WEBVTT 00:00:00.741 --> 00:00:02.383 Durmir. 00:00:02.383 --> 00:00:05.204 Algo ao que lle dedicamos preto dun terzo da nosa vida 00:00:05.204 --> 00:00:08.525 mais algún de nós realmente sabe de que se trata? 00:00:08.525 --> 00:00:10.740 Hai dous mil anos, Galeno, 00:00:10.740 --> 00:00:14.080 un dos investigadores médicos máis destacados da Antigüidade 00:00:14.080 --> 00:00:16.258 postulou que mentres estamos espertos, 00:00:16.258 --> 00:00:19.620 a forza motriz do cerebro, o seu zume, 00:00:19.620 --> 00:00:22.190 fluía cara a todas as outras partes do corpo 00:00:22.190 --> 00:00:25.754 animándoas pero deixando o cerebro seco. 00:00:26.104 --> 00:00:27.820 Pensaba que cando durmimos 00:00:27.820 --> 00:00:30.358 toda esta humidade que enchía o resto do corpo 00:00:30.358 --> 00:00:33.892 volvía rapidamente para hidratar o cerebro 00:00:33.913 --> 00:00:36.069 e refrescar a mente. 00:00:36.459 --> 00:00:38.880 Isto hoxe soa totalmente ridículo, 00:00:38.880 --> 00:00:42.481 mais Galeno só trataba de explicar unha cousa sobre o sono 00:00:42.528 --> 00:00:44.905 coa que lidamos a diario. 00:00:45.185 --> 00:00:49.599 Todos sabemos, pola nosa experiencia, que durmir aclara a mente 00:00:49.941 --> 00:00:53.253 e non durmir deixa a cabeza turbia. 00:00:54.210 --> 00:00:56.722 Pese a que hoxe sabemos moitísimo máis sobre o sono 00:00:56.722 --> 00:00:58.526 que cando vivía Galeno, 00:00:58.526 --> 00:01:02.805 aínda non comprendemos por que o sono, de todas as nosas actividades 00:01:02.805 --> 00:01:06.194 ten esta incríbel función reparadora para a mente. 00:01:06.754 --> 00:01:09.594 Así que hoxe quero falar sobre investigacións recentes 00:01:09.610 --> 00:01:12.368 que poden botar luz sobre esta cuestión. 00:01:12.368 --> 00:01:15.573 Atopamos que o sono pode ser en realidade 00:01:15.573 --> 00:01:17.946 unha especie de solución elegante de deseño 00:01:17.946 --> 00:01:20.523 para algunhas das necesidades máis básicas do cerebro, 00:01:20.523 --> 00:01:22.469 un xeito único en que o cerebro 00:01:22.469 --> 00:01:25.292 resolve as amplas esixencias e as estreitas marxes 00:01:25.292 --> 00:01:29.261 que o fan distinto do resto de órganos do corpo. 00:01:30.291 --> 00:01:33.346 Case toda a bioloxía que observamos 00:01:33.346 --> 00:01:35.800 pode pensarse como unha serie de problemas 00:01:35.800 --> 00:01:37.841 e as súas solucións correspondentes. 00:01:37.841 --> 00:01:41.051 O primeiro problema que todo órgano ten que resolver 00:01:41.051 --> 00:01:45.799 é o do continuo fornecemento de nutrientes para alimentar todas as células do corpo. 00:01:45.930 --> 00:01:48.138 No cerebro é especialmente crítico; 00:01:48.138 --> 00:01:50.355 a súa intensa actividade eléctrica emprega 00:01:50.355 --> 00:01:53.213 un cuarto de todo o abastecemento de enerxía do corpo, 00:01:53.213 --> 00:01:57.573 a pesar de que o cerebro constitúe só arredor dun 2% da masa total do corpo. 00:01:58.180 --> 00:02:02.072 O sistema circulatorio soluciona o problema de reparto de nutrientes 00:02:02.083 --> 00:02:05.866 usando vasos sanguíneos, que levan nutrientes e osíxeno 00:02:05.956 --> 00:02:07.866 a cada recanto do noso corpo. 00:02:08.106 --> 00:02:10.990 Podémolo ver neste vídeo. 00:02:10.990 --> 00:02:15.062 Estamos a ver os vasos sanguíneos do cerebro dun rato vivo. 00:02:15.487 --> 00:02:18.117 Os vasos sanguíneos forman unha complexa rede 00:02:18.117 --> 00:02:20.465 que enche todo o volume do cerebro. 00:02:20.465 --> 00:02:25.026 Comezan na súa superficie e despois penetran no tecido. 00:02:25.147 --> 00:02:27.508 A medida que se espallan, levan nutrientes 00:02:27.508 --> 00:02:31.743 e osíxeno a todas e cada unha das células do cerebro. 00:02:33.276 --> 00:02:38.066 Dado que todas as células precisan nutrientes para funcionar, 00:02:38.137 --> 00:02:41.277 cada célula tamén produce refugallos como subproduto 00:02:41.277 --> 00:02:45.013 e a limpeza deses refugallos é o segundo problema básico 00:02:45.090 --> 00:02:47.442 que ten que resolver cada órgano. 00:02:47.882 --> 00:02:50.465 Este diagrama amosa o sistema linfático, 00:02:50.465 --> 00:02:52.895 que evolucionou para satisfacer esta necesidade. 00:02:52.895 --> 00:02:57.687 É unha segunda rede paralela de vasos que se estende ao longo do corpo. 00:02:57.721 --> 00:03:01.568 Recolle as proteínas e outros residuos dos espazos intercelulares 00:03:01.602 --> 00:03:06.104 para despois vertelos no sangue e que poidan ser eliminados. 00:03:06.675 --> 00:03:09.814 Se mirades ben este diagrama veredes algo 00:03:09.858 --> 00:03:12.186 que non ten moito sentido. 00:03:12.186 --> 00:03:14.943 Se ampliamos a cabeza deste individuo 00:03:14.943 --> 00:03:19.986 unha das cousas que se ven é que non hai vasos linfáticos no cerebro. 00:03:21.298 --> 00:03:24.392 Mais isto non ten moito sentido, non si? 00:03:24.392 --> 00:03:27.497 Quero dicir, o cerebro é un órgano cunha intensa actividade 00:03:27.597 --> 00:03:30.392 que produce unha cantidade igualmente grande de residuos 00:03:30.392 --> 00:03:32.739 que hai que limpar eficazmente. 00:03:32.739 --> 00:03:35.701 E aínda así non ten vasos linfáticos, o que significa 00:03:35.701 --> 00:03:37.727 que a solución que adopta o resto do corpo 00:03:37.727 --> 00:03:41.092 para limpar os residuos non funciona no cerebro. 00:03:42.311 --> 00:03:46.239 Entón como soluciona o cerebro o problema da limpeza dos seus residuos? 00:03:46.613 --> 00:03:49.982 Esta cuestión, aparentemente trivial, 00:03:49.982 --> 00:03:53.390 é a que motivou ao noso grupo a entrar nesta historia. 00:03:53.390 --> 00:03:57.751 E o que atopamos ao entrarmos no cerebro, 00:03:57.751 --> 00:04:02.837 entre as neuronas e os vasos sanguíneos, foi que a solución do cerebro 00:04:02.837 --> 00:04:07.123 para o problema da limpeza de residuos era totalmente inesperada. 00:04:07.200 --> 00:04:11.810 Era enxeñosa pero tamén fermosa. 00:04:13.168 --> 00:04:14.835 Vouvos contar o que atopamos. 00:04:14.835 --> 00:04:17.389 O cerebro ten unha bolsa grande 00:04:17.389 --> 00:04:20.850 de fluído limpo e claro, chamado líquido cefalorraquídeo, 00:04:20.850 --> 00:04:22.169 que abreviamos como LCR. 00:04:22.169 --> 00:04:25.989 O LCR enche o espazo que rodea o cerebro, 00:04:25.989 --> 00:04:28.282 de modo que os residuos do interior do cerebro 00:04:28.282 --> 00:04:29.894 saen cara ao LCR, 00:04:29.894 --> 00:04:32.927 que é vertido no sangue xunto cos residuos. 00:04:33.157 --> 00:04:36.307 Isto semella moi parecido ao sistema linfático, verdade? 00:04:36.869 --> 00:04:39.625 Pero o máis interesante é que o líquido mais os residuos 00:04:39.625 --> 00:04:43.717 do interior do cerebro non chegan así como así 00:04:43.764 --> 00:04:46.138 ata as bolsas do LCR. 00:04:46.138 --> 00:04:49.861 Ao contrario, hai unha rede especializada de condutos 00:04:49.861 --> 00:04:53.133 que organiza e facilita este proceso. 00:04:53.753 --> 00:04:55.902 Podédelo ver nestes vídeos. 00:04:55.902 --> 00:05:00.390 Aquí estamos vendo outra vez o cerebro de ratos vivos. 00:05:00.424 --> 00:05:04.367 A imaxe da esquerda amosa o que sucede na superficie do cerebro, 00:05:04.406 --> 00:05:07.840 mentres que a da dereita amosa o que ocorre dentro do cerebro, 00:05:07.916 --> 00:05:09.639 no interior do propio tecido. 00:05:09.639 --> 00:05:11.898 Marcamos os vasos sanguíneos en vermello 00:05:11.898 --> 00:05:15.352 e o LCR que rodea o cerebro vai aparecer en verde. 00:05:15.745 --> 00:05:20.615 O que nos sorprendeu foi que o líquido do exterior do cerebro 00:05:20.796 --> 00:05:26.988 non se mantiña no exterior, senón que era bombeado 00:05:27.018 --> 00:05:31.924 outra vez cara ao interior do cerebro polo exterior dos vasos sanguíneos 00:05:31.924 --> 00:05:36.100 e a medida que se filtraba no cerebro polo exterior dos vasos 00:05:36.100 --> 00:05:40.873 estaba axudando a desfacerse, a limpar os residuos 00:05:40.873 --> 00:05:44.199 dos espazos intercelulares do cerebro. 00:05:44.199 --> 00:05:46.111 Se vos parades a pensalo, 00:05:46.111 --> 00:05:49.588 empregar así o exterior dos vasos sanguíneos 00:05:49.588 --> 00:05:52.107 é unha solución de deseño moi intelixente, 00:05:52.107 --> 00:05:56.589 dado que o cerebro está encerrado nun cranio ríxido 00:05:56.652 --> 00:06:01.475 e está repleto de células, non hai espazo dentro del 00:06:01.500 --> 00:06:05.100 para un segundo conxunto de vasos coma o sistema linfático. 00:06:05.100 --> 00:06:08.349 Mais os vasos sanguíneos si se estenden desde a superficie 00:06:08.349 --> 00:06:11.126 ata o interior para chegar a todas as células do cerebro, 00:06:11.126 --> 00:06:15.504 o que significa que o líquido que circula polo exterior destes vasos 00:06:15.504 --> 00:06:19.260 pode chegar facilmente a todo o volume do cerebro, 00:06:19.260 --> 00:06:21.444 polo que é unha maneira moi intelixente 00:06:21.444 --> 00:06:25.209 de facer que un conxunto de vasos, os vasos sanguíneos, 00:06:25.209 --> 00:06:27.998 asuma e substitúa a función 00:06:27.998 --> 00:06:31.181 dun segundo conxunto de vasos, os vasos linfáticos, 00:06:31.181 --> 00:06:33.592 e evite así que sexan necesarios. 00:06:33.592 --> 00:06:35.909 E o máis impresionante é que ningún outro órgano 00:06:35.909 --> 00:06:40.520 adopta esta solución para desfacerse dos residuos intercelulares. 00:06:40.630 --> 00:06:44.780 É unha solución completamente única do cerebro. 00:06:46.430 --> 00:06:50.458 Pero o descubrimento máis sorprendente foi que todo isto, 00:06:50.801 --> 00:06:56.221 todo o que vos acabo de contar, o deste líquido que percorre o cerebro 00:06:56.469 --> 00:06:59.823 só ocorre no cerebro durmido. 00:07:00.653 --> 00:07:04.353 Aquí, o vídeo da esquerda amosa canto LCR se está a mover 00:07:04.364 --> 00:07:07.750 polo cerebro dun rato vivo que está esperto. 00:07:07.970 --> 00:07:09.843 Practicamente nada. 00:07:09.843 --> 00:07:14.568 Mais no mesmo animal, se agardamos un pouco a que adormeza, 00:07:14.623 --> 00:07:19.530 vemos o LCR circular polo cerebro, 00:07:19.530 --> 00:07:23.698 e descubrimos que no mesmo momento en que o cerebro comeza a durmir, 00:07:23.698 --> 00:07:28.870 as neuronas semellan encoller, abrindo espazos entre elas 00:07:28.870 --> 00:07:33.410 e permitindo que o líquido penetre e limpe os residuos. 00:07:33.930 --> 00:07:38.434 Entón parece que Galeno, en realidade, estaba no certo 00:07:38.434 --> 00:07:41.940 cando escribía sobre un fluído que percorría o cerebro 00:07:41.950 --> 00:07:43.750 cando comezabamos a durmir. 00:07:43.750 --> 00:07:48.772 A nosa investigación, 2000 anos despois, suxire que o que sucede 00:07:48.792 --> 00:07:53.075 é que cando o cerebro está esperto e na súa máxima actividade, 00:07:53.097 --> 00:07:57.420 adía a limpeza dos residuos dos espazos intercelulares 00:07:57.480 --> 00:08:03.068 e despois, cando durme e non precisa estar tan activo 00:08:03.068 --> 00:08:05.255 entra nunha especie de modo de limpeza 00:08:05.255 --> 00:08:08.202 para desfacerse dos residuos dos espazos intercelulares, 00:08:08.202 --> 00:08:10.490 residuos que foron acumulándose durante o día. 00:08:10.490 --> 00:08:13.057 Polo que en realidade é un pouco coma nós, 00:08:13.057 --> 00:08:16.175 cando atrasamos as tarefas da casa durante a semana, 00:08:16.175 --> 00:08:17.817 cando non temos tempo de facelas, 00:08:17.817 --> 00:08:20.729 e despois poñémonos ao día e facemos toda a limpeza 00:08:20.729 --> 00:08:22.450 cando chega a fin de semana. 00:08:24.662 --> 00:08:27.100 Ata agora falei moito sobre a limpeza de residuos, 00:08:27.100 --> 00:08:29.942 mais non fun moi específico sobre os tipos de residuos 00:08:29.942 --> 00:08:33.876 que o cerebro ten que eliminar durante o sono para manterse saudábel. 00:08:34.676 --> 00:08:37.254 O residuo en que se centraron os estudos máis recentes 00:08:37.254 --> 00:08:38.381 é a beta-amiloide, 00:08:38.381 --> 00:08:41.438 unha proteína que se fabrica no cerebro todo o tempo. 00:08:41.438 --> 00:08:44.094 Agora mesmo o meu cerebro está a producir beta-amiloide 00:08:44.094 --> 00:08:45.134 e tamén os vosos. 00:08:45.774 --> 00:08:49.942 Pero en pacientes con alzhéimer, a beta-amiloide acumúlase 00:08:49.942 --> 00:08:54.854 e concéntrase nos espazos entre neuronas no canto de ser limpada como debería. 00:08:56.214 --> 00:09:00.460 E esta acumulación de beta-amiloide cremos que é un dos pasos chave 00:09:00.460 --> 00:09:02.793 no desenvolvemento desta terrible enfermidade. 00:09:02.873 --> 00:09:05.534 Medimos a velocidade con que a beta-amiloide 00:09:05.534 --> 00:09:09.040 é eliminada do cerebro cando está esperto e cando está a durmir, 00:09:09.040 --> 00:09:13.198 e achamos que, efectivamente, a limpeza da beta-amiloide 00:09:13.218 --> 00:09:16.236 é moito máis rápida no cerebro que está a durmir. 00:09:17.746 --> 00:09:21.524 Polo tanto, se o sono é parte da solución que ten o cerebro 00:09:21.524 --> 00:09:23.714 para o problema da limpeza de residuos, 00:09:23.714 --> 00:09:27.032 entón pode mudar drasticamente a forma de pensarmos a relación 00:09:27.032 --> 00:09:30.793 entre o sono, a beta-amiloide e a enfermidade de alzhéimer. 00:09:31.313 --> 00:09:34.359 Algúns estudos clínicos recentes suxiren 00:09:34.359 --> 00:09:37.730 que entre pacientes que aínda non desenvolveron alzhéimer, 00:09:38.274 --> 00:09:41.174 o empeoramento da calidade e da duración do sono 00:09:41.244 --> 00:09:45.140 están asociadas a unha maior cantidade de beta-amiloide no cerebro. 00:09:46.250 --> 00:09:51.200 Porén, cómpre sinalar que estes estudos non demostran que a falta de sono 00:09:51.200 --> 00:09:53.916 ou o sono escaso provoquen a enfermidade de alzhéimer, 00:09:53.916 --> 00:09:57.043 pero si suxiren que a dificultade do cerebro 00:09:57.043 --> 00:10:01.055 para manter a súa casa limpa eliminando residuos coma a beta-amiloide 00:10:01.055 --> 00:10:05.341 pode contribuír ao desenvolvemento de doenzas como o alzhéimer. 00:10:05.341 --> 00:10:08.720 Entón, o que esta nova investigación di 00:10:08.720 --> 00:10:12.915 é que o que todos vós xa sabiades sobre o sono, 00:10:12.935 --> 00:10:17.670 o que incluso Galeno xa sabía, que refresca e despexa a mente, 00:10:18.080 --> 00:10:21.564 pode ser unha parte importante da función do sono. 00:10:21.994 --> 00:10:25.412 Mirade, vós e mais eu durmimos todas as noites 00:10:25.412 --> 00:10:27.983 mais os nosos cerebros nunca descansan. 00:10:28.513 --> 00:10:33.086 Mentres o noso corpo está parado e a nosa mente vaga por aí en soños, 00:10:33.086 --> 00:10:37.281 a elegante maquinaria do cerebro está en silencio traballando duro 00:10:37.324 --> 00:10:41.180 limpando e mantendo esta máquina incribelmente complexa. 00:10:42.331 --> 00:10:45.266 Igual que as tarefas de casa, é un labor sucio e ingrato 00:10:45.266 --> 00:10:47.615 pero tamén importante. 00:10:47.930 --> 00:10:51.070 Na casa, se estamos sen limpar a cociña 00:10:51.070 --> 00:10:52.263 durante un mes 00:10:52.843 --> 00:10:56.091 o fogar convértese rapidamente nun lugar no que é imposíbel vivir. 00:10:57.081 --> 00:10:59.868 Pero no cerebro, as consecuencias de atrasarse na limpeza 00:10:59.868 --> 00:11:04.076 poden ser moito máis graves que a vergoña de ter os mesados sucios, 00:11:04.722 --> 00:11:06.734 porque cando se trata de limpar o cerebro, 00:11:06.734 --> 00:11:11.394 son a saúde e a función da mente e do corpo as que están en xogo; 00:11:12.394 --> 00:11:13.869 e por iso comprender hoxe 00:11:13.869 --> 00:11:18.150 estas funcións básicas de mantemento do cerebro 00:11:18.690 --> 00:11:23.902 pode ser crucial para previr e tratar doenzas da mente o día de mañá. 00:11:24.392 --> 00:11:25.583 Grazas. 00:11:25.583 --> 00:11:27.908 (Aplauso)