1 00:00:08,380 --> 00:00:09,561 Grazas. 2 00:00:16,270 --> 00:00:21,090 Había unha vez un rei na India, que polo seu aniversario ditaminou 3 00:00:21,090 --> 00:00:24,200 que os seus súbditos tiñan que facerlle agasallos dignos dun rei. 4 00:00:24,400 --> 00:00:28,370 Algúns levaránolle telas , outres levábanlle espadas... 5 00:00:28,370 --> 00:00:29,490 outros leváronlle ouro. 6 00:00:29,490 --> 00:00:32,549 Ao final da fila había un ancián, moi baixiño e miúdo, 7 00:00:32,549 --> 00:00:36,630 que chegara da súa aldea tras moitos días de travesía polo mar. 8 00:00:36,630 --> 00:00:41,150 Cando o veu, o fillo do rei preguntoulle: "Que regalo traes para o rei?" 9 00:00:41,457 --> 00:00:44,750 O ancián, moi despacio, abriu as mans para amosar 10 00:00:44,750 --> 00:00:49,600 unha fermosa caracola, con espirais lilas e amarelas, vermellas e azuis. 11 00:00:50,160 --> 00:00:51,380 E o fillo do rei dixo: 12 00:00:51,460 --> 00:00:54,400 "Ese non é un agasallo digno dun rei! Que raios é isto?" 13 00:00:54,600 --> 00:00:57,400 O ancián mirou para el moi lentamente e dixo, 14 00:00:57,590 --> 00:01:00,750 "Foi unha longa viaxe... é parte do agasallo". 15 00:01:01,060 --> 00:01:02,560 (Risos) 16 00:01:02,900 --> 00:01:05,970 Nuns segundos eu mesmo voulles facer un agasallo, 17 00:01:05,970 --> 00:01:08,270 un agasallo que cómpre sacar á luz. 18 00:01:08,290 --> 00:01:10,050 Pero antes, acompañaranme 19 00:01:10,050 --> 00:01:11,960 pola miña viaxe. 20 00:01:12,160 --> 00:01:13,740 Como a maioría de Vds., 21 00:01:13,740 --> 00:01:15,320 eu tamén fun un neno. 22 00:01:15,320 --> 00:01:17,460 Cantos de Vds. foron nenos?: 23 00:01:17,460 --> 00:01:18,510 Todos foron nenos? 24 00:01:18,740 --> 00:01:20,500 Case a metade... ben... 25 00:01:20,570 --> 00:01:21,590 (Risos) 26 00:01:21,820 --> 00:01:24,910 E que me din os demais? Naceron xa criados? 27 00:01:25,060 --> 00:01:27,640 Amigo, quero coñecer á súa nai! 28 00:01:27,820 --> 00:01:29,460 Falando do imposíbel... 29 00:01:30,560 --> 00:01:34,740 De pequeno sempre me atraeu o concepto do imposíbel. 30 00:01:35,620 --> 00:01:38,880 Levo anos agardando vivir un momento coma este, 31 00:01:38,880 --> 00:01:41,000 porque hoxe é o día que vou tentar 32 00:01:41,020 --> 00:01:43,620 facer o imposíbel xusto diante de Vds, 33 00:01:43,620 --> 00:01:45,460 aquí mesmo, en TEDxMaastricht. 34 00:01:45,800 --> 00:01:48,160 Vou comezar 35 00:01:48,760 --> 00:01:50,880 revelando o final: 36 00:01:51,220 --> 00:01:52,640 voulles demostrar 37 00:01:52,640 --> 00:01:54,940 que o imposíbel non é imposíbel. 38 00:01:55,300 --> 00:01:58,210 E ó final dareilles un agasallo que cómpre difundir: 39 00:01:58,210 --> 00:02:01,350 amosareilles que poden facer o imposíbel coas súas vidas. 40 00:02:02,660 --> 00:02:05,420 Na miña busca do imposíbel, descubrín que hai 41 00:02:05,420 --> 00:02:08,229 dúas cousas que son universais para todas as persoas. 42 00:02:08,229 --> 00:02:09,870 Todos temos medo 43 00:02:09,870 --> 00:02:11,640 e todos temos soños. 44 00:02:12,900 --> 00:02:17,560 Na miña busca do imposíbel descubrín que hai tres cousas 45 00:02:17,560 --> 00:02:20,100 que fixen durante todos estes anos 46 00:02:20,110 --> 00:02:23,290 que me levaron a facer o imposíbel. 47 00:02:24,200 --> 00:02:26,900 Balón prisioneiro, ou como o chaman aquí, "Trefbal". 48 00:02:27,290 --> 00:02:28,360 Supermán, 49 00:02:28,460 --> 00:02:29,460 e os mosquitos. 50 00:02:29,460 --> 00:02:30,810 Esas son as miñas claves. 51 00:02:30,810 --> 00:02:33,500 Agora xa saben por que fago o imposíbel na miña vida. 52 00:02:33,610 --> 00:02:36,220 Hoxe levarienos pola miña viaxe, a miña longa travesía 53 00:02:36,320 --> 00:02:38,680 de medos a soños, 54 00:02:38,740 --> 00:02:40,980 de palabras a espadas, 55 00:02:41,160 --> 00:02:42,740 de balón prisioneiro 56 00:02:42,850 --> 00:02:44,020 a Supermán 57 00:02:44,020 --> 00:02:45,340 e mosquitos. 58 00:02:45,800 --> 00:02:47,360 Agardo ensinarlles 59 00:02:47,360 --> 00:02:49,900 como acadar o imposíbel nas súas vidas. 60 00:02:52,480 --> 00:02:54,934 4 de outubro de 2007. 61 00:02:55,840 --> 00:02:58,120 Tiña o corazón desbocado e os xeonllos tremíanme 62 00:02:58,120 --> 00:02:59,340 cando subín ó escenario, 63 00:02:59,340 --> 00:03:00,930 no Teatro Sanders, 64 00:03:01,040 --> 00:03:03,160 da Universidade de Harvard para recibir 65 00:03:03,160 --> 00:03:06,160 o Premio Nobel Lg en Medicina de 2007 66 00:03:06,160 --> 00:03:08,660 por un ensaio médico no que colaborei, 67 00:03:08,660 --> 00:03:10,270 titulado "Tragar sables... 68 00:03:10,290 --> 00:03:11,870 e os seus efectos secundarios". 69 00:03:11,870 --> 00:03:13,275 (Risos) 70 00:03:13,840 --> 00:03:17,880 Publicárase nun pequeno xornal que nunca antes lera, 71 00:03:18,460 --> 00:03:20,419 o British Medical Journal. 72 00:03:21,360 --> 00:03:24,740 Para min aquilo era un soño imposíbel que se facía realidade, 73 00:03:24,900 --> 00:03:28,120 era unha sorpresa inesperada para alguén coma min 74 00:03:28,130 --> 00:03:31,459 e unha honra que endexamais esquecerei. 75 00:03:31,459 --> 00:03:34,539 Pero aquel non foi o momento máis memorábel da miña vida. 76 00:03:35,540 --> 00:03:37,640 O 4 de outubro de 1967, 77 00:03:38,020 --> 00:03:40,260 este cativo delgado, temeroso, tímido e covarde, 78 00:03:41,100 --> 00:03:43,120 tiña un medo horríbel. 79 00:03:43,460 --> 00:03:45,579 Cando se preparaba para subir ó escenario, 80 00:03:45,579 --> 00:03:47,234 acelerábaselle o corazón, 81 00:03:47,500 --> 00:03:49,162 e tremíanlle os xeonllos. 82 00:03:49,780 --> 00:03:52,120 Cando ía abrir a boca para falar, 83 00:03:56,490 --> 00:03:58,130 non lle saían as palabras. 84 00:03:58,130 --> 00:04:00,040 Estaba alí, tremendo e chorando. 85 00:04:00,630 --> 00:04:02,360 Paralizado polo pánico 86 00:04:02,360 --> 00:04:03,760 e conxelado polo medo. 87 00:04:03,960 --> 00:04:06,130 Este cativo tímido e covarde, 88 00:04:06,130 --> 00:04:08,142 tiña un medo horrible. 89 00:04:08,649 --> 00:04:10,330 Medo á escuridade, 90 00:04:10,520 --> 00:04:11,640 ás alturas, 91 00:04:11,640 --> 00:04:13,040 ás arañas e serpes... 92 00:04:13,040 --> 00:04:15,140 Quen máis lles ten medo? 93 00:04:15,280 --> 00:04:16,660 Si, máis de un... 94 00:04:16,660 --> 00:04:19,079 Tíñalle medo á agua e ós tiburóns, 95 00:04:19,079 --> 00:04:21,939 aos médicos, enfermeiras e dentistas, 96 00:04:21,939 --> 00:04:24,680 ás agullas, taladros e obxectos afiados. 97 00:04:24,680 --> 00:04:27,380 Pero o que máis medo lle daba... 98 00:04:27,470 --> 00:04:28,470 era a xente. 99 00:04:29,380 --> 00:04:31,530 Aquel cativo covarde... 100 00:04:31,540 --> 00:04:32,570 era eu. 101 00:04:33,320 --> 00:04:35,997 Tíñalle medo á derrota e ó rechazo 102 00:04:37,070 --> 00:04:39,520 tiña a autoestima baixa e complexo de inferioridade, 103 00:04:39,520 --> 00:04:42,840 e algo que daquelas nin se sabía que existía: 104 00:04:42,840 --> 00:04:44,660 trastorno de ansiedade social. 105 00:04:44,955 --> 00:04:48,610 Por culpa do medo, os abusóns metíanse comigo. 106 00:04:48,610 --> 00:04:52,240 Ríanse de min, insultábanme... nunca me deixaban xogar con eles 107 00:04:52,300 --> 00:04:54,260 a ningún dos seus xogos. 108 00:04:55,020 --> 00:04:58,056 Bon, había un xogo ao que si podía xogar... 109 00:04:58,100 --> 00:04:59,427 o balón prisioneiro... 110 00:04:59,500 --> 00:05:01,443 e non se me daba nada ben. 111 00:05:01,760 --> 00:05:03,500 Os abusóns dicían o meu nome, 112 00:05:03,500 --> 00:05:05,970 e eu vía chegar as pelotas vermellas 113 00:05:05,970 --> 00:05:08,200 directas á miña cara a velocidade supersónica. 114 00:05:08,210 --> 00:05:09,950 Bam, bam, bam! 115 00:05:10,580 --> 00:05:13,220 Recordo que volvía á casa do colexio 116 00:05:13,300 --> 00:05:18,180 coa cara vermella e escocida, as orellas vermellas... 117 00:05:18,180 --> 00:05:21,140 As bágoas queimábanme os ollos 118 00:05:21,180 --> 00:05:23,515 e as súas palabras queimábanme os oídos. 119 00:05:23,740 --> 00:05:25,000 E quenqueira que dixese: 120 00:05:25,020 --> 00:05:28,660 "Paos e pedras romperán os meus ósos, mais as palabras non me farán dano", 121 00:05:28,880 --> 00:05:30,131 mente. 122 00:05:30,310 --> 00:05:31,980 As palabras poden ser navallas. 123 00:05:31,980 --> 00:05:34,030 Poden atravesarte coma espadas. 124 00:05:34,210 --> 00:05:36,040 Poden provocar feridas tan profundas 125 00:05:36,040 --> 00:05:37,780 que non se poden ver. 126 00:05:38,150 --> 00:05:41,070 Tiña medo, e as palabras eran o meu peor enemigo. 127 00:05:41,260 --> 00:05:42,491 Aínda o son. 128 00:05:43,355 --> 00:05:45,300 Mais tamén tiña sonos. 129 00:05:45,300 --> 00:05:47,980 Na casa ocultábame entre os meus cómics de Supermán, 130 00:05:47,980 --> 00:05:49,774 lía todos os cómics de Supermán 131 00:05:49,774 --> 00:05:53,440 e soñaba con ser un superheroe coma Superman. 132 00:05:53,480 --> 00:05:56,240 Quería loitar pola verdade e a xustiza. 133 00:05:56,240 --> 00:05:58,680 Quería loitar contra os malos e contra a criptonita, 134 00:05:58,680 --> 00:06:02,895 voar polo mundo, facendo proezas e salvando vidas. 135 00:06:03,400 --> 00:06:05,850 Tamén sentía unha gran fascinación polo real. 136 00:06:05,860 --> 00:06:09,460 Lía o libro Guinness dos récords e o "Aínda que non o crea, de Ripley". 137 00:06:09,460 --> 00:06:13,080 Alguén leu o Libro Guinees dos Récords ou o Aínda que non o crea, de Ripley? 138 00:06:13,100 --> 00:06:14,390 Encántanme eses libros! 139 00:06:14,390 --> 00:06:16,270 Vin xente real facendo proezas reais. 140 00:06:16,270 --> 00:06:17,790 E eu tamén quería facelas. 141 00:06:17,790 --> 00:06:19,330 Se os abusóns non me deixaban 142 00:06:19,330 --> 00:06:21,030 xogar con eles a nada, 143 00:06:21,030 --> 00:06:23,335 quería facer maxia e proezas de verdade. 144 00:06:23,335 --> 00:06:26,659 Quería facer algo incríbel que eses abusóns non puidesen facer. 145 00:06:26,659 --> 00:06:28,609 Quería achar o meu camiño e vocación, 146 00:06:28,609 --> 00:06:30,729 quería saber que a miña vida tiña sentido. 147 00:06:30,729 --> 00:06:33,320 Quería facer algo incríbel que mudase o mundo. 148 00:06:33,320 --> 00:06:36,960 Quería demostrar que o imposíbel non era imposíbel. 149 00:06:38,340 --> 00:06:40,240 Dez anos despois, 150 00:06:40,240 --> 00:06:42,706 faltaba unha semana para cumprir 21 anos. 151 00:06:42,819 --> 00:06:46,799 E un día aconteceron dúas cousas que mudaron a miña vida para sempre. 152 00:06:47,040 --> 00:06:49,391 Estaba vivindo en Tamil Nadu, no sur da India. 153 00:06:49,540 --> 00:06:51,020 Fora de misioneiro, 154 00:06:51,020 --> 00:06:53,090 e o meu mentor e amigo preguntoume: 155 00:06:53,090 --> 00:06:54,720 "Tes 'suetas', Daniel?" 156 00:06:54,720 --> 00:06:57,440 E eu: "Suetas? Que é iso?" 157 00:06:57,440 --> 00:07:00,490 "As suetas son os principais obxectivos da túa vida. 158 00:07:00,490 --> 00:07:04,630 A combinación dos teus soños e as túas metas, se puideses 159 00:07:04,630 --> 00:07:07,240 facer o que quixeses, ir onde quixeses, 160 00:07:07,240 --> 00:07:08,479 ser quen quixeses... 161 00:07:08,479 --> 00:07:10,356 Onde irías? Que farias? 162 00:07:10,356 --> 00:07:11,280 Quen serías? 163 00:07:11,280 --> 00:07:14,500 Dixen: "Non podo facer iso. Teño medo, demasiados medos!" 164 00:07:14,500 --> 00:07:17,800 Esa noite subín o meu colchón ao faiado da cabana, 165 00:07:17,810 --> 00:07:19,259 tumbeime debaixo das estrelas 166 00:07:19,259 --> 00:07:21,869 e observei os morcegos perseguindo os mosquitos. 167 00:07:21,869 --> 00:07:26,200 Non podía deixar de pensar nas suetas, nos soños e nas miñas metas, 168 00:07:26,200 --> 00:07:28,360 e nos abusóns e o balón prisioneiro. 169 00:07:28,760 --> 00:07:30,730 Horas despois acordei. 170 00:07:31,220 --> 00:07:33,940 Tiña o corazón acelerado e tremíanme os xeonllos. 171 00:07:34,080 --> 00:07:36,020 Esta vez non era medo. 172 00:07:36,420 --> 00:07:38,395 Tremíame o corpo 173 00:07:38,500 --> 00:07:40,180 e durante os cinco días seguintes 174 00:07:40,330 --> 00:07:44,199 gañaba e perdía a consciencia, loitaba por vivir no meu leito de morte. 175 00:07:44,199 --> 00:07:48,239 Ardíame o cerebro con 40 graos de febre, por mor da malaria. 176 00:07:48,390 --> 00:07:51,600 E cando estaba consciente, só pensaba nas suetas. 177 00:07:51,600 --> 00:07:53,820 Pensaba: "Que quero facer coa miña vida?" 178 00:07:53,950 --> 00:07:56,380 Por fin, a noite antes de cumprir 21 anos, 179 00:07:56,380 --> 00:07:58,030 nun momento de claridade, 180 00:07:58,030 --> 00:07:59,639 deime conta dalgo: 181 00:07:59,639 --> 00:08:02,100 que aquel pequeno mosquito, 182 00:08:02,620 --> 00:08:05,020 Anopheles stephensi, 183 00:08:05,280 --> 00:08:06,610 aquel diminuto mosquito 184 00:08:06,610 --> 00:08:08,390 que pesaba menos de 5 microgramos, 185 00:08:08,390 --> 00:08:09,810 menos ca un gran de sal, 186 00:08:09,810 --> 00:08:12,780 se aquel mosquito podía derrotar a un home de 80 quilos, 187 00:08:12,780 --> 00:08:14,860 souben que era a miña criptonita. 188 00:08:14,860 --> 00:08:17,150 Mais dixen: "Non, non é o mosquito". 189 00:08:17,150 --> 00:08:19,480 É o minúsculo parasito dentro do mosquito, 190 00:08:19,480 --> 00:08:23,160 Plasmodium falciparum, que mata millóns de persoas cada ano". 191 00:08:23,509 --> 00:08:25,999 E dixen: "Non, é algo aínda máis pequeno". 192 00:08:25,999 --> 00:08:28,550 Pero para min era moito máis grande. 193 00:08:28,550 --> 00:08:29,640 Pensei que o medo 194 00:08:29,640 --> 00:08:31,270 era a miña criptonita, 195 00:08:31,270 --> 00:08:32,140 o meu parasito, 196 00:08:32,140 --> 00:08:34,990 que paralizara a miña vida. 197 00:08:35,200 --> 00:08:38,080 Saben, hai unha diferenza entre o perigo e o medo. 198 00:08:38,109 --> 00:08:39,698 O perigo é real. 199 00:08:39,990 --> 00:08:42,010 O medo é unha opción. 200 00:08:42,080 --> 00:08:44,309 E deime conta que tiña unha opción: 201 00:08:44,309 --> 00:08:48,180 Podía vivir con medo e morrer fracasando 202 00:08:49,070 --> 00:08:52,080 ou podía vencer os meus medos e podía 203 00:08:52,080 --> 00:08:56,060 acadar os meus soños, podía atreverme a vivir a vida. 204 00:08:56,680 --> 00:08:59,560 Saben? Hai algo niso de estar no teu leito de morte, 205 00:08:59,560 --> 00:09:04,080 e enfrentarte á morte que te fai querer vivir de verdade. 206 00:09:04,180 --> 00:09:07,140 Deime conta de que todos morremos, pero non todos vivimos. 207 00:09:08,040 --> 00:09:09,890 E é morrendo cando vivimos. 208 00:09:09,890 --> 00:09:11,580 Porque cando aprendes a morrer, 209 00:09:11,580 --> 00:09:13,070 é cando aprendes a vivir. 210 00:09:13,070 --> 00:09:15,140 Así foi como decidín cambiar 211 00:09:15,140 --> 00:09:16,420 a miña historia. 212 00:09:16,915 --> 00:09:18,230 Non quería morrer. 213 00:09:18,230 --> 00:09:20,010 Así que recei e dixen: 214 00:09:20,010 --> 00:09:22,230 "Deus, se deixas que chegue ós 21 215 00:09:22,230 --> 00:09:24,544 xamais deixarei que o medo mande en min. 216 00:09:24,670 --> 00:09:26,520 Enterrarei os meus medos, 217 00:09:26,520 --> 00:09:29,530 loitarei polos meus soños, 218 00:09:29,530 --> 00:09:31,270 cambiarei a miña actitude, 219 00:09:31,270 --> 00:09:33,540 quero facer algo incríbel coa miña vida, 220 00:09:33,540 --> 00:09:35,550 quero achar o meu camiño e vocación, 221 00:09:35,550 --> 00:09:38,632 quero saber que o imposíbel non é tal". 222 00:09:38,780 --> 00:09:42,820 Non lles direi se sobrevivín. Terán que averigualo. 223 00:09:42,850 --> 00:09:43,978 (Risos) 224 00:09:43,978 --> 00:09:47,100 Esa noite fixen unha lista coas miñas 10 suetas principais: 225 00:09:47,100 --> 00:09:50,210 decidín que quería visitar todos os continentes, 226 00:09:50,210 --> 00:09:51,820 ver as sete marabillas do mundo, 227 00:09:51,820 --> 00:09:53,410 aprender uns cantos idiomas, 228 00:09:53,410 --> 00:09:54,940 vivir nunha illa desértica, 229 00:09:54,940 --> 00:09:56,480 vivir nun barco no océano, 230 00:09:56,480 --> 00:09:58,650 vivir cunha tribo indíxena no Amazonas, 231 00:09:58,650 --> 00:10:01,210 chegar ó cumio da montaña máis alta de Suecia, 232 00:10:01,210 --> 00:10:03,180 ver o Monte Everest ao amencer, 233 00:10:03,190 --> 00:10:05,390 traballar no mundo da música en Nashville, 234 00:10:05,400 --> 00:10:07,060 traballar nun circo 235 00:10:07,080 --> 00:10:09,120 e saltar desde un avión. 236 00:10:09,120 --> 00:10:12,380 Durante os seguintes 20 anos acadei case todas esas suetas. 237 00:10:12,410 --> 00:10:14,650 Cada vez que riscaba unha sueta da miña lista, 238 00:10:14,650 --> 00:10:18,190 engadía 5 ou 10 máis, e a lista seguía medrando. 239 00:10:18,800 --> 00:10:23,280 Os seguintes sete anos vivín nunha illa das Bahamas, 240 00:10:23,320 --> 00:10:25,360 durante sete anos 241 00:10:25,370 --> 00:10:27,274 nunha cabana de palla, 242 00:10:29,480 --> 00:10:33,820 matando para comer o que había na illa: tirubóns e peces raia, 243 00:10:33,820 --> 00:10:36,249 vestido con taparrabos. 244 00:10:36,680 --> 00:10:39,160 Aprendín a nadar con tiburóns. 245 00:10:39,160 --> 00:10:40,980 De aí pasei a México, 246 00:10:40,980 --> 00:10:45,000 e dalí á marchei ó Amazonas, en Ecuador, 247 00:10:45,241 --> 00:10:48,100 Pujo Pongo Ecuador, onde vivín cunha tribo. 248 00:10:48,100 --> 00:10:52,180 Pouco a pouco comecei a gañar confianza coas miñas suetas 249 00:10:52,180 --> 00:10:55,100 Metinme no mundo da música, despois pasei a Suecia, 250 00:10:55,110 --> 00:10:57,870 mudeime a Estocolmo, onde traballei de músico. 251 00:10:57,870 --> 00:11:01,920 E alí cheguei á cima do Kebnekaise, alén do Círculo Polar. 252 00:11:03,300 --> 00:11:04,750 Aprendín a ser paiaso, 253 00:11:04,750 --> 00:11:05,860 e malabarista, 254 00:11:05,860 --> 00:11:07,480 a camiñar con zocos, 255 00:11:07,480 --> 00:11:10,440 montar en bici dunha roda, a tragar lume e cristal... 256 00:11:10,450 --> 00:11:13,620 En 1997, souben que había menos dunha ducia de tragasables 257 00:11:13,620 --> 00:11:15,410 e pensei: "Teño que probalo!" 258 00:11:15,420 --> 00:11:18,290 Coñecín un tragasables e pedinlle algúns consellos. 259 00:11:18,290 --> 00:11:20,190 E díxome: "Si vouche dar dous: 260 00:11:20,190 --> 00:11:21,926 un, isto é moi perigoso. 261 00:11:21,926 --> 00:11:23,948 Hai xente que morre facendo isto. 262 00:11:23,948 --> 00:11:24,953 E número dous: 263 00:11:24,953 --> 00:11:26,206 non o intentes!" 264 00:11:26,206 --> 00:11:27,520 (Risos) 265 00:11:27,540 --> 00:11:29,540 Así que o engadín á miña lista de suetas. 266 00:11:30,440 --> 00:11:33,320 E practiquei de 10 a 12 veces ao día 267 00:11:33,660 --> 00:11:35,160 durante catro anos. 268 00:11:35,209 --> 00:11:36,709 E agora que fago números... 269 00:11:36,709 --> 00:11:40,020 4 x 365 [x 12] 270 00:11:40,020 --> 00:11:42,660 Iso son uns 13.000 intentos fallidos 271 00:11:42,660 --> 00:11:45,420 antes de conseguir tragar a miña primeira espada en 2001. 272 00:11:46,002 --> 00:11:47,630 Nese tempo propúxenme a sueta 273 00:11:47,630 --> 00:11:50,940 de converterme no maior experto mundial en tragar espadas. 274 00:11:50,970 --> 00:11:53,820 Busquei todos os libros, revistas, artigos xornalísticos, 275 00:11:53,820 --> 00:11:57,670 informes médicos, estudei fisiología, anatomía, 276 00:11:57,676 --> 00:11:59,719 falei con médicos e enfermeiras, 277 00:11:59,719 --> 00:12:01,760 reunín a todos os tragasables 278 00:12:01,760 --> 00:12:04,150 nunha Asociación Internacional de tragasables, 279 00:12:04,170 --> 00:12:06,560 durante dous anos dirixín unha investigación médica 280 00:12:06,560 --> 00:12:08,580 sobre tragar sables e os seus efectos 281 00:12:08,580 --> 00:12:10,980 que se publicou no British Medical Journal. 282 00:12:10,980 --> 00:12:11,840 (Risos) 283 00:12:11,840 --> 00:12:12,940 Grazas. 284 00:12:12,960 --> 00:12:17,748 (Aplausos) 285 00:12:18,200 --> 00:12:21,570 E aprendín cousas fascinantes sobre tragar espadas. 286 00:12:21,571 --> 00:12:25,260 Cousas sobre as que nunca pensaron, pero que a partir de agora pensarán. 287 00:12:25,260 --> 00:12:28,550 A próxima vez que estean na casa, cortando un filete cun coitelo, 288 00:12:28,550 --> 00:12:31,759 o teñan un obxecto afiado na man, pensarán nisto. 289 00:12:34,107 --> 00:12:36,589 Aprendín que o de tragar sables comezou na India, 290 00:12:36,589 --> 00:12:39,889 xusto onde o vin por primeira vez cando só tiña 20 anos, 291 00:12:39,889 --> 00:12:42,290 hai uns 4000 anos, no 2000 a.C. 292 00:12:42,290 --> 00:12:45,580 Durante os últimos 150 anos, os tragasables utilizáronse 293 00:12:45,590 --> 00:12:47,400 nos eidos da ciencia e da medicina 294 00:12:47,480 --> 00:12:51,160 para crear un endoscopio ríxido en 1868, 295 00:12:51,160 --> 00:12:53,820 feito polo Dr. Adolf Kussmaul, en Friburgo, Alemaña. 296 00:12:53,880 --> 00:12:56,639 En 1906, o electrocardiograma en Gales, 297 00:12:56,639 --> 00:13:00,240 para estudar trastornos de deglución e dixestión, 298 00:13:00,240 --> 00:13:01,860 broncoscopios, esas cousas. 299 00:13:01,860 --> 00:13:03,840 Mais durante os últimos 150 anos 300 00:13:03,840 --> 00:13:07,860 sabemos de centos de lesións e ducias de mortes... 301 00:13:07,880 --> 00:13:14,560 Este é o endoscopio ríxido que creou o Dr. Adolf Kussmaul. 302 00:13:14,740 --> 00:13:18,679 Mais descubrimos que houbo 29 mortes nos últimos 150 anos, 303 00:13:18,679 --> 00:13:22,462 incluido un tragasables londinense, que se atravesou o corazón coa espada. 304 00:13:23,142 --> 00:13:25,340 Tamén soubemos que hai entre 3 e 8 305 00:13:25,340 --> 00:13:27,780 lesións cada ano por tragar espadas. 306 00:13:27,780 --> 00:13:29,880 E seino porque recibo chamadas. 307 00:13:29,880 --> 00:13:31,150 Hai pouco recibín dúas, 308 00:13:31,150 --> 00:13:34,320 unha de Suecia e outra de Orlando, 309 00:13:34,320 --> 00:13:37,019 de tragasables que están no hospital por lesións. 310 00:13:37,019 --> 00:13:38,769 É algo moi perigoso. 311 00:13:38,769 --> 00:13:41,629 A outra cousa que aprendín é que a maioría da xente tarda 312 00:13:41,629 --> 00:13:44,320 entre 2 e 10 anos en aprender 313 00:13:44,320 --> 00:13:45,610 a tragar unha espada. 314 00:13:45,610 --> 00:13:48,020 Pero o que máis me chamou a atención 315 00:13:48,020 --> 00:13:51,360 foi ver como os tragasables aprenden a facer o imposíbel. 316 00:13:51,460 --> 00:13:53,460 E vou contarvos un pequeno segredo: 317 00:13:53,520 --> 00:13:57,580 non se centren no 99,9% que é imposíbel, 318 00:13:57,580 --> 00:14:02,030 céntrense no 0,1% que é posíbel, e pensen como facelo posíbel. 319 00:14:02,817 --> 00:14:06,140 Agora levareinos por unha viaxe á mente dos tragasables. 320 00:14:06,140 --> 00:14:09,479 Para tragar unha espada, cómpre meditar sobre a materia, 321 00:14:09,479 --> 00:14:12,270 unha concentración afiada e unha precisión milimétrica, 322 00:14:12,270 --> 00:14:15,670 para illar os órganos internos e superar os reflexos automáticos 323 00:14:15,710 --> 00:14:20,370 a través dunha sinopse cerebral e dunha memoria muscular, 324 00:14:20,450 --> 00:14:23,720 algo que se consegue practicando máis de 10.000 veces. 325 00:14:24,020 --> 00:14:28,090 Levareinos por unha viaxe ao corpo dun tragasables. 326 00:14:28,310 --> 00:14:30,130 Para tragar unha espada, 327 00:14:30,130 --> 00:14:32,250 teño que baixala pola miña lingua, 328 00:14:32,250 --> 00:14:34,780 controlar o reflexo de vomitar, 329 00:14:34,780 --> 00:14:37,740 xirar 90 graos pola epiglote, 330 00:14:38,240 --> 00:14:41,040 atravesar o esfínter esofáxico superior cricofarínxeo, 331 00:14:41,060 --> 00:14:42,600 conter o reflexo peristaltísmico 332 00:14:42,600 --> 00:14:44,380 e deslizar a folla polo peito, 333 00:14:44,380 --> 00:14:45,960 entre os pulmóns. 334 00:14:46,080 --> 00:14:48,349 A esta altura, 335 00:14:48,399 --> 00:14:50,389 teño que apartar o meu corazón. 336 00:14:50,389 --> 00:14:51,720 Se observan ben, 337 00:14:51,720 --> 00:14:53,580 verán o meu corazón latendo coa espada 338 00:14:53,580 --> 00:14:55,339 porque está apoiándose nel 339 00:14:55,339 --> 00:14:58,299 separado só a 1/8 de palmo de tecido esofáxico. 340 00:14:58,299 --> 00:15:00,140 Isto non se pode finxir. 341 00:15:00,320 --> 00:15:02,480 Despois teño que deslizala polo esternón, 342 00:15:02,480 --> 00:15:05,250 pasar o esfínter esofáxico inferior, cara o estómago, 343 00:15:05,250 --> 00:15:08,680 reprimir o reflexo de devolver, ata chegar ao duodeno. 344 00:15:08,680 --> 00:15:09,750 Facilísimo. 345 00:15:09,750 --> 00:15:10,930 (Risos) 346 00:15:10,930 --> 00:15:12,880 Se baixase aínda máis, 347 00:15:12,880 --> 00:15:17,720 ata chegar ás trompas de falopio. 348 00:15:17,720 --> 00:15:20,980 Señores, despois pregúntenlles ás súas mulleres o que é iso. 349 00:15:22,160 --> 00:15:23,900 A xente dime: 350 00:15:23,900 --> 00:15:26,740 "Fai falla valor para arriscar a túa vida, 351 00:15:26,740 --> 00:15:28,800 apartar o corazón e tragar unha espada..." 352 00:15:28,800 --> 00:15:30,500 Non. O valor de verdade 353 00:15:30,500 --> 00:15:33,020 é que ese cativo delgado, temeroso, tímido e covarde 354 00:15:33,080 --> 00:15:35,620 se enfrente ao fracaso e rexeitamento 355 00:15:35,620 --> 00:15:37,040 desnude o corazón, 356 00:15:37,040 --> 00:15:38,240 trague o orgullo 357 00:15:38,240 --> 00:15:41,060 e estea aquí, diante de estraños 358 00:15:41,060 --> 00:15:43,670 para contarlles a historia dos seus medos e soños, 359 00:15:43,680 --> 00:15:47,580 deixando a pel, literal e metaforicamente. 360 00:15:48,280 --> 00:15:49,450 Verán... grazas. 361 00:15:49,450 --> 00:15:53,720 (Aplausos) 362 00:15:53,850 --> 00:15:56,250 Verán, o incríbel é 363 00:15:56,250 --> 00:15:58,650 que sempre quixen facer o extraordinario 364 00:15:58,650 --> 00:15:59,780 e iso fago agora. 365 00:15:59,780 --> 00:16:02,880 Pero o extraordinario non é que poida tragar 366 00:16:02,880 --> 00:16:05,170 21 espadas seguidas, 367 00:16:07,640 --> 00:16:10,500 ou estar somerxido nunha peceira con 88 tiburóns ou raias 368 00:16:10,500 --> 00:16:12,307 para o a revista de Ripley, 369 00:16:13,840 --> 00:16:17,600 ou a unha temperatura de 1.500 graos para Stan Lee's Superhumans 370 00:16:17,610 --> 00:16:19,470 no papel de Home de Aceiro 371 00:16:19,520 --> 00:16:21,574 e que calor facía! 372 00:16:22,410 --> 00:16:24,920 Ou tirar dun coche cunha espada para a revista Ripley 373 00:16:24,930 --> 00:16:26,290 ou o Guinness, 374 00:16:26,290 --> 00:16:28,760 ou ser finalista de America's Got Talent, 375 00:16:28,820 --> 00:16:31,540 ou gañar o Ig Nobel de Medicina en 2007; 376 00:16:31,550 --> 00:16:33,900 non, iso non é o extraordinario. 377 00:16:33,900 --> 00:16:36,350 Iso pensa a xente. Pero non, que va. 378 00:16:36,350 --> 00:16:37,800 O extraordinario de verdade 379 00:16:37,800 --> 00:16:40,660 é que Deus vese a ese cativo delgado, tímido e covarde, 380 00:16:40,660 --> 00:16:42,200 que lle tiña medo ás alturas, 381 00:16:42,200 --> 00:16:43,890 da auga e dos tiburóns, 382 00:16:43,890 --> 00:16:46,370 de médicos e enfermeiros e obxectos puntiagudos 383 00:16:46,370 --> 00:16:47,640 de falar coa xente 384 00:16:47,640 --> 00:16:49,800 e o puxese a voar polo mundo 385 00:16:49,800 --> 00:16:51,320 a alturas de 30.000 pés 386 00:16:51,320 --> 00:16:53,900 a tragar obxectos puntiagudos baixo a auga 387 00:16:53,900 --> 00:16:57,430 a falar con médicos e enfermeiros e públicos como Vds. polo mundo... 388 00:16:57,430 --> 00:16:59,580 Iso si que é o extraordinario. 389 00:16:59,580 --> 00:17:01,450 Sempre quixen facer o imposíbel... 390 00:17:01,450 --> 00:17:02,380 Grazas. 391 00:17:02,380 --> 00:17:03,760 (Aplausos) 392 00:17:03,760 --> 00:17:05,220 Grazas. 393 00:17:05,660 --> 00:17:09,040 (Aplausos) 394 00:17:09,700 --> 00:17:12,569 Sempre quixen facer o imposíbel, e iso fago. 395 00:17:12,569 --> 00:17:15,858 Quería facer o extraordinario coa miña vida e mudar o mundo 396 00:17:15,858 --> 00:17:16,896 e iso fago. 397 00:17:16,896 --> 00:17:19,819 Sempre quixen voar polo mundo facendo cousas sobrehumanas 398 00:17:19,819 --> 00:17:21,377 salvando vidas, e iso fago. 399 00:17:21,377 --> 00:17:22,720 E saben que? 400 00:17:22,720 --> 00:17:25,569 Pois que aquel cativo do que lles falo... 401 00:17:25,569 --> 00:17:27,290 ...non anda lonxe. 402 00:17:30,320 --> 00:17:36,197 (Risos) (Aplausos) 403 00:17:37,000 --> 00:17:40,240 E sempre quixen achar o meu camiño e vocación, 404 00:17:40,270 --> 00:17:41,530 e agora acheinos. 405 00:17:41,540 --> 00:17:42,920 Pero saben que? 406 00:17:42,920 --> 00:17:46,230 Non foron as espadas, non foi o que pensan, nin as miñas forzas, 407 00:17:46,230 --> 00:17:48,510 foron as miñas debilidades e palabras. 408 00:17:48,510 --> 00:17:51,090 O meu camiño, a miña vocación é mudar o mundo 409 00:17:51,090 --> 00:17:52,390 rachando co medo, 410 00:17:52,390 --> 00:17:54,910 espada a espada, palabra a palabra, 411 00:17:55,070 --> 00:17:57,450 coitelo a coitelo, vida a vida, 412 00:17:57,540 --> 00:17:59,700 inspirar aos demais a seren superheroes 413 00:17:59,700 --> 00:18:01,860 que conseguen o imposíbel. 414 00:18:02,060 --> 00:18:04,680 A miña vocación é axudar ós demais a encontraren a súa. 415 00:18:04,680 --> 00:18:05,680 E a súa? 416 00:18:05,680 --> 00:18:06,960 Cal é a súa vocación? 417 00:18:06,960 --> 00:18:08,960 Por que están aquí? 418 00:18:09,260 --> 00:18:11,590 Creo que a nosa vocación é a de ser superheroes. 419 00:18:12,160 --> 00:18:14,260 Cal é o seu superpoder? 420 00:18:14,560 --> 00:18:17,990 Hai 7.000 millóns de persoas no mundo, 421 00:18:17,990 --> 00:18:20,250 non hai nin unha ducia de tragasables 422 00:18:20,250 --> 00:18:21,661 en todo o mundo, 423 00:18:21,661 --> 00:18:22,940 pero só hai un "ti". 424 00:18:22,940 --> 00:18:24,070 Ti es único. 425 00:18:24,070 --> 00:18:25,540 Cal é a túa historia? 426 00:18:25,540 --> 00:18:27,760 Que te fai diferente? 427 00:18:27,760 --> 00:18:29,180 Conta a túa historia, 428 00:18:29,180 --> 00:18:31,721 aínda que che trema a voz. 429 00:18:31,900 --> 00:18:33,340 Que suetas tes? 430 00:18:33,340 --> 00:18:35,850 Se puideses elixir que facer, quen ser, onde ir... 431 00:18:35,850 --> 00:18:37,430 Que farías? Onde irías? 432 00:18:37,430 --> 00:18:38,480 Que farias? 433 00:18:38,480 --> 00:18:40,340 Que queres facer coa túa vida? 434 00:18:40,340 --> 00:18:41,760 Con que soñas? 435 00:18:41,760 --> 00:18:44,450 Con que soñabas de pequeno? Recórdao. 436 00:18:44,450 --> 00:18:46,240 Seguro que non isto, verdade? 437 00:18:46,483 --> 00:18:47,880 Cal era o teu soño, 438 00:18:47,880 --> 00:18:50,450 aquel que pensabas que era tan raro? 439 00:18:50,450 --> 00:18:54,040 Seguro que agora os teus soños non te parecen tan raros. 440 00:18:55,370 --> 00:18:57,050 Cal é a túa espada? 441 00:18:57,050 --> 00:18:58,650 Todos temos unha espada, 442 00:18:58,650 --> 00:19:00,600 unha de dobre fío, cargada de medos. 443 00:19:00,600 --> 00:19:03,520 Traguen esa espada, sexa o que sexa. 444 00:19:03,890 --> 00:19:05,870 Loiten polos seus soños. 445 00:19:05,870 --> 00:19:08,900 Nunca é tarde para ser o que queren ser. 446 00:19:09,720 --> 00:19:12,920 A eses abusóns da pelota, eses pequenos que pensaban 447 00:19:12,920 --> 00:19:14,916 que nunca conseguiría o imposíbel, 448 00:19:15,060 --> 00:19:17,645 só lles direi unha cousa: 449 00:19:17,645 --> 00:19:18,841 Grazas. 450 00:19:18,940 --> 00:19:22,220 Porque de non ser polos malos, non habería superheroes. 451 00:19:23,020 --> 00:19:27,237 Estou aquí para demostrar que o imposíbel non é tal. 452 00:19:28,300 --> 00:19:32,310 Isto é extremadamente perigoso. Podería matarme. 453 00:19:32,340 --> 00:19:33,720 Agardo que lles guste. 454 00:19:33,720 --> 00:19:35,260 (Risos) 455 00:19:36,350 --> 00:19:38,700 Vou precisar a súa axuda con isto. 456 00:19:46,731 --> 00:19:48,405 Público: dous, tres... 457 00:19:48,405 --> 00:19:52,100 Dan: Non. Vou necesitar a súa axuda coa conta atrás, estamos? 458 00:19:52,100 --> 00:19:53,210 (Risos) 459 00:19:53,210 --> 00:19:55,840 Saben facelo, verdade? Conten comigo. 460 00:19:55,870 --> 00:19:56,964 Un. 461 00:19:56,964 --> 00:19:58,150 Dous. 462 00:19:58,170 --> 00:19:58,980 Tres. 463 00:19:58,980 --> 00:20:00,920 Non, iso é dous, pero case vai. 464 00:20:06,760 --> 00:20:07,780 Público: un. 465 00:20:07,840 --> 00:20:08,750 Dous. 466 00:20:08,800 --> 00:20:10,010 Tres. 467 00:20:11,260 --> 00:20:13,280 (Bufidos) 468 00:20:14,360 --> 00:20:15,940 (Aplausos) 469 00:20:16,251 --> 00:20:17,450 Si! 470 00:20:17,450 --> 00:20:23,100 (Aplausos) (Vivas) 471 00:20:23,100 --> 00:20:24,820 Moitísimas grazas. 472 00:20:25,450 --> 00:20:28,800 Grazas, grazas, grazas. Desde o máis fondo do meu corazón. 473 00:20:28,800 --> 00:20:31,290 O bon, grazas desde o máis fondo do meu estómago. 474 00:20:31,880 --> 00:20:35,020 Dixen que viñera facer o imposíbel, e así foi. 475 00:20:35,030 --> 00:20:37,730 Pero isto non foi o imposíbel, isto fágoo todos os días. 476 00:20:37,800 --> 00:20:42,800 O imposíbel é que aquel neno tímido e asustadizo se enfrontase aos seus medos, 477 00:20:42,840 --> 00:20:44,600 estea aquí, no escenario de TED, 478 00:20:44,600 --> 00:20:47,100 e mudarfose quen de mudar o mundo, 479 00:20:47,100 --> 00:20:49,080 espada a espada, vida a vida. 480 00:20:49,080 --> 00:20:52,060 Se os fixen pensar doutro xeito, se os fixen crer 481 00:20:52,060 --> 00:20:54,460 que o imposíbel non é imposíbel, 482 00:20:54,460 --> 00:20:57,960 se os fixen ver que poden facer o imposíbel coas súas vidas, 483 00:20:58,120 --> 00:21:01,020 fixen o meu traballo, e o seu está por comezar. 484 00:21:01,020 --> 00:21:04,100 Nunca deixen de soñar. Nunca deixen de crer. 485 00:21:04,820 --> 00:21:06,350 Grazas por crer en min 486 00:21:06,350 --> 00:21:08,250 e grazas por formar parte do meu soño. 487 00:21:08,250 --> 00:21:09,550 E velaquí o meu agasallo: 488 00:21:09,550 --> 00:21:11,486 o imposíbel non é... 489 00:21:11,486 --> 00:21:12,920 Público: imposíbel. 490 00:21:12,920 --> 00:21:14,920 Longa viaxe, parte do regalo. 491 00:21:15,100 --> 00:21:19,560 (Aplausos) 492 00:21:19,560 --> 00:21:21,020 Grazas 493 00:21:21,060 --> 00:21:25,360 (Aplausos) 494 00:21:25,580 --> 00:21:27,560 (Vivas) 495 00:21:27,780 --> 00:21:30,540 Presentador: Grazas, Dan Meyer, vaites!