0:00:00.665,0:00:01.880 Como pacientes, 0:00:01.880,0:00:05.350 adoitamos lembrar [br]os nomes dos nosos médicos, 0:00:05.350,0:00:08.840 pero a miúdo esquecemos[br]os nomes dos nosos enfermeiros. 0:00:09.600,0:00:10.800 Eu recordo unha. 0:00:11.400,0:00:13.590 Hai uns anos, tiven cancro de mama, 0:00:13.590,0:00:17.096 e dalgunha maneira [br]logrei superar as operacións 0:00:17.120,0:00:19.400 e o comezo do tratamento bastante ben. 0:00:19.840,0:00:22.096 Podía ocultar o que estaba a ocorrer. 0:00:22.120,0:00:24.336 Ninguén tiña por que sabelo. 0:00:24.360,0:00:26.576 Podía levar a miña filla ao colexio, 0:00:26.600,0:00:28.576 podía saír cear co meu marido; 0:00:28.600,0:00:29.800 podía enganar a xente. 0:00:30.720,0:00:33.076 Pero logo chegou a quimio 0:00:33.076,0:00:34.856 e iso aterrábame 0:00:34.856,0:00:39.360 porque sabía que ía perder[br]todo o pelo do corpo 0:00:39.360,0:00:41.960 polo tipo de quimio que ía recibir. 0:00:42.480,0:00:44.770 Xa non podería seguir finxindo 0:00:44.770,0:00:46.600 que todo estaba normal. 0:00:47.440,0:00:48.736 Estaba asustada. 0:00:48.760,0:00:52.330 Sabía o que era [br]que todos te tratasen con pinzas 0:00:52.330,0:00:54.730 e simplemente quería sentirme normal. 0:00:54.730,0:00:56.936 Tiña un catéter no peito. 0:00:56.940,0:00:59.720 Fun ao meu primeiro día de quimioterapia, 0:00:59.720,0:01:02.126 e estaba moi mal de ánimo. 0:01:02.126,0:01:05.129 A miña enfermeira, Joanne, [br]entrou pola porta, 0:01:05.129,0:01:08.460 e cada óso do meu corpo estábame pedindo 0:01:08.460,0:01:10.750 que me levantase daquela cadeira e fuxira. 0:01:10.750,0:01:14.440 Pero Joanne miroume e faloume[br]como se fósemos vellas amigas. 0:01:15.240,0:01:16.650 E logo preguntoume: 0:01:16.650,0:01:18.776 "Onde fixeches as mechas?" 0:01:18.800,0:01:19.896 (Risas) 0:01:19.920,0:01:21.856 Pensei: "Estás de broma?" 0:01:21.880,0:01:26.736 "Fálasme do meu cabelo [br]cando estou a punto de perdelo?" 0:01:26.760,0:01:28.496 Enfadeime un pouco 0:01:28.520,0:01:31.520 e díxenlle: "En serio?[br]Estasme preguntando polo pelo?" 0:01:31.640,0:01:33.976 E encollendo os ombreiros díxome: 0:01:34.000,0:01:35.360 "Volverá medrar." 0:01:36.280,0:01:39.536 Nese momento díxome a única cousa[br]que eu pasara por alto: 0:01:39.560,0:01:43.356 que, algún día, [br]a miña vida volvería á normalidade. 0:01:43.356,0:01:45.070 Ela críao realmente. 0:01:45.070,0:01:46.800 Así que eu tamén o crin. 0:01:47.730,0:01:52.280 Preocuparse pola perda do cabelo [br]cando un loita contra o cancro 0:01:52.280,0:01:54.300 poder parecer unha parvada ao principio, 0:01:54.300,0:01:58.040 pero non é que un[br]só se preocupe polo aspecto, 0:01:58.040,0:02:02.040 senón porque todo o mundo [br]te tratará con demasiado coidado. 0:02:02.760,0:02:06.296 Joanne fíxome sentir normal [br]por primeira vez en seis meses. 0:02:06.320,0:02:08.175 Falamos dos seus mozos, 0:02:08.199,0:02:10.936 de buscar apartamento en Nova York, 0:02:10.960,0:02:13.816 e da miña reacción á quimioterapia. 0:02:13.840,0:02:15.800 Todo ao mesmo tempo. 0:02:16.360,0:02:18.336 Eu sempre me preguntaba 0:02:18.360,0:02:23.000 "como soubo tan instintivamente[br]como falarme?" 0:02:23.480,0:02:26.896 Joanne Staha [br]e a miña admiración cara a ela 0:02:26.920,0:02:30.720 marcaron o comezo da miña viaxe[br]no mundo da enfermaría. 0:02:31.360,0:02:33.776 Uns anos despois, [br]pedíronme que fixera un proxecto 0:02:33.800,0:02:36.480 para celebrar o traballo [br]realizado polos enfermeiros. 0:02:37.120,0:02:38.616 Empecei con Joanne 0:02:38.620,0:02:41.640 e coñecín a máis [br]de cen enfermeiros de todo o país. 0:02:42.320,0:02:47.376 Pasei cinco anos entrevistando, [br]fotografando e filmando enfermeiros 0:02:47.400,0:02:49.560 para un libro e un documental. 0:02:50.560,0:02:53.786 Planifiquei co meu equipo[br]unha viaxe por Estados Unidos 0:02:53.786,0:02:55.736 que nos levaría aos lugares que afrontan 0:02:55.736,0:03:00.060 algúns dos problemas máis grandes[br]de saúde pública da nosa nación: 0:03:00.060,0:03:04.200 o envellecemento, a guerra, [br]a pobreza, a prisión... 0:03:04.840,0:03:06.096 E despois fomos a lugares 0:03:06.120,0:03:09.810 onde encontramos a maior concentración 0:03:09.810,0:03:11.830 de pacientes que afrontan eses problemas. 0:03:12.280,0:03:16.336 Logo pedímoslles aos hospitais e a centros[br]que nomearan os enfermeiros 0:03:16.360,0:03:17.980 que mellor os representasen. 0:03:18.800,0:03:21.830 Unha das primeiras enfermeiras que coñecín[br]foi Bridget Kumbella. 0:03:22.200,0:03:23.800 Bridget naceu en Camerún, 0:03:23.800,0:03:25.680 é a maior de catro irmáns. 0:03:26.400,0:03:30.256 Seu pai estaba traballando [br]cando caeu dun cuarto piso 0:03:30.280,0:03:32.256 e lesionou gravemente o lombo. 0:03:32.280,0:03:35.200 El falou moito do que era 0:03:35.200,0:03:38.880 estar deitado boca arriba [br]e non recibir o tratamento necesario. 0:03:39.400,0:03:43.160 Iso impulsou a Bridget cara á enfermaría. 0:03:44.000,0:03:46.140 Agora, como enfermeira no Bronx, 0:03:46.140,0:03:48.850 coida un grupo moi diverso de pacientes 0:03:48.850,0:03:52.656 de tódalas clases e relixións. 0:03:53.620,0:03:57.546 Dedicou a súa carreira [br]a comprender o impacto 0:03:57.546,0:04:01.120 das diferenzas culturais [br]en materia de saúde. 0:04:02.010,0:04:03.940 Ela falounos dun paciente, 0:04:03.940,0:04:05.976 un paciente aborixe, 0:04:05.976,0:04:09.646 que quería ingresar na UCI[br]cunha manchea de plumas 0:04:10.970,0:04:14.296 Así atopaba el o consolo espiritual. 0:04:14.296,0:04:16.656 Contounos como o apoiou 0:04:16.656,0:04:20.276 e dixo que os pacientes [br]teñen relixións diferentes 0:04:20.276,0:04:23.090 e que usan todo tipo de obxectos[br]como consolo espiritual; 0:04:23.090,0:04:26.096 e sexa un santo rosario [br]ou unha pluma simbólica, 0:04:26.106,0:04:28.036 todo debe apoiarse. 0:04:29.256,0:04:30.740 Este é Jason Short. 0:04:31.030,0:04:34.016 É enfermeiro de asistencia domiciliaria[br]nos montes Apalaches, 0:04:34.016,0:04:38.246 e o seu pai tiña unha gasolineira [br]e un taller cando el era pequeno. 0:04:38.246,0:04:43.080 Así que ocupábase de coches na comunidade[br]na que agora traballa de enfermeiro. 0:04:43.080,0:04:45.150 Cando estaba na universidade, 0:04:45.150,0:04:48.186 non era moi masculino ser enfermeiro, 0:04:48.186,0:04:50.806 así que evitou este traballo durante anos. 0:04:50.806,0:04:52.406 Durante un tempo foi camioneiro, 0:04:52.826,0:04:56.756 pero os camiños da vida [br]levárono de novo á enfermaría. 0:04:57.736,0:05:00.446 Como enfermeiro nos Apalaches, 0:05:00.446,0:05:03.736 Jason vai a lugares aos que nin sequera [br]unha ambulancia pode chegar. 0:05:04.386,0:05:07.516 Nesta foto, está posando [br]no medio do que antes era un camiño. 0:05:07.876,0:05:10.760 A minería de montaña inundou ese camiño 0:05:10.760,0:05:13.956 e a única maneira que ten Jason [br]de chegar ao paciente 0:05:13.956,0:05:16.956 que vive nesa casa con pneumoconiose 0:05:16.956,0:05:22.426 é conducir o seu todoterreo [br]a contracorrente por ese arroio. 0:05:22.666,0:05:25.690 Cando fun con el, arrancamos [br]o parachoques dianteiro do coche. 0:05:25.870,0:05:27.858 Á mañá seguinte ergueuse, 0:05:27.858,0:05:30.628 puxo o coche na foxa,[br]reparou o parachoques 0:05:30.628,0:05:33.278 e despois foi ver o seu próximo paciente. 0:05:33.578,0:05:37.294 Fun testemuña de como Jason[br]coidou a ese señor 0:05:37.302,0:05:39.138 cunha compaixón enorme, 0:05:40.008,0:05:44.634 e sorprendeume de novo o íntimo[br]do traballo da enfermaría. 0:05:46.180,0:05:49.400 Cando coñecín a Brian McMillion,[br]era un novato. 0:05:49.400,0:05:52.170 Acababa de volver dunha misión 0:05:52.170,0:05:56.006 e aínda non se acomodara de novo[br]á vida en San Diego. 0:05:56.836,0:06:00.130 Falou da súa experiencia[br]como enfermeiro en Alemaña, 0:06:00.130,0:06:03.916 e de como coidou os soldados[br]que regresaban de combater. 0:06:03.916,0:06:07.166 A miúdo, el era a primeira persoa que vían 0:06:07.166,0:06:09.896 ao abriren os ollos no hospital. 0:06:10.680,0:06:17.230 Na cama e con membros amputados,[br]o primeiro que lle dicían era: 0:06:17.230,0:06:21.430 "Cando podo volver?[br]Deixei os meus compañeiros alí." 0:06:22.220,0:06:23.420 E Brian dicíalles: 0:06:23.420,0:06:26.924 "Non vas ir a ningures.[br]Xa fixeches abondo, meu." 0:06:28.184,0:06:33.174 Brian é a vez un enfermeiro[br]e un soldado que estivo en combate. 0:06:33.174,0:06:35.714 Está nunha posición privilexiada 0:06:35.714,0:06:39.954 que lle permite empatizar [br]e axudar a curar os veteranos que atende. 0:06:41.272,0:06:43.132 Esta é a irmá Stephen. 0:06:43.132,0:06:47.382 Ela dirixe un fogar de anciáns [br]chamado Villa Loretto en Wisconsin. 0:06:47.382,0:06:51.692 E baixo o seu teito[br]pódese encontrar todo tipo de vida. 0:06:51.962,0:06:54.328 Medrou desexando vivir nunha granxa, 0:06:54.328,0:06:58.798 así que ao ter a oportunidade[br]de adoptar animais de granxa, 0:06:58.798,0:07:01.674 acolleunos entusiasmada. 0:07:01.884,0:07:05.120 Na primavera, eses animais teñen crías. 0:07:05.486,0:07:10.548 E a irmá Stephen usa eses parrulos,[br]cabuxas e años 0:07:10.668,0:07:15.084 como zooterapia para os residentes[br]de Villa Loretto 0:07:15.084,0:07:17.704 que ás veces non poden recordar[br]os seus propios nomes, 0:07:18.054,0:07:22.544 pero que se alegran de termar[br]coas súas mans dun añiño. 0:07:23.164,0:07:25.444 O día que estiven coa irmá Stephen, 0:07:25.444,0:07:29.374 tiña que sacala de Villa Loretto[br]para rodar parte da súa historia. 0:07:29.374,0:07:34.074 E antes de marcharmos[br]entrou no cuarto dun paciente terminal. 0:07:34.184,0:07:36.766 Inclinouse e dixo: 0:07:36.766,0:07:39.496 "Teño que marchar durante o día, 0:07:39.496,0:07:41.368 pero se Xesús te chama, 0:07:41.368,0:07:42.484 ti vaite. 0:07:42.484,0:07:44.404 Vaite directo á casa de Xesús". 0:07:45.494,0:07:47.310 Quedeime alí, pensando 0:07:47.310,0:07:50.130 que era a primeira vez na miña vida 0:07:50.130,0:07:54.096 que fun testemuña de que se lle podía[br]mostrar amor incondicional a alguén 0:07:54.096,0:07:56.022 deixándoo ir. 0:07:56.022,0:07:58.898 Non temos que aferrarnos tanto. 0:07:59.588,0:08:03.214 Vin máis vida en Villa Loretto 0:08:03.214,0:08:07.494 ca en ningún outro momento[br]e en ningún outro lugar na miña vida. 0:08:10.214,0:08:13.656 Vivimos tempos complicados[br]no que á saúde respecta. 0:08:13.656,0:08:16.512 É fácil perder de vista a necesidade 0:08:16.512,0:08:20.288 de calidade de vida[br]fronte a cantidade de vida. 0:08:20.288,0:08:23.938 Conforme se creen novas tecnoloxías[br]que salven vidas, 0:08:23.938,0:08:27.108 teremos que tomar[br]máis decisións complicadas. 0:08:27.478,0:08:30.368 Estas tecnoloxías a miúdo salvan vidas, 0:08:30.368,0:08:34.672 pero tamén poden prolongar[br]a dor e a agonía da morte. 0:08:35.792,0:08:38.998 Como se supón que lidaremos con isto? 0:08:38.998,0:08:41.658 Necesitaremos toda a axuda posible. 0:08:42.048,0:08:45.786 Os enfermeiros teñen[br]unha relación única con nós 0:08:45.786,0:08:48.302 porque pasan tempo a carón da nosa cama. 0:08:48.532,0:08:52.282 Durante ese tempo créase[br]unha certa intimidade emocional. 0:08:54.872,0:08:56.548 O pasado verán, o 9 de agosto, 0:08:56.548,0:08:59.508 meu pai morreu dun ataque ao corazón. 0:09:00.328,0:09:02.500 Miña nai estaba desfeita 0:09:02.500,0:09:06.070 e non podía imaxinar o seu mundo sen el. 0:09:07.820,0:09:11.204 Catro días despois caeu, rompeu a cadeira, 0:09:11.214,0:09:15.244 necesitaba cirurxía e atopouse[br]loitando pola súa propia vida. 0:09:17.014,0:09:18.904 Unha vez máis encontreime 0:09:18.932,0:09:21.762 recibindo o coidado dos enfermeiros... 0:09:21.762,0:09:23.882 esta vez para a miña nai. 0:09:24.302,0:09:27.496 Meu irmán, miña irmá e mais eu[br]quedamos ao seu lado 0:09:27.496,0:09:29.492 os tres seguintes días na UCI. 0:09:30.352,0:09:33.244 Mentres tratábamos de tomar[br]as decisións correctas 0:09:33.244,0:09:35.450 e cumprir os desexos da miña nai, 0:09:35.450,0:09:39.726 descubrimos que dependíamos[br]dos consellos dos enfermeiros. 0:09:40.336,0:09:42.712 E unha vez máis, 0:09:42.712,0:09:44.502 non nos defraudaron. 0:09:44.502,0:09:47.752 Tiveron unha visión incrible 0:09:47.752,0:09:51.802 sobre como coidar a miña nai[br]nos seus últimos catro días de vida. 0:09:51.802,0:09:55.582 Ofrecéronlle consolo, aliviáronlle a dor. 0:09:55.692,0:10:00.902 Souberon animarnos a miña irmá e a min[br]para poñerlle un camisón bonito a mamá, 0:10:01.182,0:10:04.052 moito despois de que a ela[br]xa non lle importara, 0:10:04.052,0:10:05.898 pero si, e moito, a nós. 0:10:07.068,0:10:12.584 Souberon espertarme xusto a tempo[br]para o último alento de miña nai. 0:10:12.584,0:10:16.922 E logo souberon canto tempo[br]deixarme no cuarto con ela 0:10:16.922,0:10:18.348 despois da súa morte. 0:10:18.938,0:10:22.388 Non teño nin idea[br]de como saben esas cousas, 0:10:22.388,0:10:26.304 pero si sei que lles estou[br]eternamente agradecida 0:10:26.304,0:10:28.130 por guiarme unha vez máis. 0:10:28.321,0:10:31.171 Moitas grazas. 0:10:31.171,0:10:35.227 (Aplausos)