Eu, como moitos de vostedes,
son un dos dous millóns de humanos na Terra
que vive nunha cidade.
E algúns días (e non sei a cantos de vós lles pasa isto)
algúns días sinto moi de cerca
o moito que confío noutras persoas
en numerosas ocasións durante a miña vida.
Hai días nos que isto aínda pode dar un pouco de medo.
Mais hoxe quérovos falar
de como esa mesma interdependencia
de feito é unha infraestrutura social con moita forza
que nós podemos aproveitar
para contribuír ao alivio dalgúns dos nosos maiores problemas cívicos
se poñemos en práctica a colaboración de código aberto.
Hai un par de anos,
lin un artigo de Michael Pollan no New York Times
no que argumentaba que con cultivar algo da nosa propia comida
xa estamos facendo unha das mellores cousas
que podemos facer polo medio ambiente.
Cando eu lin este artigo
estaba en medio do inverno
e desde logo non tiña espazo para emporcar con terra
no meu apartamento de Nova York.
Así que eu o que quería era conformarme
con ler a seguinte publicación da revista Wired
para descubrir como os expertos se llas ían enxeñar
para resolver todos estes problemas por nós no futuro.
Pero precisamente a isto se refería
Michael Pollan no seu artigo:
que precisamente cando relegamos
aos especialistas a responsabilidade por todas estas cousas
é cando causamos os líos
que podemos ver no sistema alimentario.
Pois ben, resulta que do meu propio traballo sei
como a NASA utilizou cultivos hidropónicos
para experimentar o cultivo de alimentos no espazo.
E en verdade pódese obter un suministro nutricional óptimo
cun tipo de solo líquido de alta calidade
que se instala por encima das raíces das plantas.
Iso si, para unha planta
o meu apartamento debía de ser
tan extraño como o espazo sideral.
Aínda así, podo ter luz natural
e un control climático durante todo o ano.
Pasamos rapidamente a dous anos máis tarde:
agora temos granxas verticais nas ventás
e plataformas hidropónicas
de cultivo de alimentos de interior.
E funciona cunha bomba no fondo
que envía regularmente un pouco da solución nutritiva líquida á parte superior,
que despois cae gota a gota por entre a raigame das plantas
que están colgadas en boliñas de arxila,
de modo que non hay suciedade.
A luz e a temperatura varían
co microclima de cada ventá.
Así que unha granxa de ventá
precisa dunha granxeira
e esta ten que decidir
que tipo de plantas vai ter na súa granxa de ventá
e tamén se vai nutrir a súa comida organicamente.
Daquela, una granxa de ventá non era máis
ca unha idea técnicamente complexa
que ía ter que pasar por moitos experimentos.
Eu quería realmente que fose un proxecto aberto,
porque os hidropónicos
é un dos ámbitos onde cada vez hai máis patentes
nos Estados Unidos neste momento
e poderíanse converter
noutro ámbito como Monsanto,
no que hai moita propriedade intelectual corporativa
en forma de alimentación das persoas.
Por iso decidín que, en vez de crear un produto,
o que ía facer sería
deixar isto aberto a un montón de copromotores.
Os primeiros sistemas que creamos, que eran poucos, ían funcionando.
Podíamos cultivar unha leituga nunha semana, aproximadamente,
na ventá dun típico apartamento de Nova York.
E podíamos plantar tomates ananos,
cogombros, de todo.
Pero estes primeiros sistemas
pingaban, facían ruído e absorbían enerxía,
algo que Martha Stewart xamais aprobaría.
(gargalladas)
Así que para atraer máis copromotores
creei unha páxina web nos medios sociais
na que publicamos os deseños,
explicamos como funcionaban
e aínda chegamos ata o punto de
indicar todo o que non ía ben con estes sistemas.
Logo invitamos a xente de todo o mundo
a os construir e experimentar con nós.
E agora temos nesta páxina web
18.000 persoas.
E temos granxas de ventá
en todo o mundo.
O que estamos a facer
é o que a NASA ou unha compañía grande
chamaría I+D: investigación e desenvolvemento.
Pero nós chamámolo I+D-T-M,
dito doutro modo: investiga e desenvolve ti mesmo.
Así, por exemplo,
Jackson suxeriu
que utilizasemos bombas de aire no canto das de auga.
Para que funcionase houbo que construír moitos sistemas,
pero unha vez que o fixemos, puidemos
cortar o refugallo de carbono en case a metade.
Tony de Chicago estivo experimentando con cultivos
como moitos outros granxeros de ventás,
e conseguiu que os amorodos deran froita
durante nove meses ao ano en condicións de luz escasa
simplemente cambiando os nutrientes orgánicos.
E uns granxeiros de ventá de Finlandia
puxéronse a adaptar as súas granxas
para os escuros días de inverno fineses
instalando diodos electroluminiscentes
que agora puxeron como código aberto e forman parte do proxecto.
Así que as granxas de ventá evolucionaron
pasando rapidamente por moitas versións
de maneira similar aos programas informáticos.
E con cada proxecto de código aberto
o auténtico beneficio é a interacción
entre os diferentes asuntos que concernen
ás persoas que adaptan os seus sistemas
para as súas necesidades particulares
e as necesidades universais.
De modo que o meu equipo principal e máis eu
podemos concentrarnos nas melloras
que realmente benefician a todo o mundo.
E podemos estar atentos ás necesidades dos que chegan por primeira vez.
Para os amantes da bricolaxe,
nós proporcionamos instruccións gratuítas, ben probadas
para que calquera persoa en calquera parte do mundo
poida construír gratuitamente uns destes sistemas.
E tamén temos unha patente pendiente con estes sistemas,
que está en posesión da comunidade.
E para financiar o proxecto
asociámonos para crear produtos
que vendemos a escolas e a particulares
que non teñen tempo para construir os seus proprios sistemas.
Podemos dicir que na nosa comunidade
apareceu unha nova cultura.
Na nosa cultura é mellor ser alguén que proba
e que apoia a idea doutra persoa
que ser soamente o que tivo a idea.
O que conseguimos con este proxecto
é ter apoio polo noso propio traballo
así como unha experiencia de contribución
ao movemento ambiental
e isto o facémos non só enroscando lámpadas novas.
Porén, creo que Eileen di mellor
o que realmente conseguimos con isto:
a mesma satisfacción que dá a colaboración.
Ela expresa o que é
ver que alguén que vive na outra metade do mundo
retoma a túa idea, desenvólvea
e despois recoñece a túa contribución.
Se realmente queremos ver ese tipo de cambio amplo no comportamento do consumidor
do que todos estamos falando
como ambientalistas e interesados pola alimentación,
quizais só teñamos que desfacernos do termo "consumidor"
e apoiar a xente que está facendo cousas interesantes.
Os proxectos de código aberto adoitan ter un momento propio.
E o que estamos a ver é que a I+D-T-M
foi alén das granxas de ventá e diodos luminiscentes
ata chegar a sistemas con paneis solares e acuapónicos.
Estamos desenvolvendo innovacións
das xeracións anteriores.
E temos en vista as xeracións
que realmente necesitan que usemos outras ferramentas nas nosas vidas.
Con isto, pedímovos que vos unades a nós
para redescubrir o valor
dos cidadáns unidos
e para declarar
que todos nós somos aínda os primeiros.
(aplausos)