1 00:00:01,083 --> 00:00:03,809 O 12 de Agosto de 2020 2 00:00:03,833 --> 00:00:07,268 dous grupos de rapazas saíron a protestar en Minsk, 3 00:00:07,292 --> 00:00:09,726 a capital de Belarús. 4 00:00:09,750 --> 00:00:11,434 Vestíronse de branco 5 00:00:11,458 --> 00:00:14,000 e saíron descalzas á rúa. 6 00:00:14,833 --> 00:00:16,101 Pola mañá 7 00:00:16,125 --> 00:00:19,601 algunhas foron ó mercado de Komarovskiy, no centro da cidade. 8 00:00:19,625 --> 00:00:20,893 Máis tarde ese mesmo día 9 00:00:20,917 --> 00:00:23,226 as demais reuníronse con flores 10 00:00:23,250 --> 00:00:26,809 baixo a chama eterna do monumento á vitoria. 11 00:00:26,833 --> 00:00:29,143 Ficaron de pé colléndose das máns, 12 00:00:29,167 --> 00:00:32,476 e comezaron a cantar unha canción de berce belarusa, 13 00:00:32,500 --> 00:00:35,333 agardando a que chegasen os coches da policía. 14 00:00:36,333 --> 00:00:40,393 Sabían que a policía as collería tal que así: 15 00:00:40,417 --> 00:00:43,476 descalzas e con flores nas súas máns; 16 00:00:43,500 --> 00:00:46,726 sabían que as levarían á comisaría, 17 00:00:46,750 --> 00:00:50,083 que lles ían bater e que ían tentar vexalas. 18 00:00:50,958 --> 00:00:53,625 E, aínda así, fixérono. 19 00:00:54,542 --> 00:00:57,434 Este ano, algo cambiou en Belarús, 20 00:00:57,458 --> 00:01:00,601 un país con máis de nove millóns de persoas 21 00:01:00,625 --> 00:01:04,958 que tivera no poder un líder autoritario dende 1994. 22 00:01:06,500 --> 00:01:11,268 Estas rapazas protestaban polo resultado das últimas eleccións amañadas, 23 00:01:11,292 --> 00:01:13,750 que tiveran lugar había só uns días. 24 00:01:15,000 --> 00:01:19,643 Os seus pequenos xestos de protesta espalláronse con moita rapidez, 25 00:01:19,667 --> 00:01:23,893 dando lugar a manifestacións masivas, pacíficas e lideradas por mulleres 26 00:01:23,917 --> 00:01:25,375 por todo o país. 27 00:01:26,417 --> 00:01:28,351 Nuns poucos días, 28 00:01:28,375 --> 00:01:31,768 varios centos de milleiros de persoas tomaron a rúa 29 00:01:31,792 --> 00:01:35,559 e as manifestaciós continúan dende entón, 30 00:01:35,583 --> 00:01:39,208 en formas nunca vistas en Belarús. 31 00:01:40,208 --> 00:01:42,726 E todo isto a pesar do feito 32 00:01:42,750 --> 00:01:46,393 de que o presidente se proclamase reelexido por el mesmo 33 00:01:46,417 --> 00:01:50,184 e máis de 10.000 persoas foran detidas, 34 00:01:50,208 --> 00:01:52,059 milleiros torturadas, 35 00:01:52,083 --> 00:01:54,208 e, polo menos, seis asasinadas. 36 00:01:55,417 --> 00:02:00,851 Moitas persoas pregúntanse por que os belarusos están a falar agora. 37 00:02:00,875 --> 00:02:04,476 Que é o que os segue a levar á rúa 38 00:02:04,500 --> 00:02:07,518 a pesar da violencia policial sen precendentes, 39 00:02:07,542 --> 00:02:10,288 a pesar de se atoparen nun Estado sen lei. 40 00:02:10,958 --> 00:02:13,143 A resposta que máis oio 41 00:02:13,167 --> 00:02:15,958 é que a xente perdeu o medo, 42 00:02:17,333 --> 00:02:20,375 e iso é algo que fixemos xuntos. 43 00:02:21,625 --> 00:02:26,101 Porque o medo forma parte de cada quen. 44 00:02:26,125 --> 00:02:28,643 Aliméntase do noso illamento. 45 00:02:28,667 --> 00:02:30,434 Non discrimina: 46 00:02:30,458 --> 00:02:33,434 homes, mulleres, nenos, vellos... 47 00:02:33,458 --> 00:02:35,726 Todos nós podemos sentir medo, 48 00:02:35,750 --> 00:02:39,208 pero soamente mentres esteamos sós. 49 00:02:40,750 --> 00:02:43,101 Fan falta dous para sermos valentes. 50 00:02:43,125 --> 00:02:47,208 E só funciona se e cando, damos a cara os uns polos outros. 51 00:02:48,125 --> 00:02:50,434 Dá a cara para que o teu veciño, 52 00:02:50,458 --> 00:02:53,292 o teu colega ou o teu amigo teña coraxe. 53 00:02:54,167 --> 00:02:56,542 E eles faran o mesmo por ti. 54 00:02:58,333 --> 00:03:02,059 Falouse moito do meu papel nas eleccións á presidencia 55 00:03:02,083 --> 00:03:03,504 de Agosto de 2020. 56 00:03:03,568 --> 00:03:07,049 De como me presentei polo meu home, Sergei, cando foi encarcerado 57 00:03:08,520 --> 00:03:09,305 e quedou claro que as autoridades non lle ían permitir presentarse 58 00:03:13,868 --> 00:03:15,976 de como gañei as eleccións de forma lexítima 59 00:03:16,000 --> 00:03:19,268 e convertinme na líder electa da Belarús democrática, 60 00:03:19,292 --> 00:03:23,059 pero os resultados oficiais déronme só o 10% dos votos 61 00:03:23,083 --> 00:03:26,453 e fun obrigada a exiliarme cos meus fillos; 62 00:03:27,167 --> 00:03:30,143 de como sigo a loitar por aqueles que votaron por min 63 00:03:30,167 --> 00:03:32,867 e aqueles cuxa voz o réxime quere roubar; 64 00:03:33,375 --> 00:03:35,500 do "valente" que son. 65 00:03:36,875 --> 00:03:40,684 Pero houbo moitos momentos nos que tiven medo, 66 00:03:40,708 --> 00:03:43,064 e quixen recuar. 67 00:03:43,208 --> 00:03:44,476 Fun ameazada 68 00:03:44,500 --> 00:03:48,083 e obligada a pensar que estaba soa nesta loita. 69 00:03:49,167 --> 00:03:52,226 E, aínda así, cantas máis cidades visitaba, 70 00:03:52,250 --> 00:03:54,809 canta máis xente había nos mitins, 71 00:03:54,833 --> 00:03:56,978 menos medo tiña. 72 00:03:57,292 --> 00:04:00,601 E logo, os días antes das eleccións en Minsk, 73 00:04:00,625 --> 00:04:04,809 60.000 persoas viñeron a amosar o seu apoio, 74 00:04:04,833 --> 00:04:07,583 e eu xa non volvín ter medo. 75 00:04:08,917 --> 00:04:11,161 Nunca quixen nada disto. 76 00:04:11,625 --> 00:04:13,356 Nunca fora demasiado política, 77 00:04:13,400 --> 00:04:15,934 e nunca proxectara presentarme coma candidata de nada. 78 00:04:15,958 --> 00:04:18,583 Quería ser unha nai e unha esposa. 79 00:04:19,542 --> 00:04:22,518 Pero polo destino e a vontade do meu pobo, 80 00:04:22,542 --> 00:04:25,167 fun erguida ata este posto. 81 00:04:26,208 --> 00:04:30,208 E acéptoo con sentido do deber e orgullo. 82 00:04:31,083 --> 00:04:32,833 Non me renderei. 83 00:04:33,625 --> 00:04:37,833 E darei a cara pola miña xente, porque eles deron a cara por min. 84 00:04:38,875 --> 00:04:41,333 A nosa coraxe nace da nosa unidade. 85 00:04:42,333 --> 00:04:45,208 A nosa solidaridade é a nosa forza. 86 00:04:46,667 --> 00:04:51,559 Agora comprendo que non ter medo é tamén un compromiso. 87 00:04:51,583 --> 00:04:54,964 Unha decisión que tomas tódolos días. 88 00:04:55,250 --> 00:04:57,447 É unha responsabilidade que aceptas, 89 00:04:57,958 --> 00:05:00,635 unha responsabilidade contigo mesma e cos demais. 90 00:05:01,208 --> 00:05:05,085 Tendo isto en conta, non son diferente das miñas compatriotas belarusas. 91 00:05:05,667 --> 00:05:07,811 O seu apoio é tanxíbel. 92 00:05:08,208 --> 00:05:11,716 A súa solidaridade medra de forma exponencial. 93 00:05:12,000 --> 00:05:13,768 Cando sodes dous, 94 00:05:13,792 --> 00:05:15,185 atréveste. 95 00:05:15,542 --> 00:05:17,875 Cando sodes 100, es valente. 96 00:05:18,750 --> 00:05:20,851 Cando sodes milleiros, 97 00:05:20,875 --> 00:05:22,374 non tes medo. 98 00:05:22,583 --> 00:05:25,559 E unha vez sodes decenas de miles, 99 00:05:25,583 --> 00:05:28,203 facédevos invencíbeis. 100 00:05:28,417 --> 00:05:29,667 Grazas.