Bo día.
Estou encantado de ver
tanta xente boa aquí
cun sorriso na cara.
Teño unha formación, unha actitude
e un enfoque moi característico
con respecto ao mundo real
porque son ilusionista.
Prefiro este termo
no canto do de mago,
porque de selo, iso significaría
que uso conxuros e feitizos
e acenos estraños
co obxectivo de lograr
maxia de verdade.
Eu non fago iso,
son ilusionista
unha persoa que simula ser
un mago de verdade.
Entón, como imos abordar este tema?
Dependemos de que vós,
o público
vai facer presuposicións.
Por exemplo, cando cheguei aquí
e collín o micrófono do estrado
e o acendín
supuxestes que isto era un micro
pero non o é.
De feito, isto é algo
co que a metade de vós
non está familiarizado.
É unha recortadora
para a barba, vedes?
E é un micrófono pésimo,
xa o probei moitas veces.
A outra cousa que supuxestes...
E esta é unha lección para amosarvos
que facedes presuposicións.
Non só é que podedes,
senón que o facedes
se se vos presentan ben.
Pensades que vos estou mirando.
Non. Non vou estou mirando.
Non podo vervos.
Sei que estades aí, dixéronmo,
está cheo.
Sei que estades aí porque vos escoito
pero non podo vervos
porque uso lentes.
Isto non son lentes,
é unha montura baleira.
Unha montura baleira.
Ben, por que se presentaría
ante vós un home adulto
cunhas lentes sen cristais?
Para enganarvos,
donas e cabaleiros,
para confundirvos e
ensinarvos que vós tamén
presupoñedes cousas,
nunca vos esquezades.
Primeiro teño que pór
unhas lentes reais para vervos.
A verdade sería un detalle. Non sei.
Non é un gran detalle tampouco.
Teño que facer algo
que é un pouco estraño para un mago.
Vou tomar uns medicamentos.
Isto é
un bote enteiro de Calms Forte.
Explicareino nun intre.
Non lle fagades caso ás instrucións;
iso é o que o goberno pon aí
para confundirvos,
estou seguro.
Tomarei abondas.
Vou tomar todo o bote, de feito.
32 comprimidos de Calms Forte.
Agora que xa o fixen
(e que explicarei logo)
teño que dicirvos que
son actor.
Son un actor que ten
un papel en específico.
O meu papel é
o de mago
Se queredes,
un mago dos de verdade.
Se alguén se presenta
neste escenario diante de min
e afirma que
é un antigo príncipe de Dinamarca
chamado Hamlet
sentiriádesvos insultados,
e con razón.
Por que alguén pensaría que
que creriades tal barbaridade?
Pero hai moita xente aí fóra
unha morea de xente
que vos dirá que teñen
poderes psíquicos e máxicos.
Que poden predicir o futuro
e que poden
contactar cos mortos.
Tamén din
que vos venderán astroloxía
e outros métodos de adiviñación.
Venderánvolos de boa gana.
E tamén din
que poden darvos aparellos
de movemento perpetuo
e xeradores de enerxía gratis.
Afirman ser médiums
ou sensitivos, o que poidan.
Pero o que está sendo
moi importante agora
é o negocio de
falar cos mortos.
Agora ben, para a miña mente inocente
a morte implica
incapacidade para comunicarse.
Igual estades de acordo comigo nisto.
Pero esta xente intentará dicirvos que
non só se poden comunicar cos mortos
"Ei, que tal"
senón que tamén os poden escoitar
e que lle poden transmitir
esta información aos vivos.
Será certo? Non o creo,
porque esta subcultura
usa os mesmos trucos que
usamos os magos
–os mesmiños–
os mesmos métodos físicos
e psicolóxicos.
Enganan profundamente
a millóns de persoas no mundo
para a súa desgraza.
Enganan a esta xente,
fanlle gastar moitos cartos
e provócanlle moita angustia emocional.
Gástanse miles de millóns de dólares
cada ano, en todo o mundo
nestes falabaratos.
Ben, hai dúas preguntas
que me gustaría facerlles
de ter a oportunidade de facelo.
Primeira: quero preguntarlles
se poden chamar...
porque os escoitan a través dos oídos.
Oen os espíritos así.
Voulles pedir que contacten
co fantasma da miña avoa
porque cando morreu,
era ela quen tiña o testamento
e agachouno nalgún lado.
Non sabemos onde está
así que preguntámoslle:
"onde está, avoíña?"
E que dixo a avoíña?
Dixo: "estou no ceo e isto é marabilloso.
Estou aquí cos meus amigos,
a miña familia
e todos os cadeliños e gatiños
que tiven cando era unha cativa.
Quérovos, e estarei sempre convosco.
Adeus."
E non respondeu o demo de pregunta!
Onde está o testamento?
Porque tamén podería dicir:
"No segundo estante,
detrás da enciclopedia"
Pero iso non nolo dixo, non.
Non nos dou
ningunha información relevante.
Pagamos moitos cartos por esa información
e non a demos conseguido.
A segunda pregunta que lles faría
é bastante simple.
Supoñamos que lles pido que contacten
co espírito do meu sogro falecido,
por exemplo.
Por que insisten en dicirche...
(lembra, fálanlle ao oído)
Por que din:
"O meu nome empeza por J ou M?"
Estamos xogando ás adiviñas?
O gato e o rato? Que é?
Son 20 preguntas?
Non, máis ben 120.
Pero é cruel, desapiadado
totalmente de mala fe
(Estou ben, quedade nos asentos)
ao que xogan estas persoas.
Aprovéitanse dos inocentes,
dos inxenuos
dos que sofren,
das persoas necesitadas.
Este é un proceso
que se chama lectura en frío.
Hai un tipo que se chama
Van Praagh.
É unha das eminencias
desta trapallada.
John Edward, Sylvia Browne
e Rosemary Altea son outros artistas.
Hai centos deles no mundo,
pero neste país
James Van Praagh é moi famoso.
E que fai? Gústalle contarche
como faleceron os mortos.
(a xente que lle fala ao oído, vedes?)
Pois o que di, normalmente, é así:
"Ante de morrer, díxome
que lle custaba respirar".
Home, iso é o que vén sendo morrer!
Paras de respirar e logo morres.
Así de fácil.
E ese é o tipo de información
que che van dar?
Non o creo.
Esta xente vai adiviñando,
din cousas como:
"Por que me chega esta electricidade?"
E dinme: "Electricidade".
"Era electricista?"
-Non.
"Tiña unha afeitadora eléctrica?"
-Non.
Era un xogo de adiviñar, coma este.
E así saen do paso.
A xente pregúntanos moito
na Fundación James Randi
chámanme e dinme:
"por que estás tan preocupado?
Non é divertido?".
Non, non é. É unha farsa cruel.
Pode que che dea un pouco de consolo
pero ese consolo dura uns 20 minutos.
Despois esa xente mírase no espello e di:
Paguei moitos cartos por ese contacto.
E que me dixo? "Quérote!"
Sempre din iso.
Non lles dan nada de información
non obteñen nada polo que gastan.
Sylvia Browne é a máis viva.
Chamámoslle "a gadoupas"
Sylvia Browne -grazas-
Sylvia Browne é a máis viva
agora mesmo neste negocio.
Ben, Sylvia Brown (só para ensinárvolo)
cobra 700 dólares
por un contacto a través do teléfono
de 20 minutos.
Nin sequera vai alí en persoa
e tes que esperar ata dous anos
porque xa ten reservas
para todo ese tempo.
Pagas con tarxeta de crédito
ou o que sexa
e despois chámate
nalgún momento dos dous anos seguintes.
Sabes que é ela.
"Boas, son Sylvia Browne".
É ela, non hai fallo.
Montel Williams é un home intelixente.
Vémolo na televisión.
Está formado, é listo
sabe o que fai Sylvia Browne
pero impórtalle un rabo de can.
Tanto lle dá coma tanto lle ten.
Ao cabo e ao remate,
aos patrocinadores gústalles
e vana expoñer seguido
na publicidade.
Que che dá Sylvia Browne por 700 dólares?
Dáche os nomes dos teus anxos da garda.
E que sen iso, como se pode vivir?
Diche os nomes das túas vidas pasadas
e quen fuches noutra vida.
Boh.
Resulta que todas as mulleres
ás que lles fai un contacto
eran todas princesas babilonias, ou así
e os homes eran guerreiros gregos
que loitaban con Agamenón.
Nunca se fala
da pequena limpadora de botas
de Londres
que morreu de tise.
Non paga a pena recordala.
E o raro disto...
non sei se vos decatastes.
Vedes estes tipos na televisión
e nunca chaman a ninguén do inferno.
Todos volven do ceo,
ninguén do inferno.
Se chamaran a algún dos meus amigos
que non o van facer...
Xa se imaxinan.
Sylvia Browne é una excepción,
unha excepción só nun sentido.
Na miña fundación
ofrecemos 1 millón de dólares
en obrigas negociables.
Doadísimo de gañar.
Só tes que demostrar
un suceso paranormal,
de ocultismo ou sobrenatural
de calquera clase
en condicións de observación adecuadas.
Doadísimo, gaña o millón de dólares.
Sylvia Browne é unha excepción
porque é a única médium profesional
en todo o mundo
que aceptou o noso reto.
Fíxoo nun programa da CNN
hai seis anos e medio.
E aínda non temos noticias dela.
Cousa rara.
Primeiro dixo iso e logo
que non sabía como contactar comigo.
Boh.
Unha médium profesional
que fala cos mortos
e non dá contactado comigo?
Estou vivo, como podedes comprobar.
Ben, bastante ben igualmente.
Non podía contactar comigo,
pero agora di que non quere
porque son un impío.
Con máis razón quererías gañarme
o millón de dólares
non cres, Sylvia?
Hai que parar a esta xente,
agora en serio.
Hai que paralos porque é
unha farsa cruel.
Chega xente á Fundación seguido.
Arruinados emocional e economicamente
porque puxeron todos os seus cartos
e fe nesa xente.
Tomei unhas pastillas ao principio
e agora téñovolo que explicar.
A homeopatía, que vén sendo isto.
Algo escoitastes, supoño.
É unha forma alternativa de curación, non?
A homeopatía consiste...
É isto.
Isto é Calms Forte.
32 pastillas para durmir!
Esquecérame de dicírvolo.
Acabo de inxerir
6 días e medio de pastillas para durmir.
6 días e medio é unha dose letal,
sen dúbida.
Aquí detrás pon:
"En caso de sobredose
chame inmediatamente ao
centro de toxicoloxía"
e pon un número gratuíto.
Tranquilos, non vos preocupedes.
Non fai falla,
levo facendo este truco
para o público en todo o mundo
durante os últimos 8 ou 10 anos.
Tomei moitas doses letais de
pastillas para durmir homeopáticas.
E por que non me afectan?
A resposta igual vos sorprende.
Que é a homeopatía?
Pois é tomar unha menciña
que funciona de verdade
e diluíla
moito máis do límite de Avogadro.
Diluíla ata o punto no que
xa non queda nada.
Isto non é só unha metáfora,
é certo o que vos digo.
Isto é exactamente igual ca coller
unha aspirina de 325 miligramos
guindala no medio do lago Tahoe
e despois remexela,
obviamente cun pau ben gordo
e esperar uns dous anos
ata que a solución sexa homoxénea.
Despois, cando che doia a cabeza
bebes un grolo desta auga e,
voilà! xa non che doe!
Isto é o que vén sendo a homeopatía.
E outra das cousas que din,
esta vaivos gustar moito
é que canto máis dilúes unha menciña
máis potente é.
Esperade, oín falar dun tipo de Florida.
O pobre estaba a tomar
una menciña homeopática.
Morreu de sobredose.
Esqueceuse de tomar a súa menciña.
Pensádeo, pensádeo.
É ridículo. Totalmente ridículo.
Non sei que facemos
crendo nestas parvadas tanto tempo.
Deixádeme que vos diga
que a Fundación Educativa James Randi
está ofrecendo un gran premio.
Tamén teño que dicir que
que ninguén acepte a oferta
non significa que
eses poderes non existan.
Igual si, por algún lado.
Igual esas persoas
non precisan os cartos.
Por exemplo, con Sylvia Browne
eu pensaríao.
700 dólares por
un contacto telefónico de 20 minutos
Cobra máis que un avogado!
É unha cantidade incrible de cartos.
Pode que esa xente non precise
un millón de dólares
pero non pensades que
lles gustaría gañarnos
só por deixarme de parvo?
Por desfacerse deste impío
do que Sylvia Browne fala seguido?
Creo que hai que facer algo en serio.
Gustaríame escoitar
algunha das vosas propostas
para contactar
coas autoridades federais, estatais
e locais
para que fagan algo ao respecto.
Se sabedes como...
Si, xa sei
vemos xente,
aínda hoxe en día, que nos fala
da epidemia da SIDA,
de nenos morrendo de fame
no mundo,
de xente que ten que sufrir
a falla de auga potable.
Esas cuestións son moi importantes,
cruciais, incluso.
Temos que facer algo para resolvelas.
Pero ao mesmo tempo
como dixo Arthur C. Clarke:
A podremia da mente humana
o negocio de crer
no paranormal e no oculto
e o sobrenatural...
En todas estas trapalladas,
este pensamento medieval...
Hai que facer algo
e a solución reside na educación.
En gran parte, os medios de comunicación
teñen a culpa de todo isto.
Fomentan descaradamente
todo tipo de trapalladas destas
porque aos patrocinadores gústanlle
polo pan baila o can.
O carto.
Niso se fixan.
Temos que facer algo de verdade.
Estou disposto a escoitar
as vosas propostas
e tamén quero que entredes na nosa web
É www.randi.org
Entrade e mirade os arquivos
e comezaredes a entender moito máis
sobre o que vos contei hoxe aquí.
Veredes todos os documentos que temos.
Non hai nada como sentarte nesa biblioteca
e ver a historia dunha familia
cuxa nai regalou
todos os aforros que tiñan.
Regalou os CD,
as accións, os certificados de valores.
É triste escoitalo
e non lles axudou nadiña.
Non solucionou ningún dos seus problemas.
Pode que a mente estadounidense
podreza
e tamén a de todo o mundo
se non comezamos a ser sensatos
con estes temas.
Ofrecemos este premio
e como digo, poñémolo en bandexa.
Estamos esperando
a que veñan médiums e nolo quiten.
Veñen unha morea deles
centos de persoas por ano.
Falabaratos e outras persoas
que pensan que poden falar cos mortos
pero son principiantes;
non saben como avaliar
os seus supostos poderes.
Os profesionais non adoitan vir onda nós
coa excepción de Sylvia Browne
da que vos falei hai un chisco.
Aceptou e logo botouse atrás.
Donas e cabaleiros,
son James Randi
e estou agardando.
Grazas.