Comezamos Universal Subtitles porque cremos
que todos os vídeos da Web deberían ter subtítulos
Millóns de persoas xordas e con dificultades auditivas requiren subtítulos para acceder ao vídeo.
Os autores de vídeos e os sitios web deberían de preocuparse destes asuntos tamén.
Os subtítulos danlles acceso a unha audiencia máis ampla e tamén obteñen mellores posicións nos buscadores.
Universal Subtitles fai incribelmente doado engadir subtítulos a case calquera vídeo.
Tome un vídeo existente na Web, envíe o URL ao noso sitio
e logo escriba o diálogo para crear os subtítulos
Despois diso, axuste cun toque de teclado para sincronizalos co vídeo.
E xa está feito— dámoslle un código para incorporar o vídeo
de modo que poida poñer en calquera sitio web
desde ese momento, os espectadores poderán usar os subtítulos e tamén poderán
colaborar coas traducións.
Somos compatíbeis con YouTube, Blip.TV, Ustream e moitos máis.
E ademais, estamos engadindo máis servizos continuamente
Universal Subtitles funciona coa maioría dos formatos de vídeo máis populares,
tales como MP4, theora, webM e sobre o HTML5.
O noso obxectivo é que todos os vídeos da Web poidan ter subtítulos para que calquera ao que lle interese
o vídeo poida axudar a facelo máis accesíbel.