 --> 00:04:14.416 derívase da Convención de 1951 sobre o Estatuto dos Refuxiados, 00:04:14.440 --> 00:04:17.512 que foi a resposta do mundo ao Holocausto 00:04:17.536 --> 00:04:21.346 e un modo para que as nacións se comprometesen a non devolver a ninguén 00:04:21.370 --> 00:04:23.844 a un país onde puidese sufrir mal ou ser asasinado. NOTE Paragraph 00:04:24.246 --> 00:04:26.291 Os refuxiados chegan aquí de varias formas. 00:04:26.581 --> 00:04:29.655 Unha é a través do Programa de Admisión de Refuxiados dos EUA. 00:04:29.679 --> 00:04:33.809 Por medio dese programa, identifícanse e seleccionan refuxiados no estranxeiro 00:04:33.833 --> 00:04:35.889 para traelos aos Estados Unidos 00:04:36.527 --> 00:04:40.169 O ano pasado acollimos o número máis baixo de refuxiados 00:04:40.193 --> 00:04:43.874 desde que o programa se puxo en marcha en 1980. 00:04:43.898 --> 00:04:45.856 Este ano serán probablemente aínda menos. 00:04:46.800 --> 00:04:49.763 E iso ocorre nun momento en que temos máis refuxiados no mundo 00:04:49.787 --> 00:04:51.746 ca en ningún outro período da historia, 00:04:51.746 --> 00:04:53.645 mesmo desde a Segunda Guerra Mundial. NOTE Paragraph 00:04:54.020 --> 00:04:57.787 Outro dos modos de entrar no país como refuxiado é solicitando asilo. 00:04:57.811 --> 00:05:01.096 Os solicitantes de asilo son persoas que se presentan na fronteira 00:05:01.120 --> 00:05:04.424 e din que serían perseguidos se os enviasen de volta. 00:05:04.448 --> 00:05:07.486 Un solicitante de asilo é só alguén que se somete a este proceso 00:05:07.486 --> 00:05:08.845 nos Estados Unidos 00:05:08.869 --> 00:05:11.497 para demostrar que se axusta á definición de refuxiado. 00:05:13.407 --> 00:05:16.843 E nunca antes fora tan difícil solicitar asilo. 00:05:16.867 --> 00:05:19.945 Os gardas dinlles aos que aparecen nas nosas fronteiras 00:05:19.969 --> 00:05:22.518 que o país está cheo e non poden solicitar. 00:05:22.542 --> 00:05:24.353 É algo sen precedentes e ilegal. 00:05:24.828 --> 00:05:27.068 No marco dun novo programa, 00:05:27.092 --> 00:05:31.258 co título orwelliano de "Protocolo de Protección de Migrantes", 00:05:32.472 --> 00:05:35.128 díselles aos refuxiados que teñen que agardar en México 00:05:35.152 --> 00:05:38.630 a que o seu caso supere os trámites xudiciais nos Estados Unidos, 00:05:38.654 --> 00:05:40.310 o que pode levar meses ou anos. 00:05:40.334 --> 00:05:42.153 Entre tanto, non están seguros, 00:05:42.177 --> 00:05:44.200 e non teñen acceso a un avogado. NOTE Paragraph 00:05:45.830 --> 00:05:50.190 O noso país, o noso goberno leva detido a máis de 3.000 nenos, 00:05:50.214 --> 00:05:52.791 separándoos dos seus pais, 00:05:52.815 --> 00:05:55.561 como estratexia disuasoria fronte ás solicitudes de asilo. 00:05:55.723 --> 00:05:57.132 Moitos eran nenos pequenos, 00:05:57.913 --> 00:06:00.557 incluso unha nena cega de seis anos. 00:06:00.581 --> 00:06:02.062 E iso aínda continúa. 00:06:02.812 --> 00:06:06.680 Gastamos miles de millóns en reter no que practicamente son prisións 00:06:06.704 --> 00:06:08.721 a persoas que non cometeron ningún delito. 00:06:10.799 --> 00:06:16.230 A separación familiar converteuse no selo do noso sistema de inmigración. 00:06:16.603 --> 00:06:21.661 Está lonxe daquilo da "cidade brillante do outeiro" ou "o faro de esperanza" 00:06:21.685 --> 00:06:25.524 ou deses outros xeitos nos que falamos de nós mesmos e dos nosos valores. NOTE Paragraph 00:06:26.137 --> 00:06:29.385 As migracións sempre estiveron con nós, e sempre estarán. 00:06:29.899 --> 00:06:33.578 Os motivos polos que foxe a xente -- persecución, guerra, violencia, 00:06:33.602 --> 00:06:35.115 cambio climático 00:06:35.139 --> 00:06:39.429 e a capacidade de ver no teléfono como é a vida noutros sitios -- 00:06:39.453 --> 00:06:41.269 esas presións non fan máis ca medrar. 00:06:42.602 --> 00:06:48.279 Pero existen modos de ter políticas que reflictan os nosos valores 00:06:48.303 --> 00:06:51.218 e teñan sentido de verdade na realidade actual. NOTE Paragraph 00:06:51.980 --> 00:06:58.063 En primeiro lugar é necesario reducir a retórica tóxica 00:06:58.087 --> 00:07:02.778 que está no fondo do debate nacional sobre esta cuestión desde hai demasiado. NOTE Paragraph 00:07:03.437 --> 00:07:08.551 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:07:10.702 --> 00:07:13.846 Eu non son unha inmigrante nin unha refuxiada, 00:07:13.870 --> 00:07:17.870 pero tomo estes ataques como algo persoal porque os meus avós si que o eran. 00:07:19.211 --> 00:07:23.759 A miña bisavoa Rose estivo sete anos sen ver os seus fillos, 00:07:23.783 --> 00:07:26.245 cando trataba de traelos desde Polonia a Nova York. 00:07:26.269 --> 00:07:28.200 Deixou o meu avó cando tiña sete anos 00:07:28.224 --> 00:07:30.245 e non o volveu ver ata que tiña 14. 00:07:30.269 --> 00:07:31.865 No outro lado da miña familia, 00:07:31.889 --> 00:07:35.526 a miña avoa Aliza saíu de Polonia nos anos 30 do século pasado 00:07:35.550 --> 00:07:38.423 para ir ao que entón era o Mandato británico de Palestina 00:07:38.447 --> 00:07:40.693 e non volveu ver a familia nin os amigos. 00:07:41.741 --> 00:07:46.795 A cooperación global como resposta á migración e ao desprazamento global 00:07:46.819 --> 00:07:51.304 contribuiría moito a facer da migración algo que non é unha crise 00:07:51.328 --> 00:07:52.681 senón algo que está aí 00:07:52.705 --> 00:07:55.253 e debemos afrontar como comunidade global 00:07:56.488 --> 00:07:58.893 A axuda humanitaria tamén é crucial. 00:07:58.917 --> 00:08:01.918 A asistencia que lles damos aos países centroamericanos 00:08:01.942 --> 00:08:04.371 que envían refuxiados e migrantes 00:08:04.395 --> 00:08:09.590 é unha mínima fracción do que gastamos en aplicación da lei e detencións. 00:08:10.756 --> 00:08:14.525 Está claro que podemos ter un sistema de asilo que funcione. 00:08:15.460 --> 00:08:18.180 Por unha fracción minúscula do custo de construír un muro, 00:08:18.204 --> 00:08:19.585 poderiamos contratar máis xuíces, 00:08:19.609 --> 00:08:21.839 garantir avogados aos solicitantes 00:08:21.863 --> 00:08:24.384 e comprometernos cun sistema de asilo decente. NOTE Paragraph 00:08:24.955 --> 00:08:29.621 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:08:33.090 --> 00:08:35.656 E poderiamos acoller a máis refuxiados. 00:08:36.118 --> 00:08:39.291 Isto daravos unha idea da redución do programa de acollida: 00:08:39.315 --> 00:08:43.574 hai tres anos, Estados Unidos acolleu a 15.000 refuxiados sirios 00:08:43.598 --> 00:08:46.237 en resposta á maior crise de refuxiados do planeta. 00:08:46.261 --> 00:08:49.378 Un ano despois, a cifra era de 3.000. 00:08:49.402 --> 00:08:52.837 E o ano pasado foron 62 persoas. 00:08:54.109 --> 00:08:55.840 62 persoas. NOTE Paragraph 00:08:56.819 --> 00:09:00.719 Malia crueza retórica e os esforzos por bloquear a inmigración 00:09:00.743 --> 00:09:02.680 e manter os refuxiados fóra do país, 00:09:02.704 --> 00:09:06.085 o apoio aos refuxiados e inmigrantes no noso país, segundo as enquisas, 00:09:06.109 --> 00:09:07.352 é máis forte ca nunca. 00:09:07.376 --> 00:09:09.517 Organizacións como HIAS, para a que traballo, 00:09:09.517 --> 00:09:11.849 e outras organizacións humanitarias e relixiosas, 00:09:11.873 --> 00:09:14.020 facilitan que nos pronunciemos 00:09:14.044 --> 00:09:16.614 cando unha lei merece que nos opoñamos a ela 00:09:16.638 --> 00:09:20.015 ou merece o noso apoio, ou unha política require supervisión. 00:09:20.485 --> 00:09:21.836 Se tedes teléfono, 00:09:21.860 --> 00:09:23.183 podedes facer algo, 00:09:23.207 --> 00:09:24.955 e se queredes facer máis, podedes. 00:09:24.979 --> 00:09:28.509 Direivos que se algunha vez vedes un destes centros de detención 00:09:28.509 --> 00:09:29.854 distribuídos pola fronteira 00:09:29.878 --> 00:09:31.835 onde hai nenos -- son cárceres -- 00:09:31.849 --> 00:09:33.322 non volveredes ser os mesmos. NOTE Paragraph 00:09:35.320 --> 00:09:37.915 O que máis me gustou da miña conversa con Ellie 00:09:38.792 --> 00:09:42.648 foi ver que no fondo ela sabía que as historias dos seus avós 00:09:43.537 --> 00:09:45.676 non eran diferentes das historias de hoxe, 00:09:45.700 --> 00:09:47.766 e quería facer algo ao respecto. NOTE Paragraph 00:09:48.974 --> 00:09:51.320 Se quero que quededes con algo, 00:09:51.344 --> 00:09:53.746 ademais da historia tras Mr. Potato, 00:09:53.770 --> 00:09:57.198 que, por suposto, tamén é unha boa historia que deixarvos, 00:09:57.222 --> 00:10:01.370 é a idea de que un país amosa fortaleza 00:10:02.522 --> 00:10:04.839 a través da compaixón e o pragmatismo, 00:10:04.863 --> 00:10:06.770 non por medio da forza e do medo NOTE Paragraph 00:10:07.448 --> 00:10:13.441 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:10:17.139 --> 00:10:21.305 Estas historias dos Hassenfeld e dos meus parentes e os vosos 00:10:21.329 --> 00:10:23.879 seguen a acontecer hoxe; son todas a mesma. 00:10:25.269 --> 00:10:28.546 Un país é forte cando non lle di "Fóra!" ao refuxiado, 00:10:28.570 --> 00:10:31.767 senón que lle di: 00:10:31.791 --> 00:10:34.608 "Está ben, xa te temos, estás a salvo". NOTE Paragraph 00:10:35.112 --> 00:10:36.275 Grazas. NOTE Paragraph 00:10:36.299 --> 00:10:39.124 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:10:39.148 --> 00:10:40.354 Grazas. NOTE Paragraph 00:10:40.378 --> 00:10:41.739 (Aplausos)