1 00:00:00,480 --> 00:00:05,176 Gustaríame comezar falándolles dun dos meus grandes amigos, 2 00:00:05,200 --> 00:00:06,840 Okoloma Maduewesi. 3 00:00:07,720 --> 00:00:09,336 Okoloma vivía na miña rúa 4 00:00:09,360 --> 00:00:11,656 e coidaba de min coma un irmán maior. 5 00:00:11,680 --> 00:00:14,720 Se me gustaba un rapaz, gustábame pedirlle opinión a Okoloma. 6 00:00:16,160 --> 00:00:20,016 Okoloma morreu no coñecido accidente aéreo de Sosoliso 7 00:00:20,040 --> 00:00:22,400 en Nixeria en decembro de 2005. 8 00:00:23,000 --> 00:00:24,680 Fai case exactamente sete anos. 9 00:00:26,080 --> 00:00:30,440 Okoloma era unha persoa coa que podía discutir, rir e verdadeiramente falar. 10 00:00:31,520 --> 00:00:34,141 Tamén foi a primeira persoa que me chamou feminista. 11 00:00:35,370 --> 00:00:38,710 Eu tiña uns 14 anos, estabamos na súa casa rifando. 12 00:00:38,710 --> 00:00:41,636 Ámbolos dous alporizados polos escasos coñecementos obtidos 13 00:00:41,636 --> 00:00:43,020 dos libros que leramos. 14 00:00:43,560 --> 00:00:46,320 Non recordo sobre que era a discusión en particular, 15 00:00:47,320 --> 00:00:49,376 pero recordo que rifaba e rifaba, 16 00:00:49,400 --> 00:00:52,960 Okoloma miroume e díxome: "Ti es unha feminista". 17 00:00:53,880 --> 00:00:55,196 Non era un piropo. 18 00:00:55,196 --> 00:00:56,536 (Risas) 19 00:00:56,560 --> 00:00:57,896 Decateime polo seu ton, 20 00:00:57,920 --> 00:01:00,696 o mesmo ton que empregarías para dicir: 21 00:01:00,720 --> 00:01:02,456 "Ti es unha terrorista". 22 00:01:02,480 --> 00:01:05,256 (Risas) 23 00:01:05,280 --> 00:01:08,936 Non sabía exactamente, o que significaba "feminista", 24 00:01:08,960 --> 00:01:12,176 e non quería que Okoloma soubera que eu non o sabía. 25 00:01:12,200 --> 00:01:15,216 Así que afasteina, e seguín discutindo. 26 00:01:15,240 --> 00:01:17,656 E o primeiro que fixen ao chegar á miña casa 27 00:01:17,680 --> 00:01:20,256 foi busca-la palabra "feminista" no dicionario. 28 00:01:20,280 --> 00:01:23,416 Agora dando un salto no tempo, algúns anos máis tarde, 29 00:01:23,440 --> 00:01:27,576 escribín unha novela sobre un home que, entre outras cousas, pegaba á súa muller 30 00:01:27,600 --> 00:01:29,730 e cuxa historia non remata moi ben. 31 00:01:30,600 --> 00:01:32,656 Mentres eu promocionaba a novela en Nixeria, 32 00:01:32,680 --> 00:01:35,696 un periodista agradable, un home ben intencionado, 33 00:01:35,720 --> 00:01:37,720 dixo que quería darme un consello. 34 00:01:39,290 --> 00:01:40,600 E para os nixerianos aquí, 35 00:01:40,600 --> 00:01:42,826 estou segura que todos estamos familiarizados 36 00:01:42,826 --> 00:01:48,400 có rápida que é a nosa xente dando consellos non solicitados. 37 00:01:49,760 --> 00:01:53,216 Díxome que a xente dicía que a miña novela era feminista 38 00:01:53,240 --> 00:01:54,856 e o seu consello para min, 39 00:01:54,880 --> 00:01:58,056 e sacudía a cabeza con tristura mentres falaba, 40 00:01:58,080 --> 00:02:00,256 foi que nunca debería dicir que son feminista 41 00:02:00,280 --> 00:02:02,856 porque as feministas son mulleres descontentas 42 00:02:02,880 --> 00:02:04,816 porque non poden atopar marido. 43 00:02:04,840 --> 00:02:07,240 (Risas) 44 00:02:09,280 --> 00:02:11,720 Así que decidín autodenominarme "feminista feliz". 45 00:02:13,040 --> 00:02:15,420 Entón, unha muller Nixeriana académica díxome 46 00:02:15,420 --> 00:02:17,356 que o feminismo non era da nosa cultura 47 00:02:17,356 --> 00:02:19,056 e que o feminismo non era africano, 48 00:02:19,080 --> 00:02:20,960 e que me autodenominaba feminista 49 00:02:20,960 --> 00:02:23,430 porque estaba corrompida por "libros occidentais." 50 00:02:24,030 --> 00:02:25,130 O cal divertiume moito, 51 00:02:25,130 --> 00:02:28,746 porque moitas das miñas primeiras lecturas foron claramente anti-feministas. 52 00:02:28,746 --> 00:02:31,936 Creo que lin cada novela (rosa) publicada de Mills e Boon 53 00:02:31,960 --> 00:02:33,160 antes de ter 16 anos. 54 00:02:33,960 --> 00:02:35,936 E cada vez que intentaba ler eses libros, 55 00:02:35,960 --> 00:02:37,776 chamados "os clásicos feministas", 56 00:02:37,800 --> 00:02:40,576 aburríame, e tiven que esforzarme para terminar de lelos. 57 00:02:40,600 --> 00:02:43,406 Pero, como de calquera xeito, o feminismo non era africano, 58 00:02:43,406 --> 00:02:46,840 decidín que agora denominaríame "feminista africana feliz". 59 00:02:47,840 --> 00:02:51,830 Nese momento era unha feminista africana feliz que non odiaba aos homes 60 00:02:51,830 --> 00:02:53,666 e á que lle gustaba o carmín nos beizos 61 00:02:53,666 --> 00:02:56,276 e que levaba tacóns para si mesma e non para os homes. 62 00:02:56,276 --> 00:02:57,896 (Risas) 63 00:02:57,920 --> 00:03:00,096 Por suposto, moito disto é retranca, 64 00:03:00,120 --> 00:03:04,736 pero a palabra feminista é unha carga tan pesada, tan negativa. 65 00:03:04,760 --> 00:03:07,096 Odias aos homes, odias aos suxeitadores, 66 00:03:07,120 --> 00:03:09,510 odias a cultura africana, ese tipo de cousas. 67 00:03:10,240 --> 00:03:12,460 Agora unha historia da miña nenez. 68 00:03:13,000 --> 00:03:14,776 Cando estaba na escola primaria, 69 00:03:14,800 --> 00:03:19,040 a miña mestra dixo ao comezo do curso que faría unha proba á clase 70 00:03:19,040 --> 00:03:22,296 e aquel que tivera a puntuación máis alta sería o delegado da clase. 71 00:03:22,320 --> 00:03:24,400 Ser delegado de clase era moi importante. 72 00:03:25,240 --> 00:03:26,976 Se un era delegado de clase, 73 00:03:27,000 --> 00:03:29,456 tiña que apuntar os nomes dos revoltosos, 74 00:03:29,480 --> 00:03:31,136 (Risas) 75 00:03:31,160 --> 00:03:33,640 o que che daba bastante poder. 76 00:03:34,480 --> 00:03:39,256 Pero a miña mestra tamén che daba un bastón para soster na túa man 77 00:03:39,280 --> 00:03:42,240 mentres patrullabas a clase para controlar aos revoltosos. 78 00:03:43,360 --> 00:03:46,240 Por suposto, non tiñas permitido realmente usar o bastón. 79 00:03:46,920 --> 00:03:50,336 Pero era unha actividade moi excitante para unha nena de nove anos. 80 00:03:50,360 --> 00:03:53,080 Tiña moitas ganas de ser a delegada da clase. 81 00:03:53,080 --> 00:03:55,360 E conseguín a puntuación máis alta na proba. 82 00:03:55,400 --> 00:03:59,290 Entón, para a miña sorpresa, a profesora dixo que o delegado tiña que ser un neno. 83 00:04:00,240 --> 00:04:02,336 Esquecérase de deixalo claro antes 84 00:04:02,360 --> 00:04:04,218 porque ela asumira que era... obvio. 85 00:04:04,242 --> 00:04:06,296 (Risas) 86 00:04:06,320 --> 00:04:09,096 Un neno tivo a segunda nota máis alta na proba, 87 00:04:09,120 --> 00:04:11,160 e el foi o delegado. 88 00:04:11,750 --> 00:04:14,136 Agora, o que resulta aínda máis interesante nisto 89 00:04:14,160 --> 00:04:17,976 é que o neno era unha alma cándida 90 00:04:18,000 --> 00:04:20,959 que non tiña ningún interese en patrulla-la clase có bastón, 91 00:04:22,120 --> 00:04:25,320 mentres que eu estaba desexando facelo. 92 00:04:26,560 --> 00:04:28,656 Pero eu era muller e el era un home, 93 00:04:28,680 --> 00:04:30,737 e así el chegou a ser o delegado da clase. 94 00:04:31,240 --> 00:04:33,240 E eu nunca esquecín ese incidente. 95 00:04:34,010 --> 00:04:36,056 A miúdo, eu cometo o erro de pensar 96 00:04:36,080 --> 00:04:39,520 que algo que é obvio para min, ten que selo para os demais. 97 00:04:39,520 --> 00:04:41,506 Agora, tomemos ao meu querido amigo Louis 98 00:04:41,506 --> 00:04:42,496 por exemplo. 99 00:04:42,520 --> 00:04:44,376 Louis é un home brillante, progresista, 100 00:04:44,400 --> 00:04:46,896 e tiñamos conversas nas que el me dicía, 101 00:04:46,920 --> 00:04:50,640 "Non sei que queres dicir con que as cousas son máis difíciles para a muller. 102 00:04:50,960 --> 00:04:52,960 Talvez no pasado, pero non agora ". 103 00:04:53,560 --> 00:04:58,136 E eu non entendía como Louis non podía ver o que para min é tan evidente. 104 00:04:58,160 --> 00:05:02,296 Entón, unha tarde, en Lagos, Louis e máis eu saímos cuns amigos. 105 00:05:02,320 --> 00:05:04,776 E para os que están aquí e que non coñecen Lagos, 106 00:05:04,800 --> 00:05:06,686 alí teñen algo marabilloso, 107 00:05:06,710 --> 00:05:11,486 sempre hai algún home enérxico pululando arredor dos establecementos 108 00:05:11,496 --> 00:05:14,400 e de xeito moi serio "axúdate" a aparca-lo teu coche. 109 00:05:16,000 --> 00:05:19,296 Eu estaba impresionada cun home en particular 110 00:05:19,320 --> 00:05:22,296 que conseguiu atoparnos unha praza de aparcamento pola noite. 111 00:05:22,320 --> 00:05:25,400 E así, cando marchabamos, decidín deixarlle unha propina. 112 00:05:26,760 --> 00:05:28,176 Abrín o meu bolso, 113 00:05:28,200 --> 00:05:29,576 metín dentro a miña man, 114 00:05:29,600 --> 00:05:32,400 saquei os meus cartos que gañara có meu traballo, 115 00:05:33,090 --> 00:05:34,520 e deillos ao home. 116 00:05:35,600 --> 00:05:39,976 E ese home, que estaba moi agradecido e moi feliz, 117 00:05:40,000 --> 00:05:41,776 colleu os meus cartos, 118 00:05:41,800 --> 00:05:43,216 mirou cara Louis 119 00:05:43,240 --> 00:05:45,096 e díxolle: "Grazas, señor!" 120 00:05:45,120 --> 00:05:47,600 (Risas) 121 00:05:51,160 --> 00:05:54,416 Louis miroume, sorprendido, e preguntoume 122 00:05:54,440 --> 00:05:57,840 "Por que mo agradece a min? Eu non lle din o diñeiro." 123 00:05:58,840 --> 00:06:01,800 Entón vin a revelación no rostro de Louis. 124 00:06:03,040 --> 00:06:05,456 O home pensaba que calquera diñeiro que eu tivera, 125 00:06:05,480 --> 00:06:09,000 tiña que vir, en última instancia, de Louis. 126 00:06:09,720 --> 00:06:10,960 Porque Louis é un home. 127 00:06:12,600 --> 00:06:14,416 Homes e mulleres son diferentes. 128 00:06:14,440 --> 00:06:17,296 Temos diferentes hormonas, temos órganos sexuais distintos, 129 00:06:17,320 --> 00:06:19,376 temos diferentes capacidades biolóxicas. 130 00:06:19,400 --> 00:06:21,200 As mulleres poden ter bebés, os homes non. 131 00:06:22,800 --> 00:06:24,016 Ao menos, polo de agora. 132 00:06:24,040 --> 00:06:25,456 (Risas) 133 00:06:25,480 --> 00:06:29,990 Os homes teñen testosterona e son, en xeral, máis fortes cas mulleres. 134 00:06:30,520 --> 00:06:33,176 Hai lixeiramente máis mulleres que homes no mundo, 135 00:06:33,200 --> 00:06:36,296 arredor do 52 % da poboación mundial é de sexo feminino. 136 00:06:36,320 --> 00:06:39,970 Pero a maioría das posicións de poder e prestixio están ocupadas por homes. 137 00:06:40,840 --> 00:06:43,296 A última premio Nobel da Paz de Kenia, 138 00:06:43,320 --> 00:06:44,656 Wangari Maathai, 139 00:06:44,680 --> 00:06:46,800 díxoo moi claro en poucas palabras: 140 00:06:47,600 --> 00:06:50,320 "Canto máis ascendes, menos mulleres hai" 141 00:06:51,920 --> 00:06:56,536 Nas pasadas elecións americanas estivemos moi pendentes da lei Lilly Ledbetter, 142 00:06:56,560 --> 00:06:59,976 e indo máis aló da retórica, o nome da dita Lei, 143 00:07:00,000 --> 00:07:02,136 refírese realmente a homes e mulleres que, 144 00:07:02,160 --> 00:07:04,936 facendo o mesmo traballo, estando igualmente preparados, 145 00:07:04,960 --> 00:07:07,360 págaselle máis ao home, porque é un home. 146 00:07:08,160 --> 00:07:11,496 Así, no sentido literal, os homes gobernan o mundo, 147 00:07:11,520 --> 00:07:14,360 e isto tiña sentido fai mil anos 148 00:07:15,120 --> 00:07:17,976 porque os seres humanos vivían entón nun mundo 149 00:07:18,000 --> 00:07:22,176 no que a forza física era o atributo máis importante cara a supervivencia. 150 00:07:22,200 --> 00:07:25,480 A persoa fisicamente máis forte era, probablemente, a que mandaba, 151 00:07:27,280 --> 00:07:29,856 e os homes, en xeral, son fisicamente mais fortes. 152 00:07:29,880 --> 00:07:31,595 Por suposto, hai moitas excepcións. 153 00:07:31,619 --> 00:07:33,176 (Risas) 154 00:07:33,200 --> 00:07:37,000 Pero hoxe en día vivimos nun mundo moi diferente. 155 00:07:37,720 --> 00:07:41,776 A persoa que probablemente manda non é a persoa fisicamente máis forte; 156 00:07:41,800 --> 00:07:45,296 é a persoa máis creativa, a persoa máis intelixente, 157 00:07:45,320 --> 00:07:47,736 a persoa máis innovadora, 158 00:07:47,760 --> 00:07:50,180 e non hai hormonas para eses atributos. 159 00:07:50,180 --> 00:07:53,396 Un home ten a mesma probabilidade que unha muller de ser intelixente 160 00:07:53,396 --> 00:07:55,040 ser creativo, ser innovador. 161 00:07:55,800 --> 00:07:57,096 Evolucionamos; 162 00:07:57,120 --> 00:08:00,640 pero paréceme que as nosas ideas de xénero non evolucionaron. 163 00:08:01,760 --> 00:08:05,720 Fai algunhas semanas, entrei no vestíbulo dun dos mellores hoteis de Nixeria. 164 00:08:06,280 --> 00:08:09,536 Pensaba darlle-lo nome do hotel, pero probablemente no debería. 165 00:08:09,560 --> 00:08:12,920 E un garda na entrada paroume e fíxome preguntas molestas, 166 00:08:13,840 --> 00:08:15,856 debido á súa suposición automática de que 167 00:08:15,856 --> 00:08:19,280 unha muller Nixeriana que entra soa nun hotel é unha traballadora sexual. 168 00:08:20,880 --> 00:08:22,216 E, por certo, 169 00:08:22,240 --> 00:08:25,376 por que eses hoteis céntranse na oferta ostentosa 170 00:08:25,400 --> 00:08:27,950 e non na demanda de profesionais do sexo? 171 00:08:29,520 --> 00:08:34,775 En Lagos eu non podo ir soa a certos bares e clubs "respectables". 172 00:08:34,799 --> 00:08:37,216 Eles simplemente non te deixan entrar se vas soa, 173 00:08:37,240 --> 00:08:39,090 tes que ir en compañia dun home. 174 00:08:39,600 --> 00:08:42,336 Cada vez que entro nun restaurante nixeriano cun home, 175 00:08:42,360 --> 00:08:44,720 o camareiro saúda ao home e a min ignórame. 176 00:08:46,320 --> 00:08:47,816 Os camareiros son produtos 177 00:08:47,840 --> 00:08:48,976 (Risas) 178 00:08:49,000 --> 00:08:51,830 E nisto algunhas mulleres senten como "Si! Iso pensaba eu!" 179 00:08:51,830 --> 00:08:53,906 Os camareiros son produto dunha sociedade 180 00:08:53,906 --> 00:08:57,080 que lles ensinou que os homes son máis importantes cas mulleres. 181 00:08:58,240 --> 00:09:01,096 Eu sei que os camareiros non pretenden facer dano. 182 00:09:01,120 --> 00:09:05,416 Pero unha cousa é o saber intelectual, e outra moi distinta son as emocións. 183 00:09:05,440 --> 00:09:07,816 Cada vez que me ignoran, síntome invisible. 184 00:09:07,840 --> 00:09:09,120 Síntome molesta. 185 00:09:09,720 --> 00:09:13,056 Quero dicirlles que eu son tan humana como un home, 186 00:09:13,080 --> 00:09:15,880 son tan merecente de consideración. 187 00:09:16,700 --> 00:09:18,016 Son pequenas cousas, 188 00:09:18,040 --> 00:09:21,296 pero, as veces, son as pequenas cousas as que máis doen. 189 00:09:21,320 --> 00:09:23,056 Hai pouco tempo, escribín un artigo 190 00:09:23,080 --> 00:09:26,376 acerca do que significa ser xove e muller en Lagos, 191 00:09:26,400 --> 00:09:28,530 e os editores dixéronme que, 192 00:09:29,120 --> 00:09:30,480 "era tan indignado." 193 00:09:30,960 --> 00:09:32,336 Por suposto que era indignado! 194 00:09:32,360 --> 00:09:34,120 (Risas) 195 00:09:36,840 --> 00:09:38,496 Eu estou indignada. 196 00:09:38,520 --> 00:09:41,656 O xénero, tal e como funciona hoxe en día, é unha grave inxustiza. 197 00:09:41,680 --> 00:09:43,416 Todos deberíamos estar indignados. 198 00:09:43,440 --> 00:09:47,296 A indignación adoita traer cambios positivos; 199 00:09:47,320 --> 00:09:50,340 pero, ademais de estar indignada, eu tamén estou esperanzada. 200 00:09:50,800 --> 00:09:53,496 Porque creo profundamente na capacidade dos seres humanos 201 00:09:53,520 --> 00:09:55,640 para mellorarse cada vez máis. 202 00:09:56,920 --> 00:09:58,816 O xénero é importante en todo o mundo, 203 00:09:58,840 --> 00:10:01,496 pero eu quero centrarme en Nixeria 204 00:10:01,520 --> 00:10:02,976 e en África en xeral, 205 00:10:03,000 --> 00:10:06,576 porque é o que eu coñezo, e porque é onde está o meu corazón. 206 00:10:06,600 --> 00:10:08,536 E gustaríame preguntar hoxe 207 00:10:08,560 --> 00:10:12,696 como empezamos a soñar e planificar un mundo diferente, 208 00:10:12,720 --> 00:10:14,160 un mundo máis xusto, 209 00:10:16,240 --> 00:10:20,416 un mundo de homes e mulleres máis felices que son máis fieis a si mesmos. 210 00:10:20,440 --> 00:10:21,976 E así é como debemos facelo: 211 00:10:22,000 --> 00:10:24,496 debemos educar as nosas fillas de maneira diferente. 212 00:10:24,496 --> 00:10:27,320 Tamén debemos educar aos nosos fillos de maneira diferente. 213 00:10:28,000 --> 00:10:31,656 Facemos un fraco favor aos nenos tal e como os educamos; 214 00:10:31,680 --> 00:10:33,650 reprimimos a humanidade dos nenos. 215 00:10:34,480 --> 00:10:37,056 Definimos a masculinidade dun xeito moi limitado, 216 00:10:37,080 --> 00:10:40,576 a masculinidade convértese nunha ríxida e pequena gaiola 217 00:10:40,600 --> 00:10:42,896 e poñemos aos nenos dentro da gaiola. 218 00:10:42,920 --> 00:10:44,980 Ensinamos aos nenos a ter medo do medo. 219 00:10:45,480 --> 00:10:49,240 Ensinamos aos nenos a ter medo da debilidade, da vulnerabilidade. 220 00:10:50,140 --> 00:10:52,656 Ensinámoslles ocultar o seu verdadeiro ser, 221 00:10:52,680 --> 00:10:57,000 porque teñen que ser, como din os nixerianos, "homes duros!" 222 00:10:58,440 --> 00:11:02,576 No instituto, un rapaz e unha rapaza, ámbolos dous adolescentes, 223 00:11:02,600 --> 00:11:06,096 ámbolos dous coa mesma cantidade de cartos no peto, 224 00:11:06,120 --> 00:11:08,930 se saíran, esperaríamos que o rapaz pagase 225 00:11:08,930 --> 00:11:10,700 para demostrar a súa masculinidade. 226 00:11:11,440 --> 00:11:15,240 E aínda preguntamos por que os nenos é máis probable que rouben aos seus pais? 227 00:11:17,240 --> 00:11:20,736 Que pasaría se educásemos aos nenos e as nenas 228 00:11:20,760 --> 00:11:22,990 para non vincular a masculinidade cós cartos? 229 00:11:23,720 --> 00:11:26,776 Que pasaría se a actitude non fora "o rapaz ten que pagar" 230 00:11:26,776 --> 00:11:29,600 senón máis ben "o que máis ten, debe pagar?" 231 00:11:30,260 --> 00:11:32,730 Agora, por suposto, debido a unha vantaxe histórica, 232 00:11:32,730 --> 00:11:35,456 a maioría das veces serán os homes os que máis teñan hoxe, 233 00:11:35,456 --> 00:11:38,056 pero se comezamos a educar aos nenos doutro xeito, 234 00:11:38,080 --> 00:11:40,616 entón, en cincuenta anos, en cen anos, 235 00:11:40,640 --> 00:11:44,530 os nenos xa non terán a presión de ter que demostrar a súa masculinidade. 236 00:11:45,620 --> 00:11:48,696 Pero, con moito, o peor que lles facemos aos varóns, 237 00:11:48,720 --> 00:11:51,056 facéndolles sentir que teñen que ser duros, 238 00:11:51,080 --> 00:11:54,200 é que os deixamos con egos moi fráxiles. 239 00:11:55,120 --> 00:11:58,520 Canto máis "home duro" séntese obrigado a ser un home, 240 00:11:59,320 --> 00:12:01,110 máis débil é o seu ego. 241 00:12:02,960 --> 00:12:05,976 E entón facemos un prexuízo moito maior ás nenas 242 00:12:06,000 --> 00:12:09,320 porque as educamos para atender ós fráxiles egos dos homes. 243 00:12:10,200 --> 00:12:13,696 Ensinamos ás nenas a reprimirse a si mesmas, a facerse máis pequenas, 244 00:12:13,720 --> 00:12:14,920 dicimos ás nenas, 245 00:12:15,640 --> 00:12:17,816 "Podes ter ambición, pero non demasiada." 246 00:12:17,840 --> 00:12:19,216 (Risas) 247 00:12:19,240 --> 00:12:21,936 "Podes busca-lo éxito, pero non demasiado, 248 00:12:21,960 --> 00:12:24,000 senón, serás unha ameaza para o home". 249 00:12:24,720 --> 00:12:27,616 Se ti e-lo sostén da túa relación cun home, 250 00:12:27,640 --> 00:12:29,616 tes que finxir que non o es, 251 00:12:29,640 --> 00:12:31,296 sobre todo en público, 252 00:12:31,320 --> 00:12:33,360 senón vas a castralo. 253 00:12:34,570 --> 00:12:37,056 Pero, que pasa se cuestionamos a premisa en si mesma? 254 00:12:37,080 --> 00:12:40,560 Por que debería ser o éxito dunha muller unha ameaza para o home? 255 00:12:41,200 --> 00:12:44,736 que pasa se, simplemente, desfacémonos desa palabra, 256 00:12:44,760 --> 00:12:49,480 e non creo que haxa unha palabra inglesa que me desguste máis que "castración". 257 00:12:50,720 --> 00:12:53,016 Un coñecido nixeriano preguntoume unha vez 258 00:12:53,020 --> 00:12:55,900 se me preocupaba que os homes sentíranse intimidados por min. 259 00:12:56,480 --> 00:12:58,296 Non estaba preocupada en absoluto. 260 00:12:58,320 --> 00:13:00,540 De feito, non se me ocorrera estar preocupada 261 00:13:00,540 --> 00:13:02,816 porque un home que se sentira intimidado por min 262 00:13:02,840 --> 00:13:05,456 é exactamente o tipo de home que non me interesa. 263 00:13:05,480 --> 00:13:06,696 (Risas) 264 00:13:06,720 --> 00:13:08,800 (Aplausos) 265 00:13:14,120 --> 00:13:17,050 Aínda así, eu estaba realmente sorprendida por isto. 266 00:13:17,590 --> 00:13:21,240 Como son muller, espérase que aspire ao matrimonio; 267 00:13:21,730 --> 00:13:23,796 Espérase que tome as decisións da miña vida 268 00:13:23,796 --> 00:13:26,840 sempre tendo en conta que o matrimonio é o máis importante. 269 00:13:28,040 --> 00:13:30,016 Un matrimonio pode ser algo bo; 270 00:13:30,040 --> 00:13:34,450 pode ser fonte de alegría e amor, e de apoio mutuo. 271 00:13:34,450 --> 00:13:37,116 Pero, por que ensinamos ás nenas a aspirar ao matrimonio 272 00:13:37,116 --> 00:13:38,750 e non ensinamos o mesmo aos nenos? 273 00:13:40,700 --> 00:13:43,086 Coñezo a unha muller que decidiu vende-la súa casa 274 00:13:43,086 --> 00:13:46,080 porque non quería intimidar ao home que puidera casar con ela. 275 00:13:47,830 --> 00:13:52,336 Coñezo unha muller solteira en Nixeria que, cando vai a congresos, 276 00:13:52,360 --> 00:13:53,736 leva anel de casada 277 00:13:53,760 --> 00:13:54,976 porque, segundo ela, 278 00:13:55,000 --> 00:13:58,920 quere que os outros participantes do congreso lle "teñan respecto" 279 00:13:59,970 --> 00:14:02,576 Eu coñezo mulleres novas, que están baixo tanta presión 280 00:14:02,576 --> 00:14:06,550 da familia, dos amigos, incluso do traballo, para casarse, 281 00:14:06,550 --> 00:14:08,820 que son empurradas a tomar decisións terribles. 282 00:14:09,520 --> 00:14:12,136 Unha muller de certa idade que non está casada, 283 00:14:12,160 --> 00:14:16,280 na nosa sociedade ensínasenos a velo como un profundo fracaso persoal. 284 00:14:17,040 --> 00:14:19,816 E un home de certa idade que non está casado, 285 00:14:19,820 --> 00:14:22,816 só pensamos que non lle chegou o tempo de facer a súa elección. 286 00:14:22,816 --> 00:14:24,300 (Risas) 287 00:14:24,300 --> 00:14:25,640 É fácil para nós dicir, 288 00:14:25,640 --> 00:14:28,586 "Oh, pero as mulleres poden simplemente dicir non a todo isto." 289 00:14:28,586 --> 00:14:31,010 Pero a realidade é máis difícil e máis complexa. 290 00:14:31,360 --> 00:14:33,136 Todos somos seres sociais. 291 00:14:33,160 --> 00:14:35,656 Interiorizamos ideas a partires desa socialización. 292 00:14:35,680 --> 00:14:37,656 Incluso a linguaxe que usamos, 293 00:14:37,680 --> 00:14:41,096 cando falamos sobre o matrimonio e as relaciones, ilustra isto. 294 00:14:41,120 --> 00:14:43,976 A linguaxe do matrimonio é,a miúdo, a linguaxe da propiedade 295 00:14:44,000 --> 00:14:46,160 máis ca linguaxe da asociación. 296 00:14:46,800 --> 00:14:49,496 Usamos a palabra "respecto" 297 00:14:49,520 --> 00:14:52,190 no sentido de algo que unha muller amosa a un home 298 00:14:52,190 --> 00:14:55,000 pero, a miúdo non é algo que un home amosa a unha muller. 299 00:14:56,160 --> 00:14:58,560 Tanto homes como mulleres en Nixeria dirán 300 00:14:58,560 --> 00:15:00,936 -isto é unha expresión que me parece moi divertida- 301 00:15:00,960 --> 00:15:03,280 "Fíxeno polo ben do meu matrimonio." 302 00:15:04,250 --> 00:15:06,056 Agora ben, cando é un home quen o di, 303 00:15:06,056 --> 00:15:09,176 xeralmente refírese a algo que non debería fixer. 304 00:15:09,200 --> 00:15:11,136 (Risas) 305 00:15:11,160 --> 00:15:13,936 As veces, eles din aos seus amigos, 306 00:15:13,960 --> 00:15:17,896 é algo que dicir aos seus amigos dun xeito claramente exasperado, 307 00:15:17,920 --> 00:15:20,940 xa sabedes, algo que, finalmente, demostra o masculinos que son, 308 00:15:20,940 --> 00:15:22,476 o necesarios e queridos que son. 309 00:15:22,476 --> 00:15:25,336 "Oh, a miña muller di que non podo ir ao club tódalas noites, 310 00:15:25,336 --> 00:15:28,376 así que, para o ben do meu matrimonio, só vou a fin de semana ". 311 00:15:28,376 --> 00:15:29,616 (Risas) 312 00:15:29,640 --> 00:15:33,896 Agora, cando unha muller di, "fíxeno polo ben do meu matrimonio," 313 00:15:33,920 --> 00:15:37,456 xeralmente está a falar de renunciar a un posto de traballo, 314 00:15:37,480 --> 00:15:38,936 a un sono, 315 00:15:38,960 --> 00:15:40,320 a unha carreira. 316 00:15:41,080 --> 00:15:43,496 Ensinamos ás mulleres que, nas relacións, 317 00:15:43,520 --> 00:15:46,000 o compromiso é o que fan as mulleres. 318 00:15:46,960 --> 00:15:49,876 Educamos as nenas para que vexan ás outras como competidoras, 319 00:15:49,876 --> 00:15:53,136 non para postos de traballo ou outros logros, o cal pode ser algo bo, 320 00:15:53,160 --> 00:15:54,850 senón para a atención dos homes. 321 00:15:55,920 --> 00:15:58,856 Ensinamos ás nenas que non poden ser seres sexuais 322 00:15:58,880 --> 00:16:00,376 no xeito en que son os nenos. 323 00:16:00,400 --> 00:16:03,720 Se temos fillos, non nos preocupamos de coñecer ás súas noivas. 324 00:16:04,480 --> 00:16:07,096 Pero,os noivos das nosas fillas? Líbrenos Deus! 325 00:16:07,096 --> 00:16:08,440 (Risas) 326 00:16:08,440 --> 00:16:10,436 Pero, por suposto, cando chegue o momento, 327 00:16:10,436 --> 00:16:14,216 esperamos que esas chicas atopen ao home perfecto para que sexa o seu esposo. 328 00:16:14,240 --> 00:16:17,626 Nós controlamos ás nenas, loamos ás nenas pola súa virxindade, 329 00:16:17,640 --> 00:16:19,646 pero non loamos aos nenos pola virxindade, 330 00:16:19,646 --> 00:16:23,505 e sempre pregunteime como funciona isto exactamente, porque ... 331 00:16:23,529 --> 00:16:25,856 (Risas) 332 00:16:25,880 --> 00:16:28,840 (Aplausos) 333 00:16:33,630 --> 00:16:37,160 Quero dicir, a perda da virxindade é, polo xeral, un proceso que implica... 334 00:16:38,680 --> 00:16:42,750 Recentemente, unha muller nova foi violada en grupo nunha universidade de Nixeria, 335 00:16:42,750 --> 00:16:44,616 penso que algúns de nos xa o coñecíamos. 336 00:16:44,616 --> 00:16:47,856 E a resposta de moitos mozos Nixerianos, tanto homes como mulleres, 337 00:16:47,880 --> 00:16:50,376 foi algo nesta liña: 338 00:16:50,400 --> 00:16:52,576 "Si, a violación é algo malo. 339 00:16:52,600 --> 00:16:55,880 Pero, que facía unha rapaza nun cuarto con catro rapaces?" 340 00:16:56,920 --> 00:17:01,040 Agora ben, se podemos esquecer o inhumano desa resposta, 341 00:17:02,080 --> 00:17:06,000 eses nixerianos foron educados para pensar nas mulleres como culpables por natureza 342 00:17:07,319 --> 00:17:10,455 e foron educados para esperar tan pouco dos homes 343 00:17:10,480 --> 00:17:14,175 que a idea dos homes como seres salvaxes sen control 344 00:17:14,200 --> 00:17:15,820 é, dalgún xeito, aceptable. 345 00:17:16,769 --> 00:17:18,856 Ensinamos ás nenas vergonza. 346 00:17:18,880 --> 00:17:20,860 "Pecha as túas pernas." "Tápate." 347 00:17:21,440 --> 00:17:23,695 Facémolas sentir como se, por naceren femias, 348 00:17:23,720 --> 00:17:25,816 xa son culpables de algo. 349 00:17:25,839 --> 00:17:28,175 E así, as nenas chegan a ser mulleres 350 00:17:28,200 --> 00:17:30,336 que non poden amosa-lo seu desexo. 351 00:17:30,360 --> 00:17:33,490 Chegan a ser mulleres que se silencian a si mesmas. 352 00:17:35,010 --> 00:17:38,496 Chegan a ser mulleres que non poden dicir o que realmente pensan, 353 00:17:38,520 --> 00:17:39,856 e chegan a ser, 354 00:17:39,880 --> 00:17:42,056 e isto é o peor que facemos ás nenas, 355 00:17:42,080 --> 00:17:46,216 chegan a ser mulleres que converteron a simulación nunha forma de arte. 356 00:17:46,240 --> 00:17:50,080 (Aplausos) 357 00:17:52,440 --> 00:17:55,856 Coñezo a unha muller que odia o traballo doméstico, 358 00:17:55,880 --> 00:17:57,376 Ela, simplemente, odiao, 359 00:17:57,400 --> 00:17:59,190 pero simula que lle gusta, 360 00:18:00,200 --> 00:18:04,296 porque foi educada para ser "unha boa esposa" 361 00:18:04,320 --> 00:18:06,696 ela ten que ser -usando esa palabra nixeriana- 362 00:18:06,720 --> 00:18:08,200 moi "caseira". 363 00:18:09,440 --> 00:18:10,976 E logo casou, 364 00:18:11,000 --> 00:18:14,816 e despois dun tempo a familia do seu home queixouse de que ela cambiara . 365 00:18:14,840 --> 00:18:16,370 (Risas) 366 00:18:16,370 --> 00:18:17,926 En realidade, ela non cambiara, 367 00:18:17,926 --> 00:18:19,970 ela, simplemente, cansou de finxir. 368 00:18:20,630 --> 00:18:23,856 O problema có xénero, 369 00:18:23,880 --> 00:18:26,416 é que determina como debemos ser 370 00:18:26,440 --> 00:18:28,510 en vez de recoñecer como somos. 371 00:18:29,400 --> 00:18:31,856 Agora imaxinemos canto máis felices seríamos, 372 00:18:31,880 --> 00:18:35,376 canto máis libres para sermos como verdadeiramente somos, 373 00:18:35,400 --> 00:18:38,160 si non tiverámo-lo peso das expectativas de xénero. 374 00:18:39,190 --> 00:18:44,016 Nenos e nenas son, sen dúbida, biolóxicamente diferentes, 375 00:18:44,040 --> 00:18:47,016 pero a socialización esaxera as diferenzas 376 00:18:47,040 --> 00:18:49,616 e convértenas nunha profecía auto-cumprida. 377 00:18:49,640 --> 00:18:51,760 Agora, tomemos a cociña, por exemplo. 378 00:18:52,170 --> 00:18:56,046 As mulleres de hoxe, en xeral, son máis propensas ás tarefas de casa que os homes, 379 00:18:56,046 --> 00:18:57,116 a cociña e a limpeza. 380 00:18:57,116 --> 00:18:58,656 Pero, por que? 381 00:18:58,680 --> 00:19:01,536 É porque as mulleres nacen cun xene da cociña? 382 00:19:01,560 --> 00:19:02,976 (Risas) 383 00:19:03,000 --> 00:19:07,256 Ou porque durante anos foron socializadas para ve-la cociña como o seu encargo? 384 00:19:07,280 --> 00:19:10,856 En realidade, eu ia dicir que talvez as mulleres nacen cun xene da cociña, 385 00:19:10,880 --> 00:19:14,336 ata que recordei que a maioría dos cociñeiros famosos do mundo, 386 00:19:14,360 --> 00:19:16,656 aos que lle damos o bonito título de "chefs", 387 00:19:16,680 --> 00:19:17,880 son homes. 388 00:19:18,960 --> 00:19:20,656 Eu admiraba á miña avoa 389 00:19:20,680 --> 00:19:22,736 que era unha muller realmente brillante, 390 00:19:22,760 --> 00:19:24,496 e preguntábame como podería ter sido 391 00:19:24,520 --> 00:19:28,080 se tivera as mesmas oportunidades que os homes cando era pequena. 392 00:19:28,810 --> 00:19:31,576 Hoxe en día, hai moitas máis oportunidades para as mulleres 393 00:19:31,576 --> 00:19:33,816 das que había na época da miña avoa 394 00:19:33,840 --> 00:19:36,456 debido a cambios na política, cambios nas leis, 395 00:19:36,480 --> 00:19:38,056 todos eles moi importantes. 396 00:19:38,080 --> 00:19:42,616 Pero o que realmente importa é a nosa actitude,o noso xeito de pensar, 397 00:19:42,640 --> 00:19:45,936 o que cremos e o que valoramos sobre o xénero. 398 00:19:45,960 --> 00:19:48,456 Que pasa se na educación dos fillos 399 00:19:48,456 --> 00:19:51,360 centrámonos na capacidade en lugar do xénero? 400 00:19:51,950 --> 00:19:56,120 Que pasa se nos centramos nos intereses en lugar do xénero? 401 00:19:56,950 --> 00:19:59,286 Coñezo unha familia que ten un fillo e unha filla, 402 00:19:59,286 --> 00:20:01,136 ámbolos dous son brillantes na escola, 403 00:20:01,160 --> 00:20:03,056 son nenos encantadores e marabillosos. 404 00:20:03,080 --> 00:20:05,616 Cando o neno ten fame, os pais dinlle á nena, 405 00:20:05,640 --> 00:20:07,856 "Vai cociñar fideos Indomie para o teu irmán." 406 00:20:07,880 --> 00:20:09,096 (Risas) 407 00:20:09,120 --> 00:20:12,616 Agora ben, á filla non lle gusta especialmente cociñar eses fideos, 408 00:20:12,640 --> 00:20:15,416 pero ela é unha nena, e por iso ten que facelo. 409 00:20:15,440 --> 00:20:17,216 Agora ben, que pasa se os pais, 410 00:20:17,240 --> 00:20:18,856 dende o principio, 411 00:20:18,880 --> 00:20:22,800 ensinaran, tanto ao neno como á nena,a cociñar Indomie? 412 00:20:23,730 --> 00:20:26,936 Cociñar, por certo, é unha habilidade moi útil para os nenos. 413 00:20:26,960 --> 00:20:31,816 Nunca pensei que tivera sentido deixar algo tan crucial, 414 00:20:31,840 --> 00:20:33,736 a capacidade de nutrirse - 415 00:20:33,760 --> 00:20:34,976 (Risas) 416 00:20:35,000 --> 00:20:36,536 nas mans doutros. 417 00:20:36,560 --> 00:20:39,480 (Aplausos) 418 00:20:41,500 --> 00:20:45,230 Coñezo a unha muller que ten a mesma titulación e traballo que o seu home, 419 00:20:45,230 --> 00:20:48,926 cando ambos volven do traballo, ela fai a meirande parte das tarefas do fogar, 420 00:20:48,926 --> 00:20:50,806 creo que é igual en moitos matrimonios. 421 00:20:50,806 --> 00:20:52,696 Pero o que chamou a miña atención deles 422 00:20:52,696 --> 00:20:55,496 foi que, cada vez que o marido cambiaba o cueiro ao bebé, 423 00:20:55,520 --> 00:20:57,800 ela dáballe as grazas. 424 00:20:58,940 --> 00:21:03,456 Agora ben, e si ela vira isto como algo perfectamente normal e natural 425 00:21:03,480 --> 00:21:06,816 como debería ser, de feito, o coidado do seu fillo? 426 00:21:06,840 --> 00:21:08,680 (Risas) 427 00:21:09,680 --> 00:21:13,176 Eu estou tentando "desaprender" moitas das leccións de xénero 428 00:21:13,200 --> 00:21:15,496 que interioricei cando estaba crecendo. 429 00:21:15,520 --> 00:21:20,576 Pero, as veces, síntome moi vulnerable aínda fronte ás expectativas de xénero. 430 00:21:20,580 --> 00:21:23,810 A primeira vez que din unha clase de escritura na escola de posgrao, 431 00:21:24,280 --> 00:21:25,610 estaba preocupada. 432 00:21:25,610 --> 00:21:27,976 Non estaba preocupada pola materia a ensinar, 433 00:21:28,000 --> 00:21:29,336 porque a tiña ben preparada 434 00:21:29,360 --> 00:21:31,576 e tiña que dar clase do que me gusta ensinar. 435 00:21:31,600 --> 00:21:33,680 No seu lugar, estaba preocupada pola roupa. 436 00:21:34,580 --> 00:21:36,380 Eu quería que me tomaran en serio. 437 00:21:37,380 --> 00:21:39,056 Eu sabía que, como era unha muller, 438 00:21:39,080 --> 00:21:42,240 tería que demostra-la miña valía inmediatamente. 439 00:21:43,060 --> 00:21:45,806 E estaba preocupada porque, se parecía demasiado feminina, 440 00:21:45,806 --> 00:21:47,296 non sería tomada en serio. 441 00:21:47,320 --> 00:21:51,656 Realmente eu quería leva-lo meu brillo de labios e a miña saia feminina, 442 00:21:51,680 --> 00:21:53,496 pero decidín non facelo. 443 00:21:53,520 --> 00:21:55,896 No seu lugar, levei un traxe moi serio, 444 00:21:55,920 --> 00:21:58,496 moi masculino e moi feo. 445 00:21:58,520 --> 00:21:59,960 (Risas) 446 00:21:59,960 --> 00:22:02,856 Por que a triste verdade é que, no que se refire á aparencia, 447 00:22:02,856 --> 00:22:05,360 partimos dos homes como estándar, como a norma. 448 00:22:05,790 --> 00:22:08,336 Cando un home prepárase para unha reunión de negocios, 449 00:22:08,336 --> 00:22:10,616 non se preocupa por parecer demasiado masculino 450 00:22:10,616 --> 00:22:12,870 e, polo tanto, non da por suposto nada. 451 00:22:12,870 --> 00:22:15,886 Se unha muller ten que prepararse para unha reunión de negocios, 452 00:22:15,886 --> 00:22:18,336 ten que procurar non parecer demasiado feminina, 453 00:22:18,336 --> 00:22:22,600 porque é o que di si será ou non tomada en serio. 454 00:22:24,000 --> 00:22:26,200 Oxalá non puxera ese feo traxe ese día. 455 00:22:27,330 --> 00:22:30,550 De feito, desterreino do meu armario, por certo. 456 00:22:30,550 --> 00:22:35,490 Se tivera entón a confianza en mi mesma que teño hoxe, 457 00:22:35,490 --> 00:22:38,646 os meus estudantes beneficiaríanse aínda máis das miñas ensinanzas, 458 00:22:38,646 --> 00:22:40,576 porque eu sentiríame máis cómoda 459 00:22:40,600 --> 00:22:42,600 e máis plena e verdadeiramente eu mesma. 460 00:22:43,800 --> 00:22:47,816 Escollín non desculparme máis pola miña non-virilidade 461 00:22:47,840 --> 00:22:49,380 nin pola miña feminidade. 462 00:22:49,680 --> 00:22:52,680 (Aplausos) 463 00:22:55,680 --> 00:22:58,656 E quero ser respectada en toda a miña non-virilidade 464 00:22:58,680 --> 00:23:00,410 porque merezo respecto. 465 00:23:01,200 --> 00:23:03,640 O xénero non é unha conversa fácil. 466 00:23:04,980 --> 00:23:06,656 Tanto homes como mulleres, 467 00:23:06,680 --> 00:23:10,616 ao saca-lo tema, atopan as veces unha resistencia case inmediata. 468 00:23:10,640 --> 00:23:13,896 Podo imaxinar que algunhas persoas aquí están pensando en realidade, 469 00:23:13,920 --> 00:23:15,950 "As mulleres tamén o fan" 470 00:23:17,480 --> 00:23:19,696 Algúns homes aquí poderían estar pensando, 471 00:23:19,720 --> 00:23:21,456 "Dacordo, todo isto é moi interesante, 472 00:23:21,480 --> 00:23:23,040 pero eu non o vexo así ". 473 00:23:23,960 --> 00:23:26,176 E iso é parte do problema. 474 00:23:26,200 --> 00:23:29,100 Que moitos homes non pensen demasiado sobre o xénero, 475 00:23:29,100 --> 00:23:30,816 ou non sexan conscientes do xénero, 476 00:23:30,816 --> 00:23:32,736 é parte do problema de xénero. 477 00:23:32,760 --> 00:23:35,416 Que moitos homes digan, como o meu amigo Louis, 478 00:23:35,440 --> 00:23:37,160 que todo está ben hoxe. 479 00:23:38,080 --> 00:23:41,016 E que moitos homes non fagan nada para cambialo. 480 00:23:41,040 --> 00:23:43,896 Se ti es un home e entras nun restaurante cunha muller 481 00:23:43,920 --> 00:23:45,640 e o camareiro saúdate só a ti, 482 00:23:46,300 --> 00:23:48,896 non se che ocorre dicirlle, 483 00:23:48,920 --> 00:23:50,660 "Por que non saúdas tamén a ela?" 484 00:23:53,320 --> 00:23:54,816 Porque o xénero pode ser... 485 00:23:54,840 --> 00:23:56,920 (Risas) 486 00:24:04,880 --> 00:24:09,376 En realidade, podemos reflexionar parte dunha versión máis longa desta charla. 487 00:24:09,400 --> 00:24:12,976 Así, como o xénero pode ser unha conversación moi incómoda, 488 00:24:13,000 --> 00:24:16,096 temos maneiras moi fáciles de pechala, de pecha-la charla. 489 00:24:16,120 --> 00:24:20,296 De modo que, algunhas persoas falarán de bioloxía evolutiva e primates, 490 00:24:20,320 --> 00:24:23,976 e de como, xa sabemos, as femias de mono inclínanse ante os machos, 491 00:24:24,000 --> 00:24:25,240 e cousas dese tipo. 492 00:24:25,880 --> 00:24:27,936 Pero a cuestión é que nós non somos monos. 493 00:24:27,960 --> 00:24:29,376 (Risas) 494 00:24:29,400 --> 00:24:33,400 (Aplausos) 495 00:24:34,160 --> 00:24:38,976 Os monos tamén viven nas árbores e comen miñocas no almorzo, 496 00:24:39,000 --> 00:24:40,240 e nós non. 497 00:24:41,240 --> 00:24:45,240 Algúns dirán: "Ben, os pobres tamén o teñen difícil" 498 00:24:45,880 --> 00:24:47,080 E isto é certo. 499 00:24:47,920 --> 00:24:49,256 Pero non é o que... 500 00:24:49,280 --> 00:24:50,376 (Risas) 501 00:24:50,400 --> 00:24:53,080 Pero non é do que trata esta charla. 502 00:24:54,480 --> 00:24:58,256 Xénero e clase son diferentes formas de opresión. 503 00:24:58,280 --> 00:25:01,936 En realidade, aprendín algo acerca dos sistemas de opresión 504 00:25:01,960 --> 00:25:04,416 e de como poden cegarnos mutuamente 505 00:25:04,440 --> 00:25:06,030 falando con homes de raza negra. 506 00:25:07,320 --> 00:25:10,496 Unha vez falei cun home negro sobre o xénero 507 00:25:10,520 --> 00:25:11,896 e díxome: 508 00:25:11,920 --> 00:25:15,376 "Por que tes que dicir, a miña experiencia como muller?" 509 00:25:15,400 --> 00:25:16,616 "Por que non pode ser, 510 00:25:16,640 --> 00:25:18,660 a túa experiencia como ser humano?" 511 00:25:19,660 --> 00:25:21,226 Agora ben, este era o mesmo home 512 00:25:21,226 --> 00:25:24,120 que falaba decote da súa experiencia como home negro. 513 00:25:27,360 --> 00:25:28,370 Cuestións de xénero. 514 00:25:28,370 --> 00:25:31,176 Homes e mulleres experimentan o mundo de xeitos diferentes. 515 00:25:31,176 --> 00:25:33,936 O xénero colorea o xeito en que experimentámo-lo mundo. 516 00:25:33,960 --> 00:25:35,360 Pero podemos cambiar iso. 517 00:25:36,520 --> 00:25:38,456 Algunhas persoas dirán, 518 00:25:38,480 --> 00:25:40,936 "Oh, pero as mulleres teñen o autentico poder, 519 00:25:40,960 --> 00:25:42,736 o poder de abaixo". 520 00:25:42,760 --> 00:25:45,656 E para os non nixerianos, poder de abaixo é unha expresión 521 00:25:45,680 --> 00:25:47,536 que supoño que significa algo así como que unha muller 522 00:25:47,560 --> 00:25:50,320 pode utiliza-la súa sexualidade para obter favores dos homes. 523 00:25:51,200 --> 00:25:53,920 Pero o poder de abaixo non é poder en absoluto. 524 00:25:56,400 --> 00:25:59,176 O poder de abaixo significa que unha muller 525 00:25:59,200 --> 00:26:02,096 simplemente ten a opción de aproveitar, de cando en cando, 526 00:26:02,120 --> 00:26:03,560 o poder doutro. 527 00:26:04,640 --> 00:26:06,496 E, por suposto, temos que preguntarnos 528 00:26:06,520 --> 00:26:09,176 que sucede cando ese outro está de mal humor, 529 00:26:09,200 --> 00:26:10,576 ou enfermo 530 00:26:10,600 --> 00:26:11,800 ou impotente. 531 00:26:12,280 --> 00:26:15,696 (Risas) 532 00:26:15,720 --> 00:26:21,960 Algunhas persoas dirán que a subordinación da muller é parte da nosa cultura. 533 00:26:22,640 --> 00:26:24,616 Pero a cultura cambia constantemente. 534 00:26:24,640 --> 00:26:29,296 Eu teño dúas fermosas sobriñas xemelgas, que teñen quince anos e viven en Lagos. 535 00:26:29,320 --> 00:26:31,670 Se tiveran nacido hai cen anos 536 00:26:32,000 --> 00:26:34,136 elas terían sido asasinadas 537 00:26:34,160 --> 00:26:37,320 Porque era a nosa cultura, na nosa cultura matábase aos xemelgos. 538 00:26:39,000 --> 00:26:41,020 De modo que, cal é o sentido da cultura? 539 00:26:41,480 --> 00:26:43,056 Quero dicir que temos adornos, 540 00:26:43,080 --> 00:26:44,696 bailes... 541 00:26:44,720 --> 00:26:49,336 pero tamén, a cultura realmente trata da preservación e a continuidade dun pobo. 542 00:26:49,360 --> 00:26:50,616 Na miña familia, 543 00:26:50,640 --> 00:26:53,816 eu son a nena máis interesada na nosa historia, 544 00:26:53,840 --> 00:26:55,096 nas nosas tradicións, 545 00:26:55,120 --> 00:26:57,296 no coñecemento sobre as terras ancestrais. 546 00:26:57,320 --> 00:26:59,896 Os meus irmáns non están tan interesados coma min. 547 00:26:59,920 --> 00:27:01,560 Pero eu non podo participar, 548 00:27:02,200 --> 00:27:04,216 non podo ir ás reunións Umunna, 549 00:27:04,240 --> 00:27:05,976 non podo ter unha opinión. 550 00:27:06,000 --> 00:27:07,280 Porque son muller. 551 00:27:08,080 --> 00:27:10,176 A cultura non fai á xente, 552 00:27:10,200 --> 00:27:11,700 a xente fai a cultura. 553 00:27:12,920 --> 00:27:14,696 Así que, si é certo... 554 00:27:14,720 --> 00:27:18,216 (Aplausos) 555 00:27:18,240 --> 00:27:19,856 Así que, si é certo que, 556 00:27:19,880 --> 00:27:22,776 a parte feminina da humanidade non é a nosa cultura, 557 00:27:22,800 --> 00:27:24,940 entón temos que facer que sexa a nosa cultura. 558 00:27:26,040 --> 00:27:31,656 Penso a miúdo no meu querido amigo, Okoloma Maduewesi. 559 00:27:31,680 --> 00:27:35,656 Que el e tódolos que morreron nese accidente de Sosoliso 560 00:27:35,680 --> 00:27:37,160 sigan descansando en paz. 561 00:27:38,400 --> 00:27:41,480 El sempre será recordado por aqueles que o amábamos. 562 00:27:42,880 --> 00:27:47,376 E tiña razón ese día, fai moitos anos, cando me chamou feminista. 563 00:27:47,400 --> 00:27:48,760 Eu son feminista. 564 00:27:49,400 --> 00:27:52,096 E cando busquei a palabra no dicionario ese día, 565 00:27:52,120 --> 00:27:53,376 isto é o que dicía: 566 00:27:53,400 --> 00:27:56,776 "Feminista: Persoa que cree na igualdade social, política 567 00:27:56,800 --> 00:28:00,496 e económica dos sexos". 568 00:28:00,520 --> 00:28:03,456 A miña bisavoa, segundo as historias que oín, 569 00:28:03,480 --> 00:28:05,056 era unha feminista. 570 00:28:05,080 --> 00:28:08,440 Ela escapou da casa do home con quen non quería casar 571 00:28:08,440 --> 00:28:10,560 e terminou casando cun home que escolleu ela. 572 00:28:11,160 --> 00:28:14,136 Ela negouse, ela protestou, ela tomou a palabra 573 00:28:14,160 --> 00:28:19,456 sempre que sentia que estaba a ser privada de algo, da terra, dese tipo de cousas. 574 00:28:19,480 --> 00:28:22,760 A miña bisavoa non coñecía a palabra "feminista" 575 00:28:22,760 --> 00:28:24,850 pero iso non quere dicir que ela non o fora. 576 00:28:26,200 --> 00:28:28,560 A maioría de nós deberíamos recuperar esa palabra. 577 00:28:30,040 --> 00:28:32,520 A miña propia definición de feminista é: 578 00:28:33,080 --> 00:28:35,576 "Feminista é un home o unha muller 579 00:28:35,600 --> 00:28:36,800 que di, 580 00:28:37,480 --> 00:28:40,616 (Risas) 581 00:28:40,640 --> 00:28:44,400 (Aplausos) 582 00:28:46,600 --> 00:28:49,856 Feminista é un home o unha muller que di, 583 00:28:49,880 --> 00:28:53,176 "Si, temos un problema có xénero hoxe, 584 00:28:53,200 --> 00:28:54,496 e temos que solucionalo. 585 00:28:54,520 --> 00:28:56,240 Debemos facelo mellor ". 586 00:28:57,960 --> 00:29:00,016 O mellor feminista que eu coñezo 587 00:29:00,040 --> 00:29:01,360 é o meu irmán Kene. 588 00:29:02,920 --> 00:29:06,816 El tamén é un tipo ben parecido, un home encantador, 589 00:29:06,840 --> 00:29:08,600 e el é moi masculino. 590 00:29:09,320 --> 00:29:10,536 Grazas. 591 00:29:10,560 --> 00:29:14,840 (Aplausos)