WordPress 4.7 "Vaughan", chamado así pola lenda do jazz Sarah "Sassy" Vaughan fai máis fácil que nunca poñer en marcha a túa web como ti queiras. Coñece a Carly. Carly ten unha tenda de mascotas, e necesita unha web Cary revisa as súas opcións? ... e descobre WordPress Con WordPress Carly pode elixir entre miles de temas gratuítos que se axusten ás súas necesidades. Carly decidiuse por Twenty Seventeen, un tema totalmente novo para WordPress, creado pensando en negocios. Twenty Seventeen inclúe un deseño impecable con grandes imaxes a tamaño completo - perfecto tanto para pequenos negocios como unha tenda de mascotas, como para grandes negocios Como é un sitio novo, Twenty Seventeen mostrará algo de contido de inicio para axudar a Carly a visualizar como funcionará para a súa tenda e para empezar a personalizalo ao seu gusto. Novos atallos visuais no editor que mostran aspectos do seu sitio que poden cambiarse xusto aí, dentro da vista previa. A medida que personaliza o seu tema, Carly dáse conta que pode engadir un vídeo á súa cabeceira. Elixe un vídeo que fixo da súa sobriña cun cachorro e engade unha cabeceira de vídeo ao seu sitio, directamente desde o seu tableta. Como pode crear páxinas mentres edita os menús no personalizador de WordPress 4.7, Carly pode seguir creando a estrutura do seu sitio sen frear o seu ritmo de traballo. Carly quere facer un cambio máis antes de empezar a mostrar o seu sitio - facer máis visible o nome da súa tenda. O novo panel de CSS fai que sexa sinxelo, e mostra os seus cambios - a medida que os realizas. E unha vez feito isto, publica o novo sitio para a súa tenda de mascotas. Carly está feliz. WordPress 4.7 inclúe todas estas características e máis, ademais de fantásticas funcionalidades para desenrroladores como os endpoints de contido da REST API WordPress 4.7 Vaughan - axudando a poñer en marcha o teu sitio, como ti queiras.