[Como editar títulos e descricións] Antes de enviar o seu traballo de tradución ou transcrición, non se esqueza de editar o título e a descrición da charla. A xanela de título e descrición atópase en todas as charlas TED e TEDx e nas leccións de TED-Ed, na esquina superior esquerda do editor de subtítulos. Prema na icona do lapis para acceder a esta sección. Durante a tradución dunha charla TED, escriba o título, o nome do orador e a descrición no seu idioma. Cando traballe con vídeos TED-Ed, ademais de traducir o título e a descrición, lembre que debe conservar a ligazón da lección completa TED-Ed que acompaña o vídeo. Lémbrese tamén de traducir as palabras "Lección de" e "Animación de" ao final da descrición. Cando traballe nunha charla TEDx, asegúrese de usar os estándares de formato do título e da descrición. O estándar de formato do título inclúe o título da charla, o nome do orador e o nome do evento TEDx, separados por unha barra vertical e cun espazo diante e detrás. Se o título ten un formato diferente modifíqueo para que cumpra ese estándar. Non engada a data do evento nin ningunha outra información. Os nomes dos eventos TEDx son termos de marca e non se traducen nin se lles agrega un espazo entre "TEDx" e o nome do evento. Cando transcriba ou traduza charlas TEDx, manteña a exención de responsabilidade e tradúzaa ao seu idioma. A exención de responsabilidade pode ir antes ou despois da descrición. Atopará unha ligazón ás traducións oficiais da exención máis adiante, na descrición deste vídeo. A descrición debe incluír un breve resumo da charla. E tamén a biografía do orador se non é longa de máis. Se non hai descrición, faga vostede mesmo/ma un breve resumo da charla. Lembre que o idioma do título e da descrición debe coincidir co da charla. Non use títulos e descricións en inglés en charlas presentadas noutro idioma. O texto xenérico que explica que é o programa TEDx non debe incluírse nin traducirse. Despois de traducir o título e a descrición, prema en "Done" na mesma xanela e despois envíe o seu traballo para ser revisado ou aprobado. E agora, felices transcricións e traducións!