(Sopra forte.) (Sopra forte.) (Sopra forte.) (Sopra forte.) (Cantando.) (Termina de cantar.) (Sopra forte.) Son Tashka Yawanawá. Estou aquí coa miña muller. Veño da comunidade yawanawá, ubicada no estado de Acre no Amazonas brasileiro. Leva algúns días chegar ata aqui. Acabo de cantar para reconectarnos co espírito da selva. Desde tempos inmemoriais, a miña xente vive no territorio yawanawá. Vemos este xeito holístico de como é a natureza. A natureza, para nós, pertence a toda a humanidade. E nós, os yawanawá, consideramos o contorno, o bosque, como seres vivos. Pero todo é sempre un reto. Sobre todo agora, porque creo que moitos sabedes que o Amazonas está en chamas, Iso aféctanos a todos. A destrución do Amazonas non afecta só aos indíxenas, porque estamos todos conectados. O que sexa que fagamos na miña comunidade, se queimo todo, vai afectar aquí, cando a neve chegue no Nadal. Se contaminades aquí, vai afectar cando a chuvia chegue ao meu país. Adoitaba dicir que formamos parte do pobo global. Adoitaba dicir que o Amazonas pertence á humanidade, e tamén que a humanidade ten que coidalo tanto como o facemos os indíxenas. E por esa razón, hoxe é tempo de espertar, unirse a nós. Os yawanawá estamos a pór da nosa parte. Coidamos a Nai Terra. E agora, deixo á miña muller. Estamos aquí cos corazóns chorando. Estou sorrindo pero o meu corazón chora porque moitos dos nosos bosques están sendo destruídos. E só quero darvos unha mensaxe. Esta crise estalle dando á humanidade dúas opcións: Unha é axudar a finalizar, destruír e exterminar todos os nosos bosques e as culturas que dependen deles. Outra, transformarmos esta crise nunha oportunidade de darlle poder á poboación indíxena, de apoiala e de salvar a selva e as súas culturas. E como podes facelo? Nós fixémolo, os yawanawá creamos un plan de vida, que é a nosa planificación estratéxica que nos di os pasos que debemos seguir para asegurar o noso territorio. Coidamos aproximadamente 200.000 hectáreas de selva. Pero agora está ameazada. Así que este plan mostra os pasos para que aseguremos a terra, a nosa biodiversidade, a nosa cultura, a nosa educación. Invítovos a todos, invito a todas as empresas, invito a todos os gobernos, a toda a sociedade civil, a escoitar ós pobos indíxenas, a volver ás nosas orixes. Levamos aquí moito, moito tempo... séculos. E intentamos berrarlle ao mundo que temos que protexer o noso territorio, a nosa natureza. E nunca escoitades. Nunca. Supoño que esta crise estalle ensinando á humanidade que agora tedes que escoitarnos e apoiar os pobos indíxenas directamente, apoiar as súas iniciativas directamente. Así que esa é a mensaxe que me gustaría deixarvos. Que os indíxenas teñen a resposta, e que se queredes salvar o Amazonas, temos que facer algo. TY: (Sopra forte.) (Aplausos)