1 00:00:06,250 --> 00:00:08,709 [Como editar títulos e descricións] 2 00:00:10,433 --> 00:00:14,167 Antes de enviar o seu traballo de tradución ou transcrición, 3 00:00:14,191 --> 00:00:17,409 non se esqueza de editar o título e a descrición da charla. 4 00:00:18,144 --> 00:00:21,011 A xanela de título e descrición atópase 5 00:00:21,035 --> 00:00:24,125 en todas as charlas TED e TEDx e nas leccións de TED-Ed, 6 00:00:24,149 --> 00:00:27,283 na esquina superior esquerda do editor de subtítulos. 7 00:00:27,899 --> 00:00:30,907 Prema na icona do lapis para acceder a esta sección. 8 00:00:32,262 --> 00:00:34,607 Durante a tradución dunha charla TED, 9 00:00:34,631 --> 00:00:36,114 escriba o título, 10 00:00:36,138 --> 00:00:37,513 o nome do orador 11 00:00:37,537 --> 00:00:39,804 e a descrición no seu idioma. 12 00:00:40,751 --> 00:00:42,834 Cando traballe con vídeos TED-Ed, 13 00:00:42,873 --> 00:00:45,935 ademais de traducir o título e a descrición, 14 00:00:45,959 --> 00:00:49,271 lembre que debe conservar a ligazón da lección completa TED-Ed 15 00:00:49,292 --> 00:00:51,084 que acompaña o vídeo. 16 00:00:52,326 --> 00:00:56,482 Lémbrese tamén de traducir as palabras "Lección de" e "Animación de" 17 00:00:56,506 --> 00:00:58,506 ao final da descrición. 18 00:00:59,599 --> 00:01:01,966 Cando traballe nunha charla TEDx, 19 00:01:01,990 --> 00:01:04,739 asegúrese de usar os estándares de formato 20 00:01:04,739 --> 00:01:06,479 do título e da descrición. 21 00:01:07,560 --> 00:01:11,463 O estándar de formato do título inclúe o título da charla, 22 00:01:11,487 --> 00:01:12,963 o nome do orador 23 00:01:12,987 --> 00:01:14,846 e o nome do evento TEDx, 24 00:01:15,362 --> 00:01:18,307 separados por unha barra vertical 25 00:01:18,331 --> 00:01:20,531 e cun espazo diante e detrás. 26 00:01:21,057 --> 00:01:23,619 Se o título ten un formato diferente 27 00:01:23,643 --> 00:01:26,307 modifíqueo para que cumpra ese estándar. 28 00:01:26,807 --> 00:01:30,407 Non engada a data do evento nin ningunha outra información. 29 00:01:30,832 --> 00:01:33,714 Os nomes dos eventos TEDx son termos de marca 30 00:01:33,738 --> 00:01:35,371 e non se traducen 31 00:01:35,395 --> 00:01:38,957 nin se lles agrega un espazo entre "TEDx" e o nome do evento. 32 00:01:39,855 --> 00:01:43,009 Cando transcriba ou traduza charlas TEDx, 33 00:01:43,033 --> 00:01:47,165 manteña a exención de responsabilidade e tradúzaa ao seu idioma. 34 00:01:47,501 --> 00:01:51,168 A exención de responsabilidade pode ir antes ou despois da descrición. 35 00:01:51,533 --> 00:01:55,259 Atopará unha ligazón ás traducións oficiais da exención 36 00:01:55,283 --> 00:01:57,999 máis adiante, na descrición deste vídeo. 37 00:01:58,056 --> 00:02:01,946 A descrición debe incluír un breve resumo da charla. 38 00:02:02,658 --> 00:02:06,591 E tamén a biografía do orador se non é longa de máis. 39 00:02:07,306 --> 00:02:09,227 Se non hai descrición, 40 00:02:09,251 --> 00:02:12,154 faga vostede mesmo/ma un breve resumo da charla. 41 00:02:15,210 --> 00:02:18,209 Lembre que o idioma do título e da descrición 42 00:02:18,250 --> 00:02:20,542 debe coincidir co da charla. 43 00:02:21,686 --> 00:02:24,599 Non use títulos e descricións en inglés 44 00:02:24,600 --> 00:02:26,810 en charlas presentadas noutro idioma. 45 00:02:27,600 --> 00:02:30,763 O texto xenérico que explica que é o programa TEDx 46 00:02:30,787 --> 00:02:33,507 non debe incluírse nin traducirse. 47 00:02:34,906 --> 00:02:37,827 Despois de traducir o título e a descrición, 48 00:02:37,851 --> 00:02:39,861 prema en "Done" na mesma xanela 49 00:02:39,981 --> 00:02:42,877 e despois envíe o seu traballo para ser revisado ou aprobado. 50 00:02:42,958 --> 00:02:44,108 E agora, 51 00:02:44,132 --> 00:02:46,781 felices transcricións e traducións!