1 00:00:00,000 --> 00:00:02,000 Eu, como moitos de vostedes, 2 00:00:02,000 --> 00:00:07,000 son un dos dous millóns de humanos na Terra 3 00:00:07,000 --> 00:00:09,000 que vive nunha cidade. 4 00:00:09,000 --> 00:00:12,000 E algúns días (e non sei a cantos de vós lles pasa isto) 5 00:00:12,000 --> 00:00:16,000 algúns días sinto moi de cerca 6 00:00:16,000 --> 00:00:18,000 o moito que confío noutras persoas 7 00:00:18,000 --> 00:00:21,000 en numerosas ocasións durante a miña vida. 8 00:00:21,000 --> 00:00:24,000 Hai días nos que isto aínda pode dar un pouco de medo. 9 00:00:24,000 --> 00:00:26,000 Mais hoxe quérovos falar 10 00:00:26,000 --> 00:00:29,000 de como esa mesma interdependencia 11 00:00:29,000 --> 00:00:33,000 de feito é unha infraestrutura social con moita forza 12 00:00:33,000 --> 00:00:36,000 que nós podemos aproveitar 13 00:00:36,000 --> 00:00:40,000 para contribuír ao alivio dalgúns dos nosos maiores problemas cívicos 14 00:00:40,000 --> 00:00:44,000 se poñemos en práctica a colaboración de código aberto. 15 00:00:44,000 --> 00:00:46,000 Hai un par de anos, 16 00:00:46,000 --> 00:00:49,000 lin un artigo de Michael Pollan no New York Times 17 00:00:49,000 --> 00:00:53,000 no que argumentaba que con cultivar algo da nosa propia comida 18 00:00:53,000 --> 00:00:55,000 xa estamos facendo unha das mellores cousas 19 00:00:55,000 --> 00:00:57,000 que podemos facer polo medio ambiente. 20 00:00:57,000 --> 00:00:59,000 Cando eu lin este artigo 21 00:00:59,000 --> 00:01:01,000 estaba en medio do inverno 22 00:01:01,000 --> 00:01:04,000 e desde logo non tiña espazo para emporcar con terra 23 00:01:04,000 --> 00:01:07,000 no meu apartamento de Nova York. 24 00:01:07,000 --> 00:01:09,000 Así que eu o que quería era conformarme 25 00:01:09,000 --> 00:01:11,000 con ler a seguinte publicación da revista Wired 26 00:01:11,000 --> 00:01:13,000 para descubrir como os expertos se llas ían enxeñar 27 00:01:13,000 --> 00:01:16,000 para resolver todos estes problemas por nós no futuro. 28 00:01:16,000 --> 00:01:19,000 Pero precisamente a isto se refería 29 00:01:19,000 --> 00:01:21,000 Michael Pollan no seu artigo: 30 00:01:21,000 --> 00:01:23,000 que precisamente cando relegamos 31 00:01:23,000 --> 00:01:26,000 aos especialistas a responsabilidade por todas estas cousas 32 00:01:26,000 --> 00:01:29,000 é cando causamos os líos 33 00:01:29,000 --> 00:01:32,000 que podemos ver no sistema alimentario. 34 00:01:32,000 --> 00:01:35,000 Pois ben, resulta que do meu propio traballo sei 35 00:01:35,000 --> 00:01:39,000 como a NASA utilizou cultivos hidropónicos 36 00:01:39,000 --> 00:01:42,000 para experimentar o cultivo de alimentos no espazo. 37 00:01:42,000 --> 00:01:46,000 E en verdade pódese obter un suministro nutricional óptimo 38 00:01:46,000 --> 00:01:50,000 cun tipo de solo líquido de alta calidade 39 00:01:50,000 --> 00:01:53,000 que se instala por encima das raíces das plantas. 40 00:01:53,000 --> 00:01:55,000 Iso si, para unha planta 41 00:01:55,000 --> 00:01:57,000 o meu apartamento debía de ser 42 00:01:57,000 --> 00:01:59,000 tan extraño como o espazo sideral. 43 00:01:59,000 --> 00:02:02,000 Aínda así, podo ter luz natural 44 00:02:02,000 --> 00:02:04,000 e un control climático durante todo o ano. 45 00:02:04,000 --> 00:02:06,000 Pasamos rapidamente a dous anos máis tarde: 46 00:02:06,000 --> 00:02:08,000 agora temos granxas verticais nas ventás 47 00:02:08,000 --> 00:02:10,000 e plataformas hidropónicas 48 00:02:10,000 --> 00:02:13,000 de cultivo de alimentos de interior. 49 00:02:13,000 --> 00:02:16,000 E funciona cunha bomba no fondo 50 00:02:16,000 --> 00:02:19,000 que envía regularmente un pouco da solución nutritiva líquida á parte superior, 51 00:02:19,000 --> 00:02:22,000 que despois cae gota a gota por entre a raigame das plantas 52 00:02:22,000 --> 00:02:24,000 que están colgadas en boliñas de arxila, 53 00:02:24,000 --> 00:02:27,000 de modo que non hay suciedade. 54 00:02:27,000 --> 00:02:29,000 A luz e a temperatura varían 55 00:02:29,000 --> 00:02:31,000 co microclima de cada ventá. 56 00:02:31,000 --> 00:02:33,000 Así que unha granxa de ventá 57 00:02:33,000 --> 00:02:35,000 precisa dunha granxeira 58 00:02:35,000 --> 00:02:37,000 e esta ten que decidir 59 00:02:37,000 --> 00:02:40,000 que tipo de plantas vai ter na súa granxa de ventá 60 00:02:40,000 --> 00:02:44,000 e tamén se vai nutrir a súa comida organicamente. 61 00:02:44,000 --> 00:02:47,000 Daquela, una granxa de ventá non era máis 62 00:02:47,000 --> 00:02:49,000 ca unha idea técnicamente complexa 63 00:02:49,000 --> 00:02:52,000 que ía ter que pasar por moitos experimentos. 64 00:02:52,000 --> 00:02:54,000 Eu quería realmente que fose un proxecto aberto, 65 00:02:54,000 --> 00:02:56,000 porque os hidropónicos 66 00:02:56,000 --> 00:02:58,000 é un dos ámbitos onde cada vez hai máis patentes 67 00:02:58,000 --> 00:03:00,000 nos Estados Unidos neste momento 68 00:03:00,000 --> 00:03:02,000 e poderíanse converter 69 00:03:02,000 --> 00:03:04,000 noutro ámbito como Monsanto, 70 00:03:04,000 --> 00:03:07,000 no que hai moita propriedade intelectual corporativa 71 00:03:07,000 --> 00:03:10,000 en forma de alimentación das persoas. 72 00:03:10,000 --> 00:03:13,000 Por iso decidín que, en vez de crear un produto, 73 00:03:13,000 --> 00:03:15,000 o que ía facer sería 74 00:03:15,000 --> 00:03:18,000 deixar isto aberto a un montón de copromotores. 75 00:03:19,000 --> 00:03:22,000 Os primeiros sistemas que creamos, que eran poucos, ían funcionando. 76 00:03:22,000 --> 00:03:24,000 Podíamos cultivar unha leituga nunha semana, aproximadamente, 77 00:03:24,000 --> 00:03:26,000 na ventá dun típico apartamento de Nova York. 78 00:03:26,000 --> 00:03:28,000 E podíamos plantar tomates ananos, 79 00:03:28,000 --> 00:03:30,000 cogombros, de todo. 80 00:03:30,000 --> 00:03:32,000 Pero estes primeiros sistemas 81 00:03:32,000 --> 00:03:35,000 pingaban, facían ruído e absorbían enerxía, 82 00:03:35,000 --> 00:03:38,000 algo que Martha Stewart xamais aprobaría. 83 00:03:38,000 --> 00:03:40,000 (gargalladas) 84 00:03:40,000 --> 00:03:42,000 Así que para atraer máis copromotores 85 00:03:42,000 --> 00:03:45,000 creei unha páxina web nos medios sociais 86 00:03:45,000 --> 00:03:47,000 na que publicamos os deseños, 87 00:03:47,000 --> 00:03:49,000 explicamos como funcionaban 88 00:03:49,000 --> 00:03:52,000 e aínda chegamos ata o punto de 89 00:03:52,000 --> 00:03:55,000 indicar todo o que non ía ben con estes sistemas. 90 00:03:55,000 --> 00:03:57,000 Logo invitamos a xente de todo o mundo 91 00:03:57,000 --> 00:04:00,000 a os construir e experimentar con nós. 92 00:04:01,000 --> 00:04:03,000 E agora temos nesta páxina web 93 00:04:03,000 --> 00:04:06,000 18.000 persoas. 94 00:04:06,000 --> 00:04:08,000 E temos granxas de ventá 95 00:04:08,000 --> 00:04:10,000 en todo o mundo. 96 00:04:10,000 --> 00:04:12,000 O que estamos a facer 97 00:04:12,000 --> 00:04:14,000 é o que a NASA ou unha compañía grande 98 00:04:14,000 --> 00:04:17,000 chamaría I+D: investigación e desenvolvemento. 99 00:04:17,000 --> 00:04:20,000 Pero nós chamámolo I+D-T-M, 100 00:04:20,000 --> 00:04:24,000 dito doutro modo: investiga e desenvolve ti mesmo. 101 00:04:24,000 --> 00:04:26,000 Así, por exemplo, 102 00:04:26,000 --> 00:04:28,000 Jackson suxeriu 103 00:04:28,000 --> 00:04:30,000 que utilizasemos bombas de aire no canto das de auga. 104 00:04:30,000 --> 00:04:32,000 Para que funcionase houbo que construír moitos sistemas, 105 00:04:32,000 --> 00:04:34,000 pero unha vez que o fixemos, puidemos 106 00:04:34,000 --> 00:04:37,000 cortar o refugallo de carbono en case a metade. 107 00:04:37,000 --> 00:04:40,000 Tony de Chicago estivo experimentando con cultivos 108 00:04:40,000 --> 00:04:42,000 como moitos outros granxeros de ventás, 109 00:04:42,000 --> 00:04:45,000 e conseguiu que os amorodos deran froita 110 00:04:45,000 --> 00:04:48,000 durante nove meses ao ano en condicións de luz escasa 111 00:04:48,000 --> 00:04:52,000 simplemente cambiando os nutrientes orgánicos. 112 00:04:52,000 --> 00:04:54,000 E uns granxeiros de ventá de Finlandia 113 00:04:54,000 --> 00:04:56,000 puxéronse a adaptar as súas granxas 114 00:04:56,000 --> 00:04:58,000 para os escuros días de inverno fineses 115 00:04:58,000 --> 00:05:01,000 instalando diodos electroluminiscentes 116 00:05:01,000 --> 00:05:04,000 que agora puxeron como código aberto e forman parte do proxecto. 117 00:05:04,000 --> 00:05:06,000 Así que as granxas de ventá evolucionaron 118 00:05:06,000 --> 00:05:08,000 pasando rapidamente por moitas versións 119 00:05:08,000 --> 00:05:10,000 de maneira similar aos programas informáticos. 120 00:05:10,000 --> 00:05:13,000 E con cada proxecto de código aberto 121 00:05:13,000 --> 00:05:15,000 o auténtico beneficio é a interacción 122 00:05:15,000 --> 00:05:17,000 entre os diferentes asuntos que concernen 123 00:05:17,000 --> 00:05:19,000 ás persoas que adaptan os seus sistemas 124 00:05:19,000 --> 00:05:21,000 para as súas necesidades particulares 125 00:05:21,000 --> 00:05:23,000 e as necesidades universais. 126 00:05:23,000 --> 00:05:25,000 De modo que o meu equipo principal e máis eu 127 00:05:25,000 --> 00:05:27,000 podemos concentrarnos nas melloras 128 00:05:27,000 --> 00:05:30,000 que realmente benefician a todo o mundo. 129 00:05:30,000 --> 00:05:33,000 E podemos estar atentos ás necesidades dos que chegan por primeira vez. 130 00:05:33,000 --> 00:05:35,000 Para os amantes da bricolaxe, 131 00:05:35,000 --> 00:05:39,000 nós proporcionamos instruccións gratuítas, ben probadas 132 00:05:39,000 --> 00:05:41,000 para que calquera persoa en calquera parte do mundo 133 00:05:41,000 --> 00:05:43,000 poida construír gratuitamente uns destes sistemas. 134 00:05:43,000 --> 00:05:46,000 E tamén temos unha patente pendiente con estes sistemas, 135 00:05:46,000 --> 00:05:48,000 que está en posesión da comunidade. 136 00:05:48,000 --> 00:05:50,000 E para financiar o proxecto 137 00:05:50,000 --> 00:05:52,000 asociámonos para crear produtos 138 00:05:52,000 --> 00:05:55,000 que vendemos a escolas e a particulares 139 00:05:55,000 --> 00:05:58,000 que non teñen tempo para construir os seus proprios sistemas. 140 00:05:58,000 --> 00:06:00,000 Podemos dicir que na nosa comunidade 141 00:06:00,000 --> 00:06:02,000 apareceu unha nova cultura. 142 00:06:02,000 --> 00:06:04,000 Na nosa cultura é mellor ser alguén que proba 143 00:06:04,000 --> 00:06:07,000 e que apoia a idea doutra persoa 144 00:06:07,000 --> 00:06:10,000 que ser soamente o que tivo a idea. 145 00:06:10,000 --> 00:06:12,000 O que conseguimos con este proxecto 146 00:06:12,000 --> 00:06:14,000 é ter apoio polo noso propio traballo 147 00:06:14,000 --> 00:06:18,000 así como unha experiencia de contribución 148 00:06:18,000 --> 00:06:20,000 ao movemento ambiental 149 00:06:20,000 --> 00:06:23,000 e isto o facémos non só enroscando lámpadas novas. 150 00:06:23,000 --> 00:06:26,000 Porén, creo que Eileen di mellor 151 00:06:26,000 --> 00:06:28,000 o que realmente conseguimos con isto: 152 00:06:28,000 --> 00:06:31,000 a mesma satisfacción que dá a colaboración. 153 00:06:31,000 --> 00:06:34,000 Ela expresa o que é 154 00:06:34,000 --> 00:06:36,000 ver que alguén que vive na outra metade do mundo 155 00:06:36,000 --> 00:06:38,000 retoma a túa idea, desenvólvea 156 00:06:38,000 --> 00:06:41,000 e despois recoñece a túa contribución. 157 00:06:41,000 --> 00:06:45,000 Se realmente queremos ver ese tipo de cambio amplo no comportamento do consumidor 158 00:06:45,000 --> 00:06:47,000 do que todos estamos falando 159 00:06:47,000 --> 00:06:49,000 como ambientalistas e interesados pola alimentación, 160 00:06:49,000 --> 00:06:51,000 quizais só teñamos que desfacernos do termo "consumidor" 161 00:06:51,000 --> 00:06:55,000 e apoiar a xente que está facendo cousas interesantes. 162 00:06:55,000 --> 00:06:58,000 Os proxectos de código aberto adoitan ter un momento propio. 163 00:06:58,000 --> 00:07:00,000 E o que estamos a ver é que a I+D-T-M 164 00:07:00,000 --> 00:07:04,000 foi alén das granxas de ventá e diodos luminiscentes 165 00:07:04,000 --> 00:07:08,000 ata chegar a sistemas con paneis solares e acuapónicos. 166 00:07:08,000 --> 00:07:10,000 Estamos desenvolvendo innovacións 167 00:07:10,000 --> 00:07:12,000 das xeracións anteriores. 168 00:07:12,000 --> 00:07:14,000 E temos en vista as xeracións 169 00:07:14,000 --> 00:07:18,000 que realmente necesitan que usemos outras ferramentas nas nosas vidas. 170 00:07:18,000 --> 00:07:20,000 Con isto, pedímovos que vos unades a nós 171 00:07:20,000 --> 00:07:22,000 para redescubrir o valor 172 00:07:22,000 --> 00:07:24,000 dos cidadáns unidos 173 00:07:24,000 --> 00:07:26,000 e para declarar 174 00:07:26,000 --> 00:07:29,000 que todos nós somos aínda os primeiros. 175 00:07:29,000 --> 00:07:31,000 (aplausos)