WEBVTT 00:00:00.480 --> 00:00:05.176 Gustaríame comezar falándolles dun dos meus grandes amigos, 00:00:05.200 --> 00:00:06.840 Okoloma Maduewesi. 00:00:07.720 --> 00:00:09.336 Okoloma vivía na miña rúa 00:00:09.360 --> 00:00:11.656 e coidaba de min coma un irmán maior. 00:00:11.680 --> 00:00:14.720 Se me gustaba un rapaz, gustábame pedirlle opinión a Okoloma. 00:00:16.160 --> 00:00:20.016 Okoloma morreu no coñecido accidente aéreo de Sosoliso 00:00:20.040 --> 00:00:22.400 en Nixeria en decembro de 2005. 00:00:23.000 --> 00:00:24.680 Fai case exactamente sete anos. 00:00:26.080 --> 00:00:30.440 Okoloma era unha persoa coa que podía discutir, rir e verdadeiramente falar. 00:00:31.520 --> 00:00:34.141 Tamén foi a primeira persoa que me chamou feminista. NOTE Paragraph 00:00:35.370 --> 00:00:38.710 Eu tiña uns 14 anos, estabamos na súa casa rifando. 00:00:38.710 --> 00:00:41.636 Ámbolos dous alporizados polos escasos coñecementos obtidos 00:00:41.636 --> 00:00:43.020 dos libros que leramos. 00:00:43.560 --> 00:00:46.320 Non recordo sobre que era a discusión en particular, 00:00:47.320 --> 00:00:49.376 pero recordo que rifaba e rifaba, 00:00:49.400 --> 00:00:52.960 Okoloma miroume e díxome: "Ti es unha feminista". 00:00:53.880 --> 00:00:55.196 Non era un piropo. NOTE Paragraph 00:00:55.196 --> 00:00:56.536 (Risas) NOTE Paragraph 00:00:56.560 --> 00:00:57.896 Decateime polo seu ton, 00:00:57.920 --> 00:01:00.696 o mesmo ton que empregarías para dicir: 00:01:00.720 --> 00:01:02.456 "Ti es unha terrorista". NOTE Paragraph 00:01:02.480 --> 00:01:05.256 (Risas) NOTE Paragraph 00:01:05.280 --> 00:01:08.936 Non sabía exactamente, o que significaba "feminista", 00:01:08.960 --> 00:01:12.176 e non quería que Okoloma soubera que eu non o sabía. 00:01:12.200 --> 00:01:15.216 Así que afasteina, e seguín discutindo. 00:01:15.240 --> 00:01:17.656 E o primeiro que fixen ao chegar á miña casa 00:01:17.680 --> 00:01:20.256 foi busca-la palabra "feminista" no dicionario. NOTE Paragraph 00:01:20.280 --> 00:01:23.416 Agora dando un salto no tempo, algúns anos máis tarde, 00:01:23.440 --> 00:01:27.576 escribín unha novela sobre un home que, entre outras cousas, pegaba á súa muller 00:01:27.600 --> 00:01:29.730 e cuxa historia non remata moi ben. 00:01:30.600 --> 00:01:32.656 Mentres eu promocionaba a novela en Nixeria, 00:01:32.680 --> 00:01:35.696 un periodista agradable, un home ben intencionado, 00:01:35.720 --> 00:01:37.720 dixo que quería darme un consello. 00:01:39.290 --> 00:01:40.600 E para os nixerianos aquí, 00:01:40.600 --> 00:01:42.826 estou segura que todos estamos familiarizados 00:01:42.826 --> 00:01:48.400 có rápida que é a nosa xente dando consellos non solicitados. 00:01:49.760 --> 00:01:53.216 Díxome que a xente dicía que a miña novela era feminista 00:01:53.240 --> 00:01:54.856 e o seu consello para min, 00:01:54.880 --> 00:01:58.056 e sacudía a cabeza con tristura mentres falaba, 00:01:58.080 --> 00:02:00.256 foi que nunca debería dicir que son feminista 00:02:00.280 --> 00:02:02.856 porque as feministas son mulleres descontentas 00:02:02.880 --> 00:02:04.816 porque non poden atopar marido. NOTE Paragraph 00:02:04.840 --> 00:02:07.240 (Risas) NOTE Paragraph 00:02:09.280 --> 00:02:11.720 Así que decidín autodenominarme "feminista feliz". 00:02:13.040 --> 00:02:15.420 Entón, unha muller Nixeriana académica díxome 00:02:15.420 --> 00:02:17.356 que o feminismo non era da nosa cultura 00:02:17.356 --> 00:02:19.056 e que o feminismo non era africano, 00:02:19.080 --> 00:02:20.960 e que me autodenominaba feminista 00:02:20.960 --> 00:02:23.430 porque estaba corrompida por "libros occidentais." 00:02:24.030 --> 00:02:25.130 O cal divertiume moito, 00:02:25.130 --> 00:02:28.746 porque moitas das miñas primeiras lecturas foron claramente anti-feministas. 00:02:28.746 --> 00:02:31.936 Creo que lin cada novela (rosa) publicada de Mills e Boon 00:02:31.960 --> 00:02:33.160 antes de ter 16 anos. 00:02:33.960 --> 00:02:35.936 E cada vez que intentaba ler eses libros, 00:02:35.960 --> 00:02:37.776 chamados "os clásicos feministas", 00:02:37.800 --> 00:02:40.576 aburríame, e tiven que esforzarme para terminar de lelos. 00:02:40.600 --> 00:02:43.406 Pero, como de calquera xeito, o feminismo non era africano, 00:02:43.406 --> 00:02:46.840 decidín que agora denominaríame "feminista africana feliz". 00:02:47.840 --> 00:02:51.830 Nese momento era unha feminista africana feliz que non odiaba aos homes 00:02:51.830 --> 00:02:53.666 e á que lle gustaba o carmín nos beizos 00:02:53.666 --> 00:02:56.276 e que levaba tacóns para si mesma e non para os homes. NOTE Paragraph 00:02:56.276 --> 00:02:57.896 (Risas) NOTE Paragraph 00:02:57.920 --> 00:03:00.096 Por suposto, moito disto é retranca, 00:03:00.120 --> 00:03:04.736 pero a palabra feminista é unha carga tan pesada, tan negativa. 00:03:04.760 --> 00:03:07.096 Odias aos homes, odias aos suxeitadores, 00:03:07.120 --> 00:03:09.510 odias a cultura africana, ese tipo de cousas. NOTE Paragraph 00:03:10.240 --> 00:03:12.460 Agora unha historia da miña nenez. 00:03:13.000 --> 00:03:14.776 Cando estaba na escola primaria, 00:03:14.800 --> 00:03:19.040 a miña mestra dixo ao comezo do curso que faría unha proba á clase 00:03:19.040 --> 00:03:22.296 e aquel que tivera a puntuación máis alta sería o delegado da clase. 00:03:22.320 --> 00:03:24.400 Ser delegado de clase era moi importante. 00:03:25.240 --> 00:03:26.976 Se un era delegado de clase, 00:03:27.000 --> 00:03:29.456 tiña que apuntar os nomes dos revoltosos, NOTE Paragraph 00:03:29.480 --> 00:03:31.136 (Risas) NOTE Paragraph 00:03:31.160 --> 00:03:33.640 o que che daba bastante poder. 00:03:34.480 --> 00:03:39.256 Pero a miña mestra tamén che daba un bastón para soster na túa man 00:03:39.280 --> 00:03:42.240 mentres patrullabas a clase para controlar aos revoltosos. 00:03:43.360 --> 00:03:46.240 Por suposto, non tiñas permitido realmente usar o bastón. 00:03:46.920 --> 00:03:50.336 Pero era unha actividade moi excitante para unha nena de nove anos. 00:03:50.360 --> 00:03:53.080 Tiña moitas ganas de ser a delegada da clase. 00:03:53.080 --> 00:03:55.360 E conseguín a puntuación máis alta na proba. 00:03:55.400 --> 00:03:59.290 Entón, para a miña sorpresa, a profesora dixo que o delegado tiña que ser un neno. 00:04:00.240 --> 00:04:02.336 Esquecérase de deixalo claro antes 00:04:02.360 --> 00:04:04.218 porque ela asumira que era... obvio. NOTE Paragraph 00:04:04.242 --> 00:04:06.296 (Risas) NOTE Paragraph 00:04:06.320 --> 00:04:09.096 Un neno tivo a segunda nota máis alta na proba, 00:04:09.120 --> 00:04:11.160 e el foi o delegado. 00:04:11.750 --> 00:04:14.136 Agora, o que resulta aínda máis interesante nisto 00:04:14.160 --> 00:04:17.976 é que o neno era unha alma cándida 00:04:18.000 --> 00:04:20.959 que non tiña ningún interese en patrulla-la clase có bastón, 00:04:22.120 --> 00:04:25.320 mentres que eu estaba desexando facelo. 00:04:26.560 --> 00:04:28.656 Pero eu era muller e el era un home, 00:04:28.680 --> 00:04:30.737 e así el chegou a ser o delegado da clase. 00:04:31.240 --> 00:04:33.240 E eu nunca esquecín ese incidente. NOTE Paragraph 00:04:34.010 --> 00:04:36.056 A miúdo, eu cometo o erro de pensar 00:04:36.080 --> 00:04:39.520 que algo que é obvio para min, ten que selo para os demais. 00:04:39.520 --> 00:04:41.506 Agora, tomemos ao meu querido amigo Louis 00:04:41.506 --> 00:04:42.496 por exemplo. 00:04:42.520 --> 00:04:44.376 Louis é un home brillante, progresista, 00:04:44.400 --> 00:04:46.896 e tiñamos conversas nas que el me dicía, 00:04:46.920 --> 00:04:50.640 "Non sei que queres dicir con que as cousas son máis difíciles para a muller. 00:04:50.960 --> 00:04:52.960 Talvez no pasado, pero non agora ". 00:04:53.560 --> 00:04:58.136 E eu non entendía como Louis non podía ver o que para min é tan evidente. 00:04:58.160 --> 00:05:02.296 Entón, unha tarde, en Lagos, Louis e máis eu saímos cuns amigos. 00:05:02.320 --> 00:05:04.776 E para os que están aquí e que non coñecen Lagos, 00:05:04.800 --> 00:05:06.686 alí teñen algo marabilloso, 00:05:06.710 --> 00:05:11.486 sempre hai algún home enérxico pululando arredor dos establecementos 00:05:11.496 --> 00:05:14.400 e de xeito moi serio "axúdate" a aparca-lo teu coche. 00:05:16.000 --> 00:05:19.296 Eu estaba impresionada cun home en particular 00:05:19.320 --> 00:05:22.296 que conseguiu atoparnos unha praza de aparcamento pola noite. 00:05:22.320 --> 00:05:25.400 E así, cando marchabamos, decidín deixarlle unha propina. 00:05:26.760 --> 00:05:28.176 Abrín o meu bolso, 00:05:28.200 --> 00:05:29.576 metín dentro a miña man, 00:05:29.600 --> 00:05:32.400 saquei os meus cartos que gañara có meu traballo, 00:05:33.090 --> 00:05:34.520 e deillos ao home. 00:05:35.600 --> 00:05:39.976 E ese home, que estaba moi agradecido e moi feliz, 00:05:40.000 --> 00:05:41.776 colleu os meus cartos, 00:05:41.800 --> 00:05:43.216 mirou cara Louis 00:05:43.240 --> 00:05:45.096 e díxolle: "Grazas, señor!" NOTE Paragraph 00:05:45.120 --> 00:05:47.600 (Risas) NOTE Paragraph 00:05:51.160 --> 00:05:54.416 Louis miroume, sorprendido, e preguntoume 00:05:54.440 --> 00:05:57.840 "Por que mo agradece a min? Eu non lle din o diñeiro." 00:05:58.840 --> 00:06:01.800 Entón vin a revelación no rostro de Louis. 00:06:03.040 --> 00:06:05.456 O home pensaba que calquera diñeiro que eu tivera, 00:06:05.480 --> 00:06:09.000 tiña que vir, en última instancia, de Louis. 00:06:09.720 --> 00:06:10.960 Porque Louis é un home. NOTE Paragraph 00:06:12.600 --> 00:06:14.416 Homes e mulleres son diferentes. 00:06:14.440 --> 00:06:17.296 Temos diferentes hormonas, temos órganos sexuais distintos, 00:06:17.320 --> 00:06:19.376 temos diferentes capacidades biolóxicas. 00:06:19.400 --> 00:06:21.200 As mulleres poden ter bebés, os homes non. 00:06:22.800 --> 00:06:24.016 Ao menos, polo de agora. NOTE Paragraph 00:06:24.040 --> 00:06:25.456 (Risas) NOTE Paragraph 00:06:25.480 --> 00:06:29.990 Os homes teñen testosterona e son, en xeral, máis fortes cas mulleres. 00:06:30.520 --> 00:06:33.176 Hai lixeiramente máis mulleres que homes no mundo, 00:06:33.200 --> 00:06:36.296 arredor do 52 % da poboación mundial é de sexo feminino. 00:06:36.320 --> 00:06:39.970 Pero a maioría das posicións de poder e prestixio están ocupadas por homes. 00:06:40.840 --> 00:06:43.296 A última premio Nobel da Paz de Kenia, 00:06:43.320 --> 00:06:44.656 Wangari Maathai, 00:06:44.680 --> 00:06:46.800 díxoo moi claro en poucas palabras: 00:06:47.600 --> 00:06:50.320 "Canto máis ascendes, menos mulleres hai" 00:06:51.920 --> 00:06:56.536 Nas pasadas elecións americanas estivemos moi pendentes da lei Lilly Ledbetter, 00:06:56.560 --> 00:06:59.976 e indo máis aló da retórica, o nome da dita Lei, 00:07:00.000 --> 00:07:02.136 refírese realmente a homes e mulleres que, 00:07:02.160 --> 00:07:04.936 facendo o mesmo traballo, estando igualmente preparados, 00:07:04.960 --> 00:07:07.360 págaselle máis ao home, porque é un home. NOTE Paragraph 00:07:08.160 --> 00:07:11.496 Así, no sentido literal, os homes gobernan o mundo, 00:07:11.520 --> 00:07:14.360 e isto tiña sentido fai mil anos 00:07:15.120 --> 00:07:17.976 porque os seres humanos vivían entón nun mundo 00:07:18.000 --> 00:07:22.176 no que a forza física era o atributo máis importante cara a supervivencia. 00:07:22.200 --> 00:07:25.480 A persoa fisicamente máis forte era, probablemente, a que mandaba, 00:07:27.280 --> 00:07:29.856 e os homes, en xeral, son fisicamente mais fortes. 00:07:29.880 --> 00:07:31.595 Por suposto, hai moitas excepcións. NOTE Paragraph 00:07:31.619 --> 00:07:33.176 (Risas) NOTE Paragraph 00:07:33.200 --> 00:07:37.000 Pero hoxe en día vivimos nun mundo moi diferente. 00:07:37.720 --> 00:07:41.776 A persoa que probablemente manda non é a persoa fisicamente máis forte; 00:07:41.800 --> 00:07:45.296 é a persoa máis creativa, a persoa máis intelixente, 00:07:45.320 --> 00:07:47.736 a persoa máis innovadora, 00:07:47.760 --> 00:07:50.180 e non hai hormonas para eses atributos. 00:07:50.180 --> 00:07:53.396 Un home ten a mesma probabilidade que unha muller de ser intelixente 00:07:53.396 --> 00:07:55.040 ser creativo, ser innovador. 00:07:55.800 --> 00:07:57.096 Evolucionamos; 00:07:57.120 --> 00:08:00.640 pero paréceme que as nosas ideas de xénero non evolucionaron. NOTE Paragraph 00:08:01.760 --> 00:08:05.720 Fai algunhas semanas, entrei no vestíbulo dun dos mellores hoteis de Nixeria. 00:08:06.280 --> 00:08:09.536 Pensaba darlle-lo nome do hotel, pero probablemente no debería. 00:08:09.560 --> 00:08:12.920 E un garda na entrada paroume e fíxome preguntas molestas, 00:08:13.840 --> 00:08:15.856 debido á súa suposición automática de que 00:08:15.856 --> 00:08:19.280 unha muller Nixeriana que entra soa nun hotel é unha traballadora sexual. 00:08:20.880 --> 00:08:22.216 E, por certo, 00:08:22.240 --> 00:08:25.376 por que eses hoteis céntranse na oferta ostentosa 00:08:25.400 --> 00:08:27.950 e non na demanda de profesionais do sexo? 00:08:29.520 --> 00:08:34.775 En Lagos eu non podo ir soa a certos bares e clubs "respectables". 00:08:34.799 --> 00:08:37.216 Eles simplemente non te deixan entrar se vas soa, 00:08:37.240 --> 00:08:39.090 tes que ir en compañia dun home. 00:08:39.600 --> 00:08:42.336 Cada vez que entro nun restaurante nixeriano cun home, 00:08:42.360 --> 00:08:44.720 o camareiro saúda ao home e a min ignórame. 00:08:46.320 --> 00:08:47.816 Os camareiros son produtos NOTE Paragraph 00:08:47.840 --> 00:08:48.976 (Risas) NOTE Paragraph 00:08:49.000 --> 00:08:51.830 E nisto algunhas mulleres senten como "Si! Iso pensaba eu!" 00:08:51.830 --> 00:08:53.906 Os camareiros son produto dunha sociedade 00:08:53.906 --> 00:08:57.080 que lles ensinou que os homes son máis importantes cas mulleres. 00:08:58.240 --> 00:09:01.096 Eu sei que os camareiros non pretenden facer dano. 00:09:01.120 --> 00:09:05.416 Pero unha cousa é o saber intelectual, e outra moi distinta son as emocións. 00:09:05.440 --> 00:09:07.816 Cada vez que me ignoran, síntome invisible. 00:09:07.840 --> 00:09:09.120 Síntome molesta. 00:09:09.720 --> 00:09:13.056 Quero dicirlles que eu son tan humana como un home, 00:09:13.080 --> 00:09:15.880 son tan merecente de consideración. 00:09:16.700 --> 00:09:18.016 Son pequenas cousas, 00:09:18.040 --> 00:09:21.296 pero, as veces, son as pequenas cousas as que máis doen. NOTE Paragraph 00:09:21.320 --> 00:09:23.056 Hai pouco tempo, escribín un artigo 00:09:23.080 --> 00:09:26.376 acerca do que significa ser xove e muller en Lagos, 00:09:26.400 --> 00:09:28.530 e os editores dixéronme que, 00:09:29.120 --> 00:09:30.480 "era tan indignado." 00:09:30.960 --> 00:09:32.336 Por suposto que era indignado! NOTE Paragraph 00:09:32.360 --> 00:09:34.120 (Risas) NOTE Paragraph 00:09:36.840 --> 00:09:38.496 Eu estou indignada. 00:09:38.520 --> 00:09:41.656 O xénero, tal e como funciona hoxe en día, é unha grave inxustiza. 00:09:41.680 --> 00:09:43.416 Todos deberíamos estar indignados. 00:09:43.440 --> 00:09:47.296 A indignación adoita traer cambios positivos; 00:09:47.320 --> 00:09:50.340 pero, ademais de estar indignada, eu tamén estou esperanzada. 00:09:50.800 --> 00:09:53.496 Porque creo profundamente na capacidade dos seres humanos 00:09:53.520 --> 00:09:55.640 para mellorarse cada vez máis. NOTE Paragraph 00:09:56.920 --> 00:09:58.816 O xénero é importante en todo o mundo, 00:09:58.840 --> 00:10:01.496 pero eu quero centrarme en Nixeria 00:10:01.520 --> 00:10:02.976 e en África en xeral, 00:10:03.000 --> 00:10:06.576 porque é o que eu coñezo, e porque é onde está o meu corazón. 00:10:06.600 --> 00:10:08.536 E gustaríame preguntar hoxe 00:10:08.560 --> 00:10:12.696 como empezamos a soñar e planificar un mundo diferente, 00:10:12.720 --> 00:10:14.160 un mundo máis xusto, 00:10:16.240 --> 00:10:20.416 un mundo de homes e mulleres máis felices que son máis fieis a si mesmos. 00:10:20.440 --> 00:10:21.976 E así é como debemos facelo: 00:10:22.000 --> 00:10:24.496 debemos educar as nosas fillas de maneira diferente. 00:10:24.496 --> 00:10:27.320 Tamén debemos educar aos nosos fillos de maneira diferente. 00:10:28.000 --> 00:10:31.656 Facemos un fraco favor aos nenos tal e como os educamos; 00:10:31.680 --> 00:10:33.650 reprimimos a humanidade dos nenos. 00:10:34.480 --> 00:10:37.056 Definimos a masculinidade dun xeito moi limitado, 00:10:37.080 --> 00:10:40.576 a masculinidade convértese nunha ríxida e pequena gaiola 00:10:40.600 --> 00:10:42.896 e poñemos aos nenos dentro da gaiola. 00:10:42.920 --> 00:10:44.980 Ensinamos aos nenos a ter medo do medo. 00:10:45.480 --> 00:10:49.240 Ensinamos aos nenos a ter medo da debilidade, da vulnerabilidade. 00:10:50.140 --> 00:10:52.656 Ensinámoslles ocultar o seu verdadeiro ser, 00:10:52.680 --> 00:10:57.000 porque teñen que ser, como din os nixerianos, "homes duros!" 00:10:58.440 --> 00:11:02.576 No instituto, un rapaz e unha rapaza, ámbolos dous adolescentes, 00:11:02.600 --> 00:11:06.096 ámbolos dous coa mesma cantidade de cartos no peto, 00:11:06.120 --> 00:11:08.930 se saíran, esperaríamos que o rapaz pagase 00:11:08.930 --> 00:11:10.700 para demostrar a súa masculinidade. 00:11:11.440 --> 00:11:15.240 E aínda preguntamos por que os nenos é máis probable que rouben aos seus pais? NOTE Paragraph 00:11:17.240 --> 00:11:20.736 Que pasaría se educásemos aos nenos e as nenas 00:11:20.760 --> 00:11:22.990 para non vincular a masculinidade cós cartos? 00:11:23.720 --> 00:11:26.776 Que pasaría se a actitude non fora "o rapaz ten que pagar" 00:11:26.776 --> 00:11:29.600 senón máis ben "o que máis ten, debe pagar?" 00:11:30.260 --> 00:11:32.730 Agora, por suposto, debido a unha vantaxe histórica, 00:11:32.730 --> 00:11:35.456 a maioría das veces serán os homes os que máis teñan hoxe, 00:11:35.456 --> 00:11:38.056 pero se comezamos a educar aos nenos doutro xeito, 00:11:38.080 --> 00:11:40.616 entón, en cincuenta anos, en cen anos, 00:11:40.640 --> 00:11:44.530 os nenos xa non terán a presión de ter que demostrar a súa masculinidade. 00:11:45.620 --> 00:11:48.696 Pero, con moito, o peor que lles facemos aos varóns, 00:11:48.720 --> 00:11:51.056 facéndolles sentir que teñen que ser duros, 00:11:51.080 --> 00:11:54.200 é que os deixamos con egos moi fráxiles. 00:11:55.120 --> 00:11:58.520 Canto máis "home duro" séntese obrigado a ser un home, 00:11:59.320 --> 00:12:01.110 máis débil é o seu ego. 00:12:02.960 --> 00:12:05.976 E entón facemos un prexuízo moito maior ás nenas 00:12:06.000 --> 00:12:09.320 porque as educamos para atender ós fráxiles egos dos homes. 00:12:10.200 --> 00:12:13.696 Ensinamos ás nenas a reprimirse a si mesmas, a facerse máis pequenas, 00:12:13.720 --> 00:12:14.920 dicimos ás nenas, 00:12:15.640 --> 00:12:17.816 "Podes ter ambición, pero non demasiada." NOTE Paragraph 00:12:17.840 --> 00:12:19.216 (Risas) NOTE Paragraph 00:12:19.240 --> 00:12:21.936 "Podes busca-lo éxito, pero non demasiado, 00:12:21.960 --> 00:12:24.000 senón, serás unha ameaza para o home". 00:12:24.720 --> 00:12:27.616 Se ti e-lo sostén da túa relación cun home, 00:12:27.640 --> 00:12:29.616 tes que finxir que non o es, 00:12:29.640 --> 00:12:31.296 sobre todo en público, 00:12:31.320 --> 00:12:33.360 senón vas a castralo. NOTE Paragraph 00:12:34.570 --> 00:12:37.056 Pero, que pasa se cuestionamos a premisa en si mesma? 00:12:37.080 --> 00:12:40.560 Por que debería ser o éxito dunha muller unha ameaza para o home? 00:12:41.200 --> 00:12:44.736 que pasa se, simplemente, desfacémonos desa palabra, 00:12:44.760 --> 00:12:49.480 e non creo que haxa unha palabra inglesa que me desguste máis que "castración". 00:12:50.720 --> 00:12:53.016 Un coñecido nixeriano preguntoume unha vez 00:12:53.020 --> 00:12:55.900 se me preocupaba que os homes sentíranse intimidados por min. 00:12:56.480 --> 00:12:58.296 Non estaba preocupada en absoluto. 00:12:58.320 --> 00:13:00.540 De feito, non se me ocorrera estar preocupada 00:13:00.540 --> 00:13:02.816 porque un home que se sentira intimidado por min 00:13:02.840 --> 00:13:05.456 é exactamente o tipo de home que non me interesa. NOTE Paragraph 00:13:05.480 --> 00:13:06.696 (Risas) NOTE Paragraph 00:13:06.720 --> 00:13:08.800 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:13:14.120 --> 00:13:17.050 Aínda así, eu estaba realmente sorprendida por isto. 00:13:17.590 --> 00:13:21.240 Como son muller, espérase que aspire ao matrimonio; 00:13:21.730 --> 00:13:23.796 Espérase que tome as decisións da miña vida 00:13:23.796 --> 00:13:26.840 sempre tendo en conta que o matrimonio é o máis importante. 00:13:28.040 --> 00:13:30.016 Un matrimonio pode ser algo bo; 00:13:30.040 --> 00:13:34.450 pode ser fonte de alegría e amor, e de apoio mutuo. 00:13:34.450 --> 00:13:37.116 Pero, por que ensinamos ás nenas a aspirar ao matrimonio 00:13:37.116 --> 00:13:38.750 e non ensinamos o mesmo aos nenos? NOTE Paragraph 00:13:40.700 --> 00:13:43.086 Coñezo a unha muller que decidiu vende-la súa casa 00:13:43.086 --> 00:13:46.080 porque non quería intimidar ao home que puidera casar con ela. 00:13:47.830 --> 00:13:52.336 Coñezo unha muller solteira en Nixeria que, cando vai a congresos, 00:13:52.360 --> 00:13:53.736 leva anel de casada 00:13:53.760 --> 00:13:54.976 porque, segundo ela, 00:13:55.000 --> 00:13:58.920 quere que os outros participantes do congreso lle "teñan respecto" 00:13:59.970 --> 00:14:02.576 Eu coñezo mulleres novas, que están baixo tanta presión 00:14:02.576 --> 00:14:06.550 da familia, dos amigos, incluso do traballo, para casarse, 00:14:06.550 --> 00:14:08.820 que son empurradas a tomar decisións terribles. 00:14:09.520 --> 00:14:12.136 Unha muller de certa idade que non está casada, 00:14:12.160 --> 00:14:16.280 na nosa sociedade ensínasenos a velo como un profundo fracaso persoal. 00:14:17.040 --> 00:14:19.816 E un home de certa idade que non está casado, 00:14:19.820 --> 00:14:22.816 só pensamos que non lle chegou o tempo de facer a súa elección. NOTE Paragraph 00:14:22.816 --> 00:14:24.300 (Risas) NOTE Paragraph 00:14:24.300 --> 00:14:25.640 É fácil para nós dicir, 00:14:25.640 --> 00:14:28.586 "Oh, pero as mulleres poden simplemente dicir non a todo isto." 00:14:28.586 --> 00:14:31.010 Pero a realidade é máis difícil e máis complexa. 00:14:31.360 --> 00:14:33.136 Todos somos seres sociais. 00:14:33.160 --> 00:14:35.656 Interiorizamos ideas a partires desa socialización. 00:14:35.680 --> 00:14:37.656 Incluso a linguaxe que usamos, 00:14:37.680 --> 00:14:41.096 cando falamos sobre o matrimonio e as relaciones, ilustra isto. 00:14:41.120 --> 00:14:43.976 A linguaxe do matrimonio é,a miúdo, a linguaxe da propiedade 00:14:44.000 --> 00:14:46.160 máis ca linguaxe da asociación. 00:14:46.800 --> 00:14:49.496 Usamos a palabra "respecto" 00:14:49.520 --> 00:14:52.190 no sentido de algo que unha muller amosa a un home 00:14:52.190 --> 00:14:55.000 pero, a miúdo non é algo que un home amosa a unha muller. NOTE Paragraph 00:14:56.160 --> 00:14:58.560 Tanto homes como mulleres en Nixeria dirán 00:14:58.560 --> 00:15:00.936 -isto é unha expresión que me parece moi divertida- 00:15:00.960 --> 00:15:03.280 "Fíxeno polo ben do meu matrimonio." 00:15:04.250 --> 00:15:06.056 Agora ben, cando é un home quen o di, 00:15:06.056 --> 00:15:09.176 xeralmente refírese a algo que non debería fixer. NOTE Paragraph 00:15:09.200 --> 00:15:11.136 (Risas) NOTE Paragraph 00:15:11.160 --> 00:15:13.936 As veces, eles din aos seus amigos, 00:15:13.960 --> 00:15:17.896 é algo que dicir aos seus amigos dun xeito claramente exasperado, 00:15:17.920 --> 00:15:20.940 xa sabedes, algo que, finalmente, demostra o masculinos que son, 00:15:20.940 --> 00:15:22.476 o necesarios e queridos que son. 00:15:22.476 --> 00:15:25.336 "Oh, a miña muller di que non podo ir ao club tódalas noites, 00:15:25.336 --> 00:15:28.376 así que, para o ben do meu matrimonio, só vou a fin de semana ". NOTE Paragraph 00:15:28.376 --> 00:15:29.616 (Risas) NOTE Paragraph 00:15:29.640 --> 00:15:33.896 Agora, cando unha muller di, "fíxeno polo ben do meu matrimonio," 00:15:33.920 --> 00:15:37.456 xeralmente está a falar de renunciar a un posto de traballo, 00:15:37.480 --> 00:15:38.936 a un sono, 00:15:38.960 --> 00:15:40.320 a unha carreira. 00:15:41.080 --> 00:15:43.496 Ensinamos ás mulleres que, nas relacións, 00:15:43.520 --> 00:15:46.000 o compromiso é o que fan as mulleres. 00:15:46.960 --> 00:15:49.876 Educamos as nenas para que vexan ás outras como competidoras, 00:15:49.876 --> 00:15:53.136 non para postos de traballo ou outros logros, o cal pode ser algo bo, 00:15:53.160 --> 00:15:54.850 senón para a atención dos homes. 00:15:55.920 --> 00:15:58.856 Ensinamos ás nenas que non poden ser seres sexuais 00:15:58.880 --> 00:16:00.376 no xeito en que son os nenos. 00:16:00.400 --> 00:16:03.720 Se temos fillos, non nos preocupamos de coñecer ás súas noivas. 00:16:04.480 --> 00:16:07.096 Pero,os noivos das nosas fillas? Líbrenos Deus! NOTE Paragraph 00:16:07.096 --> 00:16:08.440 (Risas) NOTE Paragraph 00:16:08.440 --> 00:16:10.436 Pero, por suposto, cando chegue o momento, 00:16:10.436 --> 00:16:14.216 esperamos que esas chicas atopen ao home perfecto para que sexa o seu esposo. 00:16:14.240 --> 00:16:17.626 Nós controlamos ás nenas, loamos ás nenas pola súa virxindade, 00:16:17.640 --> 00:16:19.646 pero non loamos aos nenos pola virxindade, 00:16:19.646 --> 00:16:23.505 e sempre pregunteime como funciona isto exactamente, porque ... NOTE Paragraph 00:16:23.529 --> 00:16:25.856 (Risas) NOTE Paragraph 00:16:25.880 --> 00:16:28.840 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:16:33.630 --> 00:16:37.160 Quero dicir, a perda da virxindade é, polo xeral, un proceso que implica... NOTE Paragraph 00:16:38.680 --> 00:16:42.750 Recentemente, unha muller nova foi violada en grupo nunha universidade de Nixeria, 00:16:42.750 --> 00:16:44.616 penso que algúns de nos xa o coñecíamos. 00:16:44.616 --> 00:16:47.856 E a resposta de moitos mozos Nixerianos, tanto homes como mulleres, 00:16:47.880 --> 00:16:50.376 foi algo nesta liña: 00:16:50.400 --> 00:16:52.576 "Si, a violación é algo malo. 00:16:52.600 --> 00:16:55.880 Pero, que facía unha rapaza nun cuarto con catro rapaces?" 00:16:56.920 --> 00:17:01.040 Agora ben, se podemos esquecer o inhumano desa resposta, 00:17:02.080 --> 00:17:06.000 eses nixerianos foron educados para pensar nas mulleres como culpables por natureza 00:17:07.319 --> 00:17:10.455 e foron educados para esperar tan pouco dos homes 00:17:10.480 --> 00:17:14.175 que a idea dos homes como seres salvaxes sen control 00:17:14.200 --> 00:17:15.820 é, dalgún xeito, aceptable. 00:17:16.769 --> 00:17:18.856 Ensinamos ás nenas vergonza. 00:17:18.880 --> 00:17:20.860 "Pecha as túas pernas." "Tápate." 00:17:21.440 --> 00:17:23.695 Facémolas sentir como se, por naceren femias, 00:17:23.720 --> 00:17:25.816 xa son culpables de algo. 00:17:25.839 --> 00:17:28.175 E así, as nenas chegan a ser mulleres 00:17:28.200 --> 00:17:30.336 que non poden amosa-lo seu desexo. 00:17:30.360 --> 00:17:33.490 Chegan a ser mulleres que se silencian a si mesmas. 00:17:35.010 --> 00:17:38.496 Chegan a ser mulleres que non poden dicir o que realmente pensan, 00:17:38.520 --> 00:17:39.856 e chegan a ser, 00:17:39.880 --> 00:17:42.056 e isto é o peor que facemos ás nenas, 00:17:42.080 --> 00:17:46.216 chegan a ser mulleres que converteron a simulación nunha forma de arte. NOTE Paragraph 00:17:46.240 --> 00:17:50.080 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:17:52.440 --> 00:17:55.856 Coñezo a unha muller que odia o traballo doméstico, 00:17:55.880 --> 00:17:57.376 Ela, simplemente, odiao, 00:17:57.400 --> 00:17:59.190 pero simula que lle gusta, 00:18:00.200 --> 00:18:04.296 porque foi educada para ser "unha boa esposa" 00:18:04.320 --> 00:18:06.696 ela ten que ser -usando esa palabra nixeriana- 00:18:06.720 --> 00:18:08.200 moi "caseira". 00:18:09.440 --> 00:18:10.976 E logo casou, 00:18:11.000 --> 00:18:14.816 e despois dun tempo a familia do seu home queixouse de que ela cambiara . NOTE Paragraph 00:18:14.840 --> 00:18:16.370 (Risas) NOTE Paragraph 00:18:16.370 --> 00:18:17.926 En realidade, ela non cambiara, 00:18:17.926 --> 00:18:19.970 ela, simplemente, cansou de finxir. NOTE Paragraph 00:18:20.630 --> 00:18:23.856 O problema có xénero, 00:18:23.880 --> 00:18:26.416 é que determina como debemos ser 00:18:26.440 --> 00:18:28.510 en vez de recoñecer como somos. NOTE Paragraph 00:18:29.400 --> 00:18:31.856 Agora imaxinemos canto máis felices seríamos, 00:18:31.880 --> 00:18:35.376 canto máis libres para sermos como verdadeiramente somos, 00:18:35.400 --> 00:18:38.160 si non tiverámo-lo peso das expectativas de xénero. 00:18:39.190 --> 00:18:44.016 Nenos e nenas son, sen dúbida, biolóxicamente diferentes, 00:18:44.040 --> 00:18:47.016 pero a socialización esaxera as diferenzas 00:18:47.040 --> 00:18:49.616 e convértenas nunha profecía auto-cumprida. 00:18:49.640 --> 00:18:51.760 Agora, tomemos a cociña, por exemplo. 00:18:52.170 --> 00:18:56.046 As mulleres de hoxe, en xeral, son máis propensas ás tarefas de casa que os homes, 00:18:56.046 --> 00:18:57.116 a cociña e a limpeza. 00:18:57.116 --> 00:18:58.656 Pero, por que? 00:18:58.680 --> 00:19:01.536 É porque as mulleres nacen cun xene da cociña? NOTE Paragraph 00:19:01.560 --> 00:19:02.976 (Risas) NOTE Paragraph 00:19:03.000 --> 00:19:07.256 Ou porque durante anos foron socializadas para ve-la cociña como o seu encargo? 00:19:07.280 --> 00:19:10.856 En realidade, eu ia dicir que talvez as mulleres nacen cun xene da cociña, 00:19:10.880 --> 00:19:14.336 ata que recordei que a maioría dos cociñeiros famosos do mundo, 00:19:14.360 --> 00:19:16.656 aos que lle damos o bonito título de "chefs", 00:19:16.680 --> 00:19:17.880 son homes. NOTE Paragraph 00:19:18.960 --> 00:19:20.656 Eu admiraba á miña avoa 00:19:20.680 --> 00:19:22.736 que era unha muller realmente brillante, 00:19:22.760 --> 00:19:24.496 e preguntábame como podería ter sido 00:19:24.520 --> 00:19:28.080 se tivera as mesmas oportunidades que os homes cando era pequena. NOTE Paragraph 00:19:28.810 --> 00:19:31.576 Hoxe en día, hai moitas máis oportunidades para as mulleres 00:19:31.576 --> 00:19:33.816 das que había na época da miña avoa 00:19:33.840 --> 00:19:36.456 debido a cambios na política, cambios nas leis, 00:19:36.480 --> 00:19:38.056 todos eles moi importantes. 00:19:38.080 --> 00:19:42.616 Pero o que realmente importa é a nosa actitude,o noso xeito de pensar, 00:19:42.640 --> 00:19:45.936 o que cremos e o que valoramos sobre o xénero. 00:19:45.960 --> 00:19:48.456 Que pasa se na educación dos fillos 00:19:48.456 --> 00:19:51.360 centrámonos na capacidade en lugar do xénero? 00:19:51.950 --> 00:19:56.120 Que pasa se nos centramos nos intereses en lugar do xénero? NOTE Paragraph 00:19:56.950 --> 00:19:59.286 Coñezo unha familia que ten un fillo e unha filla, 00:19:59.286 --> 00:20:01.136 ámbolos dous son brillantes na escola, 00:20:01.160 --> 00:20:03.056 son nenos encantadores e marabillosos. 00:20:03.080 --> 00:20:05.616 Cando o neno ten fame, os pais dinlle á nena, 00:20:05.640 --> 00:20:07.856 "Vai cociñar fideos Indomie para o teu irmán." NOTE Paragraph 00:20:07.880 --> 00:20:09.096 (Risas) NOTE Paragraph 00:20:09.120 --> 00:20:12.616 Agora ben, á filla non lle gusta especialmente cociñar eses fideos, 00:20:12.640 --> 00:20:15.416 pero ela é unha nena, e por iso ten que facelo. 00:20:15.440 --> 00:20:17.216 Agora ben, que pasa se os pais, 00:20:17.240 --> 00:20:18.856 dende o principio, 00:20:18.880 --> 00:20:22.800 ensinaran, tanto ao neno como á nena,a cociñar Indomie? 00:20:23.730 --> 00:20:26.936 Cociñar, por certo, é unha habilidade moi útil para os nenos. 00:20:26.960 --> 00:20:31.816 Nunca pensei que tivera sentido deixar algo tan crucial, 00:20:31.840 --> 00:20:33.736 a capacidade de nutrirse - NOTE Paragraph 00:20:33.760 --> 00:20:34.976 (Risas) NOTE Paragraph 00:20:35.000 --> 00:20:36.536 nas mans doutros. NOTE Paragraph 00:20:36.560 --> 00:20:39.480 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:20:41.500 --> 00:20:45.230 Coñezo a unha muller que ten a mesma titulación e traballo que o seu home, 00:20:45.230 --> 00:20:48.926 cando ambos volven do traballo, ela fai a meirande parte das tarefas do fogar, 00:20:48.926 --> 00:20:50.806 creo que é igual en moitos matrimonios. 00:20:50.806 --> 00:20:52.696 Pero o que chamou a miña atención deles 00:20:52.696 --> 00:20:55.496 foi que, cada vez que o marido cambiaba o cueiro ao bebé, 00:20:55.520 --> 00:20:57.800 ela dáballe as grazas. 00:20:58.940 --> 00:21:03.456 Agora ben, e si ela vira isto como algo perfectamente normal e natural 00:21:03.480 --> 00:21:06.816 como debería ser, de feito, o coidado do seu fillo? NOTE Paragraph 00:21:06.840 --> 00:21:08.680 (Risas) NOTE Paragraph 00:21:09.680 --> 00:21:13.176 Eu estou tentando "desaprender" moitas das leccións de xénero 00:21:13.200 --> 00:21:15.496 que interioricei cando estaba crecendo. 00:21:15.520 --> 00:21:20.576 Pero, as veces, síntome moi vulnerable aínda fronte ás expectativas de xénero. 00:21:20.580 --> 00:21:23.810 A primeira vez que din unha clase de escritura na escola de posgrao, 00:21:24.280 --> 00:21:25.610 estaba preocupada. 00:21:25.610 --> 00:21:27.976 Non estaba preocupada pola materia a ensinar, 00:21:28.000 --> 00:21:29.336 porque a tiña ben preparada 00:21:29.360 --> 00:21:31.576 e tiña que dar clase do que me gusta ensinar. 00:21:31.600 --> 00:21:33.680 No seu lugar, estaba preocupada pola roupa. 00:21:34.580 --> 00:21:36.380 Eu quería que me tomaran en serio. 00:21:37.380 --> 00:21:39.056 Eu sabía que, como era unha muller, 00:21:39.080 --> 00:21:42.240 tería que demostra-la miña valía inmediatamente. 00:21:43.060 --> 00:21:45.806 E estaba preocupada porque, se parecía demasiado feminina, 00:21:45.806 --> 00:21:47.296 non sería tomada en serio. 00:21:47.320 --> 00:21:51.656 Realmente eu quería leva-lo meu brillo de labios e a miña saia feminina, 00:21:51.680 --> 00:21:53.496 pero decidín non facelo. 00:21:53.520 --> 00:21:55.896 No seu lugar, levei un traxe moi serio, 00:21:55.920 --> 00:21:58.496 moi masculino e moi feo. NOTE Paragraph 00:21:58.520 --> 00:21:59.960 (Risas) NOTE Paragraph 00:21:59.960 --> 00:22:02.856 Por que a triste verdade é que, no que se refire á aparencia, 00:22:02.856 --> 00:22:05.360 partimos dos homes como estándar, como a norma. 00:22:05.790 --> 00:22:08.336 Cando un home prepárase para unha reunión de negocios, 00:22:08.336 --> 00:22:10.616 non se preocupa por parecer demasiado masculino 00:22:10.616 --> 00:22:12.870 e, polo tanto, non da por suposto nada. 00:22:12.870 --> 00:22:15.886 Se unha muller ten que prepararse para unha reunión de negocios, 00:22:15.886 --> 00:22:18.336 ten que procurar non parecer demasiado feminina, 00:22:18.336 --> 00:22:22.600 porque é o que di si será ou non tomada en serio. NOTE Paragraph 00:22:24.000 --> 00:22:26.200 Oxalá non puxera ese feo traxe ese día. 00:22:27.330 --> 00:22:30.550 De feito, desterreino do meu armario, por certo. 00:22:30.550 --> 00:22:35.490 Se tivera entón a confianza en mi mesma que teño hoxe, 00:22:35.490 --> 00:22:38.646 os meus estudantes beneficiaríanse aínda máis das miñas ensinanzas, 00:22:38.646 --> 00:22:40.576 porque eu sentiríame máis cómoda 00:22:40.600 --> 00:22:42.600 e máis plena e verdadeiramente eu mesma. 00:22:43.800 --> 00:22:47.816 Escollín non desculparme máis pola miña non-virilidade 00:22:47.840 --> 00:22:49.380 nin pola miña feminidade. NOTE Paragraph 00:22:49.680 --> 00:22:52.680 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:22:55.680 --> 00:22:58.656 E quero ser respectada en toda a miña non-virilidade 00:22:58.680 --> 00:23:00.410 porque merezo respecto. 00:23:01.200 --> 00:23:03.640 O xénero non é unha conversa fácil. 00:23:04.980 --> 00:23:06.656 Tanto homes como mulleres, 00:23:06.680 --> 00:23:10.616 ao saca-lo tema, atopan as veces unha resistencia case inmediata. 00:23:10.640 --> 00:23:13.896 Podo imaxinar que algunhas persoas aquí están pensando en realidade, 00:23:13.920 --> 00:23:15.950 "As mulleres tamén o fan" 00:23:17.480 --> 00:23:19.696 Algúns homes aquí poderían estar pensando, 00:23:19.720 --> 00:23:21.456 "Dacordo, todo isto é moi interesante, 00:23:21.480 --> 00:23:23.040 pero eu non o vexo así ". 00:23:23.960 --> 00:23:26.176 E iso é parte do problema. NOTE Paragraph 00:23:26.200 --> 00:23:29.100 Que moitos homes non pensen demasiado sobre o xénero, 00:23:29.100 --> 00:23:30.816 ou non sexan conscientes do xénero, 00:23:30.816 --> 00:23:32.736 é parte do problema de xénero. 00:23:32.760 --> 00:23:35.416 Que moitos homes digan, como o meu amigo Louis, 00:23:35.440 --> 00:23:37.160 que todo está ben hoxe. 00:23:38.080 --> 00:23:41.016 E que moitos homes non fagan nada para cambialo. 00:23:41.040 --> 00:23:43.896 Se ti es un home e entras nun restaurante cunha muller 00:23:43.920 --> 00:23:45.640 e o camareiro saúdate só a ti, 00:23:46.300 --> 00:23:48.896 non se che ocorre dicirlle, 00:23:48.920 --> 00:23:50.660 "Por que non saúdas tamén a ela?" 00:23:53.320 --> 00:23:54.816 Porque o xénero pode ser... NOTE Paragraph 00:23:54.840 --> 00:23:56.920 (Risas) NOTE Paragraph 00:24:04.880 --> 00:24:09.376 En realidade, podemos reflexionar parte dunha versión máis longa desta charla. 00:24:09.400 --> 00:24:12.976 Así, como o xénero pode ser unha conversación moi incómoda, 00:24:13.000 --> 00:24:16.096 temos maneiras moi fáciles de pechala, de pecha-la charla. 00:24:16.120 --> 00:24:20.296 De modo que, algunhas persoas falarán de bioloxía evolutiva e primates, 00:24:20.320 --> 00:24:23.976 e de como, xa sabemos, as femias de mono inclínanse ante os machos, 00:24:24.000 --> 00:24:25.240 e cousas dese tipo. 00:24:25.880 --> 00:24:27.936 Pero a cuestión é que nós non somos monos. NOTE Paragraph 00:24:27.960 --> 00:24:29.376 (Risas) NOTE Paragraph 00:24:29.400 --> 00:24:33.400 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:24:34.160 --> 00:24:38.976 Os monos tamén viven nas árbores e comen miñocas no almorzo, 00:24:39.000 --> 00:24:40.240 e nós non. 00:24:41.240 --> 00:24:45.240 Algúns dirán: "Ben, os pobres tamén o teñen difícil" 00:24:45.880 --> 00:24:47.080 E isto é certo. 00:24:47.920 --> 00:24:49.256 Pero non é o que... NOTE Paragraph 00:24:49.280 --> 00:24:50.376 (Risas) NOTE Paragraph 00:24:50.400 --> 00:24:53.080 Pero non é do que trata esta charla. 00:24:54.480 --> 00:24:58.256 Xénero e clase son diferentes formas de opresión. 00:24:58.280 --> 00:25:01.936 En realidade, aprendín algo acerca dos sistemas de opresión 00:25:01.960 --> 00:25:04.416 e de como poden cegarnos mutuamente 00:25:04.440 --> 00:25:06.030 falando con homes de raza negra. NOTE Paragraph 00:25:07.320 --> 00:25:10.496 Unha vez falei cun home negro sobre o xénero 00:25:10.520 --> 00:25:11.896 e díxome: 00:25:11.920 --> 00:25:15.376 "Por que tes que dicir, a miña experiencia como muller?" 00:25:15.400 --> 00:25:16.616 "Por que non pode ser, 00:25:16.640 --> 00:25:18.660 a túa experiencia como ser humano?" 00:25:19.660 --> 00:25:21.226 Agora ben, este era o mesmo home 00:25:21.226 --> 00:25:24.120 que falaba decote da súa experiencia como home negro. NOTE Paragraph 00:25:27.360 --> 00:25:28.370 Cuestións de xénero. 00:25:28.370 --> 00:25:31.176 Homes e mulleres experimentan o mundo de xeitos diferentes. 00:25:31.176 --> 00:25:33.936 O xénero colorea o xeito en que experimentámo-lo mundo. 00:25:33.960 --> 00:25:35.360 Pero podemos cambiar iso. NOTE Paragraph 00:25:36.520 --> 00:25:38.456 Algunhas persoas dirán, 00:25:38.480 --> 00:25:40.936 "Oh, pero as mulleres teñen o autentico poder, 00:25:40.960 --> 00:25:42.736 o poder de abaixo". 00:25:42.760 --> 00:25:45.656 E para os non nixerianos, poder de abaixo é unha expresión 00:25:45.680 --> 00:25:47.536 que supoño que significa algo así como que unha muller 00:25:47.560 --> 00:25:50.320 pode utiliza-la súa sexualidade para obter favores dos homes. 00:25:51.200 --> 00:25:53.920 Pero o poder de abaixo non é poder en absoluto. 00:25:56.400 --> 00:25:59.176 O poder de abaixo significa que unha muller 00:25:59.200 --> 00:26:02.096 simplemente ten a opción de aproveitar, de cando en cando, 00:26:02.120 --> 00:26:03.560 o poder doutro. 00:26:04.640 --> 00:26:06.496 E, por suposto, temos que preguntarnos 00:26:06.520 --> 00:26:09.176 que sucede cando ese outro está de mal humor, 00:26:09.200 --> 00:26:10.576 ou enfermo 00:26:10.600 --> 00:26:11.800 ou impotente. NOTE Paragraph 00:26:12.280 --> 00:26:15.696 (Risas) NOTE Paragraph 00:26:15.720 --> 00:26:21.960 Algunhas persoas dirán que a subordinación da muller é parte da nosa cultura. 00:26:22.640 --> 00:26:24.616 Pero a cultura cambia constantemente. 00:26:24.640 --> 00:26:29.296 Eu teño dúas fermosas sobriñas xemelgas, que teñen quince anos e viven en Lagos. 00:26:29.320 --> 00:26:31.670 Se tiveran nacido hai cen anos 00:26:32.000 --> 00:26:34.136 elas terían sido asasinadas 00:26:34.160 --> 00:26:37.320 Porque era a nosa cultura, na nosa cultura matábase aos xemelgos. NOTE Paragraph 00:26:39.000 --> 00:26:41.020 De modo que, cal é o sentido da cultura? 00:26:41.480 --> 00:26:43.056 Quero dicir que temos adornos, 00:26:43.080 --> 00:26:44.696 bailes... 00:26:44.720 --> 00:26:49.336 pero tamén, a cultura realmente trata da preservación e a continuidade dun pobo. 00:26:49.360 --> 00:26:50.616 Na miña familia, 00:26:50.640 --> 00:26:53.816 eu son a nena máis interesada na nosa historia, 00:26:53.840 --> 00:26:55.096 nas nosas tradicións, 00:26:55.120 --> 00:26:57.296 no coñecemento sobre as terras ancestrais. 00:26:57.320 --> 00:26:59.896 Os meus irmáns non están tan interesados coma min. 00:26:59.920 --> 00:27:01.560 Pero eu non podo participar, 00:27:02.200 --> 00:27:04.216 non podo ir ás reunións Umunna, 00:27:04.240 --> 00:27:05.976 non podo ter unha opinión. 00:27:06.000 --> 00:27:07.280 Porque son muller. 00:27:08.080 --> 00:27:10.176 A cultura non fai á xente, 00:27:10.200 --> 00:27:11.700 a xente fai a cultura. 00:27:12.920 --> 00:27:14.696 Así que, si é certo... NOTE Paragraph 00:27:14.720 --> 00:27:18.216 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:27:18.240 --> 00:27:19.856 Así que, si é certo que, 00:27:19.880 --> 00:27:22.776 a parte feminina da humanidade non é a nosa cultura, 00:27:22.800 --> 00:27:24.940 entón temos que facer que sexa a nosa cultura. NOTE Paragraph 00:27:26.040 --> 00:27:31.656 Penso a miúdo no meu querido amigo, Okoloma Maduewesi. 00:27:31.680 --> 00:27:35.656 Que el e tódolos que morreron nese accidente de Sosoliso 00:27:35.680 --> 00:27:37.160 sigan descansando en paz. 00:27:38.400 --> 00:27:41.480 El sempre será recordado por aqueles que o amábamos. 00:27:42.880 --> 00:27:47.376 E tiña razón ese día, fai moitos anos, cando me chamou feminista. NOTE Paragraph 00:27:47.400 --> 00:27:48.760 Eu son feminista. 00:27:49.400 --> 00:27:52.096 E cando busquei a palabra no dicionario ese día, 00:27:52.120 --> 00:27:53.376 isto é o que dicía: 00:27:53.400 --> 00:27:56.776 "Feminista: Persoa que cree na igualdade social, política 00:27:56.800 --> 00:28:00.496 e económica dos sexos". 00:28:00.520 --> 00:28:03.456 A miña bisavoa, segundo as historias que oín, 00:28:03.480 --> 00:28:05.056 era unha feminista. 00:28:05.080 --> 00:28:08.440 Ela escapou da casa do home con quen non quería casar 00:28:08.440 --> 00:28:10.560 e terminou casando cun home que escolleu ela. 00:28:11.160 --> 00:28:14.136 Ela negouse, ela protestou, ela tomou a palabra 00:28:14.160 --> 00:28:19.456 sempre que sentia que estaba a ser privada de algo, da terra, dese tipo de cousas. NOTE Paragraph 00:28:19.480 --> 00:28:22.760 A miña bisavoa non coñecía a palabra "feminista" 00:28:22.760 --> 00:28:24.850 pero iso non quere dicir que ela non o fora. 00:28:26.200 --> 00:28:28.560 A maioría de nós deberíamos recuperar esa palabra. 00:28:30.040 --> 00:28:32.520 A miña propia definición de feminista é: 00:28:33.080 --> 00:28:35.576 "Feminista é un home o unha muller 00:28:35.600 --> 00:28:36.800 que di, NOTE Paragraph 00:28:37.480 --> 00:28:40.616 (Risas) NOTE Paragraph 00:28:40.640 --> 00:28:44.400 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:28:46.600 --> 00:28:49.856 Feminista é un home o unha muller que di, 00:28:49.880 --> 00:28:53.176 "Si, temos un problema có xénero hoxe, 00:28:53.200 --> 00:28:54.496 e temos que solucionalo. 00:28:54.520 --> 00:28:56.240 Debemos facelo mellor ". 00:28:57.960 --> 00:29:00.016 O mellor feminista que eu coñezo 00:29:00.040 --> 00:29:01.360 é o meu irmán Kene. 00:29:02.920 --> 00:29:06.816 El tamén é un tipo ben parecido, un home encantador, 00:29:06.840 --> 00:29:08.600 e el é moi masculino. NOTE Paragraph 00:29:09.320 --> 00:29:10.536 Grazas. NOTE Paragraph 00:29:10.560 --> 00:29:14.840 (Aplausos)