1 00:00:00,760 --> 00:00:02,360 Cando tiña seis anos, 2 00:00:02,360 --> 00:00:03,830 recibín os meu regalos. 3 00:00:04,320 --> 00:00:07,816 A miña mestra de primeiro tivo unha idea brillante. 4 00:00:07,816 --> 00:00:11,130 Quería que tivésemos a experiencia de recibir regalos 5 00:00:11,130 --> 00:00:15,380 e tamén a de aprender a cumprimentarnos mutuamente. 6 00:00:15,640 --> 00:00:18,530 Así que nos fixo ir a todos á fronte da clase, 7 00:00:18,530 --> 00:00:21,396 compráranos regalos e puxéraos nunha esquina. 8 00:00:21,396 --> 00:00:22,120 E dixo: 9 00:00:22,120 --> 00:00:25,400 "Por que non nos gabamos uns aos outros? 10 00:00:25,400 --> 00:00:27,086 Cando escoitedes o voso nome, 11 00:00:27,086 --> 00:00:29,280 ide, collede o voso regalo e sentade." 12 00:00:30,520 --> 00:00:32,000 Que idea máis marabillosa, non si? 13 00:00:32,880 --> 00:00:34,080 Como podía ir a cousa mal? 14 00:00:34,080 --> 00:00:35,640 (Risos) 15 00:00:36,400 --> 00:00:38,440 Pois, para comezar, eramos 40 16 00:00:38,440 --> 00:00:40,936 e cada vez que eu oía o nome de alguén 17 00:00:40,960 --> 00:00:42,830 daba o viva máis intenso. 18 00:00:43,280 --> 00:00:45,776 E quedaban só 20 persoas, 19 00:00:45,780 --> 00:00:47,576 e quedaban só dez persoas, 20 00:00:47,580 --> 00:00:48,960 e cinco... 21 00:00:49,560 --> 00:00:50,966 e tres. 22 00:00:50,966 --> 00:00:52,260 E eu era un deses. 23 00:00:52,720 --> 00:00:54,500 E os cumprimentos pararon. 24 00:00:55,560 --> 00:00:57,820 Nese momento, eu choraba. 25 00:00:58,600 --> 00:01:00,616 A profesora púxose moi nerviosa. 26 00:01:00,640 --> 00:01:04,296 Dicía "Ei, quen lle di algo agradable a esta xente?" 27 00:01:04,319 --> 00:01:05,536 (Risos) 28 00:01:05,560 --> 00:01:08,576 "Ninguén? Ben, pois ide coller o voso regalo e sentade. 29 00:01:08,576 --> 00:01:09,800 E sede bos, o ano que vén 30 00:01:09,800 --> 00:01:11,930 quizais alguén diga algo bonito de vós." 31 00:01:11,930 --> 00:01:13,720 (Risos) 32 00:01:14,520 --> 00:01:16,176 Ao describirvos isto, 33 00:01:16,176 --> 00:01:18,556 seguro que vos decatastes de que o lembro moi ben. 34 00:01:18,560 --> 00:01:20,160 (Risos) 35 00:01:20,800 --> 00:01:22,926 Mais eu non sei quen se sentiu peor ese día. 36 00:01:22,926 --> 00:01:25,096 Eu ou a profesora? 37 00:01:25,120 --> 00:01:28,256 Ela debeu decatarse de que convertera un xogo de cooperación 38 00:01:28,280 --> 00:01:31,350 nun escarnio público para tres nenos de seis anos. 39 00:01:31,800 --> 00:01:33,146 E sen ningunha graza. 40 00:01:33,146 --> 00:01:35,556 Cando vedes xente da que se moquean na TV, 41 00:01:35,556 --> 00:01:36,656 é gracioso. 42 00:01:36,670 --> 00:01:38,708 Ese día non houbo nada gracioso. 43 00:01:39,320 --> 00:01:42,336 Así que esa era unha versión de min, 44 00:01:42,340 --> 00:01:45,840 e preferiría morrer antes que volver a estar nesa situación, 45 00:01:45,840 --> 00:01:47,760 volver a ser rexeitado en público. 46 00:01:48,440 --> 00:01:49,890 Esa é unha versión. 47 00:01:49,890 --> 00:01:52,396 Agora imos aos meus oito anos. 48 00:01:52,400 --> 00:01:54,406 Bill Gates veu á miña cidade, 49 00:01:54,406 --> 00:01:55,636 Pequín, China, 50 00:01:55,640 --> 00:01:56,896 para dar unha charla, 51 00:01:56,896 --> 00:01:58,616 e eu pillei a súa mensaxe. 52 00:01:58,630 --> 00:02:00,966 Namoreime daquel tipo. 53 00:02:00,966 --> 00:02:03,800 Pensei: "Xa sei o que quero facer". 54 00:02:03,800 --> 00:02:06,046 Esa noite escribinlle unha carta á miña familia 55 00:02:06,046 --> 00:02:08,336 dicindo: "Aos 25 anos, 56 00:02:08,360 --> 00:02:10,976 vou crear a compañía máis grande do mundo 57 00:02:11,000 --> 00:02:13,076 e esa compañía vai comprar Microsoft." 58 00:02:13,076 --> 00:02:14,856 (Risos) 59 00:02:14,880 --> 00:02:17,526 Aferreime a esa idea de conquistar o mundo, 60 00:02:17,526 --> 00:02:18,770 dominalo. 61 00:02:19,160 --> 00:02:21,970 Non o inventei, de verdade escribín esa carta. 62 00:02:21,970 --> 00:02:23,366 E aquí está. 63 00:02:23,366 --> 00:02:25,336 (Risos) 64 00:02:25,360 --> 00:02:27,150 Non tedes que lela. 65 00:02:27,150 --> 00:02:28,970 (Risos) 66 00:02:28,970 --> 00:02:32,320 Tiña mala letra pero marcara as palabras importantes. 67 00:02:33,600 --> 00:02:34,846 Colledes a idea. 68 00:02:34,846 --> 00:02:36,616 (Risos) 69 00:02:36,640 --> 00:02:37,840 Así que... 70 00:02:39,280 --> 00:02:41,296 Esa era outra versión de min: 71 00:02:41,320 --> 00:02:43,120 alguén que ía conquistar o mundo. 72 00:02:43,880 --> 00:02:45,336 Dous anos máis tarde, 73 00:02:45,360 --> 00:02:49,326 xurdiume a oportunidade de vir aos EUA. 74 00:02:49,326 --> 00:02:50,896 Agarreina, 75 00:02:50,920 --> 00:02:53,120 porque era onde vivía Bill Gates, non? 76 00:02:53,120 --> 00:02:54,376 (Risos) 77 00:02:54,400 --> 00:02:57,040 Pensei que era o comezo do meu camiño como empresario. 78 00:02:57,680 --> 00:02:59,836 Agora, avancemos outros 14 anos. 79 00:02:59,836 --> 00:03:01,316 Tiña 30. 80 00:03:01,320 --> 00:03:03,690 Non, non creei aquela empresa. 81 00:03:03,690 --> 00:03:05,250 Nin sequera comecei. 82 00:03:05,250 --> 00:03:09,240 Era director comercial nunha empresa Fortune 500. 83 00:03:09,240 --> 00:03:10,890 E sentíame bloqueado; 84 00:03:10,890 --> 00:03:12,180 estaba estancado. 85 00:03:13,080 --> 00:03:14,150 Por que? 86 00:03:14,150 --> 00:03:16,600 Onde está o rapaz de 14 anos que escribiu esa carta? 87 00:03:17,480 --> 00:03:18,957 Non é porque non o intentase. 88 00:03:19,480 --> 00:03:22,536 É porque cada vez que tiña unha idea, 89 00:03:22,560 --> 00:03:24,536 cada vez que quería intentar algo novo, 90 00:03:24,560 --> 00:03:25,776 mesmo no traballo, 91 00:03:25,800 --> 00:03:27,536 que quería facer unha proposta, 92 00:03:27,560 --> 00:03:31,070 que quería falar en fronte dun grupo de xente, 93 00:03:31,070 --> 00:03:32,966 sentía que estaba nunha loita constante 94 00:03:32,966 --> 00:03:35,736 entre o rapaz de 14 anos e o de 6. 95 00:03:35,760 --> 00:03:37,896 Un quería conquistar o mundo, 96 00:03:37,920 --> 00:03:39,136 marcar a diferenza, 97 00:03:39,160 --> 00:03:41,390 o outro tiña medo do rexeitamento. 98 00:03:41,960 --> 00:03:44,670 E sempre gañaba o rapaz de seis anos. 99 00:03:45,760 --> 00:03:49,776 Este medo persistiu cando creei a miña propia empresa. 100 00:03:49,776 --> 00:03:52,896 Quero dicir, empecei a miña empresa cando tiña 30, 101 00:03:52,900 --> 00:03:54,140 se queredes ser Bill Gates 102 00:03:54,140 --> 00:03:56,400 tedes que comezar antes ou despois, non? 103 00:03:57,080 --> 00:03:59,610 Cando pasei a ser empresario, 104 00:03:59,610 --> 00:04:02,530 presentóuseme a oportunidade de que alguén investise, 105 00:04:02,530 --> 00:04:04,360 e rexeitáronme. 106 00:04:05,040 --> 00:04:06,740 E ese rexeitamento doeume. 107 00:04:06,740 --> 00:04:10,560 E doeume tanto que quixen abandonar todo alí mesmo. 108 00:04:11,280 --> 00:04:12,200 Pero pensei: 109 00:04:12,200 --> 00:04:16,360 "Ei, Bill Gates abandonaría tras un rexeitamento para investir? 110 00:04:16,920 --> 00:04:19,776 Abandonaría así calquera outro empresario con éxito? 111 00:04:19,800 --> 00:04:21,176 Nin falar." 112 00:04:21,200 --> 00:04:23,176 E aquí é onde me dei de conta. 113 00:04:23,200 --> 00:04:25,010 Ben, podo crear unha compañía mellor. 114 00:04:25,010 --> 00:04:27,376 Podo crear un equipo mellor ou un produto mellor, 115 00:04:27,376 --> 00:04:28,790 pero unha cousa está clara: 116 00:04:28,790 --> 00:04:30,696 Teño que ser un líder mellor. 117 00:04:30,696 --> 00:04:32,476 Teño que ser unha persoa mellor. 118 00:04:32,720 --> 00:04:36,096 Non podo deixar que aquel rapaz de 6 anos dirixa a miña vida. 119 00:04:36,120 --> 00:04:38,280 Teño que poñelo no seu lugar. 120 00:04:39,000 --> 00:04:41,230 Así foi como me metín na rede e busquei axuda. 121 00:04:41,230 --> 00:04:42,646 Google era o meu amigo. 122 00:04:42,646 --> 00:04:43,350 (Risos) 123 00:04:43,350 --> 00:04:46,440 Busquei: "Como superar o medo ao rexeitamento?" 124 00:04:46,960 --> 00:04:49,816 Atopei unha morea de artigos psicolóxicos 125 00:04:49,840 --> 00:04:52,696 sobre de onde veñen o medo e a dor. 126 00:04:52,720 --> 00:04:56,016 Despois atopei unha morea de artigos inspiradores. 127 00:04:56,040 --> 00:04:58,421 "Non o tomes como un asunto persoal, supérao." 128 00:04:59,200 --> 00:05:00,800 Quen non sabe iso? 129 00:05:00,800 --> 00:05:02,456 (Risos) 130 00:05:02,456 --> 00:05:04,592 Pero por que seguía tan asustado? 131 00:05:04,640 --> 00:05:06,656 Entón, atopei esta páxina por casualidade. 132 00:05:06,680 --> 00:05:09,056 Chámase rejectiontherapy.com. 133 00:05:09,080 --> 00:05:11,420 (Risos) 134 00:05:11,420 --> 00:05:15,576 "A terapia do rexeitamento" era un xogo inventado por un empresario canadiense. 135 00:05:15,600 --> 00:05:17,296 O seu nome é Jason Comely. 136 00:05:17,320 --> 00:05:22,416 Basicamente, a idea é que durante 30 días saias e busques o rexeitamento, 137 00:05:22,440 --> 00:05:24,696 e que cada día te rexeiten en algo 138 00:05:24,720 --> 00:05:28,310 e, ao final, deixas de ser sensible á dor. 139 00:05:29,200 --> 00:05:30,896 Encantoume a idea. 140 00:05:30,920 --> 00:05:32,400 (Risos) 141 00:05:32,400 --> 00:05:34,616 Dixen: "Sabes que? Vou facelo. 142 00:05:34,640 --> 00:05:37,656 E vou sentirme rexeitado durante 100 días." 143 00:05:37,680 --> 00:05:40,096 E xurdíronme ideas propias sobre o rexeitamento 144 00:05:40,120 --> 00:05:42,600 e fixen un vídeo blog diso. 145 00:05:43,600 --> 00:05:45,510 E aquí está o que fixen. 146 00:05:45,510 --> 00:05:48,160 Así é o blog. 147 00:05:48,160 --> 00:05:49,400 Día 1: 148 00:05:50,000 --> 00:05:51,000 (Risos) 149 00:05:51,000 --> 00:05:54,710 Pídelle prestados 100 dólares a un descoñecido. 150 00:05:55,720 --> 00:05:58,456 Así que fun a onde traballaba. 151 00:05:58,460 --> 00:06:00,236 Baixei as escaleiras 152 00:06:00,240 --> 00:06:02,476 e vin un home grande sentado nun escritorio. 153 00:06:02,480 --> 00:06:04,216 Parecía un garda de seguridade. 154 00:06:04,240 --> 00:06:05,776 Así que me aproximei. 155 00:06:05,800 --> 00:06:07,616 Ía camiñando 156 00:06:07,616 --> 00:06:09,880 e foi o camiño máis longo da miña vida, 157 00:06:09,880 --> 00:06:12,096 o pelo da caluga de punta, 158 00:06:12,096 --> 00:06:14,566 estaba suando, o corazón batíame. 159 00:06:14,566 --> 00:06:15,796 Cheguei alí e dixen: 160 00:06:15,800 --> 00:06:18,456 "Señor, pode prestarme 100 dólares?" 161 00:06:18,480 --> 00:06:19,816 (Risos) 162 00:06:19,840 --> 00:06:21,710 Miroume e dixo: "Non. 163 00:06:22,600 --> 00:06:23,840 Por que?" 164 00:06:24,200 --> 00:06:26,516 E simplemente dixen: "Non? Canto o sinto." 165 00:06:26,520 --> 00:06:28,235 Dei media volta e corrín. 166 00:06:28,259 --> 00:06:29,619 (Risos) 167 00:06:30,960 --> 00:06:32,696 Sentín moita vergoña. 168 00:06:32,720 --> 00:06:34,176 Pero, como me gravara, 169 00:06:34,200 --> 00:06:37,336 esa noite vinme a min mesmo sendo rexeitado, 170 00:06:37,360 --> 00:06:39,456 vin o asustado que estaba. 171 00:06:39,480 --> 00:06:41,936 Parecía o rapaz de "O sexto sentido." 172 00:06:41,960 --> 00:06:43,376 Vexo xente morta. 173 00:06:43,400 --> 00:06:45,016 (Risos) 174 00:06:45,040 --> 00:06:46,576 Pero despois vin o home. 175 00:06:46,600 --> 00:06:48,496 Sabedes, non era tan ameazador. 176 00:06:48,520 --> 00:06:50,896 Era un home gordiño e encantador, 177 00:06:50,920 --> 00:06:54,376 mesmo me preguntou: "Por que? 178 00:06:54,400 --> 00:06:56,816 De feito, convidoume a explicarme. 179 00:06:56,840 --> 00:06:58,410 E puiden dicir moitas cousas. 180 00:06:58,410 --> 00:07:00,736 Puiden explicarme. Puiden negociar. 181 00:07:00,760 --> 00:07:02,360 Non fixen nada diso. 182 00:07:02,680 --> 00:07:04,300 Só corrín. 183 00:07:05,160 --> 00:07:08,320 Sentín, uau, que aquilo era como un microcosmos da miña vida. 184 00:07:08,920 --> 00:07:11,456 Cada vez que sentía o mínimo rexeitamento, 185 00:07:11,480 --> 00:07:13,646 corría o máis rápido que podía. 186 00:07:13,646 --> 00:07:14,730 E sabedes que? 187 00:07:14,730 --> 00:07:16,776 Ao día seguinte, pasase o que pasase, 188 00:07:16,776 --> 00:07:18,276 non ía correr. 189 00:07:18,280 --> 00:07:19,480 Ía quedar. 190 00:07:20,080 --> 00:07:22,136 Día 2: Pide unha "recarga de hamburguesa". 191 00:07:22,160 --> 00:07:24,136 (Risos) 192 00:07:24,160 --> 00:07:26,456 Fun a unha hamburguesaría, 193 00:07:26,480 --> 00:07:28,960 rematei de xantar e fun á caixa e dixen: 194 00:07:28,960 --> 00:07:30,576 "Ola, podo reencher a hamburguesa?" 195 00:07:30,600 --> 00:07:32,776 (Risos) 196 00:07:32,800 --> 00:07:35,200 El estaba moi confuso, como "Que é iso?" 197 00:07:35,200 --> 00:07:36,010 (Risos) 198 00:07:36,010 --> 00:07:40,200 Dixen: "É como coa bebida pero cunha hamburguesa." 199 00:07:40,200 --> 00:07:42,736 E dixo: "Síntoo, non o facemos, ho." 200 00:07:42,760 --> 00:07:44,096 (Risos) 201 00:07:44,120 --> 00:07:48,176 Aquí foi onde ocorreu o rexeitamento e podería fuxir, pero quedei. 202 00:07:48,200 --> 00:07:50,376 E dixen: "Encántanme as hamburguesas, 203 00:07:50,376 --> 00:07:51,776 encántame este sitio 204 00:07:51,800 --> 00:07:53,896 e se facedes unha recarga de hamburguesa, 205 00:07:53,920 --> 00:07:55,256 encantarédesme máis." 206 00:07:55,280 --> 00:07:56,360 (Risos) 207 00:07:56,360 --> 00:07:59,176 E dixo: "Ben, direillo ao meu xefe, 208 00:07:59,200 --> 00:08:02,176 quizais o fagamos, pero síntoo, hoxe non pode ser." 209 00:08:02,200 --> 00:08:03,616 Despois marchei. 210 00:08:03,640 --> 00:08:05,496 E a propósito, 211 00:08:05,520 --> 00:08:07,776 non creo que fixesen a recarga de hamburguesa. 212 00:08:07,800 --> 00:08:09,016 (Risos) 213 00:08:09,040 --> 00:08:10,600 Creo que aínda están alí. 214 00:08:11,160 --> 00:08:14,456 Pero o sentimento de vida ou morte que sentín a primeira vez 215 00:08:14,480 --> 00:08:15,816 xa non estaba, 216 00:08:15,840 --> 00:08:17,576 só porque quedei, 217 00:08:17,600 --> 00:08:19,216 porque non fuxín. 218 00:08:19,240 --> 00:08:21,600 Dixen: Xenial, estou aprendendo cousas. 219 00:08:22,520 --> 00:08:23,660 Xenial." 220 00:08:23,660 --> 00:08:25,960 E despois, Día 3: Consigue donuts olímpicos. 221 00:08:26,760 --> 00:08:29,430 Aquí, a miña vida púxose patas arriba. 222 00:08:30,120 --> 00:08:31,736 Fun a un Krispy Kreme. 223 00:08:31,760 --> 00:08:32,976 É unha tenda de donuts 224 00:08:33,000 --> 00:08:35,616 que hai, sobre todo, no Sueste dos EUA. 225 00:08:35,640 --> 00:08:37,490 Seguro que tamén a hai aquí. 226 00:08:37,490 --> 00:08:38,619 E entrei, 227 00:08:38,619 --> 00:08:41,630 e dixen: "Podedes facerme donuts que parezan símbolos olímpicos? 228 00:08:41,630 --> 00:08:44,916 Basicamente, é entrelazar cinco donuts xuntos..." 229 00:08:44,916 --> 00:08:47,120 Non había maneira de que dixesen que si, non? 230 00:08:47,640 --> 00:08:50,016 A que facía os donuts tomoume moi en serio. 231 00:08:50,040 --> 00:08:51,220 (Risos) 232 00:08:51,220 --> 00:08:52,430 Ela sacou papel, 233 00:08:52,430 --> 00:08:54,716 comezou a debuxar as cores e os aneis, 234 00:08:54,720 --> 00:08:56,766 pensando como podería facelo. 235 00:08:56,766 --> 00:08:58,676 E 15 minutos máis tarde, 236 00:08:58,680 --> 00:09:02,096 saíu cunha caixa parecida aos aneis olímpicos. 237 00:09:02,120 --> 00:09:03,796 Eu estaba emocionado. 238 00:09:03,800 --> 00:09:05,936 Non o podía crer. 239 00:09:05,960 --> 00:09:09,810 Ese vídeo conseguiu máis de 5 millóns de visitas en Youtube. 240 00:09:10,440 --> 00:09:12,536 O mundo tampouco podía crelo. 241 00:09:12,560 --> 00:09:14,080 (Risos) 242 00:09:15,440 --> 00:09:18,656 Sabedes, a causa diso, aparecín nos xornais, 243 00:09:18,680 --> 00:09:20,096 en charlas, en todo. 244 00:09:20,120 --> 00:09:21,600 Fíxenme famoso. 245 00:09:21,600 --> 00:09:23,750 Moita xente comezou a escribirme correos 246 00:09:23,750 --> 00:09:26,336 dicindo: "O que estás facendo é incrible." 247 00:09:26,360 --> 00:09:29,896 Pero, sabedes, a fama e a notoriedade non me dicían nada. 248 00:09:29,920 --> 00:09:31,736 O que eu quería era aprender 249 00:09:31,760 --> 00:09:32,976 e cambiarme a min mesmo. 250 00:09:33,000 --> 00:09:35,616 Así que cambiei o resto dos 100 días de rexeitamento 251 00:09:35,640 --> 00:09:37,536 nun patio de xogos, 252 00:09:37,560 --> 00:09:39,696 nun proxecto de investigación. 253 00:09:39,720 --> 00:09:41,880 Quería saber o que podía aprender. 254 00:09:42,240 --> 00:09:44,016 E aprendín moitas cousas. 255 00:09:44,040 --> 00:09:45,616 Descubrín tantos segredos. 256 00:09:45,640 --> 00:09:48,536 Por exemplo, atopei que se non fuxía 257 00:09:48,560 --> 00:09:49,816 ao ser rexeitado, 258 00:09:49,820 --> 00:09:51,820 podía converter un "non" nun "si", 259 00:09:51,820 --> 00:09:53,536 e a palabra máxica é "por que". 260 00:09:53,560 --> 00:09:57,656 Así que un día fun á casa dun estraño, levaba esta flor na man, 261 00:09:57,680 --> 00:09:58,930 chamei á porta e dixen: 262 00:09:58,930 --> 00:10:00,976 "Podo plantar esta flor no teu patio?" 263 00:10:01,080 --> 00:10:02,936 (Risos) 264 00:10:02,960 --> 00:10:04,930 E dixo: "Non." 265 00:10:05,540 --> 00:10:07,376 Pero antes de que el marchase dixen: 266 00:10:07,400 --> 00:10:09,336 "Podo saber por que? 267 00:10:09,360 --> 00:10:12,410 E dixo: "Teño un can 268 00:10:12,410 --> 00:10:14,650 que arrinca todo o que planto no patio. 269 00:10:14,650 --> 00:10:16,050 Non quero estragar a túa flor. 270 00:10:16,050 --> 00:10:18,770 Se o queres facer, cruza a rúa e fala con Connie. 271 00:10:18,770 --> 00:10:20,700 Encántanlle as flores." 272 00:10:20,700 --> 00:10:21,970 Así que fixen iso. 273 00:10:21,970 --> 00:10:24,200 Crucei a rúa e petei na porta de Connie. 274 00:10:24,200 --> 00:10:26,126 Estaba encantada de verme. 275 00:10:26,126 --> 00:10:27,816 (Risos) 276 00:10:27,840 --> 00:10:29,210 E media hora máis tarde, 277 00:10:29,210 --> 00:10:30,850 a flor estaba no patio de Connie. 278 00:10:30,850 --> 00:10:32,736 Seguro que loce mellor agora. 279 00:10:32,760 --> 00:10:34,056 (Risos) 280 00:10:34,080 --> 00:10:37,016 Mais se eu marchase despois do rexeitamento inicial 281 00:10:37,040 --> 00:10:38,210 pensaría que era 282 00:10:38,210 --> 00:10:40,130 porque o tipo non se fiaba de min, 283 00:10:40,130 --> 00:10:41,290 porque estaba tolo, 284 00:10:41,290 --> 00:10:43,380 porque non vestía ben, non tiña boa pinta. 285 00:10:43,380 --> 00:10:44,480 Non era nada diso. 286 00:10:44,480 --> 00:10:47,976 Era porque o que eu tiña non encaixaba co que el quería. 287 00:10:48,000 --> 00:10:50,266 Fiouse de min dabondo para recomendarme, 288 00:10:50,280 --> 00:10:51,936 usando un tecnicismo das vendas. 289 00:10:51,960 --> 00:10:53,800 Convertinme nun recomendado. 290 00:10:54,560 --> 00:10:55,620 Entón, un día..., 291 00:10:55,620 --> 00:10:58,690 tamén aprendín que podo dicir certas cousas 292 00:10:58,690 --> 00:11:00,686 e aumentar as posibilidades de ter un si. 293 00:11:00,686 --> 00:11:02,896 Así que, por exemplo, un día fun a Starbucks, 294 00:11:02,920 --> 00:11:06,496 e pregunteille ao xerente: "Ei, podo ser un saudador de Starbucks?" 295 00:11:06,520 --> 00:11:08,790 E el: "Que é un saudador de Starbucks?" 296 00:11:08,790 --> 00:11:10,740 Dixen: "Coñeces os saudadores de Walmart? 297 00:11:10,740 --> 00:11:14,130 Sabes, esa xente que che di 'ola' cando entras na tenda 298 00:11:14,130 --> 00:11:16,690 e vixía para que non roubes nada, basicamente? 299 00:11:16,690 --> 00:11:20,046 Gustaríame darlles unha experiencia Walmart aos clientes de Starbucks." 300 00:11:20,046 --> 00:11:21,336 (Risos) 301 00:11:21,360 --> 00:11:24,640 Ben, non estou seguro de que sexa unha boa cousa... 302 00:11:25,600 --> 00:11:28,096 De feito, estou bastante seguro de que é algo malo. 303 00:11:28,120 --> 00:11:30,176 E el: "Oh." 304 00:11:30,200 --> 00:11:32,430 Si, era así, chámase Eric... 305 00:11:32,430 --> 00:11:33,780 Di: "Non estou seguro." 306 00:11:33,780 --> 00:11:36,136 Así foi a súa reacción: "Non estou seguro." 307 00:11:36,160 --> 00:11:37,846 Pregunteille: "É moi raro?" 308 00:11:37,846 --> 00:11:40,030 E el: "Si, é moi raro, tío." 309 00:11:40,760 --> 00:11:43,676 Pero tan pronto como o dixo, o seu comportamento cambiou. 310 00:11:43,680 --> 00:11:46,616 Foi coma se eliminase todas as dúbidas. 311 00:11:46,640 --> 00:11:48,376 E dixo: "Si, podes facelo, 312 00:11:48,400 --> 00:11:49,656 pero que non quede raro." 313 00:11:49,680 --> 00:11:51,096 (Risos) 314 00:11:51,120 --> 00:11:53,536 E durante unha hora fun saudador de Starbucks. 315 00:11:53,536 --> 00:11:55,656 Díxenlle "ola" a cada cliente que entrou, 316 00:11:55,680 --> 00:11:58,040 e desexeille boas vacacións. 317 00:11:58,040 --> 00:12:00,430 A propósito, non coñezo a vosa traxectoria laboral, 318 00:12:00,430 --> 00:12:01,976 non sexades un saudador. 319 00:12:02,000 --> 00:12:02,790 (Risos) 320 00:12:02,790 --> 00:12:04,440 Foi moi aburrido. 321 00:12:05,200 --> 00:12:10,136 Pero descubrín que puidera facelo porque dixen: "É moi raro?" 322 00:12:10,160 --> 00:12:12,296 Mencionei a dúbida que el tiña. 323 00:12:12,320 --> 00:12:15,856 E que mencionase "É moi raro?" significaba que eu non era raro. 324 00:12:15,880 --> 00:12:18,416 Significaba que eu estaba pensando xusto coma el, 325 00:12:18,440 --> 00:12:20,816 véndoo como unha cousa rara. 326 00:12:20,840 --> 00:12:22,096 E outra vez, e outra vez, 327 00:12:22,120 --> 00:12:25,256 Aprendín que se mencionaba algunha dúbida que a xente podía ter 328 00:12:25,280 --> 00:12:27,080 antes de facer a pregunta, 329 00:12:27,080 --> 00:12:28,376 xa gañaba a súa confianza. 330 00:12:28,400 --> 00:12:30,460 A xente tendía máis a dicirme que si. 331 00:12:30,800 --> 00:12:34,120 E aprendín que podía acadar o soño da miña vida 332 00:12:34,120 --> 00:12:35,576 preguntando. 333 00:12:35,600 --> 00:12:38,696 Sabedes, veño de catro xeracións de profesores, 334 00:12:38,720 --> 00:12:41,536 a miña avoa sempre me dixo: 335 00:12:41,560 --> 00:12:43,856 "Jia, podes facer o que queiras, 336 00:12:43,880 --> 00:12:45,920 mais sería xenial se foses profesor." 337 00:12:45,920 --> 00:12:47,376 (Risos) 338 00:12:47,400 --> 00:12:49,630 Pero eu quería ser un empresario, e non o fun. 339 00:12:49,630 --> 00:12:53,056 Pero sempre tiven o soño de ensinar algo. 340 00:12:53,080 --> 00:12:55,066 E pensei: "E se pregunto 341 00:12:55,066 --> 00:12:57,536 e imparto unha clase na facultade?" 342 00:12:57,560 --> 00:12:58,990 Vivía en Austin daquela, 343 00:12:58,990 --> 00:13:01,020 fun á Universidade de Texas en Austin, 344 00:13:01,020 --> 00:13:04,260 petei ás portas dos profesores e dixen: "Podo ensinar na túa clase?" 345 00:13:04,260 --> 00:13:06,830 Non conseguín nada as primeiras dúas veces. 346 00:13:06,830 --> 00:13:09,376 Pero grazas a que non fuxín, seguino intentando, 347 00:13:09,400 --> 00:13:12,736 e no terceiro intento o profesor quedou impresionado. 348 00:13:12,760 --> 00:13:14,790 Dixo: "Ninguén fixo isto antes." 349 00:13:14,790 --> 00:13:18,856 Eu entrara preparado con presentacións e a miña lección. 350 00:13:18,880 --> 00:13:20,936 Dixo: "Ei, podo usar isto." 351 00:13:20,960 --> 00:13:24,050 Por que non volves en dous meses? Encaixareino no currículo." 352 00:13:24,050 --> 00:13:26,416 E dous meses máis tarde eu daba unha clase. 353 00:13:26,420 --> 00:13:29,696 Este son eu, pode que non o vexades, é unha foto mala. 354 00:13:29,720 --> 00:13:32,490 Sabedes, ás veces, somos rexeitados pola iluminación. 355 00:13:32,490 --> 00:13:33,720 (Risos) 356 00:13:34,680 --> 00:13:35,420 Mais..., 357 00:13:35,420 --> 00:13:38,656 cando rematei esa clase, saín chorando, 358 00:13:38,680 --> 00:13:40,456 porque pensei 359 00:13:40,480 --> 00:13:43,670 que podería acadar o meu soño simplemente preguntando. 360 00:13:43,670 --> 00:13:46,420 Acostumaba pensar que tiña que ser perfecto en todo, 361 00:13:46,420 --> 00:13:50,096 ser un gran empresario, facer un PhD para ensinar..., 362 00:13:50,120 --> 00:13:51,656 mais non, só preguntei, 363 00:13:51,680 --> 00:13:53,010 e puiden ensinar. 364 00:13:53,400 --> 00:13:55,776 E nesa foto, que non podedes ver, 365 00:13:55,800 --> 00:13:59,096 citei a Martin Luther King, Jr. 366 00:13:59,120 --> 00:14:03,656 Por que? Porque na miña investigación atopei que a xente que cambia o mundo, 367 00:14:03,680 --> 00:14:06,616 que cambia a forma en que vivimos e en que pensamos, 368 00:14:06,640 --> 00:14:10,736 é a xente que ao comezo atopou rexeitamentos a miúdo violentos. 369 00:14:10,760 --> 00:14:12,816 Xente como Martin Luther King Jr., 370 00:14:12,840 --> 00:14:14,896 como Mahtama Gandhi, Nelson Mandela 371 00:14:14,920 --> 00:14:16,456 ou mesmo Xesús. 372 00:14:16,480 --> 00:14:19,856 Esa xente non deixou que o rexeitamento a definise. 373 00:14:19,880 --> 00:14:24,040 Permitiron que a súa propia reacción ao seu rexeitamento os definise. 374 00:14:24,920 --> 00:14:26,670 E aceptaron o rexeitamento. 375 00:14:27,360 --> 00:14:30,576 E non temos que ser eles para aprender sobre rexeitamento. 376 00:14:30,600 --> 00:14:31,710 No meu caso, 377 00:14:31,710 --> 00:14:33,870 o rexeitamento foi a miña maldición, 378 00:14:33,870 --> 00:14:35,176 foi a miña besta negra. 379 00:14:35,200 --> 00:14:39,376 Angustioume toda a miña vida porque estaba fuxindo del. 380 00:14:39,400 --> 00:14:41,360 E comecei a aceptalo. 381 00:14:41,800 --> 00:14:44,740 Transformeino no mellor regalo da miña vida. 382 00:14:45,320 --> 00:14:49,786 Comecei a ensinarlle á xente como mudar rexeitamento en oportunidade. 383 00:14:49,786 --> 00:14:51,816 Usei o meu blog, usei o meu discurso, 384 00:14:51,840 --> 00:14:53,736 usei o libro que acabo de publicar, 385 00:14:53,760 --> 00:14:58,430 incluso estou creando tecnoloxía para axudar a superar o medo ao rexeitamento. 386 00:15:00,200 --> 00:15:01,936 Cando te rexeitan na vida, 387 00:15:01,960 --> 00:15:04,176 cando enfrontas un obstáculo 388 00:15:04,200 --> 00:15:06,216 ou un fracaso, 389 00:15:06,240 --> 00:15:08,056 considera as posibilidades. 390 00:15:08,080 --> 00:15:09,296 Non fuxas. 391 00:15:09,320 --> 00:15:10,536 Se os aceptas, 392 00:15:10,560 --> 00:15:12,640 tamén poden chegar a ser o teu regalo. 393 00:15:13,090 --> 00:15:14,240 Grazas. 394 00:15:14,240 --> 00:15:18,744 (Aplauso)