(Sopra forte.)
(Sopra forte.)
(Sopra forte.)
(Sopra forte.)
(Cantando.)
(Termina de cantar.)
(Sopra forte.)
Son Tashka Yawanawá.
Estou aquí coa miña muller.
Veño da comunidade yawanawá,
ubicada no estado de Acre
no Amazonas brasileiro.
Leva algúns días chegar ata aqui.
Acabo de cantar
para reconectarnos co espírito da selva.
Desde tempos inmemoriais,
a miña xente vive no territorio yawanawá.
Vemos este xeito holístico
de como é a natureza.
A natureza, para nós, pertence
a toda a humanidade.
E nós, os yawanawá, consideramos
o contorno, o bosque, como seres vivos.
Pero todo é sempre un reto.
Sobre todo agora, porque creo
que moitos sabedes
que o Amazonas está en chamas,
Iso aféctanos a todos.
A destrución do Amazonas
non afecta só aos indíxenas,
porque estamos todos conectados.
O que sexa que fagamos na miña comunidade,
se queimo todo,
vai afectar aquí,
cando a neve chegue no Nadal.
Se contaminades aquí,
vai afectar cando a chuvia
chegue ao meu país.
Adoitaba dicir que formamos parte
do pobo global.
Adoitaba dicir que o Amazonas
pertence á humanidade,
e tamén que a humanidade ten que coidalo
tanto como o facemos os indíxenas.
E por esa razón,
hoxe é tempo de espertar, unirse a nós.
Os yawanawá estamos a pór
da nosa parte.
Coidamos a Nai Terra.
E agora, deixo á miña muller.
Estamos aquí cos corazóns chorando.
Estou sorrindo pero o meu corazón chora
porque moitos dos nosos bosques
están sendo destruídos.
E só quero darvos unha mensaxe.
Esta crise estalle dando á humanidade
dúas opcións:
Unha é axudar a finalizar,
destruír e exterminar
todos os nosos bosques
e as culturas que dependen deles.
Outra, transformarmos esta crise
nunha oportunidade
de darlle poder á poboación indíxena,
de apoiala
e de salvar a selva e as súas culturas.
E como podes facelo?
Nós fixémolo, os yawanawá
creamos un plan de vida,
que é a nosa planificación estratéxica
que nos di os pasos que debemos seguir
para asegurar o noso territorio.
Coidamos aproximadamente
200.000 hectáreas de selva.
Pero agora está ameazada.
Así que este plan mostra os pasos
para que aseguremos a terra,
a nosa biodiversidade,
a nosa cultura, a nosa educación.
Invítovos a todos,
invito a todas as empresas,
invito a todos os gobernos,
a toda a sociedade civil,
a escoitar ós pobos indíxenas,
a volver ás nosas orixes.
Levamos aquí moito, moito tempo...
séculos.
E intentamos berrarlle ao mundo
que temos que protexer
o noso territorio, a nosa natureza.
E nunca escoitades.
Nunca.
Supoño que esta crise
estalle ensinando á humanidade
que agora tedes que escoitarnos
e apoiar os pobos indíxenas
directamente,
apoiar as súas iniciativas directamente.
Así que esa é a mensaxe que
me gustaría deixarvos.
Que os indíxenas teñen a resposta,
e que se queredes salvar o Amazonas,
temos que facer algo.
TY: (Sopra forte.)
(Aplausos)