Meu fillo naceu en Xaneiro de 2020,
pouco antes do illamento de París.
Nunca tivo medo da xente
que levaba máscaras,
porque iso é todo o que coñece.
Miña filla de tres anos sabe como dicir
"gel hydro-alcoolique".
A palabra en francés para dicir
xel hidroalcólico.
De feito, pronúnciao mellor ca min.
Pero ninguén quere levar unha máscara
ou ter que lavar as máns
cada 20 segundos con xel desinfectante
Estamos desesperados mirando cara o I+D
para que encontren unha solución por nós:
a vacina.
É interesante como, nas nosas cabezas,
seguimos a pensar no desenvolvemento
da vacina como se fose o Santo Graal.
Pero hai un par de atallos
que me gustaría descifrar.
Non son doutora,
son unha simple consultora.
A miña clientela céntrase en
asistencia médica,
empresas biofarmacéuticas, provedoras,
institucións globais de saúde,
e elas educáronme a min.
Precisamos atopar a ferramentas
para combater a COVID,
e precisamos facelas accesíbeis
a todos e todas.
Primeiro, unha soa vacina
non nos vai sacar desta.
O que precisamos é un arsenal
de ferramentas.
Precisamos vacinas, precisamos terapeutas,
precisamos diagnoses
para estar seguros de que podemos prever,
identificar e tratar os casos de COVID
en diferentes poboacións.
Segundo, non se trata só
de atopar as ferramentas.
Que pensas que pasará
cando unha desas probas médicas
demostre que a ferramenta é efectiva?
Pensas que poderemos ir correndo
á farmacia do lado,
conseguir o produto,
quitarnos as máscaras
e volver a bicarnos con lingua?
Non.
Encontrarmos unha ferramenta eficaz
é só un paso nesta gran loita,
porque hai unha diferenza
entre que exista un produto
e poder acceder a el.
E agora pensarás,
"Oh... quere dicir que outros países
terán que agardar."
Non, non me refiro a iso.
Non é que outros teñan que agardar,
senón calquera de nós.
Se hai algo que nos ensina a COVID
é que pola súa velocidade e magnitude,
está expoñéndonos a todos nós
aos mesmos cambios
e facéndonos probar retos
aos que non estabamos afeitos.
Lembras cando comezou
o illamento na China?
Imaxinábaste que ti tamén
acabarías na mesma situación
semanas despois?
Eu non.
Imos agora ó momento, teórico,
no que xa teñamos a vacina.
Neste caso, o próximo reto
será a subministración
O cálculo actual da comunidade global
é que para o fin de 2021,
ou sexa, máis dun ano despois
do desenvolvemento da vacina,
teremos doses dabondo para
entre un e dous mil millóns
das oito mil millóns de persoas
no planeta.
Así que, quen terá que esperar?
Como pensas que será o acceso
cando a subministración é limitada?
Escenario número un:
deixamos que o mercado actúe por si mesmo,
e aqueles que se poidan pagar máis
ou ser os máis rápidos negociando
poderán acceder de primeiros ao producto.
Non é para nada xusto,
pero é moi posíbel que ocorra.
Escenario número dous:
Podemos poñernos de acordo,
segundo a lóxica da sanidade pública,
en quen accede primeiro ao produto.
Pon que acordamos que o persoal sanitario
sexa o primeiro,
e, despois, os maiores
e, por último, o resto da poboación.
Déixame agora ir un poco máis aló.
Escenario número tres:
os países que demostraron
que poden xestionar ben a pandemia
acceden de primeiro ao produto.
Sería extrapolar un pouco,
mais non é ciencia ficción,
nin moito menos.
Hai algúns anos,
cando a subministración do medicamento
contra a tuberculose escaseaba
implantouse unha comisión extraordinaria
para determinar que países
tiñan unha sanidade forte dabondo
para garantir que os produtos
fosen repartidos de forma axeitada
e que os pacientes seguisen
correctamente o seu tratamento.
E eses países foron os primeiros
en ter acceso.
Ou, escenario número catro:
podémosnos pór de acordo
nunha lei ao chou,
Por exemplo, que a xente sexa vacinada
polo seu aniversario.
Agora déixame preguntarche:
Como che fai sentir pensar nun futuro
no que existe unha vacina,
pero no que seguises levando unha máscara
e os teus fillos non puidesen ir á escola
e non puideses ir ao traballo como queiras
por non ter acceso a ese produto?
Cada día que pasase
veríase como inaceptábel, ou?
Mais... sabes que?
Hai moitas enfermidades para as que
temos tratamentos e, incluso, curas,
e, aínda así, seguen afectando a xente
que morre cada ano dela.
Poñamos por caso a tuberculose:
10 millóns de persoas infectadas cada ano,
1,5 millóns de persoas mortas,
a pesar de que hai anos
que temos unha cura.
E iso é só porque
aínda non solucionamos
algunhas cuestións fundamentais.
Un acceso equitativo é o máis xusto,
pero máis aló deste argumento humanitario
que, agardo, todos sexamos
máis conscientes
agora que o vivimos na nosa pel,
hai un argumento económico e de saúde
para o acceso equitativo.
O argumento de saúde é que
mentres o virus siga activo nalgures.
todos nós estamos en risco de
volver a enfermar.
O argumento económico é que
debido á interdependencia
das nosas economías,
ningunha economía estatal
pode empezar de novo
se as demais non remontan con ela
Pensa nos sectores
que dependen de mobilidade global,
coma a aeroespacial
ou a de viaxes e turismo.
Pensa nas cadeas de subministración
que abranguen todo o mundo,
como a téxtil ou a automóbil.
Pensa en canto do crecemento económico
provén de mercados emerxentes.
Precisamos de tódolos países
para erradicar a pandemia.
Así que o acceso equitativo
non só é o máis xusto,
é tamén o máis intelixente.
Mais, como o facemos?
Asegurémonos antes que estamos de acordo
en canto a que significa "acceso".
Significaría que o produto existe;
que funciona o suficientemente ben;
que foi aprobado polas autoridades locais;
que nolo podemos permitir;
pero tamén que hai probas
de que funciona en tódala poboación
que o precise,
e iso pode incluír mulleres embarazadas
ou persoas inmunodeprimidas, ou nenos;
que pode ser distribuído
en diferentes situacións,
coma hospitais e clínicas rurais,
ou climas quentes e fríos;
e que podemos producilo
nunha escala correcta.
É unha lista moi longa, seino,
e nunha situación na que
non houbese crise,
combateríamos estas cuestións
unha por unha, por orde,
o que leva moito tempo.
Así que, que facemos?
O acceso está lonxe
de ser un novo desafío,
e no caso da COVID,
teño que dicir que estamos vendo
unha colaboración extraordinaria
de organismos internacionais,
sociedades civís, industrias e outros
para acelerar o proceso:
faccendo funcionar as cousas en paralelo,
alixeirando os procesos reguladores,
deseñando mecanismos de subministración,
garantindo a obtención,
mobilizando recursos, etc.
Mais, o máis probábel é que
teñamos unha situación na que
a vacina precise ser almacenada a,
poñamos por caso,
menos 80 graos Celsius;
ou na que o tratamento
precise ser administrado
por un profesional sanitario
altamente especializado;
ou na que as diagnoses
precisen ser analizadas
por un laboratorio sofisticado.
Que máis podemos facer?
Se levamos máis aló a lóxica
que a comunidade global de saúde
vén defendendo durante anos,
hai unha cousa máis
que penso que pode axudar.
Hai un concepto usado
para o desenvolvemento e fabricación
chamado "deseño por custo".
A idea básica é que
o conversa sobre o manexo do custo
sucede ao mesmo tempo
que o produto está sendo deseñado,
en oposición a que o produto
se deseñe primeiro
e despois se revise para baixar o custo.
É un método simple
que axuda a garantir que
cando se identifique o custo
coma criterio prioritario para un produto,
sexa fixado coma obxectivo
xa o primeiro día.
Agora, no contexto de saúde e acceso,
penso que hai un potencial sen explotar
nun "acceso I+D",
tal e como as fábricas
deseñan por custo.
Isto significaría que,
en vez de desenvolver un produto
e despois traballar para adaptalo
e garantir un acceso equitativo,
todos os puntos
da lista que mencionei antes
serían construídos nun proceso
de I+D dende o comezo,
e isto beneficiaríanos a todos nós.
Poñamos un exemplo.
Se desenvolvemos un produto
pensando nun acceso equitativo,
poderemos optimizalo
para aumentar máis rápido a produción.
Na miña experiencia,
o desenvolvemento de fármacos
céntrase a miúdo en atopar
unha dose que funcione
e, só despois, optmizar a dose
ou facerlle pequenos axustes.
Agora imaxina que estamos a falar
dun produto
para o que o principio activo
é un recurso escaso.
E se, en vez diso, nos enfocásemos
en desenvolver un tratamento
que use a cantidade mínima posíbel
dese principio activo?
Podería axudarnos a producir máis doses.
Poñamos outro exemplo.
Se desenvolvésemos un produto
co acceso equitativo en mente,
poderiamos ser quen de optimizalo
para producilo en masa máis rápidamente.
En países con salarios altos
temos sistemas de saúde
de gran capacidade.
Sempre podemos distribuír
os produtos como queramos.
Damos por descontado
que podemos almacenar os produtos
en ambientes con control de temperatura
ou que contamos co persoal sanitario
cualificado para a súa administración.
Por suposto, o control de temperatura
e o persoal sanitario cualificado
non están dispoñíbeis en todas partes.
Se queremos achegarnos ao I+D
coas limitacións dos sistemas de saúde
máis febles en mente,
podemos poñernos creativos
e desenvolver antes, por exemplo,
produtos aos que non afecte a temperatura
ou produtos que poidamos tomar
tan fácilmente como unha vitamina
ou métodos de longa duración
en vez de pequenas doses periódicas.
Se fósemos capaces de producir
e desenvolver ferramentas tan sinxelas,
tería o beneficio engadido
de causar menos esforzo
nos hospitais e sistemas de sáude
para países con salarios
tanto altos coma baixos.
Dada a velocidade do virus
e a magnitude das secuelas
ás que estamos a facer fronte,
penso que temos que continuar
retándonos a nós mesmos
para atopar a forma máis rápida
de facer produtos
contra a COVID e as futuras pandemias
que sexan accesíbeis a todos.
Dende o meu punto de vista,
a non ser que o virus desapareza,
esta historia acaba de dúas formas.
Ou a balanza inclínase cara un lado:
só uns poucos obtemos acceso ao produto
e a COVID segue sendo unha amenaza
para todos nós;
ou equilibramos a balanza,
todos acadamos acceso
ás armas adecuadas,
e seguimos adiante todos xuntos.
O I+D non pode el só coa COVID,
pero unha xestión innovadora
do I+D pode axudar.
Grazas.