1 00:00:00,946 --> 00:00:03,340 Que ten de especial o cerebro humano? 2 00:00:03,730 --> 00:00:05,552 Por que estudamos os outros animais 3 00:00:05,552 --> 00:00:07,302 mais eles non nos estudan a nós? 4 00:00:07,922 --> 00:00:09,471 Que ten ou fai o cerebro humano 5 00:00:09,471 --> 00:00:11,064 que non fai nin ten ningún outro? 6 00:00:11,084 --> 00:00:14,052 Cando comecei a interesarme nestas cuestións hai uns 10 anos, 7 00:00:14,052 --> 00:00:16,994 os científicos crían saber de que estaban feitos os cerebros. 8 00:00:17,024 --> 00:00:18,863 Malia basearse en pequenas evidencias, 9 00:00:18,863 --> 00:00:21,860 moitos científicos crían que todos os cerebros de mamíferos, 10 00:00:21,860 --> 00:00:23,235 incluíndo o cerebro humano, 11 00:00:23,235 --> 00:00:24,265 estaban feitos igual, 12 00:00:24,265 --> 00:00:25,707 cun número de neuronas que era 13 00:00:25,707 --> 00:00:27,668 sempre proporcional ao tamaño do cerebro. 14 00:00:28,118 --> 00:00:30,464 Isto significa que dous cerebros do mesmo tamaño, 15 00:00:30,464 --> 00:00:32,801 como estes dous, cos seus 400 gramos, 16 00:00:33,292 --> 00:00:35,596 deberían ter un número semellante de neuronas. 17 00:00:36,504 --> 00:00:38,800 Pero se as neuronas son as unidades funcionais 18 00:00:38,800 --> 00:00:40,933 de procesamento de información do cerebro, 19 00:00:40,933 --> 00:00:42,295 os donos deses dous cerebros 20 00:00:42,295 --> 00:00:44,644 deberían ter habilidades cognitivas semellantes. 21 00:00:45,164 --> 00:00:47,213 E porén, un é un chimpancé, 22 00:00:47,213 --> 00:00:49,478 e o outro é unha vaca. 23 00:00:49,850 --> 00:00:53,902 Ben, é posible que as vacas teñan unha vizosa vida interior 24 00:00:53,902 --> 00:00:55,125 e sexan tan intelixentes 25 00:00:55,125 --> 00:00:57,670 que prefiren que non nos deamos de conta, 26 00:00:58,539 --> 00:00:59,543 pero comémolas. 27 00:00:59,713 --> 00:01:01,482 Penso que a maioría estará de acordo 28 00:01:01,482 --> 00:01:02,963 en que os chimpancés poden ter 29 00:01:02,963 --> 00:01:06,469 un comportamento moito máis complexo, elaborado e flexible ca unha vaca. 30 00:01:06,799 --> 00:01:08,671 Este é un primeiro indicio de que 31 00:01:08,701 --> 00:01:11,034 "todos os cerebros están feitos da mesma maneira" 32 00:01:11,034 --> 00:01:12,105 non é exactamente así. 33 00:01:12,105 --> 00:01:13,251 Pero sigamos. 34 00:01:13,331 --> 00:01:15,899 Se todos os cerebros estivesen feitos da mesma maneira 35 00:01:15,899 --> 00:01:18,701 e comparásemos animais con cerebros de tamaños diferentes, 36 00:01:18,701 --> 00:01:20,743 os máis grandes deberían ter máis neuronas 37 00:01:20,743 --> 00:01:23,406 cós máis pequenos, e canto maior for o cerebro, 38 00:01:23,406 --> 00:01:25,668 máis habilidades cognitivas debería ter o dono. 39 00:01:25,998 --> 00:01:28,204 Así que o cerebro máis grande debería ser tamén 40 00:01:28,204 --> 00:01:29,926 o de maior capacidade cognitiva. 41 00:01:30,093 --> 00:01:31,570 E aquí veñen as malas noticias: 42 00:01:31,674 --> 00:01:34,233 O noso cerebro non é o máis grande. 43 00:01:34,431 --> 00:01:35,986 Resulta un pouco desacougante. 44 00:01:35,986 --> 00:01:38,721 O noso cerebro pesa entre 1,2 e 1,5 kg, 45 00:01:38,721 --> 00:01:42,208 pero o cerebro dun elefante pesa entre 4 e 5 kg 46 00:01:42,278 --> 00:01:44,548 e o das baleas pode pesar ata 9 kg, 47 00:01:45,003 --> 00:01:49,641 é por isto que os científicos, para explicar as nosas habilidades cognitivas, 48 00:01:49,641 --> 00:01:51,248 acababan por dicir 49 00:01:51,248 --> 00:01:54,200 que o noso cerebro tiña que ser especial. 50 00:01:54,740 --> 00:01:57,326 Tiña que ser extraordinario de verdade, 51 00:01:57,326 --> 00:01:59,058 unha excepción á regra. 52 00:01:59,303 --> 00:02:02,529 O deles pode ser maior pero o noso é mellor, 53 00:02:02,679 --> 00:02:04,584 e podería ser mellor, por exemplo, 54 00:02:04,584 --> 00:02:06,715 porque parece maior do que debería ser, 55 00:02:06,715 --> 00:02:09,213 cun córtex cerebral moito maior do que deberiamos ter 56 00:02:09,213 --> 00:02:10,842 para o tamaño dos nosos corpos. 57 00:02:11,032 --> 00:02:12,404 Iso daríanos córtex extra 58 00:02:12,404 --> 00:02:15,364 para facer cousas máis interesantes amais de manexar o corpo. 59 00:02:15,494 --> 00:02:17,043 Iso é porque o tamaño do cerebro 60 00:02:17,043 --> 00:02:19,306 normalmente está relacionado co tamaño do corpo. 61 00:02:19,676 --> 00:02:21,693 Así que a principal razón para dicir que 62 00:02:21,693 --> 00:02:23,780 o noso cerebro é maior do que debería ser 63 00:02:23,780 --> 00:02:25,552 vén en realidade de comparármonos 64 00:02:25,552 --> 00:02:26,835 cos grandes simios. 65 00:02:27,178 --> 00:02:30,012 Os gorilas poden ser de dúas a tres veces meirandes ca nós, 66 00:02:30,012 --> 00:02:33,023 así que os seus cerebros deberían ser tamén meirandes cós nosos, 67 00:02:33,023 --> 00:02:33,978 pero é ao revés. 68 00:02:34,038 --> 00:02:37,043 O noso cerebro é tres veces máis grande có cerebro dun gorila. 69 00:02:37,933 --> 00:02:39,823 O cerebro humano tamén semella especial 70 00:02:39,823 --> 00:02:41,390 na cantidade de enerxía que usa. 71 00:02:41,500 --> 00:02:44,249 Aínda que só pesa o 2 % do corpo, 72 00:02:44,249 --> 00:02:47,692 usa o 25 % de toda a enerxía 73 00:02:47,692 --> 00:02:50,155 que o corpo require para funcionar cada día. 74 00:02:50,155 --> 00:02:53,508 Iso son 500 calorías dun total de 2000 calorías, 75 00:02:53,508 --> 00:02:55,543 só para manter o cerebro funcionando. 76 00:02:56,323 --> 00:02:59,071 Entón, o cerebro humano é máis grande do que debería, 77 00:02:59,071 --> 00:03:00,867 usa moita máis enerxía do que debería 78 00:03:00,867 --> 00:03:02,155 e, polo tanto, é especial. 79 00:03:02,495 --> 00:03:04,696 E aquí é onde a historia empezou a intrigarme. 80 00:03:04,896 --> 00:03:06,567 En bioloxía buscamos regras 81 00:03:06,567 --> 00:03:09,413 que se apliquen a todos os animais e á vida en xeral. 82 00:03:09,413 --> 00:03:11,263 Por que as regras da evolución 83 00:03:11,263 --> 00:03:14,395 se ían aplicar a todo o mundo menos a nós? 84 00:03:14,715 --> 00:03:16,732 Quizais o problema era a asunción básica 85 00:03:16,732 --> 00:03:18,783 de todos os cerebros estaren feitos igual. 86 00:03:19,003 --> 00:03:21,052 Quizais dous cerebros de tamaño similar 87 00:03:21,052 --> 00:03:23,363 poden ter un número moi diferente de neuronas. 88 00:03:23,363 --> 00:03:24,820 Quizais un cerebro moi grande 89 00:03:24,820 --> 00:03:26,610 non ten por que ter máis neuronas 90 00:03:26,610 --> 00:03:28,641 ca un cerebro de tamaño máis modesto. 91 00:03:28,831 --> 00:03:32,250 Quizais o cerebro humano ten máis neuronas ca calquera outro cerebro 92 00:03:32,250 --> 00:03:34,413 a pesar do seu tamaño, 93 00:03:34,413 --> 00:03:36,337 especialmente no córtex cerebral. 94 00:03:36,507 --> 00:03:38,209 Así que para min, isto converteuse 95 00:03:38,209 --> 00:03:39,888 na pregunta que había que resolver: 96 00:03:40,228 --> 00:03:42,188 Cantas neuronas ten o cerebro humano, 97 00:03:42,188 --> 00:03:44,380 e como se compara co doutros animais? 98 00:03:44,710 --> 00:03:47,133 Ben, seguramente escoitastes ou lestes 99 00:03:47,133 --> 00:03:49,014 que temos 100 mil millóns de neuronas, 100 00:03:49,014 --> 00:03:51,440 así que hai 10 anos, pregunteilles aos meus colegas 101 00:03:51,440 --> 00:03:53,169 se sabían de onde saíra este número. 102 00:03:53,609 --> 00:03:54,627 Pero ninguén o sabía. 103 00:03:54,727 --> 00:03:56,460 Estiven investigando na literatura 104 00:03:56,460 --> 00:03:58,138 a referencia orixinal deste número, 105 00:03:58,138 --> 00:03:59,781 e nunca cheguei a atopala. 106 00:03:59,921 --> 00:04:02,660 Semella que ninguén chegou a contar 107 00:04:02,660 --> 00:04:04,534 o número de neuronas do cerebro humano 108 00:04:04,534 --> 00:04:06,473 ou de ningún outro, para o caso. 109 00:04:07,213 --> 00:04:10,228 Así que inventei o meu propio xeito de contar células no cerebro 110 00:04:10,228 --> 00:04:12,394 e esencialmente consiste en 111 00:04:12,394 --> 00:04:14,634 disolver ese cerebro en sopa. 112 00:04:15,581 --> 00:04:17,279 Funciona así: 113 00:04:18,078 --> 00:04:21,035 Cóllese un cerebro, ou partes del, 114 00:04:21,035 --> 00:04:22,489 e disólvese en deterxente, 115 00:04:22,489 --> 00:04:24,218 que destrúe as membranas das células 116 00:04:24,218 --> 00:04:26,434 pero mantén o núcleo celular intacto, 117 00:04:26,434 --> 00:04:29,574 e o resultado é unha suspensión de núcleos soltos 118 00:04:29,574 --> 00:04:31,234 que se parece a isto, 119 00:04:31,355 --> 00:04:32,476 unha sopa clara. 120 00:04:32,628 --> 00:04:34,519 Esta sopa contén todos os núcleos 121 00:04:34,519 --> 00:04:36,613 que un día compuxeron o cerebro dun rato. 122 00:04:36,883 --> 00:04:39,603 Agora ben, a beleza dunha sopa é que ao ser sopa 123 00:04:39,603 --> 00:04:42,501 pódese abanear e facer que eses núcleos 124 00:04:42,501 --> 00:04:44,472 se distribúan no líquido homoxeneamente, 125 00:04:44,472 --> 00:04:46,573 así que agora ao mirar debaixo do microscopio 126 00:04:46,573 --> 00:04:50,536 catro ou cinco mostras desta solución homoxénea 127 00:04:50,536 --> 00:04:53,072 pódense contar núcleos e dese xeito dicir 128 00:04:53,072 --> 00:04:54,851 cantas células tiña ese cerebro. 129 00:04:55,161 --> 00:04:56,376 É simple, é sinxelo, 130 00:04:56,376 --> 00:04:57,672 e é moi rápido. 131 00:04:57,810 --> 00:04:59,987 Así que usamos ese método para contar neuronas 132 00:04:59,987 --> 00:05:02,118 en ducias de especies diferentes 133 00:05:02,118 --> 00:05:03,807 e resulta que os cerebros 134 00:05:03,807 --> 00:05:06,022 non están todos feitos do mesmo xeito. 135 00:05:06,399 --> 00:05:08,706 Collamos os roedores e os primates, por exemplo. 136 00:05:08,826 --> 00:05:11,100 Nos cerebros de roedores grandes, o tamaño medio 137 00:05:11,100 --> 00:05:12,546 das neuronas increméntase, 138 00:05:12,546 --> 00:05:15,145 así que o cerebro medra rapidamente 139 00:05:15,145 --> 00:05:17,992 e gaña tamaño moito máis rápido do que gaña neuronas. 140 00:05:18,580 --> 00:05:20,643 Pero os cerebros dos primates gañan neuronas 141 00:05:20,643 --> 00:05:22,472 sen que o tamaño medio destas aumente, 142 00:05:22,472 --> 00:05:23,997 o que é un xeito moi económico 143 00:05:23,997 --> 00:05:25,650 de engadir neuronas ao cerebro. 144 00:05:25,650 --> 00:05:27,584 O resultado é que o cerebro dun primate 145 00:05:27,584 --> 00:05:30,821 sempre terá máis neuronas có cerebro dun roedor do mesmo tamaño, 146 00:05:30,821 --> 00:05:32,334 e canto maior for o cerebro, 147 00:05:32,334 --> 00:05:33,909 maior será esta diferenza. 148 00:05:34,278 --> 00:05:36,381 Ben, entón que pasa co noso cerebro? 149 00:05:36,381 --> 00:05:38,065 Resulta que temos, de media, 150 00:05:38,065 --> 00:05:39,850 86 mil millóns de neuronas, 151 00:05:39,850 --> 00:05:42,597 e destas, 16 mil millóns están no córtex cerebral. 152 00:05:43,279 --> 00:05:45,510 Se se considera que o córtex cerebral 153 00:05:45,510 --> 00:05:49,184 é a sede de funcións como a consciencia 154 00:05:49,184 --> 00:05:51,161 e o razoamento lóxico e abstracto, 155 00:05:51,161 --> 00:05:54,595 e que 16 mil millóns é o máximo de neuronas 156 00:05:54,595 --> 00:05:56,276 que ten un córtex, 157 00:05:56,656 --> 00:05:58,754 penso que esta é a explicación máis simple 158 00:05:58,754 --> 00:06:01,355 para as nosas extraordinarias habilidades cognitivas. 159 00:06:01,616 --> 00:06:04,847 Pero tan importante é o que significan os 86 mil millóns de neuronas. 160 00:06:04,847 --> 00:06:06,566 Porque descubrimos que a relación 161 00:06:06,566 --> 00:06:08,968 entre o tamaño do cerebro e o número de neuronas 162 00:06:08,968 --> 00:06:10,865 poderíase describir matematicamente, 163 00:06:10,865 --> 00:06:13,323 poderiamos calcular como sería un cerebro humano 164 00:06:13,323 --> 00:06:14,985 se fose como o cerebro dun roedor. 165 00:06:15,977 --> 00:06:19,161 Así que o cerebro dun roedor con 86 mil millóns de neuronas 166 00:06:20,481 --> 00:06:21,691 pesaría 36 kg. 167 00:06:22,992 --> 00:06:23,925 Isto non é posible. 168 00:06:23,925 --> 00:06:25,821 Un cerebro tan enorme acabaría esmagado 169 00:06:25,821 --> 00:06:26,865 polo seu propio peso. 170 00:06:27,005 --> 00:06:29,192 E a este cerebro imposible corresponderíalle 171 00:06:29,192 --> 00:06:31,093 un corpo de 89 toneladas. 172 00:06:32,023 --> 00:06:33,830 Non creo que se pareza a nós. 173 00:06:34,157 --> 00:06:37,030 Así que isto xa nos leva a unha conclusión moi importante: 174 00:06:37,030 --> 00:06:39,142 nós non somos roedores. 175 00:06:39,357 --> 00:06:42,310 O cerebro humano non é o cerebro dunha rata grande. 176 00:06:42,855 --> 00:06:45,553 Comparados cunha rata, poderiamos parecer especiais, si, 177 00:06:45,553 --> 00:06:47,603 pero non é unha comparación moi xusta, 178 00:06:47,603 --> 00:06:49,562 dado que sabemos que non somos roedores. 179 00:06:49,662 --> 00:06:50,952 Somos primates, 180 00:06:50,952 --> 00:06:53,636 así que a comparación correcta é con outros primates. 181 00:06:53,726 --> 00:06:54,953 E aí, se se fan a contas, 182 00:06:54,953 --> 00:06:57,739 resulta que un primate normal 183 00:06:57,739 --> 00:06:59,669 con 86 mil millóns de neuronas 184 00:06:59,669 --> 00:07:02,672 tería un cerebro de case 1,2 kg 185 00:07:02,672 --> 00:07:04,561 que encaixa perfectamente 186 00:07:04,561 --> 00:07:06,533 nun corpo duns 66 quilos, 187 00:07:06,533 --> 00:07:08,971 que no meu caso é exactamente ese. 188 00:07:09,178 --> 00:07:11,798 Isto lévanos a unha conclusión que non sorprende moito 189 00:07:11,798 --> 00:07:14,767 pero que é moi importante: 190 00:07:14,767 --> 00:07:16,428 Son un primate. 191 00:07:16,428 --> 00:07:18,542 E todos vós sodes primates. 192 00:07:18,936 --> 00:07:20,474 E Darwin tamén o era. 193 00:07:20,706 --> 00:07:23,467 Encántame pensar que Darwin apreciaría moito isto. 194 00:07:23,646 --> 00:07:25,429 O seu cerebro, coma o noso, 195 00:07:25,613 --> 00:07:28,621 estaba feito á imaxe do cerebro doutros primates. 196 00:07:29,124 --> 00:07:31,706 Así que o cerebro humano pode ser extraordinario, si, 197 00:07:31,706 --> 00:07:34,207 pero non é especial no número de neuronas que ten. 198 00:07:34,207 --> 00:07:36,062 É só un cerebro de primate grande. 199 00:07:36,452 --> 00:07:39,106 Penso que ese é un pensamento moi humilde e realista 200 00:07:39,106 --> 00:07:41,673 que nos debería lembrar o noso lugar na natureza. 201 00:07:42,679 --> 00:07:44,693 Por que precisa tanta enerxía, entón? 202 00:07:44,813 --> 00:07:46,360 Ben, outros descubriron 203 00:07:46,360 --> 00:07:47,503 canta enerxía gasta 204 00:07:47,503 --> 00:07:49,350 o cerebro humano e o doutras especies, 205 00:07:49,350 --> 00:07:51,022 e agora que sabemos cantas neuronas 206 00:07:51,022 --> 00:07:53,164 ten cada cerebro, podemos sacar conclusións. 207 00:07:53,484 --> 00:07:55,690 E resulta que tanto o cerebro humano 208 00:07:55,690 --> 00:07:57,853 coma outros cerebros gastan o mesmo, 209 00:07:57,853 --> 00:08:01,274 unha media de seis calorías por cada mil millóns de neuronas por día. 210 00:08:01,514 --> 00:08:03,613 Así que o custo total de enerxía dun cerebro 211 00:08:03,613 --> 00:08:05,447 é unha función simple, lineal, 212 00:08:05,447 --> 00:08:07,156 do seu número de neuronas, 213 00:08:07,156 --> 00:08:09,339 e resulta que o cerebro humano 214 00:08:09,339 --> 00:08:12,791 gasta tanta enerxía como poderiamos agardar. 215 00:08:13,180 --> 00:08:15,271 Así que a razón pola que o cerebro humano 216 00:08:15,271 --> 00:08:17,303 gasta tanta enerxía é simplemente porque 217 00:08:17,303 --> 00:08:18,926 ten un número enorme de neuronas, 218 00:08:18,926 --> 00:08:20,411 e porque somos primates 219 00:08:20,411 --> 00:08:23,290 con moitas máis neuronas para unha masa corporal determinada 220 00:08:23,290 --> 00:08:24,502 ca calquera outro animal. 221 00:08:24,502 --> 00:08:27,572 O custo relativo do noso cerebro é grande 222 00:08:27,972 --> 00:08:30,714 pero só porque somos primates, non por sermos especiais. 223 00:08:30,973 --> 00:08:32,323 Unha última cuestión, entón: 224 00:08:32,323 --> 00:08:35,458 como chegamos a este extraordinario número de neuronas? 225 00:08:35,458 --> 00:08:37,558 E, en particular, se os grandes primates 226 00:08:37,558 --> 00:08:38,733 son máis grandes ca nós, 227 00:08:38,733 --> 00:08:42,321 por que non teñen un cerebro máis grande có noso con máis neuronas? 228 00:08:42,498 --> 00:08:44,588 Cando nos demos de conta do que custa 229 00:08:44,588 --> 00:08:46,201 ter tantas neuronas no cerebro, 230 00:08:46,201 --> 00:08:49,014 pensei: talvez hai unha razón simple. 231 00:08:49,014 --> 00:08:50,817 Eles non poden permitirse a enerxía 232 00:08:50,817 --> 00:08:53,487 para un corpo grande e un gran número de neuronas. 233 00:08:53,557 --> 00:08:54,706 Así que fixemos contas. 234 00:08:54,986 --> 00:08:56,586 Por unha parte, calculamos 235 00:08:56,586 --> 00:08:58,527 canta enerxía consegue ao día un primate 236 00:08:58,527 --> 00:08:59,967 comendo alimentos crus 237 00:09:00,057 --> 00:09:01,914 e, por outra parte, canta enerxía 238 00:09:01,914 --> 00:09:03,808 precisa un corpo dun determinado tamaño 239 00:09:03,808 --> 00:09:07,182 e canta enerxía precisa un cerebro dun determinado número de neuronas, 240 00:09:07,182 --> 00:09:08,554 e buscamos as combinacións 241 00:09:08,554 --> 00:09:10,835 de tamaño de corpo e número de neuronas 242 00:09:10,835 --> 00:09:12,445 que un primate podería permitirse 243 00:09:12,445 --> 00:09:14,783 se comese durante certo número de horas por día. 244 00:09:15,273 --> 00:09:16,279 E descubrimos que, 245 00:09:16,279 --> 00:09:18,311 como as neuronas precisan tanta enerxía, 246 00:09:18,311 --> 00:09:21,681 hai unha compensación entre o tamaño do corpo e o número de neuronas. 247 00:09:22,151 --> 00:09:24,632 Así que un primate que come oito horas cada día 248 00:09:24,632 --> 00:09:27,656 pode ter como moito 53 mil millóns de neuronas 249 00:09:27,656 --> 00:09:29,383 pero entón o seu corpo non pode 250 00:09:29,383 --> 00:09:31,205 superar os 25 kg. 251 00:09:31,597 --> 00:09:33,038 Para pesar algo máis, 252 00:09:33,038 --> 00:09:34,807 ten que renunciar a neuronas. 253 00:09:35,227 --> 00:09:37,460 Así que ou se ten un corpo grande 254 00:09:37,460 --> 00:09:38,955 ou un número alto de neuronas. 255 00:09:38,955 --> 00:09:40,320 Se comes coma un primate 256 00:09:40,320 --> 00:09:42,214 non podes ter as dúas cousas. 257 00:09:42,556 --> 00:09:44,910 Unha forma de superar esta limitación metabólica 258 00:09:44,910 --> 00:09:47,921 sería pasar aínda máis horas comendo cada día. 259 00:09:47,921 --> 00:09:49,284 pero iso é perigoso 260 00:09:49,284 --> 00:09:51,793 e, pasado certo punto, non é posible. 261 00:09:52,003 --> 00:09:53,920 Os gorilas e os orangutáns, por exemplo, 262 00:09:53,920 --> 00:09:56,313 poden permitirse uns 30 mil millóns de neuronas 263 00:09:56,313 --> 00:09:58,639 botando oito horas e media comendo cada día, 264 00:09:58,639 --> 00:10:01,405 e isto é o máximo ao que poden chegar. 265 00:10:01,545 --> 00:10:03,336 Nove horas comendo ao día 266 00:10:03,336 --> 00:10:06,117 parece ser o límite práctico para un primate. 267 00:10:07,107 --> 00:10:08,168 Que hai de nós? 268 00:10:08,398 --> 00:10:10,268 Cos nosos 86 mil millóns de neuronas 269 00:10:10,268 --> 00:10:13,033 e 60 ou 70 kg de masa corporal, 270 00:10:13,033 --> 00:10:16,594 deberiamos ter que pasar unhas nove horas 271 00:10:16,594 --> 00:10:19,699 comendo cada día, 272 00:10:20,169 --> 00:10:21,828 o que non é factible. 273 00:10:22,388 --> 00:10:24,042 Se comésemos coma un primate, 274 00:10:24,042 --> 00:10:25,624 non estariamos aquí. 275 00:10:26,895 --> 00:10:28,322 Daquela, como chegamos aquí? 276 00:10:28,422 --> 00:10:31,157 Ben, se o noso cerebro gasta toda a enerxía 277 00:10:31,157 --> 00:10:32,880 que se supón, e se non podemos pasar 278 00:10:32,880 --> 00:10:36,554 todo o día comendo, 279 00:10:36,554 --> 00:10:38,465 entón a única alternativa, 280 00:10:38,465 --> 00:10:40,423 e conseguir, dalgún xeito, máis enerxía 281 00:10:40,423 --> 00:10:41,793 da mesma comida. 282 00:10:43,816 --> 00:10:46,176 E, sorprendentemente, iso encaixa 283 00:10:46,176 --> 00:10:49,213 co que se supón que inventaron os nosos devanceiros 284 00:10:49,213 --> 00:10:51,052 hai un millón e medio de anos, 285 00:10:51,052 --> 00:10:53,234 ao inventaren a cociña. 286 00:10:53,834 --> 00:10:55,804 Cociñar é usar o lume 287 00:10:55,804 --> 00:10:59,399 para predixerir alimentos fóra do noso corpo. 288 00:10:59,534 --> 00:11:03,220 Os alimentos cociñados son máis brandos e, por tanto, máis fáciles de mastigar 289 00:11:03,220 --> 00:11:04,712 e de converter en papa na boca, 290 00:11:04,773 --> 00:11:06,925 isto permítenos dixerilos completamente 291 00:11:06,925 --> 00:11:08,361 e absorbelos no intestino, 292 00:11:08,361 --> 00:11:12,016 o que fai que desprendan moita máis enerxía en moito menos tempo. 293 00:11:12,016 --> 00:11:14,505 Así que cociñar dános tempo libre para facermos 294 00:11:14,505 --> 00:11:16,567 cousas máis interesantes co noso día 295 00:11:16,567 --> 00:11:18,047 e coas nosas neuronas 296 00:11:18,047 --> 00:11:19,952 que pensar só en comer, 297 00:11:19,952 --> 00:11:21,656 buscando comida e engulindo 298 00:11:21,656 --> 00:11:22,690 todo o día. 299 00:11:22,881 --> 00:11:25,380 Grazas á cociña, o que unha vez foi 300 00:11:25,380 --> 00:11:27,733 unha carga pesada, este cerebro enorme 301 00:11:27,733 --> 00:11:30,766 e perigosamente custoso cun montón de neuronas, 302 00:11:30,766 --> 00:11:32,802 puido converterse nun gran recurso, 303 00:11:32,802 --> 00:11:36,053 ao poder permitírmonos a enerxía para moitas neuronas 304 00:11:36,056 --> 00:11:38,462 e o tempo para facer cousas interesantes con elas. 305 00:11:38,559 --> 00:11:41,283 Así que penso que isto explica por que o cerebro humano 306 00:11:41,283 --> 00:11:44,133 evolucionou tanto e tan rápido, 307 00:11:44,133 --> 00:11:47,033 mentres seguía sendo só un cerebro de primate. 308 00:11:47,670 --> 00:11:50,894 Con este cerebro enorme que nos podiamos permitir grazas á cociña, 309 00:11:50,894 --> 00:11:53,097 pasamos rapidamente da comida crúa á cultura, 310 00:11:53,097 --> 00:11:55,963 agricultura, civilización, tendas, 311 00:11:55,963 --> 00:11:57,588 electricidade, refrixeradores, 312 00:11:57,588 --> 00:11:59,195 todas esas cousas que agora 313 00:11:59,195 --> 00:12:01,237 nos permiten conseguir a enerxía precisa 314 00:12:01,237 --> 00:12:04,019 para o día enteiro mentres sentamos 315 00:12:04,019 --> 00:12:05,879 no noso bar preferido de comida rápida. 316 00:12:05,979 --> 00:12:06,973 (Risos) 317 00:12:06,973 --> 00:12:09,410 Así que o que unha vez foi a solución 318 00:12:09,410 --> 00:12:11,109 agora convértese no problema, 319 00:12:11,109 --> 00:12:15,888 e, ironicamente, buscamos a solución na comida crúa. 320 00:12:17,076 --> 00:12:18,722 Así que cal é a vantaxe humana? 321 00:12:19,712 --> 00:12:20,685 Que é iso que temos 322 00:12:20,685 --> 00:12:22,808 que ningún outro animal ten? 323 00:12:23,220 --> 00:12:25,568 A miña resposta é que temos o maior número 324 00:12:25,568 --> 00:12:27,040 de neuronas no córtex cerebral 325 00:12:27,040 --> 00:12:28,904 e creo que é a explicación máis sinxela 326 00:12:28,904 --> 00:12:31,447 para as nosas extraordinarias habilidades cognitivas. 327 00:12:31,527 --> 00:12:34,124 E que facemos nós que ningún outro animal fai 328 00:12:34,124 --> 00:12:36,093 e que penso que é fundamental 329 00:12:36,093 --> 00:12:39,176 para permitirnos acadar ese número 330 00:12:39,176 --> 00:12:41,248 tan grande de neuronas no córtex? 331 00:12:41,618 --> 00:12:43,372 En dúas palabras, nós cociñamos. 332 00:12:43,613 --> 00:12:46,992 Ningún outro animal cociña. Só o fan os humanos. 333 00:12:47,179 --> 00:12:49,711 E penso que é así como chegamos a ser humanos. 334 00:12:50,049 --> 00:12:53,179 Estudando o cerebro humano cambiou a miña forma de ver a comida. 335 00:12:53,179 --> 00:12:54,484 Eu agora miro a miña cociña 336 00:12:54,504 --> 00:12:55,624 e inclínome perante ela 337 00:12:55,624 --> 00:12:57,779 e doulles grazas aos meus devanceiros por dar 338 00:12:57,779 --> 00:12:59,979 co invento que probablemente nos fixo humanos. 339 00:12:59,979 --> 00:13:01,281 Moitas grazas. 340 00:13:02,071 --> 00:13:05,104 (Aplausos )