Cando tiña seis anos,
recibín os meu regalos.
A miña mestra de primeiro
tivo unha idea brillante.
Quería que tivésemos
a experiencia de recibir regalos
e tamén a de aprender a
cumprimentarnos mutuamente.
Así que nos fixo ir a todos
á fronte da clase,
compráranos regalos
e puxéraos nunha esquina.
E dixo:
"Por que non nos
gabamos uns aos outros?
Cando escoitedes o voso nome,
ide, collede o voso regalo e sentade."
Que idea máis marabillosa, non si?
Como podía ir a cousa mal?
(Risos)
Pois, para comezar, eramos 40
e cada vez que eu oía
o nome de alguén
daba o viva máis intenso.
E quedaban só 20 persoas,
e quedaban só dez persoas,
e cinco...
e tres.
E eu era un deses.
E os cumprimentos pararon.
Nese momento, eu choraba.
A profesora púxose moi nerviosa.
Dicía "Ei, quen lle di
algo agradable a esta xente?"
(Risos)
"Ninguén? Ben, pois ide coller
o voso regalo e sentade.
E sede bos,
o ano que vén
quizais alguén diga
algo bonito de vós."
(Risos)
Ao describirvos isto,
seguro que vos decatastes
de que o lembro moi ben.
(Risos)
Mais eu non sei quen se
sentiu peor ese día.
Eu ou a profesora?
Ela debeu decatarse de que
convertera un xogo de cooperación
nun escarnio público para
tres nenos de seis anos.
E sen ningunha graza.
Cando vedes xente
da que se moquean na TV,
é gracioso.
Ese día non houbo nada gracioso.
Así que esa era unha versión de min,
e preferiría morrer antes
que volver a estar nesa situación,
volver a ser rexeitado en público.
Esa é unha versión.
Agora imos aos meus oito anos.
Bill Gates veu á miña cidade,
Pequín, China,
para dar unha charla,
e eu pillei a súa mensaxe.
Namoreime daquel tipo.
Pensei: "Xa sei o que quero facer".
Esa noite escribinlle
unha carta á miña familia
dicindo: "Aos 25 anos,
vou crear a compañía
máis grande do mundo
e esa compañía vai comprar Microsoft."
(Risos)
Aferreime a esa idea
de conquistar o mundo,
dominalo.
Non o inventei, de verdade
escribín esa carta.
E aquí está.
(Risos)
Non tedes que lela.
(Risos)
Tiña mala letra pero marcara
as palabras importantes.
Colledes a idea.
(Risos)
Así que...
Esa era outra versión de min:
alguén que ía conquistar o mundo.
Dous anos máis tarde,
xurdiume a oportunidade de
vir aos EUA.
Agarreina,
porque era
onde vivía Bill Gates, non?
(Risos)
Pensei que era o comezo do meu
camiño como empresario.
Agora, avancemos outros 14 anos.
Tiña 30.
Non, non creei aquela empresa.
Nin sequera comecei.
Era director comercial
nunha empresa Fortune 500.
E sentíame bloqueado;
estaba estancado.
Por que?
Onde está o rapaz de 14 anos
que escribiu esa carta?
Non é porque non o intentase.
É porque cada vez que tiña unha idea,
cada vez que quería intentar algo novo,
mesmo no traballo,
que quería facer unha proposta,
que quería falar en fronte
dun grupo de xente,
sentía que estaba nunha loita constante
entre o rapaz de 14 anos
e o de 6.
Un quería conquistar o mundo,
marcar a diferenza,
o outro tiña medo do rexeitamento.
E sempre gañaba
o rapaz de seis anos.
Este medo persistiu cando
creei a miña propia empresa.
Quero dicir, empecei a miña
empresa cando tiña 30,
se queredes ser Bill Gates
tedes que comezar antes ou despois, non?
Cando pasei a ser empresario,
presentóuseme a oportunidade
de que alguén investise,
e rexeitáronme.
E ese rexeitamento doeume.
E doeume tanto que quixen
abandonar todo alí mesmo.
Pero pensei:
"Ei, Bill Gates abandonaría
tras un rexeitamento para investir?
Abandonaría así calquera
outro empresario con éxito?
Nin falar."
E aquí é onde me dei de conta.
Ben, podo crear unha compañía mellor.
Podo crear un equipo
mellor ou un produto mellor,
pero unha cousa está clara:
Teño que ser un líder mellor.
Teño que ser unha persoa mellor.
Non podo deixar que aquel rapaz de
6 anos dirixa a miña vida.
Teño que poñelo no seu lugar.
Así foi como me metín na rede
e busquei axuda.
Google era o meu amigo.
(Risos)
Busquei: "Como superar
o medo ao rexeitamento?"
Atopei unha morea
de artigos psicolóxicos
sobre de onde veñen
o medo e a dor.
Despois atopei unha morea
de artigos inspiradores.
"Non o tomes como un asunto
persoal, supérao."
Quen non sabe iso?
(Risos)
Pero por que seguía
tan asustado?
Entón, atopei esta páxina por casualidade.
Chámase rejectiontherapy.com.
(Risos)
"A terapia do rexeitamento" era un xogo
inventado por un empresario canadiense.
O seu nome é Jason Comely.
Basicamente, a idea é que durante 30 días
saias e busques o rexeitamento,
e que cada día te rexeiten en algo
e, ao final, deixas
de ser sensible á dor.
Encantoume a idea.
(Risos)
Dixen: "Sabes que?
Vou facelo.
E vou sentirme rexeitado
durante 100 días."
E xurdíronme ideas propias
sobre o rexeitamento
e fixen un vídeo blog diso.
E aquí está o que fixen.
Así é o blog.
Día 1:
(Risos)
Pídelle prestados 100 dólares
a un descoñecido.
Así que fun a onde traballaba.
Baixei as escaleiras
e vin un home grande
sentado nun escritorio.
Parecía un garda de seguridade.
Así que me aproximei.
Ía camiñando
e foi o camiño
máis longo da miña vida,
o pelo da caluga de punta,
estaba suando, o corazón batíame.
Cheguei alí e dixen:
"Señor, pode prestarme
100 dólares?"
(Risos)
Miroume e dixo: "Non.
Por que?"
E simplemente dixen:
"Non? Canto o sinto."
Dei media volta e corrín.
(Risos)
Sentín moita vergoña.
Pero, como me gravara,
esa noite vinme a min
mesmo sendo rexeitado,
vin o asustado que estaba.
Parecía o rapaz de "O sexto sentido."
Vexo xente morta.
(Risos)
Pero despois vin o home.
Sabedes, non era tan ameazador.
Era un home gordiño e encantador,
mesmo me preguntou: "Por que?
De feito, convidoume a explicarme.
E puiden dicir moitas cousas.
Puiden explicarme.
Puiden negociar.
Non fixen nada diso.
Só corrín.
Sentín, uau, que aquilo era como
un microcosmos da miña vida.
Cada vez que sentía o mínimo rexeitamento,
corría o máis rápido que podía.
E sabedes que?
Ao día seguinte, pasase o que pasase,
non ía correr.
Ía quedar.
Día 2: Pide unha
"recarga de hamburguesa".
(Risos)
Fun a unha hamburguesaría,
rematei de xantar e fun
á caixa e dixen:
"Ola, podo reencher
a hamburguesa?"
(Risos)
El estaba moi confuso,
como "Que é iso?"
(Risos)
Dixen: "É como coa
bebida pero cunha hamburguesa."
E dixo: "Síntoo, non
o facemos, ho."
(Risos)
Aquí foi onde ocorreu o rexeitamento
e podería fuxir, pero quedei.
E dixen: "Encántanme as hamburguesas,
encántame este sitio
e se facedes unha recarga de hamburguesa,
encantarédesme máis."
(Risos)
E dixo: "Ben, direillo
ao meu xefe,
quizais o fagamos, pero síntoo,
hoxe non pode ser."
Despois marchei.
E a propósito,
non creo que fixesen
a recarga de hamburguesa.
(Risos)
Creo que aínda están alí.
Pero o sentimento de vida ou morte
que sentín a primeira vez
xa non estaba,
só porque quedei,
porque non fuxín.
Dixen: Xenial, estou
aprendendo cousas.
Xenial."
E despois, Día 3:
Consigue donuts olímpicos.
Aquí, a miña vida
púxose patas arriba.
Fun a un Krispy Kreme.
É unha tenda de donuts
que hai, sobre todo, no
Sueste dos EUA.
Seguro que tamén a hai aquí.
E entrei,
e dixen: "Podedes facerme donuts
que parezan símbolos olímpicos?
Basicamente, é entrelazar
cinco donuts xuntos..."
Non había maneira
de que dixesen que si, non?
A que facía os donuts
tomoume moi en serio.
(Risos)
Ela sacou papel,
comezou a debuxar
as cores e os aneis,
pensando como podería facelo.
E 15 minutos máis tarde,
saíu cunha caixa parecida aos
aneis olímpicos.
Eu estaba emocionado.
Non o podía crer.
Ese vídeo conseguiu máis de
5 millóns de visitas en Youtube.
O mundo tampouco podía crelo.
(Risos)
Sabedes, a causa diso,
aparecín nos xornais,
en charlas, en todo.
Fíxenme famoso.
Moita xente comezou a
escribirme correos
dicindo: "O que estás facendo
é incrible."
Pero, sabedes, a fama e a notoriedade
non me dicían nada.
O que eu quería era aprender
e cambiarme a min mesmo.
Así que cambiei o resto dos
100 días de rexeitamento
nun patio de xogos,
nun proxecto de investigación.
Quería saber o que podía aprender.
E aprendín moitas cousas.
Descubrín tantos segredos.
Por exemplo, atopei que
se non fuxía
ao ser rexeitado,
podía converter un "non"
nun "si",
e a palabra máxica é "por que".
Así que un día fun á casa dun estraño,
levaba esta flor na man,
chamei á porta e dixen:
"Podo plantar esta flor
no teu patio?"
(Risos)
E dixo: "Non."
Pero antes de que el marchase dixen:
"Podo saber por que?
E dixo: "Teño un can
que arrinca todo o que
planto no patio.
Non quero estragar
a túa flor.
Se o queres facer,
cruza a rúa e fala con Connie.
Encántanlle as flores."
Así que fixen iso.
Crucei a rúa e petei
na porta de Connie.
Estaba encantada de verme.
(Risos)
E media hora máis tarde,
a flor estaba no patio de Connie.
Seguro que loce mellor agora.
(Risos)
Mais se eu marchase
despois do rexeitamento inicial
pensaría que era
porque o tipo non se fiaba de min,
porque estaba tolo,
porque non vestía ben,
non tiña boa pinta.
Non era nada diso.
Era porque o que eu tiña
non encaixaba co que el quería.
Fiouse de min dabondo
para recomendarme,
usando un tecnicismo
das vendas.
Convertinme nun recomendado.
Entón, un día...,
tamén aprendín que podo
dicir certas cousas
e aumentar as posibilidades
de ter un si.
Así que, por exemplo,
un día fun a Starbucks,
e pregunteille ao xerente:
"Ei, podo ser un saudador de Starbucks?"
E el: "Que é un saudador de Starbucks?"
Dixen: "Coñeces os saudadores
de Walmart?
Sabes, esa xente que che di 'ola'
cando entras na tenda
e vixía para que non
roubes nada, basicamente?
Gustaríame darlles unha experiencia
Walmart aos clientes de Starbucks."
(Risos)
Ben, non estou seguro
de que sexa unha boa cousa...
De feito, estou bastante seguro
de que é algo malo.
E el: "Oh."
Si, era así, chámase Eric...
Di: "Non estou seguro."
Así foi a súa reacción:
"Non estou seguro."
Pregunteille: "É moi raro?"
E el: "Si, é moi raro, tío."
Pero tan pronto como o dixo,
o seu comportamento cambiou.
Foi coma se eliminase todas as dúbidas.
E dixo: "Si, podes facelo,
pero que non quede raro."
(Risos)
E durante unha hora
fun saudador de Starbucks.
Díxenlle "ola" a cada cliente
que entrou,
e desexeille boas vacacións.
A propósito, non coñezo
a vosa traxectoria laboral,
non sexades un saudador.
(Risos)
Foi moi aburrido.
Pero descubrín que puidera facelo
porque dixen: "É moi raro?"
Mencionei a dúbida que el tiña.
E que mencionase "É moi raro?"
significaba que eu non era raro.
Significaba que eu estaba
pensando xusto coma el,
véndoo como unha cousa rara.
E outra vez, e outra vez,
Aprendín que se mencionaba
algunha dúbida que a xente podía ter
antes de facer a pregunta,
xa gañaba a súa confianza.
A xente tendía máis a dicirme que si.
E aprendín que podía
acadar o soño da miña vida
preguntando.
Sabedes, veño de catro xeracións
de profesores,
a miña avoa sempre me dixo:
"Jia, podes facer o que queiras,
mais sería xenial se
foses profesor."
(Risos)
Pero eu quería ser un
empresario, e non o fun.
Pero sempre tiven o soño
de ensinar algo.
E pensei: "E se pregunto
e imparto unha clase na facultade?"
Vivía en Austin daquela,
fun á Universidade
de Texas en Austin,
petei ás portas dos profesores
e dixen: "Podo ensinar na túa clase?"
Non conseguín nada
as primeiras dúas veces.
Pero grazas a que non fuxín,
seguino intentando,
e no terceiro intento o
profesor quedou impresionado.
Dixo: "Ninguén fixo isto antes."
Eu entrara preparado
con presentacións e a miña lección.
Dixo: "Ei, podo usar isto."
Por que non volves en dous meses?
Encaixareino no currículo."
E dous meses máis tarde
eu daba unha clase.
Este son eu, pode que non o vexades,
é unha foto mala.
Sabedes, ás veces, somos
rexeitados pola iluminación.
(Risos)
Mais...,
cando rematei esa clase,
saín chorando,
porque pensei
que podería acadar o meu soño
simplemente preguntando.
Acostumaba pensar que tiña
que ser perfecto en todo,
ser un gran empresario, facer
un PhD para ensinar...,
mais non, só preguntei,
e puiden ensinar.
E nesa foto, que non podedes ver,
citei a Martin Luther King, Jr.
Por que? Porque na miña investigación
atopei que a xente que cambia o mundo,
que cambia a forma en que vivimos
e en que pensamos,
é a xente que ao comezo atopou
rexeitamentos a miúdo violentos.
Xente como Martin Luther King Jr.,
como Mahtama Gandhi, Nelson Mandela
ou mesmo Xesús.
Esa xente non deixou
que o rexeitamento a definise.
Permitiron que a súa propia reacción
ao seu rexeitamento os definise.
E aceptaron o rexeitamento.
E non temos que ser eles
para aprender sobre rexeitamento.
No meu caso,
o rexeitamento foi a miña maldición,
foi a miña besta negra.
Angustioume toda a miña vida
porque estaba fuxindo del.
E comecei a aceptalo.
Transformeino no
mellor regalo da miña vida.
Comecei a ensinarlle á xente como
mudar rexeitamento en oportunidade.
Usei o meu blog, usei o meu discurso,
usei o libro que acabo de publicar,
incluso estou creando tecnoloxía para
axudar a superar o medo ao rexeitamento.
Cando te rexeitan na vida,
cando enfrontas un obstáculo
ou un fracaso,
considera as posibilidades.
Non fuxas.
Se os aceptas,
tamén poden chegar a ser o teu regalo.
Grazas.
(Aplauso)